|
|
Melchor, Gaspar e Baltasar na
Residencia Monte Tecla
Un ano máis os Reis Magos
achegáronse á Residencia de Maiores Monte Tecla, en Camposancos, nun acto
que contou coa presenza do alcalde da Guarda, José Manuel Domínguez Freitas,
e distintos concelleiros da Corporación local.
Unha vez máis a música,
interpretada por membros da Comitiva Real desprazados tamén de Oriente
acompañando a Melchor, Gaspar e Baltasar, animou a presenza das Súas
Maxestades “obrigando” a bailar aos maiores, aos concelleiros e aos mesmo
reis. Unha estadía que foi, polo que se puido ver, animada e emotiva para os
residentes neste centro que sempre dedica as mellores atencións ás persoas
que teñen na Residencia Monte Tecla o seu fogar.
Os Magos entregaron
distintos agasallos aos maiores que, en representación de todos eles, foron
recollidos por tres residentes do Centro.
Outra forma de ver a reportaxe: premer na foto

|
|
Actos contra oficinas bancarias e unha inmobiliaria
Índice reportaxes 2011
Reportaxes dos lectores
Se
desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen
compromiso enviando un correo a:
galiciasuroeste(arroba)gmail
(punto)com |
|