28/01/2011

     

    

Picasso em ferro de Pácido Souto

Reportaxe de Beti Rey

 

Picaso en ferro no anexo da Sala Municipal

A zona anexa á Sala de Exposicións Municipal de Tui acolle ata o próximo 23 de febreiro a exposición “Picaso en ferro” do artista Plácido Souto de Vilar de Mouros.

A mostra foi presentada esta mañá polo propio artista acompañado do Concelleiro de Seguridade, Antonio Castro, e do Director da Biblioteca, Rafael Sánchez Bargiela. 

Plácido Souto daba as grazas ao Concello de Tui por permitirlle expor a súa obra,e dicía que hai unha afinidade entre Tui e Vilar de Mouros, xa que este último pertenceu á cidade de Tui en 1.061 no tempo do Rei García.  Amais expuña que a mostra esta dedicada a un artista español, Picasso, e que el mesmo ten relación con España porque o seu pai era de Entenza en Salceda de Caselas, e o seu bisavó era natural de Cabreira en Salvaterra.

Sobre a obra que amosa, reproducións de cadros de Picasso feitos en ferro, explicaba que a meirande parte están dedicados á muller.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Última reportaxe

 

Semana da Cociña do Mundo

(CEIP nº2)

   

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2010

 

 

Reportaxes dos lectores

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com