|
Sábado, 4 de febreiro de 2012 O vindeiro venres, 10 de febreiro, será asinado o protocolo de creación da Eurocidade
A sinatura deste protocolo culmina ao proceso iniciado coa aprobación por parte do Pleno da Assembleia Municipal valenciana e da Corporación Municipal tudense deste acordo de cooperación entre ambos municipios que buscan así promover as sinerxías mutuas e potenciar a colaboración en múltiples materias en beneficio dos cidadáns de ambos municipios. Xa ao longo dos últimos meses Tui e Valença teñen colaborado en numerosas iniciativas de carácter conxunto. Dende a recente participación na Feira Internacional de Turismo (Fitur) en Madrid ou anteriormente na Expogalaecia, á diversas competicións deportivas, actividades culturais como a Cabalgata de Reis, actuacións de caracter medioambiental como a plantación do bosque da Eurocidade, etc.. son algunhas das actividades xa desenvolvidas ao abeiro desta colaboración. Como símbolo provisorio desta Eurocidade os responsables de ambos municipios teñen elixido o anagrama gañador no pasado ano das conmemoracións do 125 aniversario da inauguración da Ponte Internacional. Este logotipo moderno pero representativo desta ponte metálica que simboliza a unión de ambas cidades e as súas xentes foi adaptado polo seu autor Miguel Amenedo para esta nova función de representar á Eurocidade.
7.720 peregrinos comezaron a súa peregrinación a Compostela en Tui no pasado ano 2011
Tamén os datos do Albergue de peregrinos da S. A. de Xestión do Plan Xacobeo na nosa cidade son significativos: no pasado ano 2011 foron acollidos nestas instalacións un total de 5.434 peregrinos case 1500 máis no ano anterior en que se celebraba o Ano Santo, onde o número de peregrinos que pernoctaron neste albergue tudense fora de 3.991. Esta posición central da nosa cidade nos camiños portugueses de peregrinación ven confirmada pola historia e pola tradición secular de acollida aos peregrinos que posúe esta cidade que chegou a contar, nos últimos séculos da Idade Media, ata con tres hospitais para a acollida dos peregrinos no seu percorrido ao sartego apostólico. Tamén no pasado ano 2011 esta condición xacobea da nosa cidade posibilitou un auténtico crisol de nacionalidades que achegáronse onda Tui; salientaron especialmente os peregrinos de Irlanda que medraron substancialmente respecto doutros anos xunto aos alemáns, franceses, portugueses, italianos, holandeses, eslovenos, lituanos, ingleses, etc. Resalta tamén a significativa presenza de peregrinos de Sudáfrica, Corea ou Xapón, en número crecente. Entre as Comunidades Autónomas salientan os peregrinos procedentes das Ilas Baleares, Canarias, Murcia, Andalucía, Estremadura, Valencia, Cataluña e tamén de Galicia. Para a concelleira de Turismo, Raquel Lorenzo Pimentel, estes datos certifican, nunha nova oportunidade, a importancia que posúe o camiño portugués que discorre pola nosa cidade que é escollido pola práctica totalidade dos peregrinos que se achegan dende Portugal ata Compostela. O Concello de Tui mantén a súa preocupación pola acollida dos peregrinos mantendo aberto o centro de interpretación do camiño portugués e o albergue temporal do Concello para os momentos no que o albergue oficial está completo, ao tempo que mantén coidado o itinerario xacobeo realizando un mantemento continuo deste roteiro e mesmo mantendo operativo o perfil de facebook “Tui camino de Santiago” para difusión desta ruta xacobea e resolver as consultas que os peregrinos ou interesados neste fenómeno prantexan a través desta rede social. Lorenzo Pimentel conclúe que estas cifras avalan vitalidade do fenómeno da peregrinación xacobea e especialmente da camiño portugués que a través da Eurocidade Tui – Valença é un lugar central e privilexiado deste itinerario e que é escollido pola inmensa maioría das peregrinos polo seu trazado, pola súa historia e tradición e pola oferta patrimonial e turística de caracter complementario que existen neste trazado.
O Mago Dubisoso non será candidata aos Goya A Xunta Directiva da Academia de Cine, reunida o pasado mércores, declarou non elixible aos Premios Goya a película de animación “O mago Dubidoso” de Roque Cameselle por incumprimento das bases de participación. A decisión, segundo o feito público pola propia Academia, é inapelable amparándose no artigo 47 das bases desta edición dos premios. Roque Cameselle indicaba, en declaracións á Radio Municipal de Tui, que este foi un varapau difícil de encaixar. Aínda que lles cabe presentar recurso no xulgado aínda non tomaron unha decisión ao respecto. Por outra parte explicaba que a Academia lles indicara que había un erro nos títulos de crédito, que Roque Cameselle din que arranxaron no momento, pero lles indicaron que o fixeran xa fóra da prazo. No parecer de Roque Cameselle había un certo interese en que “O Mago Dubidoso” non estivese entre as candidatas.
O PSOE insta ao Concello a facer cumprir a legalidade no casco histórico O grupo Municipal Socialista de Tui insta ao Concello a que se limite a cumprir coa legalidade en todo o referente ao casco histórico, non so de palabra senón con feitos, naqueles aspectos que afecten á conservación do patrimonio histórico da cidade. Os socialistas fan esta solicitude logo de ter coñecemento da problemática existente cunha vivenda na rúa Pracer pola que o alcalde vén de pagar unha multa por non ordenar o derribo dunha obra acometida na mesma. Dende o PSOE remóntanse aos antecedentes deste caso indicando que a Comisión de Goberno outorga a esta vivenda licenza de legalización dunha obra executada no ano 2000, pero posteriormente hai unha sentenza firme dun contencioso administrativo do TSXG, no 2005, sendo desestimados os recursos de apelación interpostos contra a mesma polos propietarios da vivenda. Sinalan amais que en outubro e novembro de 2011 hai sendas resolucións da alcaldía solicitando a execución da sentenza, ordenando a reposición da altura orixinal, e proxecto de demolición, e se advirte da imposición de sancións de non cumprirse co estipulado. Os socialistas non están dispostos a que o Concello afronte coas súas arcas futuras sancións que poidan producirse por neglixencia neste tema. E por outra parte lembran que defenden a necesidade dunha oficina do ARI con capacidade para impulsar medidas que favorezan a rehabilitación das vivendas na súa área de influencia, axilizando os trámites administrativos referentes a as licenzas e ás subvencións, actuando tamén, como salvagarda do patrimonio, mediante as inspecciones técnicas pertinentes, para que estas obras se axusten sempre á legalidade.
Venres, 3 de febreiro de 2012 O presidente de Portos de Galicia visitou Tui
O presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, mantivo na mañá do mércores,1 de febreiro, unha xuntanza na cidade de Tui para tratar diversos asuntos relacionados co seu organismo. Acompañado do alcalde de Tui e outros membros do equipo de goberno mantivo reunión cun representante da empresa que está actualmente realizado as obras de mantemento da Ponte Internacional que, acompañado do vereador da Cámara Municipal de Valença José Lopes, solicitáronlle o uso das instalacións de Portos de Galicia en Goián para a montaxe dunhas pezas, tipo abrazadeira, destinadas os piares da vella ponte metálica e dende alí serían trasladadas ata a ponte de Pelayo Mancebo Agreda. José Juan Durán Hermida amosou a súa vontade de colaborar neste tema no que tamén cómpre contar coa aprobación de Costas do Estado que posúe tamén competencias neste tema. O presidente Portos de Galicia mantivo tamén unha xuntanza con representantes do Club Náutico “San Telmo” en relación ao novo canón establecido polo uso do porto deportivo tudense e que está causando diversos problemas cos usuarios desas instalacións. José Juan Durán manifestou que estas taxas foron establecidas con carácter xeral e que están estudando unha posible modificación das mesmas para facilitar o uso destas instalacións portuarias. Abordaron tamén outros aspectos relacionados con este porto deportivo de Tui coincidindo todos na necesidade da súa potenciación como un grande atractivo para o turismo da nosa cidade e como un dos elementos básicos para o aproveitamento do río Miño como un espazo privilexiado para o lecer e a práctica deportiva. Finalmente coincidiron en elaborar un programa para a potenciación do local que ocupa actualmente o Club Náutico como un espazo público ao servizo da valorización do río Miño e o seu aproveitamento turístico. O alcalde de Tui agradeceulle a José Juan Durán Hermida a súa presenza na cidade para tratar estes dous asuntos de gran interese para a nosa cidade e a súa vontade de colaborar intensamente co Concello de Tui e os colectivos da nosa cidade na promoción do seu porto deportivo e o aproveitamento turístico e deportivo do río Miño. Moisés Rodríguez aproveitou para convidar ao Presidente de Portos de Galicia para que realice unha visita institucional a Tui.
Play-Doc sortea a crise cunha edición “histórica”
Play-Doc foi presentado esta mañá polo alcalde, Moisés Rodríguez, a concelleira de Cultura, Vanesa Rodríguez, e os directores do festival Sara García e Ángel Sánchez. Esta cita co documental non permanece allea á situación económica, e poder levar adiante a oitava edición supuxo un novo esforzo por parte dos organizadores, para poder manter o festival no circuíto internacional, pese a todo Sara García destacaba que “a edición deste ano vai ser histórica, ao cristalizar todos os esforzos realizados até o de agora”. Tamén recoñecía a co-directora do Festival tudense que para chegar a esta oitava edición tiveron que facer fronte a problemas de visibilidade e de presuposto, que supoñen facer o festival desta dimensión nunha localidade pequena, polo que dicía que “están moi contentos de poder anunciar esta oitava edición”. Na presentación desta mañá Sara García e Ángel Sánchez recordaban que “este é un festival feito dende a periferia artística e xeográfica que defende unha proposta cultural alonxada do comercial”, abondando que “ofrece o cine esencial ao que é difícil acceder fóra dos festivais”. Ángel Sánchez indicaba que “esta é unha aposta na que cremos e que seguiremos defendendo”. Nese senso referíase á parte económica do festival explicando que a día de hoxe, a mes e medio do comezo, falta por pechar o 20% da programación, para o que agardan que se materialice o apoio por parte da Xunta de Galicia. Os próximos días, dicía Ángel Sánchez, serán decisivos para o festival nunha edición na que o orzamento será inferior ao de 2011. Pese a iso afirmaba que “a programación deste ano vainos posicionar nun lugar privilexiado”. O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, afirmaba que “Play-Doc é moi visible tanto en Galicia como en España e no mundo” e facía referencia ao efecto “multiplicador” do festival nun lugar pequeno como Tui. Apuntaba que “o Concello aposta por Play-Doc e a Xunta vai seguir apostando por el” porque “nos tempos complicados so os bos resisten”.Concluía indicando que “Play-Doc é a xoia da cultura de Tui”. Pola súa parte a concelleira de Cultura, Vanesa Rodríguez, agradecía o esforzo feito por Sara García e Ángel Sánchez, así como polo grupo de colaboradores de Play-Doc, desexando que esta nova edición volva ser un éxito e que o festival siga sendo todo un referente no sector. Nesta edición na sección a competición haberá unha coidada selección das películas máis representativas do ano, na que o audiovisual galego volverá ocupar un lugar destacado. Optarán a cinco mil euros en premios. A música será outro dos pratos fortes de Play-Doc cun cartel de concertos a cargo dos protagonistas das películas presentadas na sección de documentais de música. Neste ámbito avanzaban que esperan sorprender cunha banda internacional. Tamén un ano máis traerán a figuras claves do cine documental dentro das retrospectivas. Seguirase tamén a aposta pola formación coa cuarta edición do proxecto “O Retrato Filmado” e con “Doc in progress”.
Chévere presenta esta noite “Citizen 1”, será ás 21.30h no Teatro Municipal Ás nove e media desta noite o grupo de teatro Chévere vai ser o encargado de inaugurar a nova temporada de espectáculos no Teatro Municipal de Tui. Vai por en escena a primeira parte dun proxecto de investigación teatral. Este primeiro espectáculo denomínase “Citizen 1” e está baseado no clásico de Orson Welles “Ciudadano Kane”. Ten unha duración de 75 minutos. A obra está dirixida por Xesús Ron, e interpretada por Manuel Cortés e Patricia Lorenzo. As entradas pódense mercar ata a unha deste mediodía na web www.culturatui.info ou esta tarde, dende ás oito, no despacho de billetes. O prezos son 5€, e 3€ se se ten dereito a algún dos descontos establecidos.
Xoves, 2 de febreiro de 2012 O grupo de teatro Chévere presenta “Citizen I (Maioría Silenciosa) Este venres, ás 21.30h, o grupo de teatro Chévere presenta no Teatro Municipal de Tui “Citizen I (Maioría silenciosa). Con esta representación comeza a programación cultural do primeiro semestre do ano neste espazo escénico. “Citizen 1” é a primeira parte dun proxecto de investigación teatral no que a compañía santiaguesa pon en práctica novos procesos de traballo e produción, combinando unha aposta la investigación teatral coa necesidade de obter uns resultados cara ao público. O proxecto está formado por tres partes, sendo cada unha consecuencia e continuación da anterior, e ao final a súa suma conforma un novo espectáculo. Esta primeira parte está baseada no clásico de Orson Welles “Ciudadano Kane”, e conta a historia dun empresario galego do téxtil que se converte nunha das persoas máis ricas do mundo. Deste xeito “Citizen 1” nos sitúa no momento iniciático de toda gran aventura. Pero tamén, ao longo dos 75 minutos que dura, nos achega á historia da transición española. A obra está dirixida por Xesús Ron e interpretada por Patricia Lorenzo e Manuel Cortés. Chévere tense convertido nos seus vinte e cinco anos de existencia, nunha das compañías galegas máis dinámicas e populares, sempre co humor como filosofía e a risa como expresión. Dende 1992 xestiona e dirixe a Nave de Servizos Artísticos-NASA en Santiago de Compostela. As entradas para este espectáculo están xa á venda, ata o venres ás 13h, na web www.culturatui.info, ou o venres dende ás 20h no despacho de billetes ao prezo de 5€ e 3€.
Mércores, 1 de febreiro de 2012 O Kaiak Tudense quinto na regata de Pas de Calais en Francia
O Club Kaiak Tudense logrou a quinta posición na regata Internacional de Pas de Calais, ao norte de Francia, esta fin de semana. Por diante dos de Tui situouse en primeira posición o equipo anfitrión, o Saint Lauarent, a segunda posición ocupouna o equipo nacional de Bielorrusia, a terceira posición foi para os tamén franceses do Bolougne Sur Mer, sendo cuarto, o equipo nacional de Gran Bretaña. Os de Tui completaron unha boa competición, xa que con tan só dezasete padeeiros, eran sen dúbida o equipo menos numeroso dos que estiveron na cabeza, mesmo se unha das súas padeeiras, Valeria Romeu, non sufrise un envorco na final que disputaba, ocuparían a cuarta posición por diante dos ingleses. No plano individual os mais destacados foron, Jose Luís Bouza que ocupou a terceira posición na proba de 2000 metros por detrás dos locais Thomas Simart e Mathieu Beugnet que foron primeiro e segundo respectivamente. Xa no 200 a primeira posición ocupouna novamente Thomas Simart, ocupando Bouza a segunda posición, seguido polo francés Matthieu Goubel. Boa tamén, foi a actuación da padeeira Junior do Kaiak Tudense Andrea Porteiro que se clasificou en terceira posición no 2000 e segunda nos 200 metros. Roi Rodríguez ocupou a sexta posición en 2000 metros e a quinta en 200 metros, e o veterano Miguel González foi cuarto nos 2000 metros e segundo na competición de 200 metros. Sen dúbida, as baixas temperatura foron o gran inimigo dos tudenses , xa que chegaron a competir por baixo de 0º, o que fixo que padeeiros como, Ana Varela, Óscar Carrera, Roberto Rodríguez, Daniel Costa , Pedro Carrera, Carla Cerqueira e Rubén Méndez, todos eles en finais, non puidesen ocupar unha mellor posición, ao non estar afeitos a tan baixas temperaturas. Con este bo resultado o Kaiak Tudense encara un mes de febreiro onde dará comezo a competición autonómica o sábado 25 co Campionato galego de 5000 metros.
O Penedo logrou dous ouros e dúas pratas na Taça Ibérica de Slalom O Club Piragüismo Penedo conseguiu dous ouros e dúas pratas na Taça Ibérica de Slalom 2012 celebrada na río Coura, en Covas-Vila Nova de Cerveira. A proba, valedoira para o Campionato Portugués e para a Copa Galega de Slalom foi gañada por Aguas Bravas Club de Amarante. Por parte dos padeeiros do Penedo destaca a actuación de Luís Fernández, cadete de primeiro ano, en C-1, que, sendo ouro, quedou 7º na clasificación absoluta sobre 23 competidores cunha puntuación na final de 102,46 puntos. O outro ouro foi para Daniel Suárez-Chairos Galán en C-1 xuvenil, 8º na clasificación absoluta cunha puntuación de 110,76 puntos. Marcos Fortes, senior sub-21, foi prata en C-1 Senior, con 93,46 puntos superado unicamente polo mundialista portugués José quen está en plena preparación para clasificarse para as olimpíadas de Londres. O cadete José-Antonio Núñez Domínguez, foi prata en C-1 Cadete, e 9º na clasificación absoluta con 121,86 puntos. A proba era valedoira para a competición galega, situándose nesa clasifiación o Penedo en segundo lugar despois do Club Deportivo Miño-Teixugos de Goián que logrou 3 ouros, 1 praza e 2 bronces.
