galiciasuroeste.info

ABRIL

 

Venres, 30 de abril de 2010  

A Feira de Artesanía de Tui reúne 32 postos na súa décimo cuarta edición

A rúa Ordóñez de Tui vai acoller esta fin de semana, sábado e domingo, a XIV Feira de Artesanía organizada pola Concellería de Cultura nunha clara aposta pola cultura tradicional que toma forma nos obxectos elaborados con cerámica, coiro, madeira e cristal, entre outros, por artesáns de toda Galicia. Nos 32 postos de artesanía que abrirán na rúa Ordóñez estarán tamén oito artesáns tudenses, e non faltarán á cita a integrantes da Asociación de Palilleiras do Baixo Miño que estarán toda a fin de semana amosando os seus traballos e palillando á vista do público.

Esta é unha feira plenamente consolidada que cumpre a súa décimo cuarta edición e que amais de darlle pulo á artesanía, busca tamén potenciar o conxunto histórico da cidade, como se puxo de relevo na mañá de onte durante a presentación que correu a cargo do alcalde, Antonio Fernández Rocha; do concelleiro de Cultura, Moisés Rodríguez, e unha representación dos artesáns tudenses.

A feira, cun orzamento de 4 mil euros, abrirá as súas portas de 12 a 22 horas tanto o sábado coma o domingo. A inauguración será o sábado ás doce do mediodía a cargo da directora xeral de Comercio, Nava Castro, actuando a continuación o grupo folclórico “Inquedanzas” de Pazos de Reis. Pola tarde, ás seis, actuará a Banda de Gaitas “San Xoán” de Paramos creada hai apenas un ano. O domingo, ás 12 do mediodía, será a quenda do grupo folclórico “Xuntanza” de Randufe, e ás 18 horas actuará o grupo folclórico “O Mosteiro” de Pexegueiro.

Moisés Rodríguez destacaba na presentación que esta é “unha oportunidade que se lle brinda a todos os artesáns” nunha feira que dicía “é representativa de toda Galicia”. Engadía que o obxectivo é crear un espazo de venda directa para os artesáns ao tempo que o público lles pode ver traballar. Refería amais o importante da feira coma atractivo turístico que fai que miles de persoas se acheguen á cidade.

O alcalde de Tui pola súa parte facía fincapé na importancia de que todos os artesáns se concentren nunha soa rúa, xa que no seu parecer isto aumenta as posibilidades de venda por parte dos artesáns.

En representación dos artesáns tudenses estiveron na presentación Paco, que realiza cestería en médula de xunco; Emilia Rosende, que traballa o barro para crear pezas de cerámica, e Encarnación Carnero, da Asociación de Palilleiras do Baixo Miño, quen salientaba que o seu traballo non é tan difícil coma parece. Amais estaba presente Natalia, unha artesá polifacética que traballa tanto o esmalte coma as pinturas, acrílicos, ganchillo ou calceta. E acudían asemade Vanesa, Marta e Fani que integran o colectivo Algarabía que participará por vez primeira na feira de artesanía amosando as súas creacións en téxtil con broches, diademas  con cristais, e aneis sobre prata.

Os artesáns aproveitaron a ocasión para solicitar do alcalde a posibilidade de expor e vender na Corredoira unha vez ao mes, ao que o rexedor tudense accedeu.

Restricións no tráfico

Debido á celebración da Feira de Artesanía estará prohibida a circulación e o estacionamento de vehículos na rúa Ordóñez, dende o Palco da Música ata o acceso á Porta da Pía, dende o venres ás sete da mañá ata o luns ás dúas da tarde.

 

Prazo de matrícula para as probas de acceso no Conservatorio

    O Conservatorio de Música Profesional de grao medio de Tui informa que do 3 ao 31 de maio estará aberto o prazo de matrícula para realizar as probas de acceso para o 1º Curso de Grao Profesional para o curso 2010-2011.

    O impreso de solicitude pódese recoller nas oficinas do propio conservatorio os luns, mércores e xoves de 16 a 20.30h, e os martes e venres de 9.30 a 13.30h.

    Os exames realizaranse na semana do 21 de xuño.

  

Actividades co gallo do Día das Letras Galegas organizadas pola Concellería de Educación e o CRA

    Organizadas pola Concellería de Educación e polo Colexio Rural Agrupado, ao longo do mes de maio vanse desenvolver unha serie de actividades que teñen por obxectivo sacar a celebración do Día das Letras Galegas do entorno exclusivamente escolar. Por outra parte perseguen tamén promover o coñecemento do autor a quen este ano se lle dedica o 17 de maio, Uxío Novoneyra. Precisamente o título do programa é “Coñecendo e recreando a Uxío Novoneyra”.

    As actividades estrutúranse en torno a varios eixos. Por unha parte vanse desenvolver unha serie de roteiros poéticos cuxo fin é dar a coñecer o noso entorno, nos mesmos os participantes farán fotografías que logo serán expostas en Santo Domingo. O primeiro roteiro terá lugar este domingo ás 11 da mañá polo Parque Natural do Monte Aloia á carón do Centro de Interpretación, de forma paralela haberá unha búsqueda do tesouro. O mércores día 5 haberá outro roteiro poético musical con textos de Uxío Novoneyra para os escolares de Primaria. Xa o domingo, día 16, o público en xeral é o destinatario do roteiro que haberá polo tramo do Camiño Portugués dende o Arrabal ata a Marina. E por último o luns 17 coincidindo coa Feira do Libro haberá outro roteiro no Paseo da Corredoira.

    Outra das actividades prevista son unha serie de programas de radio que cada mércores de maio se van celebrar na Radio Municipal de Tui entorno á figura de Uxío Novoneyra e realizados por alumnos de primaria.

    A todo isto súmanse unha serie de exposicións que van celebrar ao longo do mes en Santo Domingo, certames fotográficos, e unha festa gastronómica multicultural na que están a traballar.  No programa tamén figura o concerto que o Conservatorio Profesional de Tui ofrecerá o 19 de maio ás 20h na Área Panorámica co gallo do Día das Letras Galegas.

    Xa para o domingo 23 organizan unha marcha en bicicleta, patíns ou a pé dende a Ponte Internacional ata Marina onde haberá posibilidades de dar un paseo no Cabo Fradera, punto que está aínda en negociación, ou de dar unha volta en piragua. Para participar nesta marcha é preciso inscribirse previamente no Concello, na Radio Municipal, ou na Biblioteca Municipal.

    Amais este mesmo sábado vai comezar unha actividade de liberación de libros en galego e portugués por todo Tui incluíndo as parroquias e tamén por Valença do Minho.

    Na presentación de onte a mañá a Concelleira de Educación, Patricia Ricón, sinalaba que agardan unha boa resposta de toda a cidadanía nestas actividades. Informaba que os alumnos de Tui recibirán todos un posavasos e un marca páxinas feitos polos alumnos do CRA, e todas as familias recibirán o programa de actividades.

    Pola súa parte Teresa Domínguez, directora do CRA, indicaba que o obxectivo deste ambicioso programa é facer visible as Letras Galegas á poboación de Tui. Ao tempo cos roteiros poéticos buscan “revalorizar os recursos naturais e patrimoniais de Tui, que moitas veces pasan desapercibidos”.

    Por último o alcalde de Tui, Antonio Fernández Rocha, felicitaba tanto á Concellería de Educación coma ao CRA por este traballo que dicía lle sorprende de xeito positivo, e agradecía a implicación da Cámara de Valença.

 

Xoves, 29 de abril de 2010  

ACITUI pon en marcha a campaña do “Día da Nai”

A Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui, ACITUI, puxo en marcha o pasado mércores, 21 de abril, a Campaña Promocional do “Día da Nai”.

Esta campaña consta dun concurso que se vai a realizar coa colaboración dos alumnos dos colexios de Tui Nº1, Nº2, Centro rural agrupado nº2, colexio Maristas, Colexio Pazos de Reis, Pelouro, Colexio de Caldelas, Colexio de Guillarei e Colexio de Rebordáns.

Os escolares que poden participar son os que cursan dende infantil ata 4º de primaria, dividido en seis categorías. Os premios serán: 6 vales de 50€ para os primeiros premios, 6 vales de 30 para os segundos premios e 6 vales de 20€ para os terceiros premios, tódolos vales poderán canxeaarse nos establecementos asociados.  O tema do concurso é “Regala belleza y cuida la naturaleza”.

Co obxeto de incentivar  as compras deste día tan señalado,  ACITUI repartiu por todos os seus establecementos asociados un cartel co lema “el mejor regalo para tu madre lo tienes AQUÍ”

 

O venres inaugúrase unha exposición conxunta dos artistas tudenses “Lis” e “Rai”   

Mañá venres, ás 20.30 horas, a Sala Municipal de Exposicións do concello de Tui acolle a inauguración dunha exposición conxunta de dous artistas tudenses de dilatada traxectoria; por unha banda o pintor Xosé Luís Méndez “Lis” que presenta a súa mostra “A cor da música e maternidades”, e doutra parte o escultor Raimundo Martínez “Rai” que exhibe os seus traballos baixo o titulo de “O andar da pedra”. No decurso do acto o compositor e músico Miguel de Santiago interpretará diversas obras.

Esta exposición está organizada pola Concellería de Cultura na súa pretensión de amosar neste espazo expositivo a obra dos artistas locais. Para o seu responsable, Moisés Rodríguez Pérez, é un grande motivo de satisfacción que se poida contemplar esta exposición que amosa o traballo realizado por dous dos artistas tudenses de máis reputada calidade. Deste xeito a Concellería de Cultura continúa traballando a prol da promoción e difusión da obra dos artistas locais, ao entender este un obxectivo preferencial do seu labor.

Xosé Luís Méndez Rodríguez “Lis” (Tui, 1958), posúe unha dilatada actividade expositiva que comezou en 1975 participando en exposicións colectivas de artistas do Baixo Miño e que ten acadado importantes fitos como a exitosa exposición celebrada na Casa de Galicia, en Madrid, no ano 2008. Como afirma o crítico Silvestre Gómez “a pintura de Lis é unha sinfonía e unha regueifa de cores e liñas fuxidías, metáfora de imposible pentagramas, que mostra a consolidación dun estilo persoal que, recollendo as aprendizaxes das súas anteriores etapas, impúlsano dende esta brillante madurez á procura de novas formas expresivas para sorprenderse e sorprendernos.” Nesta exposición Lis presenta unha coidada colección de músicos absortos na beleza harmónica do son, complementada cunha serie de maternidade.

Raimundo Martínez “Rai” (Malvas – Tui, 1940), creou aos 18 anos unha empresa de extracción de granito e pasado o tempo, xa na súa madurez, avivou a súa vocación artística e dedicouse desde entón por completo a esculpir, converténdose no artista pioneiro na utilización do canto que se acha nas ribeiras do Miño e os seus afluentes. A súa expresión artística materialízase, tanto no abstracto como no figurativo, cunha ampla traxectoria expositiva en Galicia, Norte de Portugal, Segovia ou Madrid.

Esta mostra estará aberta ao público ata o vindeiro día 22 de maio de 2010.

     

Presentación das actividades das Letras Galegas da Concellería de Educación de Tui

Hoxe, ás once da mañá, na sala de reunións do Concello de Tui van ser presentadas as actividades que a Concellería de Educación do Concello de Tui vai levar a cabo co gallo do Día das Letras Galegas. Nesta programación segundo informan participarán todos os colexios de Tui.

  

Moisés Rodríguez manifesta que o apoio de ACITUI á Declaración de zona de gran afluencia turística é un paso importante

O Concelleiro de Cultura e Comercio, Moisés Rodríguez, considera que é un paso importante que a Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui se manifeste a favor da declaración de Tui coma zona de gran afluencia turística. Así o expuña en declaracións á Radio Municipal de Tui, onde explicaba que o concello na tramitación deste procedemento solicitou informe á Cámara de Comercio, que tamén foi favorable, á Asociación de Amas de Casa, e aos sindicatos.  O tema terá que ir a pleno para que a propia corporación se manifeste ao respecto. Engadía que o Concello non quería tramitar nada que fose contra os intereses do comercio local. Ao pronunciarse tanto á Cámara de Comercio como ACITUI a favor o tema irá as correspondentes comisións informativas.

Engadía que a Directora Xeral de Comercio, Nava Castro, espuxo que se hai acordo o proceso será rápido. E sinalaba que a amplitude de horarios comerciais é importante pero tamén é algo que hai que tratar con prudencia.

 

Mércores, 28 de abril de 2010  

Tui presentará mañá a XIV Feira de Artesanía que se celebrará esta fin de semana

Mañá, xoves, ás 11.30h,  será presentada na Sala de Reunións da Casa do Concello de Tui a XIV Feira de Artesanía organizada pola Concellería de Cultura de Tui que se celebrará nesta fin de semana, sábado 1 e domingo 2 de maio, na rúa Ordóñez.

A presentación correrá a cargo do alcalde de Tui, Antonio Fernández Rocha, o concelleiro de Cultura, Moisés Rodríguez, unha representación dos artesáns tudenses que participarán na feira e da Asociación de Palilleiras do Baixo Miño.

 

A modificación das bases para a adxudicación das vivendas de Caldelas volve a pleno este xoves

A corporación municipal de Tui reúnese mañá xoves, 29 de abril, en pleno de carácter ordinario. Será ás oito da tarde con cinco puntos na orde do día.

Nesta sesión volve ir a pleno a modificación das bases que rexerán a adxudicación das 15 vivendas e anexo para discapacitados da antiga casa cuartel de Caldelas, segundo escritura de declaración de obra nova e división horizontal outorgada polo Notario de Tui.

Por outra parte a corporación pronunciarase sobre unha moción do BNG respecto da creación dun Obradoiro de Emprego.  Outro dos asuntos a tratar será un ditame sobre o apoio do concello de Tui ao proxecto “Campus do Mar” presentado polas tres universidades galegas e coordinado pola Universidade de Vigo para acceder á distinción de Campus de Excelencia Internacional.

O pleno comezará coa aprobación da acta anterior e rematará co control aos órganos de goberno.

 

O CEIP nº1 de Tui seleccionado no proxecto ABALAR

O CEIP nº1 de Tui foi un dos centros educativos galegos seleccionados para participar no proxecto ABALAR que puxo en marcha a Consellería de Educación.

A comezos do próximo curso escolar 2010-2011 o alumnado de 5º de Primaria será pioneiro en traballar cos portátiles nas aulas.

ABALAR é o proxecto que substancia a estratexia para a integración plena das TIC na práctica educativa en Galicia, como unha das áreas prioritarias de intervención da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

ABALAR inclúe e integra todas as iniciativas no ámbito educativo, xuntando os esforzos cara á modernización e mellora da educación como parte da estratexia transversal do Goberno galego de promoción das TIC a todos os sectores da actividade.

José Casas, director do CEIP nº1 de Tui, explicaba na RMT que o proxecto ABALAR é  denominación galega da iniciativa posta en marcha a nivel estatal para dotar no próximo curso de portátiles ás aulas de 5º de primaria.

O proxecto contará cun portal educativo propio no que haberá un apartado para as familias onde poderán consultar toda a información relacionada cos seus fillos, outro espazo para a comunidade educativa, e tamén para os alumnos, ás ANPA’s e os contidos educativos.

Deste xeito o ano próximo os alumnos de 5º de primaria do CEIP nº1 terían xa libros dixitais, aínda que manterían tamén os libros en papel.

Engadía José Casas que este é un programa global e integrador que contempla tamén un apartado de formación do profesorado que comezará xa no mes de maio. Foi acollido con gran ilusión polos alumnos.

Neste proxecto as familias e toda a comunidade educativa  implicaranse activamente na educación dos nenos e nenas.

O CEIP nº1 conta xa con cableado para internet en todas as aulas, e ao incorporase a este proxecto será dotado dos portátiles precisos, de pizarras dixitais para as aulas e un centro de datos, o que conlevará unha serie de reformas que deben estar listas en setembro.

 

Asemblea da Asociación Muiñeiros do Río Tripes

A Asociación Cultural “Muiñeiros do río Tripes” vai celebrar este venres Asemblea Xeral Extraordinaria na Casa da Cultura de Randufe ás nove e media da noite.

A orde do día está formada por seis puntos. Comezarán coa exposición do motivo principal do nacemento da asociación, para logo dar conta dos traballos realizados dende a súa fundación. No punto terceiro exporán os traballos a realizar este ano; abordarán a continuación a captación de socios, estado de contas e por último a quenda de rogos e preguntas.

 

Martes, 27 de abril de 2010  

Los padres del CEIP nº 2 reclaman que se cierre el colegio par aimpedir la salida de los escolares y la entrada de personas ajenas

            Los padres y  el ANPA del CEIP nº 2 de Tui exponen en un comunicado la situación en la que se encuentra este colegio público de casi 500 niños de edades comprendidas entre los 3 y los 12 años.

            El ANPA y la Dirección del centro llevan años reclamando al ayuntamiento de Tui y  a la Delegación de Educación de la Xunta de Galicia en Pontevedra, la necesidad de que el colegio permanezca cerrado para garantizar la seguridad de los niños, tanto en horario lectivo, como por las noches y los fines de semana.

