|
Volei Praia na Lamiña
Disputada unha nova edición do Campionato de Volei Praia
Os días 27 e 28 de de
agosto tivo lugar na praia da Lamiña (A Guarda) unha nova edición do
Campionato de Volei Praia que se vén disputando tradicionalmente na última
fin de semana de agosto como unha das actividades incluídas no programa
“Despide o Verán” organizadas polo Concello da Guarda.
Participaron 18
parellas na categoría masculina e 7 na categoría mixta demostrando todos os
inscritos unha máis que aceptable preparación e dominio deste deporte que se
traduciu en longos partidos moi igualados que se resolveron pola mínima no
3º set.
O resultado foi o seguinte:
Campeóns torneo mixto: Andrea e Javi
2ºs clasificados: Andrea e Juan
3ºs clasificados: Jose e Arantxa
Campeóns torneo masculino: Héctor e Cristian
2ºs clasificados : Diego e Noé
3ºs clasificados: Alex e Yago
Noraboa ós ganadores e
a todos os participantes pola colaboración prestada na organización e
desenvolvemento do torneo.
Outra forma de ver a reportaxe: premer na foto
 |