O concelleiro de Deporte traballa nun amplo e ambicioso calendario de probas deportivas, moitas xunto con Valença do Minho Vinculado ao mundo do deporte dende hai moitos anos, sendo xogador e directivo do CB Tui, Nicolás Lorenzo Montes é dende hai sete meses o concelleiro de Deportes de Tui. Unha cargo que explicaba no programa “Escoita deporte” asume con honra, máis aínda con deportes e deportistas que están acadando éxitos a nivel tanto nacional coma internacional. Nestes sete meses do que máis orgulloso se sinte é de ter recuperado a “festa” do Descenso do Miño, e que se volvese a vivir o ano pasado tal e coma cando el era neno. A parte máis negativa destes meses son as decisións que toma para mellorar cousas e que supoñen un cambio polo que moitas veces non son comprendidas. Tras traballar os primeiros meses no cargo cuns orzamentos herdados da anterior corporación, traballa xa perfilando o que van ser os seus propios orzamentos deportivos para este ano 2012. Nos mesmos seguirán apostando polo Descenso do Miño para que sexa a gran festa do verán en Tui. Unha novidade será o establecemento de becas-premio para os deportistas de alto nivel, e amais contemplan unha partida para as pistas de skate ou para arranxar pistas deportivas ao aire libre coma as do Penedo. Nestas contas municipais figurará tamén un amplo e ambicioso calendario deportivo que será presentado en breve, pero do que Nicolás Lorenzo avanza en Escoita Deporte as liñas mestras. No calendario deportivo establecido apostan firmemente por organizar probas conxuntamente con Valença do Miño, coas que se diferenciarán doutros municipios, promocionarán a Eurocidade, e amais optimizarán recursos. A primeira proba prevista será o 24 de marzo o torneo Eurocidade de Fútbol Base no que competirán equipos de Tui, de Valença e posiblemente da cidade alemá de Versmold, cunha importante comunidade de tudenses, coa posibilidade de que estes nenos se aloxen na casa dos nenos do equipo base do Tyde. O 27 de maio disputarase a Eurocidade BTT, con saída e chegada a Valença e subida ao Parque Natural do Monte Aloia, a proposta do Club Biciosos. Xa o 17 de xuño celebrarase a I Eurocidade 10, unha proba cronometrada de atletismo cun percorrido de 10 quilómetros entre Tui e Valença, con saída e chegada no Paseo da Corredoira de Tui. No mesmo colaborará o Club Atletismo Tui, e estiman poder reunir a máis de 500 atletas. En xullo, nunha data que se fixará en función das mareas, celebrarase a II Travesía a Nado Ponte Internacional, na que poderán participar entre 150 e 200 persoas. Tamén haberá unha liga de fútbol sala cunha trintena de equipos de Tui e Valença. Outra das apostas destacadas será un calendario de Andainas que se celebrarán o último domingo de mes en Tui e o segundo sábado de mes en Valença. Todas recolleranse nun calendario, e contarán cun guía. En Tui sinalizaranse e promoverán o coñecemento das parroquias. Hai amais dúas probas destacadas pendentes de pechar. Por unha parte está o Big Raid 2012, unha proba de bicicleta de montaña que reunirá a preto de 200 deportistas nun percorrido polo Monte Aloia e o Conxunto Histórico. Serán tres as probas destas características a nivel nacional, unha en Cercedilla en Madrid, en Manzaneda e en Tui, co que Tui nunha fin de semana podería converterse na Capital da Bici de Montaña. A outra aposta destacada é albergar en Tui, o 18 de agosto, o Campionato de España de Maratón de Piragüismo polo que tamén puxa Banyoles. A decisión será da Federación Española de Piragüismo. De logralo Tui sería a capital da piragua en agosto xa que na fin de semana previa tería lugar o Descenso do Miño e a Copa Presidente. De poder acoller Tui o Campionato de España de Maratón, dicía Nicolás Lorenzo, sería unha homenaxe aos padeeiros Manu Garrido e Iván Alonso, Campión e quinto do mundo en C1 e K1 respectivamente, e que aquí buscarían a praza para o Mundial de Roma. Por outra parte entre os proxectos que baralla o concelleiro de Deportes está a recuperación da gala do deporte para honrar aos deportistas, e tamén para entregar as becas-premio, unha cita que incluirá a olimpíada do deporte base con todos os clubs na rúa. En canto estean pechadas todas as actividades farán a presentación do calendario anual. Por último Nicolás Lorenzo Montes explicaba que o seu gran soño para estes catro anos como concelleiro de Deportes é lograr que o Centro Interfederado sexa centro de alto rendemento especializado en remo e piragüismo. Por iso están traballando no dossier para presentar á Secretaría Xeral de Deportes. Mentres están pechando convenios con distintas selección para o uso tamén destas instalacións.
O xoves presentarase a oitava edición de Play-Doc 2012 O xoves, 2 de febreiro, ás 11.30h, na Sala de Concelleiros do Concello de Tui será presentada a oitava edición de Play-Doc, o Festival Internacional de Documentais de Tui, que se vai celebrar do 21 ao 25 de marzo. Comparecerán ante os medios de comunicación o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, a concelleira de Cultura, Vanesa Rodríguez, xunto aos directores de Play-Doc, Sara García e Ángel Sánchez.
Martes, 31de xaneiro de 2012 Hoxe tres películas de animación no Cineforum Infantil Hoxe ás seis da tarde, con entrada gratuita, proxectaranse tres novas películas de animación no Cineforum infantil no antigo convento de Santo Domingo. As películas de animación que se poderán ver son “Chocolata”, “Rato Tom e rata Tomasa” e “Sal e azucre”. Son tres estreas da produtora OQO. O Cineforum infantil é unha iniciativa do CRA Mestra Clara Torres. Resultados para os clubs tudenses de remo no Campionato de España
Por unha parte Marta Cochón, do Club Remo do Miño, fíxose co subcampionato de España en senior feminino. Marta Cochón tamén se fixo coa medalla de Ouro na Regata Internacional de Madrid en Catro Scull xunto a Anna Yuchenco, Lucía Saborido, e Uxía Saborido. Mentres o xuvenil Xian Xiaba Búa, foi cuarto a 3 segundos da medalla de Ouro, Na Regata Internacional o catro scull de Xian Xiaba, Alejandro Martínez, Iván Madernas e o cadete Roberto López logru un meritorio cuarto posto. Na categoría de CATRO SCULL Absoluto, o bote do remo do Miño foi descualificado, xa que o bote do Club Remo do Miño entrou en meta deixando a boia a estribor no canto de babor, de non ser así estarían a tres segundos da medalla de Ouro e deixando a seis segundos aos terceiros clasificados. A segunda tripulación do Club Remo do Miño de CATRO SCULL categoría absoluta, formada por: Miguel Martínez, Isaac Prada, Javier Pérez, e Andre Diz, conseguiu a sexta posición de trece tripulacións, o que se considera un bo resultado para estes novos remeiros. Por outra parte Nuria Domínguez do Club Remo Tui foi medalla de ouro no Campionato de España de Remoergómetro, e prata en 4 Scull e Esmeralda Santos Maceira foi bronce no Campionato de Remoergómetro e prata en 4 scull. A embarcación de 4 scull amais de por Nuria e Esmeralda estivo integrada taménpor Eva Val del Río e Yennifer das Dores. Bo Campionato de España de Remoergómetro os remeiros do Remo Tui Jesús González, Sergio Pérez e Diego da Dores, quedaron a moi pouco tempo de lograr a medalla. Xa en 4 scull a embarcación de Jesús González, Sergio Pérez, José Ignacio e Alfonso José Riveiro foron prata en 4 scull. Por último o xuvenil Diego das Dores foi 8º en remoergómetro Cómpre destacar que a partir deste venres día 4 Nuria Domínguez, Jesús González e Sergio Pérez vanse incorporar á selección Española para buscar a clasificación para os Xogos Olímpicos de Londres. Tamén o xuvenil Diego das Dores está pendente da súa primeira concentración nacional.
A concelleira de Cultura de Tui destaca o mantemento do listón de calidade na programación pese a baixar un 20% o orzamento Do 7 ao 16 de abril celebraranse en Tui as Festas patronais de San Telmo que este ano serán organizadas por unha pequena comisión de festas coa colaboración do Concello. Así o avanzaba hoxe a concelleira de Cultura, Vanesa Rodríguez, quen indicaba que é preciso que as festas cambien e teñan un aliciente novo. Apuntaba que ela ten xa algunhas ideas para facer unha programación máis dinámica. Tamén quere volver encher de actividade o domingo de San Telmo, para que de novo as rúas estean cheas de xente. Previamente o 21 e o 26 de febreiro celebrase o desfile de Entroido e o enterro do Bacallau. A principal novidade, segundo Vanesa Rodríguez, é que se reduce o importe dos primeiros premios, pero aumenta o número de premios. Sinalaba que o Entroido en Tui é un referente na comarca, e apostan por seguir mantendo o desfile do martes de Entroido coma unha festa. Xa con respecto á Feira de Artesanía aposta a concelleira no futuro por devolver á feira ás distintas prazas do conxunto histórico. Sobre a Feira do Libro apuntaba que é unha cita con gran acollida que este ano presentará non só librarías tudenses senón tamén de Valença. Play-Doc é outra das actividades destacadas na Axenda cultural Corredoira. Sobre a programación cultural no Teatro Municipal indicaba que dende hai anos se mantén o listón moi alto. Para elaborar cada programación teñen que artellar espectáculos de calidade con menor orzamento, coma é o caso deste ano cun descenso dun 20%. Precisamente a programación arranca este venres ás 21.30h da man do grupo Chévere coa obra “Citizen I” que é a primeira parte dun proxecto de investigación, e conta a historia dun empresario galego do téxtil que se converte nun dos máis ricos do mundo. Pero a oferta ata maio é variada e para todos os públicos. Por último xa con respecto ao cargo de concelleira de Cultura que desempeña dende o pasado mes de xuño, indicaba que primeiro está aprendendo cómo se fan as cousas e cómo funciona todo. Logo será momento de introducir cambios para mellorar.
Corte de auga o mércores en Rebordáns e Ribadelouro O servizo de augas do Concello de Tui informa que este mércores, 1 de febreiro, vaise realizar un corte de auga nas parroquias de Rebordáns e Ribadelouro. Afectará a todos os veciños destas dúas parroquias que teñen traída municipal dende as nove da mañá e ata que se repare unha avaría na rede de abastecemento.
Sábado, 28 de xaneiro de 2012 Novas actividades da aula da Uned de Tui A Aula da Uned de Tui continúa nestes primeiros meses de 2012 ofertando unha serie de actividades de extensión universitaria dirixidas a diversos segmentos sociais de Tui e a súa bisbarra que complementa a súa oferta de educación universitaria co curso de acceso á Universidade para maiores de 25 e 45 anos. En concreto, a Uned Senior promove para os vindeiros meses as seguintes actividades dirixidas ás persoas de máis de 50 anos de idade que, independentemente da súa formación académica, estean interesadas en enriquecer os seus coñecementos. En concreto, para este segundo cuadrimestre está aberta a matrícula, por importe de 50 euros, para os cursos de 30 horas de duración “Inglés II”, impartido pola profesora Blanca Hermida Velasco, e “Como mejorar su comunicación oral y escrita”, a cargo da profesora Beatriz Rodríguez Quintela. Igualmente continúa aberta a matricula para os cursos de extensión universitaria a impartir nos vindeiros meses. Trátase de “Inglés para fines específicos: inglés turístico”: que se impartirá o 17 e o 28 de febreiro por José María Prieto Orallo, sendo un curso teórico-práctico, e os alumnos poderán practicar e interactuar co profesor-titor. O segundo día afianzarán os coñecementos adquiridos, resolverán dúbidas e realizarán unha serie de exercicios para colgalos na plataforma AVIP, que servirá como medio de comunicación entre os alumnos e o profesor-titor. O outro curso é “Coñecer e dominar a memoria: como lembralo todo”, que se impartirá en marzo, o mércores, día 7 e o venres, día 9, a cargo de Ángeles Amor García. O primeiro día abordarase a “Memoria sensorial, a corto e a longo prazo. Memoria implícita e explícita. Problemas de memoria”, e o segundo “Estratexias de memoria: sistemas e regras mnemotécnicas”. O prezo de cada un destes cursos é de 35 euros, 25 euros para alumnos da UNED. Por último, desenvolvérase un novo obradoiro ou “taller” de carácter eminentemente práctico titulado “Literatura creativa” coa matricula aberta a calquera persoa interesada e a realizar nos meses de febreiro e marzo. Pódese ampliar esta información en www.extensionuned.es/pontevedra A concelleira de Educación do concello de Tui, Vanesa Rodríguez Pereira, explica que esta ampla oferta de actividades de carácter formativo que ofrece a Aula da UNED de Tui, ademais de enriquecer a oferta educativa da cidade, é unha excelente oportunidade para mellorar coñecementos, para promover o desenvolvemento integral e a autonomía persoal, e para favorecer a comunicación e as relacións interpersonais. O Concello tudense congratúlase pola aceptación que esta oferta de cursos atopa entre os veciños de Tui e a comarca.
As maquetas de Javier Piñeiro amósanse na Sala Municipal de exposicións tudense
Os visitantes poden achegarse na visita a esta mostra a unha escolma da produción de maquetas e manualidades deste afeccionado tudense que leva varias décadas dedicando o seu tempo de lecer a esta interesante actividades. Dende unha maqueta espectacular dunha fragata de guerra, pasando por outras maquetas de barcos e avións, ata diversos elementos de mobiliario doméstico onde combina a pericia do maquetista coa imaxinación, son as pezas que podemos atopar nesta mostra. Para a concelleira de cultura tudense, Vanesa Rodríguez Pereira, esta exposicións recolle a produción destas maquetas e manualidades do tudense Javier Piñeiro e abre o abano das exposicións que promove o Concello de Tui nesta Sala a outras facetas da arte e artesanía. Deste xeito a oferta cultural da Sala Municipal de Exposición se enriquece con esta mostra. Esta sala, engade a concelleira, acollerá dende o vindeiro 24 de febreiro unha nova exposición titulada “En terra de ninguén” que reunirá pintura, fotografía, escultura e instalacións, testemuñando a súa vitalidade e diversidade.
Asemblea da Asociación Cultural Xuntanza Hoxe sábado a Asociación Cultural Xuntanza de Randufe vai celebrar asemblea xeral. Será ás 21h en primeira convocatoria e ás 21.30h en segunda. Os asuntos tratar na orde do día son os seguinte: o Lectura e aprobación das actas anteriores o Estado de contas o Resume anual das actividades o Vogalía de xuventude o Elección de nova Xunta Directiva o Rogos e Preguntas
O grupos da oposición solicitarán un pleno extraordinario para tratar os problemas da VAC en Areas Os grupos da oposición solicitarán a celebración dun pleno extraordinario na corporación municipal de Tui para tratar os problemas da VAC Tui- A Guarda en Areas. Así se comprometeron onte á noite PSOE, BNG e CXXI na reunión que mantiveron onte á noite coa Plataforma de Afectados no Centro Cultural Seixos Albos. Un encontro no que non estiveron presentes nin o PP nin AtT. Nesa reunión Enrique Cabaleiro do PSOE, Laureano Alonso do BNG e Carlos Vázquez Padín de CXXI asinaron amais un escrito apoiando as demandas da plataforma. Unha reivindicacións que se centran na construción dun acceso axeitado e con futuro ao polígono industrial, a canalización e recollida das augas pluviais para evitar novos asolagamentos na parroquia, e a reposición de todas as vías de servizo existentes antes do comezo das obras do vial. Marcos Gómez, voceiro da Plataforma Veciñal, explicaba que o pasado mes de decembro constituíuse no concello unha comisión de seguimento das obras da VAC integrada por tres membros do concello, dous da empresa construtora, o vixiante da Xunta nesta obra e catro membros da Plataforma. Nas tres reunións celebradas ata o momento a plataforma pon de manifesto as súas reivindicacións, e piden repostas e pasos en firme para solucionar os problemas existentes. Na reunión de Areas, o voceiro da plataforma explicaba que lles teñen proposto ata cinco alternativas para o acceso ao polígono: deixalo como está, demoler a ponte do Gadis, facer acceso pola parte traseira, outro dende o Outlet e dende as Bornetas. Este último é o que máis peso ten ultimamente, pero que os veciños rexeitan ao consideran que concentraría todo o tráfico, non so de acceso ao polígono e a zona comercial, senón tamén dos veciños de Sobrada e Taborda, para acceder á VAC e a autovía, de tal xeito que en moitos momentos se colapsaría a zona. Dende Plataforma afirman que “este acceso é moi importante porque está en xogo o futuro da parroquia”. Mentres os partidos políticos presentes onte a noite, PSOE, BNG e CXXI, coincidiron en sinalar que o acceso ao polígono é primordial tanto para os veciños como para as empresas da zona, sendo precisa unha solución “urxente e rápida”. Dende o BNG Laureano Alonso comprometíase a levar ao tema ao Parlamento Galego e a traer á deputada Carme Adán a coñecer o problema. Carlos Vázquez Padín de CXXI, indicaba que no seu parecer “é surrealista que o polígono non teña acceso directo” apuntando como explicación “intereses ocultos”, e dicía que “o máis lóxico e razoable é o que demanda a plataforma veciñal.” Mentres Enrique Cabaleiro lembraba que hai unha resolución parlamentaria aprobada polos tres grupos na que se insta a modificar o proxecto recollendo as reclamacións dos veciños e o acceso directo”.
