|
|
Luns, 29 de agosto de 2011 Horario de las actividades colectivas del Gimnasio Exscalibur El Gimnasio Excalibur, que se puede visitar en el Barrio de Cumieira, nº 5, de O Rosal (teléfono 647 95 96 95) informa de lo horarios de clases colectivas en la temporada 2011-El Gimnasio Excalibur, en O Rosal, abre sus instalaciones, con más de 600 metros cuadrados al servicio del deporte, de lunes a viernes, desde las 9 a las 13 horas y de 16 a 22.30 horas. Los sábado el horario es de 10 a 13 horas. Las actividades colectivas se realizarán de acuerdo con el siguiente horario: Pilates: martes y jueves de 20:00 a 20:45 horas. Aerobic: martes y jueves de 20:45 a 21:30 horas. Spinning: martes y jueves de 11:15 a 12:00 horas y de 21:30 a 22:15 y viernes de 20:45 a 21:30 horas. Tono-G.A.P.: martes y jueves de 10:30 a 11:15 horas y miércoles y viernes de 20:00 a 20:45 horas. Full Contact: lunes y miércoles de 21:00 a 22:00 horas.
Venres, 26 de agosto de 2011 O BNG solicitará no próximo pleno, instar o goberno galego a retirar a orde que eleva o valor de bens inmobles nun 30% O BNG ven de presentar no rexistro do concello do Rosal, unha proposta na que solicitan instar ao goberno galego á retirada da orde que aprobou a Xunta este mes de agosto e que eleva o valor de bens inmobles nun 30%. Segundo explica o voceiro nacionalista, Alberte Alonso Pereira, a Xunta de Galiza publicou no DOG do 19 de agosto de 2011, a Orde da Consellaría de Facenda do 28 de xullo de 2011, pola que se aproban os prezos medios no mercado de determinados inmóbeis rústicos e urbanos situados na Comunidade Autónoma de Galiza para os exercicios 2010 e 2011. Os valores medios fixados para os bens inmóbeis nesa norma supoñen un incremento considerábel respecto do valor que se viña asignando polos propios servizos tributarios da Xunta de Galiza. A aplicación da devandita norma, como medio preferente para determinar o valor dos inmóbeis aos efectos do cálculo dos tributos xestionados pola Xunta de Galiza, levará a un aumento xeneralizado e abusivo dos impostos que gravan as transmisións patrimoniais inter vivos ou mortis causa (sucesións e doazóns), unha situación que afectará negativamente á maioría dos veciños e veciñas do noso concello, sinala Alonso Pereira. A subida media das taxacións dos inmóbeis que pretende aplicar a Xunta de Galiza, incluso de xeito retroactivo desde xaneiro de 2010, estímase entre un 25 e un 30%, chegando nalgúns casos ao 65%, como puxeron de manifesto desde que se difundiu o proxecto previo á publicación da Orde, especialistas en xestión e asesoría tributaria, organizacións profesionais agrarias ou mesmo representantes municipais, engaden os nacionalistas. “En realidade estamos diante dunha suba encuberta de impostos aplicada pola Xunta de Galiza, facendo uso dunha actualización de valores alonxada da realidade, dado que, debido á situación de crise económica é precisamente o mercado inmobiliario un dos máis afectados polo descenso continuado dos prezos ao longo dos últimos anos”. Alonso Pereira cualificou esta decisión de “inxusta e totalmente fóra de lugar en plena crise” e indicou que “afecta indiscriminadamente á poboación e unha vez máis, incrementan os impostos ás rendas medias e baixas, demostrando a nefasta xestión económica do Goberno Galego”. Os nacionalistas esperan que a proposta presentada sexa tratada e aprobada no próximo pleno, que se celebrará a finais de setembro.
Sábado, 20 de agosto de 2011 Xornadas de Xuventude no concello do Rosal A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado pon en marcha o programa “Xornadas e Obradoiros de Xuventude nos Concellos” co obxectivo de facilitar información e formación, sobre os recursos da Xunta de Galicia, en materia de Xuventude. No concello do Rosal falarase, o luns, 19 de setembro, de 19.00 a 21.00 horas, sobre “Xuventude en Acción—Intercarmbios e Iniciativas”. E o seguinte luns, 26 de setembro, de 19.00 a 21.00 horas, o tema versará sobre o “Servizo de Voluntariado Europeo”. O Programa Xuventude en Acción, intercambios e iniciativas xuvenís e servizo voluntario europeo constitúen un instrumento privilexiado para fomentar a política de cooperación na mocidade. O programa ten como obxectivo principal contribuír ó proceso educativo, dun xeito non formal, de tódolos mozos, principalmente mediante actividades de intercambio. As persoas interesadas en participar en calquera destas xornadas debe inscribirse no Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Concello do Rosal ou chamar ó 986 609450.
“Carnaval de Verano” en la Liga de Amigos de O Rosal El próximo 3 de septiembre, sábado, la Liga de Amigos de O Rosal celebrará el "Carnaval de verano", un evento al que podrán asistir aquellas personas que lo deseen, disfrazadas de los años 60-70. La fiesta, que comenzará a partir de las 23 horas, contará con una actuación en directo. Desde la Liga de Amigos de O Rosal recuerdan a todos los socios que tienen a su disposición el salón de la planta inferior de la Liga para organizar distintas actividades como reuniones, conferencias, exposiciones, cursos, juegos, conciertos, campeonatos o cualquier otra celebración que organicen. Quienes lo deseen puede ponerse en contacto con la Directiva para organizar el evento que decidan.
A Asociación Galega de Viticultura (AGV) defende o papel do Consello Regulador da DO Rías Baixas no control de rendementos na producción de uva Ante certo estado de opinión sobre a inconveniencia de pór trabas aos aumentos de rendementos que o Consello Regulador pode aprobar cada ano, estado de opinión que non é promovido pola maioría social e empresarial da Denominación de Orixe Rías Baixas, a AGV manifestou a súa postura que dá o seu apoio e respaldo ás funcións e papel que desempeña o Consello Regulador, que como tal regula, ou sexa, é o garante de preservar a calidade mínima de todas elaboracións que chegan aos consumidores como tamén a de favorecer os mecanismos de control da oferta que permita a protección da sustentabilidade económica das empresas e as rendas dos viticultores. A aprobación dun aumento de quilos nos rendementos máximos admitidos, e que o Consello Regulador tras acordo plenario pode aumentar ata un máximo dun 25por cento, supón unha decisión que debe ser previamente argumentada e razoada entre os diversos integrantes da Denominación. Ou sexa, que dita decisión non pode ser unha mera traslación das azarosas continxencias biolóxicas e climáticas dun ano determinado, se non que tamén se deben ter en conta a capacidade de conciliar oferta e demanda, ao fín de manter un equilibrio no prezo a percibir polos viticultores, que sempre depende da oferta final de viño. A tramitación de expedientes informativos que poidan eventualmente rematar nun proceso sancionador é potestada do Consello Regulador e en ningún caso pode proceder a non facelo, xa que estaría incumprindo un deber no seu funcionamento básico, aparte de ser unha das razóns pola que se crearon xa hai décadas os Consellos Reguladores. A administración pública preceptiva debe ser a que proceda ou non na sanción que se recolle na disposición normativa que se inclúe no Regulamento da Denominación de Rías Baixas, a Lei de Defensa da Calidade Agroalimentaria de Galicia e a “Lei de la Viña y el Viño”. En todo caso a AGV defende como norma o mantemento dos máximos de producción admitidos e que son os 12.000 quilos por Ha, polo que a excepción non debe ser convertida nunha norma de facto, polo que deben ser propostas iniciativas no ámbito informativo, formativo e técnico para incidir nas causas obxetivas dos aumentos de rendementos detectados nas últimas campañas é así evitar estas situacións de controversia que pouco axudan a boa imaxe pública da Denominación de Rías Baixas. Dicir que para o ano 2010 o montante total de producción fora do admitido supuxo menos do 0,5% do total, o que ao final indica o bó traballo a desenvolver polos mecanismos de auditoría internos. A AGV procederá a realizar reunións informativas con viticultores dentro da DO para que se coñezan as consecuencias negativas que para o sector supoñen os excesos de produción.
O BNG do Rosal solicitou que se limiten as comisións bancarias para evitar “cobros abusivos” O grupo municipal do BNG solicitou, no último pleno celebrado no Rosal, instar á Xunta para que se limiten as comisións bancarias e se poña fin aos “cobros abusivos” que se producen na actualidade. Nun primeiro termo, o BNG solicita ao goberno galego que, á súa vez, inste ao do Estado a impedir que “nesta situación de crise se produzan aumentos nas comisións que cobran as entidades financeiras”. Por outra banda, para o BNG, é necesario realizar “unha supervisión das comisións bancarias estabelecendo límites máximos en función de parámetros obxectivos que teñan en conta o custe real dos servizos prestados”. Tamén sería necesario obrigar nesta situación ás entidades bancarias a que “ofrezan de forma transparente as comisións que cobran polos distintos servizos prestados”. Finalmente, sería necesario aprobar de forma inmediata as normas legais precisas para “evitar que por parte das entidades financeiras se manteña o cobro abusivo en concepto de mantemento ou administración de contas correntes ou de aforro e obrigar á devolución das cantidades ingresadas en canto de persistir esta práctica”. Tal e como se lembra na exposición de motivos da moción, nesta época de crise económica, as comisións bancarias experimentaron unha forte subida, ao mesmo tempo que as entidades bancarias seguen acumulando beneficios que só no primeiro trimestre deste ano ascenderon a 3.174 millóns de euros. “A aplicación de cláusulas abusivas e inxustas por parte das entidades financeiras non pode ser consentida de forma indefinida”, subliña o voceiro do BNG, Alberte Alonso Pereira, xa que “a afectación e as consecuencias negativas que poden sufrir millóns de persoas confire un interese público e social a estes feitos e obriga ás autoridades competentes, Xunta e Estado, a adoptar medidas urxentes”. A moción foi rexeitada cos votos do PP, que tentou introducir un texto alternativo ao acordo, non aceptado polo BNG ao considerar que desvirtuaba a súa proposta. O PSOE abstívose.
Xoves, 18 de agosto de 2011 O Rosal acolle o XXII Festival de Músicos Xoves organizado pola Agrupación Musical Esta fin de semana terá lugar na Praza do Calvario do Rosal o XXII Festival de Músicos Xoves, que se vén celebrando dende o ano 1989. O sábado día 20, a partir das 21.00 horas, participarán a Banda Infantil da Agrupación Musical do Rosal, a Banda Musical da Casa do Povo de Tangil (Portugal), Banda de Música Municipal de Valga e a Agrupación Musical do Rosal. O domingo 21, á mesma hora, estará dedicado á música coral e participarán a Coral Alameda de Pontevedra, a Coral Ecos do Folón (Fornelos, O Rosal) e a Coral da Agrupación Musical do Rosal.
Mércores, 17 de agosto de 2011 O BNG do Rosal esixe que executen as obras para elevar os pasos de peóns da zona urbana O pasado pleno celebrado o día 30 de xullo, o BNG volveu preguntar polas obras de elevación dos pasos de peóns na zona urbana. Segundo o voceiro nacionalista, Alberte Alonso Pereira, a resposta do alcalde foi que se 'realizarán antes de finais de ano' e asegurou que “esa xa foi a resposta que deron o ano pasado”. Alonso Pereira manifestou que en marzo do ano pasado foi anunciado, por parte dun cargo da Xunta nunha visita ao Rosal, que se realizarían esas obras antes de finais de 2010. “A realidade é que a día de hoxe seguimos igual. As obras sen facer” enfatizan os nacionalistas. O BNG parécelle unha tomadura de pelo que, despois de tres anos e medio de aprobarse a proposta, aínda non se levasen a cabo as obras para elevar os pasos de peóns na zona urbana. “Sería lamentable que tivera que ocorrer unha desgraza para que se executasen as obras” indica Alonso Pereira. “Os pasos da zona urbana son un perigo para os peóns, pola alta velocidade á que pasan algúns vehículos”, engadiu. Nese sentido indicou que a execución destas obras deberían ser prioritarias. A proposta para que se construísen pasos elevados nas zonas urbanas do Rosal, foi realizada polo grupo nacionalista en xaneiro de 2008 e aprobada pola unanimidade do pleno.
Xoves. 11 de agosto de 2011 O BNG solicita que se laven periodicamente os contedores de lixo O BNG no Rosal ven de solicitar que por parte do concello se proceda ao lavado dos contedores de lixo verde. Esta petición do BNG está motivada polas queixas que recibiron de veciños, sobre o mal cheiro que desprenden algúns contedores de lixo verde (os de materia orgánica), segundo manifesta o voceiro nacionalista, Alberte Alonso Pereira. No escrito engaden que esta situación agrávase coas altas temperaturas. “Alí onde están situados os contedores, sobre todo se están a beira das vivendas, provoca mal estar na veciñanza e mesmo nos viandantes que poidan pasar pola zona, polo desagradábel cheiro que desprenden” sinalan. Finalmente rematan solicitando que se proceda ao lavado dos contedores de lixo e, asi mesmo, que se limpe a zona na que se ubican cunha periodicidade axeitada, para evitar esta situación desagradábel.
O Concello do Rosal e o Centro de Transfusión de Galicia impulsan a participación dos veciños na doazón de sangue O Concello do Rosal e o Centro de Transfusión de Galicia ( CTG ), impulsan unha iniciativa que ten como obxectivo promover a participación dos veciños e veciñas nas campañas de doazón de sangue, e deste xeito garanti-lo correcto desenvolvemento do labor asistencial nos centros sanitarios galegos, que van a precisar ó redor de 30.000 doazóns de sangue nos meses de verán para cubrir todas as necesidades. As persoas que desexen participar poden acudir á unidade móbil do CTG instalada na Praza do Calvario, no O Rosal, o vindeiro xoves, 18 de agosto, entre as 10 e as 14 horas e 16 ás 21 horas. Mediante esta iniciativa, que se está a desenvolver este verán preténdese mellorar a información sobre este acto altruísta, para que a participación solidaria dos veciños do concello chegue aos nosos hospitais co obxectivo de compartir a nosa saúde e salvar vidas. O Concello e o Centro de Transfusión de Galicia, amosan o seu agradecemento a todos os veciños que participan cada ano nas campañas de doazón de sangue e permiten deste xeito que moitos enfermos recuperen a súa saúde, e necesario incrementar a participación para que O Rosal siga sendo uns dos concellos mais solidarios de Galicia acadando o índice recomendado pola OMS.
Luns, 8 de agosto de 2011 A Deputación concede unha mención de honra a Terras Gauda nos Premios Provincia 2011 A Deputación de Pontevedra entregará o 11 de agosto a Medalla de Ouro da provincia de Pontevedra á Brigada de Infantería Lixeira Aerotransportable (BRILAT) Galicia VII, como homenaxe a este corpo pola súa longa radicación en Pontevedra e a súa contribución a distintas misións do Estado. Entre as mencións de honra, a Deputación distinguiu tamén á adega Terras Gauda, na Categoría Empresa. Terras Gauda presidida por Xosé Maria Fonseca Moretón, foi fundada no ano 1990, momento no que se poñen en marcha plantacións propias, coa idea de salvagardar a identidade do viño do Rosal. Desenvolve un intenso labor de investigación e no eido comercial conseguiu introducir os seus produtos en Australia, República Dominicana, Polonia, India, Taiwán e Singapur, entre outras rexións xeográficas. Asemade, Terras Gauda forma parte da Fundación para a Cultura do Viño, que fomenta o consumo responsable e a elaboración dun viño de calidade. En anos anteriores foron distinguidos nesta categoría: 2005 Florentino SA; 2006 Empresa de Mobles María Martínez; 2007 Asociación Galega de Graniteiros; 2008 Extrugasa-Grupo Quintá; 2009 Adega Condes de Albarei; e 2010 Pórtico S.A.
