03/05/2011

     

    

"O espíritu das Trincadeiras"

Reportaxe de Agustín Ferreiral

 

 

O domingo 1 de maio, ás sete da tarde, tivo lugar no Auditorio de Goián, a presentación documental “O espíritu das Trincadeiras”, que rememora, a través da narración de varios protagonistas, os acontecementos xurdidos hai pouco máis de 20 anos na defensa do monte comunal das Trincadeiras, pertecente á Comunidade de Montes de Goián.

O público respondeu á presentación do documental. Non podía ser doutro xeito se temos en conta que os feitos narrados forman parte da historia desta parroquia tomiñesa que un día fixo piña para evitar a desfeita que se pretendía levar a cabo nas súas terras.

A idea orixinal da proxección partiu de Uxío Benítez Fernández e Gustavo González, baseada nos documentos e recortes de prensa, entre outras fontes, gardados hai 20 anos por un dos máis activos veciños desta parroquia, Carlos Alonso, falecido prematuramente hai uns anos. O director, Senén Outeiro, deu todo de sí para que esta historia saíse perfecta, e a fe que o conseguiu a tenor dos comentarios.

O actor Suso Pando, fixo unha magnífica presentación do documental e participou no mesmo poñendo voz ao discurso de Eliseo Alonso naquela festa memorable das Trincadeiras.

O cantautor guardés, Tino Baz, cedeu a súa potente voz no acto previo ao documental e ao final do mesmo.

Na presentación interviron Uxío Benítez, Senén Outeiro, o presidente da Comunidade de Montes de Goián, moi afectado e facendo un grande esforzo xa que nese momento acababa de enteirarse do falecimento dunha das persoas que máis colaboraba con el na Directiva da citada Comunidade, e pechou o acto a alcaldesa de Tomiño.

O vídeo será entregado aos Comuneiros e aos veciños que queiran ter esta historia.

Outra forma de ver a reportaxe: premer na imaxe

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Última reportaxe

 

Exposicion

"Elas fan Caminño"

no Rosal

   

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2010

 

 

Reportaxes dos lectores

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com