O curso de batuka na Casa da Xuventude será os mércores dende o 8 de febreiro A Casa da Xuventude de Tui informa que o curso de batuka que vai impartir dende o 8 de febreiro será os mércores de 17.15h a 18.30h. Lembramos que vai dirixido a mozos de entre 12 e 35 anos. Inicialmente será nos meses de febreiro e marzo, pero estudarán a posibilidade de continuar ata xuño.
Venres, 27 de xaneiro de 2012 O 3 de febreiro comeza a nova programación cultural de 2012
O próximo 3 de febreiro comezará a programación do primeiro semestre do ano en Tui, que se prolongará ata o mes de xuño. Estas actividades veñen recollidas nun novo número da Axenda Cultural Corredoira que foi presentado onte polo alcalde, Moisés Rodríguez, e pola concelleira de Cultura, Vanesa Rodríguez. Oito son os espectáculos que neses meses se poderán disfrutar no Teatro Municipal con propostas tanto para público adulto coma infantil, onde o teatro é o gran protagonista pero tamén a música tradicional e a maxia. Esta programación ten un orzamento de 33 mil euros dos que o AGADIC aporta o 60% e o concello o 40% restante. A concelleira de Cultura, Vanesa Rodríguez, destacou que “nos tempos que corren seguir cunha axenda cultural e cunha programación tan extensa non é doado”. O grupo de teatro Chévere volve a Tui para presentar “Citizen 1”, a primeira parte dun proxecto de investigación teatral. Será o venres 3 de febreiro ás 21.30h. Dende Baleares chega o 10 de febreiro Disset Teatre co primeiro espectáculo infantil da temporada “Las hadas de la bella durmiente”. Sarabela Teatro actuará o 2 de marzo con “Tango” , unha das obras máis relevantes do teatro polaco estreada hai xa 47 anos. Colle o testigo Caramuxo Teatro, o 9 de marzo, con “Pío”, un espectáculo infantil que mestura o teatro de actor e o teatro de monicreques. Por último pecha a programación teatral Espello Cóncavo o 16 de maio con “Tres no bambán” . Xa no que a parte musical se refire a primeira actuación será o sábado 11 de febreiro co espectáculo “Esta noite hai unha fia” da man de “O Fiadeiro”, onde a música tradicional é protagonista. De igual xeito o será a música raiana no concerto que as Malvela ofrecerán o 10 de marzo. Neste semestre hai oco tamén para a maxia o 11 de maio co mago Romarís. Nesta programación a desenvolver no Teatro Municipal compre salientar tamén a IV Semana do Teatro Afeccionado que se vai celebrar do 9 ao 14 de abril coincidindo coas festas de San Telmo e na que van participar os grupos de teatro das distintas asociacións tudenses, que este ano presenta como novidade a incorporación do grupo de teatro de Pazos de Reis, e a actuación do grupo de teatro infantil de Randufe. No tocante á programación exterior a primeira cita será co Entroido, que este ano cumpre o seu 25 aniversario en Tui, o desfile-concurso celebrarase o 21 de febreiro, e o 26 de febreiro, o enterro do Bacallau. Na Corredoira inclúese tamén a oitava edición de Play-Doc, o Festival Internacional de Documentais de Tui que terá lugar do 21 ao 25 de marzo. Toman o relevo as Festas de San Telmo do 7 ao 16 de abril. Xa en maio na primeira fin de semana haberá a décimo sexta edición da Feira de Artesanía, e coincidindo co Día das Letras Galegas celebrarase a décimo quinta Feira do Libro. Na Axenda Cultural Corredoira vén tamén recollida a programación tanto da Biblioteca Municipal como da Sala de Exposicións Municipal para este primeiro semestre de 2012. Nas actividades da Biblioteca destaca o Club de Lectura, a iniciativa “Tui le, os libros na Praza de San Fernando”, ou o Mes dos libros e o aniversario dos Xogos Florais. Na Sala de Exposición compre destacar a mostra do Grupo Filatélico e Numismático de Tui no seu 50 aniversario, ou unha exposición sobre Francisco Sánchez. Explicaba a concelleira de Cultura que da Axenda Cultural Corredoira se editan 15 mil exemplares, dos que cinco mil son distribuídos en fogares de Tui, outros cinco en fogares de Valença, e os cinco mil restantes en establecementos públicos, na Área Panorámica e no propio concello. Cada axenda ten un prezo unitario de 16 céntimos, un custe moi rendible dicía, xa que o cálculo é que a través da distribución dos domicilios, cunha media de 3 persoas por vivenda, chega a 30 mil persoas. Pola súa parte o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, salientou que Tui segue a ser un “referente cultural” que se está pondo en valor. Felicitaba á concellería de Cultura porque a pesar de que estes son tempos complicados “segue habendo unha programación de calidade”. Ao tempo agradecía tamén o apoio ás institucións coma a Xunta, a Deputación, o Xacobeo ou o AGADIC, que seguen apostando por Tui, “non por casualidade senón polos seus resultados”. Nese senso destacaba a fidelidade do público dando grazas aos espectadores pola súa asistencia. Por último salientaba que este investimento en cultura é rendible.
A oposición solicita a modificación da ordenanza do ICIO na aprobación de dúas bonificacións deste imposto no conxunto histórico
Durante máis de tres horas reuniuse a corporación municipal de Tui no pleno ordinario corresponde ao mes de xaneiro. No punto primeiro aprobouse con dez fotos a favor do PP e de AtT,e a abstención de PSOE, BNG e CXXI a bonificación do 50% do ICIO a unha obra maior de rehabilitación nunha vivenda e a un local de ocio. Todos os corporativos estiveron de acordo na legalidade da medida xa que a bonificación vén recollida na ordenanza fiscal do ICIO. Mentres non puxeron reparo á bonificación para a vivenda, PSOE, BNG e CXXI si o puxeron á do local de ocio. Dende CXXI Carlos Vázquez Padín considera que “un pub non forma parte dunha acción rehabilitadora do casco histórico” manifestando así a súa obxección política pola que se ía abster na votación. Dende o BNG Laureano Alonso manifestaba que no seu parecer “a ordenanza non está redactada nin elaborada de acordo aos intereses dos cidadáns”, propondo a súa modificación e abranguendo a todo o casco histórico e zona de respecto. Enrique Cabaleiro do PSOE coincidía en sinalar que a bonificación do 50% para o local de ocio está fóra de lugar, e solicitaba tamén un esforzo para modificar a ordenanza incentivando os usos e actividades que se deben desenvolver no casco histórico. María Fernández de AtT indicaba que os informes técnicos están dentro da legalidade, e amosabase partidaria de paralizar a concesión de licenzas no conxunto histórico mentres non estea aprobado o Plan Especial desta zona. Por último Moisés Rodríguez sinalaba que están de acordo en modificar e mellorar a ordenanza do ICIO, pero precisaba que non era o momento de abordar esta cuestión.
O equipo de goberno aproba en solitario o Regulamento Orgánico do Concello de Tui O punto segundo, no que se levaba para a súa aprobación definitiva o Regulamento orgánico do Concello foi tamén longamente debatido. Das alegacións presentadas no tempo de exposición ao público foron aprobadas dúas unha na que se recolle que a “alcaldía por propia iniciativa poderá variar o día e hora do pleno” e outra na que se di que “se ningún membro da corporación solicita a palabra despois da lectura do punto, este someterase a votación”. Carlos Vázquez Padín, de CXXI, explicou o seu rotundo voto en contra porque considera que o regulamento está concebido coma “un instrumento normativo para limitar a intervención da oposición” o que cualificaba de “moi grave”. Dende o BNG Laureano Alonso opinaba que tendo un ROF non fai falla este ROC, e no seu parecer a súa aprobación responde á “debilidade política do equipo de goberno” que dicía non lle gusta a confrontación política, acusándoos de “enrocarse no seu posto”. O socialista Enrique Cabaleiro lamentou que non se atendese ás chamadas doutros grupos para levar a aprobación este regulamento co maior acordo posible. Do mesmo xeito que lamentou que das máis de quince emendas presentadas so prosperasen dúas. Engadía que con este regulamento “se están coartando os dereitos dos cidadáns a expresarse a través dos grupos políticos”. Dende AtT María Fernández amosou o descontento do seu grupo con esta aprobación xa que consideran que o regulamento “vulnera os dereitos dos concelleiros e dos cidadáns converténdose so en xentileza do alcalde”. O alcalde, Moisés Rodríguez, negou que este regulamento coarte o acceso á información, e indicaba que vai permitir ter unhas “reglas de xogo incluso para quen preside o pleno”. E contestando ao BNG dicía que non ten medo a debater. Cualificaba amais este regulamento de “fundamental”. Finalmente foi aprobado cos únicos votos a favor do equipo de goberno,.
Integración no Consorcio provincial de bombeiros, e modificación dos estatutos da RMT
Neste pleno foi aprobado por 10 votos a favor e 3 abstencións a creación dun ficheiro automatizado de datos de carácter persoal relativo a “Axentes de promoción económica” e de “Participantes en accións de promoción e busca de emprego”, dando así cumprimento á Lei de Protección de datos. Outro dos asuntos aprobados foi a disolución do Consorcio comarcal de bombeiros e a integración no consorcio provincial. Neste punto todos os corporativos coincidiron en sinalar a importancia de Tui teña boa cobertura neste eido, e indicaban a meirande parte deles que por unha parte a integración neste consorcio provincial e por outra a colaboración cos Bombeiros Voluntarios de Valença compleméntanse para ter a todo o municipio cuberto. Dende CXXI pronunciabanse a favor de incrementar a colaboración cos bombeiros de Valença, no marco da Eurocidade, xa dicía que sairía máis en conta. Dende o BNG apuntaban que todas as protección sobre necesarias, tanto a do consorcio provincial coma a do valenciano. Dende o PSOE pronunciaronse no mesmo senso apostando pola integración no consorcio provincial ao marxe da colaboración con Valença. Dende AtT interesabanse pola continuidade ou non do parque no Porriño e o custe económico que o consorcio provincial terá para o Concello. Por último o alcalde explicaba que se vai manter o parque no Porriño por tratarse dunha zona estratéxica, e indicaba que inicialmente o concello de Tui non fará ningunha aportación ao consorcio aínda que co tempo o máis probable é que si o teña que facer. Neste pleno por unanimidade foi aprobada unha modificación nos estatutos da Radio Municipal para facer coincidir o nomeamento dos representantes de asociacións e clubs no Consello da Radio co mandato municipal de catro anos. Tamén por unanimidade aprobouse a creación dunha comisión de seguimento do PECH integrada por 9 membros, dos que 5 serán do PP, 1 de AtT, 1 do PSOE, 1 do BNG, e 1 de CXXI.
Moción de felicitación ao Restaurante Silabario pola estrela Michelín Xa na quenda de mocións de urxencia foi aprobada unha propondo felicitar ao Restaurante Silabario pola concesión da Estrela Michelín.
Os grupos políticos presentaban distintas mocións no pleno ordinario
CXXI presentaba dúas. A primeira para que todas as parroquias se iluminen por igual foi rexeitada na súa urxencia, ao explicar o alcalde que xa se está a facer. A segunda para que a policía local poida emitir un informe para dar de baixa do padrón a persoas que xa non viven nun inmoble, a requirimento do propietario ou de novos inquilinos foi aprobada por unanimidade. O BNG presentaba un total de 7 mocións de urxencia. Foron rexeitadas as que propuñan instar á Xunta a restituír os créditos do Plan Concertado, solicitar as devolucións correspondentes ás liquidacións negativas de participación nos ingresos do Estado, controlar as abusivas comisións bancarias, rexeitar o incremento do IBI, así como a que solicitaba a retirada do protocolo da anulación da tarxeta sanitaria, explicando a concelleira de Servizos Sociais, que ese protocolo non é novo senón que se leva anos aplicando e que non vulnera ningún dereito. Sinalaba que persoas sen recursos ou en situación de desemprego teñen que solicitar o recoñecemento da asistencia sanitaria completa. Mentres quedou sobre a mesa para ser levada a comisión a que propuña valorar a posibilidade de recoñecemento público ao último alcalde republicano de Tui, Guillermo Vicente de Santiago. O BNG presentou unha moción máis na que propuña que todos os centros culturais estivesen exentos do IBI atendendo a súa función social, cultural ou deportiva, pero non prosperou. O Partido Socialista presentou cinco mocións de urxencia das que tres quedaron sobre a mesa para ser levadas a comisión. Non prosperou a urxencia da moción na que pedían que o Concello inicie os trámites pertinentes para proceder á reparación das deficiencias existentes nos colectores de saneamento das parroquias de Malvas e Pexegueiro, e que as empresas subsanen as deficiencias nas obras que aínda non están recepcionadas. Aínda así o alcalde comprometeuse a estudar este tema. Será estudada en comisión a moción que propuña a redacción dunha ordenanza para regular as condicións de ornato público, e que ordene amplos espazos públicos de convivencia cidadá. Tamén ira a comisión a moción socialista que propón un estudo rigoroso da regulación do tráfico no casco urbano, e a redacción dunha ordenanza reguladora da circulacións e tráfico no concello. Tamén se estudará en comisión informativa a creación dun sistema de Bolsa de Emprego Público no concello. Por último rexeitouse a moción que propuña que fose o concello quen elaborase e publicase os temarios para as prazas que convoca. Por último dende Alternativa Tudense presentouse unha moción reclamando o cumprimento das mocións que foron aprobadas xa en pleno, que recibiu o apoio unánime da corporación. Pero foi rexeitada na súa urxencia a creación dunha comisión de ordenación do tráfico da cidade con especial atención ao cruce das Olivas. O alcalde explicou o voto en contra a urxencia da moción en que xa se vai realizar un plan de mobilidade.
Xoves, 26 de xaneiro de 2012 Mañá, conferencia de Manuel Lago Peñas sobre a “Crise das finanzas neoliberais” Manuel Lago Peñas, economista de CCOO desde 1985, director económico da RTVG de 2005 a 2009, Membro do Consello Económico e Social de Galicia, especializado en economía laboral, ademais de columnista semanal da Voz de Galicia e colaborador habitual doutros medios de comunicación, será o ponente da Conferencia que sobre a “Crise das finanzas neoliberais” terá lugar mañá, venres, na sala Félix Rodríguez, da Área Panorámica a partir das 20.30 horas.
Onte comezou o curso de deshabituación tabáquica Onte comezou o Curso de Deshabituación Tabáquica que oferta o Departamento de Prevención de Drogodependencias do Concello de Tui. O Curso espertou grande interese entre a poboación de Tui e poboacións cercanas coma Tomiño, a Guarda, Salceda, de tal xeito que quedou xente en lista de espera, á que se chamará para próximas convocatorias. O curso terá lugar na Área Panorámica, ao longo de sete sesións de hora e media cada unha pólas tardes. Unha psicóloga será quen axude aos participantes, a deixar de fumar. Dado o interese espertado por este curso, a Concellería de Servizos Sociais baralla a organización dunha nova edición.
Celebración da patroa da Policía Local A Policía Local de Tui vai celebrar o próximo xoves, 2 de febreiro, a festividade da súa patroa, a Virxe da Candelaria. O acto consistirá na celebración dunha misa ás 12.30h na Catedral de Tui.