Xoves, 4 de agosto de 2011 Xuntanza de rosaleiros nados no ano 41 por iniciativa de Pepe Berdeal 28 homes nados no Rosal en 1941 reuníronse o sábado, 23 de xullo, no Restaurante Juan do Rosal para celebrar o 70 cumpreanos compartindo un almorzo de confraternidade. Asistiron rosaleiros afincados en Madrid, Sevilla, Segovia e, por suposto, os que seguen a residir no Rosal, aínda que os contactos tamén se realizaron con rosaleiros que emigraron a Brasil e Argentina, e que por razóns obvias, non pudieron asistir a este encontro. A iniciativa partiu de José Martínez (Pepe Berdeal) quen amosaba a súa satisfacción por este reencontro cheo de emotividade que trouxo recordos e vivencias da nenez e xuventude pasadas.
O BNG cualifica de 'pouco oportuno' o momento elixido para cambiar as balizas da praia de Eiras O Bloque Nacionalista Galego non cree que o verán sexa o mellor momento para pórse a cambiar as balizas que sinalizan a zona de baño na praia de Eiras. Cualifican de 'pouco oportuno' o momento elixido e sinalan que se debería ter feito antes. Aínda que entenden que é normal ter que cambiar as balizas se se atopan en mal estado, tal e como asegurou o alcalde no pasado pleno, consideran que se debería ter feito antes e non na tempada de baño. “Estamos en plena tempada de verán e a praia de Eiras carece, a día de hoxe, de sinalización da zona de baño”, indican os nacionalistas. Medidas preventivas Así mesmo, o voceiro nacionalista, Alberte Alonso Pereira, manifestou que se deberían sinalizar cunhas boias os 'mortos' que serven para amarrar as balizas. “Agora mesmo non se vén e poden ser causa de accidentes”, sinala.
Martes, 2 de agosto de 2011 Contestación do alcalde do Rosal ás declaracións do portavoz do BNG En relación a información vertida polo voceiro do BNG do Rosal, Alberte Alonso Pereira, en diferentes medios sobre a non actualización e a aplicación de forma incorrecta da Ordenanza nº 9 Reguladora do Prezo Público pola cesión de uso de stands, carpas e mobiliario durante a Feira do Viño do Rosal, o alcalde clareza que está correctamente aplicada, pois no punto 1 do artigo 4 dí “… O prezo público queda establecido en: C.- Carpa: tres días de feira 646,56 €…” A continuación, no seu punto 2 indica que os prezos arriba indicados irán recargados co correspondente IVE. Polo tanto os prezos públicos que figuran na páxina web están actualizados e son veraces, xa que os 762,94 € que o voceiro do BNG di que pagaron os diferentes establecementos na Feira do Viño sae de aplicarlle ós 646,56 € o IVE do 18 %.
Luns, 1 de agosto de 2011 O BNG solicita que a web do concello do Rosal ofreza información actualizada e veraz O Bloque Nacionalista Galego (BNG) solicitou que se actualizaran as ordenanzas que figuran na web do concello do Rosal. A petición foi realizada na sesión plenaria celebrada o pasado sábado. Os nacionalistas indicaron que a información que se ofrece na páxina web é oficial, e se as Ordenanzas Municipais non se actualizan, pode dar lugar a reclamacións. O grupo nacionalista puxo de manifesto que a ordenanza municipal que regula a cesión de stands e carpas para a Feira do Viño, que figura na web para a súa descarga, está totalmente desfasada. Nese sentido o voceiro nacionalista, Alberte Alonso Pereira, asegurou que nesta edición da Feira, cobrouse por unha carpa, 762,94 euros, cando na Ordenanza da páxina web, aínda figura a cantidade de 646,56 euros polo mesmo concepto. Así mesmo solicitaron a actualización de todas as ordenanzas. Tanto as que figuran na web como as demais, reflectindo nas mesmas as modificacións realizadas nos últimos anos . Así, indican, poderase ofrecer información veraz aos cidadáns que as queiran consultar.
Xoves, 28 de xullo de 2011 O Rosal abrirá en agosto o prazo de inscrición para unha ducia de actividades A partir do 16 de agosto estará aberto o prazo de inscrición nas actividades anuais que se realizan no concello do Rosal desde outubro a xuño do seguinte ano. Nesta oportunidade as alternativas que se ofertan pasan por ioga, pilates, patinaxe para adultos, pintura para adultos e nenos, ximnasia de mantemento e funcional e obradoiro de memoria. Haberá tamén cursos monográficos sobre arte floral, repostería, cociña, automaquillaxe, autopeiteado e inglés iniciación e medio.
Xornadas de Xuventude no Concello do Rosal A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado pon en marcha o porgrama “Xornadas e Obradoiros de Xuventude nos Concellos”, que ten coma obxectivos facilitar información e formación, sobre os recursos da Xunta de Galicia, en materia de mocidade. Ao amparo deste programa no Concello do Rosal terán lugar as xornadas “Xuventude en Acción—Intercarmbios e Iniciativas”, o luns, 19 de setembro, de 19.00 a 21.00 horas, e “Servizo de Voluntariado Europeo”, o luns 26 de setembro, tamén de de 19.00 a 21.00 horas. As personas interesadas en participar en calqueda destas xornadas debe inscribirse no Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Concello do Rosal ou chamar ó 986 60 94 50.
O BNG do Rosal solicita que se garanta a seguridade nun paso de peóns en Tabagón O BNG solicitará do Pleno Ordinario que se celebrará o sábado, un acordo que garanta a seguridade nun paso de peóns situado na parroquia de Tabagón. Na proposta presentada polos nacionalistas, indican que na estrada Tui - A Guarda, ao seu paso por Tabagón, e situado á altura do lugar onde se levanta anualmente o Arco nas festas da Saúde, hai un paso de peóns que reviste peligrosidade. O voceiro nacionalista, Alberte Alonso Pereira, indica que esta perigosidade xa se puxo de manifestó en numerosas ocasións, pola falta de respecto a sinalización e límites de velocidade dos vehículos que por esa estrada transitan. De feito, engade, xa se teñen rexistrado varios accidentes de circulación, afortunadamente, sen graves consecuencias para as persoas. O BNG proponlle ao pleno, que se dirixa a administración titular da estrada, co fin de que se adopten as medidas necesarias para garantir a seguridade para as persoas no paso de peóns en cuestión.
Concerto do 25 aniversario da Agrupación Musical do Rosal o sábado O vindeiro sábado, 30 de xullo, ás 20,00 horas terá lugar no Auditorio do Rosal o acto principal dos programados con motivo do 25º aniversario da Agrupación Musical do Rosal. Esta formación, con multitude d epremios e recoñecementos, ofrecerá un concerto baixo a batuta de varios dos directores que pasaron pola Agrupación Musical como Laureano Matos, Bolívar González, José Luis Represas, José Vicente Simeó, Javier Alonso e Diego J. Lorente.
Luns, 25 de xullo de 2011 O BNG mantén que algúns adegueiros, produtores e hosteleiros non participan na Feira do Viño polos custes que lles supón O BNG do Rosal mantén que algúns adegueiros, produtores e hosteleiros do concello, non participan na Feira do Viño polos custes que lles supón. Nese sentido recoméndanlle ao goberno municipal e ao alcalde que se informen directamente e falen máis cos interesados para facerse unha idea obxectiva dos motivos da non participación. Segundo indica o voceiro municipal do BNG, Alberte Alonso Pereira, as manifestacións do seu grupo son froito de conversas directas cos implicados e non 'consideracións súas', como fai o alcalde na súa resposta. "Tres adegas -excluída a que xa non pertence á subzona do Rosal-, productores e hosteleiros que participaron en anos anteriores, non estiveron este ano na Feira do Viño. Ese é un dato obxectivo", afirman os nacionalistas. Actividades paralelas Respecto das actividades paralelas organizadas agora mesmo, o BNG manifestou o seu acordo coas mesmas, pero bota en falla encontros de tipo comercial, sobre todo enfocados ás adegas máis pequenas e modestas, que son as que teñen máis problemas de comercialización, por careceren dos medios das grandes adegas. Unha proba disto, indican os nacionalistas, é o feito de que a delegación brasileira convidada pola Cámara de Comercio de Tui que visitou a Feira este ano, "só mercou viño dunha grande adega, e por riba, unha parte importante da operación comercial foi en viño producido no Bierzo, non no Rosal". Falla de igualdade de oportunidades para os hosteleiros do Rosal Os nacionalistas consideran que está ben que haxa igualdade de oportunidades para todos, pero indican que non é certo que exista neste caso, como afirma o alcalde. Nese sentido aseguran que se tal e como manifesta o alcalde, dende o Concello do Rosal se gastan fondos públicos na limpeza, iluminación, seguridade, publicidade, montaxe... etc, e ningún repercute nos stands ou nas carpas participantes, non hai tal igualdade para todos. "Eses gastos son pagados cos impostos dos veciños e veciñas e tamén cos dos hosteleiros do Rosal, mentres algúns dos beneficiados son doutros concellos limítrofes que non pagan os seus impostos neste concello", aclara o voceiro nacionalista. Crítica construtiva Alberte Alonso Pereira coincide co alcalde en que todo é mellorable e, nese sentido, lamenta que o grupo de goberno non saiba asumir a crítica construtiva que lle fixeron. Afirma que o BNG tamén traballa para que ano tras ano, a Feira do Viño mellore. É por iso que lle suxiren aos organizadores darlle un impulso e un cambio de rumbo á Feira, para que volva ser atractiva para os adegueiros, os produtores e os hosteleiros do Rosal.
Sábado, 23 de xullo de 2011 O goberno do Rosal sae ao paso das manifestacións do BNG sobre a Feira do Viño Tras as informacións vertidas en diferentes medios de comunicación esta semana polo concelleiro do BNG, Alberte Alonso Pereira, en relación á Feira do Viño do Rosal, o Concello considéraas froito da falta de información e quere aclaralas. Respecto á participación: algunhas adegas deixaron de participar por diferentes motivos. Unhas deixaron de funcionar, outras reduciron drasticamente a súa actividade e unha adega en concreto, deixou de pertencer a Subzona do Rosal e polo tanto non participa. Polo que consideramos que os motivos da non participación dalgunhas bodegas, non se deben ós gastos que lles ocasiona a participación na Feira do Viño senón polos motivos que acabamos de mencionar. Subliñamos tamén que o Concello do Rosal, como principal impulsor da feira, subvenciona en case o 50% as adegas pequenas para que a súa participación sexa posible e non lles supoña un sobreesforzo inasumible. Por outra banda desde o concello salientan a inversión que supón para o Concello do Rosal a organización da Feira do Viño en canto a limpeza, iluminación, son, seguridade, publicidade, persoal de montaxe e desmontaxe e coordinación, por salientar algún dos gastos, e ningún deles se repercute nin directa nin indirectamente en ningún stand ou carpa participante. E por suposto, tamén a electricidade é un gasto que asume directamente o Concello do Rosal e non como erróneamente se plasmou nestes días como un custe a asumir polas carpas ou stands participantes. Seguindo na mesma liña, tamén clarezcan desde a institución local que ano tras ano, ata o 30 de maio, está aberto o prazo para todo aquel que queira participar na Feira do Viño cunha carpa gastronómica. As normas para participar na feira, en todo caso, son para tódolos participantes iguais, non podendo dar prioridade a ningún establecemento por romper co principio de igualdade de oportunidade entre uns e outros. En canto á inversión das carpas de restauración, éstas asumen un gasto en concepto de aluguer de mesas, cadeiras e sombrillas trala inversión realizada polo concello das mesmas en anos anteriores. No que respecta a que a feira parece máis festa que feira, pensamos que se a feira non fose atractiva para o visitante non tería tanta aceptación e non sería visitada polos miles de persoas que asisten á mesma. Consideramos conveniente aclarar tamén que dende hai anos o concello coordínase coa Cámara de Comercio de Tui, a Oficina Agraria Comarcal e nos dous últimos anos coa Asociación Galega de Viticultura, organizando actividades paralelas dándolle un aire máis profesional ano tras ano á feira. Tódalas bodegas son partícipes destas iniciativas e participan nas mesmas. Concretamente, a Cámara de Comercio de Tui colabora directamente na organización da feira do viño invitando cada ano a unha Delegación de importadores de diferentes países (americanos, mexicanos, brasileiros) para dar a coñecer os viños do Rosal e realizar posibles transaccions comerciais. En canto ás visitas realizadas, tódalas bodegas reciben unha carta para infomalos da futura visita da delegación nos días da feira e os que manifesten o seu interese por ser visitados deben comunicalo con tempo para poder neses días organizar as visitas nas diferentes adegas da Delegación que se recibe cada ano. Todo é mellorable e dende o Concello do Rosal aseguran pór todo o empeño en que asi sexa, enriquecendo a feira do viño a tódolos niveis ano tras ano e mostra disto é que periodistas especializados, sumillieres e profesionais da hostelería visitan a Feira do Viño e resaltan a súa importancia no eido vitivinícola.
I Campionato Mixto de Futbolín Festas do Pilar O Rosal, 2011 A Asociación Sociocultural “Os Cabaqueiros do Futbolín” organizará en colaboración co Concello do Rosal os días 23 e 24 de xullo na Praza do Calvario o I Campionato Mixto de Futbolín Festas do Pilar O Rosal, 2011. O sábado ofrecerán un concerto os grupos musicais The Winning Numbers (A Guarda) e 5+1 (O Rosal). O domingo clausurarase o Campionato de Futbolín coa actuación do dúo humorístico Os Campelos. Sábado 23 de xullo Ás 15:45 horas pecharase o prazo de inscrición para participar no Campionato de futbolín. Ás 16:00 horas, Presentación oficial das Festas do Pilar e do I Campionato Mixto de Futbolín. I Torneo de lanzamento de avionciños de papel (que se “construirán” na propia Praza do Calvario). I Campionato de “Piedra, papel, tijeras”, coa versión “Piedra, papel, tijeras, lagarto, Spock” para os máis atrevidos. Ás 23:00 horas Concerto a cargo dp grupo 5+1 & Friends (O Rosal) e The Winning Numbers (A Guarda) Domingo 24 de xullo Ás 16:00 horas: fase final do I Campionato Mixto de Futbolín Ás 19:00 horas: actuación do dúo humorístico rosaleiro Os Campelos. NOTA: Tanto sábado como domingo haberá na Praza do Calvario dúas monitoras de tempo libre para realizar divertidas actividades cos nenos (globoflexia, debuxo, manualidades, etc). Seguindo os estatutos e obxectivos da Asociación, darase preferencia en todos os actos á xente do Rosal e do Baixo Miño. Reservado o dereito de admisión.
Xoves, 21 de xullo de 2011 O BNG denuncia os cortes no servizo ADSL no Rosal e os prexuízos económicos que causan O Bloque Nacionalista Galego, a través dun escrito presentado no rexistro de entrada do concello, ven de denunciar os cortes no servizo ADSL no Rosal no mes de xullo. Segundo o referido escrito, o BNG di que no presente mes de xullo e en diferentes días, o servizo ADSL de Movistar sufriu cortes de varias horas, sobre todo pola mañá. Indican que os prexuízos que implica para os usuarios do mesmo son evidentes e subliñan que ademais causa prexuízos económicos para as empresas, para a propia administración e para as persoas que dependen de realizar trámites diante da administración. A empresa xustifica os cortes por avarías xerais, segundo conversas coa empresa do voceiro nacionalista, Alberte Alonso Pereira. Por último solicitan que o concello requira da empresa Movistar a resolución do problema técnico que poida existir coa maior brevidade posible. Así mesmo, que as operacións que teña que levar a cabo dita empresa sexan realizadas en horario menos prexudicial para a actividade da administración e empresarial.