            En todos estos años, afirman los representantes del centro, sólo han obtenido respuestas vagas y ningún proyecto en firme ni planes de actuación.

            Los padres reclaman seguridad, exigiendo para ello que el centro esté cerrado con la finalidad de que ningún niño pueda salir en horario de clase, como ya se han producido algunos casos, y para que ningún extraño pueda acceder al recinto escolar. Ante esta reclamación manifiestan su impotencia  al contemplar como el ayuntamiento de Tui y la Xunta de Galicia  se han pasado la pelota de la responsabilidad  a  lo largo de estos años, en los que la suerte, dicen, ha impedido algún acontecimiento grave.

            Además de la problemática descrita el tema se agrava porque tras cada fin de semana aparecen en los terrenos del colegio botellas, pintadas, preservativos e incluso un colchón con mantas.

            Los padres no entienden la desidia  de las administraciones y como pueden desatender la seguridad de casi 500 menores.

            Reclaman actuaciones de la administración competente de inmediato, y aseguran estar agotados agotados de tanta palabrería de los políticos y de su despreocupación por el centro.

            Ante esta situación han decidido movilizarse y solicitar la ayuda de los vecinos de Tui  y de los medios de comunicación para conseguir algo que aseguran les corresponde por derecho: la seguridad de sus hijos cuando están  recibiendo una educación y una formación en un centro público.

  

Carlos Vázquez Padín de Converxencia XXI falou na RMT

O próximo 4 de maio cumprirá un ano de vida o partido político Converxencia XXI que encabeza Carlos Vázquez Padín. Esta será unha das candidaturas que se presenten ás eleccións municipais en Tui segundo a intención manifestada polo seu líder, que formou parte da corporación municipal de Tui entre o ano 1999 e 2001 daquela integrado no BNG.

Carlos Vázquez Padín estivo no programa Día a Día, da Radio Municipal, onde sobre a política local facía en primeiro lugar un balance urbanístico gabando o feito no seu día por Ángel Álvarez Durán con rúas anchas, e criticando a política urbanística do PP cun balance, dicía, moi pobre e indefendible. Para Vázquez Padín “os cidadáns de Tui están sendo maltratados polo PP dende hai 20 anos” polo que no seu parecer “hai que tomar medidas, e a única medida eficaz é deixar de votar ao PP” segundo expuña sinalando que iso redundará na mellora do Partido Popular.

En canto as propostas que o seu grupo fará, explicaba Vázquez Padín que se basearían en catro piares. O primeiro deles centrando na cuestión urbanística acompañada da seguridade xurídica. Cómpre que o plan xeral saía adiante, e se non é así, no seu parecer débese as discrepancias na normativa da Finca Patazumba porque, apuntaba, hai “intereses cruzados” por parte do alcalde de Tui.

Engadía que o PXOM é doado de sacar e ademais en poucos meses cumprindo todo o que pide a Xunta. Se el fose elixido alcalde manifestaba que en outubro de 2011 o Plan estaría aprobado.

No eido urbanístico apuntaba tamén á importancia de sacar adiante o Plan Especial do Conxunto Histórico porque, no seu parecer, un Casco Histórico potenciado xeraría moita riqueza e emprego en Tui.

O segundo dos piares da súa actuación serían as infraestruturas e, neste sentido, non é admisible que a estas alturas o aparcamento municipal sexa unha lameira, incidindo na importancia de ter un aparcamento subterráneo.

Outro tema que apuntado foi o saneamento xa que dicía que logo de catro anos de rematar a EDAR de Guillarei hai que conectar a rede de sumidoiros das parroquias coa Estación.

Tamén se preguntaba porque a estas alturas R non ten autorización para instalar fibra óptica na cidade para acceder ás novas tecnoloxías, e no mesmo ámbito sinalaba a importancia de ter un acceso a internet de banda ancha no rural.

Para Carlos Vázquez Padín as infraestruturas deportivas son importantes e criticaba as características da pista deportiva da Macoca que non reúne as condicións necesarias. E por último referíase ao asfaltado das pistas do rurais e a colocación de puntos de luz.

 

O Concello de Tui congratúlase do éxito da iniciativa “Ágora. Os libros na praza de San Fernando” celebrada o pasado venres co gallo do Día do Libro

O concello de Tui, a través do seu concelleiro de Cultura Moisés Rodríguez Pérez, expresa a súa satisfacción polo éxito acadado o pasado venres, 23 de abril, pola iniciativa “Ágora. Os libros na Praza de San Fernando” celebrada co gallo do Día do Libro a iniciativa da Biblioteca Pública Municipal e as bibliotecas escolares do municipio, que contou coa participación de máis de 1.500 alumnos que ateigaron á Praza de San Fernando, e un número supeiror aos 5.000 libros vellos e usados que aportaron cada familia e os diversos centros bibliotecarios participantes neste acontecemento.  Cómpre sinalar que todos os centros escolares acompañaron o depósito dos libros con diversas actuacións musicais, teatrais ou de lectura de textos ou recitado de poemas.

Tamén de éxito pódese cualificar a presenza na Praza de San Fernando, fronte a Catedral tudense, dun número superior de tudenses que se achegaron ata o lugar para contemplar o aspecto da Praza nesta xornada e recoller algún dos libros depositados que fose do seu interese. O elevado número de cidadáns que acudiron a recoller libros provocou que practicamente a totalidade dos libros achegados fosen recollidos polos cidadáns.

A pretensión das bibliotecas organizadoras de achegar o libro aos cidadáns, de sacar á lectura do seu ámbito bibliotecario, foi amplamente superada, confiando que os libros retirados polos cidadáns contribúan á extensión da lectura como unha ferramenta imprescindible para a formación persoal e como unha alternativa enriquecedora para o tempo de lecer.

Moisés Rodríguez Pérez agradece a participación dos centros escolares tudenses que se implicaron nesta primeira iniciativa conxunta da Biblioteca Municipal e das bibliotecas escolares, e confía que se manteña no futuro. Para vindeiros anos cumprirá modificar algúns aspectos da iniciativa para evitar os casos puntuais de abusos producidos por algúns veciños, pero certamente pódese afirmar, di o concelleiro tudense, que esta iniciativa, “Agora, os libros na praza”, foi unha auténtica festa cultural que suscitou o interese dos tudenses.

Esta actividade forma parte da programación da Biblioteca Municipal tudense que baixo a denominación de “Mes do Libros” ten a súa vindeira cita mañá hoxe mesmo, ás 17,30 horas, na propia Biblioteca Municipal cun obradoiro onde os nenos participantes confeccionaran o seu propio libro.

 

Firma de un convenio de colaboración entre ACITUI y Caixanova

La Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui (Acitui), y Caixanova firmaron el pasado jueves, 22 de abril, un convenio de colaboración en el que exponen que Acitui es una organización mayorista en el sector comercial e industrial de su zona de afluencia, que tiene entre sus objetivos promover la actividad del pequeño comercio en su ámbito de actuación, dinamizando el tejido productivo del sector servicios de la zona, y Caixanova es una entidad comprometida con la economía real de Galicia y, en este sentido, realiza una importante actividad económica y social que tiene como objetivo prioritario el apoyo a los proyectos e iniciativas que impulsen el crecimiento de los sectores productivos gallegos.

Es de interés común y recíproco, de Caixanova y Acitui, el establecimiento de un marco general de colaboración para asegurar el mantenimiento de la actividad, y el desarrollo socio-económico de Tui, dinamizando el tejido productivo del sector servicios y de los sectores productivos, y en general, de toda la zona de actuación de esta asociación, para cuyo objeto ambas partes acuerdan suscribir el convenio de acuerdo a las siguientes cláusulas:

1- Caixanova, a través de los presupuestos de su Obra Social destinados al apoyo de sectores productivos, podrá contribuir a impulsar y desarrolar aquellas iniciativas emprendidas por Acitui que, conforme a sus fines tengan por objeto promover las actividades comerciales de sus asociados, promociaonar la venta de sus productos en los mercados y a los clientes a los que se dirijan, estimular el desarrollo de sus canales de distribución físicos y telemáticos, favorecer la introducción y utilización de nuevas tecnologías, mejorar la eficacia y la eficiencia en la gestión, potenciar la puesta en marcha de acciones de marketing que incrementen la productividad, fomentar la creción de empleo y facilitar la rehabilitación y reacondicionamiento de establecimientos comerciales.

2- Acitui se compromete a que la colaboración de Caixanova figure de forma expresa y pública.

 

Luns, 26 de abril de 2010  

Presentación do programa do Voluntariado do Xacobeo

O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, presentará, hoxe, o programa do Voluntariado Xacobeo na provincia. Este acto terá lugar na Casa da Xuventude de Tui ás once da mañá.

 

Sábado, 24 de abril de 2010  

Toma de posesión do novo bispo

        Hoxe ás catro e media da tarde terá lugar na Catedral de Tui o acto de toma de posesión do novo bispo da Diocese de Tui-Vigo, Monseñor Quinteiro Fiuza.

        O domingo está previsto na Concatedral de Vigo ás 18h unha eucaristía presidida xa polo novo bispo.

        Confirmaron tamén a súa asistenacia, o arcebispo de Santiago, Julián Barrio, o de Zaragoza, o de Valladolid, e o castrense, entre outros bispos tanto galegos coma portugueses.

        Estará o Nuncio da Santa Sé, dous cardenais: o Presidente da Conferencia episcopal española, Rouco Varela, o cardeal emérito de Sevilla, Carlos Amigo; catro arcebispos e 16 bispos, tres deles de Portugal. Chegarán andando ata a Catedral onde serán agardados polo Deán e o Cabildo.  Pasarán a capela de San Francisco e a sancristía dende onde sairán en procesión ata o altar maior.

            No Altar maior saudará o Administrador Diocesano, pronunciará unhas palabras o Nuncio e pedirá que se lean as letras apostólicas referidas ao  nomeamento do bispo. Logo comeza o que é a toma de posesión propiamente dita coa entrega do báculo por parte do Nuncio ao novo bispo.

            Asistirán ao redor de 200 sacerdotes concelebrando a misa.

            Na Catedral, ante a gran asistencia prevista, colocaranse mil cadeira, e catro pantallas na Catedral e outras catro no Claustro. Ao remate da misa o Bispo percorre a Catedral e o Claustro saudando a toda a xente.

            A misa será cantada pola Coral da S.I. Catedral acompañada pola co Centro Sportivo de Ponteareas.

 

Concerto do Padre Jony en Tui

            O Pavillón de Deportes de Tui na rúa Canónigo Valiño acolle hoxe ás oito da tarde ao Padre Jony en Concerto. Esta actividade está organizada pola Xuventude Unida en Marcha co gallo do Día da Xuventude. A entrada é gratuíta.

 

Concerto de Miriam Sandoval en Rebordáns

            O Bar Múñiz na Manteigada en Rebordáns acolle hoxe sábado ás dez e media da noite á cantautora Miriam Sandoval presentando o seu espectáculo “Caderno de viaxe”. Neste concerto reúne composicións propias e versións dos temas máis emblemáticos do repertorio latinoamericano.

 

 Tui acolle hoxe sábado as I Xornadas Nacionalistas do Baixo Miño

            Hoxe sábado o BNG organiza as I XORNADAS NACIONALISTAS DO BAIXO MIÑO no Museo Municipal de Tui (antigo convento de Santo Domingo). A entrada será libre para todas as persoas que desexen asistir.

            Esta iniciativa, que pretende manterse no tempo, xurde da vontade de crear un espazo para a reflexión e o debate sobre temas relacionados con Galiza e o pobo galego desde unha óptica nidiamente galega. Nesta primeira edición das xornadas a temática das mesmas estará centrada na historia de Galiza e a conformación da nosa identidade. Sobre este tema o historiador Bieito Alonso  presentará a conferencia "De reino a nación. Unha reflexión sobre a nosa identidade".

            Esta actividade comezará ás 11.30 horas da mañá coa apertura da mesma a cargo de Xosé Manuel Méndez, Responsábel Comarcal do BNG no Baixo Miño e ás 11.45 horas dará comezo a conferencia "De reino a nación" a cargo de Bieito Alonso.

            Montserrat Prado Cores, Secretaria Nacional de Organización do BNG será a encargada de clausurar as xornadas ás 13.45 horas poñendo fin a esta primeira edición.

 

A Oficina Municipal de Turismo abriu as súas portas no Paseo da Corredoira

Onte xoves, 22 de abril, abriu as súas portas a Oficina Municipal de Tui no Paseo da Corredoira. Emprazada na caseta de madeira instalada o pasado ano para este cometido a Oficina está atendida por dúas persoas, unha Diplomada en Turismo e unha técnica en Turismo que foron contratadas polo Concello de Tui durante un período de oito meses grazas a unha subvención concedida polo Padroado de Turismo Rías Baixas dependente da Deputación de Pontevedra. O horario de apertura é de luns a venres de 10 a 20h e os sábados, domingos e festivos de 10.30 a 14.30 e de 15.30 a 19.30h.

A Oficina Municipal de Turismo está situada nun lugar clave de paso obrigado para cantos visitan a cidade. Na mesma os turistas e peregrinos atopan información sobre os lugares de interese do municipio e da comarca, as actividades culturais e deportivas previstas, e as alternativas de ocio que existen. Este ano, coa coincidencia do Ano Xacobeo, préstase tamén información aos peregrinos que se achegan á cidade, tendo en conta a súa importancia coma Porta de Entrada do Camiño Portugués a Santiago.

O Concelleiro de Turismo, Moisés Rodríguez, salienta por unha parte que a apertura da Oficina de Turismo produciuse este ano antes do habitual, satisfacendo así a demanda de información dos que se achegan ata a cidade nestas datas. Unha afluencia importante que se está a rexistrar xa nestes meses, e proba diso sinala é que nos dous primeiros días de apertura a oficina atendeu a case un centenar de persoas.

Por outra parte o edil fai fincapé na importancia turística da cidade, unha vocación que ten que ser amais unha clara aposta de futuro, xa que redunda positivamente na súa economía e no comercio e hostalería local.

 

Venres, 23 de abril de 2010  

O Parador de Tui promove unha nova tertulia de anécdotas tudenses con Javier Rodríguez Vázquez

             O Parador de Turismo “San Telmo” de Tui dá continuidade, o domingo 25 de abril, ás 18.00 horas, á iniciativa que baixo o nome de “Anecdotario tudense” comezou o pasado mes de marzo con carácter mensual e que se realiza o último domingo de cada mes.

           Na terturlia deste domingo intervirá Javier Rodríguez Vázquez, que relatará as vivencias sobre o popular gaiteiro tudense “O Carneiriño” que aínda lembran moitos veciños de Tui amenizando as celebracións festivas da localidade.

Este ciclo de “Anecdotario tudense” será protagonizado en maio por Ricardo García Fernández; en xuño por Jesús Pazo Díz, e en xullo por Manuel Vázquez de la Cruz.

O director do Parador, David Villar Alonso, explica que con esta iniciativa téntase dinamizar a vida e a actividade deste establecemento hostaleiro tudense e recuperar os seus tradicionais lazos de unión coa cidade e os seus veciños. Trátase dunha tertulia aberta á participación de todos os interesados que queiran achegar as súas anécdotas e curiosidades arredor do tema ao que se dedica a tertulia de cada mes.

No pasado mes de marzo foi Alberto Estévez Piña quen abriu esta tertulia lembrando como se xestou a construción do Parador de Turismo “San Telmo” e que motivou unha prolongada tertulia polos asistentes.

David Villar Alonso agradece a todos os participantes a súa xenerosa colaboración así como o apoio do concello de Tui que anima esta interesante iniciativa que pretende plasmarse nunha publicación ao final do ano, que recolla as principais anécdotas deste ciclo.

 

Tui foi o espazo da Rede Galega de Teatros e Auditorios con maior media de espectadores en 2009

O Teatro Municipal de Tui logrou en 2009 a mellor media de espectadores dos 42 espazos que forman parte da Rede Galega de Teatros e Auditorios. En total o ano pasado programáronse catorce funcións acadado unha media de 284 espectadores en cada evento. A media galega sitúase nos 147 espectadores por función.

En segundo lugar na media de espectadores está a Coruña con 283 persoas de media nas 9 funcións realizadas. Terceira é Pontevedra con 25 funcións e 246 espectadores de media.

Dende a Concellería de Cultura quérese amosar o agradecemento ao público pola súa fidelidade e constancia xa que estas cifras son posible grazas á boa resposta obtida á programación realizada. E tamén importante a labor realizar por actores, directores e técnicos que coa profesionalidade e bo facer posibilitan tamén a consecución destas magníficas cifras. Este éxito non sería tampouco posible sen o apoio dos medios de comunicación que co difusión dos distintos eventos contribúen a que a programación do Teatro Municipal chega ao público non só de Tui, senón de toda a comarca e do sur de Pontevedra así coma do Norte de Portugal.

Neste ano 2010 a Concellería de Cultura seguirá traballando para tentar mellorar no posible o servizo que presta á cidadanía, agardando de novo volver contar co beneplácito do público.

