18/05/2011

     

    

Plataforma Queremos Galego

  

A praza de San Bieito acolleu a convocatoria da Plataforma Queremos Galego reivindicando a nosa lengua

 

            Pouco máis dun cento de persoas acudiron o 17 de maio, Día das Letras Galegas, ao Auditorio de San Bieito, atendendo á chamada da Plataforma Queremos Galego do Baixo Miño, para participar nun acto reivindicativo da lengua galega que comezou, ás doce do medio día coa lectura dun manifesto no que se reclamaba a defensa da lingua e se rexeitaba a política lingüística da Xunta de Galicia, presidida por Núñez Feijóo.

            Edís nacionalistas de distintos concellos da comarca do Baixo Miño, e a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, entre outros, participaron neste acto que contou coa música dos Pelouros e o Grupo de Pandereteiras do IES A Sangriña.

            Distintas persoas de diferentes idades e profesións, incluídos estudantes e mestres, participaron neste acto lendo escritos de autores galegos, entre outros, de Castelao, Rosalía de Castro e Álvaro Cunqueiro.

            Rematou este encontro reivindicativo do idioma galego interpretando o Himno Galego.

 

Outra forma de ver a reportaxe: premer na foto

Foto da Plataforma Queremos Galego (Laureano)

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Última reportaxe

 

Mitin do

BNG

en Tomiño

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2010

 

 

Reportaxes dos lectores

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com