|
|
Presentación 3ª Ruta do Pincho
19 establecementos participan na 3ª Edición da Ruta
da Tapa da Guarda que foi presentada no Centro Cultural
O Centro Cultural da Guarda
acolleu o xoves, 3 de novembro, a presentación da 3ª Ruta da Tapa, unha
aposta de Ábaco a prol da restauración que terá como datas de celebración as
que van do 7 ao 27 de novembro coa participación, segundo apuntou Ángel Baz,
presidente de Ábaco, de 19 establecementos de restauración da Guarda e O
Rosal que disporán de tapas ao prezo simbólico de un euro.
Ao acto asistiron, ademais dos
representantes dos establecementos participantes, o alcalde da Guarda, José
M. Domínguez Freitas; a concelleira de Comercio, Montserrat Magallanes
Álvarez; o representante de Nova Caixa Galicia, Juan, e o representante das
adegas Marqués de Vizhoja, Carlos Hernández.
Ángel Baz agradeceu o apoio do
concello a esta iniciativa que desde a primeira edición, salientou, animou
esta proposta. Explicou que xunto cos ingredientes, o singular nome de cada
tapa e o número do local participante, había outros ingredientes que “non
figuran no cartel, porque son de uso común por parte de todos os
participantes: a ilusión e a alegría que pomos na elaboración das tapas”.
O alcalde cualificou de
importante este evento destacando a 3ª edición que acada esta iniciativa que
é sinónimo de éxito, lembrando outras propostas de Ábaco, como a Ruta do
Pincho, que contribúen a dinamizar, en tempos difíciles, a actividade do
sector.
Salientou, noutro momento a
presentación e o gusto cos que están realizadas as tapas que sen dúbida,
engadiu, colmarán os padares. A imaxinación, concluíu, que poñen os
restauradores na elaboración das tapas é un valor engadido para a xa rica
gastronomía das que pode facer gala A Guarda.
A concelleira de Turismo e
Comercio, Montserrat Magallanes, agradeceu o esforzo que fan os
restauradores participando nesta iniciativa e desexou os maiores éxitos á
esta nova aposta desexando que o vindeiro ano se celebre unha cuarta
edición.
Pola súa banda Carlos Hernández,
representante das adegas Marqués de Vizhoja sinalou que as adegas das que
forma parte quixo, unha vez máis, compartir con Ábaco e os restauradores
esta iniciativa e desexou “que o noso viño poida acompañarvos na degustación
das tapas”.
De seguido pasouse a degustar as
distintas tapas que, desde o luns, 7 de novembro, van estar a dispor dos
clientes nos diferentes establecementos participantes na 3ª Ruta da Tapa da
Guarda.
Outra forma de ver a reportaxe: premer na foto

|
|
Balonmán Atl. Novás infantil alevín
Índice reportaxes 2010
Reportaxes dos lectores
Se
desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen
compromiso enviando un correo a:
galiciasuroeste(arroba)gmail
(punto)com |
|