www.galiciasuroeste.info

ABRIL

 

Sábado, 30 de abril de 2011    

Se constituye la gestora del CDL de Tomiño, nuevo partido político de la localidad

El pasado martes, día 26, se formó gestora del Centro Democrático Liberal de Tomiño en una asamblea con la asistencia de mas de 80 personas, que eligieron por unanimidad a Jose Antonio Souto (presidente), José Javier Andrade, Aurelio Cal, José Luis Fernández y José Ramón Domínguez (vicepresidentes), Matilde Corbacho (secretaria), Soledad Álvarez y Jesús Franco (vicesecretarios), José Manuel Rodríguez (portavoz), Juan Álvarez (tesorero) y los demás miembros de la candidatura a los comicios del 22 de mayo como vocales.

El presidente de la Gestora, José Antonio Souto, se mostró muy satisfecho con la acogida que este proyecto político está recibiendo por los tomiñeses, siendo muchas las personas, especialmente entre los jóvenes, que manifestaron su simpatía por este proyecto. El CDL, a nivel nacional, es un partido político que pretende ofrecer una alternativa que aporte equilibrio y estabilidad.

“La idea de crear el partido CDL en Tomiño nace de una inquietud detectada tanto en la población, como en el comercio, que revela un letargo alarmante a nivel económico y de negocio. Da la impresión que no hay ideas, que durante estos últimos 4 años estuvieron pensando en otras cosas”.

José Antonio indicó  que en esta fase se está trabajando a fondo con vistas a crear una base sólida y estable que garantice la presencia de CDL en el municipio.

En el acto también estuvieron presentes el presidente del CDL de Pontevedra, Luis Fraga y el Galicia,  José Manuel Palacín. Este último recordó que CDL fue aceptado el 16 de abril de 2009 por unanimidad en el Partido Europeo de Liberales, Demócratas y Reformistas (ELDR), la fuerza política centrista de la Unión Europea y la tercera fuerza en tamaño de la Unión, con 100 diputados en el Parlamento Europeo, 9 de los 27 Comisarios Europeos, 5 Primeros Ministros, más de 800 diputados nacionales y miles de concejales locales y regionales por toda Europa.

A nivel local, concluyó Antonio, somos un grupo fundamentalmente de gente joven que estamos muy preocupados por la grave situación económica, política y social en que se encuentra el lugar donde vivimos y que tenemos la esperanza de poder cambiar las cosas.

Finalmente habló José Antonio Souto dando las gracias a todos, "me siento orgulloso del equipo que formamos y  quisiera dar las gracias a toda la gente que ha provocado que este grupo de personas (la gestora) se plantee formar parte de este nuevo proyecto, un proyecto ilusionante y necesario para Tomiño, un proyecto en el que las personas cuenten, un proyecto en el que el político esté cerca del ciudadano".

  

Jose Antonio Souto, candidato do CDL en Tomiño, agarda ter catro concelleiros

Jose Antonio Souto encabeza a lista do Centro Democrático e Liberal en Tomiño. Unha candidatura xurdida trala ruptura de Alternativa Tomiñesa co Partido Popular. Explicaba na Radio Municipal de Tui o nº1 que o non cumprimento dos acordos previos que tiñan cos populares trala incorporación de CDT foi o que lles levou a presentar esta candidatura, facéndoo amais baixo o paraugas dunhas siglas de carácter nacional.

Sobre o programa electoral que presentan a estas eleccións dicía que levarán propostas que ilusionen á xente e que sexan factibles e realizables. Por iso apuntaba que van facer unha campaña positiva para Tomiño con alternativas viables.

Para Jose Antonio Souto o saneamento é un dos principais problemas que ten arestora Tomiño polo que indicaba van pór todo o empeño e esforzo para facer un avance importante neste eido. Hai outras propostas que explicarán unha vez que teñan o programa electoral completamente confeccionado.

No parecer do candidato de CDL estes últimos catro do tripartido tradúcense no en empeñar ao Concello debido ao soldos e dedidacións exclusivas. Na súa opinión o futuro de Tomiño ten que ter o orzamento máis recortado e con xente máis áxil traballando.

O seu obxectivo é que Tomiño estea ben representado, aportando seriedade.

En canto aos resultados que agardan para o próximo 22 de maio, marcan coma meta lograr catro concelleiros. Para iso dicía que van explicar con claridade o programa electoral, e indicaba que nos concellos hai que mirar máis ás persoas que as siglas.

 

Os socialistas de Tomiño presentan hoxe a súa candidatura para as eleccións municipais do 22 de maio

            Este sábado, 30 de abril, os socialistas de Tomiño presentan a súa candidatura para as eleccións municipais do 22 de maio. O candidato á Alcaldía, Santiago Vergara, resaltou que por primeira vez as mulleres son maioría nunha lista que representa a diversidade da sociedade tomiñesa, composta por persoas que mais alá das súas diferenza de idade ou orixe comparten un mesmo proxecto: Tomiño.

            Na candidatura participan militantes moi destacados do socialismo tomiñes, como Enrique Gándara ou o pintor Mario Rodríguez, xunto con persoas que inician agora a súa andaina política.

            Violeta de Santiago Moure, vicepresidenta da Comunidade de Montes de Goián e representante dos socialistas do Baixo Miño no Comité Nacional Galego do PSdG, Manuel Leiros Toucedo, presidente da Traída de Augas de Piñeiro e Martín González, presidente da Comunidade de Montes de Goián, xunto con Santiago Vergara, encabezan esta candidatura que se presenta no Hotel A Nova Colina do Seixo, ás 20:30 horas.

 

Mes do neno en Forcadela, Tomiño

             Hoxe, sábado, rematan as actividades do Mes do Neno na Casa do pobo de Forcadela. Ás 16.30 haberá un espectáculo de maxia a cargo do mago Piter organizado pola Asociación de Veciños de Forcadela

 

II Romaría Cabalar en Santa Mª de Tebra

Este domingo a partir das dez da mañá celébrase a II Romaría Cabalar en Santa Mª de Tebra organizada pola Comisión de Festa do Corpus de Santa Mª de Tebra. Haberá Xincana cabalar, exhibición de andadura, exhibición de trote, exhibición de trote con carro... con premios en metálico

 

Venres, 29 de abril de 2011    

Faltriqueira nas Festas da Virxe Milagrosa

O domingo, 1 de maio, ás 19 horas, actuará o grupo Faltriqueira nas festas da Virxe Milagrosa de Hospital, en Tomiño.

O grupo Faltriqueira encarna a corrente máis fresca do panorama xurdido das fontes da música tradicional. Fusionando a polifonía coas percusións e os instrumentos acústicos, Faltriqueira son un grupo vocal libre que fuxe da ríxida tradición e dota de nova vida a cancións recollidas en diversas latitudes, non só na súa Galicia natal.

Iniciadas en grupos folclóricos da súa vila, recollen a herdanza tradicional das cantantes pandereteiras enchoupándoa da súa xuventude, naturalidade, gusto e achegamento a diferentes estilos musicais próximos e lonxanos xeograficamente.

 

O concello de Tomiño estrea en Goián o documental "O Espírito das Trincadeiras"

O próximo domingo, dia 1 de maio, terá lugar no Auditorio Municipal de Goián a estrea do documental "O Espírito das Trincadeiras". Serán organizados dous pases, un ás 19:00 da tarde e un segundo ás 21:30 da noite e para asistir a eles é necesario presentar a entrada que se poderá recoller gratuitamente no Centro Goianés e no bar Avenida de Goián.

            A realización deste documental xurde por iniciativa do Concello de Tomiño e da súa vontade por recuperar e divulgar os acontecementos que tiveron lugar en 1990, cando a sociedade goianesa se uniu e organizou para defender o baldío comunal denominado "Trincadeiras" onde a administración do estado tiña previsto facer unha importante extracción de áridos que destruiría ese terreo de alto valor ambiental e paisaxístico situado á beira do Miño.

            Esta película, levada a cabo tamén grazas ao apoio e colaboración da Comunidade de Montes de Goián reuniu materiais gráficos e audiovisuais daquela época e conta coa intervención dun grupo de persoas que participaron de maneira activa na organización e desenvolvemento das diferentes iniciativas populares que tiveron lugar en Goián, hai 20 anos, en defensa das Trincadeiras.

            O documental "O Espiritu das Trincadeiras" pretende recuperar e divulgar unha das máis destacadas mobilizacións veciñais que tivo lugar na comarca do Baixo Miño nas últimas décadas, homenaxenado a todos as mulleres e homes que dalgunha ou outra maneira participaron nestes acontecementos.

