10/09/2011

     

    

Visita a Rubber

Reportaxe: Beti Rey

 

O conselleiro de Economía estuda co Consello de Administración de Nor Rubber SAL a posibilidade de financiamento para a compra de materia prima

O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, realizou na tarde do venres unha visita á empresa Nor Rubber SAL situada en Areas, na que estivo acompañado polo alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, e polo presidente do Consello de Administración da empresa, José Manuel Quintana.

Javier Guerra percorreu as instalacións da fábrica interesándose polos distintos procesos que na mesma realizan os 100 traballadores que na actualidade conforman a plantilla. Dende o Consello de Administración espuxéronlle ao titular de Economía a necesidade que teñen de conseguir financiamento para facer fronte á adquisición de materia prima para unha carteira de pedidos por importe de 2,5 millóns de euros que teñen comprometido e que deben entregar antes de finais de ano. O presidente do Consello de Adminitración, José Manuel Quintana, explicaba que teñen un desaxuste de tesourería que teñen que cubrir e que necesitan facelo nun prazo máximo dun ou dous meses. Será un financiamento para cancelar posteriormente coas facturas de venda.

O conselleiro destacou na súa intervención que os traballadores desta empresa son un exemplo a seguir porque son tamén propietarios, algo que, dicía, é importante nestes  momentos. Javier Guerra trasladoulles o seu compromiso aos traballadores, salientando que esta é a empresa máis importante do municipio. Salientaba por outra parte que pese a ter carga de traballo teñen algunhas dificultades para atopar financiamento para o que ían de xeito conxunto buscar algunha solución, destacando que o IGAPE está envorcado apoiando ao tecido empresarial galego.

Por último o alcalde de Tui agradecía ao conselleiro a súa visita á cidade. Salientaba que Nor Rubber é un exemplo a seguir en toda Galicia porque os propios traballadores son tamén empresariOs, e incidía tamén na importancia de que esta empresa tudense teña o apoio da Xunta.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

As Festas do Monte co obxectivo de MILO BAZ

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2010

 

 

Reportaxes dos lectores

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com