 

A Praza de San Fernando acolle hoxe, Día do Libro, unha iniciativa das bibliotecas tudenses: “Ágora, os libros na praza

A praza de San Fernando, diante do pórtico da catedral tudense acollerá hoxe, 23 de abril, Día do Libro, unha novidosa iniciativa da Biblioteca Municipal e das bibliotecas escolares do municipio que baixo o título de “Ágora, os libros na praza” tentará ao longo de todo o día de encher este espazo público de libros usados e vellos.

Dende as 09.00 horas da mañá ata ás 20.00 horas calquera persoa que se achegue ata a Praza de San Fernando pode depositar os seus libros usados ou vellos neste lugar e recoller aqueles libros que estean alí depositados e que resulten do seu interese. “Leva e/ou colle os libros” reza a mensaxe realizada polas bibliotecas para convidar aos veciños a sumarse a esta iniciativa. Ao remate os libros que fiquen na Praza serán entregados á Fundación Cumulum que os distribuirá nos centros culturais ou educativos que considere axeitados.

Ao longo da mañá pasarán pola Praza de San Fernando máis dun millar de alumnos dos centros educativos de Tui, coa seguinte orde: IES San Paio, CEIP de Caldelas e logo o nº 2, CEIP de Pazos de Reis, Colexio Rural Agrupado, CEIP de Randufe, CEIP nº 1, CEIP de Guillarei e Rebordáns e rematará co alumnado do IES Francisco Sánchez. Ao longo da mañá na Praza de San Fernando os diversos grupos escolares asistentes realizarán recitais de música, de poesía, lectura de textos, etc. Pola tarde, as 17,30 horas haberá unha sesión de monicreques para os cativos a cargo de Marío Tomás que porá en escena a obra:  “A princesa do sal e outros contos de sempre”, organizada pola Biblioteca Municipal ao abeiro do programa Letras Vivas que promove a Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura da Consellería de Cultura e Turismo.

A Fundación Cumulum organiza unha actividade similar nesta mesma xornada do 23 de abril nas catro capitais de provincia e na cidade de Santiago e foi a iniciativa da Biblioteca do IES San Paio que se organizou en Tui, sumándose a este evento no Día do Libro.

O concelleiro de cultura tudense, Moisés Rodríguez Pérez,  resalta que esta “festa dos libros” é a primeira actividade que organizan conxuntamente a Biblioteca Municipal e as bibliotecas dos centros escolares do noso municipio, abrindo así cunha colaboración que agarda dea novos froitos nun futuro.  Salienta tamén o edil tudense que esta actividade promove a difusión do libro e a lectura dun xeito lúdico e posibilita que todos os cidadáns poidan achegarse á cultura escrita.

 

La Asociación de Comerciantes e Industriales de Tui  (ACITUI) emite un informe favorable a la declaración de Tui como Zona de Gran Afluencia Turística

La Asociación de Comerciantes e Industriales de Tui (ACITUI) emite un informe favorable a la declaración de la ciudad como zona de gran afluencia turística.

A la par de la emisión de dicho informe, se firmó un acuerdo de colaboración entre ACITUI y outletui mediante el cual, este último se compromete a la creación de un punto de información turística del municipio de Tui en dicha área comercial durante los fines de semana y festivos, coincidiendo con los días de mayor afluencia de visitantes al centro comercial, así como a efectuar una aportación económica que se destinará a la promoción  y potenciación turística de la ciudad.

Esta colaboración se llevará a cabo primeramente por un período de prueba de un año.

Con esta iniciativa se pretende crear una sinergia para la ciudad de Tui que atraiga a un mayor número de visitantes contribuyendo a dinamizar la misma, y creando un movimiento turístico y comercial complementario a la actividad de Valença do Minho.

  

Excursión a Santiago da AA.VV. de Riomuíños

A Asociación de Veciños de Riomuíños organiza unha excursión a Santiago de Compostela para o próximo 23 de maio. As persoas que desexen asistir poden anotarse os sábados de 20 a 21 horas no local da asociación. O prezo por persoa é de 27 €, incluíndo o transporte en autobús e o xantar.

 

La Asociación de Comerciantes e Idustriales de Tui  (ACITUI) emite un informe favorable a la declaración de Tui como Zona de Gran Afluencia Turística

La Asociación de Comerciantes e Industriales de Tui (ACITUI) emite un informe favorable a la declaración de la ciudad como Zona de Gran Afluencia Turística.

Junto con el informe, se firmó un acuerdo de colaboración entre ACITUI y Outletui mediante el cual, este último se compromete a la creación de un punto de información turística del municipio de Tui en dicha área comercial durante los fines de semana y festivos, coincidiendo con los días de mayor afluencia de visitantes al centro comercial, así como a efectuar una aportación económica que se destinará a la promoción  y potenciación turística de la ciudad.

Esta colaboración se llevará a cabo primeramente por un período de prueba de un año.

Con esta iniciativa se pretende crear una sinergia para la ciudad de Tui que atraiga a un mayor número de visitantes y contribuya a dinamizar la misma, creando un movimiento turístico y comercial complementario a la actividad de Valença do Minho.

INFORME.-Determinación del Municipio de Tui como zona de gran afluencia turística.

Teniendo en cuenta la solicitud cursada por el Ayuntamiento de Tui con fecha de entrada en esta Corporación del 10/12/2009, número 5.334, por la que se insta a esta Asociación Empresarial a emitir informe al amparo de la Ley 13/2006, de 27 de diciembre, de horarios comerciales de Galicia, que en su artículo 9, establece la determinación de las zonas de gran afluencia turística, señalando:

 “1.-Para determinar las zonas de gran afluencia turística es precisa la propuesta motivada del Ayuntamiento directamente afectado, a la que deben adjuntarse los siguientes informes:

a). Informe de las Asociaciones de Empresarios del ámbito territorial afectado.

Que esta Asociación de Comerciantes e Industriales de Tui (ACITUI), según la normativa legal sobre Asociaciones,  tiene como finalidad representar, defender, promocionar los intereses económicos, fomentar la solidaridad y programar acciones para conseguir mejoras sociales, económicas y culturales de sus asociados, así como, servir de interlocutor ante las demás instancias públicas y privadas, fomentar medidas activas de empleo, formación e información, promover la formación de trabajadores en activo y personal en paro, prestando especial atención a colectivos desfavorecidos y promover el camino portugués de Santiago, en especial el que transcurre por al Municipio de Tui, entre otras funciones.

Por ello y ante la propuesta motivada planteada por el Ayuntamiento para iniciar los trámites ante la Administración competente para declarar el Municipio de Tui como zona de gran afluencia turística, lo que supondría ampliar la libertad horaria a todos los establecimientos comerciales situados en el municipio, en la actualidad sólo disponen de esa posibilidad los establecimientos con una superficie útil comercial de hasta 150 metros cuadrados, excluidos los pertenecientes a grupos de distribución que no tengan la consideración de pequeña y mediana empresa, esta Asociación de Comerciantes, una vez analizada la propuesta y teniendo en cuenta que afecta a una oferta comercial importante, considera que esta medida puede tener las siguientes repercusiones económicas:

1.- La situación estratégica de Tui con buenas comunicaciones y su carácter transfronterizo, confieren unas características singulares para convertirse en centro de interés comercial y turístico. A medida que se potencien estas posibilidades mejoramos el posicionamiento en el mercado como área receptora de futuras inversiones.

2.- Tiene como objetivo atraer una demanda comercial ajena a la propia, procedente de toda Galicia y Norte de Portugal, el comercio local cuenta con su propia demanda pero no cuenta con el potencial suficiente para captar esa demanda. La finalidad sería conseguir que ese mayor flujo de personas que provoca la libertad horaria en festivos repercuta en beneficio del comercio minorista de la ciudad e incida en la mejora de la especialización de los establecimientos y oferta comercial. Para ello los agentes sociales y administración deben implicarse en la dinamización, peatonalización, etc. y, sobre todo, en el aumento de la permeabilidad de los visitantes a la ciudad con la creación de nuevos aparcamientos públicos.

3.- Potencia los recursos turísticos de Tui y su área de influencia, dotada de un potencial turístico excepcional para el visitante por sus recursos patrimoniales y diversos, climatología diferenciada y gastronomía propia. El incremento del flujo de visitantes conlleva  una repercusión favorable para el sector de la hostelería.

4.- Su aprobación supone potenciar el consumo, medida necesaria para reactivar la economía ante la grave crisis que padecemos. Lo que implicaría una mayor ocupación.

5.- En resumen mejora la situación competitiva del Municipio de cara al futuro y puede generar nuevas iniciativas comerciales complementarias a la oferta comercial de Valença, muy definida y enfocada a Galicia, con apertura en festivos todo el año.

6.- Conseguir en la medida de lo posible que los efectos de la apertura en festivos pueda proporcionar a la Ciudad una mayor dinamismo sobre su actividad comercial, su desarrollo y su configuración urbana ante la necesidad de potenciar su centro histórico y evitar su deterioro.

En la Asamblea General celebrada por ACITUI el día 24 de marzo de 2010 se acuerda por mayoría absoluta otorgar el apoyo a la petición de Zona de Gran Afluencia Turística en fase experimental por el período de un año y al final de éste, guardar el derecho de revocar dicho apoyo en el caso de que esta acción perjudique al comercio local.

Ante estas consideraciones la Asociación de Comerciantes e Industriales de Tui se pronuncia a favor de la determinación de la totalidad del Municipio de  Tui como zona de gran afluencia turística durante todo el año y emite este informe favorable.

 

Tui acolle este sábado as I Xornadas Nacionalistas do Baixo Miño

Mañá, sábado, o BNG organiza as I Xornadas Nacionalistas do Baixo Miño no Museo Municipal de Tui (antigo convento de Santo Domingo), con entrada libre para todas as persoas que desexen asistir.

Esta iniciativa, que pretende manterse no tempo, xurde da vontade de crear un espazo para a reflexión e o debate sobre temas relacionados con Galicia e o pobo galego desde unha óptica nidiamente galega. Nesta primeira edición das xornadas a temática das mesmas estará centrada na historia de Galicia e a conformación da nosa identidade. Sobre este tema o historiador Bieito Alonso  presentará a conferencia "De reino a nación. Unha reflexión sobre a nosa identidade".

Esta actividade comezará ás 11.30 horas da mañá coa apertura da mesma a cargo de Xosé Manuel Méndez, responsábel Comarcal do BNG no Baixo Miño, e ás 11.45 horas dará comezo a conferencia "De reino a nación" a cargo de Bieito Alonso.

Montse Prado Cores, secretaria nacional de Organización do BNG, será a encargada de clausurar as xornadas ás 13.45 horas poñendo fin a esta primeira edición.

 

A Catedral de Tui acolle un concerto de música sacra

O Grupo Vocal Santa Eulalia de Mos, baixo a dirección de Aloia Martínez, ofrecerá esta vindeira fin de semana dous concertos de música sacra,con obras que abarcan desde ó século XIII-XIV ata o século XXI. 

O  sábado 24 terá lugar ás 20.40 na igrexa María Auxiliadora de Vigo e o domingo 25 ás 18.00 na Catedral de Tui dentro do Ciclo de Música Sacra na Catedral, que organiza a Asociación Amigos da Catedral de Tui.

 

Xoves, 22 de abril de 2010  

O concello de Tui asina o convenio para a creación dun albergue temporal para peregrinos 

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, presidiu a pasada semana a sinatura de oito convenios relativos á rede de albergues temporais en sete concellos da provincia de Pontevedra, acordos que asinaron o director xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Ignacio Santos, e os representantes dos municipios de Tui, A Guarda, Caldas, Portas, e Redondela, así como dous membros da Fundación Camiño de Santiago e da Fundación Mª Seoane Colmeiro. En total, destínanse 423.310 euros para a posta en marcha das instalacións destinadas aos peregrinos situadas na provincia de Pontevedra, unha cifra que permitirá habilitar un total de 1.015 novas prazas de aloxamento, entre camas e colchonetas.

Co concello de Tui foron asinados dous convenios de colaboración. Neste caso, trátase dun acordo de 24.361 euros e outro de 60.000 euros para habilitar 24 novas camas e 50 colchonetas, e para dotar de mobiliario e acondicionar como albergue provisional o convento de Santo Domingo.

O director xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Ignacio Santos, destacou no acto que a posta en marcha destes albergues provisionais nas rutas que pasan pola provincia de Pontevedra "permitirán ofrecer aos peregrinos un aloxamento garantido" nas épocas de maior afluencia de camiñantes. Asemade, indicou que estes convenios "permiten reforzar os servizos a disposición dos peregrinos en puntos significativos das rutas que levan a Santiago".

Para o alcalde de Tui a sinatura destes convenios posibilita que o Concello de Tui incremente notablemente a súa oferta de acollida aos peregrinos que percorren este camiño portugués ou inician na nosa cidade a súa andaina cara a Santiago de Compostela. Deste xeito, ás 36 prazas existentes na actualidade no albergue da rúa Párroco Rodríguez Vázquez, uniranse as 24 prazas en camas e 50 prazas en colchonetas, acadando a cifra de 110 pazas de acollida a peregrinos. Sen esquecer que no caso dos grupos de amplo número, como por exemplo os 600 previstos procedentes das dioceses de Cataluña, se habilitarán os pavillóns polideportivos municipais.

Fernández Rocha sinala que para o concello de Tui o apoio e promoción do camiño portugués, que ten na nosa cidade a súa histórica e auténtica porta de entrada en Galicia, é un obxectivo estratéxico para a difusión dos recursos patrimoniais e turísticos tudenses.

 

Infotransxénicos en Tui organiza unha Mesa informativa sobre a manipulación xenética dos alimentos

O sábado, 24 de abril, haberá unha actividade antitransxénicos en Tui que terá lugar no Palco de Música do Paseo da Corredoira, cunha Mesa informativa sobre os transxénicos, impactos e situación actual, entre as 11.00 e as 14.00 horas, e continuará pola tarde, de 17.00 a 20.00 horas

O acto estará apoiado cunha exposición, en paneis  elaborados por Greenpeace e por Infotransxénicos Tui, dos riscos e efectos que sobre a saúde teñen os alimentos transxénicos; reparto de Listas Verde e Vermella de Transxénicos, lista elaborada por Greenpeace na que se reflicten as marcas de alimentos que non conteñen compoñentes transxénicos (lista verde) e as marcas que non garanten a ausencia de transxénicos nos seus produtos (lista vermella).

Haberá ademais actividades de pintura para o público infantil.

 

Excursión da Peña Celtista Tudense  a Alacante

        A Peña Celtista Tudense organiza unha excursión a Alacante do 14 ao 17 de maio coincidindo co encontro que alí vai xogar o Real Club Celta de Vigo.

        A saída terá lugar o venres 14 de maio ás 20.30h dende Tui, facendo unha primeira parada antes de Sanabria no Restaurante Catro Ventos para cear, e logo pasaríase a noite en ruta ata chegar a Alacante onde o aloxamento con almorzo buffet farase no Hotel Campanile.

        Están previstas visitas a Alacante, Elche e Benidorm. Regrerase o luns 17 con parada para xantar en Madrid, estando prevista a chegada á Tui sobre ás doce da noite.

        O prezo por persoa para socios é de 150€ e de 160€ para non socios. Os interesados ponden anotarse ata o 30 de maio no 653 842 130. 

 

Unha páxina web www.visitatui.com difunde os potenciais tudense

        Un grupo de empresarios tudense vén de pór en marcha a páxina web www.visitatui.com co obxectivo de promocionar a cidade.

        Mercedes Martín e Marina Cruces son dúas das persoas implicadas nesta iniciativa. Xuntas explicaban no programa Día a Día da RMT coma xurdiu esta web ante a inquietude de que Tui carece dunha páxina destas característica.

        Mercedes Martín indicaba que unha web desta características era tanto unha necesidade para os que visitan á cidade coma para os propios empresarios tudense que deste xeito poden promocionar e potenciar os seus produtos e servizos.

        A páxina, segundo explicaba, está deseñada en torno a dous eixos fundamentais: Tui e o seu entorno, e por outra Quén está en Tui e qué servizos se ofrecen.

        Marina Cruces sinalou que para incorporase a esta páxina buscaron “empresarios que tivesen a mesma inquietude e que defendesen o seu negocio cunha profesionalidade con algo diferente”. Obtiveron unha resposta moi positiva nada máis plantexala xa que é unha aposta común pola profesionalidade e bo facer.

        Engadían que con esta web promocionan de xeito conxunto o seus negocios e servizos baixo un dominio común www.visitatui.com empregando así as vantaxes das novas tecnoloxías. Deste xeito acceden a moitos máis nichos de poboación,

        As primeiras opinións que están recabando gaban a iniciativa que cubre unha necesidade que había. Tamén se valora o deseño fresco e dinámico, con boas fotografías.

        Dentro das próximas iniciativas que van levar a cabo está dar a coñecer os artistas de todo tipo que hai no municipio.

www.visitatui.com vai dirixido tanto aos visitantes da cidade coma aos propios tudenses que no blog da web terán información cumprida de todo o que acontece na cidade.

 

Os nacionalistas de Tui denuncian a actividad dunha gasolineira sen licenza

O BNG de Tui denuncia a situación “de manifesta ilegalidade”, din, na que se atopa unha gasolineira que non conta con ningún tipo de licenza municipal nin con informes técnicos que permitan esa instalación, carecendo dun servizo de depuración propio e axeitado, contaminando as augas e os nacentes.

