|
Xoves, 9 de setembro de 2010 Óscar Vicente, terceiro no Campionato do Mundo de Duatlón Juan Ramón Martínez Barbosa
Óscar, coa súa medalla, flanqueado polas concelleiras de Cultura e de Servizos Sociais
O rosaleiro Óscar Vicente Rodríguez, que foi recibido onte no Concello, vén de conseguir no seu primeiro ano na categoría sub 23 unha sensacional medalla de bronce no Campionato do Mundo de Duatlón celebrado en Edimburgo (Escocia) o domingo 5 de setembro. Óscar, que dende esta tempada conta con novo adestrador (Luis Piña, seleccionador galego de Triatlón) formou -ademais- parte do equipo do Cidade de Lugo Fluvial que alcanzou a vitoria o pasado 8 de agosto na “Copa del Rey de Triatlón por Clubes”. Os seus compoñentes: Miguel Ángel Acosta, Jesús Gomar, David Castro, Adrián Vázquez, Javier Gómez Noya e o propio Óscar. O vindeiro 18 de setembro este xove deportista competirá no “Campeonato de España de Triatlón por Selecciones Autonómicas” que este ano se celebrará en Cangas do Morrazo.
Óscar, coa súa medalla, flanqueado polas concelleiras de Cultura e de Servizos Sociais
Sábado, 21 de agosto de 2010 Bandas e corais para pechar musicalmente o mes de agosto no Rosal O mes de agosto rematará, no Rosal, co XXI Festival de Músicos Xoves, que se ven celebrando dende o ano 1989. Este encontro coa música e a voz, terá lugar o venres, día 27, na Praza do Calvario a partir das 21.00 horas, participando a Banda Infantil da Agrupación Musical do Rosal, a Banda de Música Municipal de Caldas de Reis, a Banda-Escola de Música de Beade e a Agrupación Musical do Rosal. O sábado, día 28, á mesma hora, estará adicado á música coral coa participación da Coral Polifónica O Son dos Cantares de Tameiga, Mos; o Coro Cantábile da Guarda, e a Coral da Agrupación Musical do Rosal.
Xoves, 19 de agosto de 2010 VI Mercadillo de Oportunidades no Rosal
El VI Mercadillo de Oportunidades de O Rosal, que organiza la Asociación de Comerciantes (A.C.O.R.) con la colaboración del ayuntamiento, se celebrará el domingo, 12 de septiembre, en la Praza do Calvario, de 10 a 18 horas. Participarán más de 15 stands de comercios asociados que pondrán a la venta artículos de liquidación de stocks, como ropa, calzado, floristería, útiles de menaje, mercería, belleza e incluso automóviles, material y vehículos agrícolas. Asimismo de 16.30 a 19.00 horas tendrá lugar el tradicional concurso de dibujo para niños y niñas, siendo el cartel premiado el anunciador del Mercadillo de Oportunidades del próximo año. A partir de las 19.00 horas se procederá al sorteo de una cubertería, un juego de café y una batería de cocina. El presidente de ACOR, José Martínez González (Pepe Berdeal) espera que esta iniciativa tenga el éxito de anteriores ediciones.
I Campionato Feminino de Futbolín no Rosal
Este venres, 20 de agosto, ás 21.00 horas terá lugar no Auditorio Municipal do Rosal a presentación do I Campionato de Futbolín Feminino Noticias O Rosal, instaurado como unha nova actividade cultural, turística e aínda deportiva da vila. Este torneo conta, entre outros, coa colaboración do concello do Rosal, a Agrupación Musical e a Asociación de Comerciantes (ACOR). Xa hai apuntadas unha ducia de parellas, estando aínda aberto o prazo de inscrición (10 euros por persoa). Haberá premios e agasallos para todas as participantes. Se ben durante o sábado se xogarán as partidas da fase de grupos no Pub J&J e no Bar Troya, o domingo 22, pola tarde, a Praza do Calvario, centro neurálxico do municipio, acollerá un verdadeiro espectáculo cos encontros finais que proclamarán ás vencedoras do Campionato. Quen desexe debe contactar coa organización no teléfono 637 311 007 ou enchendo os datos da parella directamente no seguinte enlace (http://www.orosal.es/noticiasorosal/inscricionfutbolin.pdf) e enviando esa folla de inscrición a turismo@concellodorosal.es
Sábado, 31 de xullo de 2010 "La Cruz de los Jóvenes" en O Rosal
A coñecida como a "Cruz de los Jóvenes" que recorre en peregrinación distintas localidades, estivo onte no Rosal, cun percorrido pola Praza do Calvario e expóndose posteriormente no convento das Carmelitas do Rosal. Posteriormente a Cruz foi trasladada ao Centro de Espiritualidade de Paramos, en Tui, onde os fieles oraron diante dela e participando nun viacrucis pola Veiga ata chegar á Catedral de Tui, onde ás 22h se iniciou unha Vixilia de Oración con meditación do Bispo Monseñor Quiteiro Fiuza. Hoxe, sábado, está previsto que ás 10.30 se celebre na Catedral unha confirmación extraordinaria dun centenar de persoas de toda a diócese. Pola tarde ás 18.00 horas terá lugar un acto de oración na Igrexa das Clarisas. Por último mañá domingo ás 8.30h rezaranse as laudes na Catedral, e o posterior trasladarase a Cruz ata Vigo para unirse á procesión do Cristo da Vitoria. As fotografías, que aompañan a esta información, da autoría de Milo Baz, forman parte da reportaxe especial que publicarmeos o próximo luns.
