PORTADA

NOTICIAS  

A GUARDA

TUI

O ROSAL

OIA

TOMIÑO

BAIXO MIÑO

LOCAL

OUTRAS NOVAS

DEPORTE

AXENDA

NECROLÓXICAS

ENTREVISTAS

COMUNICADOS

PORTUGAL

HEMEROTECA

PÁXINAS

 REPORTAXES

CONCELLO DA GUARDA

RÚAS DA GUARDA

VARIA

FOTOSAYER

FOTOS LECTORES

PATRIMONIO arquivo e documentación

XENTES de Ribadavila

Calendario

ENLACES

 
 
 

 

galiciasuroeste                                                                        Republicanos

Setenta anos da sublevación militar contra a II República Española na Guarda

Por José Antonio Uris Guisantes

 

O 18 de xullo de 1936 o semanario Nuevo Heraldo nº 108 saía por última vez da prensa dicindo:

 

“las convulsiones sociales pueden liberarse de la violencia, facilitando trabajo a los parados. La Guardia, que en ese aspecto (paro) es un pueblo excepcional, puede seguir manteniendo esa primacía si aunamos todos los esfuerzos para hacer de este paradisíaco rincón una arcadia féliz....”

 

Como di Juan Noia Xil (1900-1989) no seu libro Fuxidos... ”¡ILUSOS...!, ¡Seguíamo soñando....y en el limbo...!.

 

 Os acontecementos como veremos foron moitísmo mais graves para os republicanos e súas familias...

 

“Pero un fato de traidores,

con forte axuda estranxeira,

en nome de Xesucristo

arrasou vilas i-aldeas.

 

Atila cos seus salvaxes

non fixo tanta estrangueira

¡Un inferno de barbarie!

¡Terrible visión dantesca!

 

Mulleres escarñecidas,

homes mortos coma feras;

rapaciños esmiolados,

porque dis que “roxos” eran.

 

Mozas, marcadas a fogo

ou rapada a cabeleira,

son paseados pol-as ruas

como un ouxeto de befa.

 

Os mais atroces martirios,

as vexacións máis tremendas,

o feixismo enlouquecido,

por todal-as partes sembra.

 

A Inquisición ergue a croca

pior que na Idade Meia,

i-unha bandada de corvos

arredor voa da presa.

 

Matarifes alquilados,

banqueiros, xente de igrexa,

señoritos lacazáns

i-a máis inmunda raleia.

 

¡Probe Galiza, que sangras

por mil feridas abertas!

¡Malia qénes che as fixeron!

¡Malia quénes che encadean!..

 

[estrofas de “GALICIA.Hoxe non eres a de antes” de Ramón Rey Baltar].

 

ACONTECEMENTOS

 

O Gobernador Civil de Pontevedra Gonzalo Acosta Pan [fusilado o 12 de setembro de 1936] ordena aos Alcaldes [entre eles ao de A Guarda  Brasilino Álvarez Sobrino] que se puxesen en contacto cos xefes dos postos de carabineiros de vixilancia no río Miño co fin de evitar que pasara a fronteira o xeneral Sanjurjo, en principio director da sublevación militar.

 

Lembra aos Alcaldes as ordenes dadas no día 17 polo  presidente do  Goberno don Santiago Casares Quiroga dende  de “no entregar ni un solo fusil a la población”. O día 18 arrepentido da decisión ( xa estalara a sublevación) Santiago Casares presenta a dimisión, xa era demasiado tarde.

Se o presidente do goberno  acepta a entrega de armas ao pobo, posiblemente a sublevación militar non se consumara, pero a historia é outra, centos de españois irían aparecendo mortos nas cunetas, outros serían fusilados e varios miles mais finarían en combate..

 

O día 18 na Guarda a Garda Civil acudira a Moaña para controlar unha folga, soamente quedaba unha sección de carabineiros ó mando do cabo Vega e dous funcionarios de policía de fronteiras.

 

Constituíse un Comité de Defensa da República presidido polo Alcalde Brasilino Honorio Álvarez Sobrino, Manuel Noia Xil e outros.

 

A primeira orden que deu o Alcalde Brasilino (na tarde do 18) foi a de requisar toda clase de armas [entre elas as escopetas e cartuchos da Ferretería/Armería de Antolin Troncoso] depositadas no cuartel da Garda Civil sito na rúa Colon.

 

Os obreiros afiliados a Federación Obrera (1931-1936) e dirixidos por Manuel Noia Xil presentáronse no Concello [conscientes da gravidade da sublevación e das consecuencias que podería traer], sinalar que era o principal sindicato obreiro do Baixo Miño coaligado ca central anarquista da CNT (Confederación Nacional del Trabajo)] ofrécense para “colaborar en todo aquello que o Alcalde considerase oportuno”, a todo isto a vida no pobo continuaba coma sempre, alleos a maioría  a situación, seguiu coma se a sublevación estivera a miles de quilómetros... é non fora con eles....

 

Fórmanse Grupos Cívicos para tratar de salvagardar o orden e non perder o control de todas aquelas persoas sospeitosas de atentar contra a República.

 

Brasilino e outros republicanos se alternan no Concello día e noite, atentos a situación e ao teléfono; Brasilino leva unha cama para o Concello co obxecto de poder estar  mais ó tanto. Os gardas cívicos voluntarios, fan vixilancia nas estradas de A Guarda, na Vila, e nos Cruces de San Roque, O Curuto, Os Casas, Sete Camiños, Funchidos (hoxe República Dominicana, O Pasaxe, etc.

 

O día 20  de xullo Brasilino recibe unha chamada telefónica do axudante do xeneral xefe da Brigada de Artillería Ignacio Nandín Sobrino (natural de A Guarda) dende Pontevedra  notificándolle que se apoderaran do Goberno Civil é instábao a “resignar el mando del Ayuntamiento de La Guardia”. Brasilino con enteireza e decisión contesta [...] “Soy el Alcalde al servicio de la legalidad que representa el Gobierno de la República, por lo cual me niego a tal imposición”. Contesta Nandin [...] “pues atente a las consecuencias”. O Alcalde Brasilino remata a conversa dicindo [...] “Los pueblos no se conquistan por teléfono...” .