A formación nacionalista asegura que os veciños están preocupados pola súa indefensión e o BNG, que pediu mediante escrito por Rexistro unha solicitude de paralización inmediata da actividade, co conseguinte precinto da instalación, denuncia agora públicamente esta situación dado que desde o concello non se ten actuado, e recorda que todos os negocios deben ter as súas licenzas e permisos pertinentes, pero se ademais se trata dunha actividade perigosa e contaminante, con máis motivo.

O BNG esixe a paralización inmediata da actividade ilegal da gasolineira e lembran ao alcalde que a legalidade é para todos.

 

Teatro do Morcego presenta “Kvetch. Unha comedia americana sobre a ansiedade”

O Teatro Municipal de Tui acolle este venres ás 21.30h a representación de “Kvetch. Unha comedia americana sobre a ansiedade” da man de Teatro do Morcego.

Esta obra foi escrita por Stven Berkoff e está dirixida por Álvaro Lavín. Sobre o escenario, para dar vida aos distintos personaxes, estará un elenco galego e portugués formado por Celso Parada, Mónica Camaño, Miguel Pernas, Dorotea Bárcena e Mundo Villaluste.

 “Kvetch” é unha obra dedicada a todos os que teñen medo. Trátase dun espectáculo impúdico, xubiloso, devastador e feroz cos medos, frustacións e co stress diario.

Teatro do Morcego creouse en 1989 da man do actor e director Celso Parada e Isabel Ávila. No seu haber ten premios coma o Compostela por Misterio cómico e Doberman ou o María Casares por Lazariño de Tormes. Na compañía traballaron e traballan importantes actores galegos como: Maxo Barjas, Luísa Merelas, Santi Prego, X. Estévez, X. Carlos Mosquera "Mos", Carlos Blanco,Paco Campos, Miguel Varela, Mundo Villalustre, Gonzalo Uriarte, E. R. Cunha "Tatán", Pepa Barreiro, Casilda García, Sonia Rúa, Salvador del Río, etc.

As entradas están á venda na web www.culturatui.info ao prezo de 5€ e 3€, e o venres dende ás 20h pódense mercar no Despacho de Billetes da Área Panorámica.

Tui foi o espazo da Rede Galega de Teatros e Auditorio con maior media de espectadores en 2009

O Teatro Municipal de Tui logrou en 2009 a mellor media de espectadores dos 42 espazos que forman parte da Rede Galega de Teatros e Auditorios. En total o ano pasado programáronse catorce funcións acadado unha media de 284 espectadores en cada evento. A media galega sitúase nos 147 espectadores por función.

Dende a Concellería de Cultura quérese amosar o agradecemento ao público pola súa fidelidade e constancia xa que estas cifras son posible grazas á boa resposta obtida á programación realizada. E tamén importante a labor realizar por actores, directores e técnicos que coa profesionalidade e bo facer posibilitan tamén a consecución destas magníficas cifras. Este éxito non sería tampouco posible sen o apoio dos medios de comunicación que co difusión dos distintos eventos contribúen a que a programación do Teatro Municipal chega ao público non só de Tui, senón de toda a comarca e do sur de Pontevedra así coma do Norte de Portugal.

Neste ano 2010 a Concellería de Cultura seguirá traballando para tentar mellorar no posible o servizo que presta á cidadanía, agardando de novo volver contar co beneplácito do público.

 

Mércores, 21 de abril de 2010  

A Biblioteca Municipal de Tui presenta o seu programa de actividades “O mes dos libros”

O Concelleiro de Cultura tudense, Moisés Rodríguez Pérez, presentou na mañá de onte o programa de actividades que promove a Biblioteca Pública Municipal de Tui arredor das datas do 23 de abril, Día do Libro, e o 17 de maio, Día das Letras Galegas, baixo a denominación de “Mes dos Libros”.

O obxectivo destas actividades é achegar o libro e a lectura a todo os cidadáns e promover a consideración da lectura como unha ferramenta indispensable para a formación das persoas e unha opción para o seu tempo de lecer, consolidando á Biblioteca Municipal tudense como un servizo cultural .

Comezará este amplo programa de actividades o vindeiro venres 23 de abril coa actividade “Os libros na praza” que promoven a Biblioteca Municipal xunto coas Bibliotecas escolares do municipio. Trátase de encher a Praza de San Fernando cos libros vellos e usados que todos temos na casa, a partires das 09.15 horas os alumnos dos centros escolares achegaranse ata a praza para depositar alí os seus libros, e tamén todos os veciños de Tui están convidados a depositar os volumes que desexen. Pola tarde, os que visiten a Praza de San Fernando poderán coller aqueles libros que lles interese. Finalmente, ás 20.00 horas recolleranse todos os libros depositados que serán entregados á Fundación Cumulum que os distribuirá en centros bibliotecarios de diversos países ou procederá ao seu reciclado.

A Fundación Cumulum organiza unha actividade similar nesta mesma xornada do 23 de abril nas sete cidades de Galicia, unha iniciativa da Biblioteca do IES San Paio que se organizou en Tui. Xosé María Lores, responsable desta Biblioteca escolar acompañaba ao concelleiro de Cultura tudense nesta presentación. Salientaban ambos que é a primeira ocasión en que colaboran conxuntamente a Biblioteca Municipal e as Bibliotecas dos centros escolares do municipio tudense, confiando que esta cooperación continúe no futuro con novas actividades.

Ao longo da mañá na Praza de San Fernando os diversos grupos escolares asistentes realizarán recitais de música, de poesía e lectura de textos. Pola tarde, as 17.30 horas, haberá unha sesión de monicreques para os cativos a cargo de Mario Tomás que porá en escena a obra:  “A princesa do sal e outros contos de sempre”.

A programación completa do “Mes do libros” foi presentada polo técnico da biblioteca municipal, Rafael Sánchez, que sinalaba a pretensión de abordar actividades para todos os sectores de idade, dende os racapes aos adultos, pois a Biblioteca Municipal precisa achegarse a todos os públicos, non ficando restrinxida a un sector de idade, como son os estudantes. Destacaba a presenza, o 11 de maio, do escritor Alfredo Gómez Cerdá, gañador do Premio nacional de Literatura Infantil e Juvenil no ano 2009 e un dos máis prestixios autores da literatura para mozos de España.

Amais de obradoiros e maxia para os máis cativos (cunha sesión a cargo do grupo “A ill@ dos nen@s” que no pasado outono tivo un éxito rotundo na súa visita á Biblioteca Municipal) haberá tamén actividades para os adultos cunha sesión de contacontos, a cargo da actriz Sherezade Bardají, e un recital poético-musical do escritor Xosé Carlos Caneiro. As actividades realízanse ao abeiro do programa Letras Vivas da Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura da Consellería de Cultura e Turismo.

Completa esta programación de actividades a inmediata convocatoria dunha segunda edición do concurso de caligramas por parte da Biblioteca, logo lo éxito acadado na anterior convocatoria de hai tres anos, recuperando deste xeito este certame, único que se convoca en Galicia sobre esta modalidade poética.

Finalmente, o concelleiro de cultura tudense informaba que nesta semana ficará rematado o equipamento dunha nova área da Biblioteca Municipal, onde se ubicará o fondo local e a comiteca (ou sección de cómic) grazas a dotación de mobiliario recibido dende a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia. Esta dotación está integrada por andeis, planeiros, expositores de cómic e unha mesa con dez postos de lectura. Deste xeito increméntanse tanto os servizos como a superficie de uso bibliotecario, redundando nunha mellora da atención ao público.

Programación do “ Mes dos Libros”

Martes 27 de abril – Obradoiro para nenos – 17,30 h.

“Creación do noso propio libro” – Eduvia

Martes 11 de maio – Encontro con autor – 18,00 h.

Alfredo Gómez Cerdá – Premio nacional de literatura infantil e xuvenil

Patrocinado por Editorial Tambre - Edelvives

Luns 17 de Maio: Día das Letras Galegas

XIII Feira do Libro Galego en Tui

Mércores 19 de maio: - Maxia para nenos – 18,00 h.

“A maxia dos soños” – A ill@ dos nen@s

Xoves 20 de maio – Contacontos para adultos – 20,30 h.

“A sombra dos sentidos” - Sherezade Bardají

Mércores 26 de Maio, 20,30 h. – Camiños de Amor e Lúa

Recital poético-musical con Xose Carlos Caneiro

Patrocina Xacobeo 2010

 

Martes, 20 de abril de 2010  

Presentación da programación do Día dos Libros da Biblioteca Pública Municipal

Hoxe, martes, ás 11.00h será presentada no primeiro andar da Área Panorámica, a programación do Día dos Libros da Biblioteca Pública Municipal de Tui. Os actos vanse celebrar o vindeiro venres, 23 de abril.

A presentación correrá  a cargo do concelleiro de Cultura, Moisés Rodríguez, e do director da Biblioteca, Rafael Sánchez Bargiela.

  

O C.B. Tui logrou o ascenso á Liga Nacional

            O Club Baloncesto Tui logrou esta pasada fin de semana o ascenso á Liga Nacional tras gañar os tres partidos disputados da fase de ascenso.

            Nico Montes, director Técnico do Club, comentaba na RMT cómo foron os tres encontros. O venres enfrontáronse ao  Universitario Campus Ourense, un dos dous equipos que lles gañaran na liga regular. Recoñecía que era o partido máis complicado da fase, lograron a vitoria pero con moito esforzo.

            Pese a que moitos medios dábanno coma favoritos, o CB Tui non se confiou, porque Nico Montes recoñecía que todo é posible nunha fase de ascenso.

            Os xogadores do CB Tui está agora felices logo de conseguir esta Liga Nacional, e de que o sábado tivesen xa asegurado o paso. Contaron amais co apoio da aficción.

            Esta foi unha fin de semana redonda para o CB Tui porque amais do ascenso á Liga Nacional, o domingo o equipo filial tamén logrou o ascenso neste caso á zona A.

 

Concerto do Grupo Vogal Santa Eulalia de Mos

            O Grupo Vogal Santa Eulalia de Mos vai ofrecer un concerto este domingo ás seis da tarde na Catedral de Tui. Estará dirixido por Aloia Martínez e interpretarán obras dende o século XIII ao XIV e do século XXI.

            Este evento musical forma parte do Ciclo de Música Sacra organizado pola Asociación Amigos da Catedral de Tui.

  

O 8 de maio celébrase a VII Andaina Tudense

            O sábado 8 de maio vaise celebrar a VII Andaina Tudense organizada polo Club Atletismo Tui.

            A saída está prevista ás 10.30h dende o Paseo da Corredoira para achegarse ao Albergue de San Teotonio en Valença. Aí iniciarase o percorrido do tramo do Camiño Portugués ata Orbenlle.

            Ás 13.30h está previsto o xantar en Orbenlle, regresando ao remate cara Tui.

            Pola tarde, ás 18.30 horas, haberá degustación de chourizos e media hora despois a VI Carreira de Aros no Paseo da Corredoira.

            As persoas interesadas en participar nesta proba deben inscribirse ata o 3 de maio  enviando un correo a clubatletismotui@gmail.com , no teléfono 607 785 601 ou remitindo a folla de inscrición á Cota de Gaio 34 36713 de Tui.

            O prezo da inscrición é de 12€ que se deben ingresar na conta do Club Atletismo Tui en Caixanova.

            Dende o Club de Atletismo advirten que non se admitiran inscricións fóra de prazo e tampouco o día da proba.

  

Reunión do Club Atletismo Tui

            O venres 30 de abril, ás nove da noite, celebrarse na Casa da Xuventude, unha reunión aberta a todo aquel que o desexe, cuxo obxectivo é darlle un novo pulo ao Club Atletismo Tui.

            Perséguese que o club volva contar con deportistas tanto infantís, que están correndo noutros municipios, coma afeccionados.
 

Bicicleta con Botas organiza as xornadas “Recuperar a utopía”

            A Asociación Bicicleta con Botas organiza unha serie de conferencias con temas históricos e de actualidade que comezan esta fin de semana e se van prolongar ata o 22 de maio. Todos os actos van ter lugar na Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica.

            Así este sábado, 24 de abril, ás sete da tarde haberá unha charla sobre a “Organización obreira e represión en Tui (1919-1939). Intervirán os historiadores Dionisio Pereira, Bieito Alonso e Carlos Velasco.

            A actividade proseguirá o 8 de maio coa “Desfeita ambiental e loita libertaria” por parte de Xabier Porto e Rubén López da Unión Libertaria do Ferrol.

            O sábado 15 de maio o tema a tratar será a “Alternativa sindical da CNT”. Falarán Suso García da CNT de Betanzos e Pablo Paz da CNT de Compostela.

            “Educación, machismo e sexismo” o título da conferencia prevista para o sábado 22 de maio a cargo de Tereixa Otero da STEG e da mestra Silvia Alonso. Ese día haberá un concerto de clausura a cargo de Os Lajaretas de Atios na Taberna do Hartza.  

 

O BNG demanda no Congreso melloras para a expedición do Carné de Identidade en Tui

A expedición do carné de identidade en Tui presenta numerosos problemas, o que está ocasionando grandes molestias aos viciños do Baixo-Miño. A pesar das denuncias feitas no Congreso dos Deputados polo BNG no mes de abril do ano pasado, os problemas continúan sen que por parte do Ministerio do Interior se ofrecera  unha solución satisfactoria. Neste sentido a Deputada Nacionalista denuncia a inexistencia de cita previa para solicitar o carné e que só se reparten 25 números por día por orde de chegada entre as persoas que fan cola desde as 5 da madrugada -ás veces desde antes- aínda que a oficina non abre ata ás 9 da maña e pecha ás 2 da tarde.

Denuncia tamén Olaia Fernández que non existe unha sala de espera o que obriga aos cidadáns a agardar en condicións terceiromundistas nas escaleiras as veces con nenos. Por último demanda unha solución urxente para dotar á comisaría de Tui dos medios técnicos e o persoal necesario para garantir en condicións dignas a expedición do Carné de identidade.

 

Sábado, 17 de abril de 2010  

O Teatro Municipal de Tui acolle, hoxe, o III Certame Zonal de Bandas da zona sur da provincia

O vicepresidente e deputado delegado de Cultura, José Juan Durán, presentou onte a terceira edición do Certame Zonal de Bandas de Música do Sur da provincia, evento musical quese celebrará hoxe, sábado, no Teatro Municipal a partir das 16.00 horas. As entidades participantes, na Sección Terceira son a Banda de Música Municipal de Arbo, dirixida por Víctor Fernández, que Interpretará “Maruxa”, de Amadeo Vives, e “Gran Fantasía Española, 2º tempo”, de Ricardo Villa; e a Banda de Música de Chapela, dirixida por Severino Pedrosa, que Interpretará “Gaudila”, de Andrés Álvarez, e “Virgilia” de Jacob Hann

Na Sección Segunda participarán a Banda de Música Unión de Guláns, baixo a dirección de Alicia Porto Fernández, que Interpretará “Airiños Aires!”, de Gustavo Freire, e “Spanish Fire” de Randy Beck; a Agrupación Musical de Goián, dirixida por David Pérez Trigo, interpretará “Tres imaxes de Mudga”, de David Fiuza, e “De bello Gallico”, de Bart Picqueur; e a Banda de Música Xuvenil de Xinzo, dirixida por César Núñez Pérez, interpretará “Estrasantico”, de Simon Couceiro, e “Esbozos Sinfónicos” de Xosé Carlos Seráns.

Na Sección Primeira, as formacións que estarán sobre o escenario son a Agrupación Musical do Rosal, dirixida por Diego Javier Lorente López, que nterpretarán “Pontus Veteris”, de Ángel A. Montes Abalde, e “Mirabel” de J Vicente Egea; a Agrupación Musical de Vincios, dirixida por Juan Luis Costas Álvarez, interpretará “Irmandiños”, de Juan Fernández Guzmán,e “Three Revelatios from the Lotus Sutra” , de Alfred Reed; e a Banda de Música Xuvenil de Torroso, dirixida por Ángeles Lorenzo Estévez, interpretará “Esbozos Sinfónicos”, de Xosé Carlos Seráns, e “Twelve seconds to the Moon”, de Robert W. Smith.

A agrupación invitada é Omega Brass Ensemble, que actuará no Certame  mentres delibera o xurado.

Ao acto de presentación, que tivo lugar na Casa do Concello, asistiron, ademais do deputado de Cultura, José Juan Durán, o concelleiro de Cultura de Tui, Moisés Rodríguez, quen destacou na súa intervención que o feito de que esta cidade “Sexa un referente na programación cultural é tamén polo esforzo que fai a Deputación e a Xunta de Galicia”. Amosouse orgulloso de que o organismo provincial escollese a cidade de Tui un ano máis para a celebración deste evento, asegurando que “está garantida a afluencia de público e a calidade das bandas participantes”.

Pola súa parte José Juan Durán puxo de relevo que Tui é o único concello que acolleu as tres edicións deste certame, xa que noutras comarcas vaise rotando polos municipios. Isto é así, dixo, pola gran tradición cultural e musical da cidade, porque é un concello “ponte” con Portugal, e polas magníficas instalacións do Teatro Municipal.