Actividades no IES Francisco Sánchez Ao abeiro dos contrato-programa da Consellería de Educación a pasada semana comezaron a impartirse no IES Francisco Sánchez de Tui as clases de reforzo educativo para alumnado de 1º e 2º da ESO. O obxectivo é mellorar a calidade do ensino e os resultados académicos do alumado. As clases teñen lugar fóra do horario lectivo de 16.30h a 18.30h, os martes e xoves para 1º da ESO, e mércores e venres para os de 2º da ESO. Por outra parte o profesorado do centro faise cargo os mércores de 16.30h a 18.10h das actividades extraescolares nas que participan 70 alumnos de todos os niveis educativos en futbiño, baloncesto, sendeirismo e xogos tradicionais. Tamén os mércores se reúne o Club de Lectura. No tocante ás viaxes pedagóxicas do 4 ao 11 de febreiro o alumnado de 4º da ESO e de 1º de Bacharelato participará no programa europeo de intercambio co Liceo Classico Lingüístico Giacomo Zanella de Shcio en Vicenza en Italia. Os italianos devolverán a visita deste intercambio lingüístico na segunda quincena de marzo. Tamén do 4 ao 11 de febreiro outro grupo de 4º da ESO e 1º de Bacharelato desprazaranse ata Andorra onde participarán nun curso intensivo de esquí. Amais 13 e 14 de marzo o alumnado de 3º da ESO, dentro do Proxectoterra, realizarán un intercambio territorial en Melgaço onde participarán nunha visita guiada á Porta de Lamas de Mouro, a exposición “Ordenación do territorio”, á proxección sobre o Parque Natural da Peneda Geres, e unha visita a Castro Leboreiro, así coma á vila de Monçao e aos seus museos. Por último dende o IES Francisco Sánchez expoñen que se vén de constituír unha comisión para organizar unha homenaxe a Indalecio Pérez Tizón, director do centro falecido no pasado curso. Entre as actividades previstas haberá unha exposición de material e fotografías, revista monográfica, día-homenaxe con partido de futbiño, actuacións musicais e proxección de fotografías. Dende o centro fan un chamamento a os excompañeiros e exalumnos de Indalecio Pérez para que se poñan en contacto co instituto e se animen a colaborar e participar na homenaxe.
Mércores, 25 de xaneiro de 2012 A Biblioteca Municipal presenta a exposición “Entre moleculas, Ano Internacional da Quimica 2011” A Biblioteca Pública Municipal de Tui ofrece no Anexo da Sala Municipal de Exposicións a mostra de carácter didáctico “Entre moléculas” creada polo Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), en colaboración coa Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología para conmemorar a celebración no ano 2011 do Ano Internacional da Química. A exposición “Entre moléculas. Ano Internacional da Química 2011. CSIC” ofrece unha visión amena, divulgativa e didáctica da Química. A mostra está dirixida a toda a poboación, con especial atención aos estudantes dos distintos ciclos educativos de secundaria. Está composta por 22 paneis que introducen ao visitante no papel central da Química e as súas achegas á humanidade. O contido da exposición ofrece unha primeira visión xeral da química e o seu papel central na ciencia, seguida dun repaso breve das principais achegas realizadas ao longo da historia. Nun terceiro bloque, penétrase na química en relación con grandes campos como o medio ambiente, a saúde, a enerxía e a alimentación, póndoos en relación coa investigación desenvolvida nos laboratorios españois. A concelleira de Cultura do Concello de Tui, Vanesa Rodríguez Pereira, destaca que con esta nova actividade a Biblioteca Municipal pretende fomentar o coñecemento da cultura científica entre os seus usuarios e entre a poboación tudense en xeral. A exposición estará aberta ao público durante ata finais do mes de febreiro.
Presentación da programación cultural do primeiro semestre Mañá, xoves, 26 de xaneiro, ás 11.30 horas na sala de reunións do Concello de Tui o alcalde, Moisés Rodríguez, e a concelleira de Cultura, Vanesa Rodríguez, presentarán a programación cultural do primeiro semestre de 2012 en Tui. Unhas actividades que veñen recollidas nun novo número da Axenda Cultural Corredoira.
Hoxe mércores pleno ordinario da Corporación municipal de Tui con sete puntos na orde do día Hoxe mércores, ás oito da tarde, a corporación municipal de Tui reúnese en pleno da carácter ordinario con sete puntos na orde do día. Entre os asuntos a tratar está a concesión de bonificacións do imposto sobre construcións, instalacións e obras, así como a aprobación definitiva do Regulamento orgánico do Concello de Tui. Outro dos asuntos a tratar será a aprobación de Ordenanza Municipal reguladora do ficheiro automatizado de datos de carácter persoal relativo a "axentes de promoción económica" e de "participantes en acciones de promoción e busca de emprego". A corporación deberá amais ratificar a disolución do Consorcio contra incendios e salvamento das comarcas do Baixo Miño e da Louriña, e pronunciarase sobre a modificación dos estatutos da Radio Municipal. A este pleno lévase tamén a creación dunha comisión de seguimento da tramitación do Plan Especial do Conxunto Histórico. O pleno rematará co control aos órganos de goberno que inclúe as disposicións de interese, as resolucións da alcaldía, mocións, e a quenda de rogos e preguntas.
Retirada unha antena de frecuencia modulada en Randufe que superaba o nivel de radiación permitida e non tiña licenza A semana pasada foi retirada do barrio de Quiringostas, en Randufe, unha antena dunha emisora de frecuencia modulada situada nunha torreta, e que radiaba con máis intensidade da permitida e amais non contaba coa autorización pertinente. Hai tempo xa que os veciños das Valiñas, Quiringostas, A Guía, Cota de Gaio, e As Bornetas solicitaran a medición da radiación dunha antena de telefonía móbil situada na parroquia. O informe feito ao respecto polo Ministerio de Medio Ambiente concluíu que a maior emisión realizábase da antena de frecuencia modulada situada na mesma torreta que a de telefonía móbil. Foi por este motivo polo que foi retirada e por tanto cesaron as súas emisións. Os veciños queren amosar a súa satisfacción por esta medida e pola colaboración prestada polo Concello de Tui atendendo a súa demanda.
A Corredoira acolle na fin de semana o VII Rastro de Tui O Paseo da Corredoira de Tui acollerá esta fin de semana o VII Rastro de Tui. Está organizado pola Asociación de Comerciantes e Industrias de Tui ,ACITUI, en colaboración co Concello de Tui. Celebrarase sábado e domingo de 10 a 22h. As persoas interesadas en participar poden facelo contactando con ACITUI no teléfono 986 60 75 56 e a través do correo electrónico acitui@acitui.com .
O economista Manuel Lago Tui fala da “A Crise financeira neoliberal e as súas consecuencias en Galicia” o venres en Tui A Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica acolle este venres ás 20.30h unha conferencia sobre “A Crise financeira neoliberal e as súas consecuencias en Galicia” a cargo de Manuel Lago Peñas, economista do Gabinete Económico do Sindicato Nacional de CCOO en Galicia. Está organizada pola Asociación Arcebispo Lago.
Os veciños de San Bartolomé reiteran a solicitude de instalación dun semáforo na intersección entre Canónigo Valiño e a Avenida da Concordia Os veciños do barrio de San Bartolomé denuncian en nota de prensa o incumprimento por parte do Concello do compromiso de instalación dun semáforo para regular o tráfico na intersección entre a rúa Canónigo Valiño e a Avenida da Concordia. Ao tempo tamén demandan unha solución para a seguridade dos vehículos que se incorporan á Avenida da Concordia dende a rúa Palláns. Con respecto á instalación do semáforo os veciños lembran que hai un acordo plenario de xaneiro de 2011 nese senso, e que en febreiro do ano pasado o aparellador municipal realizou un proxecto para a instalación do devandito semáforo, sen que ata o momento se levase a cabo. Por outra parte solicitan que se regule o aparcamento na rúa Calzada no cruzamento coa rúa Palláns, xa que consideran que tal e como está regulado nestes momentos dificulta a saída de vehículos cara a Avenida da Concordia co conseguinte problema de seguridade vial tanto para vehículos como para peóns.
Novas proxeccións no Cineforum Infantil O próximo martes o Cineforum infantil oferta tres novas proxeccións no antigo convento de Santo Domingo. A cita será a partir das seis da tarde con entrada gratuíta. As películas de animación que se poderán ver son “Chocolata”, “Rato Tom e rata Tomasa” e “Sal e azucre”. Son tres estreas da produtora OQO. O Cineforum infantil é unha iniciativa do CRA Mestra Clara Torres.
A inscrición no desfile-concurso de Entroido de Tui será do 1 ao 7 de febreiro O próximo mércores, 1 de febreiro, abrirase o prazo de inscrición para desfile-concurso de Entroido en Tui, que se celebrará o martes 21 de febreiro. A inscrición farase o mércores 1, xoves 2, venres 3, luns 6 e martes 7 de febreiro, en horario de 10 a 14h no Departamento de Cultura do Concello de Tui no impreso normalizado para este fin. Establécense dúas modalidades: grupos cun mínimo de 12 persoas e un máximo de 20, e comparsas que deberán estar formadas por máis de 25 persoas. Poderán inscribirse so 15 comparsas e 5 grupos, respectando a orde de inscrición coa salvedade de que nunca unha comparsa ou grupo de Tui quedaría fora. Neste Entroido repartiranse 5 mil euros en premios ao que hai que engadir 500 € dos trofeos, e ata un máximo de 8.500€ en concepto de compensación por participar. Haberá un premio xeral, no que competirán de xeito conxunto grupos e comparsas e no que se valorará a orixinalidade, vestiario, parodia, acompañamento musical e carroza. Nesta categoría haberá un total de sete premios que oscilan entre os 700€ do primeiro e os 100€ do sétimo. En carrozas establécense outros sete premios dotados con contías que van dos 400€ aos 50€. Amais haberá tres premios para acompañamento musical, de 250€, 150€ e 50€, para a música interpretada en directo, e por último hai un único premio para fantasía valorado en 300€. Amais tanto grupos coma comparsas recibirán unha compensación económica por participar. A comparsas tudenses con carroza recibirán 500€, e as que non leven carroza 250€, mentres que as foráneas recibirán 250€ e 150€ en función de se levan ou non carroza. No caso de grupos os de Tui percibirán 200€ se leve carroza e 100€ en caso contrario, e os grupos de fóra terán unha compensación de 100€ e 50€ respectivamente se levan ou non carroza. O desfile-concurso de Entroido celebrarase o martes, 21 de febreiro, ás 17.30h nun circuíto polas rúas Casal Aboy, Compostela, Betanzos, Irmáns Maristas, Ourense e A Guarda, quedando prohibida a parada dos participantes diante do palco. Amais todas as comparsas e grupos deberán asistir ao Enterro do Bacallau que terá lugar o domingo, 26 de febreiro, ás 19.30h dende a Praza de San Fernando. Ás bases completas pódense consultar no taboleiro de anuncios do Concello e nas páxinas web www.culturatui.info e www.concellotui.org, así como no departamento de Cultura do Concello de Tui.
Martes, 24 de xaneiro de 2012 O Concello de Tui está traballando na elaboración dun plan de tráfico O Concello de Tui está traballando a elaboración dun plan de tráfico positivo. Así o explicaba na Radio Municipal de Tui o concelleiro de Seguridade Cidadán, Protección Civil, Tráfico e Medio Ambiente, Ángel Gutiérrez, quen avanzaba que o plan polo momento está condicionado a grandes proxectos como a apertura da rúa Ourense, ou a construción do novo centro de saúde, para poder trazar as liñas mestras. Este é un tema que dicía lle preocupa e lles ocupa. Por outra parte Ángel Gutiérrez valoraba como positivas as decisións tomadas ata agora para regularizar o tráfico no casco urbano como a peonalización ou a instalación de bolardos. Con estas acción sinalaba que se mellorou o tránsito dos peóns. Apuntaba amais que a Policía Local está facendo un gran traballo e unha gran labor. Explicaba que como concelleiro de tráfico deu orden de sancionar as accións sancionables, porque hai que respectar as sinais e as normas de circulación. Recoñecía que hai un problema de tráfico na cidade pola densidade de vehículos, pero precisamente por iso, dicía, hai que respectar as normas. Noutra orde de cousas o edil de Tráfico referíase ao convenio asinado recentemente coa Dirección Xeral de Tráfico. Explicaba que é unha obriga de todos os concellos asinar ese acordo. Indicaba amais que a retirada de puntos do carné xa o viña facendo a policía local, pondo como exemplo os 178 puntos retirados o ano pasado por sancións do municipais tudenses. Ese convenio engadía aportará ao concello novo equipamento para desenvolver ben a súa labor Por outra parte Ángel Gutiérrez referíase á retirada das vallas metálicas do aparcamento municipal. A este respecto explicaba que a retirada foi consensuada por todo o equipo de goberno porque limitaban o espazo, engadía que agora os coches están perfectamente alineados e caben máis coches. Esas vallas aclaraba que se están arranxando para reutilizalas nas parroquias ou en rúas de Tui. Amais teñen un convenio cunha empresa privada para o servizo de grúa nos horarios nos que non está traballando o funcionario municipal responsable deste servizo. De cara ás futuras obras do Centro de Saúde na traseira da Área Panorámica indicaba que teñen xa un espazo alternativo para estacionamento nos antigos terreos de Cam-fran. Noutros eidos apuntaba que están traballando en colaboración con outros corpos e forzas de seguridade do Estado, ou creando plans de evacuación. Por todo isto dicía queren que Tui siga sendo unha cidade segura, avanzando que en breve entrarán en vigor determinadas ordenanzas municipais para facer de Tui aínda unha cidade máis segura e para conciliar o ocio e o descanso.
ACITUI imparte un curso de inglés práctico e comercial Do 6 de febreiro ao 2 de marzo a Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui, ACITUI, vai impartir cun curso de inglés práctico e comercial, con carácter gratuíto, dirixido a traballadores por conta allea. Será de luns a xoves en horario de 20.30h a 22.30h Os interesados poden acadar máis información nas oficinas de ACITUI no Paseo da Corredoira ou no teléfono 986 60 75 56 en horario de 10 a 14h. O prazo de inscrición remata hoxe martes.
Xuntanza da Plataforma de Afectados polo vial Tui-A Guarda o xoves en Areas A Plataforma de Afectados polo Vial Tui-A Guarda convoca unha xuntanza este xoves ás oito da tarde no Centro Cultural Seixos Albos de Areas. Na mesma convidaron a participar a todos os grupos políticos con representación municipal. Os puntos a tratar serán o acceso ao polígono industrial, as canalizacións e recollida de augas e a reposición de todas as vías de servizo existentes antes do vial.
Luns, 22 de xaneiro de 2012 Los socialistas de Tui hablan de “seudo-política de marketing” la que realiza el alcalde de la ciudad El Grupo Municipal Socialista de Tui quiere denunciar la seudo-política de marketing que está utilizando el Concello de Tui en colaboración con la Diputación de Pontevedra y la Xunta de Galicia, para la difusión propagandística de la realización de una serie de proyectos e inversiones incumplidos reiteradamente por parte de estas instituciones. Desde el Grupo Municipal socialista se recuerdan las promesas por parte del actual, Alcalde Moisés Rodríguez, de ver iniciadas las obras de un nuevo ambulatorio antes de la finalización del año 2011, la licitación de la obra para la construcción de una guardería pública con la promesa de estar en funcionamiento para este próximo curso escolar, de la cual hasta los actuales momentos desconocemos si se ha adjudicado o no dicha obra por la falta de transparencia e información por parte del actual consistorio, la apertura de la calle Orense. Todo ello en el escaso intervalo de tiempo de unos 7 meses y medio, a lo que debemos añadir además un motivo más de fracaso para esta ciudad como es Unimiño. El 30 de agosto del 2006 se suscribe el convenio para la constitución de la Asociación del Valle del Miño Transfronterizo-Unimiño dentro de cuyos objetivos están la realización de obras públicas, gestionar servicios e instalaciones de manera conjunta y desarrollar programas comunitarios. Esta Asociación en el año 2009, provisionalmente presidida por el anterior alcalde de Tui, el Fernández Rocha ya recogía el desarrollo de este proyecto de transporte transfronterizo de viajeros. En el año 2010, Unimiño, conformada por la Diputación y una serie de municipios del Norte de Portugal y estando a la cabeza de la Diputación el Sr. Louzán, plantea la elaboración de un plan de transporte público, para lo que se destinan 344.210 euros para el desarrollo de un Centro de información transfronteriza, a la vez que se desarrollarán estudios encaminados a garantizar la viabilidad del proyecto que en su momento se calculaba que contaría con una financiación del 74% a cargo del Programa de Cooperación Territorial de la Unión Europea y el resto se aportará por parte de los ayuntamientos implicados. Este proyecto incluiría el estudio del número de líneas necesarias, recorridos, precios de los billetes y posibles subvenciones. El informe final se anuncia que será presentado en Lisboa, Madrid, Porto, Santiago y Bruselas en Septiembre del 2011. En enero del 2012 estableciendo lazos de unión entre la Diputación, la Asociación Unimiño y el Concello de Tui, Rafael Louzán que ostenta la presidencia de la Diputación de Pontevedra junto con la de dicha asociación, nombra esta vez al actual alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, como miembro del consejo de dirección, para seguir hablando y debatiendo los mismos temas, en los que por cierto no se ha producido ningún avance significativo en los últimos años. El Partido Socialista de Tui, sigue y seguirá instando a la actual corporación a trabajar con el fin de solucionar los problemas que afectan a nuestra localidad en materia de servicios e infraestructuras, para alcanzar un grado de desarrollo económico y social que nos permita mantener una posición fuerte ante futuras negociaciones en cualquier tipo de proyecto. Finalmente, se denuncia además la escasa representatividad que tirene nuestra ciudad en la Feria de Turismo FITUR a través de TURGALICIA, que se limitará a un video promocional de la Eurocidade y a una breve intervención de los regidores de las dos ciudades, Tui y Valença, frente a las ponencias especializadas en temas de turismo de otros ayuntamientos y comarcas, tal y como aparecen reflejadas en el programa de Turgalicia para tal evento.