 

O concello de Tomiño participa no proxecto Silvaplus financiado pola Unión Europea

O pasado mércores día 27 de abril foi presentado en Ponte de Lima o proxecto Silvaplus. A presentación correu a cargo da Asociación Forestal de Galicia (AFG) e da Asociación Forestal de Portugal (Forestis) no que interviron a Asociación Forestal de Galicia, o Concello de Ponteareas e o Concello de Tomiño.

O proxecto Silvaplus foi seleccionado na convocatoria Interreg de proxectos de cooperación transfronteiriza España-Portugal e contará cunha subvención de fondos FEDER de 565.000 euros. Este proxecto vén a continuar o traballo que dende a Asociación Forestal de Galicia se ten realizado nos últimos anos respecto  ao aproveitamento da biomasa forestal como fonte de enerxía.

O proxecto ten como fins crear un observatorio onde participen tanto os consumidores como os productores; crear 3 parcelas de ensaio no sur de Galicia e 2 no norte de Portugal que estarán supervisadas pola Universidade de Santiago de Compostela, pola Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro; establecer intalacións cubertas de recollida de biomasa; e finalmente elaborar un cuaderno técnico e promocionar o sector da biomasa.

Deste ambicioso programa a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, destaca que “este proxecto promove futuras iniciativas empresariais que á súa vez producirán postos de traballo arredor dun sector tan importante como o monte comunal”. Neste sentido a Alcaldesa fixo fincapé na importancia do proxecto para o Concello de Tomiño xa que “máis do 60% do solo de Tomiño é superficie forestal, e o seu correcto aproveitamento sería moi positivo a hora de xerar riqueza no Concello”.

 

Xoves, 28 de abril de 2011    

Educación afirma que xa investiu 90.000 euros na accesibilidade do CEIP Pintor Antonio Fernández de Tomiño

A Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra a través da Xefatura Territorial de Educación afirmou onte, tras as críticas verquidas respecto do CEIP Pintor Antonio Fernández de Goián, en Tomiño, a falta de accesibilidade do centro foi solventada entre 2009 e 2010, cun investimento de cerca de 90.000 euros neste eido.

Deste xeito, o xefe territorial de Educación, César Pérez Ares, recordou que se destinaron 57.000 euros para a adaptación dos accesos ao centro, instalando unha rampla de cinco metros de longo por case dous de ancho así como para a reforma dos baños para discapacitados onde se instalaron novos aparatos sanitarios e se cambiou a carpintería, a instalación eléctrica e a fontanería.

Outros 33.000 euros foron investidos posteriormente para a adecuación dos baños situados na planta superior. “Estas obras”, explicou o xefe territorial, “executáronse de emerxencia debido aos problemas de malos olores que se estaban a sufrir no centro procedentes destos servizos”.

O xefe territorial de Educación en Pontevedra explicou ademais que “desde o noso departamento continuaremos a traballar para mellorar estas instalacións aínda que, coa actual situación económica temos que optimizar tódolos recursos cos que contamos”.

 

Mércores, 27 de abril de 2011    

Santiago Vergara, candidato do PSdG-PSOE en Tomiño di que o resultado máis satisfactorio é que Tomiño siga avanzado para o que considera que os socialistas son imprescindibles

O candidato do Partido Socialista en Tomiño é Santiago Vergara que na actualidade ocupa o cargo de Concelleiro de Medio Ambiente no tripartito tomiñés explicou na Radio Municipal de Tui que o programa electoral dos socialistas tomiñeses contempla dúas prioridades segundo o candidato. Por unha parte seguir incrementando os servizos aos veciños, entre os que resulta fundamental o saneamento. Tamén considera que terán que traballar moito no ámbito do social.

Indicaba que dadas as actuais circunstancias económicas non se poden anunciar grandes obras, porque non é o corresponde nestes momentos cando hai moita xente o está pasando mal, por iso dicía que o que toca é darlle solucións a estas persoas.

Sobre o traballo destes catro anos do tripartito tomiñés indicaba que ninguén pode negar o avance que se fixo, engadindo que iso se vai plasmar nos resultados electorais.  Precisamente sobre o feito dicía que nunca se pode estar satisfeito porque sempre queda algo por facer. Repasaba por riba algunha das actuacións feitas coma o investimento de 5 millóns de euros en saneamento, adecuación de espazos públicos, atencións aos camiños, mellora de servizos coma o de recollida de lixo, mellora de seguridade vial, e mellora da atención aos cidadáns na casa do Concello.

Sobre o saneamento dicía que hai que seguir estendendo a rede con criterios de calidade, e engadía que outra materia pendente é o abastecemento de auga no casco urbano de Tomiño.

En canto as prioridades de chegar de novo ao goberno en primeiro lugar estás as persoas para Santiago Vergara. Nese senso propoñen un plan de promoción de emprego.

En segundo lugar propoñen dar servizos aos cidadáns con criterios de eficiencia e calidade. Aquí en primeiro lugar sitúa o saneamento, abastecemento de auga, recollida do lixo, cultura.... todo iso baixo criterios realistas dentro das posibilidades que teña o concello para que “cada vez máis veciños teñan máis e mellores servizos”.

En canto aos resultados do 22 de maio dicía Santiago Vergara que para Partido Socialista o resultado máis satisfactorio é que Tomiño siga avanzando. E engadía que nese avance o PSdG é imprescindible. Sinalaba que corresponde aos tomiñeses e tomiñesas cuantificar a representación que terán os socialistas.

 

Martes, 26 de abril de 2011    

Festas en honor da Virxe Milagrosa en Hospital

Hospital (Tomiño) celebra esta vindeira fin de semana, 30 de abril e 1 de maio, as festas na honra da Vires Milagrosa, organizadas pola asociación do mesmo nome.

O sábado 30 de abril, ás oito da mañá unha salva de bombas anunciará a xornada de festas que contará coas orquestras Ciudadcristal e San Francisco de León.

O 1 de maio, domingo, ás 12 do mediodía oficiarase a misa solemne cantada pola Coral Polifónica de Tomiño, e posterior sesión vermouth coa orquestra Marazul.

Entre as 18:00 e as 20:00 horas haberá paiasos e talleres de globoflexia, maquillaxe e hinchables gratis para os nenos.

           Ás 20:00 actuación do grupo folk "Faltriqueira", patrocinada polo concello de Tomiño, e ó rematar, continuará o baile coa orquestra Marazul.

 

Sandra González, candidata do BNG en Tomiño fixa coma prioridades o emprego e o saneamento

Sandra González é a candidata do BNG en Tomiño optando nos comicios do próximo 22 de maio á reelección coma alcaldesa. A súa lista está xa pechada e o programa electoral está a piques de rematarse xa que segundo explicaba levan tempo traballando no mesmo. No mesmo levan novos proxectos de futuro xa que considera que  “levan percorrido unha parte importante do camiño pero o mellor está por vir”. As principais prioridades son dúas segundo explicaba na Radio Municipal de Tui. A primeira o emprego, un eido no que apostan pola formación, parque empresarial, os plans especiais de emprego e cursos de formación coma os que están impartindo. Apostan por seguir traballando na liña iniciada.

Tamén buscan favorecer proxectos europeos coma o que van presentar esta semana denominado Silvaplus. Hai que apostar no seu parecer polos sectores produtivos e polo comercio local.  A segunda liña de traballo será o saneamento do municipio.

Entre os principais problemas do municipio de Tomiño citaba o saneamento e o desenvolvemento da Vía de Alta Capacidade. Sinalaba que en saneamento fixeron un importante esforzo neste catro anos cifrado en máis de 5 millóns de euros,  pero a Xunta ten pendente o colector xeral do treito 3 segundo dicía.

Sobre os resultados do 22 de maio dicía que aspiran a sacar a maioría, e que as posibles alianzas serán as que marquen os veciños e veciñas. De todos os xeitos non lle gusta facer cábalas a Sandra González, dicía que hai que traballar coma veñen facendo.

 

Xoves, 21 de abril de 2011    

O desenvolvemento do Vial Tui-A Guarda, e o Parque Empresarial piares fundamentais do programa de Roberto Martínez, candidato do PP en Tomiño

Un impulso cívico é o que leva a Roberto Martínez a presentarse coma candidato do PP en Tomiño. Indicaba que gobernar un municipio non tiña que ser moi distinto á tarefa de dirixir calquera empresa, polo que cando lle propuxeron ser candidato non dubidou en aceptalo. Así o explicaba nunha entrevista mantida na Radio Municipal de Tui.

Sobre o proceso de integración de centro dereita en Tomiño. Indicaba que persoalmente está moi satisfeito de lograr a integración de Centristas de Tomiño no PP tal e coma lle encomendaran. Pero outra cuestións distinta, dicía, é a situación que se produciu con Alternativa Tomiñesa, onde considera que primaron outros factores. Quixo deixar claro que dende o comezo o seu discurso con respecto a eles non variou. Explicaba que lles pediu unha lista con xente para confeccionar a candidatura pero non foi posible porque para chegar a un acordo todas as partes teñen que ceder algo e non foi así.