Mércores, 20 de xullo de 2011 Curso de Cata en O Rosal los días 26, 27 y 28 de julio Los días 26 al 28 de julio, y de 17 a 20 horas, se celebrará en el Centro Social Polivalente do O Rosal un Curso de Cata dirigido a profesionales y público en general interesado en desarrollar y mejorar sus aptitudes para apreciar el vino de la D.O.P. Rías Baixas. Se trata de aprender a valorar y diferenciar los vinos a partir de las particularidades del territorio, las prácticas culturales y enológicas, así como el manejo de viticultura en el ámbito de la D.O.P. Rías Baixas; Reforzar las aptitudes en cuanto a cata organoléptica; Perfeccionar el procedimiento y la técnica en el servicio del vino y Descubrir propuestas de degustación para realzar las características culinarias de nuestra gastronomía armonizada con las sensaciones que aportan los vinos de la D.O.P. Rías Baixas Este proyecto Proyecto Piloto, organizado por el ayuntamiento de O Rosal con la colaboración de la Denominación de Origen Rías Baixas, que tiene como objetivo ir "Hacia un modelo de competitividad, sostenibilidad y gobernanza en el medio rural: Territorio Enoturístico Socialmente Responsable", está financiado por el Ministerio de Medio Ambiente y Marino y FEADER. El día 26 se iniciará el curso con dos módulos, el primero sobre los orígenes, tratándose El territorio: las subzonas, la climatología, los suelos, Vino Universal; El cultivo: fases, procesos, variedades, sistemas de conducción; La elaboración: fases, procesos y características. Y La D.O.P. Rías Baixas: historia y datos de interés. El Módulo 2 versará de los Conceptos básicos de cata en sus tres fases: visual, olfativa y gustativa; Tipos, características, vino y sentido, y Educar el olfato (olores) y educar el gusto (sabores). El día 28 se desarrollará el tercer módulo que bajo la denominación común de “El Sevicio” tendrá como contenidos: Servicio (temperatura, servicio, presentación); Dónde servirlo (copas, ambiente), y Qué transmitir, cómo expresarlo y factores que pueden influir. La última jornada, 28 de julio, se ocupará de “El maridaje, y tratará sobre las propuestas para acompañar al vine cuando se degusta en la bodega; La presentación y servicio de armonías y las Herramientas para explicar el maridaje.
A Aula da Natureza do Muíño das Aceñas, no Rosal, abre de luns a domingo O Muíño das Aceñas, no río Tamuxe ao seu paso polo Rosal, abre ao público, gratuitamente, de martes ao domingo, co seguinte horario: martes e mércores, de 16 a 19 horas; xoves, de 16 a 20 horas; venres, de 10 a 13 horas; sábados de 16 a 20 horas e domingo, de 10 a 13 horas. Nesta Aula de Educación Ambiental, poderán coñecerse os recursos da zona a través de actividades lúdico-formativas, para todos os públicos. Unha monitora especializada atenderá aos visitantes que se acheguen á aula.
Martes, 19 de xullo de 2011 O BNG considera que a Feira do Viño do Rosal necesita dun novo impulso e cambio de rumbo O BNG considera que a Feira do Viño do Rosal necesita dun novo impulso e dun cambio de rumbo para que non esmoreza e aseguran que “Ano tras ano van a menos as adegas e os expositores que participan na mesma”, aseguran. Custes de participación O voceiro nacionalista no concello, Alberte Alonso Pereira, indica que nos últimos anos as adegas máis modestas están deixando de participar, así como algún produtor de froita fresca. Para os nacionalistas este feito obxectivo está motivado polos custes que lle supón participar na feira, que son inasumíbeis. Ademais do prezo que cobra o concello polo stand e pola ocupación de vía pública, teñen que asumir gastos de electricidade e seguro de responsabilidade civil, entre outros gastos, o que fai moi cara a participación. Lamentan tamén, que non se lles dea prioridade aos establecementos hostaleiros do Rosal para participar na parte gastronómica da Feira. Aínda que teñen coñecemento de que non participan polos altos custes que se lles esixe. Nese sentido, os nacionalistas apuntan como alternativa, que o propio concello se dote de stands propios para ofrecerllos aos expositores a prezos máis baixos, abaratando os custes. Os nacionalistas indican que aínda que nun principio supoña un investimento para as arcas municipais, a medio prazo amortizaríase e poderíanse utilizar noutros eventos organizados polo concello ou por asociacións locais. Sinalan así mesmo, que xa hai anos que o BNG fixo esta proposta no concello. Máis Festa ca Feira do Viño Así mesmo indican que actualmente este evento converteuse máis nunha Festa do Viño ca nunha Feira. Aseguran que o único obxectivo é comer e beber no recinto, sen que haxa ningunha programación paralela de tipo comercial para os adegueiros. O éxito de público, polo tanto non ten por que indicar o éxito da Feira dende o punto de vista comercial. Sinalan que as actividades paralelas existentes, unha cata e unhas xornadas técnicas, son moi interesantes e necesarias. Mais botan en falla que na Feira non se organicen encontros de tipo comercial, sobre todo enfocados ás adegas máis pequenas e modestas, que son as que teñen máis problemas de comercialización, por careceren dos medios das grandes adegas. Así mesmo subliñan que a presenza dunha delegación comercial brasileira, debeuse á iniciativa da Cámara de Comercio de Tui e non a unha iniciativa da organización. Lamentan que ademais só se lles convidou a visitar algunhas adegas e non tiveron un encontro comercial con todas. Ao final, sempre saen beneficiadas as mesmas. Finalmente, indican que no concello deberían ir pensando en darlle un impulso e un cambio de rumbo á Feira, para que volva ser atractiva para os adegueiros e os produtores do Rosal. Sinalan que de non facelo, a Feira seguirá decaendo e terminará sendo unha mera Festa do Viño organizada polo propio concello.
Venres, 15 de xullo de 2011 Una delegación de importadores brasileños de vino conoce la producción de O Rosal Una delegación de importadores brasileños de vino formada por diez personas se encuentran en Galicia visitando las principales denominaciones de origen gallegas para establecer posibles alianzas comerciales. La visita, que está tenendo lugar del 12 al 17 de julio, está organizada por la Cámara de Comercio de Tui y se enmarca en el Plan de Fomento de las Exportaciones Gallegas. En la recta final de su viaje, los miembros de la misión comercial inversa visitarán hoy, viernes, y mañana, sábado, distintas bodegas de O Rosal con el objetivo de conocer los vinos más afamados de la DO Rías Baixas y participarán en la Feira do Viño que este año llega a su XIX edición. Durante esta mañana la delegación brasileña se acercará a las bodegas Quinta Couselo y Lagar de Fornelos, y por la tarde acudirán a la inauguración de la Feira. Mañana, sábado, por la mañana realizarán una cata de vinos en el transcurso de la Feira do Viño de O Rosal y visitarán las bodegas Adegas Valmiñor y Terras Gauda. La Cámara de Comercio de Tui está volcada con todos los sectores empresariales siendo el vitivinícola uno de los más importantes. Prueba de ello es que, durante los dos últimos años, la Cámara ya ha organizado visitas con importadores de vino procedentes de Estados Unidos y México en las que se firmaron importantes acuerdos comerciales con las bodegas locales.
Xoves, 14 de xullo de 2011 Xornadas Técnicas organizadas pola Asociación Galega de Viticultura (AGV) no Rosal Este venres, con motivo da XIX Feira do Viño do Rosal, no salón do Centro Polivalente de O Rosal terán lugar as Xornadas Técnicas organizadas pola Asociación Galega de Viticultura (AGV) e a propia Feira do Viño na que colaboran empresas do sector da viticultura como Basf, Bayern,Lainco e Calfensa. As Xornadas Técnicas iniciaranse as 11.30, inaugurándoas o alcalde Jesús Mª Fernández que dará paso á primeira ponencia a cargo de Ramón Burdeos Técnico da Ruta dos Viños das Rias Baixas, quen disertará sobre esta Ruta a onde chega, quen son os membros e cal e o seu impacto turístico en Galicia. De seguido impartirá a súa ponenciaLuís Carlos Mateo, técnico Agrario, con estudios sobre distintas enfermidades de madeira no viñedo que nos últimos anos están afectando moito ás plantacións como pode ser a Iesca, Escoriosis ou Alternaría.
Mércores, 13 de xullo de 2011 Curso gratuíto de Técnico de Sistemas Microinformáticos Ao ampara do Plan AFD o concello do Rosal organiza un curso gratuíto de Técnico de Sistemas Microinformáticos, que terá unha duración de 518 horas e comezarase a impartir en agosto. Os interesados en acceder a este curso, que disfrutarán dunha axuda de asistencia de 7 euros diarios, serán demandantes de emprego. O curso está patrocinado polo Fondo Social Europeo, a Xunta de Galicia e o concello do
Luns, 11 de xullo de 2011 “Memorial de la Granja y Ermita de Sanoane (San Juan)” recolle a historia da capela e os inicios da viticultura no Rosal Xoán Martínez Tamuxe é o autor de “Memorial de la Granja y Ermita de Sanoane (San Juan)”, que recolle a historia e a tradición deste santuario de Couselo, unha obra patrocinada polas adegas Lagar de Fornelos, e editada polo concello do Rosal co apoio da Deputación de Pontevedra. O traballo de investigación, que levaba algún tempo rematado, non vía a luz, ata que as negociacións co concello e a Deputación, facilitaron a súa impresión a finais de 2010, cunha tirada de 600 exemplares, que se distribuíron entre os comuneiros de San Miguel de Tabagón, copatrocinadores do estudo, nunha asemblea, quedando un determinado número de exemplares en poder do concello. O interese das adegas para a edición de “Memorial de la Granja y Ermita de Sanoane (San Juan)” xorde cando coñecen que os primeiros viños da comarca colleitáronse en Sanoane, onde existían unhas ruínas qur souberon correspondían a unha antiga granxa e a unha capela, a de San Juan (Sanoane), encargando a súa investigación a Xoán Martínez Tamuxe, especialista na historia da comarca do Baixo Miño, cunha gran traxectoria investigadora e cuxas obras son de consulta obrigada para calquera que desexe achegarse ao coñecemento do Baixo Miño. O autor non só afonda nas orixes da ermida, senón que vai máis alá e se ocupa tamén de divulgar as minas do Lousad, explotadas polos romanos. A través das súas 104 páxinas o autor resume unha tese sobre as minas que os lugareños chamaban “minas dos mouros”, e nas que os romanos extraían ouro, pero sobre todo descubre a primeira cita que se ten sobre o cultivo do viño, anterior ao Mosteiro de Oia, xa que moitos escritos se atribúe aos monxes oienses a introducción das vides na comarca. O estudo afonda nas orixes da finca, unha granxa de importantes dimensións con capela interior, que pertenceu ao Mosteiro de Oia, e se recolle a historia dunha capeliña, desaparecida, chamada Nosa Señora do Horto, con imaxe e grande devoción en San Miguel. Sorprendeu ao autor, Xoán Martínez Tamuxe, a gran cantidade de documentación que se xerou en torno a esta capeliña, debido a un conflito entre dúas partes pola propiedade do santuario, e que se atopa no Arquivo Histórico Diocesano. Nas festas de San Xoán (Xoane, Sanoane), describe Martínez Tamuxe, xuntábanse en torno á capela de Nosa Señora do Horto, dentro da finca propiedade do nobre don Cayetano de Castro, orixinario de Nigrán, os veciños de San Miguel para a celebración do San Xoán, ata que terminou por queixarse ao bispo de que, a mocidade sobre todo, arrasaba cos frutais, producindo outros danos na granxa, polo que don Cayetano de Castro pide autorización para trasladar a capela ao exterior, e así se fai logo de pedir esmolas aos veciños para a súa construcción extramuros. O conflito xorde cando os propietarios da finca, herdeiros de don Cayetano, deciden vender as pedras da capela que consideran de seu, nunha zona onde abunda a lousa pero non posúe granito, de aí ese interese pola pedra, dándose un pleito entre os propietarios da finca e o bispo, que entende que a capela xa non está no interior da propiedade dos Castro e ademais se reconstruíu mediante esmolas, considerouse que este santuario pertencía á igrexa de San Miguel, e que o feito de que os donos da finca posuíran unha chave da capela, era por xentileza do párroco de San Miguel. Gracias a este conflito, xenerouse esa importante documentación da que fala o autor de “Memorial de la Granja y Ermita de Sanoane (San Juan)”.
Venres, 8 de xullo de 2011 4ª Xornadas Técnicas do Viño do Rosal Con motivo da XIX Feira do Viño do Rosal a Consellería do Medio Rural, a través da Oficina Agraria Comarcal do Rosal e coa axuda do Concello e as adegas participantes, vanse organizar as 4ª Xornadas Técnicas do Viño do Rosal O número de prazas é limitado, polo que a admisión farase segundo orde de inscrición, cuxo prazo estará aberto ata o día 12 de xullo. (Ver programa das Xornadas Técnicas)
O mirabel fresco do Rosal xa chegou ao mercado galego, con quince días de adianto sobre a data prevista Os consumidores galegos serán, por terceiro ano consecutivo, os únicos de España que poderán saborear en fresco os mirabeis do Rosal, un pequeno froito de cor amarelo dourado, con numerosas pintas vermellas, doce, celmoso, aromático e saboroso que dende hai máis de sesenta anos se cultiva neste val do sur da provincia de Pontevedra. Os primeiros mirabeis frescos deste ano están xa nos mercados galegos grazas a que, dada a climatoloxía, a recolección adiantouse quince días sobre o previsto. Baixo a marca “Froitas do Rosal” os mirabeis están en todas as tendas Eroski Centre de Galicia e nas dez tendas que Carrefour ten distribuídas por Galicia. Os mirabeis frescos poderán atoparse nas tendas por un curto período de tempo, arredor de tres semanas, dado que se trata dun produto moi estacional, que se recolle á man e unicamente no momento óptimo de maduración, o que supón que nunha campaña tan curta cada árbore reciba dúas ou tres visitas dos recolleitores para apañalo no seu momento óptimo. A empresa prevé comercializar este ano entre 15.000 e 20.000 quilos de mirabel en fresco. Tradicionalmente o cultivo do mirabel ía destinado en Galicia case en exclusiva á súa transformación en marmeladas, mirabel en xarope, licores, etc., pero dende 2009 a empresa Froitos do Rosal pon no mercado a froita fresca en toda Galicia. O mirabel é un pequeno froito, de tamaño pouco maior que unha cereixa grande, que foi traído dende a Selva Negra alemá ata o Rosal por un mestre da localidade, Xosé Sánchez García. O mirabel aclimatouse perfectamente nas terras do Rosal e na actualidade existe unha importante produción destinada á transformación en conservas e licores. Froitas do Rosal, a través da súa marca “Froitas do Rosal”, pon o mirabel fresco ao alcance de tódolos galegos, que poderán gozar dunha froita de temporada producida por métodos tradicionais. O mirabel do Rosal recóllese no momento óptimo de maduración para que chegue ao consumidor nas mellores condicións de aroma, sabor e aspecto, sen ser sometido a tratamentos de maduración ou conservación en cámaras. Esta maneira de recolección e comercialización, xunto coa delicadeza desta froita, fai que se trate dun produto de temporada moi curta, estando prevista a súa presenza no mercado exclusivamente durante un período de arredor de tres semanas. Froitas do RosalFoitas do Rosal é unha empresa agraria xurdida da iniciativa dun grupo de veciños do Rosal interesados en poñer en valor as producións agrarias propias da zona. Na actualidade dispón de 20 hectáreas de terreos propios ou alugados dedicados á produción ecolóxica de mirabel que irán entrando progresivamente en plena produción. Prevese que en 2014 tódalas plantacións estean a pleno rendemento, cunha produción total arredor de 140.000 quilos anuais de mirabel.