 

Por certo que na Brigada de Artillería de Pontevedra estaba tamén o capitán Manuel Nandin Sobrino o que, o igual que Ignacio se pasaran o bando dos sublevados. A Vila de A Guarda foi ó último pobo en caer no poder das tropas sublevadas.

 

A todo isto a defensa do Baixo Miño queda fixada na “volta da Moura” [entre Tui e O Porriño), estaba defendida por voluntarios do Baixo Miño e Baiona e dirixida pola Xunta de Defensa da República presidida polo Alcalde Guillermo Vicente Santiago (natural de Pintán – A Guarda) seguida do médico Hermenegildo Losada o deputado agrarista Antón Alonso Ríos (o líder político), Romero Ulpiano Piña e o dirixente da CNT o panadeiro Gumersindo Rodríguez (un dos mártires obreiros masacrados mais tarde).

 

Con fusiles e escopetas van defender ata a tardiña do 26 de xullo a legalidade republicana contra as tropas dirixidas polos militares sublevados.

 

Carabineiros o mando do capitán Marcelino Rodríguez Blanco (católico e de dereitas que tamén sería fusilado por rebelión militar, cando os que se rebelaran eran os militares), mariñeiros do posto de O Pasaxe ó mando con contramestre Gallarte (fusilado mais tarde por defendela república, acusado de rebelión militar), forzas dos postos de Cancela e Caldelas de Tui. Un dos mandos da defensa do Baixo Miño era o brigada de carabineiros Agustín Pérez Rodríguez (tamén fusilado) daquela comandante do posto de Caldelas de Tui.

 

O ataque dos militares sublevados contra a República provenientes de Pontevedra e Vigo comeza na maña do 25 de xullo a base de artillería do 7,50 mm., no día seguinte os militares reciben reforzos e no atardecer do 26 as tropas sublevadas chegan a Tui, caendo as defensas do Baixo Miño.

 

COMEZA A REPRESIÓN

 

O día 27 de xullo as tropas sublevadas contra a República o mando do Tte. de Carabineiros Salvador Buhigas Novo son recibidas no Curuto por falanxistas locais os gritos de “Rusia no”, “España si”, o pasar pola redacción do semanario Nuevo Heraldo queiman os papeis e rompen todo.

 

Chegan sobre as 2,30 da tarde a Casa Consistorial onde Brasilino esperaba é o Tte. Salvador Buhigas Novo destitúe a Brasilino e nomea a nova Corporación: Alcalde a Francisco Moreno Álvarez “Paco Moreno” [armador, presidente do club Deportivo Guardés e presidente do partido Unión Patriótica]; 1º Tte. Alcalde Mariano Jiménez Huete; 2º Tte. Alcalde Marcelino Portela; 3º Tte. Alcalde Francisco Santiago Álvarez; Síndico José Jurado Romero (médico e responsable da gravísima represión posterior).

 

Brasilino (presidente do Partido Galeguista de A Guarda, ademais de Alcalde e boa persoa), abandona a Casa Consistorial seguido de multitude de aplausos do pobo congregado na praza da República (logo Praza de España e hoxe Praza do Reloxo).

 

A Falanxe local entrega unha lista de republicanos sospeitosos que son detidos e levados ao Colexio de O Pasaxe. Entre eles os irmáns de Manuel Domínguez Pacheco “Taxota” Jesús, Angel e Antonio. Foi asaltada a sede da Federación Obreira que estaba no Monte Real (Praza de Bautista Alonso), destruído toda clase de documentos, secuestrados os arquivos, rexistrado o Bar Deportivo Guardés por si estaba escondido Juan Noia e tamén o propio domicilio.

 

O 12 de agosto ten lugar un xantar no restaurante de Angel Jurado Romero (hoxe Museo do Tecla) ao que asistiron o capitán Teresa da Garda Civil, o Tte. de Carabineiros Salvador Buhigas Novo, Alcalde Francisco Moreno Álvarez, varios comerciantes e industriais de A Guarda relacionados ca dereita local e o cadro completo da Falanxe Local.

 

Tamén estaba presente [ignoramos que posición tomou e cal foi o grado de participación nos feitos que horas despois se desenrolaron] o capitán de artillería Benito Álvarez Sánchez (fillo do antigo Alcalde don Manuel Álvarez).

 

Eran portadores dunha lista de trinta e tantos republicanos guardeses aos que había que fusilar –porque así o habían acordado-. No “tira y afloja” de comensais, militares, alcalde e comerciantes se quedou que debían ser cinco, e as 5 da tarde (en plena dixestión dos comensais). Trasladados dende O Pasaxe nunha camioneta propiedade de Isaac González Costal e conducida polo falanxista Óscar Rodríguez,  son fusilados no lugar de Paraños - A Sangriña (detrás da porta principal do IES nunhas barroucas):

 

 Angel Domínguez Pacheco [folio nº 100 do Xulgado de A Guarda] de 35 anos, fillo de José Bernardo Domínguez Lomba e María Luz Pacheco Videira, mariñeiro, casado con dona Purificación González Moure, pai de Olga e Senén Domínguez González, “muerto por la fuerza pública en el lugar de Paraños – Sestás”.

 

Antonio Domínguez Pacheco de 32 anos, irmán do anterior, (folio 99 do Xulgado de A Guarda) “muerto por la fuerza pública en el lugar de Paraños – Sestas, casado con Manuela Baz, no dejando sucesión” . Manuela levaba no ventre o fillo de ambos Antonio Amado Domínguez Baz “Toñito” finado no 2004.

 

Julio Saavedra Galiñanes de Camposancos, de 26 anos, solteiro, xornaleiro (folio nº 96 do Xulgado Municipal) “muerto por la fuerza pública en el lugar de Paraños – Sestás).

 

José Alonso Portela, natural de A Guarda, de 24 anos, chofer de profesión, fillo de Juan e de María (Folio nº 98 do Xulgado de A Guarda), “muerto por la fuerza pública en el lugar de Paraños – Sestás”.

