04/03/2011

     

    

Ábaco presentou a IV Ruta do Pincho

    

 

            O Xoves, 3 de marzo, tivo lugar no Centro Cultural da Guarda a presentación da Ruta do Pincho organizada por Ábaco nas súa cuarta ediciónasistindo a este acto o alcalde da Guarda, José Manuel Domínguez Freitas, a concelleira de Turismo, Montserrat Magallanes Álvarez, e o concelleiro do BNG, Xan Lois Lomba Alonso. Tamén estiveron presentes as concelleiras do Rosal, María del Carmen Alonso Alonso e de Turismo, dado que establecementos deste concello tamén participan nesta iniciativa de Ábaco.

            Xunto aos mencionados contouse coa presenza de Juan González, director de Novacaixagalicia, na Guarda, e Carlos Hernández Ares, delegado comercial das Bodegas Marqués de Vizhoja, así como a maior parte dos representantes dos 19 establecementos que participan nesta edición da IV Ruta do Pincho: Bergantín, Xantar, Loli Pop, Art Café, Vaite Vindo, Xeito, Arruaz, O Mariñeiro, The Céltic Harp, Ribel, Chupa Ovos, La Granja, Y la luna?, Avenida, O Recuncho, O Pasaxe, Casa do Outeiro, Juan, La Revacha.

            Presentou o acto o secretario de Ábaco, José Ángel Gándara que agradeceu a presenza dos asistentes e autoridades a este acto. Pola súa banda o presidente de Ábaco, Manuel Ángel Baz, destacou a excelencia dos pinchos que se poderán degustar nesta edición, así como a importancia dos premios que poderán conseguir os routeiros, entre eles un premio seguro por acabar a Ruta: un magnum Marqués de Vizhoja, ademais de participar no sorteo  dunha fin de semana no Talaso Atlántico.

            O alcalde da Guarda valorou como un acerto a iniciativa da Ruta do Pincho, promovida por Ábaco, cualficándoa como un atractivo que hai que sumar á Guarda e que contribúe a que xentes doutros lugares se acheguen a esta localidade. Noutro momento refeiruse a consolidación desta iniciativa que xa vai pola cuarta edición o que significa que esta proposta funciona e que, ademais, serviu de estímulo para ser imitada noutros lugares.

            Pola súa banda a concelleira de Turismo, Motserrat Magallanes felicitou á Ábaco por esta iniciativa que, como outras, conta co apoio do concello na medida das posibilidades da institución local.

            Logo da presentación degustáronse os productos que cada establecimento participante na IV Ruta do Pincho ofrecerá na convocatoria de 2011.

 

Outra forma de ver a reportaxe: premer na foto

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Última reportaxe

 

Caldemiños representou "Por borrachís"

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2010

 

 

Reportaxes dos lectores

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com