|
|
Conferencia de Gómez Papí
Máis de 300 persoas seguiron a
conferencia ofrecida en Goián polo pediatra Gómez Papí

Máis de 300 persoas seguiron
o mércores, no Auditorio de Goián, a conferencia ofrecida polo pediatra catalán
Adolfo Gómez Papí sobre o seu libro “El poder de las caricias. Crecer sin
lágrimas”.
A actividade,
organizada pola Oficina de Igualdade do concello de Tomiño, obtivo grande
aceptación por parte dun público interesado na crianza dos fillos e fillas e
coñecedor en moitos casos, do traballo do médico catalán, membro do
servizo de pediatría do Hospital Universitario Joan XXIII de Tarragona e
coordinador da Comisión de Lactancia Materna deste centro de atención sanitaria.

A alcaldesa de
Tomiño, Sandra González, presentou ao médico citando algúns dos seus principais
logros profesionais no eido da pediatría e lactancia materna, e agradeceu a súa
presencia e a do numeroso público, constituído na súa maioría por nais e pais
que acudiron á charla cos seus fillos, aproveitando en moitos casos o servizo de
gardería habilitado ao efecto. Entre o auditorio había tamén prodesionais da
sanidade, como matronas, enfermeiros e pediatras.
Gómez Papí
referiuse na súa conferencia ás orixes do libro “El poder de las caricias”,
aportando datos e cifras de grande interese sobre a importancia da proximidade
física e emocional da nai e o bebé nos primeiros meses de vida. Comentou neste
sentido, varios experimentos realizados neste eido, nos que sempre o resultado
variou en función desa proximidade e do apego entre fillos e proxenitores.
O pediatra,
que asinou libros e despexou dúbidas dos pais e nais, incidiu na importancia do
contacto “pel con pel” entre a nai ou pai e o bebé, e de dar pronto o peito para
crear un vínculo sólido co recién nacido.
Adolfo Gómez
Papí contribuiu á promoción da lactancia materna, e traballou para que o seu
hospital fose pioneiro en España na práctica do método da nai canguro.




 |
|
Aniversario
Rodríguez
Moda
Índice reportaxes 2010
Reportaxes
dos lectores
Se desexa incluír unha reportaxe
comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:
galiciasuroeste(arroba)gmail
(punto)com |
|