14/03/2011

     

    

Feira de San Gregorio en Pías (O Rosal)

    

 

            Pías celebrou, os días 12 e 13 de marzo, a Feira de San Gregorio con alternativas de música tradicional, actividades infantís, exposicións variadas, actos relixiosos e polbo á Feira, ademais de degustcións da rosca de rexóns.

            A creatividade de Ima, con peculiares esculturas realizadas mediante o ensamblado de raíces, unha veces, e outras deixando falar simplemente o labor da natureza que se autocopiou, dá como resultado obras con títulos elocuentes como Cacheira, Crucifixión, Vantaxe, Burlón e Canicouba, entre outras, puideron visitarse nun dos baixo habilitados para acoller esta mostra. Generao Alonso presentou, un ano máis, as súas non menos sigulares obras metálicas que falan da creatividade deste carpinteiro metido a artista e capaz de dotar de movemento a algunhas das súas creacións, como o leñador, o muíño de auga ou o aserrador, por citar tres destas obras. Parafusos, culleres, garfos, tuercas, e un sinfín de materiais serviron a Genaro para elaborar as súas crecións con moi variados motivos.

            As palilleiras presentaron na casa de Tere os labores feitos cos palillos. Filigranas saídas da paciencia e o cruce dos palillos que conforman preciosas obras de mantelería, traxes, faldas e outras moitas pezas que dan lugar a un laborioso traballo que requiere moitas horas de elaboración.

            Villa mostrou unha obra en pedra na que recupera o traballo de hai catro mil anos, coa reproducción de petroglifos, ou as manifestacións castrexas, de hai dous mil anos, con motivos das esvásticas, como os trisqueis e hexafolias.

            E moitos achegáronse á tradicional exposición de antigüidades onde había, como na botica, un pocuo de todo: radios, luminarias, palanganas, xarras, obxectos de adorno, e un longo etcétera.

            A rúa da Estrada acollía os distintos postos de artesanía con variedade de obxectos. Lito o Pulpeiro prestouse a deixar o saboroso polbo á feira acompañado dos viños que se producen no Rosal, e a rosca de roxón foi degustada polos mpresentes, moitos dos cales levárona como sobremesa para a casa.

            Non saíu o domingo a procesión de San Gregorio, avogado da cabeza e o estómago, por mor a climatoloxía adversa. A misa solemne, das doce do mediodía oficiada polo párroco Arturo, congregou a moitos devotos dos pobos veciños.

            E na parte musical estiveron o grupo de gaitas A Boalleira, as charangas “Os Tarteiras” e “Os da Orde”, as pandereteiras “Tambaluca”, da Guarda e o grupo folk “Lembranzas”.

 

Outra forma de ver a reportaxe: premer na foto

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Última reportaxe

 

Presentación candidatura PSdeG-PSOE

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2010

 

 

Reportaxes dos lectores

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com