Sábado, 21 de xaneiro de 2012 Os alcaldes de Tui e Valença presentan a Eurocidade en Fitur Moisés Rodríguez Pérez, alcalde de Tui, e Jorge Salgueiro Mendes, presidente da Cámara Municipal de Valença presentaron onte no stand deTurgalicia oferta turística da Eurocidade na Feira Internacional de Turismo (Fitur) que se celebra estes días en Madrid. Os mandatarios tudense e valenciano estiveron acompañados polos respectivos concelleiros de turismo: Raquel Lorenzo de Tui e José Monte de Valença. Ambos rexedores explicaron na súa intervención os recursos turísticos que ofrecen ambas cidades destacando o seu carácter complementario. No ámbito do patrimonio, a cidade tudense que ten na súa Catedral medieval o seu principal expoñente, namentres que Valença posúe o seu recinto fortificado de época moderna. A condición xacobea de ambas localidades no Camiño portugués e con senllos albergues de peregrinos ofrece outro atractivo á visita estas cidades. A natureza ten tamén singular importancia neste enclave: o río Miño (integrado na Rede Natura 2000) está complementado polo Parque Natural do Monte Aloia en Tui e o sendeiro PR 18 de Tui e a Ecopista de Valença. Ambas cidades fornecen tamén unha ampla oferta comercial que atrae a numerosos visitantes. Por último, completa esta oferta unha ampla rede de establecementos de hostalería (co Parador tudense e a Pousada valenciana como principais expoñentes ou a recente estrela Michelín do restaurante “Silabario” de Tui) e diversas empresas de turismo activo cunha ampla oferta de actividades. Dentro da oferta gastronómica, citouse a Tui como a capital do meixón, ademais de apuntar algúns dos pratos típicos como a lamprea do Miño ou os peixiños de améndoa, elaborados polas monxas de clausura. Tamén Valença co seu caldo verde, escollido como un dos pratos máis representativos de Portugal posúe unha ampla oferta. O viño albariño con denominación de orixe Rías Baixas, é tamén un dos caldos por excelencia na zona, ademais de tratarse dun emblema da enoteca galaico-portuguesa. Para Moisés Rodríguez está presentación ten resultado sumamente positiva por unha dobre razón: por unha banda, consolida o traballo conxunto entre as cidades de Tui e Valença tamén nesta materia de promoción turística, en segundo lugar, esta oferta da Eurocidade é un elemento novidoso que está resultando moi valorado polos asistentes a Fitur, que nestas xornadas son exclusivamente profesionais do sector. A presenza da Eurocidade Tui – Valeçan nesta feira de turismo, a segunda máis importante do mundo, aporta unha visibilidade aos valores turísticos e patrimoniais de ambas cidades de grande alcance e transcendencia.
XXVII Mercadiño de Antigüidades O Paseo da Corredoira acolle hoxe sábado, de 10 da mañá a nove da noite, a vixésimo sétima edición do Mercadiño de Antigüidades organizado pola Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui, ACITUI, en colaboración co Concello de Tui,
Viaxe da Peña Celtista a Valladolid A Peña Celtista de Tui informa que organiza unha viaxe a Valladolid para asistir ao encontro que o Real Club Celta xogará nesa localidade o 4 de marzo. A saída terá lugar ás sete da mañá do 3 de marzo, en autobús, e regresarase o día 4 ao remate do partido. O prezo para socios de 75€ por persoa incluído a viaxe en autobús, habitación dobre no Hotel Las Vegas de catro estrelas con almorzo buffet incluído. Para non socios o prezo é de 85€. A entrada corre por conta de cada afeccionado. Os interesados poden acadar máis información ou inscribirse ata o 17 de febreiro no 653 84 21 30.
Entregados os vales de compra da campaña “Este inverno presume de praceiro/a” Onte a mañá tivo lugar o sorteo de cheques de compra na Praza de Abastos de Tui dentro da campaña “Este inverno presume de praceiro/a”. O acto contou coa presenza de Olga Montes, concelleira da Praza de Abastos e Mercado, e do concelleiro Nicolás Lorenzo, así como Rosa Martínez, delegada territorial da Consellería. O primeiro premio dun cheque de compra de 75€ foi para Clara Rey Gómez, o segundo de 50€ para Estrella Martínez Fernández, e o terceiro de 25€ para Silvia Martínez González. No mes de febreiro, entre todas as papeletas recollidas no sorteo de onte e do pasado mes de decembro, elixirase o mellor praceiro ou praceria.
Arcebispo Lago recorreu a aprobación do PXOM A Asociación Arcebispo Lago informa en nota de prensa que recorreu a aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Tui Arcebispo Lago recorrera anteriormente o acordo do pleno do concello de 31 de xullo de 2008, sobre votacións parciais na tramitación do PXOM, realizadas polo anterior alcalde e o actual alcalde ao considerar este colectivo que se tiñan que “ter abstido por intereses directos no asunto”. Este recurso non foi admitido a trámite polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, pero segundo esta asociación, na sentenza, do 7 de decembro, sinálase que “a recusación sería alegable ao interpoñer o recurso que proceda contra o acto que termine o procedemento”. Dende Arcebispo Lago consideran que ese recurso deben interpolo por tanto contra o PXOM tras a súa aprobación final, algo que xa fixeron, polo que din que “haberá que volver a falar” deste tema.
Moisés Rodríguez e Jorge Salgueiro Méndez valora positivamente a presenza da Eurocidade en Fitur Moisés Rodríguez salientaba, en declaracións á Radio Municipal de Tui, que a presentación foi un éxito, xa que chamou notablemente a atención a presentación conxunta da Eurocidade,e o traballo conxunto que os dous municipios están a facer. Na súa intervención en FITUR o alcalde fixo un repaso da riqueza patrimonial e natural que teñen os dous municipios incidindo sobre todo no traballo conxunto que se vai realizar na Eurocidade. En breve será asinado o acordo oficial de constitución Eurocidade, e destacaba a importancia do traballo dos dous municipios de xeito unido e coordinado. Tamén o presidente da Cámara de Valença, Jorge Salgueiro Mendes, valoraban tamén moi positiva a presentación en FITUR, destacando a novidade de que un municipio portugueses estivese alí. A presenza conxunta dos dous municipios indicaba que chamou tamén a atención dos outros alcaldes presentes. Apuntaba tamén a necesidade de traballar en conxunto para divulgar máis e mellor os produtos turísticos dos dous municipios.
Xoves, 19 de xaneiro de 2012 Cursos de extensión universitaria na Aula da UNED de Tui Dentro das actividades de extensión universitaria que vai impartir a Universidade Nacional de Educación a Distancia, UNED, neste curso 2012 dous deles serán na aula de Tui. Por unha parte haberá un curso de “Inglés para fins específicos: inglés turístico” que se impartirá o 17 e o 28 de febreiro por José María Prieto Orallo. O primeiro día abordarse a meirande parte do curso teórico-práctico, e os alumnos poderán practicar e interactuar co profesor-tutor. O segundo día afianzarán os coñecementos adquiridos, resolverán dúbidas e realizarán unha serie de exercicios para colgalos na plataforma AVIP, o que servirá como medio de comunicación entre os alumnos e o profesor-tutor. Tamén se impartirá un curso sobre “Coñecer e dominar a memoria: como lembralo todo”. Será o mércores 7 e o venres 9 de marzo a cargo de Ángeles Amor García. O primeiro día abordarase a “Memoria sensorial, a corto e a longo prazo. Memoria implícita e explícita. Problemas de memoria”, e o segundo “Estratexias de memoria: sistemas e regras mnemotécnicas”. O prezo de cada un destes cursos é de 35€, 25€ para alumnos da UNED. Pódese ampliar esta información en www.extensionuned.es/pontevedra
A Biblioteca Municipal de Tui acadou os 44.000 usuarios no pasado ano 2011 A Biblioteca Pública Municipal de Tui experimentou no pasado ano 2011 un incremento de usuarios que acadaron un total de 44.096 persoas que accederon aos servizos deste centro bibliotecario. Estas cifras supoñen unha media mensual de más de tres mil seiscentas persoas e unha media diaria de 140 usuarios. A Biblioteca abre 49 horas á semana (diariamente 9 horas e os sábado 4 horas). Tamén no pasado ano aumentaron os préstamos de obras a domicilio acadando os 6.300 libros. Foi tamén incrementada a colección bibliográfica nun total de 1.764 novas publicacións dispondo na actualidade a Biblioteca tudense de 31.466 volumes á disposición dos seus usuarios. Os fondos bibliográficos medraron gracias ás achegas da Consellería de Cultura. O Ministerio de Cultura,a Fundación “Pedro Barrié de la Maza”, o propio Concello de Tui e tamén numerosos lectores que colaboran mediante a doazón de libros de variada temática. A biblioteca dispón da súa propia páxina web: www.bibliotecaspublicas.es/tui Tamén a través da Rede de Bibliotecas de Galicia dispón do seu espazo web: http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/Biblioteca.aspx?CodigoBiblioteca=PBM0607.Os datos de uso son os seguintes: - Consulta á paxina web da Biblioteca: 3.982 - Consultas á web da rede de bibliotecas de Galicia: 40.233 - Consultas ao catálogo na web: 11.712 No pasado ano a Biblioteca tudense recibiu, por sexto ano consecutivo, un dos premios do certame “María Moliner” que convoca o Ministerio de Cultura, a Federación Española de Municipios e Provincias e a Fundación “Coca-Cola” España en recoñecemento á súa programación de actividades de promoción da lectura. Este premio consiste nun lote de 200 obras que incrementaran os fondos bibliográficos. Entre as actividades desenvolvidas no pasado ano, a memoria da Biblioteca, resalta a mellora do fondo local (coa adquisición de obras antigas referidas á nosa cidade, como é o caso da primeira edición, en italiano, das “Memorie Storiche dell’Australia” de Rosendo Salvado), o mantemento da actividade do Club de Lectura de adultos, das visitas escolares á Biblioteca con 420 alumnos participantes de catro centros educativos tudenses, a continuidade da “Bibliopiscina” nos meses de verán co lema “Mergúllate nos libros”, etc. Entre as actividades realizadas ao longo do ano, que superaron a trintena, destacaron: -Unha nova edición de “Tui le, os libros na Praza de San Fernando” organizado pola Biblioteca en colaboración cos centros educativos que contou coa participación de máis de 1.500 rapaces no 1 de abril. -Por vez primeira a Biblioteca organizou a “Feira do libro”· o 17 de maio con dúas significativas novidades: a presenza de dúas librerías de Valença e a sinatura de obras por autores locais. -Na “Semana da Biblioteca” tivemos a sorte de contar o 24 de outubro coa presenza do escritor Xosé Neira Vilas, que ateigou o Teatro Municipal en senllos encontros con más de mil rapaces tudenses. O 27 de outubro celebrouse unha interesante tertulia entre os gañadores dos Premios da Critica española en lingua galega: Victor Freixanes e Marga do Val -Xunto a esto a Biblioteca celebrou o “Mes do Libros” con diversas actividades de animación para pequenos e mozos, a conmemoración do CXX aniversario dos Xogos Florais de Galicia, cun recital poético e o banquete dos Xogos. -Organizouse a exposición conmemorativa dos 165 anos de ensino medio en Tui en colaboración cos IES “San Paio” e “Francisco Sánchez”. Para a responsable da concellería de Cultura tudense, Vanesa Rodríguez Pereira, estes datos avalan o importante esforzo que realiza o Concello de Tui pola promoción deste centro bibliotecario que garante o acceso de todos os cidadás á cultura e á información. Os datos estatísticos reflicten anualmente un incremento usuarios e préstamos pero, engade, que en Galicia aínda estamos lonxe dos parámetros que recomendan os organismos internacionais e, consecuentemente, cómpre manter este compromiso a prol da lectura pública como un dos eixes da actividade cultural tudense.
Cores Tourís recibe a Moisés Rodríguez para falar sobre o proxecto de enlace da autovía Tui-A Guarda co polígono empresarialO delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, recibiu onte, mércores, ao alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, para falar sobre o avance no proxecto do vial que enlazará a futura autovía á A Guarda co polígono empresarial do municipio. Na reunión estiveron presentes tamén o xefe territorial de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, José Luis Díez, así como responsables do Servizo de Infraestruturas desta Xefatura Territorial. José Manuel Cores Tourís transmitiulle ao rexedor que nestes intres estase a executar o estudo desde enlace que suporía ter que desprazar a rotonda prevista varios metros. O delegado territorial recordou que este enlace ao polígono empresarial é importante, “xa que permitiría un maior número de visitantes aos negocios situados neste punto, así como facilitar tamén a distribución e loxística desta área, dinamizando economicamente a zona”. Por outra banda, Cores Tourís tamén recolleu a solicitude do alcalde de Tui en relación a situación do cruce de Areas, situado na estrada que enlaza esta localidade con A Guarda, trasladándolle a necesidade da construción dunha glorieta e a retirada dos semáforos, de cara a axilizar o tráfico no lugar mellorando a seguridade viaria. O delegado territorial da Xunta en Pontevedra trasladoulle a Moisés Rodríguez o interese da Xunta no ámbito da mellora da seguridade viaria e instou ao concello a por a disposición da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas dos terreos necesarios para a execución desta obra de cara a facilitar a execución deste proxecto. Finalmente, José Manuel Cores Tourís tamén informou ao rexedor do municipio do Baixo Miño da futura licitación do depósito de auga de Caldelas, que daría servizo ao barrio do Monte. Segundo lle transmitiu o responsable territorial, unha vez constituída a nova axencia de augas, a finais deste mes, pasarase a axilizar este proxecto que podería ser licitado nun prazo de dous meses.
Mércores, 18 de xaneiro de 2012 O alcalde de Tui membro do Consello Director de Unimiño O alcalde tudense, Moisés Rodríguez Pérez, vén de incorporarse recentemente como novo membro do Consello Director de Unimiño, en representación dos concellos do sur de Pontevedra. Unimiño ou Asociación do Val do Miño Tranfronteirizo é un agrupamento de cooperación de carácter transfronteirizo constituído pola Comunidade Intermunicipal Vale do Minho de Portugal e a Deputación Provincial de Pontevedra. “Facer dos concellos do río Miño unha referencia a nivel europeo, no desenvolvemento local a través da cooperación, pública e privada, da valorización dos recursos naturais e culturais propios deste espazo territorial, da promoción da vocación turística do territorio, da utilización intensiva das tecnoloxías de información e da innovación como catalizadores dos procesos de desenvolvemento” son as principais finalidades desta agrupación de cooperación. O territorio de intervención de Uniminho forma parte da Euro-Rexión Norte de Portugal/Galicia e comprende 21 municipios: Melgaço, Monção, Paredes de Coura, Valença e Vila Nova de Cerveira, que integran a Comunidade Intermunicipal do Vale do Minho e Arbo, A Cañiza, O Covelo, Crecente, A Guarda, As Neves, Mondariz, Mondariz Balneario, Oia, Ponteareas, O Porriño, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra do Miño, Tomiño e Tui xunto á Deputación Provincial de Pontevedra como organismo integrador destes concellos galegos. A designación de Moisés Rodríguez Pérez como novo membro do Comité Executivo de Unimiño testemuña o importante papel que o municipio tudense xoga no proceso de integración e cooperación entre Galicia e o Norte de Portugal. Unimiño está traballando nos últimos tempos na elaboración de propostas de cooperación e integración. Así hai unhas semanas entregouse na Xunta de Galicia un informe sobre a “Rede de Referenciação em Serviços de Saúde no Vale do Minho Transfronteiriço” elaborado no ámbito do proxecto CoopMinho, co-financiado polo POCTEP, co obxectivo de satisfacer as necesidades das poboacións en materia de saúde. Ao abeiro deste mesmo proxecto CoopMinho foi tamén entregada recentemente unha proposta de “Plano de Transportes Públicos no Vale do Minho Transfronteiriço” co obxectivo de crear un servizo de transporte público por estrada de carácter transfronteirizo. A presenza do rexedor tudense nos órganos de dirección de Unimiño contribuirá á consolidación da Eurocidade Tui – Valença como principal referencia da cooperación tranfronteiriza.
