Algo máis de 150 persoas
congregáronse o 8 de decembro no Recreo Artístico Guardés para disfrutar
dunha tarde musical co gallo do 121 Aniversario desta recoñecida institución
cultural.
O Presidente do “Recreo” deu a
benvida aos presentes e desexoulles unha feliz tarde co programa
cultural-musical programado pola Xunta Directiva.
Abriu as distintas actuacións o
coro Cantábile, dixirixo por Lucía Alonso, sendo presentado polo que a
directora chanou como “mestre”, e fundador do coro, José Luis Lorenzo
Rodríguez quen dixo que “agora mesmo o coro pasa por un dos mellores
momentos”, un coro que vén de participar no certame de villancicos de
Novacaixa, en Vigo.
Once foron as cancións
interpretadas por esta formación, entre elas algunhas de autores locais,
como “Mar infame”, con letra de Xosé Carlos Gómez Alfaro e música de José
Luis Lorenzo Rodríguez quen é tamén o autor das adaptacións cantadas neste
encontro musical poloo Coro Cantabile, que tivo no seu programa, e como
anticipo das datas que se aveciñan, dous villancicos “Cantemos ó Neno” e “En
mísero establo”.
Trala actuación do coro, subiu
ao escenario o grupo de pandeiretas “Tambaluca”, dez mulleres que desexaron
que o público disfrutase cos seus cantos “igual que nós disfrutamos
cantando”.
Distintas cantigas animaron a
actuación de Tambaluca, algunas delas recollidas na súa primeira gravación
“Que bonito é” como “Mazurca”, “Montealegre” ou “O vivir na Guarda”, por
citar algunas delas.
“Tambaluca” está formado por dez
mulleres que se reúnen para cantar, “para cantar e pasalo ben”.
Rematou a xornada co Ballet
Studio 88, dirixido por Josué Álvarez, que ofreceu distintas coreografías
algunhas delas incluídas no seu máis recente espectáculo: “Burlesque”.
Durante a tarde houbo tempo para
o sorteo dunha cesta con produtos diversos e dun extraordinario xamón. E
como remate da xornada servíronse pinchos e rosca, acompañados de viño e
refrescos, aos presentes.
Outra forma de ver a reportaxe: premer na foto