O deputado de Cultura subliñou que as agrupacións participantes contan cunha traxectoria artística acreditada e con gran calidade, polo que convidaba ao público de toda a contorna a asistir ao certame.

Ao remate da presentación José Juan Durán ofreceu a Moisés Rodríguez a posibilidade de que dúas exposicións itinerantes da Área de Cultura da Deputación se poidan ollar en Tui. Trátase dunha mostra de corenta gravados sobre “Os desastres da Guerra”, de Francisco de Goya, e dunha colección de caricaturas sobre Valle Inclán, realizadas por artistas coma Picasso ou Castelao.  Moisés Rodríguez agradeceu o ofrecemento neste Ano Santo e proximamente concretaranse as datas en que se exhibirán as dúas mostras en Tui.

 

XIV Campionato de rá en Riomuíños

Hoxe, sábado, comeza no barrio de Riomuíños, o XIV Campionato de rá organizado pola Asociación de Veciños. Cada sábado a partir das oito da tarde terán lugar as competicións, ata o mes de xuño.

Poden anotarse mozos, mulleres, homes e nenos os sábados de 19.00 a 20.00 horas no local de Riomuíños ou nos teléfonos 986 60 04 78 ou no 687 602 874

Establécense tres premios por categoría en homes, mulleres e rapaces, e un primeiro e un segundo premio para os participantes de 5 a 10 anos.

 

Festival de Playbacks en Pexegueiro

O Centro Cultural O Mosteiro de Pexegueiro acolle este domingo, a partir das cinco da tarde, un Festival de Playbacks. Participarán os grupos de Rebordáns, Ribadelouro e Pexegueiro. A entrada é de balde.

 

Excursión das Amas de Casa

A Asociación de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios de Tui organiza unha excursión para xoves 29 de abril. Van visitar o Pazo de Oca, o Pazo de Ribadulla e Padrón.

As persoas interesadas débense anotar o próximo mércores, 21 de abril, de 17  a 19h na Casa da Xuventude.

   

Asinado o convenio de colaboración da participación de Tui no programa Voluntariado Xacobeo 2010

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, asinou o convenio de colaboración co concello de Tui e outros 17 concellos que forman parte do programa Voluntariado Xacobeo 2010, nunha iniciativa que desenvolven conxuntamente as consellerías de Traballo e Benestar e de Cultura e Turismo. En representación de Cultura e Turismo acudiu o director xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Ignacio Santos,

En concreto, a sinatura tivo lugar coas corporacións locais de Tui, polo Camiño Portugués, Triacastela, Sarria, Portomarín, Palas de Rei, Melide, Arzúa e O Pino (en representación do Camiño francés);  A Guarda, do Camiño Portugués pola Costa; Padrón, pola Ruta de Arousa; Laza, Xunqueira de Ambía e Lalín, pola Vía da Prata; Ribadeo e Vilalba do Camiño do Norte; Mesía, do Camiño inglés, e Negreira e Fisterra, que serán os representantes do seu Camiño. Desta forma, o programa Voluntariado Xacobeo 2010 terá presenza nos nove Camiños de Santiago.

Este convenio, segundo o cal os concellos poderán recibir ata 8.000 euros, “posibilita organizar e aproveitar mellor a colaboración dos voluntarios galegos no desenvolvemento do Ano Santo”. Ao respecto, un dos obxectivos do programa é promover os valores sociais vinculados ao voluntariado e establecer unha rede de voluntariado dos camiños “para poñer de manifesto o espírito solidario que caracteriza aos galegos e galegas, acollendo e orientado aos milleiros de peregrinos que nos visitan”, subliñaron tanto a Conselleira como o alcalde tudense.

A conselleira, ademais, destacou que o compromiso acadado co concello de Tui “é unha oportunidade para afianzar a relación da Xunta coas corporacións locais e para que estes animen os seus veciños a participar”.

Pola súa banda, o director xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Ignacio Santos, agradeceu ao alcalde a súa participación e sinalou que o programa de Voluntarios do Xacobeo 2010 “permitirá amosar aos peregrinos o mellor de Galicia” e lograr que “teñan á súa disposición toda a información necesaria no seu percorrido”.

Asemade, Ignacio Santos destacou a importancia que ten para Xacobeo 2010 “acoller como se merece a cada un dos cidadáns de calquera parte do mundo que cheguen a Galicia con motivo deste ano tan especial e único”, que, subliñou, “non se volverá a repetir en once anos”.

Ao abeiro deste convenio xa ao longo dos días da pasada Semana Santa un grupo de voluntarios comezou a súa actividade de información cos peregrinos do Camiño português, que ten en Tui a súa porta de entrada en Galicia. Ao longo destas xornadas un total de cinco voluntarios teñen desenvolvido a súa actividade na cidade. Unha tarefa que continuará nas vindeiras fins de semana e nos meses de verán.

O convenio

O programa Voluntariado Xacobeo 2010 está aberto a todos os voluntarios que desexen ofrecer o seu tempo e axuda aos peregrinos e participar, desta maneira, dos importantes valores que transmite o Ano Santo. Os requisitos para participar como voluntario na iniciativa conxunta de Traballo e Benestar e Cultura e Turismo é ser maior de idade e coñecer as zonas de traballo do programa, xa que o voluntariado local adquirirá unha especial relevancia. Cómpre lembrar que no caso dos estudantes universitarios a participación neste programa de voluntariado reporta créditos de libre configuración.

Modalidades do programa

En canto ao programa, son varias as modalidades de servizo que os voluntarios poden prestar ao abeiro da iniciativa.

En primeiro lugar, estarán nos puntos fixos de información que se situaron onde se considerou máis necesaria a información sobre actividades, visitas e servizos. No caso de Tui os puntos fixos están ubicados no albergue de peregrinos e na zona municipal do antigo convento de San Domingos, onde estará un albergue provisional e o centro de interpretación do camiño portugués.

A segunda modalidade é a de información móbil ao pé do Camiño. Os voluntarios distribuiranse en parellas, que patrullarán por etapas dos diferentes camiños.

En terceiro lugar, o programa inclúe o voluntariado de acompañamento, pensado para axudar na coordinación e guía dos grupos organizados que así o soliciten.

Por último, porase en marcha o voluntariado da sabedoría para que as persoas maiores das localidades polas que pasa a Ruta Xacobea sexan os claros protagonistas para transmitir as súas experiencias en torno ao Camiño.

Os interesados en participar na iniciativa do Goberno galego poderán recibir máis información na páxina web www.voluntariadogalego.org e tamén no teléfono solidario 900 400 800.

 

Venres, 16 de abril de 2010  

Ruta del Europincho y Feria de Antigüedades este fin de semana en Tui

La Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui, ACITUI, en colaboración con el  ayuntamiento, organiza para este fin de semana la Ruta del Europincho, que se celebrará  a partir del viernes por la tarde, el sábado todo el día y el domingo hasta el mediodía. En la Ruta del Europincho participarán 11 establecimientos de hosteleria asociados a Acitui, que ofrecerán pinchos variados por un euro.  Los establecimientos que participan en esta ocasión son el Parador de Turismo, La Jamoneta, Happy Pizza, Tapas e Viños, Café-Bar Scala, Santa Columba, Restaurante San Telmo, Factory Café, Bodegón Don Sancho, Val Remesal y La Fabrica.

Por otro lado, todos los que se acerquen a Tui también tendrán la posibilidad de comprar artículos  en la VIII Feria de Antigüedades que se celebrará el sábado, día 17, en el Paseo de la Corredera a partir de las 10.00 de la mañana hasta las 20.00 horas. Los objetos antiguos cobrarán protagonismo en este mercadillo, donde además de estar expuestos se podrán adquirir gran variedad de antigüedades procedentes de distintos puntos de Europa.

Acitui anima a todos los que este fin de semana se acerquen a Tui a que curioseen por el mercadillo de antigúedades,  prueben los exquisitos pinchos y disfruten de la ciudad.

 

Presentación no Concello de Tui do Certame Zonal de Bandas de Música

Hoxe, venres, ás 11.30 horas, vaise presentar na sala de reunións da Casa do Concello de Tui o Certame Zonal de Bandas de Música zona Sur organizado pola Deputación de Pontevedra coa colaboración do Concello de Tui.  O certame vaise celebrar este sábado, 17 de abril, a partir das 16.00 horeas no Teatro Municipal de Tui.

A presentación correrá a cargo do deputado provincial, José Juan Durán, do alcalde de Tui, Antonio Fernández Rocha, e do concelleiro de Cultura, Moisés Rodríguez.

 

A avoa de Tui cumpre hoxe 108 anos

Hoxe venres, 16 de abril de 2010, a “Avoa de Tui” dona Palmira Paramos Filgueira, veciña de Caldelas, celebra o seu 108 aniversario, por este motivo, o alcalde, Antonio Fernández Rocha, en nome e representación da corporación e dos veciños e veciñas de Tui, achegarase até a casa de Palmira Paramos, ás 17.00 horas, para felicitala nesta data e facerlle entrega dun agasallo.

Tamén a Asociación Sociocultural A Insúa de Caldelas vai facerlle unha festa de aniversario a Palmira. Será o domingo, ás 12 do mediodía, na carballeira da igrexa. En caso de choiva realizarase no Centro Cultural. A Asociación convida a participar a todos os veciños.

 

O CB Tui xoga a liga de ascenso

O CB Tui xógase esta fin de semana o ascenso a liga nacional. A última vez que chegaron a unha liga de ascenso foi hai 12 anos.

No programa Día a Día da RMT estiveron Nico Montes, director Deportivo; Ángel Aldea, coordinador das categorías infantís e capitán do equipo senior, e Jano Durán, xogador do Senior A e B.

Nico Montes epxlicaba que ao comezo da temporada o obxectivo fixado tanto do equipo Senior A coma do B era competir polo ascenso algo que veñen de lograr e que disputarán esta fin de semana.

Deste xeito resárcense da mala sorte que tiveron a temporada anterior onde tras ser campión de inverno lles fixaron o adestrador, lles custou atopar un novo e perderon as posibilidades de estar arriba. Seguiron confiando no proxecto e esta fin de semana tentarán o ascenso.

Jano Durán apuntaba que fixeron unha temporada moi regular ao estar moi ben planificada, con 15 victorias e 2 derrotas.

Hai catro anos, cando iniciaron este novo proxecto, buscaron potenciar sobre todo a canteira e as categorías bases, de xeito que o equipo se sentise coma propio.

O primeiro partido vano xogar hoxe, venres ás 20.30 horas fronte ao Universitario Campus Ourense, un equipo xove, con moito ritmo que porá o CB Tui as cousas complicadas, de feito foi un dos dous equipos que lles gañaron na liga regular.

O sábado, ás oito da tarde, enfrontaranse ao CB A da Coruña do grupo Norte, un equipo descoñecido para o CB Tui. E por último o domingo, ás 10.30 horas, enfrontaranse ao Gayolo Ford.

Para que quen o desexe poida acudir aos partidos o concello de Tui pon un autobús para os desprazamentos a Santiago.

 

I Encontro Escolar Valença-Tui hoxe no CEIP nº2

As instalacións do CEIP nº2 de Tui e do novo pavillón de deportes acollen, hoxe, o I Encontro Escolar de Tui-Valença. No mesmo van participar   180 nenos de 3º e 4º de Primaria do CEIP nº2 de Tui e da Escola de Educación Primaria de Valença.

Para falar desta iniciativa estiveron no programa Día a Día a concelleira  de Educación de Tui, Patricia Ricón, o Director do CEIP nº2, Jesús Beamonde, e a profesora deste centro, María del Carmen Seves.

A Concelleira Patricia Ricón, apuntaba a importancia de establecer esta relación transfronteiriza dende pequenos para que continúe cando sexan maiores.

Este I Encontro Escolar Tui-Valença  vaise desenvolver co seguinte programa

Ás 10.15 horas. Recepción dos Alumnos do Colexio de Valença e organización de equipos, mediante sorteo, tendo en conta que cada equipo ten que estar formado por nenos dos distintos colexios e das distintas clases dos mesmos.

Ás 10.30 horas. Comezo da Xornada de Xogos Populares Galegos e Portugueses, no patio do Ceip Nº2 de Tui. Haberá 8 xogos, polo que tamén se formarán 8 equipos, cada equipo comezará a xogar na actividade que corresponda co seu número. Os nenos estarán 10 minutos en cada xogo e o sinal por megafonía rotarán ao seguinte.

Ás 12.00 horas. Remate da Xornada de Xogos Populares e Descanso para merendar.

Ás 12.30 horas. Partido Simbólico entre Galicia e Portugal. Na primeira parte os nenos xogarán representando ao seu centro educativo (1 porteiro e 3 nenos e 3 nenas). Na segunda parte, repartiránse as camisetas simbólicas e segundo a cor que lles toque, xogarán no equipo laranxa ou verde, tentando que en ambos equipos cadren escolares de ambos colexios.

Ás 13.15 horas. Acto de Clausura. Canción do Mundial cantada polos nenos de ambos centros e presenza de representantes do concello, Cámara de Valença, directores e asociacións…

Ás 13.30 horas. Despedida .

 

Os nacionalistas piden a apertura do Museo Municipal

            O BNG presentou unha moción na última sesión plenaria do concello, pedindo o apoio do resto dos corporativos para obrigar ao concelleiro de Cultura, e ao propio alcalde,  a abrir o Museo Municipal dispondo de fondos, usos e funcións propias dun museo, que con esa finalidade, din desde a formación nacionalista, foi rehabilitado. Pedía o BNG que dunha vez por todas deixe de ter o aspecto desanxelado que agora mesmo ofrece, e lembra que na planta superior do edificio hai un espacio duns 600 metros cadrados totalmente baleiros, espazo que é o propio do Museo, e que podería ofrecer unha exposición permanente.

 

Xoves, 15 de abril de 2010  

Exposición sobre o Cambio Climático no Centro Comercial Haley

O Centro Comercial Haley acolle estes días unha exposición titulada “O Cambio Climático. O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción”. A mostra está producida polo Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia, CEIDA, e polo Instituto Enerxético de Galicia, INEGA.

A mostra forma parte dun ciclo de exposicións que dende o pasado 2 de febreiro e ata o 19 de xuño están a percorrer os establecementos Haley do grupo Gadisa.

Con esta iniciativa Gadisa e o CC Haley de Tui pretende levar e difundir a exposición entre os centros educativos, e asociacións culturais e medioambientais, para dar a coñecer o problema ambiental do cambio climático, informando sobre as súas causas e consecuencias a nivel global e tamén en Galicia.

 

Concerto na Viñoteca de García

A Viñoteca de García acolle hoxe xoves ás nove da noite un novo concerto. Esta vez correrá a cargo de Najla Shami e Héctor Lorenzo.

 

O Kaiak Tudense gañou a Regata Nacional de 1000 metros

O Club Kaiak Tudense impúxose na fin de semana na Regata nacional de 1000 metros disputada en Verducido, Pontevedra.

O Club Kaiak Tudense obtivo 5 medallas de ouro, 2 de prata e 2 de bronce. Amais obtivo 902 puntos, co que liderou a clasificación xeral por clubs, seguidos a gran distancia polo Club As Torres con 523 puntos, sendo terceiros os Baleares do Real Club Náutico de Palma con 333 puntos.

A nivel individual José Luís Bouza segue demostrando un gran poderío en C1 e obtivo a primeira praza, avantaxando en tres segundos ao segundo clasificado, o que pon de manifesto o seu gran estado de forma.

En K1 senior Jovino González foi quinto nunha moi disputada final, onde Víctor Rodríguez clasificouse en décimo lugar. Estes dous padeeiros do Club Kaiak Tudense gañáronse a súa praza para a concentración de K4 1000 metros que se está a celebrar aquí en Tui. Desta concentración sairá o K4 que representará a España na primeira copa do Mundo, en Vichi ( Francia).

Xa en barcos de equipo, o C2 senior de José Luís Bouza e Daniel Costa obtivo a primeira posición nunha espectacular regata onde gañaron cun gran rexistro.

En K2 senior Óscar Carrera e Roberto Rodríguez foros segundos nun apertado sprint final con Emilio  Merchán (actual Campión do Mundo de k2 1000 metros ) e Álvaro Fernández (Actual Campión do Mundo de k2 en Maratón), os cales avantaxaron á tripulación Tudense tan só por 65 centésimas. Non moi lonxe destes dous barcos situáronse Diego Piña e Víctor Rodríguez tamén do Kaiak Tudense que foron terceiros a un segundo dos primeiros clasificados, entre este tres barcos fixo falta a axuda da foto finish para aclarar o tres primeiras posicións. Nesta mesma final Jovino González e Iván  Alonso foros os sextos clasificados.

En k2 muller senior Ana Varela e Leticia Piña foron quintas na final, mentres que no k4 elas dúas xunto a Silvia Vázquez e Ana Bouza lograron a terceira posición.

En k4 home senior tras cinco anos invictos a tripulación de Diego Piña, Jovino González, Iván Alonso e Víctor Rodríguez foron segundos tras a embarcación do Club Piraguamadrid do Campión Olímpico Saúl Cravioto, téndose novamente que axudar da foto finish para dilucidar o gañador.