 

Herminio Domínguez Pérez, natural de A Guarda, de 22 anos, fillo de Emilio e Benita de profesión xornaleiro, (Folio nº97). Fuxira o entrar as tropas, entregouse no Rosal o 20 de xullo e logo entrou na lista...  “muerto por la fuerza pública en el lugar de Paraños – Sestás”.

----------------

Dous dias mais tarde foi “paseado” na entrada de Goián, polos falanxistas José Cardoso Martínez “o barbeiro”, natural de San Miguel O Rosal, republicano e correspondente do semanario

 

Manuel Puertas Estevez de Pedornes (OIA), comerciante, detido polo Garda Civil Castro e o falanxista local Anselmo Fernández Estevez, preso na guarda e “paseado” no monte COUSO.

 

Antonio Iglesias Perucho, paseado en Goian, con diferencia de horas foi fusilado tamén en Pontevedra Adelaido, que fora Garda Xurado no Rosal. 

En San Miguel de Tabagón pasean a Eliseo Estevez Álvarez.

 

Nemesio Álvarez de Camposancos, ebanista, directivo local da Federación Obreira da CNT, foi conducido ao Cerquido polos falanxistas e cribado a balazos, “tantos balazos llevó que hasta le desfiguraron el rostro” (Fuxidos) o primeiro en disparar foi José Arzúa “así que baja del coche” (segundo refire Juan Noia en Fuxidos).

 

Estaba agochado no cabanón en Camposancos, foi denunciado por un veciño que “con palabras engañosas convence a la madre para que lo entregue” (Fuxidos). Este denunciante finou anos mais tarde a consecuencia dun cancro, o desenlace foi moi duro e clamaba perdón da nai de Nemesio que se negou a facelo pois tiña presente aínda o corpo martirizado de seu fillo que non había feito dano a ninguén.

 

O 25 de agosto foi “paseado- masacrado” (despois de martirizalo gravemente no monte de Oia e rematado na pedra de A Goeira (Portecelo, O Rosal ) Manuel Noya Gil, sastre de profesión o líder obreiro do Baixo Miño, dirixente da Federación Obrera  da CNT.. Penúltimo Alcalde republicano de A Guarda dende o 17 de marzo, ata o 15 de xuño de 1936.

 

Un exemplo da labor social de Manuel NOIA: Co motivo da fundación do Sindicato da Industria Pesqueira de A Guarda “Nueva Marina” (16-maio-36) Juliano dixo [...] “mientras que vosotros (os mariñeiros) sois los que todo lo producís y con vuestro esfuerzo enriqueceís a los patronos, vivís en miserables zahurdas sin higiene, y mal alimentados, ellos habitan viviendas confortables y comen expléndidamente”...

 

Por certo o militar que tiña ó mando da patrulla da Falanxe<>militares que “masacrou” a Noia,  era o Alférez Núñez quen dispoñía dun coche Chevrolet vermello para percorrer o Baixo Miño ca “Escuadra del Amanecer”.

 

Refire seu irmán, Juan Noia Xil en Fuxidos: [......]”Denunciado por veciños da rúa Calvario - Vicenta R. Cachada foi detido e levado para a -Comandancia Militar en Tui, onde xefe da mesma Eduardo Rodríguez o entrega aos membros da Escuadra del Amanecer da Falanxe (xefe José María Salgado Méndez Núñez e  segundo mando, Miguel Saéz Mon), os que xunto a varios coñecidos falanxistas guardeses o   martirizan salvaxemente, levado a Oia, Casa Forestal, Torroña  e asasinado na costa de Portecelo - Pedra da Goeira (O Rosal), despois de padecer un auténtico calvario de vexacións, feridas e abusos. Os falanxistas celebraron o asasinato con una cea nun dos dous hoteis que había na Guarda”.

  

O día 25 de outubro/36 Elidio Álvarez, ebanista,músico e excelente xogador de fútbol, así cómo un gran nadador cómo seu pai. Directivo da Federación Obreira da CNT, quixo escapar (para non ser fusilados) a nado a Portugal, xunto a seu pai falecendo ámbolos dous afogados, seu corpo apareceu en Punta Barbela o día 28 pero o de seu pai aínda hoxe non se atopou......

 

Era Xuíz Municipal de A Guarda don Adolfo Rivas Baz, armador e propietario de A Guarda quen por tratar de salvar as máximas vidas case que lle custa tamén ser fusilado.... 

 

                  O 12 de novembro de 1936 foron xulgados en Consello de Guerra Sumarísimo en TUI o Alcalde de A Guarda, Brasilino Álvarez Sobrino, Roque Camilo Carrero Lorenzo, José Manuel Vicente “Juliano”, Francisco Lloret; Juliano Díez Álvarez e Adriano Barredo de O Rosal acusados todos eles de rebelión militar (cando os que se rebelaran eran os propios militares).                              

 

                  Presidía o Tribunal Militar o coronel de infantería Manuel Canellas Tapias e coronel de enxeñeiros Rafael Ribal Neira, o Auditor era o brigada Hernán Martín Barbadillo y Paul [un sanguinario que pedía a máxima pena sen consideración algunha para os presos,[segundo as fontes consultadas], o Fiscal era o TTe. Auditor  Joaquin Otero Goyanes.     

 

O 7 de decembro de 1936 Brasilino Honorio Álvarez Sobrino,  sería fusilado na Corredera de Tui xunto a seu amigo o dirixente socialista Roque Camilo Carrero Lorenzo ( Líder da Agrupación Socialista Agraria de Camposancos); José Manuel Vicente Vicente ( O Manoto); Francisco Lloret (dono da pensión restaurante “El Argentino” e republicano de pro. O restaurante estaba no que hoxe é a casa nº 1 de O Calvario do arquitecto Ignacio). Tamén era Conserxe do Club de Artesanos; Julián Díaz Álvarez (carteiro republicano, membro da Executiva da Federación Obreira e boa persoa); e por último foi fusilado tamén Adriano Barredo de O Rosal.

