|
|
Entrega dos premios do
Certame de Poesía Xela Arias
Reportaxe: IES A Sangriña
A Dirección e o Equipo de
Normalización da Lingua Galega do IES A Sangriña
entregou os
premios do Certame de Poesía Xela Arias na súa V Edición, o
luns, día 13 de xuñonun acto
desenvolvido no salón de
actos do instituto, que contou coma
conferenciante coa escritora Marga do Val, premio da crítica 2010 polo libro de
poemas A cidade sen roupa ao sol e premio da AELG de tradución por
Randea do alento de Herta Müller. Marga do Val ofrecerá unha conferencia
para aproximarnos á obra de Xela Arias así como á importancia da literatura
feminina dos últimos anos en lingua galega.
Os
gañadores da V edición
do Certame de Poesía Xela Arias
foron: 1º premio da
modalidade A: Victoria Pérez Gascón do IES Xesús Taboada Chivite, de Verín
(Ourense); 2º premio da modalidade A: Paula Collazo Castiñeira do Colexio
Obradoiro, da Coruña; 1º premio da modalidade B: Laura Ramos Cuba do IES
Perdouro de Burela (Lugo); 2º premio da modalidade B: Elisabeth Rey González
do IES Antón Fraguas de Santiago de Compostela; 3º premio da modalidade B:
Pablo Lomba Riego do IES A Sangriña da Guarda (Pontevedra); Mención especial
para Miriam Dourado Carabel do IES Ponteceso de Ponteceso (A Coruña).
As persoas asistentes, recibiron
como agasallo o libro, publicado pola Deputación de Pontevedra, cos poemas
gañadores da terceira e cuarta a edición.
Alumnado lendo os poemas de Xela Arias


Familiares da poetisa: Amparo Castaño, a nai; e Lois
Arias, o irmán

Conferencia de Marga do Val


Público asistente a este acto





Entrega premios

1º premio modalidade A

2º premio modalidade A

1º premio modalidade B

2º premio modalidade B


|
|
Constitución do Goberno da E.L.M. de Camposancos
Índice reportaxes 2010
Reportaxes dos lectores
Se
desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen
compromiso enviando un correo a:
galiciasuroeste(arroba)gmail
(punto)com |
|