Venres, 23 de xullo de 2010 O BNG solicita a retirada do canon da auga do Proxecto de Lei de Augas de Galiza
Para o BNG, o proxecto non introduce modificacións substanciais dende o punto de vista ambiental nin de protección dos recursos hidrolóxicos galegos. En cambio, si ve un claro obxectivo recadatorio por parte da Xunta, segundo explica o responsábel local da formación nacionalista, Alberte Alonso Pereira. Segundo indica Alberte Alonso, o canon gravará por igual o consumo ou utilización da auga procedente de captacións propias (traídas veciñais ou pozos) e a procedente do abastecemento municipal, que no caso do Rosal é mínima. Lembran os nacionalistas que neste concello na maior parte das parroquias e barrios, este servizo dano as 10 traídas veciñais. Só no caso de que os usuarios non dispoñan de abastecemento público nin de rede de saneamento, poderán aplicar unha redución do 80%. Mais si hai saneamento, terán que pagar a cota íntegra. O proxecto de lei substitúe o actual canon de saneamento por dous novos impostos indirectos: o canon da auga e o coeficiente de verquido. Estas modificacións van supor na realidade unha suba brutal, con incrementos de até o 360% e van afectar de xeito moi especial á poboación rural, como é o caso do Rosal, aos pequenos comercios e ás pequenas empresas. Asemade, suprímense as exencións que na actualidade beneficiaban ao medio rural, pois non se exclúe ningún núcleo de poboación, nin os de menos de 2.000 habitantes, que actualmente están exentos, nin tan sequera os de menos de 500 habitantes que excluía inicialmente a lei de 1993. Segundo explica Alonso Pereira, o proxecto de lei prevé que as captación propias, como os pozos, están obrigados a instalar contadores homologados e, de non facelo no prazo de seis meses, o canon da auga liquidaráselle polo método de estimación obxectiva e poderán ser sancionados con multa de até 30.000 euros. É por todo isto que o BNG, na moción presentada, solicita que o concello se dirixa á Xunta e esixa a retirada do Proxecto de Lei de Augas de Galiza, así como a elaboración dun novo proxecto de Lei que sexa sometido a consulta pública, e que recolla o cumprimento da Directiva Marco da Auga, que garanta, en igualdade condicións, o acceso ao ciclo completo da auga aos cidadáns galegos, que garanta unha fiscalidade progresiva, que regule e ordene os usos da auga, que teña en conta unha regulación dos usos industriais da auga que garanta o uso sostíbel do recurso e unha xestión transparente do canon industrial.
Sábado, 17 de xullo de 2010 Importadores mexicanos visitan as adegas do Rosal Unha delegación de importadores mexicanos de viño formada por 11 persoas visitou onte as adegas da DO Rías Baixas no Rosal “Quinta Couselo” e “Lagar de Fornelos” e acudiu á inauguración da Feira do Viño, e hoxe sábado 17 de xullo “Adegas Valmiñor” e “Terras Gauda” en busca de novas alianzas comerciais. A misión inversa, que está organizada pola Cámara de Comercio de Tui, contempla a visita a máis de 20 adegas das diferentes denominacións de orixe galegas. A delegación mexicana chegou a Galicia o luns 12 de xullo e estará por terras galegas até este sábado.
Xoves, 15 de xullo de 2010 A Deputación asinará un convenio co concello do Rosal para a construción dunha rotonda e a mellora da seguridade na EP Tabagón-Rosal-Portocelo A Xunta de Goberno da Deputación aprobou onte a sinatura dun convenio de colaboración co concello do Rosal para a execución da rotonda e da mellora da seguridade vial na estrada provincial 3.302 Tabagón -Rosal-Portocelo. O importe desta actuación ascenderá a 807.415 euros que serán financiados pola Deputación a través dunha achega de 605.561 euros (o 75%) e polo propio Concello do Rosal que asumirá os restantes 201.853 euros (25%). A entidade provincial asumirá a licitación, dirección, execución e recepción da obra, mentres que a administración local deberá poñer a disposición os terreos necesarios para executar os traballos, acadar a correspondente licenza municipal e de tramitar as autorizacións pertinentes ante outros organismos no caso de seren necesarias.
Mércores, 14 de xuño de 2010 Xornadas de viticultura no Rosal Organizadas pola Asociación Galega de Viticultura e o concello do Rosal, o Centro Social Polivalente acollerá, o 16 de xullo, ás 11.00 horas, as Xornadas Técnicas nas que se tratarán temas como “As Denominacións de orixe no mercado”, a cargo de Ramón Huidobro, secretario do Consello Regulador Rías Baixas; “Cooperativismo e enoturismo en Galicia”, por Xabier Zas, xerente da cooperativa Condes de Albarei, e “A bioloxía aplicada á viticultura”, sobre a que falará Mª del Carmen Martínez, investigadora científica da Misión Biolóxica do Consello Superior de Investigacións Científicas (C.S.I.C).
Sábado, 3 de xuño de 2010
Ayer se presentó en O Rosal la XVIII Feira do
Viño
Ayer, 2 de julio, fue presentada la Feira do Viño de O Rosal que, en su décima octava edición, se celebrará del 16 al 18 de julio en la Praza do Calvario, y cuyo cartel anunciador es obra del diseñador guardés Miguel Rodríguez Amenedo. La mayoría de la bodegas de la subzona de O Rosal, de la Denominación de Orixe Rías Baixas, estarán presentes en este evento en el que también estarán presentes otros productos agrarios y procedentes del medio marino. Los organizadores, que apuntan que la feria está consolidada, esperan seguir alcanzando la media de las 30.000 visitas que se registran en los últimos años En el acto de presentación comparecieron el alcalde de O Rosal, Jesús Mª Fernández Portela; el presidente de la Cámara de Comercio de Tui, Gumersindo Alonso Gestoso; el presidente de la Ruta del Vino Rias Baixas, José Ramón Meiriño González, y el secretario del Consello Regulador D.O. Rias Baixas, Ramón Huidobro. La feria, que será inaugurada el viernes, día 16, a las 20.00 horas, por el conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández Fernández de Rojas, tiene un presupuesto superior a los 49.000 euros, que se financiarán por las subvenciones que rexcibirá el ayuntamiento desde distintas instituciones (Consello Regulador, Diputación Provincial, Consellería de Medio Rural, Dirección Xeral de Turismo y Cámara de Comercio de Tui) así como con la venta de los catavinos. 11 stands, de otras tantas bodegas, se situarán en la Praza do Calvario, otro más, con productos vegetales y el del Consello Regulador, compartirán también este espacio, junto con carpas bajo las cuales se podrán degustar distinto productos gastronómicos (pulo, carne ó caldeiro, empanada, postres caseros y embutidos, por citar algunos) En la Feria habrá tiempo y espacio también para la música. Así el viernes, a partir de las 22.00 horas actuará la Charanga Nova Cubana; el sábado será el turno, a las 20.30 horas, de la Charanga Apeles, y el domingo, también a partir de las 20.30 horas, actuará la Charanga Vaite Xa. Por otra parte, el sábado, a las 10.00 de la mañana, tendrá lugar el Curso de cata en el edificio de Extensión agraria. Y para facilitar el traslado del público, como ya se hizo en pasadas ediciones, habrá un servicio gratuito de autobuses entre A Guarda y O Rosal con salda de a Guarda todas las “medias”, desde las 21.30 horas el vienes, y las 19.30 horas el sábado y el domingo. A las “en punto”, lo harán desde O Rosal a A Guarda, finalizando este servicio a las 2.00 de la madrugada, excepto el domingo que la Feira se clausurará a las 00.00 horas.
