|
Presentación candidatura PSOE (Tui)
Reportaxe
de Beti Rey
O PSOE
presenta a súa candidatura en Tui formada por persoas cualificadas con
vocación de servizo público segundo Enrique Cabaleiro

O Partido
Socialista de Tui presentou o xoves á noite, no último día da precampaña
electoral, a súa candidatura ás eleccións municipais do próximo 22 de maio
na cidade. O acto celebrado no Hotel Colón contou coa presenza de preto de
200 persoas, entre elas os candidatos socialistas ás alcaldías da Guarda, O
Rosal, Tomiño e Salceda que arrouparon a Enrique Cabaleiro candidato á
alcaldía de Tui. Tamén estaba presente a ex conselleira Mª Jose Caride e o
senador Pablo García.
Este último
foi o primeiro en tomar a palabra para xustificar a súa presenza en Tui por
dous motivos. Por un banda dicía que como secretario de organización non
podía perder este día que marcaba “un antes e un despois para o PSOE en
Tui”. Nese senso explicaba que o Partido Socialista non podía permitir que
Tui seguise pola deriva política que tiña nos últimos anos e presenta unha
candidatura renovada con persoas con “valores e unha traxectoria
profesional”. Amosábase convencido que de van lograr grandes resultados na
cidade que marcaran “un punto de inflexión a curto prazo para gobernar Tui”.
Agradecía
amais Pablo García ao candidato de Tui Enrique Cabaleiro a elaboración da
candidatura que dicía é boa, e o candidato no seu parecer é todo un luxo
A
continuación interviña o nº2 da lista socialista, Jose Luis Maciñeiras, que
leva seis anos vivindo en Tui, un tempo que dicía non é suficiente para
coñecer todos os entresixos da cidade pero sí tempo dabondo para coñecer as
carencias do municipio. Citaba así o abandono do casco histórico, a falta de
parques e zonas verdes no casco urbano, ou o desenvolvemento dunha zona de
esparcemento ás beiras do Miño. Engadía que Tui está coma hai 20 anos atrás
e sinalaba que “continúan aí as mesmas persoas de sempre, sen facer nada, na
parrilla de saída outra vez”. Abordaba Maciñeiras as propostas socialistas
en Benestar Social onde apuntaba que aquí as tres principais infraestruturas
necesarias son un centro de saúde público, unha escola infantil e un centro
de día.
Actual
situación económica indicaba que fai que os grandes proxectos estean
aparcados polo que hai que buscar solucións intermedias. Nese senso propuña
que mentres non se constrúa o novo centro de saúde no actual se habiliten
consultas de tarde para desconxestionalo, e que se poida construír un
ximnasio para rehabilitación no aparcamento interior traseiro, para así
deixar libre a actual sala. En Benestar social apostaba tamén por reforzar
a asistencia domiciliaria, e pola posta en marcha do programa Xantar na
casa.
O candidato
á alcaldía polo PSdG, Enrique Cabaleiro, sinalou na súa intervención que
cando formou a candidatura tiña dúas ideas claras que os membros tiñan que
ser persoas cualificadas con vocación de servizo público, e por outra parte
que por diante están catro anos difíciles polo que as áreas de goberno no
concello teñen que estar ocupadas por persoas cualificadas. Sobre o proxecto
socialista dicía que ten dous piares básicos o benestar social e as
políticas de emprego e promoción económica. Sobre benestar social dicía que
Tui é un dos cinco concellos de Galicia de máis de 15 mil habitantes onde
non hai centro de día, apuntando que tampouco hai gardería pública.
Por outra
parte sinalaba que fai falla un plan para consolidar chan empresarial, e
manifesta que non se pode entender como o concello non foi quen de crear
emprego vinculado ao patrimonio histórico e medioambiental. Precisamente
para recuperación económica propoñen a creación de empresas de capital
mixto, escolas obradoiro de restauración, para recuperar o patrimonio o que
pode ser amais un incentivo na promoción turística.
Dicía
Enrique Cabaleiro que é difícil o cambio político que necesita Tui con
actores políticos que levan 20 anos, e apuntaba que na precampaña viuse coma
se cambian persoas duns partidos a outros, pero lle resultaba incomprensible
coma alguén con labores de goberno están noutro partido que defende xusto o
contrario do labor que viu realizando nos últimos catro anos.
Por último o
candidato socialista facía un recoñecemento público a todas a persas que
forma parte da súa candidatura, persoas con vocación de servizo. E tamén
lembraba a todos as persoas que ao longo da historia foron nas candidaturas
do PSOE.
Remataba
comprometéndose a mellorar o paso político do PSOE no Concello, e
manifestaba que son conscientes de que teñen que elaborar políticas para as
persoas, que teñen que estar más preto das parroquias, e prometía traballo
duro para que Tui estea onde merece pola súa riqueza natural e
arquitectónica sendo un referente non so a nivel galego senón nacional e
internacional.







|