13/07/2011

     

    

X Rock Guardés

Reportaxe: Organización

 

Éxito da festa Rock Guardés na súa décima edición

Un ano máis, e xa van dez, celebrouse no porto da Guarda o Rock Guardés, iniciativa  que organiza e apoia  a comisión de Festas Virxe do Carme da Guarda. Como tódolos anos o concerto tivo gran éxito de crítica e público, cinco grupos xoves  do Baixo Miño de novas músicas tiveron a oportunidade de dar a coñecer o que son capaces de facer.

Abriron o concerto os máis veteranos neste festival The Winning Numbers que presentaron os seus éxitos de sempre  e os novos temas do seu próximo traballo discográfico. Seguíronlle os debutantes no Festival, Copenhage, que fixeron enloquecer aos máis novos e novas. Cun cambio radical de estilo fixeron o seu espectáculo os contundentes Asegún que quentaron ao público para dar paso a MALCOLM X que contan cun numeroso e fiel grupo de seguidores. Rematou o concerto, xa a altas horas da madrugada, dos rocosos Declaration of Hate.

A comisión quere agradecer a asistencia do numeroso público que ateigou por momentos a carpa do porto e tamén a toda a xente que colaborou na realización deste festival en especial a Éxfico Art Dis polos seus deseños da cartelería; á empresa encargada do son Gesmain Audiovisual, aos patrocinadores: Informática San Benito, Crisdeluz, Distribuciones Cuña, Restaurante Arruaz, Pub Y la luna?, Disco Tasca O Catre, Discoteca La Guagua, Copistería Quisqueya, Concello da Guarda e sobre todo aos grupos, xa que sen eles este festival non sería posible.

Grazas a todos e ata o XI ROCK GUARDÉS.

 

The Winning Numbers

 

Copenhage

 

Asegún

 

Malcon X

 

Declaration of Hate

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Última reportaxe

  

Mosteiro

de Santa

María de Oia

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2010

 

 

Reportaxes dos lectores

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com