04/04/2011

     

    

Monólogos de Cándido Pazó en Goián

Reportaxe Agustín Ferreira

 

Cándido Pazó meteu ó público no peto na súa presentación en Goián

Cándido Pazó encandilou a un público que non parou de rir durante o espectáculo

Informa Agustín Ferreira Lorenzo.- Calquera actuación do monologuista Cándido Pazó, vigués pero afincado en Santiago, como conta el, é un  cheo seguro de público, por iso, a súa actuación do pasado sábado, día 2, no Auditorio de Goián, non foi ningunha excepción, coma tampoucoo  foi o ben que o pasou o público que seguiu os seus monólogos. Cheo absoluto, unha vez máis, no Auditorio Goianés, con púnblico cegado de diferentes puntos da comarca e incluso de Vigo.

     O seu espectáculo, Cunqueiradas, en referencia a outro vigués de adopción, o escritor Álvaro Cunqueiro, natural de Mondoñedo, comezou co sorriso nos beizos para continuar e, por suposto, rematar, con abertas gargalladas, nun claro síntoma de que o público estaba a pasalo ben, algo que de seguro, agradece calquera actor, polo que os aplausos se prodigaron durante a súa actuación, un tanto picaresca, pero sen rozar o chabacano.  Pois nada, dámoslle unha nota de 9, por aquilo de non poñer un 10 a este Cándido Pazó, que terá unha nova actuación no Baixo Miño, será no Teatro da Área Panorámica de Tui, o vindeiro 20 de maio coa obra “Memoria” baseada nas Memorias dun neno labrego, de Neira Vilas.

A próxima actuación  do mes do Humor en Goián, será o sábado, día 16, ás 21 horas, coa actuación do monologuista Rober Bodegas.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Última reportaxe

 

Concerto de Gustavo Almeida no Art Café

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2010

 

 

Reportaxes dos lectores

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com