|
|
"Razóns de peso" con
Pinguela Teatro
Unhas 180 persoas acudiron,
o pasado 29 de decembro, ao Centro Cultural da Guarda para ver a representación
de “Razóns de peso”, escenificada polas actrices Ana Puente e Chelo do Rejo, do
grupo Pinguela Teatro.
Magnífica a
interpretación que “encendeu” o entusiasmo do público practicamente
desde o comezo da obra malia ás dúbidas iniciais dalgúns de que tan só dúas
actrices desen para tanto.
“Razóns de peso”
relata un momento determinante na vida de dúas mulleres,
apenas unhas horas, onde se conta a historia de dúas maneiras de vivir e un
padecemento común. Dúas mulleres que traballan xuntas desde hai anos pero que
apenas se coñecen e que se miran sempre a través dos prexuízos. Pero de súpeto,
acontece algo que desbarata todo e as fai coincidir na oficina... fóra de horas
de oficina.
Aspirante tamén á xerencia da sucursal, non encaixa a decisión. Cegada pola ira
e seguindo o impulso impropio dela, decide tomar medidas drásticas ao respecto.
Outra forma de vera reportaxe: premer na
foto
 |
|
ACIGU celebrou o Nadal obsequiando chocolate e rosca
Índice reportaxes 2010
Reportaxes
dos lectores
Se desexa incluír unha reportaxe
comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:
galiciasuroeste(arroba)gmail
(punto)com |
|