12/12/2011

     

    

I Concurso de Postais de Nadal en Amorín

 

A Asociación Veciños de Amorín anuncia que o sábado dia 11 de decembro, se reuniu o xurado encargado de seleccionar as postais gañadoras do 1º Concurso de Postais de Nadal en Amorín.

Este xurado, composto por D. Xosé Mª Regueiro,Concelleiro de Cultura e Educación, D. Modesto Rouco Fonseca, Presidente da Federación de Asociacións Terra Miño, Dona Rosa Fonterosa Álvarez, vicepresidenta da Asociación Veciños de Amorín, e  o ilustre pintor de Amorín, D. Luís Gonçalves.

 

 

De todas as postais que se presentaron a concurso, procedentes das Escolas de Amorín, Sobrada, Estás, Carregal, e Taborda, foron seleccionadas, por categorias, as seguintes:

·        Primeira Categoría (hasta 5 anos):  Sofía Gómez Domínguez

·        Segunda Categoría (de 5 a 9 anos): Andrea Sio Cebada

·        Terceira Categoría (de 10 a 13 anos): Iria Rodríguez Huertas

·        Cuarta Categoría: O premio quedou deserto.

O Xurado elixiu a postal de Olalla Vizoso González,  para darlle un premio a súa creatividade,  ao representar nela elementos  de Amorín, en clave do Nadal.

 

 Sofía Gómez Domínguez e Andrea Sío Cebada

 

 Olalla Vizoso González

 

  Iria Rodríguez Huertas

 

IRIA RODRÍGUEZ HUERTAS 12 ANOS WEB.jpgOLALLA VIZOSO GONZÁLEZ 8 ANOS WEB.jpgO vindeiro domingo 18 de decembro, terá lugar a entrega de premios aso gañadores.

Alí poderanse ver as postais presentadas, en exposición.

A postal seleccionada para felicitar aos socios da Asociación Veciños de Amorín, foi a de Iria Rodríguez Huertas.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Pleno Escolar

no concello

da Guarda

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2010

 

 

Reportaxes dos lectores

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com