|
|
IIIª Marcha BTTT "Serra da Groba"
Uns 250 ciclistas
participaron o domingo, 6 de novembro, na III Marcha BTT "Serra da Groba"
coorganizada polos concellos da Guarda, O Rosal e Oia, cun percorrido de 38
km por paraxes excepcionais nunha xornada na que a climatoloxía acompañou
aos participantes.
Pouco despois das nove da mañán, coa presenza de concelleiros da Guarda e O
Rosal, e contando co apoio de distintos vehículos oficiais dos tres
concellos, do Club Ciclista O Rosal, e de "motoristas" voluntarios, o coche
contraincendios de Oia fixo soar a sirena que daba a saída dos ciclistas
concentrados na Sangriña, percorrendo o tramo urbano da Guarda e,
posteriormente, á altura das Loucenzas, meterse xa no Monte nese precioso
percorrido pola Serra da Groba con imaxes nas que predominaban os verdes e
azuis do ceu, do mar e do monte.
Representantes de distintos clubs ciclistas, chegados incluso de Ourense, e
outros a títulos particular, foron debuxando pegadas nos sendeiros nos que,
o día anterior, os voluntarios marcaron con cintas o percorrido, aínda que
algunhas delas, lamentablemente, foron arrancadas polos desaprensivos,, o
que motivou algún pequeno extravío.
Outra forma de ver a reportaxe: premer na foto
 |
|
Presentación da 3ª Ruta da Tapa de Ábaco
Índice reportaxes 2010
Reportaxes dos lectores
Se
desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen
compromiso enviando un correo a:
galiciasuroeste(arroba)gmail
(punto)com |
|