|
Festa da Piragua en Tui
Reportaxe: Beti Rey
Rotundo éxito da Festa da Piragua en Tui

Éxito
absoluto das actividades celebradas esta fin de semana no marco da festa da
piragua, tanto das de carácter deportivo coma as de lecer.
Preto de 200
persoas participaron na tarde do pasado sábado no I Descenso popular que
superou todas as previsións. Padeeiros afeccionados déronse cita nesta proba
que partiu dende Caldelas ás cinco da tarde e nas que os participantes
fixeron gala de bo humor e deportividade.
Hora e media
despois saída dende Salvaterra o Descenso Internacional na que padeeiros de
50 clubs en k1, k2, c1 e c2 completaron os 14 quilómetros que separan este
punto da liña de meta fronte as gradas do centro interterfederado. Moitísimo
público foi o que se congregou este ano neste punto tanto para a chegada
deste descenso coma no popular.
Repasamos os
resultados do Descenso Internacional.
Na categoría
senior Marcio Pinto e Pedro Gomes do Douro Canoa Clube fixéronse coa vitoria
tanto nesta categoría coma na absoluta cun tempo de 1:00: 05:350. Nesta
categoría foron 2º, 4º, 7º e 8º catro embarcacións do Kaiak Tudense. En K1
senior vitoria para Iván Alonso do Kaiak Tudense que sacou máis de 2 minutos
de vantaxe ao segundo clasificado. En C2 tamén vitoria para os de Tui con
Ramón Ferro e Óscar Graña que neste caso sacaron máis de 6 minutos e medio
ao segundo C2. Tamén gran vantaxe de Manuel Garrido do Kaiak Tudense,
vencedor en C1 con case 3 minutos sobre o segundo clasificado. En K2 senior
vitoria tamén para o Kaiak Tudense da man de Leticia Piña e Valeira Romero,
mentres en K1 Ana Varela do Kaiak Tudense foi segunda por detrás de Amaia
Osaba do Piragüismo Pamplona.
En Xuvenís o
k2 de Pablo Sánchez e Breogán Monteagudo do Naval de Pontevedra foron os
primeiros. Vitoria tamén para o k1 de Paulo Saeta do Naval de Pontevedra, o
c2 de David Novás e Iago Chapela do Náutico Rodeira de Cangas, e o c1 de
Pablo García do Náutico Firrete. En damas Aurea Mª Piñeiro e Lidia Bayón do
Piragüismo Illa de Arousa foron as gañadoras do mesmo xeito que Jessica
Alfono do Mar Ría de Aldán en K1 e Noelia Suárez do Piragüismo Ciudad de
Pontevedra en C1.
Na categoría
Cadete a vitoria foi para Miguel Rodríguez e Enol Isoba do Kaiak Siero en
k2, Andrián Torres do Club Confraría de Pescadores do Portonovo en k1,
Daniel Rodríguez e Javier Piñeiro do Náutico Rodeira de Cangas en c2 e
Sergio Vallejo do Escola de Piraguismo Poio en c1. No k2 dama Marina Miranda
e Beatriz Matos do GCDR Gemeses foron as gañadoras da proba o mesmo que
Noelia Moledo do Mar Ría de Aldán en K1, e de Jenifer Casal do Piragüismo
Ciudad de Pontevedra en C1.
Na
clasificación xeral por clubs a vitoria foi para o Kaiak Tudense con 2.552
puntos, seguido do Piragüismo As Torres Romaría Viquinga con 2.060 e do
Piragüismo Ciudad de Pontevedra con 1.527,5.
A festa
continuou despois no Paseo da Corredoira que foi un auténtico fervideiro de
xente. Pouco antes das oito e media da tarde as asociacións culturais
comezaron a servir os produtos gastronómicos que tiñan preparados con
empanada, tortilla, chourizo, callos ou orella. Foi tal o éxito que se
esgotaron todos os menús preparados polas once asociacións tudenses
presentes nesta festa gastronómica.
O seguinte
punto da Festa da Piragua estivo no paseo fluvial co Festimiño. Outra
actividade que resultou un gran éxito e que reuniu a miles de persoas. O
Paseo estivo completamente ateigado e as escaleiras de pedra que baixan
dende a Praza da Estrela convertéronse nun graderío privilexiado para
disfrutar dos concertos. Primeiro as K-narias e logo OBK fixeron vibrar e
bailar a ao numerosos público presente e a festa continuou despois da man
dos dj’s convidados ata alta horas da madrugada.
E case sen
tempo para reporse o domingo ás 11.30h comezou a disputarse a ultima cita
desta festa, a Copa Presidente da Xunta de K4 e C4. Novamente o público
respaldou ao padeeiros nesta competición na que na categoría senior o Kaiak
Tudense fíxose co triplete.
En K4 Iván
Alonso, Joan Ardit, Roberto Rodríguez e Rubén Millán foron os primeiros en
cruzar a liña de meta.
No C4 Daniel
Costa Bouzada, Manuel Garrido, Ramón Ferro e Óscar Graña do Kaiak Tudense
foron os primeiros clasificados.
Por último o
K4 damas do Kaiak con Ana Varela, Carla Pérez Leticia Piña e Valeria Romero
fixeronse tamén coa vitoria.
En xuvenil o
primeiro posto para o C4 da Escola de Piragüismo Ciudad de Pontevedra tanto
en homes coma en mulleres, en K4 para o Club Piragüismo Vilaboa e en K4
muller para o Club Piragüismo Illa de Arousa.
Na categoría
cadete en C4 vitoria para o Club Breográn do Grove, en K4 para o Club
Piragüismo Verducido Pontillón, en K4 damas para o Club de Mar ría de Aldán
Hermanos Gandón.
Na
clasificación xeral a vitoria foi para o Kaiak Tudense co 829 puntos,
seguido do Real Club Náutico de Rodeira de Cangas con 664,875 e do Club de
Mar Ría de Aldán-Hermanos Gandón con 578 puntos.
Deste xeito
rematou con gran éxito unha fin de semana que marca un antes e un despois na
celebración do Descenso Internacional do Miño. A nova aposta feita polo Club
Kaiak Tudense, o Concello de Tui e a empresa privada deu os seus froitos.







|