No programa electoral do PP en Tomiño indicaba Roberto Martínez que quedan só uns flecos por concretar. No mesmo hai dous piares fundamentais segundo explicaba que son o desenvolvemento do Vial Tui-A Guarda, e o Parque Empresarial.

Sobre os problemas do municipio dicía que cada parroquia ten os seus, pero por riba de todos está o saneamento que no seu parecer é un asunto a tratar seriamente e ao que considera hai que darlle unha solución o antes posible. De chegar ao goberno de Tomiño a súa prioridade será a reestruturación da xestión municipal.

Por último Roberto Martínez amosouse moi satisfeito da lista que encabeza xa que reúne a un grupo de persoas de distinta índole unhas con experiencia na xestión municipal, outras coñecedoras dos problemas do municipio, e outras de formación académica que permitirán conformar un goberno eficaz e eficiente, e sobre todo de futuro.

 

O Foro Fortaleza avalía a evolución do proxecto no entorno da praia e Fortaleza de Goián

O pasado luns, 18 de abril, tivo lugar no salón de actos do Centro Goiánés (Goián) unha convocatoria extraordinaria do Foro Fortaleza coa finalidade de que os seus membros coñecesen e analizasen a situación actual do proxecto de mellora e recuperación ambiental que se está realizando desde decembro de 2010 no entorno da fortaleza de San Lourenzo e a praia de Goián.

            Esta entidade, composta por especialistas de diferentes ámbitos (turismo, arquitectura, hostelaría e urbanismo) e por representantes dos distintos colectivos locais (comunidades de montes e traídas, asociacións culturais, veciñais, comerciais e de pescadores) xurdiu en maio do ano pasado co obxectivo de contribuír con ideas e debate ao proceso de transformación do entorno fluvial de Goián e do aproveitamento de todas as súas potencialidades.

            Ao rematar a xuntanza, a alcaldesa de Tomiño, Sandra Gonzalez, e o xornalista e presidente do Foro Fortaleza, Manuel Campo Vidal, agradeceron ante os medios a presenza dos integrantes do Foro e destacaron a importancia deste encontro no que se puido comprobar e avaliar o estado de execución do proxecto.

            Segundo Campo Vidal "este concello e esta comarca posúen un altísimo valor paisaxístico, cultural e turístico que é necesario seguir proxectando cara o exterior. Esta intervención axudará, aínda máis, a situar Tomiño e Goián no mapa".

            Pola súa parte a rexedora tomiñesa mostrou a súa "satisfacción por poder contar co apoio e participación do Foro Fortaleza e de todas as opinións heteroxéneas e autorizadas que o constiúen" e salientou que "esta perspectiva multidisciplinar  está sendo decisiva  á hora de desenvolver o proxecto e definir os diferentes usos deste espazo".

 

Mércores, 20 de abril de 2011    

La formación política CDL presentó en Tomiño su sede local

José Antonio Souto que (en la foto, entre Joaquín Álvarez,  y José Luis Fernández) optará a la Alcaldía tomiñesa, anunció el compromiso de reducir las dedicaciones exclusivas y de llevar a cabo medidas de fomento del empleo.

La sede de CDL está ubicada en la Plaza de O Seixo, al lado del Ayuntamiento y estará abierta a los ciudadanos durante toda la campaña.

La lista, liderada por José Antonio Souto incluye al actual presidente del Centro Tomiñes, directivo del Grupo de Desarrollo Local Vigo-Baixo Miño y socio fundador de la Asociación de Vecinos de Estás, José Luis Fernández.

Souto explicó que Tomiño necesita un nuevo impulso para afrontar la difícil situación económica que presentan las arcas municipales, dejando claro que CDL no es otra cosa que “un grupo de personas que trabaja por, para y con Tomiño”. 

En la foto de izq. a dcha. Juan Álvarez (candidato por Tomiño), Joaquín Álvarez (actual concejal y candidato por Goián), Jose Antonio Souto (Candidato a la Alcaldía), Jose Luis Fernández (candidato por Estás) y Tati Corbacho (responsable de prensa)

 

O monologuista Carlos Blanco o 23 de abril auditorio de Goián

O vindeiro sábado 23 de abril ás 21.00 horas, o actor e monologuista Carlos Blanco actuará no Auditorio de Goián.

Carlos Blanco naceu en Vilagarcía de Arousa. Actor cunha ampla traxectoria teatral (ademais de autor e director), é un dos actores galegos de TV máis coñecidos: presentou e colaborou en multiples programas da TVG como “Sitio Distinto” ou “Luar”. Durante tres anos foi parte do elenco protagonista da teleserie “Mareas vivas”. A súa estrea no mundo das longametraxes veu da man de Antón Reixa (“O lápis do carpinteiro”) e Patricia Ferreira (“O alquimista impaciente”). Conta con varios guións escritos para “Mareas vivas”. Traballou na Radio Galega durante dez anos. Sen dúbida, un dos máis divertidos de Galicia. Sobran as palabras para presentar a un home como Carlos Blanco.  

 

Luns, 18 de abril de 2011    

Comparecencia pública dos membros do Foro Fortaleza

O Concello de Tomiño convoca a unha comparecencia pública dos membros do Foro Fortaleza que terá lugar hoxe, luns, ás 13.00 horas, no salón de actos do Centro Goianés (Goián) e na cal intervirán a alcaldesa, Sandra González Álvarez, e o xornalista e presidente do Foro Fortaleza, Manuel Campo Vidal.

 

El Presidente de Alternativa Tomiñesa se presenta por CDL  como candidato a la Alcaldía de Tomiño

El Presidente de Alternativa Tomiñesa, Jose Antonio Souto, ha confirmado que  concurrirá a las elecciones con un partido ya formado a nivel nacional, el Centro Democrático Liberal (CDL).

Jose Antonio Souto será el cabeza de lista y no ha podido dejar de referirse a las últimas semanas en las que el candidato del Partido Popular, Roberto Martínez, dividió el partido totalmente por su actitud autoritaria  lo que ocasionó numerosas dimisiones en el seno de los populares. En la pasada asamblea la decisión fue unánime,  “una persona como Roberto, que no es capaz de cumplir una mínima parte de un contrato ni respetar a  sus afiliados y simpatizantes, no es quien de liderar un proyecto de futuro ni de asumir un compromiso con los tomiñeses”.

En la misma asamblea decidieron no presentarse a las próximas elecciones como ALT y sumarse a un proyecto nuevo que de cabida a personas defraudadas por los políticos tomiñeses. En estos momentos, se pone de manifiesto, más que nunca, la necesidad de una fuerza política europeísta, de centro, liberal, y progresista, que afronte, de una vez por todas, los problemas de Tomiño. Estos 4 años del tripartito, fueron los años del despilfarro, del descontrol, del incremento del gasto hasta límites insostenibles, 4 años en los que el BNG, PSOE y CdT se han preocupado mas por el reparto de dedicaciones que por gobernar Tomiño. Los vecinos quieren políticos que den la cara y que cumplan las promesas.

Respecto a la lista, no ha revelado ningún detalle. “La lista está prácticamente hecha pero puede haber algún cambio en las próximas horas”. La mayoría de la gente no ha militado en ningún partido político, aunque sí los hay que han tenido responsabilidades en otros colectivos sociales.

Los objetivos de CDL en Tomiño: "El primero la alcaldía, pero lo que queremos tener es voz en el Ayuntamiento, que nuestro trabajo pueda realizarse. El partido más votado siempre es la primera opción para la alcaldía y nosotros estamos dispuestos a hablar con todos, sin excepción".

 

Máis de 10.000 persoas pasaron durante o fin de semana polas instalacións situadas no pavillón e auditorio de Goián

            A celebración da oitava edición da Mostra de Cultivos do Baixo Miño, organizada por profesionais do mundo da planta en colaboración co Concello de Tomiño, constitúe o principal escaparate para un sector económico cada vez máis importante na economía da comarca.

            Á inauguración da Mostra, que tivo lugar o sábado 11 de abril ás 12:00 do medio día, asistiron alcaldes e concelleiros dos municipios próximos, directivos de comunidades de montes e de augas, membros de colectivos e asociacións diversas, profesionais do sector e veciños e veciñas de toda a comarca.

            Ao longo destes días unhas 10.000 persoas se achegaron as instalacións de Goián onde estaban situados os estands das principais empresas do sector (viveiros, horta, flor, maquinaria, etc) así como as exposicións de bonsais e orquídeas. Así mesmo un centenar de persoas participaron nas charlas incluídas na cuarta edición das Xornadas Técnicas.