 

Sinalar que nas actas de defunción figura que foron mortos o día 10 de decembro pero exactamente foi no día 7.

 

 

CARTA DE BRASILINO a Juan Noia Xil escrita ó día antes de ser fusilado:

  

[.....] Querido Juan: Nuestro drama va a tener un final sangriento dentro de breves horas. Con serenidad esperamos el cumplimiento de la sentencia que nos condena a muerte, dictada por unos militares sin entrañas y acusados por unos guardeses malvados.

 

 Sí, como esperamos, tú sobrevives a nuestra tragedia, y llega la hora, que no dudo cercana, de la venganza, no tengas corazón, hiere sin piedad, que no haya compasión para los causantes de nuestro sacrificio, porque tampoco la hubo para nosotros, inocentes de todo delito.

 

El calvario que hemos recorrido ha sido terrible: todas las vejaciones, todas las humillaciones nos fueron impuestas, tantas, que la muerte es para nosotros la liberación. Mis últimas palabras serán: ¡venganza!.

 

Adiós Juan, dichoso tú que podrás ser testigo del castigo que les espera a los... (da os nomes dos represores de A Guarda e Tui) y otros muchos que ya te enterarás.

 

Que no escape ni uno al castigo que merecen, por criminales sin corazón.

 

Vive muchos años y sed felices. ¡Viva la Libertad! ¡Viva el Frente Popular!

 

Brasilino Álvarez

Tuy, diciembre de 1936

 

Carta de Roque Camilo Carrero Lorenzo dirixida a familia dende a prisión de Tui antes de ser fusilado o 7 de decembro/1936. Os militares sublevados contra a República dicían “en capilla”:

 

                             [.....] “Próximo a llegar el último momento en que tengo que entregar mi alma a Dios, quiero por medio de estas breves líneas, mandaros un abrazo de entrañable afecto, deciros adiós, y esperar que Éste, en su divina misericordia, nos reúna a todos en otra parte de mayor ventura.

 

Bien sé que cuando leais estas líneas llorareis.

 

Si llorais hacedlo en silencio, sin que nadie se tenga que dar cuenta de ello.

 

Hacedlo siempre con resignación cristiana, pensando que vuestro hermano fue a la muerte con la frente muy alta, sereno el espíritu y el corazón rebosante de amor al prójimo.

 

Hasta para mis enemigos recuerdo las palabras del Mártir del Gólgota: “perdónales, Señor, porque no saben lo que hacen”.

 

Ahora bien, haced de cuenta que el destino nos tenía reservado este incidente y no pensemos más en ello”.

 

Camilo Carrero

 

Nota: Camilo Carrero era un home profundamente católico, republicano e socialista. Foi acusado de ser dirixente socialista e haber viaxado a Rusia, sen incluír que o dende Rusia vai directamente ó Vaticano para coñecer de preto o centro do catolicismo..........

 

 

Pero ademais dos “paseados” e fusilados estaban os outros republicanos represaliados que por milagre puideron salvar a vida,entre eles estaban:

 

 

Eduardo Pantaleón Saúl. Industrial guardés (Confeitería Estevez), concelleiro republicano, membro do Partido Galeguista e tesoureiro, antigo administrador do Centro Sanitario, redactor e colaborador no semanario Nuevo Heraldo. Nomeado pola Corporación que presidía Brasilino (15 xuño/36) Vocal da Xunta Municipal do Censo Electoral.

 

Persoa fundamental na marcha do pobo guardés en moitos aspectos sociais e culturais a quen a dereita secular guardesa mantivo nunha indiferencia pasiva, sabendo que endexamais fixera mal a ninguén, agás da súas ideas republicanas. Foi detido polos militares salvando a vida de milagre, preso en Vigo (rúa do Príncipe), acusado de rebelión militar nun Consello de Guerra Sumarísimo celebrado en Pontevedra, ingresa na Colonia Penitenciaría da Illa de San Simón o día 20 de novembro de 1937, semanas mais tarde foi nomeado  auxiliar nas oficinas do penal para finalmente saír un 4 de xullo de 1940, pasando a seu domicilio na rúa Vicente Sobrino nº 25 en “prisión atenuada” ata os anos cincuenta. 

 

Na prisión do Lazareto Eduardo Pantaleón  escribía poemas.

 

Ramiro Alfonso Castro Dono. Concelleiro republicano. Salvou a vida porque o 27 de xullo atopábase fora de A Guarda no seu pobo natal.  Era membro do Partido Galeguista, primeiro profesor das Escolas de Orientación Marítimo Pesqueira de A Guarda sitas nas chabolas de don Constantino Candeira Gonzalez (o comezo da Avda. Fernández Albor). Moi estimado na Marina pola atención que tiña cos alumnos, estivo agochado uns anos, foi depurado cómo mestre e logo reposto no cargo, finou en 1971.    

 

Agustín González Otero (1905-1999) nado no barrio de A Gándara, empregado na fábrica de José Antonio Lomba Camiña “As Cachadas”, membro da Federación Obrera da CNT, agóchase na casa paterna na Gándara ata 1945, cando é detido en Pías con unha perna rota, preso en Tui e xulgado en Consello de Guerra foi absolto, saíndo de prisión en 1946.

 

Evaristo Noia Lomba, curmán dos Noia, peón camiñeiro, seu único e grave crime e ser parente dos Noia. Agóchase nos primeiros momentos para no ser “paseado”. Os falanxistas chegan a tapar a boca da mina da “Fonte dos Paxaros” no barrio do Perún (A Cal) porque dicían estaba elí agochado, chegan a disparar para dentro da mina co medo de que puidera dispararlles a eles, o coitado de Evaristo. A realidade era que estaba agochado por familias boas e xenerosas en Refoxos (OIA) xunto a Eloy González Moure (cuñado de Manuel Noia Xil).Mais tarde apareceu enrolado na Lexión.

 

Juan Noia Lomba, tivo que ir obrigatoriamente ó fronte de guerra no exército nacional co sambenito de “roxo sospeitoso” por ser curmán dos irmáns Noia Xil.