Este venres novo sorteo de cheques compra e elección do mellor praceiro/as na Praza de Abastos de Tui Este venres, ás dez da mañá, terá lugar na Praza de Abastos de Tui o segundo sorteo de cheques compra da campaña “Este inverno presume de praceiro” organizada pola Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia en colaboración coa Concellería de Mercado e Praza de Abastos do Concello de Tui. O acto contará coa presenza de Rosa Martínez, delegada territorial da Conselleira, e da concelleira de Mercado e Praza de Abastos de Tui, Olga Montes. A campaña lembramos que busca incentivar o consumo de produtos perecedoiros frescos e resaltar os valores de compra na Praza de Abastos Municipal, así como a posta en valor da profesionalidade e bo facer dos profesionais que traballan día a día nela. De feito este sábado terá lugar a elección do mellor praceiro ou praceira, para iso os clientes cubriron unhas papeletas nas que valoran a calidade dos produtos e a súa profesionalidade. En canto aos sorteo de vales de compra por importe de 75, 50 e 25 euros, para levarse o premio é preciso estar presente no momento do sorteo. Neste momento na praza de abastos de Tui hai 13 peixerías, 5 carnicerías, 3 postos de legumes e verduras, un posto de flores, un supermercado, e os xoves amais hai distintos produtos do campo.
Martes, 17 de xaneiro de 2012 O concello de Tui asistirá a feira de turismo “Fitur” presentando a oferta da eurocidade Tui-Valença O Concello de Tui e a Cámara Municipal de Valença estarán presentes este venres 20 de xaneiro na Feira Internacional de Turismo “Fitur” que se desenvolverá en Madrid presentando a oferta turística de ambas cidades que teñen acordado constituírse nunha Eurocidade para compartir servizos e promover iniciativas como esta de promoción turística. A presentación da Eurocidade terá lugar no stand de Turgalicia e consistirá na exhibición dun vídeo promocional e dunha intervención breve dos rexedores de ambas cidades así como na distribución de material informativo entre os asistentes. Para o alcalde de Tui a presenza de Tui en Fitur sinala a importancia que para o goberno local posúe a promoción turística da nosa cidade pois é un dos principais recursos endóxenos para o desenvolvemento da nosa localidade. O convite para participar neste acto promovido por Turgalicia testemuña o apoio que da Xunta de Galicia amosa cara este Concello de Tui e a súa aposta pola creación da Eurocidade. O conxunto patrimonial tudense e valenciano, as potencialidades dun turismo de natureza no río Miño, na Ecopista de Valença ou no Parque Forestal do Monte Aloia, a alternativa do turismo termal ou as actividades de turismo activo, así coma a oferta comercial de ambas cidades, son algúns dos elementos que conformaran a oferta que os rexedores de ambas cidades presentarán en Fitur, unhas das principais feiras turísticas do mundo que se desenvolverá a vindeira semana en Madrid.
Mercadiño de Antigüidades en Tui La Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui, ACITUI, en colaboración con el ayuntamiento, organiza el próximo sábado, día 21 de enero, en el Paseo de la Corredera de Tui, el “ XXVII Mercadiño de Antigüidades” a partir de las 10:00 hasta las 21:00 horas.
“A crise financieira neoliberal e as súas consecuencias en Galicia”, temas das conferencias que se impartirán en Tui o 20 e 27 de xaneiro A Sala Félix Rodríguez, na posterior da Área Panorámica de Tui, acollerá os días 20 e 27 de xaneiro sendas conferencias coloquio que co título “A crise financieira neoliberal e as súas consecuencias en Galicia”, organiza a Asociación Arcebispo Lago. Segundo informan os organizadores, nestas conferencias tamén se analizarán as cuestións relativas ás Caixas de Aforro. O próximo sábado, día 20, ás 20.30 horas, será o catedrático de Economía Aplicada, da Universidade de Santiago, Xavier Vence Deza o que abrirá estas xornadas. O día 27, taménás 20.30 horas, estará en Tui o economista do Sindicato Nacional de CC.OO. de Galicia, Manuel Lago Peñas, para pechar as xornadas.
Actividades da Casa da Xuventude A Casa da Xuventude de Tui vai impartir o martes 24 e o mércores 25 de xaneiro un curso de formación en intervención afectivo sexual. Vai dirixido a persoal da Rede Galega de Información Xuvenil e Dirección Xeral de Xuventude ou interesados que estuden ou traballen en áreas sociais ou con mocidade. Esta actividade ten unha duración de 20 horas, 16 delas presenciais en horario de 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 horas. A inscrición pode facerse en www.xuventude.net. Por outra parte ata o 17 de febreiro está aberto o prazo de inscrición para o curso teórico de monitor Sociocultural que vai comezar o 2 de marzo en horario de 17.30h a 20.30h. Vai dirixido a traballadores da Rede Galega de Información Xuvenil e mocidade de 18 a 35 anos interesada na temática. O obxectivo do curso é proporcionar unha formación básica das funcións do monitor sociocultural. O curso consta de 125 horas, ten carácter semipresencial desenvolvéndose entre o 2 de marzo e o 4 de maio. A clase presencial será o primeiro día 2 de marzo de 17.30 a 20.30. Por último o 6 de febreiro comezará neste centro xuvenil un curso de batuka para mozos e mozas de 12 a 35 anos. Impartirase os luns de 17.15h a 18.30h ata o 26 de marzo, aínda que estudarán a súa continuidade ata xuño- Toda esta información pode ampliarse Casa da Xuventude de Tui, na rúa Sanz, no teléfono 986 60 05 68 ou no correo informacionxuventude@yahoo.es
Curso de manipulador de alimentos o 2 de febreiro O xoves 2 de febreiro a Federación de Empresarios do Baixo Miño, FEBAM, vai impartir un novo de Curso de Manipulación de Alimentos. Impartirase en horario de mañá de 9 a 12h. Será gratuíto para asociados tanto de FEBAM como de ACIGU. As listas para o curso permanecerán abertas até o propio día do curso. As persoas interesadas poden acadar máis información ou inscribirse no 986 60 50 84 ou ben achegarse na rúa Martínez Padín, 11 en Tui.
Inauguración dunha exposición de Xurxo Alonso en Trisquel e Medulio Este sábado ás oito e media da tarde terá lugar na Galería de Arte “Trisquel e Medulio” de Tui a inauguración dunha exposición de pintura e escultura de Xurxo Alonso. Coincidindo coa inauguración haberá un miniconcerto das irmás Sara e Raquel Areal Martínez, que interpretarán obras para violín e piano acompañadas pola pianista Isolda Crespi Rubio. A exposición de Xurxo Alonso poderá visitarse ata o 26 de febreiro.
O Concello de Tui convoca o proceso selectivo para cubrir 16 prazas temporais O Concello de Tui vén de convocar o proceso selectivo para a contratación de dezaséis persoas para ocupar distintas prazas con carácter temporal no concello de Tui. Os interesados teñen ata este venres, 20 de xaneiro, para presentar a instancia, xunto a documentación requirida, no rexistro de entrada do Concello. As prazas ofertadas son dúas de auxiliar administrativo durante 9 meses cunha xornada de 37,5 horas semanais, unha praza de auxiliar administrativo a tempo parcial con 20 horas semanais, dúas prazas de auxiliar administrativo con 37,5 horas semanais, dous auxiliares da Policía Local, un encargado do mantemento de redes e aplicacións informáticas, un encargado de mantemento do pavillón, un operario de limpeza durante 6 meses, un operario de mantemento electricista, un operario de asuntos múltiples para Santo Domingo durante 3 meses, un operario para o punto limpo, e un traballador ou unha traballadora social.
Éxito dos clubs de remo tudenses no Campionato Galego de Remoergómetro Esta fin de semana celebrouse no Ferrol o Campionato Galego de Remoergómetros no que participaron os dous clubs de remo de Tui. O Club Remo Tui logrou nesta cita competitiva 3 medallas de ouro, 3 de prata e 3 de bronce, sendo os máis laureados. En alevín feminino Lucia González Francisco foi ouro, e Nuria Piña Martíns, bronce. En xuvenil masculino Diego das Dores, proclamábase subcampión, e por tanto medalla de prata. En senior feminino Esmeralda Santos foi ouro, e en senior masculino Sergio Pérez foi bronce, e Manuel Alonso prata. Por relevos as alevíns Lucia González Francisco, Nuria Piña Martins, Lucia González Martínez e Lara Álvarez Rodríguez, fixéronse co ouro, superando o mellor tempo da final alevín masculina. Eran prata os cadetes Samuel Cardoso, Javier Álvarez, Jonatan Barreiro e Diogo Cerviño. E por último os xuvenil levaronse unha disputada terceira praza coa medalla de bronce. Por outra parte o Club Remo do Miño conseguiu unha prata e un bronce. A medalla de prata viu da man da senior Marta Cochón, que pese a estar lesionada das costas polo que non puido adestrar na última semana logrou este segundo posto. Mentres o bronce chegou da man do cadete masculino, Roberto López, que con so tres meses remando deu a sorpresa na regata con 54 deportistas. A pesar das dificultades nas categorías inferiores, o Club Remo do Miño, obtivo uns bos e inesperados resultados partindo de cero cos deportistas que actualmente forman parte do equipo. O adestrador Kiko Carballo, esta mais que satisfeito dado o tempo que levan remando, porque estes nenos soamente levan no club tres meses e xa se están relacionando coa cabeceira do remo galego. En alevín feminino Paula Prada foi 7º, en Infantil Masculino Rubén Morais foi 12º, e Eduardo Alfaya e Darío Albarat estiveron no medio da táboa. En xuvenil Xian Xiaba e Alejandro Hernández foron 4º e 5º. Non participaron os senior masculino xa que están en plena preparación para o campionato de España de fondo.
O concello de Tui expresa as súas condolencias polo falecemento de Manuel Fraga Iribarne, Fillo Adoptivo da Cidade O Concello de Tui, a través do seu Alcalde, Moisés Rodríguez Pérez, expresa o sentimento de pesar deste Concello de Tui pola morte de D. Manuel Fraga Iribarne, unha das máis egrexias personalidade de Galicia no século XX. Manuel Fraga Iribarne tiña sido nomeado “Fillo Adoptivo de Tui” no ano 1968 séndolle entregado este nomeamento o 29 de agosto daquel ano en recoñecemento, entre outros temas, ao seu papel protagonista na construcción do Parador de Turismo “San Telmo” como peza clave no traballo de promoción dos recursos turísticos e artísticos da nosa cidade. Importante papel tivo Manuel Fraga, salienta o alcalde tudense, na rehabilitación do edificio “San Paio” (hoxe coñecido como “Área Panorámica”) pois foi grazas ao seu empeño e interese que esta magna obra levouse adiante. Un equipamento convertido logo dunha década en emblema da nosa cidade e da súa actividade cultural. Ao longo da súa presidencia da Xunta de Galicia foron numerosas as visitas que realizou á nosa cidade e as obras que promoveu en diversos ámbitos e que enriqueceron á nosa cidade. Resalta tamén Moisés Rodríguez Pérez que Tui foi o tema central escollido por Manuel Fraga Iribarne no seu discurso de ingreso na Academia Portuguesa de Historia foi titulado “Tui e Toroño, fronteira e diálogo galico-portugués na Idade Media” pronunciado no ano 1991. O Concello tudense súmase ao pesar e tristeza do pobo de Galicia polo pasamento de D. Manuel Fraga Iribarne.
Aguas de Mondariz apoya la carrera deportiva de Manu Garrido El deportista tudense Manuel Garrido ha sumado en los últimos días un nuevo apoyo en su carrera deportiva. El tres veces campeón del Mundo en c1 Sub 23 en la modalidad de Maratón contará esta temporada con el patrocinio de Aguas de Mondariz. De esta forma la firma gallega quiere mostrar su apoyo a este laureado deportista miembro del Club Kayak Tudense. Aguas de Mondariz, dentro de su apuesta por el respecto por el medio ambiente colaborará con un deporte que está en pleno contacto con la naturaleza, premiando así el esfuerzo, tesón y constancia de este deportista. Manuel Garrido se iniciará en esta temporada 2012 en la categoría absoluta donde hará doblete ya que apostará tanto por la competición en pista como en maratón. Su objetivos en las próximas competiciones son estar en lo más alto del podio, repitiendo presencia tanto en Campeonatos de España como del Mundo. En otoño buscará revalidar, en la categoría senior, el título Mundial que ha conquistado ya tres veces en la sub 23. A más largo plazo la ilusión del canoista tudense es poder competir en unos Juegos Olímpicos, mirando con optimismo a Brasil 2016. En la actualidad Manu Garrido realiza sus entrenamientos a diario en las instalaciones del Club Kayak Tudense, en Centro Interfederado de Remo y Piragüismo, así como en aguas del río Miño. Ser un número un en este deporte exige entrenamientos diarios, esfuerzo, compromiso y dedicación. El piragüismo es la gran pasión de este tudense que ha llevado el nombre de Tui a lo más alto de podios nacionales e internacionales. En la nueva temporada que está a punto de comenzar volverá a palear con fuerza para conquistar nuevos títulos, esta vez no lo hará sólo sino con el apoyo de sus patrocinadores como es el caso de Aguas de Mondariz.
Sábado, 14 de xaneiro de 2012 O concello de Tui congratúlase pola aprobación pola Xunta de Galicia do convenio da eurocidade O alcalde tudense, Moisés Rodríguez Pérez, amosou a satisfacción do Concello de Tui polo acordo adoptado no día de onte polo Consello da Xunta de Galicia polo que autoriza a sinatura do convenio para a creación da Eurocidade Tui – Valença. O goberno tudense impulsor desta iniciativa de cooperación xunto á Cámara Municipal de Valença comproba como este apoio decidido da Xunta de Galicia posibilita que esta vella aspiración das poboacións tudense e valenciana poida plasmarse oficialmente. A sinatura nos vindeiros días deste protocolo de cooperación posibilitará un afondamento na colaboración xa intensa que manteñen ambas administracións locais en diversos ámbitos da súa acción de goberno. A celebración conxunta, ao longo do pasado ano, do 125 aniversario da inauguración da ponte internacional significou un elemento catalizador deste traballo conxunto que ten abranguido outros ámbitos e intervencións. Cabe lembrar o recente plantación do bosque da Eurocidade, nos últimos días de novembro, ou a celebración hai agora unha semana da Cabalgata de Reis desta Eurocidade. Traballar nesta liña posibilitará acceder a programas europeos para financiar os proxectos que se elaboren dende esta Eurocidade Tui – Valença. Moisés Rodríguez Pérez sinala a súa confianza neste proxecto común de colaboración que supón esta Eurocidade. Neste tempos de crise é unha oportunidade excepcional para intensificar esta unión compartindo servizos públicos garantindo así unha mellor calidade de vida para os nosos cidadáns. A inmediata sinatura deste convenio abre unha nova etapa nas intensas relacións existentes entre Tui e Valença. Non se trata de perder ou renunciar a propia identidade senón continuar enriquecéndonos mutuamente como ten sucedido ata agora ao longo dos tempos. Valença e Tui, continúa explicando o alcalde, xa veñen colaborando en múltiples aspectos e iniciativas como, por exemplo, o seu traballo conxunto para evitar o peche da liña férrea que comunica Porto e Vigo e a súa reclamación dunha modernización da mesma que contribúa a cohesión destas dúas cidades irmás e mesmamente da eurorrexión Galicia – Norte de Portugal. Moisés Rodríguez conclúe que esta cooperación con Valença é unha medida de caracter estratéxico para a nosa cidade pois o seu progreso está ligado, entre outras medidas, a potenciación dos seus valores e capacidades como enclave transfronteirizo.
Los socialistas propondrán al pleno la creación de un servicio de transporte público que una las parroquias El Grupo Municipal del PSdeG-PSOE de Tui llevará al próximo Pleno ordinario de enero, la urgencia de instaurar un servicio de transporte público que conecte las parroquias con el centro. Si reiteradas veces se ha presentado esta propuesta ante el Concello de Tui, actualmente desde la agrupación socialista local prima su urgencia ante la grave crisis económica que afecta a todos los ciudadanos, añadiendo además la problemática particular de este muniicpio en lo referente a la dispersión del territorio municipal y la escasez notoria de plazas de aparcamiento. Esta propuesta de un servicio público bien gestionado, que permita que los residentes en las distintas parroquias se desplacen al centro de la ciudad para realizar distintas gestiones sin tener que soportar este coste adicional que supone la necesidad en muchos casos de disponer de un segundo vehículo, difícilmente sostenible por muchas familias en estos momentos de dificultad económica En una ciudad como Tui, construida al pie del Monte Aloia, esta medida ecológica contribuiría con la disminución de las emisiones de CO2, reduciría el efecto de feísmo que sufre esta ciudad por la saturación del parque automovilístico aparcado en sus calles y facilitaría el transito viario. Un uso que no solamente beneficia a los residentes de la parroquias en sus desplazamientos al centro, sino que las integra, permitiendo que exista un servicio a la inversa del centro a los extrarradios, posibilitando así a propios y ajenos visitar los alrededores de nuestra ciudad y conocer lo que nos ofertan. Esta medida impulsada desde el Concello, no significaría un coste adicional a las arcas del municipio, es más ayudaría a incrementar la facturación de la empresa de transporte que preste el servicio posibilitando el incremento de su plantilla laboral, por lo que no supondría incrementos de gasto, ni de presión fiscal para costearlo. Además, debería desarrollarse paralelamente a la creación de un área comercial abierta, peatonalizando parte del centro de nuestra ciudad, como ya en su momento llevamos en el programa, junto con unas ordenanzas en materia de tráfico que regulen de forma eficiente el transito vial, y el uso que se hace de las calles, adaptada a las actuales normas de tráfico incluidas las sanciones, teniendo en cuenta que las actuales ordenanzas de las que disponemos, son tan antigüas que ni tan siquiera recogen la aplicación del disco azul, y las multas o sanciones aparecen valoradas en pesetas. Estamos en contra de la pérdida de tiempo y de recursos humanos que el actual consistorio está empleando en dirigir obras faraónicas con al única razón de salir en los medios de comunicación cuando carecemos de servicios primarios esenciales para la ciudadanía y además contradicen incluso las directrices de su propio partido que abogan por la contención del gasto público, como así se lo han hecho saber a las autonomías y a las administraciones locales, razones por las cuales la última propuesta del soterramiento de las vías férreas en el tramo urbano de Tui, en estos momentos no tiene ni pies ni cabeza.