Otras actividades Del 16 al 25 de julio podrán visitarse las exposiciones de Cuadros pintados en cerámica, de César Táboas Franco, y de Esculturas de Cerámica, de Rogelio Fortes Alonso. Del 16 al 18, tendrá lugar la Exposición Filatélica, que llega a su décimo séptima edición. Está organizada por el Grupo Filatélico y Numismático Val do Rosal, que como en otras ediciones, realizó un cuño especial conmemorativo de este evento. Otra de las alternativas, también del 16 al 26 de julio, es la muestra de los profesionales de la Medicina que se dedican a la artes en Galicia.
Mércores, 23 de xuño de 2010 Ballet Studio 88 actuará para la comunidad escolar del CPI Suárez Marquier el sábado La Asociación Studio 88 de A Guarda actuará, con el grupo de baile, el próximo 26 de junio, en la Fiesta Fin de Curso ANPA CPI Manuel Suárez Marquier, presentando a la comunidad escolar el arte de la Danza y la labor que se realiza en la asociación. El Ballet Studio 88, presentará 5 coreografías nuevas en las que incorpora diferentes estilos de Danzas.
Luns, 21 de xuño de 2010 O Rosal acolleu a 4ª competición da Copa Galega de Promoción de Slalom Onte, domingo, celebrouse no Rosal a 4ª competición da Copa Galega de Promoción de Slalom coa participación dos membros máis pequenos de cada club, con idades comprendidas entre os 8 e os 14 anos. A organización, nesta ocasión correu a cargo do Club Deportivo Miño-Teixugos e contou coa participación de clubs de toda Galicia. Como xa é habitual neste deporte o encontro tivo lugar nun ambiente festeiro e de gran deportividade. As medallas quedaron repartidas entre todos os clubs, os Teixugos remataron con dúas de ouro, tres de prata e dúas de bronce. Na clasificación xeral o Club Deportivo Miño-Teixugos quedou en primeiro lugar, seguido do Piragüísmo Dumbría e en terceiro lugar os Quixós de Monforte de Lemos. A entrega de trofeos e medallas correu a cargo do alcalde do Rosal, o Secretario Xeral para o Deporte, e os vicepresidentes 1º e 2º da Federación Galega de Piragüísmo. A reportaxe deste evento e da participación dos Teixugos pódese seguir no enlace: http://picasaweb.google.es/rosaouteiro/Rosal#slideshow/
Venres, 18 de xuño de 2010 Charla sobre a crise económica organizada polo BNG do Rosal O BNG do Rosal imparte hoxe, ás 21.00 horas, no Centro Social Polivalente, unha charla. Participarán o deputado do BNG no Parlamento galego, Henrique Vieitez, o secretario da Unión Local da CIG do Baixo Miño, Serafín Fernández Portela, presentando o acto, o responsábel Local do BNG, Alberte Alonso Pereira.
Martes, 15 de xuño de 2010 Cores Tourís anuncia a reforma de dous pontóns no Rosal así como a execución de cinco pasos de peóns elevados
O delegado Territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou onte o concello do Rosal onde anunciou ao alcalde da localidade, Jesús María Fernández Portela, o ensanchamento de dous pontóns na estrada PO-534 entre Patas-Loureza, e a construcción de cinco pasos de peóns elevados no centro urbano. As obras de ensanchamento destes dous pontóns executaranse de forma inminente xa que se atopan en proceso de licitación. “O que pretendemos é aproveitar o verán para executar estas obras que suporán a ampliación do ensanche da plataforma da calzada ata chegar aos oito metros”. Estes dous pontóns atópanse nos lugares de Cruces e Acevedo, “este último a 200 metros antes de chegar ao límite municipal de Oia”, explicou Cores Tourís. O delegado territorial estivo acompañado nesta visita polo xefe territorial de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Evaristo Juncal, quen lle transmitiu ao alcalde da vila a situación doutros proxectos como a construcción de cinco pasos de peóns elevados que xa se atopan adxudicados e que serán executados tamén de inmediato. “A maiores estase a redactar tamén o proxecto de execución dunha glorieta na intersección coa PO-552 en Tabagón”. Fernández Portela aproveitou a visita do delegado territorial da Xunta en Pontevedra para presentarlle varias peticións en relación a proxectos pendentes neste municipio. Deste xeito, o alcalde entregoulle a memoria con orzamento para a execución do segundo tramo da estrada que enlaza Fornelos con A Guarda. “Este proxecto vaise a estudar xa que somos conscientes da necesidade da continuación da PO-353”, explicou Cores Tourís. Tamén solicitou o rexedor de O Rosal a execución de pequenos saneamentos “que permitirían completar a rede municipal de saneamento case nun 95%”. Estas obras executaríanse en Calvario-San Miguel, Martín, Tamuxe-Viso dos Eidos y Fornelos-Sandrián. O orzamento destes traballos de saneamento superarían os 300.000 euros e permitirían a súa conexión cos colectores xa instalados que, a súa vez, atópanse conectados coa EDAR de A Guarda. Finalmente, o alcalde tamén solicitou a ampliación do CRA en Pías. “Necesitamos un aula de infantil máis xa que o aumento da matrícula é moi importante”, engadiu Fernández Portela quen, a maiores, tamén solicitou ao delegado territorial que se resolva antes do inverno o problema de humidades que sofre o centro de saúde do municipio. “Os técnicos xa acudiron a estudar este problema e concluíron a necesidade do cambio do canalón, obra que se fará xa que é máis que necesaria”, concluíu Cores Tourís.