 

Carlos Noia Lomba, estaba tamén no fronte de batalla preto de Madrid, aínda non fora fichado nos primeiros momentos, pero como ninguén sabía onde estaba, as autoridades militares o acusaron de “desertor” meteron en prisión a seu pai Celso Noia Xil (home que endexamais se metera en política, nin fixera opinión pública algunha a nivel social), de profesión carpinteiro e dedicado a alimentar súa familia. Único delicto levar o apelido NOIA. Tamén meten na prisión aseu irmán Rosendo Noia Lomba.

 

Uns meses mais tarde as autoridades militares sublevadas deron con Carlos enrolado nunha brigada do exército italiano en Guadalajara (paradóxidamente os italianos estaban cas tropas sublevadas de Franco) . Enfermo do corazón, diante de tantas desgracias o tío de Juan e Manuel Noia Xil don Celso Noia falece en 1938.

  

Jesús Domínguez Pacheco (irmán dos fusilados Antonio e Angel) , marino mercante, detido e preso no Colexio de O Pasaxe foi levado a prisión de Tui, xulgado en Consello de Guerra Sumarísimo por “auxilio a la rebelión”, condenado a vinte anos de reclusión. Salvou a vida de milagre.

 

Francisco Domínguez Pacheco (irmán dos fusilados Antonio e Angel), patrón de costa e marino mercante, detido e posto en liberdade foille retirado o nomeamento de patrón de costa como represalia.

 

Manuel Domínguez Pacheco “Taxota” (irmán dos fusilados Antonio e Angel e cuñado de Juan Noia), carpinteiro, membro da Federación Obreira de A Guarda, traballaba na carpintería de Florindo Rodríguez Álvarez (na Eléctrica) que o amparou politicamente dende o primeiro momento. Cando os falanxistas o ían deter salvouse por estar facendo mobles para Benito Pérez Cividanes que se ía casar con Nicasia Costa Veiga. O 12 de agosto o vir en bicicleta para A Guarda é cando se informa do fusilamento de seus irmáns.

 

En 1937 debe ingresar obrigatoriamente no Exército Liberador de Franco (toda a quinta de 1930) na IIª Bandeira do Rexemento Galicia nº 19, eran compañeiros de quinta Vicente Vicente Alonso de A Guarda e Gerardo Salgueiro de Goián. O estar xa no fronte de guerra, cavila e dálle voltas a cabeza do por qué vai ter que disparar contra seus propios compañeiros (exército e milicianos republicanos) dende o lado dos que fusilaran a seus irmáns, meteran presos a case que toda a familia, polo que deserta un 17 de setembro de 1937 no fronte de Huesca (Aragón).

 

As consecuencias inmediatas, 10 días despois da deserción (27 setembro) son detidos seus pais (José Bernardo e María da Luz) xa moi vellos e súa muller Concepción Andrés García, levados a presencia do Comandante do posto da Garda Civil, brigada don Julio (de triste e nefasto recordo polas malleiras que daba a todo sospeitoso detido) na rúa Colon, ordena que unha parella da Garda Civil os leve presos (agás o tío Bernardo moi enfermo) no autobús de Saracho, tendo que pagar do seu peto o importe do billete, ingresan na prisión en Tui, recibindo o desprezo dos militares e falanxistas.

 

O tío José Bernardo xa moi enfermo  e cego falece na casa con súa muller presa en Tui durante sete meses, morre  acompañado de súa filla Dolores (Lola) Domínguez Pacheco (muller de Juan Noia) ¡outra mártir mais polos sufrimentos e vexacións padecidas. No mesmo día do enterro poñen en liberdade a tía María da Luz que abraza a seu compañeiro “sollozando y dando gritos de intenso dolor, aún tuvo la serenidad de elevar una plegaria a Dios, pidiendo paz” .”Al final, por obra de los que matan en nombre de Dios, espinas habían de ser la recompensa a unas vidas de trabajo y sufrimiento”.

 

Con eles ía detida a tía Escolástica Alonso nai de Vicente Vicente Alonso que desertara xunto a “Taxota” e Gerardo Salgueiro. O pai de Vicente foi respectado por estar gravemente enfermo. En Tui as mulleres presas recibían 1,15 pesetas diarias tendo que facer elas de comer elí mesmo, as necesidades debían facelas en cubos de cinc.

 

Taxota xa en zona republicana ingresa como mariñeiro no destructor Churruca en Cartaxena ata que finaliza a guerra en 1939, sen disparar un solo tiro.

 

Mentres súa muller Concha é desterrada a Salvaterra de Miño (xa tiñan a filla Darina), ca sorte de ter familiares elí, concretamente o Alcalde estaba casado con súa irmán.

 

Taxota preséntase no Cuartel diante do brigada don Julio, detido e enviado para o cuartel de La Victoria en  Jaca onde estaba o Rexemento Galicia, sendo levado para un forte-prisión no monte Rapitán. Un 18 de maio de 1940 foi xulgado en Consello de Guerra Sumarísimo de Urxencia nº 793/1940, por “adhesión a la rebelión”, condenado a 30 anos de reclusión.

 

Secretario: Pedro Maciá Ros, sarxento de infantería con destino no Rexemento Galicia nº 19.

Vocal Poñente: Rafael Villamena.

Demais compoñentes do Tribunal: Juan Fabrat de Val; Severiano Estoba; Arturo Armada; Juan Bautista Navarro.

 

Foron procesados neste Consello de Guerra (ademais de Taxota), Raimundo García Pérez de 27 anos de Villalba (Zaragoza); Gerardo Salgueiro de 29 anos de Goian; Vicente Vicente Alonso de A Guarda. Sentencia 30 anos de prisión, interdicción civil e inhabilitación absoluta para desempeñar cargos públicos.

 

Mais tarde o Consello de Xustiza Militar acorda rebaixalas penas a 12 anos para Raimundo García Pérez e Vicente Vicente Alonso, a Taxota e Gerardo Salgueiro por 6 anos.

