|
|
Mitin peche campaña PSdeG-PSOE
O auditorio de San Bieito
acolleu o venres, 20 de maio, o mitin peche de Campaña do PSdeG-PSOE que
contou coa música de Na Revolta.
Antes da intervención de
Montserrat Magallanes Álvarez, nº 2 da candidatura socialista, e de
Domínguez Freitas, que se presenta como candidato á Alcaldía, proxectouse o
vídeo no que se plasma o traballo realizado durante os catro anos de Goberno
socialista.
Montserrat Magallanes
Álvarez, lembrou o traballo realizado nos últimos días dando a coñecer en
cada parroquia e en cada barrio os logros do goberno guardés baixo a
presidencia de José Manuel Domínguez Freitas, e destacou, a grandes rasgos o
interese dos socialistas por cambiar e conseguir mellorar a vila. “Este
traballo”, dixo, “non sería posible sen un equipo sólido, no que poder
confiar, cercano á xente”, e noutro momento explicou que “para que un
conxunto de xente funcione, require dun líder, unha persoa que coordine e
que imprima carácter e que tome as decisións importantes. Unha persoa que
nos representa alá onde vai; que coñece o pobo, ás súas xentes. O actual
alcalde é o noso candidato para a próxima lexislatura: José Manuel Domínguez
Freitas”.
Na súa intervención o
alcalde, e candidato a repetir na Alcaldía, José M. Domínguez Freitas, dixo
aos asistentes que “nunca vos poderei pagar tanta confianza hacia a miña
persoa, hacia o meu grupo”, lembrando que os votos de guardeses en 2007 lle
concederan gobernar esta vila.
Lembrou os seus comezos na
vida política “e nunca, cando empecei hai máis de vinte anos, pensei, nin
siquera soñei, que podería chegar a tan alta e inmerecida responsabilidade”,
e engadiu, noutro momento “que o meu Norte, o Norte do meu equipo foi sempre
traballar por este pobo, poñer á Guarda no mapa de Galicia; no mapa de
España e se podíamos, no mapa de Europa”, e así o fixeron, mencionando, por
exemplo, o premio EDEN da Unión Europea “que converten á Guarda nun dos tres
destinos turísticos de excelencia que hai en España, un dos oitenta que hai
en Europa”
Asumiu que entre as moitas actuacións
realizadas “nalgunha incluso nos equivocamos” e lembrou as distintas
iniciativas postas en marcha desde o concello, e as que teñen pensado para o
futuro.
E presentou como aval da súa xestión o
traballo feito. Só por citar algunhas actuacións, a Senda Litoral, o Museo
do Mar e a Festa das tradicións mariñeiras. Pero teñen novas metas para a
vindeira lexislatura se os guardeses lles otorgan a súa confianza: o dobre
sentido da circulación na Saída Sur, a creación do parque do Castelo de
Santa Cruz e unha nova gardería, por citar só tres propostas.
E rematou a súa intervención cunha
invitación “o domingo a votar; a votar con liberdade pola mellor opción. A
votar, se así o sentides, por Freitas, polo Partido Socialista”.
Outra forma de ver a reportaxe: premer na foto
 |
|
Día das Letras
Galegas na Guarda
Índice reportaxes 2010
Reportaxes dos lectores
Se
desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen
compromiso enviando un correo a:
galiciasuroeste(arroba)gmail
(punto)com |
|