Sábado, 5 de xuño de 2010 O Club Ciclista O Rosal organiza hoxe o 19º Trofeo de Ciclismo Pista As Faias Organizado por el Club Ciclista Rosal Hermanos Ozores, hoxe celebrarase o 19º Trofeo de Ciclismo Pista As Faias, que comezará ás cinco da tarde coa particpación das categorías Cadete, Infantil, Alevín e Benxamín. Na organización deste trofeo colaboran a Comunidade de Montes de Tabagón e a Cooperativa Porta do Río Miño, xunto coa Secretaría Xeral para o Deporte, a Deputación Provincial, concello do Rosal, Federación Galega de Ciclismo e a Fundación O Rosal.
Venres, 4 de xuño de 2010 A Escola Municipal de Teatro da Guarda invita a disfrutar da representación de “Catalina Zucco”
De esquerda á dereita. 1ª fila: Benito e Artur; 2ª fila: Luz, Tere, Marta, Ofelia, Nagore, Mª Asunción, Carmiña, Mónica, Ramón e Rosa; 3ª fila: Vanessa e Anselmo.
O Grupo de Teatro da Escola Municipal da Guarda informa que o vindeiro domingo, 6 de maio, ás 20.30 horas, representarán no Auditorio Municipal do Rosal, a obra “Cataliza Zucco”. Desde este colectivo animan a achegarse ao Rosal a cantos queiran disfrutar dunha obra preparada con moita ilusión e co desexo de querer compartila co público. Lembran desde a Escola Muniicpal de Teatro que a entrada a este espectáculoé d ó balde.
Concerto de Nordestinas no Rosal O Auditorio Municipal do Rosal acolle este sábado ás nove da noite, con entrada libre, ás Nordestinas en concerto baixo o título “a canción que mira ao Norte, por primeira vez no Sur”. Dúas voces galegas, Guadi Galego e Ugía Pedreira, modelan o repertorio mariñeiro do Norte, achegándose á súa infancia, á música popular que lle transmitiron os seus pais, xuntándoa coas súas propias composicións que tamén miran ao mar. Todo vai envolto coas harmonías contemporáneas, a elegancia e o talento dun dos mellores músicos de jazz da península, o pianista Abe Rábade. O concerto está organizado polo Xacobeo.
Mércores, 3 de xuño de 2010 “En defensa do crecemento económico” conferencia que o profesor Carlos Taibo pronunciará no Rosal Organizada polo Colectivo Carballas, o Centro Social Polivalente do Rosal acollerá, o luns, 14 de xuño ás 20.30 horas, unha conferencia do profesor Carlos Taibo, co título “En defensa do crecemento económico”. Carlos Taibo é profesor de Ciencia Política e da Administración na Universidad Autónoma de Madrid. É autor de vinte libros e varias monografías, que tratan na súa meirande parte sobre as transicións na Europa do leste e sobre temas xeopolíticos de interese xeral. Nos últimos anos os seus escritos tratan da globalización e do crecemento económico, procesos aos que critica duramente, por consideralos contrarios aos conceptos de progreso e benestar. Segundo o profesor, “o crecemento económico non xera –ou non xera necesariamente– cohesión social. [...] Xera agresións medioambientais que en moitos casos son, literalmente, irreversibles. [...] Provoca o esgotamento dos recursos [...] e facilita o asentamento do que máis de un ten chamado “modo de vida escravo”, que nos fai pensar que seremos máis felices cantas máis horas traballemos, máis cartos gañemos e, sobre todo, máis bens acertemos a consumir”.
Mércores, 26 de maio de 2010 O sábado concerto do 24 Aniversario da Agrupación Musical do Rosal A Agrupación Musical do Rosal informa que o vindeiro sábado, 29 de maio, ogrecerá un concerto, a partir das 21,00 horas, no Auditorio Municipal co gallo da celebración do 24º aniversario desta formación. Neste concerto participará a banda de música e o Coro da Agrupación Musical do Rosal, baixo a dirección de Diego Javier Lorente López, que interpretarán “Dolores Pedro”, de a. Sánchez Pedro; “Estrasantico”, de Simón Couceiro; “Pontus Veteris”, de Ángel A. Montes Abalde; “Moscow-Cheryomushki”, de D. Schostakovich, e “Canto ó Rosal”, letra de Manuel da Ventosela, música de José Marino González e arranxos de Diego. J. Lorente López. O concerto conta coa colaboración do concello do Rosal, Deputación de Pontevedra, Fundación O Rosal e Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia.
Venres, 21 de maio de 2010 Iván Rodríguez, también convocado con la selección gallega absoluta para los II Juegos del Cantábrico Si en días pasados anunciábamos la convocatoria de Sergio Rodríguez con la selección gallega, hoy le toca el turno a Iván Rodríguez Maceiras, que finalmente también participará, tras una reunión de la Federación en la que se ultimaron detalles. El rosaleiro, participará en salto de longitud, donde este año nos ha sorprendido gratamente con un salto de 6.54 m, logrados hace aproximadamente 1 mes, lo que supone su mejor marca personal. Con tal sólo 16 años, es un premio para él debutar con la selección absoluta, y un logro más a añadir en su palmarés, bastante extenso: un subcampeonato de España cadete en salto de altura o una medalla de bronce en el campeonato gallego absoluto del año pasado, además de ser campeón gallego en distintas categorías tanto al aire libre como en pista cubierta, y en altura, longitud y triple salto.
Venres, 14 de maio de 2010 Rueda garante o compromiso da Xunta coa Xustiza de Paz e salienta a súa importancia para aliviar a conxestión dos xulgados O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, visitou onte o Concello do Rosal e o xulgado de paz da localidade, onde aproveitou para destacar a importante labor que desenvolven estes órganos, que contribúen de xeito decisivo a aliviar a conxestión dos xulgados galegos e a achegar a administración de xustiza aos cidadáns. En declaracións aos medios de comunicación ao termo da visita, Rueda recordou que un total de 270 concellos galegos contan con xulgado de paz, aos que no ano pasado a Xunta achegou case 600.000 euros para subvencionar os seus gastos de funcionamento, repartidos segundo a poboación de cada un dos municipios. Ademais, a Consellería de Presidencia e os alcaldes de 18 municipios menores de 7.000 habitantes asinaron o ano pasado un convenio de colaboración polo que a Xunta subvenciona con 8.000 euros anuais aos municipios para financiar os gastos de contratación laboral do persoal idóneo da secretaría dos xulgados de paz. A Lei de Demarcación e Planta establece que para o desempeño da secretaría dos xulgados de paz de menos de 7.000 habitantes, o concello nomeará unha persoa idónea para atender estas secretarías, que dependerá directamente da Administración local. Sen embargo, no caso do Rosal –visitado polo conselleiro acompañado do alcalde, Jesús María Fernández Portela-, a Xunta pediu ao Ministerio que dotase ao xulgado de paz dun funcionario do corpo de xestión procesual e administrativa, dada a proximidade do concello aos 7.000 habitantes. Así, dende xaneiro, o xulgado de paz do Rosal conta cun funcionario interino do corpo de xestión procesual e administrativa, que fai de secretario do órgano.
