10/02/2011

     

    

Presentación Sandra González

candidata Alcaldía de Tomiño

  

O BNG presentou, ante más de 500 persoas, a Sandra González como candidata a Alcaldía de Tomiño

Na tarde do domingo, 6 de febreiro, tivo lugar no Auditorio de Goián a presentación da candidatura coa que o BNG concorre ás vindeiras eleccións municipais de maio. Máis de 500 persoas ateigaron o auditorio, que quedou pequeno.

Entre os convidados contouse coa presenza dos tamén cantidatos do BNG por Vigo, Gondomar, Porriño, Salceda, Tui, A Guarda, Oia e o Rosal e a deputada Carme Adán.

No acto presentouse un video sobre o traballo que o BNG ten desenvolvido nestes catro  anos no concello de Tomiño e interviron a responsábel local do BNG, Cristina Martínez, e o portavoz municipal, Uxio Benítez. A continuación tomou a palabra a deputada e ex-conselleira Teresa Táboas que mostrou o seu apoio aos compañeiros do BNG de Tomiño e valorou “a determinación que Sandra sempre tivo xestionando, cando eu era conselleira, o Parque Empresarial de Tomiño, tan necesario nun contexto de crise económica como no que estamos”.

Finalmente interviu a alcaldesa de Tomiño e novamente candidata do BNG á Alcaldía, Sandra González, agradecendo o apoio do numeroso público asistente e manifestou que “Tomiño emprendeu un camiño de transformación hai catro anos que non pode ter volta atrás, e que recoñecen a maioría dos veciños e veciñas cos que falamos”. Segundo a alcaldesa, “preséntase un equipo que conxuga a necesaria incorporación de xente nova coa experiencia de goberno ao longo destes catro anos, con ilusión, con proxecto e con ganas de seguir traballando polo seu concello”.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Última reportaxe

 

Subida do

Arco de

Tabagón

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2010

 

 

Reportaxes dos lectores

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com