Nesta mesma final a embarcación do Kaiak Tudense formada por Roberto Rodríguez, Joan Ardit, Jaime Sobrado e Óscar Carrera foi cuarta, tamén en dura loita cos terceiros clasificados , o k4 do outro Campión Olímpico Carlos Pérez (Perucho).

Na categoría Junior o C2 de Luís Morades e Carlos Méndez clasificáronse en primeira posición , eles dúas xunto a Adrián González e David Casaleiro tamén lograron a vitoria no C4 Junior.

Tamén logrou a medalla de ouro o K2 muller junior de Carla Pérez e Silvia Rodríguez.

A seguinte regata de pista será dentro de e tres semanas, a regata nacional de 500 metros que se celebrará no mesmo escenario.

  

A venta de terreos municipais aos promotores inmobiliarios deixa ao concello sen terreos onde situar a Escola Infantil

Este é o terceiro goberno galego que firma un documento para a construción dunha gardería infantil en Tui, e nunca se chegou a levar a cabo por falta de terreos de propiedade municipal, segundo din os socialistas tudenses.

A política urbanística do alcalde, engaden desde esta formación, levou a que o concello non dispoña de terreos públicos onde ubicar os distintos servizos necesarios para a cidade e aseguran desde o PSdeG, que o 10 por cento das parcelas urbanizadas que por lei lle corresponden ao concello foron vendidas aos promotores con prezos simbólicos.

A opinión do Grupo Municipal Socialista é que se compre a finca da Lagarteira con espazo suficiente para instalar os servizos necesarios para a cidade.

Para os socialistas a intención do goberno municipal é construír nos terreos do instituto San Paio, que son propiedade da Consellería de Educación, non só a Escola Infantil senón tamén o Centro de Dia, pero estes terreos non son os idóneos pois o acceso pola rúa Colon, unha vía principal con intenso trafico, non conta con espazo onde parar ou aparcar para deixar ou recoller a os nenos, e no futuro, aos maiores do Centro de Dia.

O grupo Municipal Socialista esíxe a o alcalde que solucione o problema sen xerar outros e lembran que os alumnos do instituto tamén necesitan espazo dentro do recinto, xa que nos recreos non poden saír a rúa.

Respecto ao Centro de Saúde, o PSdeG coida que xa debería estar moi avanzada a súa construción, pois hai máis dun ano que se redactou o proxecto e a estas alturas está esquecido nun caixón da Consellería de Sanidade á espera dunha foto para consideralo un logro do actual goberno.

 

Mércores, 14 de abril de 2010  

A Biblioteca Municipal de Tui celebra onte o “Día do Libro Infantil e Xuvenil”

Aínda que tradicionalmente o 2 de abril, aniversario do nacemento de Hans Christian Andersen, celébrase en todo o mundo o “Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil” neste ano 2010 e dada a celebración da Semana Santa, trasladou esta afemérede ao luns 12 de abril, aínda que no caso tudense ao ser a festividade de san Telmo pasouse esta celebración ao martes 13 de abril.

A Biblioteca Municipal sumouse a esta festa coa realización dunha pequena escolma das últimas novidades recibidas na Biblioteca de libros para os nosos máis pequenos usuarios así como das obras de Hans Christian Andersen existentes no fondo bibliográfico da Biblioteca Municipal. Completáronse as actividades do Día coa distribución entre os rapaces que participaron nesta xornada ao centro bibliotecario da mensaxe realizada en España pola OEPLI (Organización Española para o Libro Infantil).

Con estas actividades a Biblioteca Municipal de Tui participou na celebración desta xornada e comeza a preparar a súas actividades do “Mes dos Libros” que nos inicios das vindeira serán presentados e que abranguerán un amplo abano de actividades dende o 23 de abril ata finais do mes de maio.

O concelleiro de Cultura tudense, Moisés Rodríguez Pérez, manifestou que esta celebración amosa o dinamismo deste centro bibliotecario que tenta ofertar actividades dirixidas aos diversos segmentos de idades, dende o convecemento de que a lectura amais de contribuír á formación integral das persoas é unha óptima ferramenta para o lecer dos veciños.

  

O secretario xeral para o Deporte visita o Club Kayak Tudense tras os seus resultados nos Campionatos de Inverno

            O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, visitou onte as instalacións do Club Kayak Tudense, que recentemente gañou o seu cuarto Campionato de España consecutivo e subiu ao podio dos torneos nacionais de inverno por décimo quinta vez, unha fazaña que ningún equipo acadou no medio século de historia da Federación.

Recibido polo presidente do club, Esteban Alonso; o tesoureiro, César Estévez; o segundo adestrador, Manuel Pedrales; e o alcalde de Tui, Antonio Feliciano Fernández Rocha, José Ramón Lete Lasa felicitou á agrupación polas grandes satisfaccións que ten dado ao deporte galego. O secretario xeral para o Deporte intercambiou impresións cos responsables da entidade e anunciou a entrada do Kayak Tudense na segunda fase do plan de patrocinios do organismo que dirixe, unha mostra do compromiso da Xunta cun equipo de referencia no piragüísmo galego e nacional. Lete Lasa destacou a súa intención de sacar máis partido ao río Miño como escenario de probas acuáticas polas excelentes condicións que posúe.

O Campionato de Inverno de Kayak é unha proba de avaliación da pretempada. Todas as categorías concéntranse na mesma sede durante dous días. Inclúe probas de 2.000 metros en liña contrarreloxo, nas que os participantes saen de cinco en cinco. Nos 5.000, pola súa banda, clasifícanse os 70 mellores da crono para a posterior entrega de medallas.

Os deportistas conseguiron 2.543 puntos nesta cita, pasando por diante do Club Madrileño, Piragüismo Aranjuez, e do Club As Torres Romería Vikinga de Catoira. A maiores dos logros do equipo na clasificación xeral, José Luis Bouza fíxose co ouro no C1 senior, mentres que en canoa, Manuel Garrido obtivo o bronce en sub23 e Adrián González logrou o mesmo resultado como xuvenil. Pola súa banda, Iván Alonso, membro do equipo nacional de maratón, acadou o cuarto posto no K1 senior.

O Kayak Tudense desprazou a 35 deportistas ao Campionato de Inverno, 33 dos cales puntuaron nas probas.

 

Martes, 13 de abril de 2010  

José Ramón Lete Lasa e Beatriz Mato visitan, hoxe, o concello de Tui

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, asiste, hoxe, ás 11.00 horas, á presentación da primeira regata de Dragones universitario coa presenza de David Cal, no Centro Interfederado de Remo

Posteriormente, ás 12 do mediodía, José Ramón Lete Lasa, visitará as instalacións do Club Kayak Tudense é recibira ao equipo proclamado recentemente campión de España de Inverno.

Por outra banda, ás 12.15 horas, a Conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitará o concello de Tui, onde manterá un encontro co alcaldena Ca sa do Concello.

   

A Biblioteca do IES San Paio delebra o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil

A OEPLI (Organización española para o libro infantil e xuvenil) e GÁLIX (Asociación galega do libro infantil e xuvenil) invitaron ás bibliotecas a celebrar o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil que este ano coincidiu coas datas festivas de Semana Santa, o que motivou o seu aprazamento para o luns 12 de abril que en Tui, por ser festivo local co gallo de San Telmo, pospúxose para hoxe.

As actividades previstas no IES San Paio para lembrar esta data, poñendo en valor o libro e a literatura xuvenil, consiste na lectura, protagonizada por un pequeno grupo de alumnos, da Mensaxe para este día redactada polo español Eliacer Cansino, en tódalas aulas do instituto. Ademais, no local da biblioteca, e ao longo de toda a mañá (8.45-14.25), haberá un  maratón de lectura de textos de literatura xuvenil con todos os grupos de 1º da ESO e un grupo de 3º acompañados do seu correspondente profesorado.

O equipo de biblioteca fixo a escolma dos textos que serán obxecto de lectura. Estarán os clásicos de sempre (Andersen, Irmáns Grimm, Charles Perrault, Collodi) e representantes da literatura xuvenil galega como Lourdes Maceiras, Dora e Pura Vázquez, Fina Casalderrey, Manolo Uhía, Xosé Agrelo, Xosé Ramón Carril ou Xosé Luna Sanmartín.

Amais dos textos dos autores citados incluirase, a modo de presentación, a mensaxe de Eliacer Cansino e dous pequenos ensaios, sobre a importancia desta literatura pensada para lectores nenos e adolescente, da autoría de Fernando Alonso (El más grande de los tesoros) e Gabriel Janer Manila (El rumor de los clásicos. Historias que fueron escritas para ser contadas).

Para saber máis desta efeméride e a escolma de textism pode acudirse ao apartado de biblioteca dentro da páxina web do instituto, no enderezo: http://centros.edu.xunta.es/iessanpaio/?q=node/497

 

Luns, 12 de abril de 2010  

Programa de Festas do luns 12 de abril, festivo local en Tui

Hoxe, luns, Día de San Telmo e festivo local na cidade, o programa das festas arranca coa Feira dos Cabalos que un ano máis se vai celebrar na rúa Loureiro. Haberá dende primeira hora compra e venda de gando, e logo distintas actividades ao longo da mañá.

Pola tarde á Banda de Música da Escola Naval Militar de Marín ofrece un concerto, con entrada libre, no Teatro Municipal, e á mesma hora entra na cidade a Banda de Guerra da Brilat Galicia VII.

Ás oito ofrecerá un recital  a orquestra Los Satélites que amenizará a verbena logo da procesión e da tirada de fogos de lucería.

 

Sábado, 10 de abril de 2010  

Obradoiro de piscina para lactantes

A Asociación pola lactancia materna Pinga Doce organiza hoxe, sábado, un Obradoiro de piscina para lactantes, de carácter gratuíto. Terá lugar ás doce menos cuarto no Centro Di-Som. Ten carácter gratuíto. Pódese acadar máis información no 654 88 35 86.

 

Inauguración da exposición “Arredores” en Trisquel e Medulio

Hoxe, sábado, ás 20.30 horas, terá lugar na Galería de Arte “Trisquel e Medulio” de Tui a inauguración da exposición “Arredores”. Trátase dunha mostra de pintura de Soledad Pite Sanjurjo. Coincidindo coa apertura haberá un miniconcerto de música tradicional a cargo de María Xosé López.

A exposición permanecerá aberta ata o 16 de maio.

 

Programa de Festas do Sábado

O deporte abre mañá sábado o programa festivo na cidade. Dende ás nove da mañá dispútase no Complexo deportivo Álvarez Durán o I Trofeo Internacional de fútbol 7 alevín e benxamín.

            Ás once da mañá comeza a celebrarse a VI Festa Gastronómica con polbo, ostras, filloas e viño albariño a prezos populares. Tanto a charanga Apeles coma a NBA amenizarán as rúas da cidade pola mañá e pola tarde.

            Ás 12h abre as súas portas no recinto do IES San Paio a Euromiño a Feira de Mostras e Comercio da Eurozona organizada por ACITUI coa colaboración do Concello de Tui. Na mesma haberá amais antigüidades, inchables, un espectáculo de break-dance, unha exhibición de grafitti, e actividades para nenos. A feira permancerá aberta ata ás dez da noite, e volverá abrir ás súas portas o domingo de 12 a 22h.

            Ás 17.00h no novo pavillón de deportes xógase un partido de balonmán de Primeira Autonómica Feminina entre os equipos C.B. Tui – Balonmán Coruña, e ao remate encontro entre o  C.B. Tui – Balonmán Narón da Segunda División Xuvenil Masculina.

            Ás seis e media da tarde celébrase no Teatro Municipal un Festival de Play-backs organizado pola Concellería de Cultura de Tui. A entrada é libre. Van participar os grupos de playbacks das Asociacións Culturais “Seixos Albos” de Areas, “San Fins” de Rebordáns, “Aloia” de Pazos de Reis, “A Insua” de Caldelas, “Santa Columba” de Ribadelouro, “O Mosteiro” de Pexegueiro e “Xuntanza” de Randufe. Tamén participará no festival o grupo de playbacks da Asociación de Discapacitados do Baixo Miño “Vontade”.

            Ás 18.45h haberá no Paseo da Corredoira Quedada Tunning. Na mesma Corredoira ofrecerá ás 19.30h un concerto a Banda de Música Xuvenil de Xinzo

            Por último a verbena da noite será amenizada polas orquestras Los Españoles e Capitol.
 

Programa de festas para o domingo

            O domingo continua o programa das Festa de San Telmo. Ás 10.45 celébrase o desfile exaltación do traxe galego dende a Área Panorámica ata a Catedral, coa participación das raíñas e damas das festas.

            Ás 11.00h Na rúa Compostela comeza a I Festa Degustación organizada pola Confraría Gastronómica do Bo Xantar. Haberá racións de empanada de sábalo, lamprea en escabeche, empanada de grelos, lacón e chourizo, e guiso de anguía a 3 euros a ración, incluíndo o viño da adega El Remesal. Serán servidas polos propios restaurantes.

            As charangas Mekanika e Apeles amenizarán as rúas da cidade ao longo do día. Mentres ás 12.30h fará un pasarrúas a Banda de Música Popular de Tui.

            Pola tarde ás 17.00h no Campo de Fútbol Municipal de Tui dispútase o partido de liga de Terceira Autonómica entre o Tyde F.C.- Oiense.

            Ás 18.30h no Paseo da Corredoira ofrecerá un concerto a Banda de Música Popular de Tui. E pola noite a verbena correrá a cargo das orquestras Trébol e Trobadores.

 

Concerto da Banda de Música da Escola Naval Militar de Marín

Cumprindo o que é xa unha tradición, a Banda de Música da Escola Naval Militar de Marín ofrecerá o próximo luns, 12 de abril, Día de San Telmo, un concerto na cidade de Tui, evento musical que se celebrará no Teatro Municipal ás 18.30 horas con entrada libre.

Dende hai anos a Banda de Música acode a Tui o luns de San Telmo para participar na solemne procesión do Santo, ofrecendo previamente un concerto que conta con gran afluencia de público.

Na actualidade esta Banda de Música está integrada por 44 compoñentes, que son profesores de música con distinta graduación xa que os seus compoñentes son suboficiais, cabos primeiros, permanentes e militares profesionais, todos eles instrumentistas de madeira, metal e percusión. Ao fronte da banda está o director Francisco García Hurtado. 

Esta agrupación foi creada en 1940 cando este centro castrense estaba aínda situado en San Fernando, en Cádiz. Tres anos despois foi trasladada a Marín onde dende entón realiza un importante labor. A súa principal tarefa refírese ao réxime interior rendendo honras, implementando o ritmo nas paradas militares, xuras de bandeira, despedidas e chegadas de alumnos e buques e outras cerimonias.

Amais a Banda da Escola Naval Militar participa tamén ao longo do ano en  procesións, concertos e certames e distintos actos de carácter militar.

 

Hoxe e o domingo haberá unha exhibición de artesáns torneiros co gallo da exposició “Contornos” que se pode visitar na Área Panorámica

Co gallo da celebración esta fin de semana das festas de San Telmo, na exposición “Contornos”, organizada pola Fundación Centro Galego de Artesanía e Deseño, da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia, aberta ao público no edificio “Área Panorámica”, haberá ao longo de hoxe e tamén mañá, domingo, unha exhibición de artesanía a cargo de torneiros de madeira procedentes do concello as Pontes que realizarán traballos de torneado da madeira co obxectivo de contribuír ao achegamento entre sociedade e artesanía, así como á apertura de novas posibilidades de creación e de divulgación para a tornería artesanal de Galicia.

O horário da exhibición será de 18.00 a 20.30 horas, e o domingo de 12.00 a 14.00 e de 18.00 a 20.30 horas.

A III Exposición de Madeira Torneada “Contornos recolle o traballo de 38 autores procedentes de Galicia, A Rioxa, Navarra, Andalucía, Cataluña, Asturias, País Vasco, Illas Baleares, Illas Canarias, Madrid e Francia, que amosan un total de 50 pezas de madeira torneada de alta calidade artesanal e artística.

Os protagonistas da mostra e desta exhibición son tanto torneiros profesionais consolidados como artesáns afeccionados, novos valores creativos para o sector, que demostran que a tornería é un oficio vivo, con grandes posibilidades de desenvolvemento no futuro. Os autores que este ano participan na exposición itinerante “Contornos” son Jesús Abad Hernández, Jorge Anllo Sanjurjo, Alfonso Arrieta Aniz, Eduardo Bautista Bustos, José Luis Bernat Varela, Antonio Blanco de la Piñera, Francisco Boyero Cañas, José Antonio Buíde Mouriz, Manuel Castro Romero, Francesc Dasquens Mateu, Jean François Delorme, Jean François Escoulen, José Andrés Flórez García, Gabriel Fuentes Nieto, Jesús García Albá, José García Otero, Juan José González Redondo, Julio Guntín Currás, Jesús Iglesias Pereira, Guillermo Lamberti Fernández, Antonio Justo López, Miguel López Aznar, José López Rubio, Yann Marot, Juan Carlos Moreira Pereiro, José Pena Pena, Manuel Antonio Piñeiro Pouso, Toni Porto, Juan José Porto Suanzes, José Ramón Rego Chao, Alberto Rodríguez Merino, Ricardo Rodríguez Morales, Rafael Saigí Domínguez, Ana Santiago Urkijo, José Suárez Regueiro, Lurdes Ulazia Aizpurua, Fernando Vérez Tojeiro e Fernando Vigo García.