Xoves, 13 de maio de 2010 O concello do Rosal convoca un curso para desempregados sobre “Aplicacións informáticas de xestión” Cunha duración de 330 horas, e dirixido a desempregados, o concello do Rosal convoca un curso de “Aplicacións informáticas de xestión” ao que poderán inscribirse aquelas persoas que están en posesión do título FPII ou Ciclo superior da Rama Administrativas e Comercial, con coñecementos de Ofimática básica ou ter experiencia ou coñecementos do Plan Xeral de Contabilidade. O curso está cofinanciado pola Consellaría de Traballo e Benestar e o Fondo Social Europeo. Para máis información as persoas interesadas poden dirixirse por teléfono ao número 986 60 94 50.
Mércores, 12 de maio de 2010 Día das Letras Galegas no Rosal organizado pola Agrupación Musical Organizado pola Agrupación Musical do Rosal, coa colaboración da Fundación O Rosal, a Deputación de Pontevedra e a Consellaría de Cultura e Deporte, o vindeiro luns, 17 de maio, celebrarase na Praza do Calvario o Día das Letras Galegas, com música, exposicións, actividades de lecer e gastronomía. No apartado musical participarán corais, grupos de cámara, gaitas e pandereteiras, ademais do grupo de gaitas Airiños do Folón e o grupo folk Tanto Nos Tem. No apartado de outras actividades haberá xoguetes antigos, exposicións de asociacións e obradoiros infantís. Finalmente, na parte gastronómica, poderanse degustar polbo á feira, zorza, tortillas, empanadas, filloas doces e postres caseiros e viños do Rosal.
Xoves, 6 de maio de 2010 El sábado María José Baz presenta su disco en O Rosal El día 8 de mayo, a las 21 horas, tendrá lugar en el Auditorio Municipal de O Rosal, el concierto de presentación del disco “Crepúsculo Mental”, de la guardesa María José Baz. Presentará el acto Charo Tabales, concejala de Cultural y Medio Ambiente, de O Rosal. El disco, que ya fue presentado en A Guarda, recoge diez canciones compuestas por María José Baz, basadas en poemas de Estrella Velasco, a los que la cantautora pone voz y guitarra. Pero no estará sola, porque con ella sobre el escenario estarán Nieves Álvarez, flauta travesera; Lucía Alonso, piano y teclados, y Alba Rodríguez, violonchelo. También participarán en este concierto el “Grupo Antorcha” y el “Coro Cantabile”. Programa Abrirá el concierto musical el Grupo Antorcha que interpretará “Quién te cantará”, de “El Consorcio”; “Ciudadanos del mundo”, de Juan Pardo, y “Que canten los niños”, de José Luis Perales. A continuación saldrá al escenario el Coro Cantabile, dirigido por Lucía Alonso, que cantará “Alma, corazón y vida”, letra y música de Ezkuwa Flores; “O paxaro cando chove”, arreglos de Barbosa y “Alma llanera”, letra de Rafael y música de Vedro Gutiérrez. María José cerrará este concierto presentación de su disco “Crepúsculo mental” interpretando “Si supieras”, “Padre nuestro de las alas rotas”, “Olvidó”, “Crepúsculo mental” y “Hasta el cielo”. Finalizará el festival interpretando todos juntos una de las canciones del disco quizás con más sabor gallego: “Toca la gaita”.
Mércores, 5 de maio de 2010 Viños da D.O Rías Baixas premiados en Bruxelas Ata nove viños da Denominación de Orixe Rías Baixas foron premiados no Concurso 2010 celebrado en Bruxelas, acadando distintas medallas. A Asociación Galega de Viticultura felicita e dá a noraboa a todas as adegas premiadas, cuxo resultado se amos ana táboa seguinte
Venres, 30 de abril de 2010 Aberta a inscrición para o Curso de Poda e Fertilizacion II organizado pola Asociación Galega de Viticultura A Asociación Galega de Viticultura (AGV) en colaboración con Federación Rural Galega (FRUGA) e FORGA abre o prazo de inscripción para o Curso de Poda e Fertilizacion II, que se impartirá no mes de xuño na Sociedade Recreativa e Cultural de S. Miguel de Tabagón ( O Rosal) con unha duración de 30 horas, dividido en dúas partes Viticultura e Producción Ecolóxica que tamén engloba a horta ecoloxica. Polo que se refire á viticultura, tratanse contidos relacionados coas operacións en verde na videira: despuntes, desfollados, manexo de espaldeiras e parrais, vendima en verde e enxerta en verde. Respecto á Produccion Ecolóxica o programa contempla cuestións como Introducción á Producción Ecolóxica, Fertilización Orgánica; Defensa vexetal; Biofertilizantes e preparados vexetais; Rotacións e asociación de plantas; Sementes e planta; Práctica de elaboración de biofertilizantes e preparados vexetais. Tanto a parte dedicada á Viticultura como a de Producción Ecolóxica contemplan ata seis horas de clase práctica no campo. Este curso e o complemento dos anteriores impartidos pola Asociación Galega de Viticultura no O Rosal sobre fertilización, poda e en enxerto de viña. Para máis información ou inscribirse no curso as persoas interesadas poden dirixirse ao teléfono 672 08 55 34.
Conferencia sobre o Reino de Galicia ás nove da noite no Centro Social Polivalente do Rosal Hoxe, venres, ás 21.00 horas o profesor do Instituto María Soliño de Cangas e da Universidade de Vigo ,Anselmo López Carreira, pronunciará unha conferencia sobre o Reino de Galicia no Centro Social Polivalente do Rosal, nun acto organizado polo Colectivo Sociocultural Carballas. A charla ilustrará a historia de Galicia na Idade Media, momento no que o Reino de Galicia foi un referente cultural da península e de toda Europa. Encádrase dentro dun ciclo de conferencias que está a organizar o Colectivo Carballas, e na que xa participou Xosé Henrique Costas, presentando o libro "55 mentiras sobre o galego", e que contará en datas próximas coa intervención do economista Carlos Taibo, para falar do decrecemento económico.
