24/06/2011

     

    

Fogueiras de San Xoán na Guarda

  

 

Ata unha ducia de fogueiras foron autorizadas, o 23 de xuño, na noita das vísperas de San Xoán.

As parroquias de Salcidos, Camposancos e A Guarda reivindicaron, un ano máis, con esta celebración inmemorial a tradición da noite máxica, Polas rúas chegaban arrecendos de sardiñas, pero tamén de fume. coa escuridade delatábanse os lugfares nos que se prenderon os lumes.

Quizais a fogueira de maiores dimensións fose a do Club de Remo Robaleira. Na rúa Julián López acéndese unha fogueira exclusiva para os miúdos na que arderá tamén unha "falla" de pequenas dimensións.

No adro de San Queitano vívese a celebración como nunha gran familia na que os protagonistas principais son os veciños que levan distintas degustacións caseiras e bebidas que comparten cos convidados mentres sonan as gaitas sen que falte a caixa e o bombo.

Son só tres referencias para a noite de San Xoán.

 

Outra forma de ver a reportaxe: premer na imaxe

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Última reportaxe

 

Recoñecemento

de Tui  aos seus piragüistas

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2010

 

 

Reportaxes dos lectores

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com