            Moitos nenos e nenas encontraron tamén o seu propio espazo na Mostra e puideron participar nos diferentes obradoiros organizados para que estes se divertisen plantando os seus propios cultivos e xogando coa natureza.

            A alcaldesa de Tomiño, Sandra González mostraba a súa "satisfacción polo éxito da Mostra un ano máis, como se puxo de manifesto no feito de termos moitos visitantes ao longo destes días, e de térense fechado moitos negocios entre os profesionais asistentes." A rexedora tamén sinalaba que "nun contexto de dificultades económicas como o actual, un evento como a Mostra é moi necesario pois axuda a divulgar as novidades e a proxectar cara o exterior un sector produtivo cada vez máis decisivo no conxunto da nosa economía".

 

Sábado, 16 de abril de 2011    

Actividades en Forcadela

              A Casa do pobo de Focadela acolle hoxe ás 16.30h unha proxección cinematográfica. Mentres o domingo a partir das 16.30h haberá exposición dos traballos feitos nos cursiños de ganchillo, bordado e manualidades. Organiza a Asociación de Veciños de Forcadela.

 

Actividades en Pinzás

A casa do pobo de Pinzás acolle hoxe a partir das dúas da tarde un xantar de confraternidade, despois haberá música e xogos de mesa. Logo ás nove da noite terán un serán onde animan a participar os grupos da comarca.  O recinto está cuberto por unha carpa. Organiza estas actividades a Asociación Veciñal de Pinzás.

 

Títeres Tanxarina actúa en Amorín

            O torreiro de Amorín acolle este domingo pola tarde a actuación de Tanxarina Títeres. Amais haberá inchables e lambetadas para os máis cativos. Organiza AAVV de Amorín.

 

Presentación do candidato do PP en Tomiño o domingo pola mañá

Mañá domingo ás 12.30h no Pavillón Municipal de Tomiño ten lugar a presentación da candidatura do Partido Popular. No acto participarán o presidente provincial do PP de Pontevedra, Rafael Louzán, o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, e o candidato do PP á alcaldía de Tomiño, Roberto Martínez.

 

Actividades para mozos e menores organizadas polo concello de Tomiño 

A Concellería de Mocidade do concello de Tomiño, a cargo de Xaquín Villadangos, continúa coa súa habitual oferta de actividades de lecer e cursos de formación para a mocidade de 12  a 30/35 anos.

Tras levar a cabo, a comezos de ano, os cursos de fotografía e de retoque dixital de imáxenes, continuouse coa impartición dos cursos de cociña tradicional e cociña árabe, que acaban de rematar con éxito.

Actualmente estanse a desenvolver os cursos de masaxe e de fabricación artesanal de bombos.

Informamos que está aberto o prazo de inscrición para o curso de iniciación á lingua e cultura portuguesas, curso de automaquillaxe, curso básico de apicultura e curso de corte e confección (éste último organizado pola Deputación de Pontevedra), sendo todos eles de balde.

Asímesmo, todos aqueles interesados/as poderán anotar aos nenos de 4  a 14 anos  no campamento da OMIX. Este ano o destino será o Albergue Xuvenil Os Biocos (Ourense), do 1 ao 4 de agosto de 2011.

Hai transporte dende a Praza do Seixo (ida e volta) costeado integramente polo concello que tamén subvenciona unha parte do custe total de cada praza.

O SPACECAMP estará baseado na astronomía (observacións astronómicas nocturnas e diurnas con telescopio, construción de reloxos de sol e cohetes de auga e astromodelismo, planetario dixital) pero alén disto os cativos irán á piscina, de excursión ata unhas minas romanas, entre outras alternativas.

Tamén está en marcha o proxecto da Radio Mocidade Tomiño, tras varios obradoiros de formación, mozos e mozas teñen o seu espazo na radio online:  http://www.radiomocidade.net/web/

Para máis información sobre todas estas actividades e cursos os interesados poden procurar na OMIX Tomiño, no facebook, visitar as instalacións no Campo da Feira, chamar ao teléfono 986 623 304 ou mandar un correo electrónico a omix@concellotomino.com.

 

Mañá inaugúrase unha exposición fotográfica en Figueiró

               Mañá, domingo, no salón de actos do Centro Cultural de Figueiró, organizada pola Asociación de Veciños Fonte dos Carreiros, terá lugar a apertura da exposición de Fotos Antigas que co título Esencias de Figueiró en Imaxes poderá visitarse ata o 25 de abril. Hai moitísimas curiosidades, entre elas podemos mencionar Mozos de Figueiró tocando os bombos na década dos anos 50; o párroco José Luis con tan só 20 meses, o pintor Mario Rodríguez en Bos Aires, e unha Agrupación de San Campio de Figueiró no 1911 en Río de Janeiro. Moitas persoas moi queridas na parroquia, algunhas que xa finaron, e tamén se poderán ver aparellos de retratar moi antigos, e a representación dos mellores fotográfos da comarca do Baixo Miño.

Desde a Asociación de Veciños Fonte dos Carreiros agradecen a colaboración prestada para facer posible esta exposición aos veciños de Figueiró, a Fariñas, Antonio Martínez Vicente e ao fotográfo Pepe Rivas.

 

Función de títeres no Torreiro de Amorín

            O vindeiro domingo 17 de abril, a Asociación Veciños de Amorín, organiza unha función de títeres, para todos as persoas que se acheguen ao Torreiro de Amorín.

            A extraordinaria compañía Tanxarina, porá en escea unha obra chea de maxia, que encantará a pequenos e grandes, titulada Os Narigudos.

            A partires das 5 da tarde, haberá hinchables para todos os nenos e nenas e se  repatirán chuches á todos. Todo é de balde.

            Colabora a Concellería de Cultura, Educación e Participación Veciñal do Concello de Tomiño.

 

Venres, 15 de abril de 2011    

IX Festa da Orella a partir das 10 da mañá en Figueiró onde haberá tamén outras degustacións

A Comisión de Festas de San Campio de Lonxe de Figueiró organiza o domingo, 17 de abril, a IX Festa da Orella. A partir das 10 da mañá, e durante todo o día, as mulleres que forman un ano máis a Comisión, servirán racións de orella preparada tanto ao modo tradicional (á feira, con pimentón) como á vinagreta, que permite tomar a orella temperada a modo de ensalada, opción esta máis fresca cando vai calor. As racións inclúen pan, cuberto e prato conmemorativo.

Este ano servirase tamén carne ao caldeiro, prato que tivo moita aceptación o ano pasado e que permite aos asistentes degustar un menú completo, ademais de chourizo ( á prancha ou frito) e empanada.

A festa terá lugar como sempre na Praza do Telleiro (a carón do Santuario) e haberá unha gran carpa acondicionada con mesas e asentos para maior comodidade.

A comisión de festas invita a tódolos veciños e visitantes a achegarse a esta cita gastronómica en Figueiró, e agradece a colaboración de todos para consolidar esta festa, non só na parroquia, senón tamén no Concello de Tomiño.

 

Xoves, 14 de abril de 2011    

A Asociación polo Saneamento de tomiño levará a Santiago as máis de mil sinaturas recollidas

            O vindeiro sábado, 16 de abril, a partires das 11.30 horas, a Asociación polo Saneamento de Tomiño, vai entregar en Santiago de Compostela diante da Xunta de Galicia, as máis de mil cen sinaturas recollidas nas parroquias de Amorín, Taborda, Sobrada, Currás, Barrantes, Tomiño e Pinzás.

            Os veciños e veciñas que asinaron, esixen da Xunta de Galicia que execute o último tramo do colector xeral (Carregal-Torrón), xa que deste colector dependen mais de 5.000 persoas, e que a zona xeográfica é a máis poboada do Concello de Tomiño.

            Desde este colectivo indican que o tramo que falta por facer é prioritaria a súa execución, debido a que a contaminación dos pozos de augas potables é cada vez maior.

            Todos os veciños e veciñas que queiran apoiar a entrega de firmas en Santiago, pódense pór en contacto con calquera das Asociacións de Veciños ou Comunidades de Montes das parroquias anteriormente mencionadas, xa que hai autobuses de balde.

 

Mércores, 13 de abril de 2011    

Sandra González cesa do goberno municipal de Tomiño aos concelleiros que se pasaron ao PP

Sandra González, alcaldesa de Tomiño, asinou onte o decreto de retirada de delegación das concellarías que viñan exercendo os concelleiros de CdT, e polo tanto formalízase a súa saída do goberno municipal, xa prevista cando o seu grupo anunciou a integración no Partido Popular, partido que está na oposición no Concello de Tomiño.