Mércores, 28 de abril de 2010
El Novás precisa el apoyo y las energías de los aficionados para volver a la División de Honor El Novás ha dado un paso importante la pasada fin de semana, pero queda todavía un escalón más para el ascenso a la Divisón de Honor de Balonmano y ahí se hace precisa la energía de la afición para conseguirlo. Es posible que, seis años después, el Novás regrese a la categoría superior y nunca lo ha tenido tan cerca como en esta ocasión para lograrlo, aunque haya estado en tres ocasiones en la fase de ascenso Dice la afición que hay que dejarse la garganta por el equipo y para ello la organización llama a los seguidores del balonmano de la comarca para llenar dos autobuses y jalear al Novás en el encuentro que les dará el pase a la División de Honor. Más información en el teléfono 660 92 86 86.
Sábado, 24 de abril de 2010 Encontro interxeneracional no Parque de Pías coa recuperación de xogos tradicionais A ANPA das Escolas Rurais do Rosal vai celebrar un encontro lúdico no parque de Pías, hoxe, sábado, a partir das catro da tarde. Neste acto organizaranse xogos tradicionais como o pión, a cachiza, a carreta e a corda, por mencionar algúns deles, polo que piden a colaboración da familia para levar aqueles xogos que teñan nas súas casas. O encontro pretende ser tamén unha actividade compartida cos maiores, de modo que invitan aos avós e avoas “para que nos ensinen a xogar”. Hai un convite a compartir a merenda e a disfrutar do parque, no que, ademais dos “xogos de sempre”, tamén haberá talleres de pintura e globoflexia, e calquera outro que xurda por iniciativa dos participantes. En caso de choiva o encontro trasladaríase ao 8 de maio.
Xoves, 22 de abril de 2010 O guardés Miguel Rodríguez Amenedo gaña o concurso de carteis da XVIII Feira do Viño do Rosal A XVIII Feira do Viño do Rosal, que se celebrará os días 16, 17 e 18 de xullo na Praza do Calvario, e que reúne á maioría das adegas pertencentes a subzona do Rosal, xa ten cartel anunciador logo de que o xurado convocado ao efecto elixise para anunciar este evento o cartel presentado polo deseñador guardés Miguel Rodríguez Amenedo. A feira que está consolidada xam recibe anualmente, segundo os datos dos últimos anos, unha media de 30.000 visitas que degustan os viños que se producen nesta comarca, amparados na denomiación de orixe Rías Baixas, pero tamén disfrutan dunha gran variedade de produtos típicos da zona e actividades paralelas que completan a oferta lúdica neses días centrais do mes de xullo.
Martes, 20 de abril de 2010 A Agrupación Musical do Rosal gañou o 1º premio da sección Primeira do Certame Zonal de Bandas de Música Zona Sur A Agrupación Musical do Rosal gañou o pasado sábado o 1º premio da sección Primeira do Certame Zonal de Bandas de Música Zona sur celebrado no Teatro Municipal de Tui. O segundo premio foi para a Banda de Música Xuvenil de Torroso, e o terceiro correspondeu á Agrupación Musical de Vincios. Na sección segunda fíxose co premio a Banda de Música Xuvenil de Xinzo, foi segunda Agrupación Musical de Goián e terceira a Banda de Música Unión de Guláns. Por último na sección terceira o primeiro premio foi para a Banda de Música de Chapela e o segundo para a Banda de Música Municipal de Arbo. O certame que se prolongou durante case seis horas contou con gran afluencia de público, e mentres o xurado deliberou actuou coma agrupación convidada a Omega Brass Ensemble.
Luns 19 de abril de 2010 O sábado, 24 de abril, disputarase o V Gran Premio Deputación de Pontevedra organizado polo Club Ciclista O Rosal O vindeiro sábado 24 de abril, a partires das 17.00 horas, disputarase o V G. P. Deputación, categoría Junior, organizado polo Club Ciclista O Rosal. O percorrido con 86 km, transcorrerá polos concellos do Rosal, A Guarda e Tomiño, tendo a saída e meta na Praza do Calvario. Trala saída, ás cinc oda tarde, continurarase pola Gándara, Goián (17.15), Tomiño (17.29), Alto do Morán(17:45), O Calvario(17.49), Fornelos, Novás, Alto da Portela (18.00), Portecelo, A Guarda (18.12), Camposancos, A Guarda, Praza do Calvario(18.30), Fornelos, Novás, Alto da Portela (18.41), Portecelo, A Guarda (18.54), A Gándara e final na Praza do Calvario (19.10) onde se fará a entrega dos premios. As Metas Voantes estarán situadas en Tomiño, A Guarda e O Calvario (dúas veces) e O Gran Premio da Montaña no Alto do Morán (San Miguel de Tabagón) e no Alto da Portela (entre Marzán e Portecelo dúas veces). Os horarios de paso polos puntos indicados son orientativos. (Ver cartel co percorrido)
Venres, 16 de abril de 2010 La VII Feira do Libro do Rosal se celebrará el domingo, 18 de abril Este domingo 18 de abril, a partir das 10 da mañá, terá lugar no Rosal a VII Feira do Libro. Aínda que nun principio estaba previsto que se celebrase na Praza do Calvario, debido ás posibles inclemencias atmosféricas para ese día optouse porque as distintas librerías do Baixo Miño e Val Miñor participantes estean ubicadas no Salón de Exposicións municipal. Así mesmo ás 5 da tarde comezarán as actividades para os nenos organizadas pola Concellaría de Cultura consistentes nun "contacontos e un obradoiro de sombras chinescas" a cargo de Olga Abad Prieto, dentro do Programa "Letras Vivas" da Xunta de Galicia para fomentar o hábito lector entre os máis pequenos.