 

Trasladado a Barbastro, Guadalajara, Yeserías (Madrid), Tui (onde aínda estaba seu outro irmán Jesús) e internado no Campo de Concentración de O Pasaxe ata o 26 de maio de 1941. En xuño de 1941 figuraba como Director da Prisión Central Habilitada de Camposancos José María Figueroa Morais que foi a autoridade que asinou a Liberación Condicional (2-xuño-41) de Taxota

 

Pero a represión sobre esta familia continúa tendo que incorporarse a un Batallón Disciplinario, obrigado a cumprilo tempo que botara súa quinta do 30. Estivo cinco meses con chinches piollos e mala comida, o mesmo tempo as autoridade militares abriron un Expediente por “Responsabilidades Políticas” tendo que aboar unha multa en metálico, dándolle a seguintes recomendacións por escrito [...] “Habrá de ser veraz en sus informes, y con todo el interés se le recomienda que evite las malas compañías y todo lo que pueda conducirle a una vida relajada o a la comisión de nuevos delitos...”

 

O Certificado da liberación definitiva foi asinado por Miguel Cuadrillero Angulo, Director da Prisión Provincial de A Coruña (2 xuño 1941) que coincide ca de liberación provisional.

 

A “Junta Provincial de Libertad Vigilada” faille entrega dun certificado (21 maio 47) no que “Causa Baja Definitiva en el Censo de Liberados de esta Junta Local de Libertad Vigilada” (24 maio 1947- Manuel Olivares).

 

Un 26 de maio de 1945 o Director del Cuerpo de Prisiones Manuel Olivares Martínez, Administrador de la Prisión central de santa Isabel de Santiago de la que es Director Vicente Fonturbel García, CERTIFICA, La liberación condicional de Manuel Domínguez Pacheco

 

Dolores Domínguez Pacheco “Lola”. Unha muller boa e xenerosa, valente, traballadora a que segundo refire Juan Noia “a miña muller, con estoica dignidade e serenidade, sorteaba as inacabables horas do seu infortunio. Non se rebaixou a pedir clemencia a ninguén...”(páx 270 de Fuxidos edición en Galego de 1996).

 

Un exemplo por visitar a María Baz (viúva de Antonio) as autoridades militares lle impuxeron “unha multa de 50 pesetas e a súa nai que a acompañaba 25 pesetas. O asedio  era feroz”...

 

José Eloy González Moure, (cuñado de Manuel Noia Xil), nado un 25 de setembro de 1909 no barrio de O Calvario (O Rosal), fillo de Serafín González Núñez (nado en Cabreira – Pontevedra) e Benedicta Moure (nada en Toral de los Valos – León). Detido e xulgado en Vigo o 23 de novembro de 1936 (causa nº 994/1936).

 

Acusado de “Rebelión militar, profesar ideas comunistas, estar afiliado y cotizar al Partido Galleguista de El Rosal, relacionado con miembros destacados del marxismo de aquella Comarca, prestando servicio de vigilancia con armas en la misma localidad en los primeros días del Glorioso Alzamiento Nacional, para ayudar a los rebeldes en su propósito de hacer frente a la CAUSA del Ejército, ausentándose después y alistándose a la Legión el día 10 de marzo de 1938...”   

 

 A sentencia foi comunicada o 11 de marzo de 1939. Fallo: Doce anos e un día.... O Consello de Guerra estaba formado por: Agustín Varela; Segismundo García Encinas; Antonio Ricote; Javier Gaujardo Fajardo; José Valdaura; Agustín Rubio e Luís Bernárdez.

 

O Auditor de Guerra da VIII Rexión Militar era, Hernán de Martin Barbadillo y Paul (Auditor de primera).

 

Un 8 de agosto de 1940 Eloy recibe a comunicación de “Prisión Atenuada en  su domicilio” (Expediente nº 27469).

 

A liberdade definitiva a obtivo un 28 de xaneiro de 1944, asinaba o certificado de Liberación o Director da Prisión de Pontevedra Augusto de la Vega Barrios.  

 

Ermelindo Martínez Martínez, incurso na mesma causa que Eloy (994/1936), natural de Camposancos, domiciliado na rúa Outeiro, 42, fillo de Benito Martínez e Dirse Martínez. Condenado por “rebelión militar” por Sentencia do 11 de marzo de 1939  a 16 anos de reclusión.

 

Preso no campo de Concentración de O Pasaxe, logo en Tui, foi ingresado na prisión de Nanclares de La Oca (Álava) un 18 de xuño de 1939, ata o 1 de setembro de 1940, data na que saíu en “Libertad Atenuada en su domicilio”. Pero o 5 de setembro/40 o Gobernador Civil de Álava oficia a dona Victoria Barroso de Vitoria que “por medio de escrito de la Comisaría de Investigación y Vigilancia el recluso Ermelindo Martínez que había pernoctado en su casa desde la salida de prisión (día 1/set/40) había quebrantado las ordenanzas dadas, por que ACUERDA: “imponerle una multa de 30 pesetas (a dona da pensión)que debe hacer efectivas en Papel de Estado en el plazo de cinco días” .

 

Mentres, Ermelindo fora detido na estación do tren dende o día 3 de setembro e levado a prisión de Vitoria, dende elí escribe unha Instancia ao Gobernador Civil de Álava, indicando que “tuviera que hospedarse por encontrarse enfermo, no pudiendo desplazarse a Madrid que era el lugar donde tenía señalada su residencia”  Un 13 de marzo de 1943 recibiu a “Libertad Definitiva”.

 

A represión seguía contra calquera cidadán relacionado con sindicatos ou afiliación política. Así Domingos “O Coisa” e “O Sariña” foron levados a tenda do Valladeiro no Porto acusados de “roxos” obrigados a tomar aceite de rícino en cantidade.

 

Isaac González Moure, nado no Rosal un 1 de marzo de 1911, fillo de Serafín González Núñez e Benedicta Moure. Detido polos militares sublevados e ingresado na Prisión Habilitada de O Pasaxe o 31 de setembro de 1936. Pasa a prisión de Tui, logo a de Figueirido un 2 de setembro de 1939. Acusado de “rebelión militar”. Xulgado en Consello de Guerra Sumarísimo pola vía de Urxencia CAUSA: 994/1936 e condenado a 16 anos de reclusión. Condenado o 11 de marzo de 1939, causando firmeza o 17 de marzo de 1919. A Sentencia foi efectiva o 21 de setembro de 1939.