A alcaldesa de Tomiño manifestou que “agardei uns días para que, por coherencia e ética polÍtica, fosen os propios concelleiros do CdT os que dimitisen e pasasen á oposición tras a súa integración no PP, pero vista  a súa falta de resposta, véxome na obriga de cesalos e retirarlle as competencias”

Segundo a alcaldesa de Tomiño “quedei moi sorprendida con esta decisión que se pretendeu amparar en falsas promesas do PP, posto que o goberno municipal funcionou moi ben nestes 4 anos, cun alto grao de consenso e coincidencia nas necesidades de Tomiño. Non alcanzo a entender cal foi o motivo polo cal, de repente, pasan de goberno a oposición, porque para nada ten en conta o interese de Tomiño, en todo caso as razóns son inexplicábeis”.

Sandra González, indicou que “nos próximos días levarei a cabo a reasignación de competencias do goberno municipal. Concelleiros do BNG e do PSOE asumirán as áreas de goberno e as delegacións retiradas aos tres concelleiros do CdeT que se pasaron ao PP, para así continuar co normal funcionamento do Concello”.

 

Tomiño recordará a Faustino Rey romero con dúas conferencias e unha exposición

A Concellería de Cultura, Educación e Participación Veciñal do Concello de Tomiño, en colaboración coa Asociación de Veciños de Amorín e a Asociación de Veciños de Currás organiza o domingo 17 de abril unha xornada de conferencias e unha exposición fotográfica sobre a vida e obra de D. Faustino Rey Romero, escritor e párroco de Tomiño.

Faustino Rey Romero naceu en Santa María de Isorna (Rianxo), e estudiou para cura no seminario de Tui. Ordenouse en 1948, e foi párroco en dúas parroquias do Baixo Miño: Currás e Amorín. Rey Romero tiña fillos que o trataban de paí e non de padre nin tío, sen ningún escándalo da parroquía, pero si da xerarquía eclesiástica. Problemas co bispado levaríano a trasladarse a Buenos Aires, onde exerceu na parroquía de Balbanera e rematou os seus días.

Publicou a Teoría general de la existencia e dous libros de poesía en castelán. En galego, deu ó prelo Doas de vidro (1951), Catro sonetos ó destino dunha rosa (1952), Escolanía de melros (1959), e Poema das materias sagras (1960).

A poesía de Rey Romero ten unha especial tenrura franciscanista. Na Escolania de melros constrúe uns sonetos de gran perfección e domina o hendecasílabo como moi poucos poetas da nosa lingua o fixeron. Do Poema das materias sagras di Méndez Ferrín: "...semella próximo á poesía católica de Paul Claudel e presenta unha excelente tersura formal e unha ousadía, por veces grande, na creación de imaxes e relacións culturais".

A primeira conferencia terá lugar na Casa dos Mestres de Amorín ás 11:00h. e o tema a tratar será A escolanía de Faustino Rey Romero: pombas e serpes.

A segunda conferencia será na Casa Veciñal de Currás ás 19:30h. e versará sobre Faustino Rey Romero: poemas á deriva.

As conferencias serán impartidas por X. Ricardo Losada.

X. Ricado Losada naceu en Rianxo en 1961. É profesor de filosofía no IES Espiñeira de Boiro. Publicou O xene da chuvia, un libro de relatos filosóficos, e Dez anos de poesía. Premio Faustino Rey Romero. Participou en varios libros colectivos de relatos e ten publicados ensaios de diferentes temáticas en revistas como Alameda, Casa da Gramática e A Trabe de Ouro. Ten comprometida a publicación dunha biografía sobre Faustino Rey Romero. É secretario da Asociación Cultural Barbantia e coordina no suplemento comarcal do Barbanza de La Voz de Galicia a sección Acasos, na que tamén escribe artigos literarios e de opinión.

 

La asamblea de Alternativa Tomiñesa apoya por unanimidad no presentarse a las elecciones municipales

Alternativa Tomiñesa ha decidido el pasado lunes en asamblea extraordinaria no presentarse a los próximos comicios. En la asamblea con numerosa participación se expresó el gran malestar por el incumplimiento del Partido Popular y la actitud excluyente y “dictatorial” de su candidato Roberto Martínez, que está provocando una cadena de renuncias en la ejecutiva de los populares.  

 

Martes, 12 de abril de 2011    

Veciños de Figueiró quéixanse por baixóns de tensión no servizo eléctrico

Os propietarios de 30 vivendas situadas no barrio de Muíños en Figueiró, quéixanse polo mal servizo de subministro eléctrico que reciben por parte de Gas Natural-Unión Fenosa. Así o explica Rubén Muñoz, presidente da Asociación de Veciños, Fonte dos Carreiros, sinalando que este veciños sofren baixóns de tensión frecuentemente que afectan a conxeladores e electrodomésticos xerando en moitos casos avarías.  Dende a AAVV realizaron xestións para tentar solucionar o problema pero a operadora díxolles que a reclamación non era válida ao non aportar os recibos de consumo dos usuarios. Dende a Asociación de Veciños de Figueiró lamentan o trato recibido pola compañía logo de facilitarlle a instalación de torres de alta tensión.

 

Percorreuse a parte do Itinerario do II Tramo Amorín,  pertencente ao ciclo “Coñece as túas parroquias”

            O sábado dia 9 de abril, organizado por a Asociación  Veciños de Amorín, percorreuse a parte do Itinerario II Tramo Amorín,  do ciclo “Coñece as túas parroquias”.

            Dende as  16:00 horas, , un numeroso grupo de persoas percorreu os puntos de maior interés dentro do pobo,  mentres se explicaba a historia da parroquia.. O percorrido durou tres horas e rematou na Aula Aberta do Furnia.

            Este ciclo, organizado por a Federación de Asociacións Terramiño, conta coa colaboración da Concelleria de Cultura, Educación e Participación Veciñal do Concello de Tomiño.

 

Sábado, 9 de abril de 2011    

Hoxe comeza a 8ª Mostra de Cultivos do Baixo Miño

Hoxe ás 12h será inaugurada no Pavillón de Goián a oitava edición da Mostra de Cultivos do Baixo Miño que ata o domingo se vai celebrar neste espazo e no no auditorio de Goián.

A Mostra de Cultivos está organizada polos Produtores do Baixo Miño e polo Concello de Tomiño e conta coa colaboración de entidades como La Caixa, Banco Mediolanum, AGDR 18 e Suministros Bacelo.

Este ano, dentro da programación da Mostra, e sufragadas pola Consellería do Medio Rural, terá lugar a 4ª edición das Xornadas Técnicas.

A mostra acheganos á realidade do sector viveirista e da planta e das súas variantes na comarca do Baixo Miño. Este ano levaranse a cabo dúas exposicións: dúas exposicións. Unha delas será de bonsais, realizada este ano por Javier González e os seus colaboradores e coma novidade unha exposición de orquídeas que correrá a cargo da empresa portuguesa Horto de Paco Velho, especializada neste sector. Ambas exposicións compartirán espazo coas 4ª Xornadas Técnicas no Auditorio de Goián.

Estas xornadas técnicas terán lugar no Auditorio durante as tardes do sábado e do domingo. No sábado os contidos estarán dirixidos unicamente ao sector profesional, cunha charla xenérica sobre como afrontar a crise actual no ámbito empresarial e cunha demostración de arte floral impartido por un centro especializado. Este mesmo profesorado será o encargado de facer outra demostración no domingo, pero nesta ocasión a actividade estará aberta á participación do público en xeral.

Así como nas anteriores edicións a Mostra de Cultivos do Baixo Miño acollerá tamén actividades infantís. Por unha banda haberá obradoiros infantís nunha carpa situada diante do pavillón onde se desenvolverá unha actividade, patrocinada por Suministros Bacelo que permitirá a nenos e nenas xogar coa natureza e realizar as súas propias plantacións. Por outro lado, serán presentados os resultados dos obradoiros desenvolvidas hai un mes por alumnos e alumnas de diferentes centros educativos de Tomiño.

 

Alcaldesa de Tomiño pediu aos edís de CDT que abandonen o goberno municipal

            A Alcaldesa de Tomiño, Sandra González, pediu informalmente aos concelleiros de Centristas de Tomiño que logo de acordar co PP ir nunha candidatura conxunta ás elección do 22 de maio, por coherencia abandonen o goberno municipal, dándolles así unha oportunidade para que dimitan, que segundo dicía lle parece máis digno que ser cesados. Aínda así se estes edís non se retiran a Alcaldesa avanza a súa intención de cesalos segundo explicaba na Radio Municipal de Tui.

Explicaba Sandra González que cando se toma unha decisión esta ten unhas consecuencias, que hai que asumir.