Xoves, 7 de xullo de 2011 Tareixa Ledo Regal presenta no Rosal o seu libro “Lidia Senra Rodríguez. A historia dun liderado entrañable”, de Edicións Laiovento O salón de actos do Centro Polivalente do Rosal (r/ Cabaqueiros nº4, O Rosal) foi o marco elixido para presentar hoxe, xoves, o libro de Tareixa Ledo Regal “Lidia Senra Rodríguez. A historia dun liderado entrañable”, publicado por Edicións Laiovento. O acto de presentación será ás 12:00 horas, e participará nel, amais da autora do libro, a secretaria de organización do SLG, Lidia Senra Rodríguez; e a secretaria xeral, Carme Freire Cruces.
Mércores, 6 de xullo de 2011 Educación inviste 140.000 euros no CRA María Zambrano do Rosal A Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra a través do xefe territorial de Educación, César Pérez Ares, participou no acto de repranteo das obras de ampliación do CRA María Zambrano do concello de O Rosal. Neste acto estiveron tamén presentes o alcalde da localidade, Jesús María Fernández Portela, así como os técnicos da Xefatura Territorial de Educación e da propia empresa encargada das obras. Tal e como explicou Pérez Ares, esta obra consiste na creación dunha nova aula, un novo aseo para alumnos e outro para profesores así como un despacho de titorías. A actuación sitúase no lugar de San Miguel de Pías e consiste nunha ampliación do edificio xa existente. “O obxectivo é dotar a este CRA dun aulario que ven xustificado trala solicitude do concello de O Rosal á Consellería de Educación para a devolución das dúas aulas que se estaban a utilizar na gardería municipal para unha trintena de alumnos de tres e catro anos”, engadiu Pérez Ares. O xefe territorial de Educación insistiu no feito de que “o aumento de poboación fixo inevitable que o concello solicitase a recuperación estes espazos, polo que estas obras están perfectamente xustificadas dentro do noso compromiso coa priorización e a optimización dos actuais recursos da Consellería”. Segundo apuntou o xefe territorial, con esta nova aula no María Zambrano conséguese que a oferta educativa no Rosal estea concentrada nun mesmo lugar do concello. “Alí está a primeira etapa coa gardería, a segunda coa escola infantil que se ve así ampliada, e a terceira co CPI Suárez Marquier”, concluíu César Pérez. As obras comezarán de inmediato e espérase que estean listas a comezos do próximo curso.
Martes, 5 de xullo de 2011 O xefe territorial de Educación en Pontevedra, César Pérez Ares, reúnese hoxe co alcalde Hoxe, martes, o xefe territorial de Educación en Pontevedra, César Pérez Ares, acudirá ás 9 da mañá ao concello do Rosal para a firma da acta de remplanteo do CRA María Zambrano co obxectivo de iniciar as obras de dúas novas aulas neste centro de cara a poder devolver ao concello as dúas aulas que corresponden á Gardería municipal. A reunión terá lugar na Casa do Concello, e posteriormente o xefe territorial e o alcalde visitarán o CRA.
Xoves, 30 de xuño de 2011 Presentación da Feira do viño do Rosal Mañá, venres, terá lugar a presentación da XIX Feira do Viño do Rosal na Casa Rural Abadía Eiras Restaurante ás 12.00 horas. Asistirán representantes dos seguintes organismos: Cámara de Comercio de Tui; Ruta do Viño; Consello Regulador (pendente de confirmación), Cámara Agraria; Concello do Rosal e Adegueiros.
O BNG no Rosal organiza hoxe unha charla sobre a nova Lei de Montes de Galicia O BNG organiza unha charla sobre a nova Lei de Montes de Galicia, que xa foi aprobada polo Consello da Xunta e que está en trámite parlamentar. Será hoxe, xoves ás 20:30 horas no Salón de Exposicións do concello do Rosal, na praza do Calvario. Ademais do voceiro nacionalista no Rosal, Alberte Alonso Pereira, que dará conta da postura do BNG ao respecto, tamén contarán coa presenza de Xosé Alfredo Pereira Martínez, presidente da Organización Galega de Comunidades de Montes en Man Común. O BNG informa que, a pesar de que é unha lei en fase de borrador, e polo tanto aínda pode sufrir modificacións no trámite parlamentar a través de emendas da oposición, ponse de manifesto que un dos obxectivos principais que presenta o PP con este novo texto lexislativo é baleirar de contido a vixente Lei de prevención e defensa de incendios, aprobada polo anterior goberno da Xunta. Así, manifesta que se reducen a metade as franxas de seguridade nos perímetros dos núcleos de poboación, pondo en perigo aos cidadáns. Nese sentido lembra o voceiro nacionalista, que aínda o ano pasado no Rosal se tivo que evacuar varias vivendas por culpa dun incendio na zona de Tabagón.
Mércores, 29 de xuño de 2011 La Fundación Celta de Vigo organiza un campus de verano, en el campo de la Mata de O Rosal La Peña Celtista Baixo Miño informa que la Fundación Celta de Vigo organiza un campus de verano, en el campo de la Mata de O Rosal, los días del 18 al 23 de julio, con el horario de 10 de la mañana a las 14 horas. Para inscribirse los interesados pueden dirigirse al teléfono 902 104 404 o a la web www.fundacióncelta.com; o bien a cualquiera de los directivos de la Peña.
Venres, 24 de xuño de 2011 O guardés Diego Valado Montero gaña o concurso de carteis da XIX Feira do Viño do Rosal Diego Valado Montero, natural da Guarda, de 35 anos, é o autor da cartel anunciador da XIX Feira do Viño do Rosal que se celebrará neste concello os días 15, 16 e 17 de xullo. Valado Montero empezou a dar os seus primeiros pasos en debuxo con sete anos grazas a Alicia Alonso e a partir de entón creceu a súa afección polo debuxo, o que influíu para que se decidise a estudar Delineación (deseño de interiores). Máis tarde realizou os estudos de Enxeñería Técnica Industrial e mentres tanto continuou debuxando e acercándose ao deseño coas novas tecnoloxías. Durante a universidade presentouse por primeira vez a un concurso de cartelismo resultando gañador, e dende entón, preséntase esporadicamente a distintos certames. Profesionalmente dedícase ao deseño de maquinaria técnica industrial, pero sempre atopa un momento para seguir pintando.
Mércores, 22 de xuño de 2011 Homenaxe aos irmáns Flores O 2 de xullo serán homenaxeados os irmáns Flores, músicos e augardenteiros. O acto terá lugar ás 11 horas no Xardín dos Amores, de Novás, e ás 12 do mediodía, na Praza de Fornelos. Esta homenaxe está organizada pola Asociación de Veciños Río Folón e a Comisión de Festas San José de Novás, coa colaboración especial da Asociación Folclórica Gaiteiros de Xistra e o concello do Rosal. Nestes actos participarán os grupos Airiños do Folón, Lirolai, Terribles de Donas, Ventos de Valdareo, Xistra de Coruxo, Zurrumalla e Verde Arboleda.
O grupo de Teatro do Falabarato (IES A Sangriña) representará “A Raíña Catarina e as súas fillas” no auditorio do Rosal Os actores que forman o Grupo de Teatro do Falabarato, do IES A Sangriña, estarán o próximo día 26 de xuño ás 20.30 horas, no Auditorio Municipal do Rosal onde escenificarán a obra “A Raíña Catarina e as súas fillas”, unha adaptación libre da obra “O Rei Lear” de W. Shakespeare. Na obra trátase de dar resposta ao dilema de como saber que palabras veñen do corazón e cales non. Unha vella lenda celta cóntanos unha historia de amor verdadeiro e tamén de traizóns e falsidades. No elenco de actores, estarán sobre o escenario: Sabela González Rodríguez; Andrea Araujo Alonso, Lucía González Alonso, Borja Araujo Alonso, Noelia Gómez González, Sheila Dacosta Ferreira, Cristina Eiras Rodríguez, Aloia Fernández Álvarez, Ricardo Dorado Riveiro e Rubén Cividanes Baz.
Luns, 20 de xuño de 2011 Para o BNG do Rosal o goberno municipal do PP coarta o labor fiscalizador da oposición O Pleno celebrado no Rosal o pasado sábado, aprobou cos votos do PP a delegación de parte das súas competencias na Xunta de Goberno Local. Tamén se aprobou unha periodicidade bimestral para a súa celebración, celebrándose os últimos sábados dos meses impares ás 9:30 horas. A xuízo do voceiro municipal do BNG, Alberte Alonso Pereira, isto coarta o labor fiscalizador da oposición e a posibilidade de asistencia da veciñanza aos plenos. O BNG propuxo que non se baleirara de competencias o pleno e que se celebraran as sesións plenarias todos os meses, os últimos venres ás 20:30 horas, facilitando así a asistencia ao mesmo. “Se ademais de quitarlle competencias ao pleno en favor da Xunta de Goberno Local -na que só ten representación o PP-, fanse cada dous meses; se se suprime a obriga do alcalde de dar conta ao pleno das súas resolucións, substituíndoa pola posibilidade de consultar na Secretaría as mesmas, estásenos coartando a posibilidade de controlar a acción do goberno”, enfatizou o voceiro nacionalista. Engadou, ademais que “os concelleiros do BNG temos os nosos traballos e non imos cobrar máis de 47.000 euros anuais para adicarlle toda a xornada ao traballo municipal.” Nese sentido afirmou que malia os atrancos que o PP lles pon, os concelleiros nacionalistas “redobrarán esforzos” para levar adiante o seu labor de oposición “construtiva, seria, responsable e firme”, mantendo o compromiso amosado na sesión de investidura. Comisións Informativas Na mesma liña manifestouse Alberte Alonso, no tocante á proposta da alcaldía das Comisións Informativas que se crearon: a de Contas e a de Asuntos Plenarios, preceptivas por lei, xunto coa do Plan Xeral. Está última só se manterá ata a aprobación definitiva do PXOM. O BNG propuxo mantela para o seguimento do desenvolvemento do mesmo, proposta que rexeitou o PP. Os nacionalistas tamén propuxeron que se creara a Comisión de Dinamización Económica e Desenvolvemento Local. Argumentaron que na actual situación económica, é prioritario buscar medidas de promoción económica locais, o que a maioría do PP tamén rexeitou. Áreas de goberno delegadas e adicacións parciais O voceiro nacionalista, Alberte Alonso Pereira, tamén amosou a súa sorpresa polo feito de que se priorizaran, para as adicacións parciais, as áreas de Servizos Sociais, Animación Sociocultural e Muller, e Cultura e Medio Ambiente, que asumiran a 1ª e 2ª Tenencia de alcaldía respectivamente. Manifestou que sendo importantes estas áreas, deberíanse priorizar -ao seu xuízo-, aquelas que teñen a ver coa promoción económica e desenvolvemento local, como Formación e Emprego ou Industria, Comercio e Turismo. Para o BNG, esta decisión do alcalde é máis en clave interna para manter o “equilibrio no propio Partido Popular” que pensando nos intereses dos veciños e das veciñas do Rosal.
Xoves, 16 de xuño de 2011 A primeira medida do alcalde do Rosal será subirse o soldo, segundo o BNG O primeiro Pleno deste novo mandato que se celebrará o sábado ás doce do mediodía, aprobará unha suba do salario do alcalde, segundo anuncia o BNG. O portavoz nacionalista no concello, Alberte Alonso Pereira, sae así ao paso das información publicadas o pasado martes nun medio informativo, no que o alcalde afirmaba que “manterá” o salario que viña percibindo. O edil nacionalista afirma que o alcalde estaba cobrando 46.577,16 euros brutos anuais e que na proposta da Alcaldía que se debaterá no Pleno, o alcalde sobe o seu salario até os 47.721,98 euros. Un incremento do 2,45 por cento que supón 1.144,82 euros máis anuais. A estas cantidades, segundo indica o edil nacionalista, haberá que engadirlle a cotización á Seguridade Social que asume o concello, e que será duns 15.233 euros, polo que o alcalde sairalle aos veciños do Rosal nuns 62.955 euros anuais. Nese sentido, Alonso Pereira cualifica de 'pouco serio' subirse o salario aproveitando a constitución da nova Corporación, cando este ano os pensionistas e os traballadores públicos, entre eles os do concello, verán conxelados os seus ingresos. E sobre todo, indica, tendo en conta a grave situación económica pola que estamos pasando. Alberte Alonso considera que o alcalde do Rosal xa ten un “moi bo salario”, superior ao de concellos limítrofes, e que non lle fai falla subilo. Nese sentido comparou o salario do alcalde do Rosal co da alcaldesa de Tomiño -un concello que duplica a poboación e superficie do Rosal-, sinalando que a alcaldesa con menos salario ten realizado unha xestión moito máis eficaz. Así mesmo, manifestou estar de acordo con que haxa dedicacións exclusivas, pois o traballo que dedica o alcalde ou outras persoas hai que remuneralas, pero de xeito razoable. Tamén mostrou o acordo do BNG coa supresión dunha media dedicación. Delegacións e dedicacións parciais Por outra banda, o portavoz nacionalista tamén criticou a proposta de reparto das dedicacións parciais. “Non pola cantidade que percibirán, senón polas áreas delegadas nas que recaen” e manifestou que a distribución “parece máis entre persoas para manter a paz dentro do partido que con criterios de prioridades de traballo no concello”. Indica o portavoz nacionalista que o normal, na actual situación de crise e de paro, sería priorizar as áreas de desenvolvemento local e de dinamización económica, tales como comercio local, industria, formación e emprego, pero o alcalde optou por darlle as dedicacións parciais a outras áreas, tamén importantes, pero que poden ser atendidas sen prestacións económicas.
Mércores, 15 de xuño de 2011 Concerto da Unión Musical de Valladares co gallo do 25 aniversario da Agrupación Musical do Rosal Dentro dos actos programados con motivo do 25º aniversario da Agrupación Musical do Rosal, o vindeiro domingo o Auditorio Municipal do Rosal acollerá un concerto da banda de música Unión Musical de Valladares ás 20.30 horas. A Unión Musical de Valladares, baixo a dirección de José Iglesias Ramilo interpretará “Paco Campilo”, pasodoble de José Salvador González Moreno; “Capricho Italiano”, de Tschaikowsky; “Cantar, reír y bailar”, Cantos Populares de Mariano San Miguel; “La boda de Luis Alonso”, Intermedio de Gerónimo Giménez; “Mestres da Zarzuela”, de Juan Lois Diéguez, e “Muiñeira dos Pendellos”, de Juan Lois Diéguez. O día anterior, sábado 18 de xuño, a partires das 20.30 horas haberá unha audición de alumnos da escola de música correspondente ao 3º trimestre do curso.