O concelleiro de Cultura tudense, Moisés Rodríguez Pérez, amosou o seu agradecemento á Fundación Centro Galego de Artesanía e Deseño pola colaboración desenvolvida co concello de Tui para a presenza na cidade desta exposición e da mostra de artesanía en vivo, sumando así un novo atractivo ao programa das festas patronais de San Telmo.

 

Venres, 9 de abril de 2010  

Arte e Integración na Área Panorámica de Tui

Hoxe, venres, 9 de abril, terá lugar no Teatro Municipal da Área Panorámica de Tui unha representación teatral, dirixida por Cristina Lago e Yolanda Honrubia, interpretada por 7 bailaríns e 5 músicos que forman parte da Fundación Igualarte.

Este acto no que participan a Fundación Igualarte e o Centro San Xerome, está organizado pola ANPA do Centro San Xerome e a Concellería de Cultura do concello de Tui. Trátase dunha metáfora  sobre situacións da vida cotidiá que consta de 4 actos: 1. Metálico, 2. Momentos, 3. Nu, 4. Elástico, cunha duración aproximada dunha hora.

Na obra reflexiónase  sobre "Saio da casa. Un día empeza e outro remata, a xente na rua é igual e distinta. Busco un son amigo, as veces encóntroo e outras non. Eu, en min mesmo, nu e afónico"
A  compañia artística IgualArte, unha realidade

Tras estes anos de traballo da fundación nace a compañía artística, encargada de levar ás rúas e aos distintos escenarios, os diferentes eventos artísticos producidos pola fundación.

Para inaugurar esta nova etapa dunha das mellores formas posíbeis, a fundación fai realidade o espectáculo Son Nu, que combina varias das disciplinas artísticas que as rapazas e rapaces de IgualArte poden desenrolar nas diferentes áreas da fundación.

 

47 artistas e afeccionados participan na IV Exposición Colectiva de Artistas Tudenses

A Concellería de Cultura do Concello de Tui organiza a cuarta edición de “Artuistas: exposición colectiva de artistas tudenses” que foi inaugurada o pasado sábado 3 de abril na Sala Municipal de Exposicións no edificio Área Panorámica.

Nesta mostra reúnese unha escolma da producción dun total de 47 creadores e afeccionados vencellados á cidade de Tui, ben por nacemento ou por residencia, e como apuntou o concelleiro de cultura, Moisés Rodríguez Pérez, no decurso do acto inaugural, esta exposición colectiva dende a súa ampla diversidade de técnicas e calidades, amosa o vigor e a potencialidade creativa das xentes de Tui.

Nesta nova edición de “Artuistas” os participantes exhiben únicamente unha obra; con esta medida a Concellería de Cultura tudense busca que esta mostra colectiva teña unha máis axeitada presentación pois en anteriores edicións o excesivo número de obras participantes dificultada que as mesmas poidensen amosarse cun mínimo de calidade.

Nesta exposición que estará aberta ao público ata o vindeiro 24 de abril os visitantes poden contemplar obras de artistas de recoñecido prestixio como José Luis Méndez Rodríguez “Lis”, Xavier de Sousa ou Suso Valiente ata un amplo número de afeccionados. Esta ampla diversidade é unha das notas características desta exposición colectiva que suscita un amplo interese entre os veciños de Tui e os visitantes que se achegan nestas datas festivas.

Para a Concellería de Cultura tudense a realización de esta IV Exposición colectiva de artistas tudenses é unha oportunidade única de amosar como as xentes de Tui teñen unha ampla capacidade de creación artística. Moisés Rodríguez agradece a todos os participantes o seu interese por amosar a súa producción e a colaboración prestada coa Concellería para lograr reunir este amplo abano da capacidade artística das xentes de Tui.

 

A Semana Santa disparou a chegada de peregrinos a Tui polo camiño portugués

As cifras falan por si mesmas; un total de 216 peregrinos que decidiron pernoctar no Albergue de Tui só no mes de marzo. O bó tempo e a coincidencia coa festividade de Semana Santa foi o pulo necesario para encher Tui de visitantes. O número está por riba do doble do último Ano Xacobeo  (106 peregrinos en marzo de 2004) e, comparando con outros anos, as cifras son excepcionais: 35 peregrinos en marzo de 2008 e 85 peregrinos en marzo de 2009. Estas cifras converten ao albergue tudense nun dos que posúe máis movemento do camiño portugués. Pero nos dous primeiros días do mes de abril as pernoctacións case chegan á centena, en concreto 96 peregrinos.

Tamén na Catedral atópanse cifras alentadoras: máis de 1.100 credenciais expedidas pola Catedral de Tui o que supón máis dun milleiro peregrinos que tomaron Tui coma punto de partida do Camiño potugués. A estes habería que sumar os milleiros que pasan pola Catedral provenientes de etapas anteriores do roteiro portugués e que xa posúen a súa credencial. Números que abraian tanto na Catedral como no albergue estes días.

Na oficina do peregrino en Santiago de Compostela informan de que foron 5.877 os peregrinos que selaron a Compostela na capital, acadando así o Camiño Portugués un 15% do total dos peregrinos. Coma tódolos anos, o Camiño Francés está á cabeza dos roteiros, seguido do portugués.

Aínda que a maiora realizan o seu percorrido a pé, son numerosos os peregrinos que veñen en bicicleta e mesmo un numeroso grupo a cabalo comezou o pasado xoves o seu percorrido xacobeo na ponte internacional tudense.

Cabe destacar que os peregrinos reciben con sorpresa e fascinación a beleza da cidade de Tui, descoñecida para moitos. Os visitantes destacan a paisaxe e a riqueza patrimonial da cidade como clave do seu encanto.

O concello de Tui por medio do seu concelleiro de Cultura amosa a súa satisfacción pola consolidación da cidade como a auténtica porta de entrada en Galicia do camiño portugués como vén reflectido nos datos estatísticos aportados. Os peregrinos que preparan o seu itinerario de peregrinación escollen a Tui como inicio do seu camiño ou como etapa da súa peregrinaxe tanto polos seus recursos turísticos, coa Catedral como gran atractivo, como polos servizos de atención aos peregrinos que oferta este municipio.

O traballo desenvolvido a través do perfil de facebook, da promoción xornalistica, da edición e distribución de folletos colleita agora os seus froitos. Pero Moises Rodríguez Pérez salienta que esta Semana Santa foi só un avance do que se agarda para os vindeiros meses cando o número de peregrinos sen dúbida se incrementará.

A creación dun abergue provisional e a apertura do centro de interpretación do camiño portugués, son medidas de inmediata concreción que contribuirán a favorecer e mellorar a acollida aos peregrinos que transitan por Tui cara a Santiago de Compostela. A recente apertura dun albergue privado corrobora tamén a puxanza do fenómeno xacobeo nesta cidade.

 

Euromiño: Feria de Muestras y Comercio de la Eurozona del Miño

La Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui, ACITUI, en colaboración con el  ayuntamiento, la dirección del Instituto San Paio y la Escuela Superior Gallaecia, organiza los días 10 y 11 de abril, coincidiendo con el fin de semana de San Telmo, la I Fería Euromiño, Feria de Muestras y Comercio local de la Eurozona del Miño.

 Se celebrará  a partir del sábado por la mañana en el pabellón del Instituto San Paio. El horario será de 12 del mediodía a 10 de la noche. En esta feria participan  gran variedad de los establecimientos asociados, tanto de comercio textil como de hostelería para exponer y poner a la venta sus productos.

En está fería también colaboran comerciantes de las asociaciones que forman Fespo, entre ellos Porriño, Val Miñor y Tomiño. Todos ellos ofrecerán productos típicos de sus zonas o productos que no compitan con los asociados de Acitui.

Entre los puestos que participan se podrá encontrar artesanía, antigüedades, cerámica, artículos de regalo, textil para todas las edades, degustación de productos, pastelería, zapatería, decoración, marionetas.  Esta feria tendrá lugar en el interior del Instituto San Paio.

Bordeando el pabellón, en el exterior, se pondrán los puestos de antigüedades, que tendrán a la venta gran variedad de objetos traídos de distintos puntos de Europa.

Además habrá actividades complementarias para todas las edades como asociaciones culturales y de folclore, que con su música y sus bailes animarán a todos los que se decidan visitar la feria. Los más pequeños podrán de hinchables de forma gratuita en horario de 12.00 a 14.00 y de 17.00 a 19.00. Otras actividad de animación será la actuación de un grupo de break-dance, de 19.00 a 21.00 horas. Estos eventos se repetirán  a la misma hora el domingo.

La entrada para todo el público que desee acercarse a Euromiño será gratuíta.

La organización de este evento, se realiza desde Acitui para fomentar  y animar a la gente a que se acerque a Tui y disfrute de las fiestas del patrón, San Telmo.

Programa de actividades:

SÁBADO DÍA 10

12:00-14:00 h: Actuación do Grupo de Música Popular a Feitosa (Ponte de Lima)

19:00-21:00 h: Actuación do Grupo de Break Dance Fusion Flow (Tui)

 

DOMINGO DÍA 11

13:00 h: Actuación do grupo folclórico da Asociación Cultural Laxes (Paramos)

17:00-19:00 h: Actuación do Grupo de Música Popular a Feitosa (Ponte de Lima)

 

E ademais…

Actividades para nenos de 12:00 a 14:00 h e de 17:00 a 19:00 h: inchables, bufóns, ect.

Feira de antigüidades de 12:00 a 22:00 h: 20 postos de mostra e venda de antigüidades chegadas de distintos puntos de Europa no exterior do pavillón do IES San Paio.

Mostra e venda de produtos dos establecementos asociados de 12:00 a 22:00 h: no interior do pavillón do IES San Paio.

Participación de comerciantes das asociacións que forman Fespo de 12:00 a 22:00 h: mostra e venda de produtos típicos das súas zonas.

Exposición de pesca tradicional do Río Miño: obxectos e fotos antigas da pesca tradicional no Río Miño.

Mostra e venda de produtos típicos do norte de Portugal

 

Actos relixiosos nas festas de San Telmo

Continúan os actos relixiosos organizados pola Confraría de San Telmo co gallo das festas do patrón da cidade.

Hoxe ás oito da tarde continúa a novena na Catedral, e comeza o triduo que se celebrará cada día, ás 20.30 horas, ata o domingo presidido por Ignacio Domínguez González. Hoxe a misa será cantada polo Coro Clásico de Vigo, mañá sábado pola Coral Polifónica da Guarda, e o domingo pola Coral Sportiva de Ponteareas.

O domingo pola mañá ás 11.30 horas terá lugar a misa ofrenda a San Telmo por nenos e maiores ataviados co traxe rexional. A misa será presida por Ricardo García, prior da Confraría de San Telmo.

Xa o luns, festivo local en Tui, e día de San Telmo, dende ás 8 da mañá e ata ás 10 haberá misas na capela do Santo. Ás 11 horas terá lugar na Catedral a misa concelebrada, cantada pola Coral da S.I. Catedral,  seguida da procesión das reliquias pola Coronilla.

E por último, ás nove da noite, sairá da Catedral a Procesión de San Telmo. Ao seu remate terá lugar na Praza de San Fernando a ofrenda floral ao Santo. Na mesma a Coral da S.I. Catedral e a Banda da Escola Naval Militar de Marín interpretarán a Salve Mariñeira e o Himno a San Telmo.

 

Programa de festas para hoxe venres

Entramos na fin de semana grande das Festas de San Telmo. Hoxe venres ás catro e media remata na Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica a VI Semana de Cine Infantil coa proxección da película “Lluvia de albóndigas”.

Ás seis da tarde abrirá as súas portas no recinto do CEIP nº2 “Expoagro 2010”. Esta feira, que se poderá visitar ata o luns, amosará ás últimas novidades en maquinaria agrícola.

Media hora despois, ás 18.30 horas, no Paseo da Corredoira comeza o Karaoke Infantil. Ao seu remate serán entregados os premios do Concurso de Debuxo celebrado o pasado mércores.

Ás 21.00 horas, no Teatro Municipal dentro da Semana do Teatro Afeccionado representase a obra “Son nú” da Fundación Igualarte e actuación do grupo Xerock do Centro San Xerome. As entradas teñen o prezo dun euro e póñose á venda ás 19.30 horas.

Ás dez da noite no Paseo da Corredoiro dá comezo o Karaoke de Adultos. E ás doce e media, no mesmo Paseo actúa o  grupo “La Comandancia”.

 

Exhibición de torneiría en madeira na Área Panorámica

Continúa aberta na planta baixa da Área Panorámica a exposición “Contornos”  de madeira torneada. Hoxe pódese visitar de 12 a 14 e de 17.30 a 19.30 horas. Mañá, sábado, e o domingo, abrirá de 12 a 14 e de 18 a 21 horas. Neste horario na fin de semana haberá amais unha exhibición de torneiría en madeira.

 

Xoves, 8 de abril de 2010  

Cea de confraternidade de “Levadalibre”

O mércores, 14 de abril, o colectivo  cidadá "Levadalibre", celebrará unha degustación de viños das Terras da Turonia e cea de confraternidade no parador San Telmo de Tui, sendo o prezo de dito acto de 22 euros.

A cea terá lugar ás 21,00 horas. As persoas interesadas poden dirixirse ao número de móbil 628 63 50 50 para inscribirse, rematando o prazo para facelo o sábado, día 10, ás dez da mañá.

  

Un torneo de minibasket abre hoxe o programa de festas

Un torneo de minibasket abre hoxe o programa deportivo de Festas en Tui. Ás catro da tarde no vello Pavillón de Deportes dispútase o I Torneo Internacional de Minibasket cos equipos Paredes de Coura – Ponte de Lima – C.B. Tui.

Ás catro e media, na Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica, dentro da VI Semana de Cine Infantil, proxéctase a película “Up”.

A Catedral de Tui acolle ás oito á novena seguida da misa presidida por Agustín Sobral, coa Coral Mª Auxiliadora de Vigo e ofrenda das irmás Doroteas

Por último ás nove da noite Teatro Municipal actúa o grupo de teatro “Mesturanza” da Asociación Cultural “Seixos Albos” de Areas, que pon en escena a obra “As fillas do Taberneiro”. A entrada ten un custo dun euro e a súa venda iníciase ás 19.30 horas no despacho de billetes.

 

Mércores, 7 de abril de 2010  

Mario Conde nomeado Confrade de honra da Confraría Gastronómica do Bo Xantar

A Confraría Gastronómica do Bo Xantar de Tui vai  nomear a Mario Conde coma Confrade de Honra o próximo venres, 9 de abril. O acto,  aberto ao público en xeral, terá lugar a partir das 12.30 horas, no Parador de Turismo San Telmo de Tui, onde Mario Conde recibirá a capa e a boina da Confraría.

Ángel Alonso, membro da Confraría, presentará o acto para dar paso ás intervencións de Antonio Moledo, presidente da Confraría Gastronómica do Bo Xantar, e do propio Mario Conde.

A Confraría Gastronómica do Bo Xantar creouse o ano pasado integrada por oito restaurantes locais: Sombra Boa, Cabalo Furado, Don Sancho, Alfonso I, Parador de Turismo, Remesal, El Molino e  Cruceiro do Monte. O seu obxectivo é  promocionar a gastronomía local.

En 2009 nomearon coma confrades de honra ao alcalde de Tui, Antonio Fernández Rocha, e ao pregoeiro das Festas de 2009, Alberto Sereno.

 

Hoxe celébrase o Día do Neno nas Festas de San Telmo

    Hoxe celébrase o Día do Neno nas Festas de San Telmo.

    Os cativos participarán esta mañá no Concurso de Debuxo que dende ás 11.30h se vai celebrar no claustro da Catedral. A entrega de premios será o venres ao remate do karaoke infantil.

    Pola tarde, ás 16.30h, proxectarase “Corazón de tinta” na Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica, dentro da VI Semana de Cine Infantil.

    Ás 20h na Catedral proseguirá a novena seguida da misa presidida por D. Juan Jose González, na que actuará a Coral de Entienza e fará a ofrenda as Irmás de San Vicente de Paúl.

    Ás 21h no Teatro Municipal o grupo de teatro Atalaia do Centro Sociocomunitario de Tui presenta “A Herdanza”. O prezo da entrada é 1€ e pódense mercar dende ás 19.30h no despacho de billetes do teatro.

 

O sábado celébrase o II Festival de Playbacks

        Por segundo ano consecutivo a Concellería de Cultura de Tui organiza durante as Festas de San Telmo un Festival de Playbacks no que van participar os grupos locais.  A cita será o sábado día 10 ás 18.30h no Teatro Municipal con entrada libre.

    Os grupos das distintas asociacións culturais que existen no municipio levan xa semanas ensaiando as súas postas en escena para esta gran cita. Aquí imitarán aos seus artistas preferidos ou farán parodias dos seus concertos. Van actuar os grupos de playbacks das Asociacións Culturais “Seixos Albos” de Areas, “San Fins” de Rebordáns, “Aloia” de Pazos de Reis, “A Insua” de Caldelas, “Santa Columba” de Ribadelouro, “O Mosteiro” de Pexegueiro e “Xuntanza” de Randufe. Tamén participará no festival o grupo de playbacks da Asociación de Discapacitados do Baixo Miño “Vontade”.