Sobre o funcionamento do tripartito nestes case catro anos a Alcaldesa dicía que foi “impecable” sempre se chegou a acordos por consenso. Engadía que foi un exemplo de coherencia política de aí a súa sorpresa polo pacto entre CDT e PP.

No seu parecer é difícil de entender que Centristas vaia a ir na lista do PP, acuda aos seus mitins, e porén non sexa PP, iso dicía, é algo que lle terán que explicar aos seus militantes.

Por último a rexedora tomiñesa sinalaba que nesta campaña electoral van defender o labor de goberno que se fixo e a transformación que se levou a cabo de Tomño.

 

Veciños de Figueiró remataron o curso de iniciación á informática e internet impartido pola aula móbil do concello de Tomiño

            O pasado xoves, tivo lugar no Centro Recreativo e Cultural de Figueiró un acto de entrega de diplomas ao alumnado que participou nos dous cursos de iniciación á informática e internet (un en turno de mañá e outro de tarde) impartidos pola Aula Móbil de Informática do Concello de Tomiño. Os participantes, un total de 14 veciños e veciñas da parroquia de Figueiró recibiron de mans da alcaldesa, Sandra González, un diploma que certifica a participación neste obradoiro.

            A alcaldesa intercambiou impresións cos alumnos e alumnas sobre o aprendido, podendo constatar a utilidade dos coñecementos adquiridos e a inquedanza por seguir profundizando no campo das novas tecnoloxías.

            A Aula Móbil de Informática do Concello de Tomiño, composta por seis ordenadores portátiles e un profesor especializado, xurde coa intención de estender a todas as parroquias de Tomiño as actividades formativas que no ámbito da informática xa se veñen desenvolvendo desde 2008 no Espazo TIC situado no Campo da Feira, no Seixo.

            Durante estes anos, o Espazo TIC do Concello de Tomiño leva realizando iniciativas diversas como charlas, obradoiros e cursos de alfabetización dixital e outros de moi variada temática, adaptándose ás diferentes necesidades dos colectivos sociais tales como mulleres, persoas maiores, persoas con discapacidade, xuventude, asociacións e empresas. Ata o de agora un total de 575 persoas participaron nestas actividades.

            Actualmente a Aula Móbil de Informática do Concello de Tomiño tamén está impartindo os seus cursos itinerantes na Casa dos Mestres de Amorín para membros da asociación de veciños desta parroquia. Seguidamente, trasladarase a Goián para levar a cabo un curso no que participarán membros da ANPA do colexio "Pintor Antonio Fernández", tendo xa en axenda outros colectivos de distintas parroquias para as próximas semanas

            As persoas ou asociacións que queiran anotarse para recibir os cursos da Aula Móbil ou ben para solicitar máis información, poden pórse en contacto coa persoa responsable do servizo, Daniel Ozores, dirixíndose persoalmente ás instalacións situadas no parque do Campo da Feira, chamando ao teléfono 986.623.304 ou mandando un correo electrónico ao enderezo espazotic@concellotomino.com

 

Venres, 8 de abril de 2011    

CdT recuerda al BNG y al PSOE que el pacto de gobierno sólo se suscribió por cuatro años

José Carlos Vila Costas, presidente de Centristas de Tomiño (CdT), mediante comunicado, recuerda al BNG y al PSOE que el pacto de gobierno suscrito en el año 2007, era por cuatro años, por lo que rechaza las acusaciones de transfuguismo y deslealtad realizadas desde estas formaciones.

Según Vila BNG y PSOE han reaccionado, ante el nuevo Pacto de los centristas con el PP, para formar una candidatura conjunta a las próximas elecciones municipales, de una forma inapropiada, vertiendo acusaciones que ponen en evidencia el talante democrático de las personas que las infieren y por ello exige su rectificación.

 “Parece necesario recordar lo evidente y es que CdT es una formación independiente y soberana, dueña de sus propias decisiones que pone los intereses de Tomiño por encima de otras consideraciones”.

Según los centristas la alcaldesa y el portavoz del PSOE de Tomiño deben reconocer que su relación institucional con Xunta y Diputación  se halla cada vez más alejada, por lo que no pueden ser garantía de nada, ni a corto ni a medio plazo.

Según Vila “hemos firmado por cuatro años y cumpliremos hasta el final con este compromiso y si la alcaldesa puede y quiere romper con el tripartito que lo haga, pero que deje de verter acusaciones y de  entorpecer los proyectos puestos en marcha por los Concejales de CdT”.

  

Presentación da Mostra de Cultivos do Baixo Miño

Hoxe venres, ás 12h, será presentada a oitava Mostra de Cultivos do Baixo Miño que na fin de semana se vai celebrar no pavillón municipal e no auditorio de Goián. Comparecerán ante os medios de comunicación a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e a directiva organizadora da Mostra. A cita será no Auditorio de Goián.

 

Tomiño celebra a súa VIII Mostra de Cultivos no pabillón de Goián os días 9 e 10 de abril

A oitava edición da Mostra de Cultivos do Baixo Miño celebrarase durante os días 9 e 10 de abril no pavillón e no auditorio de Goián, sendo a súa inauguración o día 9 ás 12.00 do mediodía.

            A Mostra de Cultivos está organizada polos Produtores do Baixo Miño e polo Concello de Tomiño e conta coa colaboración de entidades como La Caixa, Banco Mediolanum, AGDR 18 e Suministros Bacelo.

            Este ano, dentro da programación da Mostra, e sufragadas pola Consellería do Medio Rural, terá lugar a 4ª edición das Xornadas Técnicas.

A Mostra

            Como vén sendo habitual a Mostra de Cultivos é unha feira do sector viveirístico que aglutina non só as empresas dedicadas a planta ornamental senón tamén á flor cortada, horta e auxiliares, incorporándose este ano as de xardinería. Esta exposición de stands das diferentes empresas realizarase no pavillón onde tamén teñen cabida stands dos patrocinadores e colaboradores.

            Como nos anos anteriores, a Mostra non se centra unicamente no viveirismo senón que abrangue todo o sector da planta e das súas variantes. Este ano levaranse a cabo dúas exposicións: a habitual de bonsais e outra, organizada por vez primeira, de orquídeas. Ambas exposicións compartirán espazo coas 4ª Xornadas Técnicas no Auditorio de Goián.

            Con este programa a Mostra pretende poñer en evidencia o importante peso do sector do viveiro na comarca e facer partífices do evento tanto a profesionais como ao público en xeral.

4ª Xornadas Técnicas

            A programación desta VIIIª Mostra contará coa realización da cuarta edición das Xornadas Técnicas que terán lugar no Auditorio durante as tardes do sábado e do domingo. No sábado os contidos estarán dirixidos unicamente ao sector profesional, cunha charla xenérica sobre como afrontar a crise actual no ámbito empresarial e cunha demostración de arte floral impartido por un centro especializado. Este mesmo profesorado será o encargado de facer outra demostración no domingo, pero nesta ocasión a actividade estará aberta á participación do público en xeral.

Programa das IVª Xornadas Técnicas:

            Sábado 9 abril:

            -16.30-16.45H: Inauguración xornadas

            -16.45-17.30H: "O empresario ante a actual situación de crise"  impartida por     Alberto Mariño Fernández.

            -17.30-17.45H: Descanso

            -17.45-19.30H: “Flores e fantasía en primavera”. Impartida pola escola de arte    floral Deflorarts.

            Domingo 10 abril:

            -17.00-19.00H: “Suxestións florais e ornamentais (plantas) para o día a día na    primavera”. Impartida pola escola de arte floral Deflorarts.

Exposición de bonsais e orquídeas

            Dentro da axenda de actividades desta oitava edición da Mostra de Cultivos serán organizadas dúas exposicións. Unha delas, como xa vén sendo habitual, a de bonsais, realizada este ano por Javier González e os seus colaboradores. A outra, novidade na presente edición, é unha exposición de orquídeas que correrá a cargo da empresa portuguesa Horto de Paco Velho, especializada neste sector.

Actividades infantís

            Así como nas anteriores edicións a Mostra de Cultivos do Baixo Miño deste ano tamén está pensada para os máis pequenos e novamente acollerá actividades destinadas para eles.

            Por unha banda haberá obradoiros infantís nunha carpa situada diante do pavillón onde se desenvolverá unha actividade, patrocinada por Suministros Bacelo que permitirá a nenos e nenas xogar coa natureza e realizar as súas propias plantacións.

            Por outro lado, serán presentados os resultados dos obradoiros desenvolvidas hai un mes por alumnos e alumnas de diferentes centros educativos de Tomiño. A actividade consistiu en facilitar aos escolares dous tipos de plantas (tulipáns e xeranios) para que eles mesmos as plantaran, as coidaran e lle fixeran un seguimento. Durante a Mostra terá lugar a parte final deste traballo, que será a exposición pública de todas estes cultivos plantados e atendidos por nenos e nenas tomiñesas.

