www.galiciasuroeste.info

Adelaido Barredo Sueiro

Por José A. Uris Guisantes

 

Como é de dominio público o 18 de xullo de 1936 tivo lugar a rebelión militar dunha parte do exército español, do partido de Falange, da maioría dos representantes da igresia católica e da dereita mais conservadora (a que neses meses se atopaba dividida), contra a Segunda República e o Frente Popular composto por unha coalicción de partidos e sindicatos de esquerda.

 

Dende os primeiros momentos a rebelión militar non tivo o triunfo total polo que España quedou rápida e progresivamente subsumida nunha auténtita guerra civil que duraría tres anos, máis as consecuencias dunha longa, moi longa, represión posterior. En Galicia  a rebelión militar triunfou dende o primeiro momento, abortando duramente os pequenos focos de resistencia republicana en Vigo, Lavadores e Volta da Moura en Guillarei.

 

Indicar un feito que puido ser fundamental para que os militares sublevados tivesen éxito  foi a orden do xefe do goberno Casares Quiroga dende Madrid dada a tolos gobernadores civiles de que para nada se entregasen armas al pueblo…

 

E os gobernadores levaron a cabo esa orden a raxa táboa, cando se decataron de que debía ser ó contrario xa era demasiado tarde nalgunhas rexións españolas:

 

 

Circular enviada a todos os Alcaldes da provincia de Pontevedra polo Gobernador Civil republicano don Gonzalo Acosta Pan con data 4 de xuño de 1936, catorce días antes da sublevación militar.

----------------

En circular do 29 de xuño ordena a recollida de armas aos alcaldes, cacheos e rexistros domiciliariso en busca de armas… para garantizar la seguridad de los ciudadadanos…

 

A seguridade dos cidadás rematou nunha auténtica barbarie. O gobernador de A Coruña, Francisco Pérez Carballo foi asasinado o 24 de xullo de 1936; o  de Ourense, Gerardo Martín March ó 10 de setembro de 1936; o de Pontevedra, Gonzalo Acosta Pan ó 12 de setembro de 1936 é o de Lugo, Ramón García Núñez o 22 de outubro de 1936.

 

Como dicía, unha vez vencida a resistencia entre O Porriño/Guillarei comeza a represión en Tui con fusilamentos masivos, detencions etc., establecéndose un forte destacamento en Tui dende onde operarían as forzas militares polo Baixo Miño, acompañadas nos primeiros días por ducias de falanxistas que se ían sumando conforme comprobaban que  a rebelión militar se ía consolidando.

 

A vila do Rosal chegan as tropas e falanxistas de Tui o día 27 o mando do tte de carabineiros Salvador Buhigas Novo, como comandante dunha eteroxénea forza de represión militar/cívica. Salvador Buhigas viña destituíndo aos alcalde e xestoras dos distintos gobernos municipais por mandato do comandante militar das forzas que operaban dende tui o capitán, Eduardo Rodríguez González..

 

  […] De los que dirigían los pelotones de ejecución, unos eran simplemente jóvenes que disfrutaban matando. Otros, sin duda, creían que tenían el deber de extirpar las turbias herejías del liberalismo, el socialismo, el comunismo, el anarquismo y la masonería; y cuanto más duraba la guerra, más graves se consideraban estas ideologías[1]

 

Eses pelotóns de execución tamén fixeron estragos nos presos republicanos do Baixo Miño que non foran paseados antes, uns cantos deses presos serían xulgados por un Tribunal Militar en Consejo de Guerra Sumarísimo no Palacio de Xusticia de Vigo (rúa do Príncipe, uns cantos acusados de rebelión militar é outros tantos de sedicción todo elo no día 23 de novembro de 1936.

 

Nese mesmo día ó Tribunal recibíu a máis de cen testemuñas físicas, os menos a favor dos republicanos, espuxeron ó fiscal e defensor militar, oídos os acusados, que foron catorce, deliberación e sentencia, penas de morte, cadeas perpetuas e prisión mais atenuada para outros. As sentencias de morte foron cumplidas o 9 de decembro de 1936 sendo fusilados por un pelotón de execución na Alameda de Tui, súa morte foi rexistrada o día seguinte. As familias tiveron que levar a Tui as caixas para inroducir os cadáveres.

Me conmoveu que saber da meirande parte dos fusilados e paseados no Baixo Miño, fotorgafías, entrevistas con familiares, documentación etc, pero me faltaba saber se Adelaido Barredo Sueiro deixara familia e mais detalles que dende fai anos despertaban meu interese, pois ben por fin dei con información ó respecto.

 

A Causa onde está inmerso Adelaido foi a nº 994/1936 e os republicanos xulgados foron:

 

Adelaido Barredo Sueiro (fusilado); Avelino Barbosa Pérez (prisión); Basilio Carrero Lorenzo (prisión e finado na mesma); Camilo Carrero Lorenzo (fusilado); Ermelindo Martínez Martínez (prisión); Francisco Lloret Gándara (fusilado); Honorio Brasilino Álvarez Sobrino (fusilado); Isaac Besa González Moure (prisión e Batallón de Traballadores); Jesús Domínguez Pacheco (prisión); Joaquin Rodríguez Rodríguez (prisión); José Benito Rodríguez Rodríguez (prisión, faleceu degollado anos mais tarde por causas descoñecidas); Juliano Díez Álvarez (fusilado); Manuel Vicente Portela (fusilado) e Segundo Fernández Alonso (prisión).

