|
|
Procesión de San Antonio (A Guarda)
Moitos foron
os fieis que o domingo, 12 de xuño, participaron na procesión de San
Antonio, na que tamén desfilaron os nenos e nenas que ese día, ou no pasado
mes de maio fixeron a Primeira comuñón.
Presidiu o
acto relixioso o párroco de Santa María da Guarda, Jesús García Villadóniga,
acompañado da representación do concello da Guarda co alcalde, José M.
Domínguez Freita, ao fronte; comisións de festas e entidades empresariais.
A comitiva
percorreu as rúas Méndez Núñez, primeira parte de Oliva, Calle do
Medio (Hernán Cortes), Concepción Arenal, Brasilino Álvarez Sobrino, Joaquín
Alonso, Antonio Alonso e adro da igrexa. A banda de música As Delicias da
Caeiro pechaba a comitiva procesional.
Outra forma de ver a
reportaxe: premer na imaxe

|
|
Escolares
interpretan a
obra de Alicia Alonso
Índice reportaxes 2010
Reportaxes dos lectores
Se
desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen
compromiso enviando un correo a:
galiciasuroeste(arroba)gmail
(punto)com |
|