 

A Sala de Informática do concelllo de Tomiño xa conta cun equipo informático adaptado

A sala de informática do Concello de Tomiño, situada no Campo da Feira no Seixo, conta desde hai unhas semanas cun equipo informático adaptado para persoas con discapacidades.

            A instalación deste equipo forma parte das actuacións levadas a cabo ao abeiro do proxecto TIC TAC Adapta posto en marcha polo Ministerio  de Industria, Turismo e Comercio, a través de RED.ES e das distintas Comunidades Autónomas e que conta con cofinanciamento dos fondos comunitarios FEDER.

            A finalidade deste proxecto é a dotación de dispositivos tecnolóxicos e produtos de apoio en centros de acceso público a internet, facilitando o contacto coa sociedade da información ás persoas con discapacidade ou a outras que por diferentes motivos necesiten dun equipo adaptado para acceder a internet.

            Estes equipos informáticos adaptados, como o que foi instalado no Espazo TIC do Concello de Tomiño teñen unha serie de características e elementos específicos: conmutadores que realizan as funcións dun pulsador e poden ser utilizados por persoas con algún tipo de limitación motriz e/ou sensorial; pantalla táctil activada por contacto pola pel e mediante instrucións acústicas; sistema de soporte con forma de brazo articulado para facilitar o amarre de dispositivos que faciliten o acceso ao ordenador; teclado alternativo con teclas de grande tamaño para facilitar a súa pulsación; controladores sen mans que fan posible navegar por internet, utilizar o rato e escribir; ratos alternativos de bola grande para persoas con dificultades motoras e con joystick para persoas con control das mans limitado, software con opcións diversas que permiten simplificar o uso do rato e do teclado para as características de cada persoa, programas que permiten ampliar a pantalla ou convertela en voz, etc.

            O Espazo TIC do Concello de Tomiño amplía deste xeito a súa oferta aos usuarios tomiñeses que ata o de agora xa contaban coa sala de informática situada no Campo da Feira no Seixo e coa Aula Móbil de Informática creada para ofrecer cursos gratuítos de informática e internet ao longo das diferentes parroquias tomiñesas.

            As persoas ou asociacións que queiran solicitar máis información sobre estes servizos, poden pórse en contacto co coordinador do Espazo TIC do Concello de Tomiño, Daniel Ozores, dirixíndose persoalmente ás instalacións situadas no parque do Campo da Feira, chamando ao teléfono 986623304 ou enviando un correo electrónico ao enderezo espazotic@concellotomino.com.

 

Xoves, 7 de abril de 2011    

Os socialistas de Tomiño amosan o seu desacordo coa declaracións de centristas e o pacto CdT-PP

            O PSdG-PSOE de Tomiño, a través da Secretaría de Política Municipal amosa o seu rexeitamento ás declaracións publicadas na prensa por parte do PP e do actual voceiro do CdT.

Sinalan a demagoxia de basear o seu pacto nuns compromisos de xestións de inversión, cando nestes últimos catro anos nunca foi unha prioridade para os centristas nin o polígono industrial, nin o saneamento nas parroquias nin moito menos a autovía, e cando o propio Partido Popular de Tomiño, non foi quen de apoiar unha moción levada a pleno na que se instaba á Xunta a non paralizar o parque empresarial.

Os socialistas consideran un gran exercicio de cinismo político, manifestar que ditas inversións quedarán supeditadas a un triúnfo electoral, deixando entrever que, de non ser así, xa non será Tomiño nin o futuro das veciñas e veciños a súa prioridade, tal e como xa insinuaban nun slogan  publicitario no cal afirmaban “trabajamos por lo nuestro”,  desvelando daquela, parte da súa axenda oculta.

Violeta de Santiago lembra que é absolutamente lexítimo que estas formacións se integren se o consideran necesario para acadar as metas que por separado temen non lograr, pero insta ó CdT a non escudarse no oportunismo político e na deslealdade con quen gobernou nesta lexislatura e solicita que expliquen cales son os froitos esperados e que non conseguiron co acordo de Goberno asinado co BNG e PSOE. Con esta actuación os concelleiros de CdT  deixan ben claro que xa non queren pertencer ao goberno municipal, polo que a Alcaldía debe retirarlles as delegacións que viñan desempeñando.

 

Mércores, 6 de abril de 2011    

Centristas de Tomiño acepta la propuesta del PP para presentar una candidatura conjunta

La Asamblea General de Centristas de Tomiño (CdT) aprobó, por amplia mayoría, la propuesta del Partido Popular para concurrir a las próximas elecciones bajo una candidatura conjunta.

La propuesta, avalada por el presidente Provincial del Partido Popular, Rafael Louzán, incluye, además, una serie de compromisos de gestión de inversiones para el caso de resultar vencedores en las elecciones del 22 de mayo, que permitirá que en los próximos 4 años se realicen dichos compromisos en saneamiento, suelo industrial e infraestructuras necesarias en el municipio.

El acuerdo también incluye la incorporación de varias personas de CdT con experiencia política y de gobierno, que permitirá ejecutar las inversiones y compromisos alcanzados. 

A la Asamblea estaban convocados los 135 afiliados actuales de la formación independiente, bajo la presidencia de José Carlos Vila Costas, quién justificó el acuerdo, basándose en que CdT, desde su constitución, ha sido un partido político de ámbito local, que únicamente se mueve por los intereses de Tomiño por encima de los intereses personales: “Aquello que nos ha hecho constituirnos como partido político, sigue siendo hoy lo que fundamenta este acuerdo con el PP, que se resume en primero Tomiño, segundo Tomiño y siempre Tomiño. En su momento apostamos por un acuerdo con el BNG y el PSOE que debemos reconocer que no ha dado los frutos esperados. Es evidente que para estos próximos cuatro años BNG y PSOE carecen de peso político en la Diputación y en la Xunta para poder acercar los fondos que necesita el municipio”.

Según Vila el acuerdo se suscribe con un Partido Popular Local renovado y que ha sabido situar al frente de su propuesta a un candidato independiente, Roberto Martínez Domínguez, reconocido por ser un gestor serio y eficaz, lo que ha posibilitado el entendimiento.

De todos modos, Vila ha querido también matizar que CdT continuará realizando su labor política desde una posición de centro, aunque ahora sí participando activamente con el Partido Popular durante, al menos, los próximos cuatro años.

Finalmente, Pablo Baquero, anticipó que en la candidatura conjunta, se integrará a las personas más válidas, sin cuotas ni repartos de poder, un equipo de trabajo capaz de asumir y afrontar los actuales retos de la gestión municipal, para poder continuar con el proceso de cambio y modernización del municipio, garantizando obras tan necesarias como el alcantarillado o el polígono empresarial.

 

O BNG considera a integración do CDT no PP un acto de traizón ao goberno local e aos seus votantes

 “Véndense unicamente por intereses persoais, pois o PP xa non ten credibilidade para prometer agora uns investimentos en Tomiño que non fixeron nos seus 24 anos de goberno.” Uxío Benítez, portavoz do BNG

O BNG quer manifestar que “a integración do CdeT no Partido Popular, feita pública onte é unha traizón tanto ao goberno local como aos votantes do CdT en Tomiño, que apostaron para que houbese un cambio de goberno en Tomiño despois de 24 anos do PP. Resulta escandaloso que quen se presentou fai catro anos contra o PP apareza agora nas listas do inimigo, traizoando aos seus votantes”.

Para o BNG, “este é un acto de transfuguismo e deslealdade, pois durante os 4 anos de goberno tripartito houbo unidade e consenso, atendendo sempre aos veciños e veciñas sen distincións nin discriminacións, e mostrando diariamente a súa satisfacción coa xestión de Sandra González”.

Para o portavoz municipal do BNG, Uxío Benítez “Estamos ante un acto denigrante, isto non ten que ver cos intereses de Tomiño senón cos intereses do PP. O presidente da Deputación, Rafael Louzán, comprou aos concelleiros do CdT e non se sabe con que tipo de contraprestacións persoais. O PP xa non ten credibilidade para prometer investimentos en Tomiño. As falsas promesas do PP son simplemente unha cortina de fume que ocultan a venda de tres concelleiros de CdT”.

            O BNG pídelle ao novo numero dous do PP, Pablo Baquero que “respecte aos seus votantes e teña un mínimo de dignidade e vergoña, e que por ética política dimita e non se aferre ao seu salario”. Segundo Uxío Benítez, “non se pode ser goberno e oposición ao mesmo tempo, e se decidiron pasar ao PP deberían dimitir inmediatamente xa que as persoas teñen que ser consecuentes ata o final coas decisións que toman”.