Venres, 3 de xuño de 2011 Almorzos Saudables do Concello do Rosal O Concello do Rosal dentro das súas actividades adicadas a promover hábitos saudables entre a xente máis nova, quere pór de manifesto a importancia que ten o almorzo como unha das principais comidas do día, sobre todo entre nenas e nenos, xa que moitos deles prescinden desta comida o que supón baixo rendemento nos estudos e cansanzo ó longo da mañá. Desde o concello rosaleiro realizarase un bufet degustación dos diferentes grupos de alimentos que non deben faltar nunca no almorzo: - Fibra: galletas, cereais, tostadas e pan - Fruta: cítricos variados, fresas, plátanos, piña e outras frutas - Lácteos: leite (de vaca, cabra e soia), queixo, cuaxada… - Azúcares: mel e azucre - Graxas: manteca, margarina e aceite de oliva O día que se realice a actividade, que leva realizándose desde o ano 2008 coa axuda dunha cociñeira e a colaboración do supermercado Froiz do Rosal, solicitarase ao alumnado que leve unha taza e unha culler. Os obxectivos xerais que se queren acadar son os de promover hábitos de vida saudables na poboación escolar e coñecer os diferentes tipos de alimentos, para elo traballaranse contidos diversos: as alerxias ó gluten, lácteos, etc. que diferentes nenos e nenas padecen; a Importancia de combinar boa alimentación e deporte, para o que o profesor de educación física colaborará falando do deporte, e traballarase tamén o coñecemento de diferentes texturas, alimentos, sabores para que os propios escolares elaboren eles mesmos o seu almorzo ó gusto de cada un. Esta actividade, que se realizará na 1ª aula da Escola Obradoiro do Concello (nas inmediacións do centro escolar), vai destinada á poboación escolar de Educación Primaria do CPI Manuel Suárez Marquier, e se levará a cabo durante a semana do 6 ó 10 de xuño, de 9 a 10.40 horas, para que os rapaces poidan almorzar a primeira hora da mañá.
Mércores, 1 de xuño de 2011 Curso de ebanista no concello do Rosal O Concello do Rosal ralizará un Curso de Ebanista subvencionado pola Conselleria de Traballo e Benestar e dirixido principalmente a persoas desempregadas. O curso consta de 818 horas que se impartirán entre os meses de xullo a decembro. As persoas interesadas en participar deben ser demandantes de emprego e solicitar o curso na oficina do Inem de Tui.
Martes, 31 de maio de 2011 O Partido Popular do Rosal agradece o apoio recibido nas eleccións municipais Dende o Partido Popular do Rosal que preside Jesús Mª Fernández Portela, queren dar as máis sinceras grazas a todos os veciños que participaron na xornada electoral do pasado 22 de maio, con motivo das Eleccións Municipais e especialmente a aqueles que depositaron a súa confianza na candidatura e proxecto do Partido Popular. Novamente conseguiuse a maioría absoluta, mantendo os 9 concelleiros da última lexislatura, con 2.704 votos, que supuxeron o 69’30 % dos totais. Esa confianza, din desde a formación que lidera Jesús Fernández, animan e á vez os obrigan a corresponder e a seguir traballando con máis ilusión polo benestar dos veciños e o progreso da vila do Rosal. Por este motivo é o desexo do PP de contar coa participación e colaboración cidadá na procura de solucións aos diferentes proxectos municipais, así como cumprir coas propostas e suxestións que lles fagan chegar os veciños. Dende un Concello aberto a todos, insisiten en dar a grazas a todos os rosaleiros.
Cruz Roja en Baixo Miño entregará los premios del concurso “¡Conserva nuestros ríos!”, celebrado en el CP Manuel Suárez Marquier Cruz Roja Baixo Miño con la colaboración del C.P Manuel Suárez Marquier de O Rosal y dentro del proyecto “Movéndonos polo Río Miño” convocó el pasado 4 de mayo el primer concurso de dibujo infantil denominado “Conserva nuestros ríos”, dirigido a los alumnos de primaria del CP Suárez Marquier. Todas las actividades del proyecto “Moviéndonos por el río” se realizan en colaboración con el Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino Marino a través del Programa de Voluntariado en Ríos, y confederación hidrográfica del Miño-Sil organismo gestor de la cuenca hidrográfica. Para la puesta en marcha del concurso se realizó una primera fase en la que los voluntariados de Cruz Roja desarrollaron en el CP Manuel Suárez Marquier una campaña de concienciación para el cuidado y respeto del medioambiente y en especial hacia nuestros ríos a través de una salida de educación medioambiental, tras la cual se abrió el plazo para la participación en el concurso de dibujo cuyo objetivo era la conservación y el respeto hacia nuestros rios Mañana, miércoles 1 de junio, conmemorando la próxima fecha del Día Mundial del Medioambiente, Cruz Roja entregará los premios del concurso de postales a las 13.00 h en el salón de actos del mencionado colegio. Todos los participantes recibirán un premio denominado “Kit de participación”, además de contar con 6 menciones espaciales para aquellos dibujos más originales. Próximas acciones Durante las siguientes jornadas, el equipo de voluntarios procederá, entre otras actividades, a reconocer las características y realizar un inventario fotográfico de la fauna y flora del Río Folón.
Selección de bolseiros para as oficinas de turismo do concello do Rosal O concello do Rosal seleccionará dous bolseiros para a realización de prácticas nas oficinas de turismo deste concello. Os interesados deberán estar en posesión do título de diplomado en turismo ou equivalente, ou Técnico superior de información e comercialización turística, titulación obtida no ano 2002 ou con posterioridade a esa data. As solicitudes presentaranse en modelo normalizado no rexistro do Concello do Rosal ata o dia 11 de xuño, pudiendo consultarse as bases no BOP de 27 de maio de 2011
Venres, 27 de maio de 2011 O guardés Diego Valado Montero gaña o concurso de carteis da XIX Feira do Viño do Rosal A XIX Feira do Viño do Rosal, que se celebrará os días 15, 16 e 17 de xullo na Praza do Calvario, e que reúne á maioría das adegas pertencentes a subzona do Rosal, xa ten cartel anunciador logo de que o xurado convocado ao efecto elixise para anunciar este evento o cartel presentado polo deseñador guardés Diego Valado Montero. A feira que está consolidada recibe anualmente, segundo os datos dos últimos anos, unha media de 30.000 visitas que degustan os viños que se producen nesta comarca, amparados na denominación de orixe Rías Baixas, pero tamén desfrutan dunha gran variedade de produtos típicos da zona e actividades paralelas que completan a oferta lúdica neses días centrais do mes de xullo.
Luns, 22 de maio de 2011 Medio Ambiente iniciará las obras de saneamiento en Valdemiñotos en las que invertirá casi 200.000 euros La consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras iniciará este mismo mes las obras que permitirán dotar de saneamiento al núcleo de Valdemiñotos, en O Rosal. Esta actuación de Augas de Galicia implica un presupuesto de casi 200.000 euros y tienen por finalidad dotar de red de saneamiento para aguas residuales a una zona de viviendas que actualmente carecen de este servicio. El departamento que dirige Agustín Hernández fue el encargado de redactar este proyecto, publicando en el Diario Oficial de Galicia la formalización del contrato de las obras de saneamiento, que consistirán en definir la red de colectores, por lo que se construirá una red separativa con un total de siete colectores por gravedad que suman más de 1.000 metros de longitud. El trazado se hace siguiendo la carretera PO-3302 y otras vías. Por otro lado, como tres de los colectores cruzan dos pequeños regatos, se ejecutará una protección con una loseta de hormigón. En relación con el bombeo, se hace necesaria la ejecución de un bombeo para conectar la nueva red con la existente. El pozo de bombeo, con 1,9 m de diámetro y 4 m de profundidad, se ubicará en una parcela pública próxima a la carretera PO-3302, con bombas de 1,20 kW capaces de elevar 3,4 l/s. La impulsión será de 234 m de longitud en tubería. Así mismo, aprovechando la ejecución de la red de saneamiento, se instalarán las canalizaciones subterráneas de red eléctrica, alumbrado público y abastecimiento en el trecho de la carretera PO-3302 afectado por las obras. Por último, se incluye en el proyecto la reposición de los servicios y pavimentos afectados por las obras.
Sábado, 21 de maio de 2011 A familia de Manuel Pérez Portela, cuxo corpo apareceu cun tiro hai 8 anos ofrece unha recompensa a quen aporte datos para esclarecer o crime A familia do empresario Manuel Pérez Portela, cuxo corpo apareceu o 11 de xaneiro de 2003 nun vertedoiro da Guarda, solicita "a colaboración da xente, para que se alguén sabe algo, que sexa importante e determinante para resolver o asesinato do noso pai Manuel Pérez Portela, nos chame ao número 682 188 376 ou envíe un correo electrónico a familiaperez11@hotmail.com, e se os datos que aporten son certos e serven pa esclarecer o caso, darémoslles unha compensación económica".
Xoves, 19 de maio de 2011 O BNG presentouse como a única alternativa de goberno e de esquerdas ao PP no Rosal O BNG presentouse, no mitin celebrado hoxe no Centro Polivalente do Rosal, como a única “alternativa de goberno e de esquerdas ao Partido Popular”. Nun local que unha vez máis estaba ateigado de público, o candidato á alcaldía Alberte Alonso, manifestou que foi o BNG quen levou a iniciativa política nos últimos anos, facendo propostas positivas para a veciñanza. Así, indicou que mentres o PP cala diante da supresión da matrona no Centro de Saúde, ou non fai nada para ampliar a consulta de pediatría, o BNG reivindicou o seu mantemento, a ampliación das consultas especializadas para os nenos e nenas e unha sanidade pública e de calidade. Dixo tamén, que foi o BNG quen se opuxo ao novo imposto do canon da auga que aprobou e creou o PP co apoio explícito do alcalde. Nese sentido manifestou que só o BNG estivo ao lado dos veciños, defendendo os intereses da maioría, mentres o alcalde adicouse a defender os intereses partidarios e dos seus amigos. Alberte Alonso tamén se referiu ao novo Plan Xeral, que segundo el, está feito para beneficiar a uns poucos en detrimento do resto da veciñanza e que beneficia especialmente a algún amigo e militante do PP. Criticou así mesmo, a pouca oferta de terreos para vivendas de promoción pública, manifestando que o BNG aposta por ampliar a oferta para que os sectores máis desfavorecidos teñan acceso a unha vivenda digna. O candidato nacionalista, fixo referencia a unha reunión co comercio local que mantiveron o pasado día 9, na que lle presentaron as súas propostas de Promoción de emprego e de Humanización da praza do Calvario, manifestando que só o BNG se interesou polo sector. Nese sentido, tamén indicou que o nacionalistas son quen de formular propostas para “dinamizar a economía local diante da incompetencia do PP”. “Vivimos nun concello con moitos recursos, pero moi mal xestionados. Temos de todo: Patrimonio cultural e histórico, un clima envexábel, mar, ríos, a serra da Groba e a do Argallo, unha terra moi agradecida para a horta, para o viño, xente emprendedora...pero todas estas potencialidades están desaproveitadas e polo tanto non repercuten na mellora da nosa calidade de vida. Nós queremos polas en valor para xerar riqueza aquí, no noso concello” enfatizou o candidato. Finalmente, rematou pedindo un último esforzo a militantes e simpatizantes ata o próximo domingo, para convencer a todos veciños posibles para que voten BNG. “Porque temos un proxecto de futuro, alternativo, ilusionante, modernizador, que defende os sectores produtivos e o comercio local, que trata a todos por igual e, en definitiva, mellorará a calidade de vida dos veciños e veciñas do Rosal” dixo. “Canta máis representación teña o BNG, peor para o PP, mellor para os veciños”, concluiu. Apoio a Agrupación Musical Pola súa banda, Carlos Villanueva, número dous da candidatura, fixo referencia ao mal trato que recibe a Agrupación Musical do Rosal, cunha subvención anual de 18.500 euros e comparouna coa do concello de Salvaterra, tamén gobernado polo PP, que reciben máis de 40.000 euros. Iniciativas no Parlamento polo mantemento da matrona A deputada Carme Adán, que estivo apoiando a candidatura nacionalista, fixo referencia ás iniciativas parlamentarias presentadas por ela mesma para recuperar a praza de matrona e a ampliación do servizo de pediatría, e comentou os argumentos dados polo PP no debate parlamentario, no que manifestaron que “as mulleres do Rosal estaban perfectamente atendidas pola matrona da Guarda” e que o único que buscaba o BNG era facer “ruído” e que segundo a deputada nacionalista, mostra a pouca sensibilidade do PP diante dunha merma de servizos para as mulleres e nenos do Rosal.
Mércores, 18 de maio de 2011 Iván Maceiras, 6º en Canarias, e novamente seleccionado con Galicia, esta vez na categoría xuvenil Bos resultados de Iván Maceiras no Campionato de España de probas combinadas por federacións, onde obtivo o 6º lugar coas seguintes marcas: 11.68 (100 ml), 6.33 (salto de lonxitude), 10.40 (lanzamento de peso), 54.48 (400 ml), 16.43 (110 mv), 27.84 (xavelina) e 3.14.47 (1000 ml), para un total de 4614 puntos e a 6ª clasificación final no octatlhon xuvenil. Ademáis, publicouse o cadro da selección galega que tomará parte no Campionato de España xuvenil por federacións, e Iván participará na proba de salto de lonxitude. Un novo éxito a engadir a gran traxectoria deste xoven atleta rosaleiro.
Luns, 16 de maio de 2011 Día das Letras Galegas no Rosal organizado pola Agrupación Musical do Rosal A Praza do Calvario, no Rosal, acollerá o vindeiro marte, 17 de maio, os actos que co gallo do Día das Letras Galegas organiza a Agrupación Musical do Rosal, con propostas musicais, de lecer e gastronómicas. Haberá contacontos, xoguetes antigos, exposicións e obradoiros para nenos. Podranse degustar tapas de polbo á feira, zorza, tortillas, empanadas, filloas e postres caseiros, acompañados de viños do Rosal. E todo elo con ambiente musical a cargo de grupos de gaitas, banda infantil, coro infantil, grupos de cámara, o Grupo de pandeiretas Orballo e a música tradicional de Lirolai. Colaboran nesta proposta a Fundación O Rosal, a Comunidade de Montes de Santa Mariña, a Deputación Provincial e a Consellaría de Cultura e Turismo.
Mitin do BNG no Rosal O vindeiro mércores día 18, ás 20:30h, o BNG do Rosal celebrará o Mitin central de campaña no Centro Social Polivalente. Intervirán o candidato número dous da candidatura, Carlos Villanueva Domínguez, a deputada no Parlamento Galego, Carme Adán e o candidato á alcaldía, Alberte Alonso Pereira.
