11/03/2011

     

    

Concetración en Oia apoiando a Yoli

Reportaxe fotográfica Manuel ángel Pomba

   

Concentración en Oia para reclamar da administración educativa atención para unha nena con autismo

            Os pais dos alumnos e os escolares do Colexio Mestre Manuel García de Oia, ademais do profesorado, concentráronse onte, pasas as 09.30 horas, no exterior do colexio reclamando un cuidador para Yolanda, unha nena autista que espera desde setembro que a administración envíe ao centro un cuidador para esta rapaza.

            Con pancartas alusivas e mensaxes como”Integración é riqueza”, “Non é un favor, é un dereito”, “Todos somos Yoli”, ”Queremos profesor PT e cuidadora”, entre outros, Isabel, a nai desta nena, viuse arroupada na súa demanda. Isabel non pode buscar traballo xa que debe acudir ao colexio todas as mañás para mudar os cueiros da nena .

            Una mestra do centro manifestaba a vontade e boas intencións do profesorado do colexio, pero, explicaba diante das cámaras, carecen de medios para prestarlle a millor atención a esta nena que está integrándose co resto dos compañeiros e vense, neste sentido, os progresos que vai realizando día a día desde que se iniciou o curso.

            A concentración mantívose por espazo dunha hora, regresando ao rematar os alumnos ás aulas.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Última reportaxe

 

Desfile

de Entroido

en Tui

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2010

 

 

Reportaxes dos lectores

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com