|
|
VII Degustación da Rosca de Xemas
ACIGU CCA celebrou. o 21 de xullo, unha
nova edición da Degustación de Rosca de Xema Guardesa, que chega á súa
sétima edición promocionando unha sobremesa que endulza o padal e goza de
gran predilección.
As racións foron despachadas no stand que
a asociación montou no Auditorio de San Bieito onde tamén se ofreceron
alternativas para os máis pequenos que pudieron presentar os seus debuxos,
sendo obsequiados con lambetadas.
Presidiu este acto Carmen María García
Braga, acompañada polo persoal técnico de ACIGU que en todo momento atendeu
a cantos se achegaron a este espazo para disfrutar da degustación. Hai que
indicar que tamén foron moitos os turistas e visitantes de paso que
coñecendo a organización desta VII Degustación quixeron achegarse ao
Auditorio de San Bieito para saborear a rosca de xemas decidindo moitos
deles levar unha rosca que tamén se podía adquirir no stand.
Outra forma de ver a reportaxe: premer na foto
 |
|
Virgen del Carmen desde la óptica de un costalero
Índice reportaxes 2010
Reportaxes dos lectores
Se
desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen
compromiso enviando un correo a:
galiciasuroeste(arroba)gmail
(punto)com |
|