Venres, 13 de maio de 2011 Iván Rodríguez Maceiras convocado con la Selección Gallega de Pruebas Combinadas Los buenos resultados del atleta rosaleiro en la modalidad de pruebas combinadas, han llevado a que la Selección Gallega de Pruebas combinadas, que este fin de semana participa en Arona (Canarias) en el Campeonato de España de federaciones de pruebas combinadas, apostara por él. En el Campeonato se enfrentan Galicia, Cataluña, Valencia y Canarias, y cada selección participa con 3 atletas absolutos y 1 juvenil, que en el caso de Galicia es Iván. Por poner una nota negativa, se perderá el Campeonato Gallego Juvenil, que también se celebra este sábado en el Barco de Valdeorras y donde seguro que conseguiría más de una medalla
Exposición “Un mar de mulleres” GAC Ría de Vigo-A Guarda, do 14 ao 20 de maio Desde o 14 ata o 20 de maio poderase visitar a exposición fotográfica dos traballos realizados no mar polas mulleres da zona GAC Ría de Vigo – A Guarda, no Concello do Rosal. Ademais, o luns 16 de maio, terá lugar as 20.00 horas a celebración da Xornada “Un Mar de Mulleres” organizada polo Grupo de Acción Costeira Ría de Vigo -A Guarda (GAC 7), no salón de exposicións do Concello do Rosal. Esta idea xurdiu na Mesa da Muller do GAC 7, coa intención de fomentar a igualdade de oportunidades entre as mulleres e homes. Durante o verán entrevistouse a un grupo de mulleres que traballan en diferentes organizacións profesionais do sector pesqueiro, desde Cangas ata a Guarda. Coa información recompilada realizouse un documental, unha publicación e unha exposición fotográfica. Nesta xornada presentarase o traballo que levan realizando mulleres da nosa zona (mariscadoras a pé e a flote, redeiras, bateeiras, lonxeiras, etc.), e animarase as persoas asistentes a solicitar axudas ante o GAC 7. O acto comezará co saúdo do alcalde do Rosal, Jesús Mª Fernández Portela, a continuación, a xerente do GAC 7, Elena Herbello Puentes, explicará a orde de axudas e o Plan Estratéxico Zonal. María del Pilar Álvarez Rodríguez da Asociación de Mulleres Progresistas do Rosal e membro da Mesa da Muller, e da Xunta Directiva do Grupo de Acción Costeira Ría de Vigo – A Guarda, explicará como xurdiu a idea deste traballo. Por último proxectarase o documental “Un mar de mulleres”.
Mércores, 11 de maio de 2011 Distintas propostas culturais da Concellaría de Cultura do Rosal para os meses de maio e xuño O concello do Rosal publicou a programación cultural que desenvolverá durante os meses de maio e xuño, a través da Concellaría de Cultura. Nesta proposta, e ata o día 14 de maio, na Biblioteca Municipal haberá unha exposición de Libros do Mundo do CRA María Zambrano, que se poderá visitar de luns a venres entre as 16 e as 20.30 horas. O día 14, sábado, chegará a proxección da película “Noche y día”, no Auditorio Municipal ás 19 horas. O día 17 celebrará o Día das Letras Galegas, dedicado este ano ao poeta Lois Pereiro (1958-1996). Nesta ocasión a proposta do concello e intercambiar libros en galego, de xeito que quen leve un volumen na lingua do país poderá cambialo por outro, tamén en galego. O sábado, 21 de maio, haberá unha nova proxección, tamén no Auditorio as 19 horas, será “El último guerrero”. O sábado, día 28, chegarán os contos con “Pablísimo” na Biblioteca Municipal ás 12 do mediodía. O 11 de xuño o Auditorio Municipal acollerá a proxección da película “Rompedientes”, ás 19 horas. O sábado, día 18, haberá títeres coa compañía Cachirulo na Biblioteca Municipal ás 12 do mediodía. Ademais no mes de xuño a Agrupación Musical do Rosal realizará distintas actividades musicais e o C.P.I Manuel Suárez Marquier proporá sesión de teatro.
Martes, 10 de maio de 2011 Curso de P.N.B. organizado pola Sociedade Recreativa e Cultural de San Miguel A Sociedade Recreativa e Cultural de San Miguel abriu o prazo de inscripción para a realización dun Curso de P.N.B. (Patrón de Navegación Basica) que se realizara en xuño, en datas sin concretar debido a que se necesita un minimo de 15 persoas para desenvolver o curso, que está dirixido a persoas que desexen manexar embarcacións de recreo cun máximo 7 metros de eslora sen poder navegar a mais de 5 millas da costa libre. O curso terá unha duración de 20 horas e será impartido os martes e xoves ás 20.30. Para anotarse no curso as persoas interesadas chamarán aos números de teléfono 986 61 38 69 ou 672 08 55 34. Presentarán como documentación para acceder ao curso 4 fotos tipo carnet, 2 fotocopias do D.N.I. e o psicotécnico onde indeque que a persoa que o presenta esta apto para o manexo de embarcación de recreo, no caso de que a persoa sexa menor de 18 anos ten que presentar unha autorización de pai ou nai para a realización do curso. O precio do Curso na parte teorica é de 280 €; as prácticas de navegación 150€ e as prácticas de radio 60€ cun examen final homologado pola Academia Náutica Estelas.
Venres, 6 de maio de 2011 A andaina de maio do programa “O rosal. Coñece o teu concelllo” aprázase ata o sábado día 14 A andaina de maio correspondente ao programa “O Rosal. Coñece o teu concello” que debería celebrarse este sábado, aprázase por previsión de mal tempo, ao seguinte, día 14. Tamén por petición da maioría dos participantes, o horario seguirá sendo o mesmo que nas anteriores etapas (15:30 horas). Polo tanto sairase a esa hora dende a Praza do Calvario para visitar –entre outras- a Aula da Natureza das Aceñas, a ponte vella do Tamuxe e a capela de San Gregorio, en Pías. Para apuntarse ou solicitar máis información poden dirixirse ao Departamento de Cultura e Turismo, no teléfono 986 62 50 00 ou ben no correo turismo@concellodorosal.es
O Rosal sofre dous novos roubos de cable de cobre A noite do martes 3 de maio tiveron lugar dous novos roubos de cable no concello do Rosal. O primeiro destes lamentables feitos ocorreu por enésima vez na parroquia de San Bartolomeu das Eiras, onde se apropiaron de 350 metros de cable, tanto de alumeado público como de tendido telefónico. Nesta ocasión os ladróns tamén se fixeron con 400 metros de cable de alumeado público na zona da Barrosa, xuradía de Novás, na parroquia de Santa Mariña. A valoración estimada da reposición do material sustraído elévase aos 5.200 euros, presentándose a correspondente denuncia ante a Garda Civil, que xa se atopa investigando estas deplorables accións.
Xoves, 5 de maio de 2011 Las tierras del norte de Portugal serán el itinerario de la próxima Andaina de la Liga de Amigos de O Rosal La Asociación Cultural Liga de Amigos de O Rosal informa que el próximo domingo, 8 de mayo, organizará la tercera andaina del año con un programa que se iniciará, a las nueve de la mañana, con la reunión de los participantes en el local social del Casino, para explicar el recorrido que será por tierras de Portugal, saliendo los participantes en coche hasta la Serra da Arga. El regreso está previsto para las seis de la tarde.
Festas en honor a San Isidro no Rosal o 14 e 15 de maio O Rosal celebrará, os vinderios 14 e 15 de maio, a festividade en honor a San Isidro, patrón dos agricultores. O primeiro dos días citados, sábado, poderá degustarse polbo á feira durante toda a xornada e, a partir das nove da noite, terá lugar a verbena popular amenizada pola orquestra Saudade 73 e o grupo Kamelot. O domingo, día 15, ás dez da mañá fará a súa entrada no pobo o grupo de gaitas da Gándara Boalleira. Ás 12 do mediodía oficiarase a Misa solemne con Sermón e Procesión, e ás 19 horas presentación da orquestra Poceiro, de Pontevedra. Ás 20 horas, subasta de produtos típicos da terra, e a continuación verbena co mencionado grupo Poceiro. O recinto estará cuberto cunha carpa.
Dúas cooperativas agrarias do Rosal entre as beneficiadas con axudas da Deputación para a mellora das súas instalacións A Xunta de Goberno da Deputación aprobou a concesión de 200.000 euros en investimentos produtivos de 16 cooperativas que agrupan a 3.101 familias gandeiras da provincia de Pontevedra. Estas colaboracións económicas van dirixidas a cooperativas, sociedades agrarias de transformación ou organizacións de produtores agrogandeiros. Das 16 cooperativas, dúas pertencen ao Rosal, con 82 socios, que percibirán 12.657 euros. Son a Cooperativa Agraria Porta do Río Miño, con 43 socios, que terá unha axuda de 8.860 euros que destinará á melloras nas instalacións, e a Cooperativa Porta do Pilar, con 39 socios, que percibirá 3.797 euros destinados tamén a melloras das instalacións.
Curso de iniciación ó tenis no Rosal A Federación Galega de Tenis busca achegar o tenis a tódolos puntos de Galicia para incrementar o número de federados neste deporte. Con este obxectivo, anímase a que todos os interesados, a partir de 5 anos e sen límite de idade, participen nun Curso de iniciación ó tenis que se realizará os luns polas tardes no Rosal. Quen desexe participar nesta actividade deberá pasar polo Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural cubrindo a solicitude correspondente. O curso terá unha duración de dous meses e comezará en canto se teña un mínimo de 20 persoas preinscritas. O prezo unicamente será a licenza federativa que conleva un seguro da federación en caso de lesión.
Mércores, 4 de maio de 2011 A Xunta Electoral de Zona desestima a reclamación presentada polo BNG do Rosal Con data 3 de maio publícase no BOP nº 84 a resolución da Xunta Electoral de Zona á reclamación presentada o 23.04.2011 polo representante do BNG ante a Xunta Electoral de Zona, Rafael Antonio Martínez Calzado, onde solicitaba por parte do concello do Rosal a retirada dos carteis da obra “Rotonda, ensanche e mellora da seguridade viaria na E.P. 3302 Tabagón – Rosal – Pontecelo” vulnerando o Concello do Rosal, segundo o BNG, o artigo 50 da Lei Electoral Xeral. A Xunta Electoral de Zona acordou por unanimidade desestimar a reclamación indicando que “como se desprende de la regulación legal, lo que se prohíbe son actos de exaltación de logros obtenidos por las corporaciones locales y este no es el caso”. O apartado 4º b) da Instrucción 2/2011 da Xunta Electoral Central prevé entre os supostos de campaña institucional permitidos: “los anuncios en espacios o lugares públicos o en medios de comunicación deberá limitarse estrictamente a proporcionar información de interés general sobre la conclusión de una obra pública, la puesta en marcha o el funcionamiento de un servicio público, sin que pueda contener connotaciones electoralistas ni alusiones a las realizaciones o los logros obtenidos por los poderes públicos afectados” non sendo este o caso.
Actividades de verán para nenos no Rosal Actividades de verán para nenos que no curso 2010/2011 estivesen matriculados en Educación Infantil ou Primaria. Consistirán na realización de obradoiros de manualidades, xogos ó aire libre e sendeirismo. Participantes: Nenos de Infantil e Primaria. Poderán participar nenos doutros concellos sempre e cando non se cubran as prazas con nenos do Rosal. Lugar e Calendario: Na Escola Unitaria de Couso os meses de xullo e agosto. Taxas: Pendente de confirmación. Os nenos que pertenzan a familia numerosa e así o acrediten terán un desconto do 50% nas taxas. Prazo e lugar de solicitudes: As solicitudes poderán realizarse dende o 2 de maio ata o 18 de xuño no Centro Social por estricta orde de inscrición.
Martes, 3 de maio de 2011 Cruz Roja en Baixo Miño pone en marcha un concurso de dibujo infantil bajo el título “¡Conserva nuestros ríos!” Cruz Roja Baixo Miño con la colaboración del C.P Manuel Suárez Marquier de O Rosal y dentro del proyecto “Movéndonos polo Río Miño” organiza y convoca el primer concurso de dibujo infantil denominado “Conserva nuestros ríos”, dirigido a los alumnos del centro. Todas las actividades del proyecto “Moviéndonos por el río” se realizan en colaboración con el Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino Marino a través del Programa de Voluntariado en Ríos, y Confederación Hidrográfica del Miño-Sil, organismo gestor de la cuenca hidrográfica. Para la puesta en marcha del concurso se realizará una primera fase en la que los voluntariados de Cruz Roja desarrollarán en el CP Manuel Suárez Marquier una campaña de concienciación para el cuidado y respeto del medioambiente y en especial hacia nuestros ríos a través de una salida de educación medioambiental, tras la cual se abrirá el plazo para la participación en el concurso de dibujo cuyo objetivo es la conservación y el respeto de nuestros rios. La temática del concurso es “Conserva nuestros río” y los dibujos podrán realizarse en acuarela, pintura, rotuladores o cualquier otro material en formato din A4. A partir del 11 de mayo se recogerán los dibujos participantes en el centro y se reunirá el jurado, integrado por miembros del comité de Cruz Roja de A Guarda, voluntarios del proyecto y profesorado del centro, que decidirán cuál es la postal ganadora. A todos los participantes se les premiará con una mochila y un cuaderno medioambiental. Además habrá tres menciones especiales que serán galardonados con materiales escolares.
81 escolares del CP Manuel Suárez Marquier de O Rosal participarán con Cruz Roja de una actividad medioambiental en el Río Folón Mañana, miércoles, a partir de las 10.30 horas, 81 alumnos del ciclo de primaria del colegio Manuel Suárez Marquier, acompañados por el equipo de voluntarios de Cruz Roja Baixo Miño, se acercarán al río Folón participando en la campaña de concienciación sobre el cuidado y respeto del medioambiente, realizando también actividades relacionadas con esos objetivos. En esta actividad, financiada por el Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino a través del Programa de Voluntariado en Ríos, contando también con la colaboración de la Confederación Hidrográfica Miño-Sil, se realizarán muestreos del agua utilizando el material facilitado por Adecagua (Asociación para la Defensa de la Calidad de las Aguas), que permitirá a los participantes identificar las presiones a las que está sometido el río, analizando parámetros fisicoquímicos (temperatura, oxigeno disuelto, pH, nitratos y dureza del agua) y calculando los indicadores biológicos de la calidad del agua (los macro invertebrados acuáticos y la vegetación de ribera). Próximas intervenciones Durante las siguientes jornadas, el equipo de voluntarios procederá a reconocer las características de la fauna y flora de la zona realizando también su inventario fotográfico; la limpieza de los márgenes del río (tanto de especies foráneas como de residuos que puedan existir) y se continuarán con las mediciones de la calidad del agua.
Sábado, 30 de abril de 2011 O BNG lamenta que o alcalde “cale e trague” ante a diminución de servizos no Centro de Saúde do Rosal O candidato do BNG no Rosal, Alberte Alonso, ve na actitude do alcalde fronte á supresión do servizo de matrona, submisión aos ditados do PP de Santiago e lamenta que “cale e trague” ante a diminución de servizos no Centro de Saúde en vez de defender os intereses dos veciños e veciñas do Rosal. “Non é de recibo que en pleno século XXI se reduzan servizos en vez de aumentalos”, afirma. O alcaldable nacionalista fai estas afirmacións despois de ver como o pasado xoves, na comisión de Sanidade do Parlamento, o PP votaba en contra dunha Proposición non de lei do BNG, na que se solicitaba que se cubrira a praza de matrona e se ampliara o servizo de pediatría a todos os días da semana. Lembra Alberte Alonso, que as mesmas reivindicacións foron propostas polo BNG no pleno do concello celebrado en novembro do pasado ano e “resultaron apoiadas por todos os grupos”. Resposta á deputada popular Por outra banda, e despois da información verquida polo PP en medios dixitais sobre este tema, afirmando que a poboación do Rosal ten garantidos os servizos de pediatría e matrona, Alonso Pereira, convida a deputada popular Rosa Oubiña a que faga diante da veciñanza do Rosal as mesmas manifestacións. Indica así mesmo, que a propia deputada popular recoñece que durante dous días á semana os nenos e as nenas do Rosal non son atendidos por persoal especializado en pediatría senón por médicos de familia. Do mesmo xeito, indica o candidato nacionalista que as reivindicacións do BNG son as reivindicacións dos veciños e veciñas que manifestaron cunha recollida de sinaturas, reivindicacións das que o BNG se fixo eco e que o pleno aprobou por unanimidade. Polo tanto o único que “fai ruído” é o PP co obxectivo de desviar a atención e engadiu que “nunca unha forza política demostrou máis incompetencia en menos tempo”.