 

O Cineclub Poleiro proxecta mañá “Despois do casamento”

O Cineclub Poleiro proxecta maña, xoves , ás 21.30 horas no auditorio de Goián,  a película, da directora danesa Susanne Bier.

“Despois do casamento” é un drama social  que toca os temas da familia e a adopción.

Conta a historia de Jacob, que adicou toda a súa vida a axudar aos nenos que viven na pobreza nas rúas da India. Cando o orfanato que dirixe está  a piques de pechar, recibe unha extraña oferta. Un home de negocios danés, ofrécelle catro millóns de dólares coa condición de que volva a Dinamarca e ademais participe na voda da súa filla. A cerimonia de enlace convírtese nunca unión crítica entre o pasado e o futuro, enfrentando a Jacob ao dilema máis intenso da súa vida.

A directora dí que a fita fala de segredos, de como se pode vivir con alguén, querer a esa persoa, ser parte da familia, e seguir escondendo verdades importantes ás persoas que se ama sen sentir a máis mínima vergoña.

O xoves 5 de maio chega Cidade de vida e morte do chinés Lu Chuan. Concha de Ouro en San Sebastián (2009). A película está ambientada en 1937, na guerra entre China e Xapón.

            “Escalofriante. Se o arranque posúe o poder de commoción do mellor cine bélico, o desenvolvimento da traxedia pon os pelos de punta.”  (Carlos Boyero: Xornal El País)

A tempada do cineclub Poleiro péchase o 2 de xuño coa película “Deixade de quererme” dirixida por Jean Becker. Conta a historia dun home que nunha fin de semana destrúe todo o que construíu durante anos ¿a crise dos cuarenta? ¿un ataque de loucura?

            Neste ciclo colaboran o Consorcio do audiovisual de Galicia e a Concellería de Cultura do Concello de Tomiño. 

 

Rober Bodegas o 16 de abril auditorio de Goián

O vindeiro sábado 16 de abril ás 21:00 horas, o monologuista Rober Bodegas actuará no Auditorio de Goián.

Rober Bodegas (nado en Carballo), monologuista e contacontos (de maiores…) é o gañador do “Rei da Comedia”, programá que TVE emitiu as noites dos sábados e no que se buscaba ao mellor cómico do país entre máis de 3.000 aspirantes.

Antes diso había triunfado na súa terra sendo gañador do “Certame de dramatización de monólogos cómicos” do Festival Internacional Outono de Teatro, do certame de comedia da “Bienal da caricatura de Ourense” e finalista de outros concursos.

Estudiou comedia con Leo Bassi, Jango Edwards e Álex Navarro entre outros e levou os seus espectáculos por todo o país. Compartiu escenario con alguns dos mellores contadores e monologuistas como Luis Piedrahita, Javier Veiga, Don Mauro, Quequé ou Flipy e foi colaborador da emisora de radio RadioVoz. Actualmente compaxina as súas actuacións en solitario co espectáculo teatral “Contamos contigo” xunto a Quico Cadaval, Cándido Pazó e Paula Carballeira e tamén colabora no xornal La Voz de Galicia. Ademáis é guionista e colaborador do programa que Globomedia produce para La Sexta, “Sé lo que hicisteis...”

 

Plantación de árbores en Goián

A comunidade de Montes de Goián informa que este venres van levar a cabo unha plantación de árbores en terreos da comunidade. Na mesma van participar 168 nenos e nenas do CEIP Pintor Antonio Fernández.

 

Martes, 5 de abril de 2011    

Acordo entre PP e CDT para formar unha candidatura conxunta

Existe acordo entre PP e CDT en Tomiño para formar unha candidatura conxunta integrada por persoas dos dous partidos políticos. Deste xeito ás elección municipais do próximo 22 de maio presentaríase unha única candidatura encabezada por Roberto Martínez.

Carlos Vila, Presidente de CDT, indicaba en declaracións á Radio Municipal de Tui, que foi un acordo complexo que resume en que a proposta feita polo PP en investimentos para os próximos catro anos que figurará no seu programa electoral está centrada en Tomiño cuns niveis de investimentos importantes, que foi precisamente o obxectivo que no seu día deu lugar a constitución de CDT. Engadía que “podemos considerar que ir conxuntamente a esta proposta pode viable”.

Explicaba Carlos Vila que a base do acordo está nos investimentos a realizar e na elección das persoas máis válidas integrando a candidatura para levar adiante un programa electoral. Nese senso sinalaba que CDT demostrou nos últimos catro anos que ten persoas válidas que deberán ir en postos relevantes, sen existir esixencias dun posto concreto.

O Presidente de Centristas de Tomiño explicaba que o partido vaise manter coma tal. Lembraba que se crearon coma resposta social demandando investimentos que non había no goberno do PP en Tomiño. Aquela primeira fase de oposición, viu seguida con catro anos formando parte do equipo de goberno tripartito, un tempo que opinaba que a xente puido valorar o seu labor. Engadía que agora entran nunha fase nova na que o obxectivo segue a ser conseguir fortes investimentos en saneamento en Tomiño, o polígono industrial e outras actuacións fundamentais para o futuro de Tomiño. Ao comprometerse o PP con eses investimentos formarán parte da lista conxunta pero manteranse coma CDT para estar vixiantes de que se cumpran as promesas feitas.

Sobre a súa posición no equipo de goberno de Tomiño no mes e medio que resta para as eleccións municipais explicaba que pensan continuar co labor que levan facendo ata o de agora, opinando que non é discrepante co acordo co PP.

 

Luns, 4 de abril de 2011    

A Casa dos Mestres de Amorín acollerá a presentación da maqueta da parroquia

            O vindeiro domingo, 10 de abril, presentarase na Casa dos Mestres de Amorín, e dentro do proxecto  “Amorín: aproximación a súa morfoloxía, toponimia  e  historia”, a maqueta da parroquia, acto organizado pola  Asociación Veciños de Amorín,

            A maqueta, que conta cunhas dimensións de 3 metros de longo e 1,50 metros de ancho, mostra  os accidentes xeográficos, a distribución urbanística e a toponimia rescatada do esquecemento, grazas á  memoria dos nosos maiores.

            Colaboran neste acto a Federación de Asociacións Terramiño  e a Concellería de Cultura, Educación e Participación Veciñal.

 

Continúa celebrándose o ciclo “Coñece as nosas Parroquias” organizado pola Federación de Asociacións de Tomiño

            A Asociación Veciños de Amorín, presenta o Segundo Tramo do Itinerario pola parroquia de Amorín, que terá lugar o sábado 9 de abril, cun percorrido que se iniciará ás 16 horas na Casa dos Mestres, onde se fará unha pequena exposición dos lugares que se van a visitar, coma a igrexa, o río Miño, o Forte, o antigo embarcadoiro da Barca de Pasaxe, a paraxe da antiga igrexa e a Aula Aberta do Río Furnia.

            É recomendable levar calzado cómodo.

Nesta andaina colabora a Concellería de Cultura, Educación e Participación Veciñal do Concello de Tomiño.

 

Curso de Manipulador de Alimentos

            O concello de tomiño organiza un Curso de Manipulador de Alimentos que terá lugar o día 13 de abril, ás 17 horas no auditorio de Goián.

            O prezo é de 13 euros e o prazo de inscrición remata o día 8 de abril, poidendo formalizarse a inscrición na Oficina de Desenvolvemento Local do concello, ou chamando ao teléfono 986 62 20 01

 

Venres, 1 de abril de 2011    

Mes do Neno en Forcadela

              Mañá sábado comezan as actividades do Mes do Neno organizadas pola Asociación de Veciños de Forcadela. Mañá sábado ás 16.30h na Casa do pobo de Forcadela haberá o contacontos “Paxariños da rúa” AREMA, baseado no libro “Reciñeira de Eliseo Alonso”.

 

Cándido Pazó abre o 2 de abril o Mes do Humor no Auditorio de Goián

Mañá, sábado, ás 21.00 horas, o monologuista Cándido Pazó actuará no Auditorio de Goián.

Cándido Pazó é un dos grandes da escena galega. Formado polos mellores, coma Philippe Gaulier, entre outras moitas colaboracións, adaptacións de textos teatrais, dirección de pezas e infinidade de participacións en espectáculos teatrais está triunfando neste momento coa adapatación de "Memorias dun Neno Labrego" a obra máis contratada na Rede Galega de Teatros.

Este artista vigués é especialista nas facetas máis cómicas do teatro e nos monólogos.

Esta última faceta, a de monologuista, é a que vai desempeñar na cita de mañá, en Tomiño. Coa súa especial prosa e ese xeito inigualable de "contar", Cándido Pazó entreterá e fará rir ó público de Tomiño a partir das nove da noite.