Venres, 13 de xaneiro de 2012 Curso de formación en intervencion afectivo-sexual na Casa da Xuventude de Tui Dirixido a persoal da Rede Galega de Información Xuvenil e Dirección Xeral de Xuventude ou interesados que estudien ou traballen en áreas sociais ou con mocidade. Ten unha duración de 20 horas, 16 delas presenciais que terán lugar os días 24 e 25 de xaneiro de 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 horas. Inscrición en www.xuventude.net Curso teórico de monitor sociocultural Está dirixido a traballadores da Rede Galega de Información Xuvenil e mocidade de 18 a 35 anos interesada na temática. O obxectivo do curso é proporcionar unha formación básica das funcións do monitor sociocultural. O curso de 125 horas ten carácter semipresencial desenvolvéndose entre o 2 de marzo e o 4 de maio. A clase presencial será o primeiro día 2 de marzo de 17.30 a 20.30. O prazo de inscrición remata o 17 de febreiro. Curso de batuka Para mocidade de entre 12 e 35 anos. Comeza o curso o día 6 e febreiro e remata o 26 de marzo aínda que se estudiará a súa continuidade ata xuño. Celebrarase os luns de 17.15 a 18.30 horas. Máis información e inscricións na Casa da Xuventude de Tui. Teléfono: 986 60 05 68 e correo informacionxuventude@yahoo.es
Cursos de preparación para o Celga 3 e 4 organizados polo concello de Tui O Centro de Formación do Concello de Tui, abre listaxe para persoas interesadas en realizar cursos de preparación para a obtención dos diplomas CELGA 3 e CELGA 4 de galego. Os cursos están previstos en períodos de 2:30 horas diarias, durante 30 días continuados, en horario de mañá (10:30 a 13:00) ou tarde (19:00 a 21:30), segundo sexa o interese dos grupos. Desenvolveranse entre o 19 de marzo e 4 de maio. Para máis información e inscricións, os interesados deben acudir ao Centro de Formación do Concello de Tui, en Guillarei, cunha fotocopia das dúas caras do DNI, NIE ou pasaporte, en horario de 8:00 a 15:00 h., de luns a venres. O prazo de inscrición remata o 25 de xaneiro.
Feijóo salienta que a eurocidade Tui-Valença será unha oportunidade para o desenvolvemento social e económico destes concellos e “para que Galicia siga gañando presenza e centralidade na Unión Europea” O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, salientou hoxe que a Eurocidade Tui-Valença constituirá “unha oportunidade para o desenvolvemento social e económico deses concellos” e tamén “unha oportunidade para que Galicia siga gañando presenza e centralidade na Unión Europea”. Na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, que hoxe autorizou un protocolo de colaboración para a creación desta eurocidade, Alberto Núñez Feijóo avanzou que nas próximas semanas se formalizará este compromiso entre a Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal e os dous concellos transfronteirizos implicados. A de Tui-Valença será así a segunda eurocidade de Galicia, tras a creación da Eurocidade Verín-Chaves. O mandatario autonómico remarcou que esta iniciativa representa unha oportunidade “de desenvolvemento” desde o punto de vista económico, comercial, empresarial, tecnolóxico, turístico e académico e lembrou que, “canto máis xuntos esteamos, máis posibilidades teremos de coordinación e de compartir servizos”. Pero tamén, incidiu, “é unha oportunidade para gañar centralidade en Europa” e unha oportunidade “para conseguir vías de financiamento europeo con destino a Galicia e ao Norte de Portugal e, moi concretamente, con destino aos concellos de Tui e de Valença do Minho”. “Como vimos facendo ao longo desta lexislatura, imos tentar prepararnos para o programa europeo, os presupostos europeos 2013-2020” xa que “soamente facendo acordos seremos máis grandes”, sinalou Feijóo. Ao respecto, lembrou que “temos un obxectivo, difícil de acadar, pero irrenunciable”, que é a aterraxe suave dos fondos europeos que viña percibindo Galicia e que, como consecuencia do incremento das rendas e do PIB galego, “non teriamos dereito a estar dentro da estratexia 1, pero si entendemos –dixo-, que nos corresponde por dereito unha aterraxe suave dos fondos europeos e, por suposto, imos aproveitar o máximo de sinerxías nos territorios transfronteirizos para que eses territorios poidan ter tamén financiamento específico para proxectos que presenten na Unión Europea”. O titular da Xunta felicitou aos alcaldes dos municipios de Tui e Valença do Minho, á agrupación do Norte de Portugal e aos veciños destes concellos e manifestou o seu desexo de que “dúas vilas que estiveron separadas por unha fronteira e que desde a Unión Europea están convivindo de forma conxunta, agora convivan nunha única vila, nunha única Eurocidade que se chama Tui-Valença”, concluíu.
Xoves, 12 de xaneiro de 2012 “XXVII Mercadiño de Antigüidades” La Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui, ACITUI, en colaboración con el ayuntamiento, organizará el sábado, día 21 de enero, en el Paseo de la Corredera de Tui, el “XXVII Mercadiño de Antigüidades” desde las 10:00 hasta las 21:00 horas.
Mércores, 12 de xaneiro de 2012 O BNG acusa á goberno local e a Deputación de aportar diñeiro a unha proba que impediu a participación de remeiros de Tui A agrupación local do BNG manifestouse preocupada pola que cualifican coma outra nova mostra de ineficacia e de incapacidade de xestión do goberno local. Refírense desde esta formación á celebración da Regata Miño Internacional, VIII Copa Presidente da Deputación de Pontevedra, con aportación económica do Concello e a Deputación. Lembra o BNG que en Tui hai dous Clubes de Remo: o Club Remo do Miño e o Club Remo Tui, o primeiro deles, o Remo do Miño, organizador, e o segundo que non puido participar por non estar invitado e porque cando se fixo pública a realización da proba, o prazo de inscripción xa rematara. O BNG advertiulle ó Concelleiro de Deportes, Nicolás Lorenzo Montes, o que estaba a pasar e o alcalde tamén era coñecedor da situación, pero a pesares delo, aportaron diñeiro e deixaron fóra da proba a varios tudenses. Esa falta de respeto cara ó traballo e ó esforzo dos remeiros, directivos e socios do Club Remo Tui, engaden os nacionalistas, non pode pasar inadvertida para a sociedade, así como que non fose devolto todo o material deportivo de propiedade municipal e que estaba depositado no Centro Interfederado de Remo e Piragüísmo, material que é de tódolos cidadáns e do que nada se sabe. Sobre esta cuestión o BNG ten preguntado nos Plenos e nas Comisións Informativas. En definitiva, o goberno do PP de Tui e o da Deputación de Pontevedra danlle o diñeiro público a quen lles peta, sen esixir responsabilidades nin facerlles cumplir coas mínimas normas éticas e, por suposto, sendo coñecedores da situación, foron encubridores doutra trapallada máis do deporte tudense.
Novo recoñecemento xudicial á legalidade da actuación do concello de Tui ao desestimar o TSXG un novo recurso da Asociación Arcebispo Lago O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia en sentenza de data 7 de decembro pasado declara a inadmisibilidade do recurso Contencioso Administrativo presentado pola Asociación Cultural “Arcebispo Lago” contra a desestimación polo Concello de Tui do recurso de reposición que previamente interpuxeran contra o Acordo do Pleno Municipal de 31 de xullo de 2008, polo que se integraron ao documento do Plan Xeral tudense as observacións vinculantes da Consellería de Ordenación do Territorio. Sostiña dita Asociación que na votación dese acordo plenario (fase de trámite de formación do Plan Xeral), deberían absterse o anterior e o actual alcalde, pola súa relación e intereses con propiedades afectadas, e que as súas intervencións invalidaban o Acto municipal, comportando a nulidade do plan xeral. O alto tribunal da a razón ao Concello tudense cando rexeitou o primeiro recurso da asociación demandante ao entender que tratase dun acto de trámite no proceso de elaboración do planeamento que non finaliza o procedemento de tramitación. Esta sentenza, sinala o alcalde tudense, é altamente satisfactoria por dous motivos fundamentais. Por unha banda, porque unha vez mais os Tribunais, neste caso o mais Alto Tribunal de Galicia, recoñecen o bo facer e funcionamento municipal, pois na devandita Sentenza recóllense e aceptan, facéndoos seus, os argumentos de Dereito expostos por este Concello; e, en segundo lugar, evítanse os graves e irreparables prexuízos económicos e sociais que, de ser estimada a demanda, suporían para todos os tudenses, ao atrasar a aprobación do actual e vixente Plan Xeral de Ordenación . Unha vez máis, demóstrase que esta e outras denuncias presentadas polo devandito colectivo contra o Concello, e especialmente contra o seu alcalde, equipo de goberno e técnicos municipais son denuncias sen motivación nin argumentación algunha, co único obxecto e evidente intención de paralizar o funcionamento municipal, e que sistematicamente os Tribunais veñen resolvendo a favor do Concello. O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, insiste en que esta nova decisión xudicial patentiza, nunha nova oportunidade, a legalidade dos procedementos levados adiante polo Concello de Tui fronte aos infundios que esta Asociación promove no seu irresponsable afán de cuestionar permanentemente a legalidade da actividade municipal tudense. Moisés Rodríguez lamenta moito máis que o dano persoal que estas infundadas acusacións realizan o dano que esta permanente sementeira de dúbidas sobre a vida municipal tudense ocasiona na imaxe institucional da cidade. Remata sinalando que aínda que a xustiza coloca a cada quen no seu lugar este dano é irreparable; xudicializar deste xeito a vida política tudense, aínda que sexa un dereito que temos de respectar, non aporta beneficio algún á nosa cidade.
Martes, 10 de xaneiro de 2012 O concello de Tui entregará este sábado a Medalla de Ouro da cidade a tres congregacións relixiosas: Fillas de Caridade, Franciscanas Hospitaleiras e Doroteas Este sábado, 14 de xaneiro, ás 12,00 horas no Salón de Plenos da Casa do Concello de Tui acollerá o acto solemne de entrega da Medalla e Ouro da cidade a tres congregacións relixiosas que veñen de cumprir cen anos de presenza na nosa cidade: As Fillas da Caridade de San Vicente de Paúl (popularmente coñecidas como “Monxas da Milagrosa”), ás Irmás Franciscanas Hospitalaria da Inmaculada Concepción (as “Hospitaleiras”) e ás Irmás de Santa Dorotea de Paola Frassinetti (as “Doroteas”). Na súa sesión do pasado mes de novembro o Pleno da Corporación acordou esta concesión en recoñecemento ao seu labor na nosa cidade, especialmente nos ámbitos sociais e educativos. Namentres que as Fillas da Caridade chegaron a Tui en 1908 tanto as Francisanas Hospitalaria como as Doroteas se estableceron na nosa cidade co gallo da persecución desatada en Portugal logo da proclamación da República en outubro de 1910. Para o alcalde tudense, Moisés Rodríguez Pérez, con este acordo municipal testemúñase o agradecemento dos veciños e veciñas de Tui pola implicación que estas tres congregacións relixiosas teñen coa nosa poboación desenvolvendo ao longo destes cen anos numerosas actividades de caracter educativo, asistencial e benéfico que enriqueceron a vida social da nosa cidade. Relixiosas de Santa Dorotea, que procedentes de Portugal, onde a República recentemente proclamada decretara a expulsión das Ordenes Relixiosas, se asentaron en Tui o 21 de xaneiro de 1911, desenvolvendo dende aquela un importante papel como educadoras en diversos niveis do ensino ata que no ano 1990 pecharon o seu parvulario. No actual edificio, inaugurado en 1928, residiu ao longo de moitos anos Sor Lucía, a vidente de Fátima, polo que este lugar recibe anualmente numerosos grupos de peregrinos atraídos por este feito, de grande transcendencia no turismo relixioso. Irmás Franciscanas Hospitaleiras da Inmaculada Concepción (as chamadas “Hospitaleiras”) chegan a Tui o 1 de xaneiro de 1911, fuxindo tamén da persecución relixiosa en Portugal, e fundan naquela altura un centro educativo na nosa cidade e outras tres casas. En Tui estivo a sede central da súa Congregación naqueles anos e posteriormente nos anos seguintes á revolución portuguesa de 1974. Rexentaron ao longo de moitos anos a chamada “Casa de Exercicios Espirituais” no barrio da Sarabia hoxe transformado na Residencia “Paz y Bien”. Fillas da Caridade de San Vicente de Paul (ou as popularmente coñecidas como “Monxas Milagrosas”) que chegaron a Tui no ano 1908 ao fundar o tudense Florencio Cerviño, daquela bispo de Ourense, a popular “Cociña económica” que mantivo a súa actividade durante moito tempo; ao ano seguinte foi fundado o centro docente “La Milagrosa” que funcionou ao longo de moitas décadas, rematando a súa actividade educativa no ano 2005. Salienta tamén a súa achega no ámbito social, a través do Voluntariado da Caridade ou coa creación do “Albergue de transeúntes”. Na actualidade continúan asentadas en Tui no colexio de “La Milagrosa” e o centro vacacional “Val de Flores”.
Luns, 9 de xaneiro de 2012 La Administración de Loterías del Paseo de la Corredera vende un tercer premio del sorteo de El Niño. El sorteo de El NIÑO deja en Tui 1.400 euros a cada décimo del número 00260 vendido en la Administración de Lotería nº2 situada en el Paseo de La Corredera. Desde la Administración de la Corredera afirman que los afortunados son todos vecinos de la localidad debido a la característica del número que esta considerado como feo y ha sido vendido por ventanilla. De nuevo la suerte recala en Tui De nuevo la suerte ha recalado en la ciudad de la mano de la Administración de Loterías nº2 de Tui que ha sellado un nuevo gran premio en este caso de Lotería del Niño, que se suma a los dados con anterioridad en este establecimiento tanto en Lotería como en la Primitiva, Bonoloto o en la Quiniela, y que hacen de esta administración una de las más afortunadas de España. Juan A. Sánchez Cardell, gerente de la Administración nº2, ha mostrado su satisfacción recordando “la cantidad de premios de categoría superior que se han sido repartidos en su establecimiento". Añade que "en estos años es mucho el dinero que hemos repartido en todas las administraciones de loterías de esta localidad lo que hace que Tui esté a la misma altura que otros referentes en el sector como Doña Manolita, Sort, y otros"
Hoxe chega a Selección Española Sub-21 a Tui onde se concentrará ata o próximo xoves Desde hoxe, e ata o xoves, vaise concentrar en Tui a SelecciónEspañola Sub-21 de Balonmán. Previa preparación para o Campionato IV Nacións que comeza o venres en Oporto en Portugal.
Os adestramentos serán a porta aberta sempre que se respete o
silencio nas instalacións para que a preparación destes deportistas sexa a máis
correcta posible. Con motivo desta concentración vanse levar a cabo dúas actividades paralelas. 1º Conferencia-Coloquio "O Balonmán na Actualidade".Será mañá, martes, na Aula da Uned en Santo Domingo, ás 20:00 horas, impartida por Alberto Suarez, seleccionador nacional, coa posibilidade de que o acompañe algún xogador. Durante unha hora aproximadamente, Alberto Suarez, falará do Balonmán na actualidade, e do seu labor formativo na elite do balonmán. O mércores, ás 19:30 horas, cando remate o adestramento da Selección Española de Balonmán, os xogadores ofrecerán unha recepción aos xogadores das escolas deportivas do concello de Tui e Tomiño. Nesta recepción estarán todos os nenos que practican balonmán nos colexios das cidades mencionadas. A continuación a recepción será para os xogadores da Selección Galega e por último os cativos disfrutarán da compañía da Selección de Arxentina. E ás 20.30 horas disputarase un partido amistoso entre a Selección Galega de Balonmán e a Selección Nacional de Arxentina. Tanto a Conferencia como o partido son gratuitos, e para o partido se habilitarán os terreos do Ceip Nº2 como parking gratuito.
