18/04/2011

     

    

Presentación da candidatura do PP en Tui

Reportaxe Beti Rey

 

Moisés Rodríguez, candidato do PP, fixa coma obxectivo sacar maioría absoluta, un resultado que lle dedicará a Fernández Rocha

Mil persoas asistiron na tarde do sábado á presentación da candidatura do Partido Popular en Tui encabezada por Moisés Rodríguez. Un acto no que estivo respaldado polo presidente galego do PP e Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, o presidente provincial e da Deputación, Rafael Louzán, pola deputada Ana Pastor, e polo presidente do comité local e alcalde de Tui, Antonio Fernández Rocha, xunto a outros candidatos populares da contorna.

Moisés Rodríguez comezou a súa intervención amosando o seu convencemento en que a candidatura que encabeza “vai a gobernar Tui nos próximos catros anos”. Expuña que “ non é temerario senón valente” unha valentía que lle chega da xente. Sobre a súa lista dicía que é renovada con caras novas, con experiencia,  e cuxo fin é “traballar por e para os tudenses”.

Dirixiuse a Fernández Rocha indicando que no seu parecer é “o mellor alcalde que tivo Tui” indicando que deixa o listón moi alto e llo pon difícil citando que deixa un concello saneado, co PXOM aprobado no 100%, con saneamento e abastecemento, e resta facer o PECH para dicir o que se pode facer e o que non no Concello de Tui. Engadía que Rocha “é un home de palabra” e pese a que moitos lle pediron que continuase cumpre a súa promesa e non se presenta no coma outros dicía que si se presentan pese a que dixeran que si non se presentaban Rocha nin Diz tamén se irían para casa.

Sobre os posibles resultados do 22 de maio dicía que as enquisas son boas pero que non hai que fiarse porque son todos contra eles. Dicía que coma candidato vai dar o mellor de sí nesta campaña, fixando coma obxectivo e meta lograr a maioría absoluta, e indicaba que se eses resultados llos dedicará a Antonio Fernández Rocha.

Remataba indicando que co equipo renovado que encabeza continuarán o traballo iniciado por Rocha, engadindo que o futuro de Tui comezaba nesa xornada co Partido Popular que apuntaba é confianza.

Antonio Fernández Rocha amosou a súa satisfacción pola candidatura liderada dicía por “un alumno meu, que leva 16 anos traballando comigo”. Expuña que está convencido das súas capacidades, que o PP queda en boas mans e de que merece a confianza dos populares de Tui. Engadía que Moisés Rodríguez é “o único con experiencia suficiente para seguir camiñando nos tempos difíciles que se nos achegan” facendo un balance dos logros que conseguiu nos últimos catros nas súas concellerías coma a aprobación da RPT en Persoal, pagar as facturas ao día e ter un remanente de tesourería de máis de 2 millóns de euros en Facenda,  e ter conseguido un teatro e unha programación cultural referente na provincia en Cultura.  Referiase Fernández Rocha amais aos 2 millóns de euros do remanente de tesourería indicando que co mesmo se comprará a finca da Lagarteira para facer o novo colexio de Pazos de Reis, e tamén dicía que seguen tendo a ilusión de facer instalacións deportivas na Veiga do Louro, agora que o PXOM está aprobado e teñen o cartos para comprar a parcela.  Afirmaba que a única garantía de investimentos e de calidade de vida está no PP porque no seu parecer se goberna un tripartito gastarían eses cargos en soldos e dedicacións exclusivas.

Rafael Louzán, presidente do PP provincial, volvía sobre as palabras do Fernández Rocha para afirmar que “se outros gobernan esta concello os cartos que levan aforrando e ben xestionando levaríanse en soldos”. Dirixíndose ao público indicaba que “é necesario o traballo de todos para lograr maioría absoluta”, pedía amais “entrega, traballo e máxima lealdade” con Moisés Rodríguez e a súa candidatura” co que dicía que o “22 de maio Tui será popular”. Remataba a súa intervención dando as grazas polos magníficos resultados que dicía sempre obtén o PP en Tui,e a todas as persoas que formaron parte das candidaturas populares.

O presidente do PPdG, Alberto Núñez Feijoo, apostaba porque Tui teña un goberno que goberne porque no seu parecer se goberna máis dun partido será un desgoberno, polo que dicía que a única posibilidade é que goberno Moisés Rodríguez.  Sinalaba que hai unha renovación do partido, na alcaldía e  aseguraba que teñen un alcalde para a próxima década, pero para iso salientaba que precisan máis de 4.500 votos. Por iso expuña que ese era o obxectivo co que se comprometían, así coma gañar limpamente e a facer política responsable.

Amais Núñez Feijoo comprometíase con proxectos coma a escola infantil, o centro de día, o centro de saúde, a conexión coa Guarda coa Vía de Altas Prestacións... un compromiso dicía de facer “un Tui non só para vivir senón tamén para investir”.  E nas súas palabras tivo tamén agradecemento para “os compañeiros que se volven unir” ao PP.

A lista dos populares está formada nos dez primeiros postos por Moisés Rodríguez coma nº1, o número 2 é Nicolás Lorenzo Montes, a tres Vanesa Rodríguez, a catro Olga Montes, o cinco é Marcelino Cendón, o sexto Manuel Vázquez, o sétimo Ángel Gutiérrez, o oitavo Jose Angel Villaverde, a novena Raquel Lorenzo  e a décima Montserrat Rey. Os candidatos á Entidade Menor de Pazos de Reis son Manuel García e Enrique Pérez.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Última reportaxe

 

Domingo de Ramos en A Guarda

  

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2010

 

 

Reportaxes dos lectores

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com