 

O Tribunal Militar Territorial Cuarto-Sala do Penal en A Coruña dicta un AUTO o 27 de xullo de 1990 polo que Isaac González Moure se lle outorga a “gracia de amnistía, por razón de la Causa nº 994/36.Era presidente do Tribunal nesas datas Ignacio Rodríguez Docavo.

 

A todo isto o 26 de xuño de 1944 o Capitán Xeneral da VIII Rexión Militar con sede en A Coruña dicta o licenciamento de Isaac  “por haber dejado extinguida la condena impuesta el 21-09-1939”.En total botou tres anos de prisión. Inmediatamente foi mobilizado pasando a conducir un camión do

 

Exército de Terra nº 45637 na IV Rexión Militar. (en febreiro de 1946 aínda estaba mobilizado en Ribas de Fresser).Estivo tamén no Rexemento de Zapadores do Iº Corpo do Exército Sección Automóbiles ata setembro de 1946. Igualmente estivo destinado na Comandancia de Fortificacións e Obras da IV Rexión Militar .

  

José Manuel Álvarez Fernández, natural de Salcidos, fillo de Manuel e Clementina, nado un 8 de xaneiro de 1916, acusado de “rebelión militar” ingresa na prisión de Tui un 27 de abril de 1937, o 18 de xuño de 1939 ingresa na prisión de Nanclares de Oca (Alava)...”procedente der la prisión del partido Judicial de Tuy, por orden de la Jefatura del Servicio Nacional de Prisiones, para cumplir la pena de diesiete años y un día, por delito de “rebelión militar”, impuesta en CAUSA 95/1937 del Juzgado Militar de Tuy”.

Resulta interesante o relatorio da sentencia (7 de xullo de 1937) que non ten desperdicio:

 

“....oídas la acusación fiscal y la defensa.

 

RESULTANDO: Que el marinero José M. Álvarez Fernández destinado en la lancha “Cabo Fradera” y hallándose en La Guardia, se encontró con unas señoritas postulantes del Auxilio de Invierno que le fueron a colocar uno de los emblemas que aquel día distribuían para recaudar fondos a beneficio de la citada institución social.

 

RESULTANDO. Que el procesado en autos manifestó que ya tenía el emblema de referencia, y al insistir la señorita para que lo mostrase el emblema ya que no lo llevaba en sitio visible, con un gesto grosero el citado marinero contestó que lo llevaba prendido en el pantalón.....

 

Outro RESULTANDO: Que en el Glorioso Movimiento que hoy encauza la actividad nacional en Falange Española personalidad señera que guía, sostiene los principios básicos en que ha de fundamentarse nuestro nuevo Estado.

 

CONSIDERANDO: Que dicho hecho constituye un delito de Rebelñión Militar, definido y sancionado en el punto 2º del artículo 128 del Código Penal de la Marina de Guerra.....

 

FALLAMOS. Que debemos condenar y condenamos al marinero José M. Alvarez Fernández como autor del delito contra la persona de “Falange Española”....a la pena de 17 años y un día de reclusión militar.

 

Asinado por: Bernardo Pereira Borrajo; Manuel Seijo; Luís de Martin Pinillos; Antonio Ricote; Agustin Rubio;...e outros ilexibles.

 

Outro dos represaliados foi Miguel Carrero Pereira, nado en Camposancos, de 21 años, solteiro, fillo de Generoso e de Emilia, mariñeiro con instrucción e sen antecedentes penais. Foi xulgado en Consello de Guerra Sumarísimo Nº 11/1936 no departamento Marítimo de Ferrol e revisada a causa polo Alto Tribunal de Xustiza Militar en Valladolid o 19 de outubro de 1938 “Tercer Año Triunfal”.

Presidente do Tribunal: Barrera Luyando. Vocais: Ruiz del Portal Martínez; Gómez Fossi; Fermoso Blanco e Coronel Auditor da Armada Luciano Conde Pumpido.

FALLAMOS: “Que debemos revocar y revocamos la Sentencia dictada en esta Causa y en su lugar condenamos a los  en ella procesados de las generales antes señaladas, a las penas siguientes (VINTEDUAS PENAS).........al marinero Miguel Carrero Pereira como autor de abandono de servicio a la pena de doce años y un día de reclusión militar, siendo de abono la totalidad de la prisión preventiva que hubieran sufrido....”

 

Examinada a CAUSA 11/1937 seguida a Miguel Carrero Pereira por delito de abandono de servicio, resultan os seguinte datos: Ingresa en prisión o 14 de setembro de 1937. Foi trasladado a prisión de Nanclares de Oca (Álava)un 30 de maio de 1939 ingresa. O día 6 de decembro de 1939 foi trasladado a prisión de Valladolid. Un 29 de xuño de 1940 sae en liberdade condicionada.

 

   FONTES: Actas de Sesións Plenarias da Corporación Municipal de A Guarda.

Juan Noia Xil. Fuxidos. Editado en Venezuela en 1976.

Carlos Fernández Santander. Alzamiento y Guerra Civil en Galicia (1936-1939).Edicións do Castro Tomo I.

Testemuñas orais de Manuel Domínguez Pacheco e Concepción Andrés García.

Copias de distintas Sentencias dictadas polos Tribunais correspondentes en poder de Uris Guisantes.

Testemuñas orais de familias dos represaliados a Uris Guisantes.

Fuxidos na Gandra e Pintán. Por Victoriano de Saladina 2006.

 

Paredón onde está a Fosa Común, en 1978. Fotografía de José A. Uris Guisantes

Manuel Domínguez Pacheco "Taxota" e súa compañeira Concepción Andrés García "Concha" en agosto 1994

Patio de abaixo da Prisión Habilitada de O Pasaxe (camposancos) onde debían formar os presos dúas veces por día.

