|
|
Selección Fútbol Femenino
Baixo Miño
Informa Rubén Casaleiro
Presentación da "Selección Fútbol Feminino
Baixo Miño"

O 26 de decembro non puido
ter mellor aceptación a presentación da selección feminina do Baixo Miño, con
gran afluencia de público no campo, a pesar das baixas temperaturas que non
invitaban a saír da casa.
No acto contouse coa presenza
do concelleiro de deportes do concello de Tomiño, Fernando Álvarez, mostrando
unha vez máis o apoio inestimable do concello. Tamén asistiu o patrocinador da
camiseta, Informática Jaime, así como as directivas do Tomiño FC feminino e a
Unión Guardesa, como organizadores, e os conxuntos invitados Olivo e Erizana.
Cabe destacar a
presenza de Pilar Neira seleccionadora galega, sempre apoiando este tipo de
eventos, así como de Verónica Boquete, unha das mellores xogadoras de fútbol
feminino a nivel nacional, que salientou a dificultade de organizar estes
eventos e a falta de apoio ao deporte feminino
"En primeiro lugar, quería agradecer”,
dixo Verónica boquete,
“ós organizadores que pensaran en min e que me desen a oportunidade de estar
aquí hoxe. Para min é moi importante porque sei o díficil que é organizalos e
tamén sei o que é levantarse para xogalos. E despois darvos as gracias ós que
estades aí nas gradas, apoiando o fútbol feminino, porque se hay algo que
necesitamos é o voso apoio, moitas gracias".
O torneo inciouse co saque de
honra a cargo de Verónica Boquete, dando asi comezo o torneo entre SFFBM e o
Olivo co resultado (0-5) no seguinte partido xogarían Olivo-Erizana (2-0) co cal
xa o Olivo se proclamaba finalista. Pola tarde xogaría a SFFBM-Erizana nun
partido moi disputado (1-1) que se resolvería na tanda de penaltis a prol do
Erizana, e xa na final Olivo-Erizana, o Olivo proclamaríase campión do torneo
triángular “presentación selección feminina do Baixo Miño”, gañando (2-0) e
demostrando a súa superioridade durante todo o torneo.
Desde a organización agradecen a toda esa xente que colaborou de forma
desinteresada así coma á
Concellería de Deportes e Lecer do Concello de Tomiño, as
Casas Comerciais e á Radio Municipal de Tui.













|
|
Ecos do Folón: ampla actividade en decembro
Índice reportaxes 2010
Reportaxes
dos lectores
Se desexa incluír unha reportaxe
comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:
galiciasuroeste(arroba)gmail
(punto)com |
|