|
|
Recoñecemento ao Mérito Deportivo no Rosal
O Rosal homenaxeou aos seus
deportistas no I Recoñecemento ao Mérito Deportivo
Nun acto ao que acudiron
unhas trescentas persoas, o concello do Rosal homenaxeou ao deporte local
coa convocatoria do I Recoñecemento ao Mérito Deportivo, celebrado o 20 de
febreiro, á que asistiron, ademais de corporativos das distintas formacións
políticas con representación municipal e público en xeral, o alcalde, Jesús
Mª Fernández Portela; o Deputado de Deportes da Deputación de Pontevedra,
José Enrique Sotelo, e o secretario xeral para o Deporte da Xunta de
Galicia, José Ramón Lete Lasa.
Presentado por Juan Ramón
Martínez Barbosa, que foi, ademais o recompilador e coordinador da homenaxe,
no escenario contou coa “compaña” de Paquiño de “Os Campelos”, que puxo a
nota de humor ao acto.
Trala presentación subbiron ao
escenario os representantes das diferentes modalidades deportivas así como
os directivos dos distintos clubs, aos que lles foron entregados, polos
concelleiros, cadansúa distinción.
O fútbol, representado
pola U.D. Ribera, a Unión Deportiva Tamuxe e Veteranos do Rosal.
O balonmán, co Atlético Novás e as
irmás Andrea e Alba Dapena Iglesias; o ciclismo, co Club Ciclista O Rosal, e
os ciclistas Gustavo Otero Gómez, Indalecio Martínez Dorado, Roberto Portela
Vieira, Eloy Otero Alfonso, Jorge Rodríguez Martínez, Javier Calvo Simoes,
Jesús Ramón Lorenzo Alonso, Miguel Rodríguez González, Celso Flores Lorenzo,
Ismael González García, Adolfo Martínez Alonso, Jonathan Sousa Araújo, Raúl
Fernández Lorenzo e Jose Benito Guerreiro.
O Club Parapente Pardillos,
representado polo presidente Florencio Vázquez Fernández.
O atletismo, que levou ao
escenario ao club de Atletismo do colexio Manuel Suárez Marquier,
representado por Félix Piñel Alonso, e a 32 atletas que obtiveron algún
triunfo na súa traxectoria deportiva, entre eles Fabio Pereira Álvarez e
Iván Rodríguez Maceiras. Pero tamén recibiron cadnaseu recoñecemento as
“vellas glorias do atletismo rosaleiro”, como Luis Álvarez Martínez, Oscar
González Rivero, José Ángel González Rivero, Francisco Javier Rodríguez
Teixeira, Humberto Ascari Martínez, Corbacho Xavier Martínez Durán e Luis
Alberto Martínez Durán.
Nos deportes de auga,
pasaron polo estrado a natación con María Portela Vicente; o remo, con
Alejandro Fernández Lomba, Iago Pazos González e Ángela Castro Álvarez, E no
escenario, como colectivo, o Club Deportivo Miño Os Teixugos cos padexeiros
rosaleiros Pablo Vicente Fernández, Antón González Ucha e Andrea González
Ucha.
Nas artes marciais,
subiron a recoller os respecticos recoñecementos os iudocas Eric Barceló
Rodriguez, Pablo Marín Marcos e Nuria Martinez Lomba, e Taekwondo, Sandro
Fagúndez Flores e Claudia Marcelli Carballido.
No motocilcista estiveron
Gabriel Marcelli Carballido, Eloy Martínez Conde, Rubén Martínez Rodríguez,
Eloy Martínez Rodríguez e Rafael Dieste Fontaine; mentrs en en
rally/automobilismo, o representante foi Juan José Rivero (Tabulo).
No apartado doutros
deportes estiveron o paracaidismo e tiro olímpico, con Roberto González Brey;
o furbolín, con Carlos (Sevi) Álvarez Antúnez ; os xogos populares con
Rafael Martínez López r Juan Manuel González Domínguez. O Club Deportivo San
Xerome Emiliani, representado por Javier Portela Vieira.
Os Trofeos aos Deportistas
de alto Nivel recolléronos Antonio Portela Rodríguez, Diego Fernández
González, Óscar Vicente Rodríguez, David Gómez Martínez, Javier Díaz Pérez e
Serafín Martínez Acevedo
E as Mencións Especiais
foron para Manuel Armán Flores, Gerardo Álvarez Martínez e Félix Piñel
Alonso
Trala entrega das
distincións, fixeron uso da palabra o alcalde, o deptuado provincial de
Deportes e o secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, quen
animaron aos deportistas a continuar o seu progreso e a seguir coa práctica
deportiva
Outra forma de ver a reportaxe: premer na foto

|
|
Sporting
Guardés - Castrelos
Índice reportaxes 2010
Reportaxes
dos lectores
Se desexa incluír unha reportaxe
comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:
galiciasuroeste(arroba)gmail
(punto)com |
|