Juan Noia Xil en 1985, dirixindo a palabra diante de militantes socialistas de Vigo e da Bisbarra, antes da inauguración da Fosa Común,. Como é sabido Juan Noia foi fundador e membro do Partido Galeguista de A Guarda. En 1985 era presidente da Agrupación Socialista de A Guarda..

Fotografía de José A. Uris Guisantes.

Situación da antiga Prisión Habilitada de O Pasaxe en 2005. Fotografía de José Mª González Alonso

Manolo Taxota e Concha en 1947

Brasilino Álvarez Sobrino nos anos mozos

15 agosto 1986 Inauguración Fosa Común. Fala Taxota presidente da Comisión Pro Fosa Común.

Fotografía de Prudencio Martínez Pena

Viúvas e familiares de fusilados asturianos en 1986 na Fosa Común

Estado en que estaba a Fosa Común no ano 1981.

Fotografía de José A. Uris Guisantes

Certificado da Liberación de ManuelDomínguez Pacheco

Honorio Brasilino Álvarez Sobrino

Dolores Domínguez Pacheco "Lola". Juan Noia Xil nos montes de OIA en 1947. Lola Domínguez

Roque Camilo Carrero Lorenzo.

Eduardo Pantaleón Saúl

Eduardo Pantaleón Saúl e súa compañeira Teresa Estévez Fernández, xunto a  Alfonso Martínez Peniza e súa compañeira nunha voda

Sinaturas dos concelleiros na Corporación presidida por Brasilino Alvarez Sobrino

 

Voluntario republicanos en Tui no 26 de xullo de 1936, procedía de Baiona

osé Cardoso Martínez "O Barbeiro" de San Miguel de Tabagón O Rosal

Antonio Domínguez Pacheco

Angel Domínguez Pacheco

Manuel Noia Xil. Líder da Federación Obreira e ex Alcalde de A Guarda

Roque Camilo Carrero Lorenzo nos anos mozos

Vista xeral da antiga Prisión Habilitada ou Campo de Concentración de Prisioneiros e Presentados no pasaxe

CAMPOS  DE CONCENTRACIÓN

 

Aranda de Duero (Burgos) En 1938 1.702 presos

Los Arenales (Cáceres) 838 presos

Arévalo (Ávila) sen datos

Astorga (León)sen datos

Avilés (Asturias)1.672 presos

Badajoz. 176 presos

Barbastro (Huesca) sen datos

Benaguacil (Valencia)sen datos

Burgo de Osma (Soria)sen datos

Cabra (Córdoba)sen datos

Calatayud (Zaragoza)29 presos

Camposancos (A Guarda-Pontevedra)1.434 presos.

 Capacidade máxima 2.000 presos. Chegou haber  2.307.

Candás (Asturias)sen datos

Caserío de Osío (Cádiz)sen datos

Castro Urdiales (Cantabria)sen datos

Castuera (Badajoz)sen datos

Cedeira (A Coruña)441 presos.

Informe da Inspección:

 Pésimo debe desaparecer inmediatamente.

Corban (Santander)sen datos

Córdoba74 presos

Deusto (Vizcaia)2.428 presos

 Dueso. 2.539 presos

El Hospicio (León)sen datos

Estella (Navarra) 828 presos

El Ferrol del Caudillo (A Coruña)sen datos

Gijón (Asturias)sen datos

Haro (Logroño)sen datos

Jaca (Huesca)276 presos

Jadraque (Guadalajara)sen datos

La Coruña. 81 presos

La Pajera (León)sen datos

Laredo (Cantabria)sen datos

Larrasa (Soria)sen datos

León. 4.074 presos

Lerma (Burgos)761 presos

Lierganes ( Santander) sen datos

Logroño. 1.008 presos

Llanes (Asturias)sen datos

La Magdalena (Cantabria)sen datos

Mallano (Cantabria)sen datos

Medinaceli. Sen datos

Medina de Río Seco (Valladolid) 1.964 presos.

 Informe Inspección:

 Debe desaparecer.

Mérida ( Badajoz)sen datos

Miranda de Ebro (Burgos)1.440 presos

Monasterio de S. Espina (Valladolid) 1.150 presos

Monserrat (Valencia)sen datos

Murguía (Alava)1.221 presos

Muros ( A Coruña) sen datos

Orduña (Vizcaya)3.486 presos

Oviedo.Sen datos

Padrón (A Coruña) sen datos

Palencia 146 presos

Palma de Mallorca. 819 presos

Pamplona (Ciudadela)1.716 presos

Pamplona (Casa Cuartel de la Merced) sen datos

Papelera de Catarroja (Valencia)sen datos

Pinar de Jábaga (Cuenca)sen datos

Plasencia (Cáceres)630 presos.

Informe de Inspección:

 Debe desaparecer de la Plaza de Toros inmediatamente.

Porta Coeli (Valencia) sen datos

Pobra do Caramiñal (A Coruña)sen datos

Puerto de Santa María (Cádiz) sen datos

Rianxo (A Coruña) 349 presos

San Gregorio (Zaragoza) sen datos

San Juan de Mozarrifar (Zaragoza) 300 presos.

 Capacidade máxima: 3.000 presos.

San Marcos, Monasterio de, (León) sen datos

San Pedro de Cardeña (Burgos) 1.950 presos

Santa Ana (León)sen datos

Santa María de OIA (Pontevedra sen datos)

Santa María de Huerta (Soria)sen datos

Santa Marta

Santander. 4.120 presos

Santoña (Cantabria) 6.012 presos.

 Informe Inspección:

 El campo de Santoña y Mallano deben suprimirse por la contaminación de sus aguas.

Santo Cildes (Astorga) sen datos

Soneja (Zaragoza)347 presos

Soria. 527 presos

Sueca (Valencia) sen datos

Talavera de la Reina (Toledo ) 373 presos

Torrelavega (Santander)sen datos

Trujillo (Cáceres)523 presos

Valencia de don Juan (León)sen datos

Venta del Poyo (Valencia) sen datos

Zamora. Sen datos

Zaragoza.1.103 presos.

 

José A. Uris Guisantes