|
|
Presentación III Mostra das Tradicións Mariñeiras
Reportaxe fotográfica: Agustín Ferreira
O Centro
Cultural acolleu a presentación da III Mostra das Tradicións Mariñeiras
O pasado venres tivo
lugar a presentación da terceira edición da Mostra das Tradicións Mariñeiras
que se celebrará no entorno do porto da Guarda os días 30 e 31 de xullo, coa
temática "O Mar das Mulleres", resaltando o labor e o esforzo das mulleres
no mar ó longo dos anos e as xeracións.
O alcalde da Guarda, José
Manuel Domínguez Freitas interviu en primeiro lugar amosando ós presentes o
contido da III edición da Mostra das Tradicións Mariñeiras explicando que os
marcos xegráficos serán a explanada da lonxa, o paseo marítimo da Robaleira
e a rúa do Porto. Resaltou as exposicións de fotografías antigas e de
aparellos de pesca na carpa, de embarcacións tradicionais no paseo marítimo
e os variados obradoiros abertos á participación do público, sen esquecer as
actividades lúdicas como o mercado mariñeiro, os paseos en gameliñas ou o
remo ergonómetro, entre outras alternativas. Nesta edición haberá pratos
mariñeiros ofertados por unha decena de restaurantes do porto e como noutras
edicións a taberna na carpa do porto. En canto a música, a noite do sábado
resérvase para o serán mariñeiro e o domingo actuará o grupo de mulleres
caboverdianas Batuko Tabanka de Burela.
Tralo alcalde, apoiou a
presentación a xerente do Grupo de Acción Costeira Ría de Vigo - A Guarda,
Helena Herbello quen, no seu breve discurso, destacou os taballos a prol das
tarefas das mulleres mariñeiras. Exemplo disto é a Exposición "Mulleres de
mar" que poderá coñecerse na III Mostra das Tradicións Mariñeiras.
A continuación procedeuse
á proxección do documental "O Mar de Mulleres" elaborado polo concelleiro de
Patrimonio, Javier Crespo, e no que participaron as mulleres mariñeiras de
onte e de hoxe. A continuación, Marta Dacosta ofreceu un coloquio ligado á
temática desta edición baixo o título "O traballo das mulleres no mar".
Pechando o acto interveu
a presidenta da Asociación de Redeiras da Guarda, Carmen Barbosa, que
convidou a asisitir á III Mostra das Tradicións Mariñeiras os días 30 e 31
de xullo.
O venres 22, ás 20.30
horas, tivo lugar no Centro Cultural da Guarda a presentación da III Mostra
das Tradicións Mariñeiras.

De esquerda á dereita:
Marta da Costa, que falaría sobre o papel da muller na sociedade; Elena
Herbello, xerente do GAC; José Manuel Domínguez Freitas,; alcalde da Guarda,
e Javier Crespo, Concelleiro de Cultura e promotor desta cita co mundo do
mar

A técnica de Turismo do
Concello guardés, Rosalía Verde, foi a encargada de presentar ás distintas
persoas que interviron no acto

En primeiro lugar, e
rompendo o protocolo por mor doutro acto paralelo que tiña lugar no
municipio guardés, que obrigaba ao rexidor local a ter que ausentarse,
interviu José Manuel Domínguez Freitas, quen agradeceo a presenza do público
asistente, así como aos intervintes no acto. Fixo unha pequena semblanza do
que é a Mostra é, e do traballo inicial que tiveron que levar a cabo
especialmente os concelleiros Monserrat Magallanes e Javier Crespo, na
primeira edición; do recoñecento ao mundo do mar, á xente do mar e ás
redeiras guardesas pola súa directa implicación na mesma, xa que parte deste
evento discorre na nave onde traballan.

Elena Herbello, xerenta
do GAC Ría de Vigo-A Guarda, espuxo sucintamente as liñas nas que se move o
GAC así como algúns dos logros acadados na Guarda pola intervención directa
desta entidade, animando aos presentes á que acudir ás subvencións desta
entidade para levar a cabo proxecos de desenvolovemento na zona.

A continuación,
proxectouse o documental “Un mar de mulleres”, baseado en entrevistas
directas a algunhas mulleres guardesas relacionadas co mundo do mar, que
contaron as súas experiencias e vivencias.

Continuou o acto cunha
charla de Marta da Costa, viguesa, profesora, escritora, poetisaa e
sindicalista. A súa charla foi unha clara alusión á loita feminista,
movemento no que está inmersa. Puxo de relevo á necesidade de reivindicar o
papel da muller na sociedade e, neste caso concreto, no que se refire ao
mundo do mar.

Animou a deixar o papel
secundón do traballo das mulleres, fixo alusión á “invisibilidade” do
traballo feminino, a romper o “teito de cristal”, a facerse co “empoderamento”,
é dicir, a empezar a coller o poder ao que teñen dereito, en definitiva a
ocupar o posto que lles corresponde na sociedade, onde dixo, son maioría e,
en referencia ao mundo universitario, saen mellor preparadas. Digamos que
foi unha charla rompedora cos esquemas aos que estamos habituados, non apta
para unha mentalidade machista.

Rematou a presentación
desta III Mostra, coa intervención dunha das redeiras guardesas, Carmen
Barbosa, presidenta da Asociación de Redeiras “Atalaia” da Guarda, que
agradeo a asistencia a este acto e animou a visitar a mostra a vindeira fin
de semana. Mostra que vai ter lugar no porto da Guarda.

A Concelleira de Turismo
e a representante das Redeiras Guardesas, fixeron entrega dun agasallo,
recordo do acto, ás intervintes: Elena Herbello e Marta da Costa

Parte do público
asistente. Notouse claramente que, paralelo a este acto, desenvolvíase outro
na Guarda |
|
ACIGU Degustación
de Rosca
de Xemas
Índice reportaxes 2010
Reportaxes dos lectores
Se
desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen
compromiso enviando un correo a:
galiciasuroeste(arroba)gmail
(punto)com |
|