Xoves, 15 de abril de 2010 Festas na honra de San Xosé en Novás o 30 de abril e o 1 de maio Novás, xuradía do concello do Rosal, celebrará os días 30 de abril e 1 de maio as festas en honor de San Xosé Obreiro cun programa popular que comezará, o primeiro dos días citados, venres, coa verbena popular amenizada pola orquestra Jerusalén e o grupo Alkar. O sábado, 1 de maio, ás 11.30 horas, acompañada pola banda Agrupación Musical do Rosal, terá lugar a baixada de santo, en procesión, ata a praza onde se celebrará, ás doce do mediodía, a Misa de Campaña na honra de San Xosé cantada pola Coral da Agrupación Musical. Ás 17.30 horas actuará o grupo de pandereteiras Orballo, pertencente á Agrupación Musical do Rosal e, de seguido, subirán ao escenario Roberto, o Grande, e Paco, o Pequeno, co “Show dos Campelos”. Trala subasta dos produtos típicos concluirán estes festexos coa verbena que estará a cargo das orquestras Suavecito e Panamá.
Mércores, 14 de abril de 2010 O Pleno do Rosal acorda controlar o tránsito na pista de 'Pereira' en Pías, a iniciativa do BNG O Pleno Ordinario do concello do Rosal celebrado o pasado 27 de marzo, aprobou a iniciativa do Bloque Nacionalista Galego (BNG), na que solicitana o control do tránsito na pista da parcelaria de 'Pereira' en Pías, polo perigo que supón para os viandantes. Segundo os nacionalistas, o problema iniciouse despois de se ter construído as dúas rotondas de Pías, na estrada Tui-A Guarda, prohibíndose xirar cara a Tui na saída da estrada que vai da Mata a Pías, o que motivou que moitos vehículos optaran por utilizar a pista da parcelaria de “Pereira” para saír en dirección a Tui. O BNG recorda que a referida pista de “Pereira” foi feita para dar servizo ás parcelas da zona con vehículos agrícolas e non para asumir un alto índice de tránsito de turismos, furgonetas e pequenos camións que antes ían pola mencionada estrada A Mata-Pías, e engaden que agora a pista “é moi utilizada polos veciños da zona para pasear, polo que entraña un perigo real de accidentes para os viandantes, pois é moi estreita e sen beiravías”. A proposta que os nacionalistas fixeron no pleno, e que finalmente foi aprobada, instaba ao concello a dirixirse aos organismos competentes ao obxecto de darlle solución aos problemas de tránsito que se están a dar, e que, de xeito transitorio, sexa o concello quen no uso das súas competencias en materia de tránsito no municipio, tome as medidas oportunas para darlle unha solución a esta situación mentres as demais administracións ou organismos adoitan unha solución definitiva.
Luns, 12 de abril de 2010 Distintos actos culturais terán lugar no Rosal do 18 ao 25 de abril O Rosal celebrará o vindeiro día 18 de abril a VII Feira do Libro do Rosal que, como noutras ocasións, irá acompañada de importantes descontos na merca de libros, e tamén se complementará con obradoiros e contacontos para os máis pequenos. Por outra banda os días 23, 24 e 25 o Auditorio Municipal do Rosal acollerá a IV Mostra de Teatro do Miño escolar e afeccionado que vén sendo organizada pola Asociación Cultural Feixó de Araúxo. E o día 24 haberá unha sesión Contacontos no Rincón do Conto da Biblioteca Municipal que comezará ás 12.00 do mediodía.
Sábado, 10 de abril de 2010 Mercadillo de Oportunidades no Rosal A Praza do Calvario no Rosal acolle este domingo o Mercadillo de Oportunidades organizado pola Asociación de Comerciantes do Rosal, ACOR. Amais dos postos do comercio local, pola tarde, de 16.30 a 19.30 horas, terán obradoiros de debuxo e globoflexia para os nenos.
Xoves, 8 de abril de 2010 O Rosal participa na Semana do Audiovisual Galego 2010 O Rosal participa na programación da “Semana do Audiovisual Galego 2010”, dentro do proxecto Cinemas Dixitais que promove a Consellería de Cultura e Turismo e a Axencia Audiovisual Galega en colaboración con AGADIC. Con este motivo o vindeiro sábado 10 de abril ás 19.00 horas, proxectaranse no Auditorio Municipal os films “Stop explotación infantil” e “Mulleres da Raia”.
Beatriz Permuy Martínez participou nunha sesión de contacontos na Biblioteca O pasado 27 de marzo, organizado pola Concellaría de Cultura que dirixe Charo Tabales Perozo, tivo lugar un novo contacontos na Biblioteca Municipal do Rosal a cargo de Beatriz Permuy Martínez, mestra da Escola de Couso. Bea, que é a creadora e coordinadora do blog “Cousas de Peques”, define a súa intervención como “unha macedonia de contos, na que con axuda dos nenos, falouse da Ratiña Fachendosa, da Ratiña Bibliotecaria, do Ratiño Pérez, dos Ratos de Campo e de Cidade, de Brancaneves e os sete ananiños, de Riciños de Ouro e os tres osos, dos Tres Porquiños e do Frautista de Hamelin. Máis o conto estrela foi: “El pez arcoiris”, coa participación dos nenos que tiveron que pasar unhas probas, facer un xogo para coñecer as normas da biblioteca, formar un puzle para saber que conto se ía ler e moitas máis cousas participativas.
Novos fondos de cómics na Biblioteca Municipal do Rosal Desde principios de ano a Biblioteca Municipal do Rosal conta cunha nova e importante colección de cómics de carácter infantil e xuvenil financiada con fondos da Xunta de Galicia que xa está a disposición dos lectores. Entre outros títulos podemos destacar: "La saga de Conan", "Witch", "El lobo solitario y su cachorro", "Monster", "XXX Holic Clamp" ou "Alice. Escuela de Magia".
O Rosal promocionará o Camiño Portugués da Costa organizando unha peregrinación a partir do 8 de maio O Concello do Rosal organizará todos os sábados, dende o 8 de maio ata o 12 de xuño, unha peregrinación por etapas a Santiago de Compostela polo Camiño Portugués da Costa. O custe desta actividade é de 35 euros en concepto de gastos do servizo de autobús. O prazo para inscribirse rematará o 16 de abril. Convocarase a todos os participantes a unha reunión conxunta no Centro Social Polivalente o venres, 23 de abril, ás 20.00 horas. As etapas serán as seguintes: Etapa 1ª: O Rosal-Baiona, o 8 de maio, con saída da Praza do Calvario ás 08.00 horas, e un percorrido de 29 km. 2ª etapa: Baiona-Chapela (Redondela), de 29 km, o 15 de maio, partindo da Praza do Calvario en autobús ata Baiona, ás 7.00 da mañá, para iniciar o percorrido. 3ª etapa: Chapela (Redondela) – Pontevedra, de 27 km, o 22 de maio. Como na anterior, o autobús sairá da Praza do Calvario ata Chapela, ás 7.00 horas.
