16/04/2011

     

    

Ruta polos muíños Folón-Pícón

Reportaxe Juan Ramón Mtz Barbosa

 

Percorréronse os Muíños do Folón e Picón como atractiva alternativa no contorno do Camiño Portugués da Costa

 

            A pasada fin de semana (9 e 10 de abril) tivo lugar un “Convivio Peregrino” no Baixo Miño, onde participaron responsables de turismo dos concellos de Esposende, Camiña, A Guarda, O Rosal e Oia, ademais de peregrinos portugueses e galegos.

            Con este tipo de iniciativas preténdese dar a coñecer o contorno turístico, cultural, etnográfico e mesmo histórico do Camiño de Santiago no Sur da provincia de Pontevedra.

            A través destas camiñadas quérese mostrar tamén as múltiples posibilidades que ofrece a Comarca como reclamo relixioso e cultural dentro do contexto dos Camiños Portugueses a Santiago de Compostela.

            En concreto na nosa vila percorréronse as dúas rutas homologadas pola Federación Galega de Montañismo, o Sendeiro de Pescadores Río Miño-Tamuxe e a senda dos Muíños do Folón e Picón, con visita incluída á capela de San Martiño (s. XVI).

            O sábado de mañá, a concelleira de Servizos Sociais e Muller, Mª Carmen Alonso Alonso foi a representante do Rosal na andaina que saíu dende as inmediacións do “Ferry”, en Goián (Tomiño).

Ata alí tamén se desprazou o alcalde rosaleiro, Jesús Mª Fernández Portela, para saudar e desexar “bo camino” aos participantes, desculpándose por non poder acompañalos nesta ocasión por ter xa diferentes compromisos para ese día.

            A “comitiva peregrina” puido pasear e admirar a paisaxe da beira do Miño, dende As Eiras ata As Aceñas, para logo continuar ata a vila da Guarda.

            Xa o domingo, peregrinos e responsables dos concellos da Guarda e O Rosal reuníanse ao pé do primeiro enxeño hidráulico do Folón, o “Muíño das Laxes” para asistir á demostración de moenda e comezar a ruta por este conxunto, declarado Ben de Interese Cultural pola Xunta de Galicia en 1998.

            Asistiron a este acto de promoción do contorno do Camiño Portugués da Costa –entre outros- o alcalde da Guarda, José Manuel Domínguez Freitas e o seu concelleiro de Patrimonio, Javier Crespo González. A nosa vila estivo representada novamente pola edil de Servizos Sociais, Mª Carmen Alonso, a concelleira de Educación, Mabel Franco Pérez, o concelleiro de Deportes, Ángel Martínez Villa e o representante do Departamento de Cultura e Turismo, Juan Ramón M. Barbosa, que foi o encargado de ofrecer as oportunas explicacións deste fermoso enclave etnográfico.

            Destacar por suposto a presenza, traballo e ilusión na celebración e impulso deste tipo de eventos, de Luis Martínez Portela e Antonio Fernández Pablos, activos peregrinos e membros da Asociación Amigos do Camiño. Velaquí vos deixamos as fotografías desa xornada dominical.

 

Outra forma de ver a reportaxe

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Última reportaxe

 

Presentación candidatura

ALT

  

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2010

 

 

Reportaxes dos lectores

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com