Venres, 6 de xaneiro de 2012 Este domingo dispútase en a Regata Miño Internacional Este domingo dispútase en augas do río Miño a Regata Miño Internacional, VIII Copa Presidente da Deputación de Pontevedra. A regata contará coa participación de 21 clubs de España e Portugal que presentarán 50 embarcacións a competición con preto de 400 remeiros e remeiras. A saída será ás doce do mediodía dende San Pedro da Torre/Amorín para percorrer os seis quilómetros que separan deste punto do Centro Interfederado de Remo e Piragüismo de Tui. A primeira saída será a de 4 scull absoluto femino, seguida do 4 scull absoluto masculino e dos oitos que disputarán tres mangas. Esta proba deportiva foi presentada esta mañá no concello polo alcalde, Moisés Rodríguez, acompañado polo vicepresidente da Federación Galega de Remo, Manuel Seijas, o vicepresidente do Club Remo do Miño Alberto Ledo Amoedo, e o delegado deportivo Jimmy Corgo Solleiro. Segundo se puxo de manifesto nesta presentación esta regata sirve aos clubs galegos para preparar o Campionato de España de fondo que se disputará a finais de xaneiro, e aos portugueses para o Campionato de fondo de Portugal que se disputa nunhas semanas. Destacaba Jimmy Corgo que as embarcacións encherán de cor o río durante case media hora que dura a proba. Manuel Seijas, da Federación Galega de Remo, destacaba a fortaleza mental dos deportistas, e salientaba a realización desta regata na Eurorexión, nun ano que ten a vista posta nos Xogos Olímpicos de Londres. Por último o alcalde de Tui destacaba ao gran traballo realizado polo Club Remo do Miño a quen felicitaba polo seu traballo, tesón e constancia. Destacaba que estamos nunha zona privilexiada da que Tui é a porta para moitas cuestións, e confirmaba que este mes será asinado o acordo de Eurocidade. Sobre o Miño dicía que hai que seguir potenciándoo, así como o deporte.
Presentación do Partido de Balonmán entre as Seleccións Galega e Arxentina O próximo luns presentarase ás 13.15 horas, no Salón de Plenos do Concello de Tui o partido de balonmán entre as Seleccións Absolutas Galega e Arxentina, que se disputará o mércores 11, ás 20.30 horas no novo pavillón deportivo municipal de Tui. A presentación correrá a cargo do alcalde do Concello de Tui, Moisés Rodríguez; o concelleiro de Deportes, Nicolás Lorenzo, o presidente da Federación Galega de Balonmán, José Luís Pérez Ouro, e o vicepresidente do Club Balonmán Tui, Ismael Gómez.
Campionato Internacional de Kaiak Ergómetro “Cidade de Tui 2012” A cidade de Tui vai albergar o I Campionato Internacional de Kaiak Ergómetro “Cidade de Tui”, organizado por Nauticalia en colaboración co Concello de Tui e a Federación Galega de Piragüismo. Os días 21 e 22 de xaneiro, o novo pavillón deportivo tudense acollerá a máis de 250 deportistas que competirán en diferentes categorías e distancias. Por outra banda, o próximo luns presentarase ás 13.15 horas, no Salón de Plenos do Concello de Tui o partido de balonmán entre as Seleccións Absolutas Galega e Arxentina, que se disputará o mércores 11, ás 20.30 horas no novo pavillón deportivo municipal de Tui. A presentación correrá a cargo do alcalde do Concello de Tui, Moisés Rodríguez; o concelleiro de Deportes, Nicolás Lorenzo, o presidente da Federación Galega de Balonmán, José Luís Pérez Ouro, e o bicepresidente do Club Balonmán Tui, Ismael Gómez.
O concello edita un calendario con fotografias antigas da nosa cidade O Concello de Tui ven de editar recentemente un calendario para o ano que estamos comezando de 2012 no que figuran reproducidas diversas fotografías antigas da cidade. En concreto, ao longo dos diversos meses podemos contemplar neste calendario unha escolma de vellas fotografías da nosa cidade: A Praza da Catedral ou a do Concello, a praia do Penedo, A Corredoira, os Soportais, a Mariña, ou imaxes do Monte Aloia e do Balneario de Caldelas de Tui. No pasado concerto de fin de ano no Teatro Municipal todos os asistentes foron agasallados cun exemplar deste calendario e todas as persoas interesadas en contar con este almanaque poden achegarse ata a Casa do Concello onde son distribuídos de xeito gratuíto ata esgotar as existencias. Unicamente se entregará un exemplar por persoa. Para o alcalde tudense a edición deste calendario co que se agasalla aos veciños do noso municipio é un testemuño máis do compromiso do goberno municipal tudense coa conservación do noso patrimonio cultura e a promoción da cultura local, amosado nesta oportunidade por medio destas imaxes fotográficas de principios do século pasado.
Xoves, 5 de xaneiro de 2012 A mellora do ferrocarril co Porto é unha aposta firme dos nacionalistas que, din, empeza a dar o seus froitos O BNG de Tui quere demostrar, di nun comunicado, como se debe traballar para manter e mellora-lo servizos que recibe a poboación. Sinala esta formaicón que vén de aprobarse na Asamblea municipal de Oporto unha moción presentada polo Bloco de Esquerdas e apoiada por 29 votos a favor e 19 abstencións (curiosamente do grupo do PSD que detenta o poder), na que seguindo as indicacións expresas do Grupo Municipal do BNG de Tui se piden melloras no servizo e ampliacións de horarios e frecuencias, tal coma xa foi aprobado no Concello de Tui noutra moción presentada no Pleno de xullo. Aseguran desde a formación nacionalista que o BNG non está para facerse fotos e publicitarse subido enriba dun tren ou da Ponte Internacional, algo que caracteriza, di, ao alcalde de Tui Moisés Rodríguez, senón que o BNG traballa para que nas Institucións o seu traballo teña repercusión. Os nacionalistas estiman moi importante que a Cámara Municipal de Oporto se teña manifestado a favor dunha iniciativa proposta polo BNG de Tui a través dos representantes na Asamblea do Bloco de Esquerdas.
ACITUI sorteou os premios da campaña de Nadal A asociación de comerciantes e Industriais de Tui, ACITUI, fixo onte á mañá na Radio Municipal de Tui o sorteo de agasallos correspondente á Campaña de Nadal, entre ás máis de dez mil papeletas depositadas nos comercios asociados. Por unha os gañadores dun cheque de compra de 100€ son Eva Dacuña Martínez por unha papeleta do Disom e Telmo Martínez Ramos por unha compra na Ferretería Baixo Miño. Amais lévanse un lote de produtos Isabel Alonso Pereira por unha compra en Polisport, Estefanía San Juan que mercou en Jeansland, Angel Acevedo González por unha papeleta da Expendeduría nº3 de Lourdes Estévez, Nuria Alonso Iglesias por comprar na Perfumería Avenida, e Rosa Hernández Santos por mercar na Librería Iris. Por último Julia Míguez Lima por unha consumición no Pony Express foi agraciada cunha noite no Parador de Turismo San Telmo de Tui. Os agraciados poden recoller a partir de mañá os seus premios nas oficinas de ACITUI no Paseo da Corredoira. Por outra parte ACITUI informa aos seus asociados que poden pasar xa polas súas oficinas a recoller os carteis de Rebaixas.
Mércores, 4 de xaneiro de 2012 21.500 usuarios pasaron polo Teatro Municipal de Tui en 2011 O Concerto de Fin de ano que encheu o aforamento do Teatro Municipal pechou a programación de 2011 neste espazo teatral. Un ano no que se levaron a cabo 73 actividades que congregaron no teatro a 21.500 usuarios. Dende a súa apertura hai case nove anos teñen pasado por este espazo 194 mil usuarios. A programación de 2011 abrangueu por unha parte concertos do conservatorio, actividades dos centros educativos, espectáculos no marco das festas de San Telmo, actividades do 125 aniversario da vella Ponte Internacional, festivais de bandas e de corais, entre moitas outras. Referencia especial merece Play-Doc, que ten neste teatro o seu centro neurálxico, e que cada ano achega a Tui a miles de persoas, pero tamén leva o nome de Tui por moitos outros países. Xa no que se refire á programación oficial do Concello organizada pola Concellería de Cultura, coa colaboración do AGADIC, o programa abrangueu este ano un total de 22 espectáculos, cun investimento de 33 mil euros, e unha asistencia de 7 mil espectadores. A media por función foi de 300 persoas, co que Tui volve a estar á cabeza na media de espectadores en Galicia. Unha media que volveu crecer con respecto a 2010, pese a que se incrementou o número de espectáculos en 2011. Por todo isto Tui, un municipio de 18 mil habitantes, está nos primeiros postos de datos de asistencia ao teatro de Galicia. Neses 22 espectáculos houbo teatro, monicreques, música, danza, maxia...tanto para público infantil como para adultos. Destaca a dobre función realizada de “O Florido Pensil” de Eme2 producións que encheu o aforamento do teatro os dous días e que foi un gran éxito de público. No 2011 consolidouse tamén á venda de entradas por internet ao través das web www.culturatui.info, xa que este sistema rexistrou o 45% das vendas totais de localidades. Dende a Concellería de Cultura, a súa responsable, Vanesa Rodríguez, destaca que todo este éxito non sería posible “sen a presenza do público” a quen agradece a súa “confianza, apoio e fidelidade”. Tamén salienta o traballo desenvolvido polo departamento de cultura tanto na elaboración da programación en sí cada semestre como en cada espectáculo. Vanesa Rodríguez avanza que nun par de semanas será presentada a programación que organiza a súa Concellería para o primeiro semestre de 2012. Unha programación que “volve estar caracterizada pola súa continuidade e calidade”, e na que agarda de novo contar co respaldo do público.
A Sala Municipal de Exposicións acolle unha mostra da Aula de Pintura da Asociación de Amas de Casa de Tui A Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui acolle ata o vindeiro día 15 unha mostra coa escolma dos traballos realizados polas alumnas da Aula de Pintura que imparte a Asociación de Amas de Casa de Tui. Nesta mostra colectiva participan un total de quince mulleres que asisten regularmente as clases desta Aula de aprendizaxe e que agora exhiben neste espazo publico unha mostra do seu traballo. A concelleira de cultura, Vanesa Rodríguez Pereira, amosa a súa satisfacción por acoller nesta Sala Municipal de Exposicións esta mostra que testemuña o traballo que desenvolve a Asociación de Amas de Casa pola promoción da cultura e o entusiasmo das alumnas participantes. Relación de participantes: Concepción Alonso Gómez, Mercedes Alonso Martínez, Gloria Dasilva Díz, Concepción Díz Comesaña, Eufemia Domínguez Correas, Dolores Domínguez Fernández, Carmen González Collazo, Filo Iglesias Grova, Ana Llanes, Rita Martínez Tato, Pilar Pereira Iglesias, Mª Carmen Pérez Besada, Cristina Porto González, Mª Teresa Ruano Martín e Fina Saa Rodríguez.
Nove carrozas participan na Cabalgata Internacional de Reis Todo está preparado en Tui e Valença do Minho para acoller este xoves a tarde a Cabalgata Internacional de Reis, que un ano máis volverá encher de ilusión e maxia as rúas das dúas cidades fronteirizas. O punto de partida será ás cinco da tarde, hora española, dende o albergue de Peregrinos de San Teotonio en Valença Minho. A comitiva real percorrerá as avenidas dos Bombeiros e de Espanha, en terras valencianas, para cruzar pola vella Ponte Internacional, e subir ata o centro urbano de Tui pola avenida de Portugal, rúa Martínez Padín, Augusto González Besada e Paseo da Corredoira. Xunto ao palco da música Melchor, Gaspar e Baltasar farán a súa ofrenda de ouro, incenso e mirra ao neno Xesús no belén vivinte. Logo recibirán a todos os nenos e nenas que desexen subir a saúdalos, repartindo entre eles miles de globos. Previamente no seu percorrido repartirán entre as miles de persoas que estarán nas rúas de Valença e Tui mil quilos de caramelos. Os magos de Oriente chegarán en tres magníficas carrozas cos seus paxes, acompañados doutras seis carrozas da ANPA do Colexio Rural Agrupado, e das asociacións culturais de Malvas, “Seixos Albos” de Areas, “Lembranzas da terra” de Guillarei, “Xuntanza” de Randufe e “Aloia” de Pazos de Reis, un tren turístico, e dous camións de bombeiros. A parte musical correrá a cargo da Rondalla do Centro Cultural “O Mosteiro” de Pexegueiro e do grupo valenciano “Luar do Minho” e serán escoltados pola Policía Local de Tui, os Bombeiros Voluntarios de Valença do Minho, unha ambulancia, Protección Civil de Tui, e a Garda Nacional Republicana. A comitiva real estará formada por máis de 250 persoas. Amais agardando aos Reis Magos xunto aos nenos na Corredoira estarán Dora Exploradora e Pocoyó. A Concellería de Cultura de Tui é a organizadora desta Cabalgata de Reis na que colaboran a Cámara Municipal de Valença, a Policía Local, Protección Civil, a Garda Nacional Republicana, o Centro de Cooperación Policial e Aduaneiro, o grupo Scouts Alhoia, Moto Club Randufe, os Bombeiros Voluntarios de Valença, diferentes departamentos do Concello, e as asociacións culturais de Malvas, Areas, Guillarei, Randufe, Pazos de Reis e Pexegueiro. Como cada ano é tamén imprescindible a colaboración da cidadanía para o bo desenvolvemento desta actividade. Previamente pola mañá os Reis Magos visitarán, a cabalo, as Residencias Paz e Ben e San Telmo, onde como cada ano entregarán os seus agasallos ás persoas maiores que viven nas mesmas. Estarán acompañados pola Rondalla do Centro Cultural “A Insua” de Caldelas.
Martes, 3 de xaneiro de 2012 A oficina municipal de turismo recibiu 30.039 visitas durante 2011 En días pasados finalizou o período anual de apertura da Oficina Municipal de Turismo de Tui que ao longo dos oito meses de funcionamento atendeu a un total de 30.039 visitas, destas 24.803 foron nacionais, e 5.236 internacionais, existindo entre eles un número total de 3.036 peregrinos no seu paso polo Camiño de Santiago portugués. Estes datos supoñen un pequeno aumento do turismo con respecto ao ano 2010, pero sen conter un cambio moi substancial. Da análise dos datos estatísticos achegados por esta Oficina Municipal de Turismo podemos observar que existe unha maior presenza de turismo nacional que internacional, sendo as Comunidades autónomas máis destacadas por orde de importancia Madrid (con diferenza), Andalucía e Galicia. Tamén obtiveron unha importante porcentaxe os visitantes oriundos de Castela e León, Cataluña e País Vasco, estando o resto de Comunidades presentes aínda que con menor intensidade, chama a atención unha elevada presenza de turistas das afastadas Illas Canarias. No caso de peregrinos a presenza internacional en xeral é, con todo, maior que a nacional, sendo os países máis presentes Alemaña, Francia e Portugal, seguíndolles Italia, Inglaterra e Canadá. A concelleira de turismo, Raquel Lorenzo Pimentel, engade que é impresionante a cantidade de turistas e peregrinos de todo o mundo que visitaron Tui, sendo máis de 40 os países de procedencia, algúns tan afastados como Rusia, Xapón, ou Australia. Neste aspecto salienta a concelleira o lixeiro descenso do turismo procedente de Portugal por mor da crise económica que vive o país veciño e que a pesar do incremento doutras procedencias provoca o mantemento do número de consultas na Oficina de Turismo nos parámetros do ano anterior. Para achegarse ao número real de visitantes da nosa cidade habería que multiplicar por catro ou cinco este número de consultas. Pero o traballo deste Oficina Municipal de Turismo abrangueu outras actuacións ao longo deste período temporal amais da atención ao público: creación dun perfil de turismo Tui en facebook, presenza na feira de turismo Expogalaecia conxuntamente coa cidade de Valença, promoción en medios de comunicación, asesoramento para guías impresas e visitas guiadas, entre outras iniciativas.
Tres novas películas hoxe no Cineforum Infantil O Antigo Convento de Santo Domingo acolle hoxe martes unha nova sesión do cineforum infantil organizado polo Colexio Rural Agrupado Mestra Clara Torres, coa colaboración do Concello de Tui e a produtora OQO. As tres películas de animación que se van proxectar a partir das seis da tarde son “Corre, corre cabaciña”, “A bruxa regañadentes” e “A princesa do Caurel”. A entrada é gratuíta.
Concurso de panxoliñas e de beléns na Catedral A Catedral de Tui acolle mañá mércores, ás cinco da tarde, o concurso de Panxoliñas organizado por este templo catedralicio. Hai tres premios de 300€, 200€ e 100€, para o primeiro, segundo e terceiro clasificado respectivamente. Amais tamén mañá mércores será fallado o concurso de beléns no que participan unha vintena de creacións que se poden ver na nave central da Catedral. Os premios son tamén de 300, 200 e 100€.
|
|
|