Na andaina de maio visitarase a Aula da Natureza das Aceñas, a Ponte do Tamuxe e a capela de San Gregorio O sábado 7 de maio terá lugar unha nova andaina dentro do programa gratuíto “O Rosal. Coñece o teu concello” que levará aos participantes a visitar –entre outras- a Aula da Natureza das Aceñas, a ponte vella do Tamuxe e a capela de San Gregorio, en Pías, ademais de camiñar por incribles paraxes ribeirenses e admirar os distintos elementos da arquitectura civil e relixiosa da vila. A saída realizarase ás 10 da mañá dende a Praza do Calvario, cambiándose polo tanto o horario habitual das 15:30, para non coller as horas fortes do sol. Para apuntarse ou solicitar máis información poden dirixirse ao Departamento de Cultura e Turismo, no teléfono 986 62 50 00 ou ben no correo turismo@concellodorosal.es
Venres, 29 de abril de 2011 O PP impide que a atención pediátrica no Centro de Saúde do Rosal sexa diaria O Partido popular votou en contra dunha Proposición non de Lei defendida pola deputada do BNG, Carme Adán na Comisión 5ª de Sanidade, celebrada hoxe no Parlamento galego. Adán defendeu, na súa intervención, que o servizo de Pediatría do Centro do Rosal permanecera aberto diariamente xa que na actualidade -dixo-, só funciona tres días a semana o que está a dificultar a atención axeitada ás necesidades do concello. Por outra banda, a parlamentaria do BNG tamén reclamou cubrir a praza de matrona tralo pasamento da persoa titular e considerou que non garantir a prestación destes servizos colide frontalmente coa “propaganda” do Partido popular a respecto da chamada “protección da familia”. O voto contrario do PP afectará ás mulleres xestantes Para Adán é “un despropósito” impedir un servizo que afectará moi negativamente á atención sanitaria das mulleres xestantes. Adán tamén salientou os problemas da poboación que habita no rural ao ter que desprazarse ao servizo pediátrico no concello do Rosal e reclamou que, coa mesma intensidade que o Partido popular defende a Lei de Familia facilite os recursos para que estas persoas accedan aos servizos sanitarios que precisan. Dobre moral do PP: protección da familia con retirada de servizos A deputada do BNG asegurou que a propia Organización Mundial da Saúde recoñece o dereito das mulleres a seren atendidas durante a súa xestación, e denunciou a contradición do Partido popular por votar en contra da iniciativa nacionalista cando o PP do Rosal afirmou o día 29 de outubro do ano 2010 que o servizo de pediatría e a matrona eran servizos “moi importantes” para o Centro de Saúde do Rosal . Carme Adán cuestionou que a mellora da Atención primaria anunciada pola Consellaría de Sanidade sexa real cando - dixo-, “suprimen unha praza de matrona” que, -ao seu xuízo-, representa unha clara dobre moral do Partido popular que por unha banda di “protexer á familia” e por outra, reduce sistematicamente os recursos no concello do Rosal para prevención, atención sanitaria, traballos de posparto e lactancia e outras actividades dirixidas á mulleres que, na súa maioría, carecen de automóbil ou outros medios para desprazarse. Finalmente, a deputada do BNG lamentou que o Partido popular vote de maneira diferente segundo o lugar , en contra no Parlamento galego e a favor no concello do Rosal e considerou que está obrigado a dar unha explicación aos cidadáns deste comportamento político.
O Grupo Popular salienta que a poboación do Rosal ten garantidos os servizos de pediatría e matrona O Grupo Popular, a través da deputada Rosa Oubiña, salientou onte na Comisión de Sanidade do Parlamento que a poboación do concello do Rosal ten garantidos os servizos de pediatría e matrona. Rosa Oubiña acusou ao BNG de presentar unha iniciativa no Parlamento para “facer ruído” que beneficie ao seu candidato nese municipio. Oubiña destacou que a pediatría de atención primaria presta atención aos nenos que residen preto do centro de saúde e que este servizo se desenvolve nun ou en varios centros, como é o caso do Rosal, no que hai unha pediatra de área compartido co concello de Oia. A xornada de traballo da dita pediatra é de 8 a 15 horas tres días á semana e a atención urxente o resto da semana realízase no centro de saúde do Rosal por médicos de familia. Doutra banda, a deputada popular lembrou que a situación actual respecto ao pediatra é a mesma que cando o BNG gobernaba co PSOE na Xunta e, porén, os nacionalistas “non dixeron nin pediron nada” nesa etapa. Matrona En canto á matrona, resaltou que a vacante produciuse hai máis de dous anos e que o servizo é cuberto pola do veciño concello da Guarda, cun tempo estimado de desprazamento de 10 minutos. A deputada apuntou que a actividade asistencial que xera a poboación do Rosal é pequena, cunha media de tres consultas diarias, e lembrou que actualmente existe unha escasez relativa de matronas, o que fai que a súa contratación sexa prioritaria nos hospitais. Igualmente, destacou que unha das actuacións máis salientables desta primeira metade de lexislatura por parte do Goberno do PPdeG é “a priorización do gasto público”, o que permitiu “facer más con menos”, e mencionou, nese sentido, avances como a redución das listas de espera sanitarias ou a construción de infraestruturas de Sanidade.
Resultado do sorteo dos compoñentes das Mesas electorais do Rosal para as eleccións do 22 de maio
Xoves, 28 de abril de 2011 Inauguración no Rosal da V Mostra de Teatro do Miño Informa Juan Ramón.- Hoxe, xoves, ás 20:30 horas terá lugar no Auditorio Municipal do Rosal o acto de inauguración da V Mostra de Teatro do Miño que organiza a Asociación Cultural Feixó de Araúxo. Debido a un imprevisto de última hora será o polifacético artista Benito Guerreiro (e non Os Campelos) quen actúe diante do público ofrecendo un dos seus interesantes monólogos. Así mesmo o evento contará coa participación do Grupo de Percusión da Agrupación Musical do Rosal. Esta quinta edición da Mostra celebrarase nos concellos de Tomiño (Goián), A Guarda e O Rosal ata o domingo 1 de maio.
Mércores, 27 de abril de 2011 Alberte Alonso, candidato do BNG no Rosal di que seu obxectivo é servir os veciños e ás maiorías sociais Alberte Alonso é o candidato a alcaldía do Rosal polo Bloque Nacionalista Galego. Un cargo que asume para servir aos veciños e servir á maiorías sociais. O obxectivo do seu partido é acadar a alcaldía porque teñen un proxecto de futuro ben definido e consideran que contan cun equipo de persoas con capacidade para asumir a responsabilidade de goberno tal e coma explicaba na Radio Municipal de Tui. A candidatura do BNG no Rosal é plural combinando experiencia e xuventude. Son persoas moi comprometidas co Rosal segundo Alberte Alonso. En canto aos principais problemas do municipio salientaba a falta dun goberno que dea solucións aos problemas reais da veciñanza, no seu punto de vista, un problemas que son o paro, a falta de perspectivas laborais, entre outros. Precisamente no programa electoral, que xa foi distribuídos entre os veciños, e publicado no blogue do candidato, propoñen a creación dun viveiro de empresas, a execución do polígono empresarial A Guarda- O Rosal, promoción de empresas e do comercio, entre outras cuestións coma a promoción de vivendas de promoción pública, recuperar a o servizo de matrona e pediatra no centro de saúde, retirada do canon de auga e humanización da Praza do Calvario, rematar o saneamento, e apoio no eido cultural a todo o asociacionismo, e apoio decidido á Agrupación Musical do Rosal. Por último con respecto as expectativas destes comicios salientaba Alberte Alonso que aspira a acadar a Alcaldía, recoñecendo que non é doado dado a correlación de forzas actuais, pero cando menos aspiran a aumentar a representación actual dun concelleiro.
Martes, 26 de abril de 2011 Jesús Mª Fernández Portela, candidato do PP do Rosal, explica que a lista que encabeza está renovada nun 20% Jesús Mª Fernández Portela, candidato do Partido Popular e alcalde do Rosal encabeza por cuarta vez consecutiva a lista dos populares rosaleiros, e anteriormente figurou na mesma en dúas ocasións máis na que foi elixido concelleiro. Na lista que encabeza explicaba que hai xente nova e outra xa experimentada xa que aposta por ir renovando un 20 ou 30% cada lexislatura, facendo equipos novos e pensando en dar o relevo no futuro tal e coma explicaba na Radio Municipal de Tui. Os seus obxectivos para os próximos catro anos serán mellorar o benestar dos veciños, a vía de alta capacidade e o parque empresarial O Rosal – A Guarda. A isto suma a aprobación do PXOM para deixar o urbanismo ordenado do mellor xeito posible, así coma rematar o saneamento integral. Sobre os posibles resultados electorais do 22 de maio dicía que serán os veciños e veciñas do Rosal quen valoren o traballo feito nestes últimos catro anos, el mesmo indica que está satisfeito do mesmo.
Luns, 25 de abril de 2011 O BNG do Rosal denuncia a falta de ética e de respecto do PP á Lei electoral vixente O Bloque Nacionalista Galego do Rosal denuncia a falta de ética do PP e tamén, a falta de respecto da Lei Electoral vixente pola colocación de dous valados publicitarios dunha obra da Deputación. “Segundo a lexislación electoral vixente, e máis concretamente a Instrución 2/2011 da Xunta Electoral Central, prohíbese expresamente a realización de campañas publicitarias das administracións que conteñan alusións a realizacións de obras ou logros obtidos, dende a convocatoria das eleccións ata a celebración das mesmas”, indica o candidato nacionalista. Alberte Alonso, quen engade así mesmo, que xa existen resolucións de Xuntas Electorais sobre casos similares, onde indican que este tipo de campañas pódense realizar despois do período electoral, toda vez que nin sequera se fai referencia a data de inicio e finalización das obras. Os valados publicitarios obxecto da denuncia diante da Xunta Electoral de Tui, fan referencia a unha obra que precisamente propuxeron os nacionalistas: a mellora da seguridade no cruce de Couselo, mediante a construción dunha rotonda. Os valados colocáronse nesta semana que vén de rematar, e polo tanto con posterioridade á convocatoria das eleccións municipais. Son dous carteis onde se observa a denominación da obra “Rotonda, ensanche e mellora da seguridade viaria na E.P. 3302 Tabagón – Rosal – Portecelo”, nos que aparecen ademais a empresa adxudicataria da obra, orzamento e os logotipos da propia Deputación e do concello do Rosal. A obra foi adxudicada o pasado mes de febreiro pola Deputación Provincial de Pontevedra. O candidato nacionalista, Alberte Alonso, solicita unha “campaña limpa” por parte das diferentes forzas políticas, e pídelle ao PP que deixe de instrumentalizar as institucións para usos partidarios. Para Alberte Alonso, esta actuación do PP “é unha falta de respecto pola lexislación vixente e falta de ética política”. Indica tamén que pon de manifesto a preocupación do PP polos resultados electorais da Deputación, toda vez que no partido xudicial de Tui dispútase un deputado máis, que o nacionalista asegura será para o BNG.
Xoves, 21 de abril de 2011 San Xosé celebrarase en Novás (O Rosal) os días 30 de abril e 1 de maio Novás, xuradía do Rosal, organiza os días 30 de abril e 1 de maio as Festas en honor a San Xosé. O primeiro dos días citados, sábado, a verbena estará animada polas orquestras Sintonía e Fin de Siglo. O domingo, 1 de maio, ás 11.30 horas terá lugar a baixada do santo en procesión ata a praza, acompañado polo grupo de gaitas A Boalleira, onde se celebrará ás doce do mediodía a Misa de Campaña na honra de San Xose, cantada pola Coral da Agrupación Musical do Rosal. Ás 17.30 horas actuará o grupo de pandereteiras Orballo, da Agrupación Musical do Rosal, e a continuación será o turno do grupo Nebrasca. Estará nestes festexos o Show dos Campelos (Roberto e Paco) e haberá, tamén, subhasta de produtos típicos.
Luís Giraldez, candidato do PSOE no Rosal, aspira a lograr o cuarto concelleiro Luís Giraldez, cabeza de lista do partido socialista no Concello do Rosal, ten coma expectativas de cara as estas eleccións municipais poder acadar unha máxima representación para ter perspectivas de goberno. Segundo explicaba nunha entrevista na Radio Municipal de Tui agarda pasar dos tres concelleiros con que conta na actualidade a catro. Sobre a lista que encabeza salientaba que se renovou bastante hai catro anos polo que agora seguen contando básicamente coas mesmas persoas. O seu obxectivo é difundir a labor que veñen desenvolvendo no Rosal nos últimos catro anos e facer chegar o seu proxecto. Sobre o programa electoral indicaba que están traballando nel estando case rematado. No mesmo van plasmar solucións aos principais problemas que ten o municipio coma o remate do Vial de Alta Capacidade, e a activación do Parque Empresarial A Guarda- O Rosal, co que tentarán atallar os problemas de comunicación e desemprego que padece o concello. A todo isto a realización dunha zona de ocio no centro urbano, dotar de beirarrúas e arranxar a estrada de Fornelos á Guarda
Mércores, 20 de abril de 2011 CONCURSO para a selección do CARTEL ANUNCIADOR DA XIX FEIRA DO VIÑO DO ROSAL O Concello do Rosal, no seu desexo de promocionar os productos típicos do municipio, convoca o Concurso para a selección do Cartel Anunciador da XIX Feira do Viño, que tamén se estende ós temas hortícolas e florícolas. BASES1.- Poderá participar neste certame calquera persoa, sen límite de idade, tanto residente no noso país como no estranxeiro. 2.- Establécese un premio individual de 400 € para o cartel gañador. 3.- O premio poderá quedar deserto se o xurado así o estimase. 4.- Para optar ó premio, os traballos deben ser orixinais, realizados en cartolina de 44 cms. de ancho por 64 cms. de alto e poderán estar realizados en unha ou varias cores ou fotografía, sen límites en canto a técnicas. Presentaranse en soporte ríxido que permita a súa exposición. 5.- No que atinxe á temática, versará de xeito prioritario sobre o viño, así como a horta e a flor. Deberanse incluir necesariamente os seguintes textos: XIX FEIRA DO VIÑO DO ROSAL e 15, 16 e 17 de xullo de 2011. O cartel non poderá levar inserido ningún logotipo. 5.- Os carteis deberán ser presentados con pseudónimo, acompañados dun sobre pechado no que figure escrito o pseudónimo no exterior e contendo no seu interior o nome e apelidos do autor, DNI ou NIF, enderezo e teléfono de contacto. 6.- Os traballos deberán ser presentados no Centro Social Polivalente (Rúa Cabaqueiros nº 4 - 36.770 O Rosal) na instancia facilitada ó efecto coa indicación: “Concurso para a selección do Cartel Anunciador da XIX Feira do Viño. Concello do Rosal” onde constarán exclusivamente o pseudónimo, o teléfono e a data de presentación. 7.- O prazo de admisión de carteis pecharase o día 20 de MAIO de 2011 ás 13:00 horas. 8.- O Xurado darase a coñecer no momento que se estime oportuno. 9.- Unha vez determinado o gañador do Concurso a decisión do xurado será inapelable, e farase pública antes do día 27 de maio. A entrega do premio realizarase no momento e xeito que se estimara. 10.- O Concello do Rosal poderá difundi-lo traballo premiado do xeito que considere oportuno e dispoñerá de tódolos dereitos sobre o mesmo. 11.- A retirada dos traballos presentados deberá efectuarse durante o mes de xuño de 09:00 a 13:00 perdendo os dereitos sobre os mesmos en caso de non facelo. 12.- A presentación a este concurso implica a aceptación plena das presentes bases.
