|
Presentación da U.D. Ribera
Fotografías: Abelardo López, Leo
Rodríguez e Juan Carlos Álvarez Flores
Presentación do acto:
Manuel Villa Álvarez
Foron presentados aos afeccionados
os equipos da U.D. Ribera
O 17 de setembro tivo lugar a presentación
dos equipos de futbol U.D. Ribera para a tempada 2011-12, no campo da Mata
do Rosal.
Durante o acto foron presentados ó numeroso
público que asitiu, cada un dos 150 xogadores e xogadoras integrantes dos
oito equipos que forman o clube, xunto cos seus adestradores e delegados.
A continuación deuse paso a unha homenaxe a
José Carabelos González “Pepe“ polo seu servicio ó clube durante 22 anos.
O acto contou coa presenza do alcalde do
Rosal, Jesús Fernández Portela, xunto co ex-alcalde José Luis Rodríguez,
distintos membros da corporación e representantes de diversos colectivos do
Rosal, que fixeron entrega, xunto coa directiva do clube, dun obsequio para
cada un dos equipos.
O presidente dirixiu unhas palabras a
tódolos asistentes, cerrando o acto o alcalde quen destacou o bo traballo
que se está a facer por parte da directiva e do equipo técnico.
Outra forma de ver a reportaxe: premer na foto
|