O Concello entrega unha placa a José Luís Bouza, Diego
Piña e Víctor Rodríguez tras a súa participación no Europeo de
Piragüismo

O Concello de Tui recoñeceu
onte
publicamente unha placa ao
mérito deportivo de José Luís Bouza, Diego Piña e Víctor Rodríguez tras a súa
participación na fin de semana no Campionato de Europa de Piragüismo. No salón
de sesións foron recibidos os padeeiros, xunto ao outros membros do club Kaiak
Tudense polo alcalde, Moisés Rodríguez, e o concelleiro de deportes, Nicolás
Lorenzo, así coma polos edís Jose Angel Villaverde e Olga Montes, e polo
concelleiro do BNG Laureano Alonso.
Nicolás Lorenzo, coma edil de
deportes, manifestou que é unha honra e satisfacción comezar no cargo recibindo
a un dobre medallista, en referencia a Bouza, e aos seus compañeiros que
chegaron ás semifinais do Europeo.
Pola súa parte o alcalde, Moisés
Rodríguez, sinalou que foi unha experiencia inesquecible acudir ao aeroporto
xunto ao concelleiro de Deportes para recibir a estes tres padeeiros que
participaron no Europeo. Engadía que é importante que a cidade de Tui volva
apoiar e pór en valor o traballo e esforzo destes deportistas. Expuña tamén que
o Concello ten a necesidade de valorar o esforzo destes deportistas, e anunciaba
que a través da Concellería de Deportes tentarán corrixir que os deportistas
teñan que adiantar dos seus petos os cartos para ir ás competicións.
Remataba afirmando que Tui está
acostumada a recibir éxitos, apuntando que estes éxitos teñen tamén a
importancia engadida de levar o nome de Tui. O obxectivo, dicía, é que o
deporte en Tui sexa un referente do mesmo xeito que o é na cultura.
Comprometíanse a facer o posible para estar o 13 de agosto en Verducido onde
José Luís Bouza se medirá con David Cal para buscar praza no Mundial.
A continuación facían entrega dunha
placa conmemorativa a Jose Luis bouza pola medalla de prata e bronce lograda no
Europeo, e a Diego Piña pola súa presenza neste campionato. Non puido recoller a
súa placa Víctor Rodríguez polo falecemento dun familiar, polo que foi Esteban
Alonso, o adestrador do Club quen a recolleu.
Por último Diego Piña no nome dos seus compañeiros agradecía a
recepción no Concello que dicía é moi gratificante para eles, e anunciaba que
seguirán intentando lograr novos éxitos.





