|
Serafín Martínez tralo debut na Volta Ciclista a España espera en dous ou tres anos correr o Tour de Francia
Nado en 1984, ten polo tanto 23 anos e un futuro prometedor, do que xa deu un adianto o día 1 de setembro en Vigo e mantivo durante nove xornadas lucindo o maillot de escalador. 15 días entre os grandes tamén forman parte da historia deste xove ciclista que se iniciou, como non podía ser doutro xeito vivindo onde vive, no Club Ciclista do Rosal
¿Como reordas os teus comezos no cilcismo? Hai catoce ou dexazaseis anos que comecei aquí, no Rosal, con moita ilusión e naqueles anos dos éxitos de Indurain nos que enganchaou moito o ciclismo. Pero naquela idade era, tamén, disfrutar moito da bicicleta, que eso é o mellor nos comezos: centrarse nos estudos e disfrutar das dúas rodas.
¿Sempre foi o cilismo o teu deporte? Non, non. Eu era futbolista; o fútbol era a miña afeccion. Depois, e cunha lesión que tivera na perna esquerda, decidinme pola bicicleta.
¿Algunha vez te viches disputando a Volta Ciclista a España? Non. É dicir, soñar, si que soñas, pero pensar nunca. Eu era consciente, hai un par de anos de que con 23 anos correría a Volta a España, era unha utopía para min; ese soño imposible.
¿E foi tamén un soño feito realidade esas nove etapas de líder da Montaña? Si, si, si. Un soño. O día antes de comezar a carreira soñara que o meu obxectivo era estar o primeiro día de líder da Montaña, sobre todo en Galicia, en Vigo, cos amigos, coa familia, eu creo que o obxectivo principal meu, e de todo o equipo. E estiven aí quince días nunha nube. Cando regresei e vin todo o berenjenal que montaron aquí... tampouco lle dera tanta importancia como a que tiña, pero vendo toda a xente, o seu apoio, as felicitación por todos os lados, tomas maior consciencia do que pasou..
Cando sigue de primeiro un día, e o seguinte e tamen o outro, ata nove veces, ¿que che vén á mente? Sinceiramente eu vivía o día a día; non pensaba na última semana nin na segunda... Ía día a día, estudando ben a etapa do día seguinte cun obxectivo, intentar manter un día máis o liderato da Montaña; sabía que era imposible gañar a Volta a España, entón o obctivo foi deixarse ver o máximo posible nas escapadas, intentar pasar os Portos de Montaña en primeiro lugar: ese era o obxectivo de cada día, e funno conseguindo ata que me deixaron; é dicir, ata que o corpo me dixo: “Vaite para casa”. Intenteino, conseguinno e moi contento.
¿Podes predicir o teu futuro inmediato? Predicilo é difícil; pódoche dicir o que soñaría: despois do feito este ano a miña mentalidade vai cambiar totalmente. É o meu primeiro ano como profesional, os primeiros meses ía con medo as carreiras porque, home, a xente do ciclismo que estás acostumado a velos na tele telos ao teu carón... A vida agora cámbiame totalmente, nos obxectivos teño que ser máis ambicioso e, de cara ao ano que vén, en vez de ir ás carreiras a aprender teño que ir xa vuscando obxectivos moito máis claros, buscando unha clasificación xeral e buscando os postos. O meu obxectivo agora mesmo e estar, en dous ou tres anos, correndo o Tour de Francia. O ano que vén espero estar outra vez na Volta a España, non creo que haxa moito problema.
Agora mesmo, ¿cal é o primeiro nome que se che ocorre? Meus pais, seguro. Se non fose por eles agora non sería ciclista. Apoiáronme sempre en todo, non só no deporte, nos estudos... Todo o que poiden facer na vida, contei sempre co seu apoio. Se non fose por eles, eu hoxe non sería ciclista, segurísimo; se teño unha carreira universitaria foi grazas a eles. Canto son na vida, sonno grazas aos meus pais. Setembro, 2007 |
|
|