|
|
VII Festival de Baile Moderno de Xamaraina
Unhas 1.200 persoas
presenciaron o domingo, 10 de xullo, o Festival de Baile Moderno de
Xamaraina, conducido por Elena Baz, directora do grupo.
Coreografías,
cor e movemento, definen este espectáculo que principiou cun percorrido
polos inicios deste colectivo cando hai sete anos saltaban as primeiras
bailarinas ao escenario de San Bieito nunha primeira edición que durou
apenas media hora, como recordou Elena Baz, quen tamén tivo palabras para
lembrar á climatolxía adversa, que parece decidida a acompañar ao grupo e
que foi motivo de que se tivese que desprazar o festival para a xornada
dominical logo da choiva caída na xornada anunciada, o venres día 8.
O espectáculo
foi, tamén, unha homenaxe a música de anos atrás, procurando aquelas
interpretacións que gustan a todos e que, nalgún caso, supoñen recordos de
tempos xa idos.
Non ocultaba
Elena Baz a satisfacción de ver un Auditorio máis que cheo, respondendo o
público a esta cita como sempre o vén facendo, pero que nesta ocasión parece
que superou o listón dun cartel que ben podería ter colgado “aforo completo
e máis”.
Outra forma de ver a reportaxe: premer na foto

|
|
Festa dos
avós na
Guarda
Índice reportaxes 2010
Reportaxes dos lectores
Se
desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen
compromiso enviando un correo a:
galiciasuroeste(arroba)gmail
(punto)com |
|