 

Martes, 6 de abril de 2010  

A lectura do pregón deu comezo as Festas de San Telmo

    Co acto solemne de coroación das raíña e a lectura do pregón no Teatro Municipal o sábado comezaron de xeito oficial as Festas na honra a San Telmo. O alcalde, Antonio Fernández Rocha, dirixiuse aos presentes lembrando que dende hai sete séculos os tudenses teñen a San Telmo coma patrón. Apuntando que os tudenses teñen recoñecido a súa santidade sen agardar recoñecemento oficiais.

    Aludiu amais o rexedor tudense, neste Ano Santo, á condición de San Telmo coma peregrino. Puxo de relevo o feito de que Tui é a porta do camiño portugués en Galicia, apuntando que polo mesmo peregrinaron dende o bispo de Porto, D. Hugo, o primeiro peregrino do que se ten constancia escrita- ata os milleiros de fieis que tiveron acollida na catedral e no seu inmediato hospital. Dicía amais que lembraba esta circunstancia, “cando se pretenden crear novos roteiros xacobeos carentes de tradición e historia é unha obriga que como Alcalde de Tui non podo deixar de asumir”.

    A continuación tiña lugar a lectura do pregón a cargo de José Areses Vidal, quen lembrou en primeiro lugar aos seus antepasados, entre eles ao enxeñeiro Rafael Areses. Mencionaba no comezo do seu pregón que os que “teñen a sorte de nacer en Tui, posúen o privilexio de recibir coma herdanza unha serie de dons, coma a historia escrita en pedra, o río Miño, a cultura comercial de fronteira, o Monte Aloia e San Telmo”.

    Referíase a San Telmo para pór de relevo o seu amor pola natureza, indicando que se retiraba ao Monte Aloia a meditar. Un espazo que foi recuperado por Rafael Areses, a quen se refería coma “figura innovadora en España da ecoloxía sostible, e aínda non suficientemente recoñecido” que foi amais o promotor da primeira festa da árbore.  Propuña Jose Areses no seu pregón “a creación do Xardín de San Telmo nesta cidade tan necesitada de zonas verdes” e pregaba ao Santo que “acepte esta ofrenda e outorgue outro dos seus numerosos milagres mariñeiros: que recupere para o Louro as troitas, az zamborcas e salmóns”.

    Concluía a súa intervención apostando pola conservación do patrimonio “que recibimos de San Telmo ao menos outros cunquerianos mil anos”.
 

Inauguración da exposición “Arredores” en Trisquel e Medulio

    Este sábado ás 20.30h terá lugar na Galería de Arte “Trisquel e Medulio” de Tui a inauguración da exposición “Arredores”. Trátase dunha mostra de pintura de Soledad Pite Sanjurjo. Coincidindo coa apertura haberá un miniconcerto de música tradicional a cargo de María Xosé López.

    A exposición permanecerá aberta ata o 16 de maio.

  

Unha excursión polo Camiño de Santiago abre o programa festivo de hoxe martes

    Unha excursión polo tramo que vai dende Tui ata a Ponte das Febres do Camiño de Santiago abre hoxe o programa de festas de San Telmo. A saída será ás dez da mañá dende a Catedral.

    As actividades proseguen ás catro e media da tarde coa VI Semana do Cine Infantil na Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica. Proxectarase a película G-Force.

    Ás 20h na Catedral proseguirá a novena seguida da misa presidida por D. Jose Luís Portela, na que actuará a Coral do Rosal e fará a ofrenda a Residencia San Telmo.

    Ás 21h no Teatro Municipal o grupo de teatro Caldemiños da Asociación Cultural “A Insua” de Caldelas porá en escena “Por borrachíns”. O prezo da entrada é 1€ e pódense mercar dende ás 19.30h no despacho de billetes do teatro. 

 

Luns, 5 de abril de 2010  

O Grupo Infotransxénicos de Tui informa da saída dun autobús gratuíto para asistir á manifestación en contra dos alimentos modificados xeneticamente

            O Grupo Infotransxénicos de Tui, informa a opinión pública en xeral que, por segundo ano consecutivo (no 2009 foi en Zaragoza),vaise celebrar en Madrid, o vindeiro día 17 do presente mes de abril, sábado, unha marcha manifestación en contra dos alimentos modificados xeneticamente, que se iniciará ás 11.30 horas na Porta de Alcalá e que rematará fronte ao Ministerio de Agricultura e Medio Ambiente.

            A Plataforma organizadora pon a disposición dos interesados en asistir á devandita marcha, un autobús gratuíto. Para reservar praza (adxudicaranse por orde de inscripción), deberase chamar aos teléfonos 981554147 ou ao 680118479 (Mª Ogando), onde darán toda a información relacionada co acto.

 

Xoves, 1 de abril de 2010  

60 persoas a cabalo inicia hoxe o Camiño a Santiago dende Tui

Un grupo de sesenta persoas iniciarán hoxe, xoves, en Tui a súa peregrinación, a cabalo, polo Camiño Portugués a Compostela. En dous días completarán o traxecto que vai dende esta cidade fronteiriza ata Santiago.

Estes peregrinos pertencen á Peña Cabalar Val do Louro de Ribadelouro, a unha peña cabalar de Caldelas, ambas de Tui, e a unha peña cabalar de Santa María de Tebra de Tomiño.

Ás nove da mañá cruzarán a vella Ponte Internacional, sendo agardados en Tui polo alcalde, Antonio Fernández Rocha, e polo Concelleiro de Cultura, Moisés Rodríguez, quen destaca o singular desta peregrinación a cabalo de tudenses e tomiñeses que elixiron esta ruta xacobea para o seu percorrido ata Santiago. Moisés Rodríguez fixo fincapé, unha vez máis, na importancia que ten Tui coma Porta de Entrada do Camiño Portugués, algo que están a constatar os numerosos peregrinos que realizan este traxecto a diario, e cos grandes grupos, como o de mañá, que percorren tamén o Camiño elixindo Tui coma punto de partida.

  

A coroación das raíñas abre o sábado as Festas de San Telmo

As festas patronais na honra a San Telmo comezan o próximo sábado, ás sete da tarde, no Teatro Municipal de Tui coa coroación das raíñas das festas e a lectura do pregón.

Trátase dun acto solemne que estará presidido polo alcalde de Tui, Antonio Fernández Rocha, e os membros da corporación municipal. No mesmo serán nomeada coma raíña infantil das festas Tatiana Alonso Pérez, que estará acompañada por Rocío Pazos García e Marta Romero Salgueiro coma damas de honra. Mentres a designación de raíña xuvenil recaeu en María Otero Díz, sendo as súa damas Lupe Pérez Fuente e Jessica Casal da Veiga Pazos. Elas serán as encargadas de representar á poboación tudense nos diversos actos durante as festas.

No transcurso do acto intervirán o alcalde de Tui e un representante da Comisión de Festas,  pechándose o mesmo coa lectura do pregón a cargo de Xose Areses Vidal.

O Concello de Tui aposta un ano máis por un tudense para este cometido. Areses Vidal ten 35 anos e Licenciado en Dereito, Máster en “Gestión y Análisis de Políticas Públicas” pola Universidade Carlos III de Madrid, ten cursado estudios en el IESE  e no European Institute of Public Administration (Holanda). Dende 2003 pertence ao Corpo superior de Administradores Civís do Estado. Ten desempeñado distintos postos no Ministerio de Agricultura e no Ministerio de Industria, Turismo y Comercio. Na actualidade é Subdirector na Dirección General de Cooperación Autonómica do Ministerio de Política Territorial. Tamén ocupa o cargo de coordinador da área de Conferencias Sectoriais e titular da “Oficina para las Lenguas Oficiales en la Administración General del Estado”.

Ao comezo do acto será entregado a Silvia Villaverde o premio do II Concurso do Cartel anunciador das festas convocado pola Concellería de Cultura.

  

O Teatro afeccionado protagoniza a semana de festas no Teatro Municipal

O Teatro Municipal de Tui acolle do luns 5 ao venres 9 de abril, coincidindo coas Festas de San Telmo, a II Semana do Teatro Afeccionado organizada pola Concellería de Cultura de Tui.  A iniciativa que se puxo en marcha o ano pasado contou con gran éxito de público e foi valorada positivamente polas asociacións de tal xeito que o Departamento de Cultura organizou esta segunda edición.

Esta actividade foi presentada onte polo alcalde, Antonio Fernández Rocha, o concelleiro de Cultura, Moisés Rodríguez, e un representante de cada un dos grupos que van actuar.

A II Semana do Teatro Afeccionado comezará o luns co grupo de teatro da Asociación Cultural “San Fins”, de Rebordáns, que porá en escena “O cego de Fornelos”. O martes días 6 será a quenda do grupo “Caldemiños” da Asociación Cultural “A Insua” de Caldelas con “Os borrachíns”. O mércores a cita será co grupo de teatro “Atalaia” do Centro Sociocomunitario de Tui que presenta “A Herdanza”. O xoves “Mesturanzas” da Asociación Cultural “Seixos Albos” de Areas porá en escena “As fillas do taberneiro”. E por último venres actuará o grupo de teatro do Centro San Xerome coa obra “Son nú” que inclúe e a actuación do grupo Xerock.

Todas as representación comezarán ás nove da noite. A entrada, sen numerar, ten un custe dun euro, e debe retirarse dende hora e media antes da función no despacho de billetes.

Con esta actividade a Concellería de Cultura fai unha aposta polos grupos de teatro afeccionados que hai nos centros culturais das parroquias tudenses, así coma do Centro Sociomunitario de Tui e do Centro San Xerome da Guarda brindándolles a oportunidade de poder actuar no Teatro Municipal con toda a infraestrutura precisa e nas mesmas condicións que unha compañía profesional. O edil de Cultura, Moisés Rodríguez, salientou que a “cultura da cidade está viva e activa grazas ao traballo de moitas persoas” en relación ás actividades que se desenvolven nos centros culturais da parroquias. Desexou que o público volva encher o teatro coma en 2009.

Pola súa parte o alcalde, Antonio Fernández Rocha, manifestou que “non hai mellor forma de comezar as Festas de San Telmo que coa nosa xente” en referencia aos grupos que van participar nesta Semana.

Os representantes dos distintos grupos teatrais amosaron o seu agradecemento por poder actuar na Área Panorámica. Así, Cristina Fernández, do Centro Cultural San Fins daba as grazas por esta oportunidade, engadindo que “é un privilexio actuar na Área Panorámica”.  Pilar Villaverde, do grupo Caldemiños, expuña que a obra “Os borrachíns” que van representar está ambientada no rural galego.

Maximino Fernández, do grupo Atalaia do Centro Sociocomunitario de Tui, agradeceu ao concello esta oportunidade e fixo unha invitación ao público a acudir. Mentres, Tomás Alonso, do Centro Cultural Seixos Albos de Areas, explicaba que “As fillas do taberneiro”, a obra que van representar, “é divertida para que a xente poida disfrutar dela”.

Por último Feliciano Valcárcel, do Centro San Xerome, falaba de “Son nú” a obra da Fundación Igualarte dirixida por Cristina Lago e Yolanda Honrubia que está interpretada por 7 bailaríns e 5 músicos. Ao remate da representación actuará o grupo Xerock coma explicaba Carlos, un dos seus integrantes.

 

Comezan as  Festas de San Telmo o sábado con diferentes actos

    Este sábado comezan as Festas de San Telmo. Aínda que a inauguración oficial será coa coroación das raíñas e a lectura do pregón, previamente hai xa algunhas actividades.

    Así pola mañá, ás 13.30 horas, acto inaugural da II Semana Gastronómica do Miño nos restaurantes da cidade organanizada pola Confraría Gastronómica do Bo Xantar.  Participan nesta iniciativa os restaurantes que integran esta Confraría, é dicir Mesón Sombra Boa, Remesal, Alfonso I, Don Sancho, Cruceiro do Monte, El Molino, O Cablo Furado, e Parador de Turismo San Telmo.

    Durante a semana de festas nos mesmos poderanse degustar a ración de 100gr de meixón a 75€, a ración de lamprea 20€, o sábalo 15€, e os peixiños de améndoa cun amendoado elaborados polas Monxas Encerradas 4€.  Os prezos serán os mesmos nos oito restaurantes que integran a Confraría. Para poder degustar estas racións é convinte facer a reserva previa con dous días de antelación no establecemento onde se desexe xantar ou cear.

    O sábado ás catro da tarde na rúa Oia disputarase a  II Proba  automobilística de habilidade. E pola noite Pasarela amenizará a primeira verbena.

    O domingo ás dez da mañá sae do Paseo da Corredoira a Carreira Popular de San Telmo no Paseo da Corredoira. As persoas que queiran participar poden anotarse en Décimas ou no Liceo Casino de Tui.

    Ás 12.30h está previsto un pasarrúas e concerto da Unión Musical da Guarda e posterior concerto.  Ás catro da tarde retómase na rúa Oia a II Proba automobilística de habilidade. Ás 17.15h no Centro Sociocomunitario haberá baile co grupo Tráfico. E ás 18.00 horas ten lugar no Teatro Municipal o Festival Folclórico Festas de San Telmo. Por último pola noite a segunda verbena das festas será amenizada por Solara.

 

Sete asociacións culturais tudense participan no Festival Folclórico Festas de San Telmo

A Concellería de Cultura de Tui organiza o Festival Folclórico Festas de San Telmo que se vai celebrar este domingo, a partir das 18.00 horas, no Teatro Municipal. Sairán en desfile ás 17.30h dende a Praza de San Fernando.

Con esta actividade Cultura fai unha clara aposta polas agrupación locais brindando así unha boa mostra do noso folclore e cultura tradicional, segundo explica o responsable deste departamento, Moisés Rodríguez.

Participarán neste Festival os grupos folclóricos das Asociacións Culturais de Randufe, Paramos, Ribadelouro, Pexegueiro, Pazos de Reis, Areas e Rebordáns. Cada unha delas actuará dez minutos ofrecendo unha pequena mostra do seu repertorio para conformar así un espectáculo variado de danzas e cantos tradicionais.

A entrada o festival é libre.
 

Exposición de pintura de Rosa Mª Vila Iglesias

            A Sala de Exposicións do Pazo de Xustiza de Tui volve acoller durante as festas de San Telmo a obra pictórica da tudense Rosa Mª Vila Iglesias.

 

Las Asociaciones Avelaíña, San Xerome, Vontade, Aceesca, Cogami y Alento ofrecerán sus productos en el Mercado Solidario de San Telmo

En el marco de las festividades en honor a San Telmo que se celebrarán en Tui, las asociaciones Avelaíña, San Xerome, Vontade, Aceesca, Cogami y Alento, organizarán su tradicional Mercado Solidario entre los días 6 y 12 de abril, para propiciar y fortalecer la inclusión social de personas con discapacidad residentes en la zona sur de Pontevedra.

Rafael Álvarez Martínez, gerente de la Asociación Avelaíña, explicó que el Mercado Solidario se ha convertido en un punto de encuentro de profesionales, usuarios, familiares y allegados vinculados a las seis asociaciones, el cual surgió como un proyecto de inclusión social para personas con discapacidad.

“Actualmente, Mercado Solidario constituye un nuevo espacio de inclusión social para la discapacidad, por lo que su finalidad va mucho más allá de la venta de productos artesanales en ferias, fiestas populares y otros acontecimientos públicos en la zona del Baixo Miño”, dijo Álvarez Martínez.

Los representantes de las seis asociaciones enfatizaron que cuando se apoya a Mercado Solidario se está apreciando positivamente el esfuerzo de una persona por superar su discapacidad, al tiempo que se le reconocen sus posibilidades de desarrollarse. Desde el punto de vista económico, gracias a la pequeña aportación de cada venta, esa persona podrá seguir contando con el apoyo adecuado para afrontar su discapacidad y formarse para trabajar.

“La formación para el trabajo resulta fundamental, pues estamos convencidos de que la inclusión social debe estar unida a la laboral para que suponga una posibilidad real de ciudadanía con plenos derechos”, dijo Feliciano Valcarcel, gerente de San Xerome Emiliani.

Los representantes de las asociaciones Avelaíña, San Xerome, Vontade, Aceesca, Cogami y Alento agradecieron especialmente el apoyo del empresario tudense, Jaime Gradín, quien ha venido cediendo desinteresadamente a las asociaciones un local comercial en el paseo de la corredeira de Tui, para ubicar allí el Mercado Solidario.

Finalmente, destacaron los representantes que el horario de atención al público será desde las 17 a 21 horas, entre los días 6 al 8 de abril, mientras que del 9 al 12 de abril el Mercado Solidario estará funcionando de 11 a 14 horas y de 17 a 21 horas. Los visitantes podrán encontrar gran variedad de productos, tales como plantas ornamentales, camisetas y otros productos textiles, objetos diversos de cerámica, madera y cuero, así como variedad de abalorios: colgantes, pendientes y anillos.