|
Presentación da candidatura do PP no Rosal
Reportaxe de Juan R. Martínez Barbosa
O luns 21 de marzo tivo lugar no Salón de Exposicións a
presentación da candidatura do Partido Popular do Rosal de cara ás eleccións
municipais do 22 de maio, que será encabezada por cuarta vez consecutiva por
Jesús Mª Fernández Portela, actual alcalde.
O candidato rosaleiro estivo arroupado polos seus compañeiros de
partido, o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán Abal; o
vicepresidente dese organismo, José Juan Durán, así como pola secretaria
provincial, Beatriz Estévez e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra,
José Manuel Cores Tourís.
Por suposto, estiveron presentes a práctica totalidade dos
integrantes da “lista popular”, atopándose tamén entre o público asistente
Fátima Iglesias Ferreira, aspirante á Alcaldía da vila da Guarda,
exconcelleiros do partido e simpatizantes de toda a comarca baixomiñota.
Na súa intervención, Jesús Mª Fernández Portela, comezou dando
as grazas ao partido por volver a confiar na súa persoa e fixo un repaso das
obras realizadas na última lexislatura, acompañado dunha proxección de
imaxes.
Fernández Portela foi presentando un a un aos membros da nova
lista, da que se caíron dous veteranos militantes, José Luis Lorenzo Alonso
e José Luis Gómez Martínez, conscientes da necesidade –logo de máis de 20
anos na Corporación- dunha renovación nas filas do PP local rosaleiro.
Mª Carmen Alonso Alonso será a nova “número dous” do partido,
coa inclusión nos primeiros postos de Mauro Fernández Teixeira, pola
parroquia de San Xoán de Tabagón.
O Alcalde e candidato dos “populares”, segundo o seu discurso,
apostou por unha liña continuista e á vez innovadora, coa incorporación
tamén de varios mozos e mozas rosaleiros co fin de renovar e modernizar o
partido.
Rafael Louzán Abal, presidente da Deputación de Pontevedra e á
vez presidente do Partido Popular provincial, pechou coa súa intervención o
acto, ensalzando as virtudes, dedicación e capacidade de traballo durante
estes anos do actual alcalde e candidato, Jesús Mª Fernández Portela.
LISTA DO PARTIDO POPULAR DO ROSAL
1.-
Jesús Mª Fernández Portela
2.-
Mª Carmen Alonso Alonso (Pancenteo)
3.-
Charo Tabales Perozo (Calvario)
4.-
Pablo Flores Díaz (Fornelos)
5.-
Mauro Fernández Teixeira (San Xoán de Tabagón)
6.-
Mabel Franco Pérez (San Miguel de Tabagón)
7.-
Ángeles Vicente Manzano (Novás)
8.-
Ángel Martínez Villa (Martín)
9.-
José Antonio González González (Marzán)
10.-
Ángel Suárez Vicente (Calvario)
11.-
Mª Jesús Videira Martínez (Martín)
12.-
Antonio Lomba Rodríguez (Sanxián)
13.-
Juan A. Lorenzo Silva (Eiras)
SUPLENTES
14.-
Mª Dolores Silva Martínez (Marzán)
15.-
Isabel Fernández Villa (Caselas)
16.-
Vicente Alonso Cerqueira (Novás)
17.-
Jorge Rodríguez Álvarez (Fornelos)
18.-
Alberto Pérez Enríquez (Calvario)
Outra forma de ver a reportaxe: premer na imaxe

|