04/05/2011

     

    

Procesión San Telmo (Tui)

Reportaxe de Beti Rey

 

Remataron as festas de San Telmo

 

Remataron as festas de San Telmo desde ano 2011 tras dez días de festexos. O luns á noite a procesión puxo o broche dourado a estas festas. Saía pouco despois das nove da noite da Catedral e foi seguida por centos de persoas nas rúas de Tui por onde pasaba. Na mesma participaron máis de 25 imaxes de santos e virxes procedentes das igrexas e capelas tanto de Tui centro coma das distintas parroquias, destacando entre todas elas a imaxe de San Pedro González Telmo este ano escoltada pola Garda Civil. A procesión estivo presidida polo bispo da Diocese Monseñor Luís Quinteiro Fiuza, que participaba por primeira vez neste evento dende o seu nomeamento coma bispo de Tui-Vigo.  Na parte civil estaban presentes o Conselleiro de Industria Javier Guerra, o Presidente da Deputación, Rafael Louzán e o Alcalde de Tui, Antonio Fernández Rocha. Na mesma participaron amais a corporación municipal de Tui e de todo o partido xudicial así coma os alcaldes de Oia, A Guarda, O Rosal, Tomiño, e O Porriño.

A parte musical correspondeu á Banda de Música Popular de Tui, a Banda de Música da Escola Naval Militar de Marín, e á Banda de Guerra da Brilat.

Ao remate da procesión tivo lugar na praza de San Fernando, completamente ateigada de xente, a ofrenda floral a San Telmo, e a interpretación da Salve Mariñeira e do Himno a San Telmo.

O punto final puxérono os fogos artificiais que encheron a noite de cor.

 

 

 

  

Outra forma de ver a reportaxe: preme na imaxe

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Última reportaxe

 

Candidatura

PGD

(Tui)

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2010

 

 

Reportaxes dos lectores

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com