|
Premiados no desfile de Entroido de Tui
Avatar de
Pexegueiro fíxose co premio no Desfile Concurso de Entroido en Tui

Avatar: 1º Premio absoluto
A comparsa
Avatar de Pexegueiro, cunha fiel representación da película de James Cameron,
fíxose co primeiro premio no Desfile Concurso de Entroido, e a súa carroza
unha espectacular representación dun paxaro voador animado. O segundo premio
absoluto foi para Cantos Somos cunha representación do 125 aniversario da
ponte internacional e do irmanamento entre Tui e Valença. Esta comparsa de
Tui levouse tamén o segundo premio en carrozas por unha minuciosa
representación da vella Ponte Internacional. Dende Salceda a comparsa O
Borralliño de Soutelo co circo levouse o terceiro premio absoluto. O cuarto
correspondeu aos Budas Macanudos de Gondomar, e o quinto foi para o Show de
Luar de Caldelas. Sextos foron Luces de Tomiño por unha parodia dos
exipcios.
En carrozas
levouse o terceiro premio o circo do Borraliño de Soutelo, e cuarto o
dinosaurio de Pexegueiro con “A Caza do dinosaurio”, o quinto foi para as
representacións dunha esfinxe, e outros motivos exipcios de Luces de Tomiño,
e o buda de os Budasmacanudos levouse o sexto premio en carrozas.
En
acompañamento musical o primeiro premio correspondeu a Avatar, o segundo foi
para Cantos Somos e o terceiro para o Show de Luar.
Por último no
premio especial de fantasía creado este ano, Revolución Show de Tomiño
levouse o galardón pola súa fantasía hindú.
Miles de
persoas ateigaron as rúas novas de Tui para presenciar o paso deste
Desfile-Concurso de Entroido que organiza anualmente a Concellería de
Cultura. A boa climatoloxía con temperaturas moi agradables propiciou que
numeroso público se achegase dende primeira hora da tarde a presenciar o
paso das comparsas e dos grupos.
Todas as
comparsas e grupos participantes deben acudir o próximo domingo ao Enterro
do Bacallau que vai saír ás 19.30 horas dende a Praza de San Fernando.


Avatar, 1º Premio absoluto



Cantos somos


O Borralliño de Soutelo
|