O sábado 12 de febreiro, a Asociación
Polo Saneamento de Tomiño, convocou
una concentración de veciños diante da Praza do
Concello, para apoiar aos membros da Asociación que as doce do mediodía ían
entregar as sinaturas que se recolleron nas parroquias, para pedir o saneamento
do municipio.
476 sinaturas de Carregal e 310
sinaturas de Taborda esixen que se elabore o proxecto, para o verquido xa que,
din desde a Plataforma, tenñen a onde verter.
Tamén se entregaron 1774 sinaturas que se
recolleron nas parroquias de Amorín, Carregal, Currás, Sobrada, Taborda, Tomiño,
Pinzás e Barrantes, pedindo que se destine un 6% do orzamento do Concello
ao Saneamento; o baleirado gratuíto das fosas sépticas (cada viaxe custa 80
euros), e que finalicen os verquidos clandestinos que están contaminando
o
campos, montes e ríos.
Solicitan, ademais, que estes
problemas se leven a un Pleno Extraordinario do Concello.
A directiva da Plataforma solicitou unha copia
da documentación dos acordos ou convenios que regulan as taxas que deben
pagar pola depuradora, e entregou a unha funcionaria do Rexistro as sinaturas.
A Plataforma cualificou de “desprezo” hacia os
tomiñeses que ningún representante de ningún partido político con representación
municipal recibise aos concentrados.