Martes, 19 de abril de 2011 O concello do Rosal oferta prazas de voluntariado para a Feira do Viño O Concello do Rosal, como entidade prestadora de voluntariado ofrece este ano a posibilidade de formar un grupiño de persoas voluntarias que ofrezan información turística básica e punto de información aos turistas, durante os días da Feira do Viño. Os turistas que veñen durante os tres días que dura a Feira do Viño no mes de xullo, están intersados en saber máis da nosa zona, das praias, restaurantes e ocio, e os voluntarios facilitaríanlles esa información básica e teléfonos de interese, comentando datos e curiosidades, entre outras despostas aos intereses dos visitantes. As persoas que desexen participar no voluntariado, ou recibir información sobre esta iniciativa, poden achegarse ao Centro Social. Aquelas que decidan colaborar recibirán un cursiño de formación específica sobre todo o relativo a información turística e axuda básica turista, un diploma acreditativo e o material necesario para a súa identificación como persoa voluntaria. Non hai unha idade determinada e basta con ser mayor de 16 anos para colaborar como voluntario.
Novo éxito da VIII Feira do Libro do Rosal O domingo 17 de abril celebrouse na Praza do Calvario a VIII edición da Feira do Libro do Rosal, con gran afluencia de público e lectores que puideron disfrutar de interesantes descontos e unha gran variedade de exemplares, expostos para a ocasión. Estiveron presentes desta vez as librerías Colores e Multi-Novás do Rosal, Ler e Cervantes da Guarda, Novidades de Tomiño e Libraida de Gondomar. O bo tempo permitiu tamén que pola tarde se realizasen ao aire libre diferentes obradoiros de marcapáxinas para os nenos, así como a representación de contos polos propios rapaces, dirixidos por dúas monitoras da Escola de Teatro Baixomiñota, na que participou de xeito activo a Biblioteca Municipal. Segundo se sinala dende a Concellaría de Cultura, que dirixe Charo Tabales Perozo, cumpriuse un dos obxectivos principais desta Feira, tal e como era o fomento da lectura para todas as idades, facendo especial fincapé nos máis pequenos. Aínda que sen coñecer os resultados finais oficiais, os libreiros que se achegaron ata O Rosal amosaron a súa satisfacción, xa que a pesares da crise –confesa un deles- “houbo moito ambiente e a simple vista pensamos que polo menos non diminuíron as vendas con respecto a outros anos”.
O dúo "Saxmallets" estreouse este pasado domingo no Auditorio Municipal do Rosal Informa: Brais Martínez Villa.- Con motivo do 25 aniversario da Agrupacon Musical do Rosal, o dúo "Saxmallets" estreouse este pasado domingo no Auditorio Municipal do Rosal. "Saxmallets" está formado por Blanca Represas (saxofón) e Francisco Troncoso (percusión). O concerto estivo dividido en dúas partes, na primeira tocando individualmente "Two Mexican Dances" para marimba, "Dens Caprices en forma de valse" para saxofón baritono, "Side by Side" para multiprecisión, "Pezzo per Clandio" para saxofón alto e"Looking Back" para vibráfono. Na segunda parte interpretaron colectivamente " We Bop" con saxo alto e vibráfono, "Divertimento" con saxo alto e marimba, e para terminar "Nightelnl" con saxo soprano, marimba e vibráfono.
Xoves, 14 de abril de 2011 Nueva andaina de la Liga de Amigos de O Rosal el próximo domingo desde el Niño do Corvo La Liga de Amigos de O Rosal, informa que el próximo domingo, día 17, tendrá lugar la segunda andaina de esta temporada que se iniciará, a las 9.00 horas con la reunión previa en el local social para explicar el recorrido. A las 9:30 se procederá a la salida en coche hasta el alto de O Niño do Corvo y a las 10:00 se efectuará la salida desde este punto con un recorrido de 11 km., aproximadamente, pasando por la Pedra Furada, en Figueiró, regresando al punto de partida al mismo punto de inicioen O Niño do Corvo. Con dificultad baja esta previsto que a las 13.30 horas los participantes lleguen a la sede social en la Praza do Calvario.
VIII Feira do Libro do Rosal O vindeiro domingo 17 de abril celebrarase na Praza do Calvario -e durante todo o día- a VIII Feira do Libro do Rosal, organizada pola concellaría de Cultura. Está confirmada a presenza de librerías de Tomiño, A Guarda, Gondomar e O Rosal, que ofertarán importantes descontos na compra de libros. Ademais, a partir das 17:00 horas, haberá obradoiros para os nenos/as.
Mércores, 13 de abril de 2011 O candidato do BNG no Rosal, Alberte Alonso, pon en marcha un blogue electoral O candidato do BNG no Rosal, Alberte Alonso, puxo en marcha un blogue electoral, no que ademais de dar conta da actividade política, fai unha pequena biografía persoal, ten un enlace para a descarga do programa electoral, pódese consultar a candidatura completa coa que se presenta ás eleccións municipais e tamén se pode visualizar o vídeo de presentación da candidatura. Posibilidade de comunicarse co candidato Alonso Pereira indicou que a rede abre moitas posibilidades, ao permitir o contacto bidireccional e a interactividade. Así, manifestou que habilitou un formulario que permite porse en contacto con el, onde facerlle suxestións ou calquera comentario, que “terá moi en conta”. O candidato nacionalista, na entrada de benvida ao blogue, pon de manifesto a súa familiaridade coas novas tecnoloxías e indica que foi “o editor e administrador dun dos portais comarcais de noticias máis visitados da comarca, InfoRosal.com”. Tamén ten enlaces aos seus perfís nas redes sociais máis populares, como Faceboock e Twitter. Dos tres candidatos á alcaldía do Rosal, só Alberte Alonso aposta decididamente polos novos métodos de comunicación, aínda que non exclusivamente, pois segundo di, “é necesario combinalo co contacto directo na rúa, xa que non todo o mundo accede a rede”. Mais sinala tamén que “hai moita xente, sobre todo mozos e mozas, aos que só se chega a través das novas tecnoloxías, e nós apostamos tamén polas novas formas de comunicación”. O enlace ao blogue: http://www.blogsnacionalistasgalegos.net/albertealonso/ Perfil no Faceboock: http://www.facebook.com/alonsopereira A súa conta no Twiter: http://twitter.com/albertealpe
Actos co gallo do 25 Aniversario da Agrupación Musical do Rosal Dentro das actividades programadas con motivo do 25º aniversario da Agrupación Musical do Rosal, está programado un concerto que ofrecerá o dúo Saxmallets o vindeiro domingo, 17 de abril, ás 20.30 horas no Auditorio do Rosal. Saxmallets está formado por Blanca Represas Alonso, saxofonista de Xinzo (Ponteareas) e Francisco Troncoso Troncoso, percusionista de Salceda de Caselas. Interpretarán obras de autores como Gerard Brophy, Akira Yuyama, David Friedman ou Astor Piazzolla, de estilos tan diversos como o jazz, pop ou tango. O día anterior, sábado 16 de abril, a partires das 20.00 horas, haberá unha Audición de alumnos da escola de música correspondente ao 2º trimestre do curso. Dará por finalizado este acto a actuación do dúo de clarinetes formado polos profesores da escola Diego Javier Lorente López e Iván Pinzás Balesteiro
Martes, 5 de abril de 2011 O BNG do Rosal denuncia a mala xestión nas finanzas do goberno municipal No último pleno ordinario deste mandato, o goberno municipal en funcións, aprobou trasladar un gasto de 334.370'46 euros realizado sobre todo no pasado ano, aos orzamentos vixentes. Para o candidato do BNG, Alberte Alonso Pereira, isto pon de manifesto a mala xestión e a pouca previsión financeira do goberno do PP. Alberte Alonso Pereira, indica que esta cantidade, 334.370'46 euros, supón case o 25% do consignado no orzamento vixente para gastos correntes. Por conseguinte, afirma, este ano non chegarán as cantidades asignadas para cubrir os gastos correntes ao verse reducido este capítulo. “Isto é así porque o goberno municipal realizou gastos sen ter diñeiro para poder pagalos, tal e como se indica no propio informe de Intervención”, afirma o candidato do BNG. “É lamentable que o desconto que se lle aplicou aos traballadores públicos do concello, se utilice para pagar gastos pendentes de anos anteriores e non en investimentos”, indicou Alonso Pereira.
Os escolares de Primaria do CPI Manuel Suárez Marquier visitaron a Casa do Concello do Rosal O pasado mércores, 30 de marzo, tivo lugar a visita de 23 escolares de 1º de Primaria do CPI Manuel Suárez Marquier ao Concello do Rosal, onde foron recibidos pola concelleira de Cultura, Charo Tabales Perozo, que lles amosou todas as oficinas municipais e explicou as tarefas que desenvolven os distintos funcionarios. Os alumnos do CEI tamén se achegaron ao Xulgado de Paz, ao Arquivo e á Biblioteca Municipal. Como remate da visita, cada neno foi obsequiado cun libro sobre a natureza.
Luns, 4 de abril de 2011 Bodegueros e viticultores de Cambados e O Rosal presentan a Cores Tourís o proxecto turístico “Vilas do Viño” Os representantes da Asociación de Viticultores de O Salnés a través de Xóvenes Agricultores e da Asociación de empresarios bodegueiros Rías Baixas de O Rosal presentaron esta mañá ao delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, o proxecto turístico “Vilas do Viño” que, en coordinación co Patronato de Turismo Rías Baixas, permitiría revalorizar as vilas con tradición vitivinícola, promocionando así toda a cultura ligada a este sector. Na reunión estiveron tamén presentes os xefes territoriais das consellerías de Medio Rural, Gerardo Zugasti, e de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, José Luis Díez, así como representantes dos concellos de Cambados e O Rosal. Segundo informaron os interesados, o obxectivo da participación da Deputación de Pontevedra neste proxecto, a través do Patronato de Turismo Rías Baixas, é que sexa este organismo o encargado de implantar esta iniciativa noutras vilas que contan tamén con tradición vitivinícola. Con este proxecto, viticultores e bodegueiros, apoiados polos concellos de Cambados e O Rosal, pretenden promover o reforzo das identidades locais destes municipios, moi ligados ao mundo do viño. Preténdese así poñer en valor os recursos naturais, culturais e patrimoniais ligados a este sector económico. “É dicir”, explicaron os responsables da iniciativa, “fortalecer as identidades locais e o turismo de calidade mediante a promoción de recursos culturais ligados ao mundo do viño”. Outro obxectivo é a posta en valor dun produto enoturístico común que se asente nos recursos patrimoniais e culturais dos territorios de intervención, estimulando a súa utilización e goce de modo sostible para a consolidación destes espazos como destinos turísticos de calidade. Neste senso, o delegado territorial da Xunta en Pontevedra destacou precisamente o carácter de sostenibilidade do proxecto. Para conseguilo, entre outras accións destaca a posta en marcha dunha rede temática e a elaboración dun protocolo común que permita a comercialización e promoción conxunta así como a posta en marcha dunha axenda cultural, a rehabilitación de elementos patrimoniais primordiais, a posta en marcha de xornadas de exaltación da cultura do viño e a creación de paquetes turísticos vinculados a estas dúas localidades así como as que incluiría no proxecto o Patronato de Turismo Rías Baixas. “Sen dúbida, este proxecto xustifícase na importancia e necesidade de equilibrar e compatibilizar unha cultura común que dispón dunha importante tradición vitivinícola”, asegurou Cores Tourís quen recordou que o Plan Estratéxico da provincia de Pontevedra establece a necesidade de levar a cabo políticas de equilibrio territorial e de que o enoturismo poida constituírse en protagonista de primeiro nivel no desenrolo da mesma, “algo que para nós é de suma importancia, polo que valoramos moi positivamente iniciativas como ésta que se nos acaba de presentar que aposta polo crecemento económico e o emprego”. O orzamento desta iniciativa roldaría os 500.000 euros e no mesmo estarían vinculados actores públicos e privados como elementos dinamizadores das áreas de actuación.
Sábado, 2 de abril de 2011 Vacantes nos cursos de Arte floral e Inglés O Servizo de Información Xuvenil do concello do Rosal informa que quedan prazas vacantes nos cursos de Arte floral e de Inglés. O curso de arte floral será os martes de 20.00 a 22.00 horas e o de inglés terá lugar dous días á semana. O importe dos cursos é de 40 euros no caso de arte floral e de 48 euros no caso de inglés. Darase certificado acreditativo da realización do curso a quen o solicite. Máis información e inscricións no teléfono 986 609 450.
Cursos gratuitos para mozos de 16 a 35 anos no Rosal PROGRAMA ACTÍVATE Convoca. Deputación Provincial de Pontevedra. Contido: A Deputación de Pontevedra pon en marcha o programa de cursos ACTÍVATE dirixido á xuventude. Os cursos serán totalmente gratuítos e realizanrase entre os meses de setembro e novembro. · CAIXEIRO/A – REPOÑEDOR/A · TÉCNICAS DE VENDA · NÓMINAS E CONTRATOS Beneficiarios: · Mozos e mozas do Rosal que teñan entre 16 e 35 anos. · Persoas que non cumpran o requisito da idade pero que sexan do Rosal, sempre e cando queden prazas vacantes. · Persoas non empadroadas no Rosal pasarían a lista de agarda se quedan vacantes. No caso de que as solicitudes excedesen as prazas ofertadas, atenderase sempre ó rexistro de entrada no concello, e terán preferencia as persoas en situación de desemprego sobre as persoas en activo. Prazo: ata o 12 de xullo no Centro Social Polivalente. As persoas desempregadas deberán presentar a tarxeta de demandante de emprego. Solicitudes no Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Rosal (986 609450) Silvia Baquero Pereira Centro Social Polivalente R/Cabaqueiros nº 4 - 36770 Teléfono: 986 609450 informacionxuvenil@concellodorosal.es
Hoxe cine no Auditorio Municipal A Concellaría de Cultura do concello do Rosal programa para hoxe, sábado, a proxección do film “Cómo entrenar a tu dragón”. Será no Auditorio Municipal ás 18 horas. O día 19 proxectarase “Planet 51”. Ámbalas películas foron cedidas por Cinebank 2000, establecemento da Guarda.
Venres, 1 de abril de 2011 Mañá, nova andaina organizada polo concello do Rosal Mañá, sábado 2 de abril, terá lugar unha nova andaina deportiva-cultural organizada polo Concello do Rosal. Nesta ocasión visitarase a igrexa parroquial de Santa Mariña e tres capelas, a de Santa Ana, a de San Vicente e a de San Xosé, ademais de distintos elementos do noso patrimonio cultural, entre eles os sepulcros antropomorfos visigóticos de Marzán ou a restaurada Serra do Pijorro. O horario de saída e punto de encontro será ás 15.30 horas dende a Praza do Calvario. Para apuntarse a esta ruta e para máis información, poden achegarse ata o Concello ou chamar ao teléfono 986 62 50 00.
A Liga de Amigos, do Rosal, comeza o domingo as andainas Desde a Asociación Cultural Liga de Amigos do Rosal comunican que o domingo, día 3, dan inicio á campaña de andainas 2011, que se veñen realizando desde o ano 2009. Nesta primeira xornada da nova tempada, o punto de reunión estará, ás 9 da mañá, no local social, na Praza do Calvario, para explicar previamente o percorrido que levará aos participantes á altura da Casa da Pintora, ás 9.30 horas, comenzando a andaina ás 10 da mañá para visitar Acevedo Vello subir a Santa Calumbra e regreso ao punto de partida, coa chegada prevista para as 13.30 horas.. |
|
|