|
|
PActo conmemorativo polo Día da Muller
Pilar García Negro ensalza a figura de
Rosalía de Castro no acto da Comisión da Muller do BNG

O venres, 11 de marzo, a Comisión Comarcal da muller
do BNG no Baixo Miño celebrou un acto conmemorativo polo Día Internacional
da Muller no Centro Cultural da Guarda.
O acto foi presentado por Hortensia García,
Responsábel de Muller do BNG na Guarda, quen explicou a posición da
organización nacionalista en materia de igualdade. “O BNG asume a loita pola
igualdade como un compromiso democrático, imprescindíbel para avanzarmos
cara unha sociedade xusta. Non é tolerábel que a metade da poboación sufra
discriminacións e se limite o exercicio dos seus dereitos” manifestou.
Durante a súa intervención tamén fixo referencia ás actuais políticas de
igualdade da Xunta de Galiza: “Lamentabelmente, coa chegada do PP á Xunta de
Galiza, estase aplicando un programa regresivo, con efectos negativos para
os dereitos e as condicións de vida das mulleres.”
A continuación Pilar García Negro presentou ante o
numeroso público asistente o seu libro “O clamor da rebeldía. Rosalía de
Castro: ensaio e feminismo” que foi galardoado co premio Vicente Risco
de Ciencias Sociais 2010. Durante a súa exposición fixo un repaso da
obra e biografía de Rosalía. Ofreceu unha visión da escritora alonxada dos
tópicos e estereotipos habituais presentándoa como “inauguradora do ensaio
na literatura galega contemporánea, comprometida con Galiza e primeira
escritora defensora da conciencia de xénero no noso país”.
O acto rematou coa actuación do cantautor guardés Tino
Baz e do grupo de pandereteiras Tambaluca.







|
|
Presentación de Fany Iglesias candidata popular
Índice reportaxes 2010
Reportaxes dos lectores
Se
desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen
compromiso enviando un correo a:
galiciasuroeste(arroba)gmail
(punto)com |
|