|
|
Xoves Santo na Guarda. Actos relixiosos
A choiva impediu que a procesión dos Pasos saíse o
Xoves Santo, ás 20.30 horas, da parroquial de Santa María da Guarda.
Desde algo máis de media hora antes xa eran moitas as persoas que agardaban
nas rúas o paso das imaxes procesionais. Porén arredor das oito da tarde
comenzou a chover e o ceu ameazaba tormenta. Nas distintas confrarías non se
esquecían dos pasados anos nos que, nuns casos, foi preciso cubrir as imaxes
con plásticos para evitar os efectos negativos da auga ao sorprenderlles a
chuvia en pleno desfile procesional ou que tivesen que atoparlles refuxio na
igrexa conentual de San Bieito, na entrada da Libraría Atlántica ou baixo o
edificio do Pescador, ou mesmo ter que botar a correr coas imaxes voltando a
igrexa.
Así as cousas, o acto procesional subsituíuse polo
rezo do Viacrucis, con gran afluencia de fieis, dirixido polo párroco Jesús
García Villadóniga, mentres os cofrades se situaron a carón das respectivas
imaxes.
Outra forma de ver a reportaxe: premer na imaxe

|
|
53
Acampada
Nacional
Índice reportaxes 2010
Reportaxes dos lectores
Se
desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen
compromiso enviando un correo a:
galiciasuroeste(arroba)gmail
(punto)com |
|