4ª etapa: Pontevedra – Caldas de Reis, o
29 de maio, cun
perocorrido de 22 km, e saída en autobús ata o punto de
partida, en
Pontevedra,
ás 07.00 horas.
6ª etapa:
Teo-Santiago de Compostela, o 12 de xuño, e un percorrido de 10 km, con saída da
Praza do Calvario ás 07.0 horas
Venres, 2 de abril de 2010 Medio Ambiente inviste 200.000 euros en melloras no saneamento no Rosal A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través de Augas de Galicia, publicará no Diario Oficial de Galicia (DOG) nos vindeiros días as adxudicacións de tres obras hidráulicas na provincia de Pontevedra, unha delas de saneamento no concello do Rosal, máis concretamente no núcleo da Cachada, en cuxas obras investiranse preto de 200.000 euros. As obras consistirán na execución de 2.528 metros de colectores de PVC de diámetro de 315 mm en catro ramais, que discorrerán polo centro de camiños existentes. Por outra parte, o trazado comprende os cruces de tres regatos, dous deles por sendas obras de fábrica e o outro por soterrado baixo o leito, máis o cruce da estrada PO-353 proxectado mediante topo. A adxudicataria, Roymer Obra Civil S.L, conta cun prazo de execución de 4 meses.
Xoves, 1 de abril de 2010 Seminario de motivación emprendedora O venres, 9 de abril, terá lugar as 16.00 horas no Centro Social polivalente do concello do Rosal, un Seminario de motivación emprendedora a cargo de BIC Galicia, cunha duración aproximada de 3 horas. O obxetivo desta sesión é informar aos asistentes sobre a realidade do mundo da empresa, valorizar a figura do empresario e analizar o proceso que media entre a motivación, a xeración dunha idea e a súa conversión en empresa, e dar a coñecer as ferramentas e axudas que teñen á súa disposición os emprendedores galegos. As persoas interesadas en asistir deben inscribirse previamente na Oficina de Desenvolvemento Local do Concello ou no teléfono 986 60 94 50.
Xoves, 25 de marzo de 2010 Concerto en clave galega da Agrupación Musical do Rosal A Agrupación Musical do Rosal levará a cabo nos vindeiros días dous concertos baixo o nome de "Sons Galegos", nos que só se interpretarán obras de temática galega e durante os cales se estrearán dúas obras con temáticas que nos son próximas. O primeiro dos concertos terá lugar o vindeiro 28 de marzo, ás 18.30 horas no Auditorio do Rosal, e o segundo o mércores, 31 de marzo, ás 20.30 horas no Teatro-Sala de Concertos do Centro Cultural Caixanova (Teatro García Barbón) en Vigo. As persoas interesadas en asistir a éste último concerto poden reservar a entrada (gratuíta) na oficina da Agrupación, no Auditorio do Rosal ou chamando aos teléfonos 986.62.63.11 ou 609.866.792. Para os interesados que deseen acudir en autobús dende O Rosal (opcional) teñen que anotarse tamén na oficina. O prezo da viaxe é de sete euros.
Mércores, 24 de marzo de 2010 Circuíto de Cinemas Dixitais no Rosal do 5 ao 11 de abril O concello do Rosal está incluído no circuíto de Cinemas Dixitais que se desenvolverá do 5 ao 11 de abril, e que ten por obxecto coñecer as obras que aspiran aos premios nas diferentes categorías que a Academia Galega do Audiovisual concede anualmente aos profesionais do audiovisual galego. Cada unha das sesións contará cunha longametraxe, documental ou capítulo dunha serie de televisión, que irá precedida doutra produción máis curta que ben pode ser unha curtametraxe ou peza de publicidade. Os día 5, 6, 7, 8 e 9 proxectarase na Sala de Exposicións do concello ás 19.00 horas, e os días 10 e 11 será no Auditorio Municipal á mesma hora.
A banda de música Agrupación Musical do Rosal ofrecerá dous concertos nos primeiros días desta primavera do 2010 A Agrupación Musical do Rosal ofrecerá, o 28 de marzo ás 18.30 horas, no Auditorio Municipal, o primeiro dos concertos dos “Sons Galegos”, e o segundo desta primavera será nun dos mellores espazos escénicos da nosa comunidade, o Teatro Sala de Concertos do Centro Cultural Caixanova de Vigo, o mércores 31 de marzo ás 20.30 horas. “Sons Galegos” é o título destes concertos nos que soamente se interpretarán obras de temática galega, dando satisfacción así á demanda de moitos dos afeccioados á música de banda e tratando de non esquecer, din desde o colectivo musical, as nosas raíces culturais e musicais. O programa destes concertos é variado, abarcando diferentes estilos: obras, pasodobres e muiñeiras; así como a estrea absoluta de dúas obras: “Mirabel”, que alude a esta froita que se cultiva na comarca do Rosal, peza creada polo compositor Josep Vicent Egea por encargo da “Fundación O Rosal”. Outra das obras que se interpretarán é “O Monte Trega”, cuxa autoría corresponde ao compositor galego, Juan Lois Diéguez. Esta peza musical está baseada nas paisaxes, lendas e tradicións que rodean o fermoso Monte Trega do veciño concello da Guarda. Ademais das mencionada, interpretaranse as seguintes obras: “A Lenda de Montelongo” de Bernardo del Río, con arranxos de José Luis Represas Carrera, para gaita e banda, para o cal a Agrupación Musical do Rosal contará coa participación do gaiteiro Xaquín Xesteira (compoñente de Treixadura); “Pontus Veteris”, de Angel A. Montes Abalde; os pasodobres “Música Mestres” e “Muiñeira dos Pendellos”, ambos de Juan Lois Diéguez, e a “Muiñeira do Rosal” composta polo director da Agrupación Musical do Rosal, Diego Javier Lorente López. | ||||||||||||||||||||
|
|