 

O Tribunal Militar fora presidido por, Manuel Canellas Tapias[2], coronel de Infantería; Rafael Ribal Neira, coronel de Ingenieros; Auditor, brigada Hernán Martín Barbadillo y Paul[3];  Fiscal  o Tte. Auditor,  Joaquin Otero Goyanes[4], tte auditor de 1ª capitán (sería ascendido a capitán e comandante). Tamén figuran,   juez instructor,  Manuel Lage Becerra, capitán de infantería xubilado ; Ramón Blanco; Ramón Losada; Benigno…(ilexible).

Adelaido Barredo Sueiro co uniforme de Garda Rural do Rosal. Fotografía cedida por seu xenro Jesús Mª Pereira Martínez.

---------------------------

 

Ata fai unhas semanas ( xullo 2013) non coñecín a parte da familia de Adelaido, grazas ó labor do amigo José Álvarez Alonso Buraco, persona preocupada coma min pola historia  e polos desgraciados (nunca mellor dito) acontecementos, durante e despois da rebelión militar contra a Segunda República española, coñecida como guerra civil española (mais ben incivil).

 

Xa escribín sobre Brasilino Álvarez Sobrino, Camilo Carrero, Basilio Carrero Lorenzo e outros moitos mais. Hoxe, engado unha pequena historia sobre Adelaido Barredo Sueiro, republicano e excelente persona a quen acusaron, inxustamente, de querer dinamitar a Ponte Tamuxe entre os días 26/27 de xullo de 1936.

 

Foi o 9 de decembro de 1936 cando o axusticiaron en cumplimento de sentencia por meo dun pelotón de fusilamente na Alameda de Tui. Tiña 33 anos, de profesión garda rural, natural de Caselas (O Rosal), fillo de Felipe e Deolinda. Foron seus irmáns, Serafín; Florinda e Angelita Barredo Fernández (esta última finou moi nova).

 

Casado con Rosa Fernández Álvarez da Menora (O Rosal), pasando a vivir en Couselo, do matrimonio naceron catro fillas, Celia; Carmen; Cándida e Florinda Barredo Fernández. Foi acusado de rebelión militar na Causa 994/1936.

 

Súa morte quedou rexistrada no  Rexistro Civil da Guarda o día 10 ( no rexistro figura que tiña o domicilio na Guarda). Debía aboar xunto aos demais sentenciados na Causa, en concepto de responsabilidade civil, a cantidade de un millón de pesetas mancomunada y solidariamente.

 

Gracias as xestions de José  Alonso Álvarez puiden ¡ por fin ¡ contactar con descendentes de Adelaido que viven en Couselo (O Rosal) r os que me facilitaron duas fotografías do mesmo. Charlei con Jesús Mª Pereira Martínez, xenro de Adelaido, casado ca filla Cándida Barredo Fernández, finada por desgracia en 1998, os que tiveron duas fillas Nair e Esperanza  Pereira Barredo.

 

A sogra Rosa estivo vivindo con eles ata que faleceu. Me referíu que súa sogra e fillas traballaron arreo para poder subsistir pasando moitas carencias no día a día.

 

Cándida Barredo, traballou varios anos na casa de comidas e de hospedaxe coñecida como Casa de Aurora Villa no Rosal, e que Adelaido unha vez entraron as tropas no Rosal estaba fuxido despois de que as tropas sublevadas contra a República, chegadas de Vigo, Ourense e Pontevedra, reventaron as defensas republicanas na Volta da Moura. De día estaba agochado onde podía,  pola noite entraba na casa. Foi denunciado a través dun crego da zona, cando se afeitaba a caron da fiestra (daquela colocaban un pequeno espello na contra), de seguido foi detido pola Falanxe e levado a prisión en Tui, comezando o calvario que o levou ó paredón.

 

O parecer Adelaido tiña o costume de pasar pola Casa Villa a tomar uns grolos sen decatarse que cando falaba da República e de seus compañeiros estaba dando pistas aos que meses mais tarde o acusarían falsamente (nunca deron aparecidas as probas de cargo con que foi acusado polos militares sublevados).

 

Edificio chamado Casa Villa onde daban comidas, chiquiteo e habitacions.

---------------------

 

Estando en capilla escribíu unha carta a súa esposa Rosa onde lle explicaba que tan pronto colocase a sus hijas que se fuera con él…?, porque tiña medo as represalias posteriores contra ela e as fillas. Como se Adelaido adiviñase o que contaba na carta a viúva foi pretendida por alguns elementos da zoa, cuestión que  a tía Rosa se mantivo firme nas súas convicions e no recordo do esposo asasinado. A carta escrita a lápiz cando estaba en capilla[5] non foi atopada, de momento.

 

O 15 de xullo tamén tiven unha conversa co o neto de Adelaido, Américo Álvarez Barredo, fillo de Florinda Barredo Fernández e Américo Álvarez Portela.

 

Xá nos coñeciamos dende fai anos, pero eu non tiña nin idea de que era familiar de Adelaido, con nós estivo o amigo Buraco e conversando, conversando, se nos foron mais de duas horas.

 

Pois ben, Américo me contou  que seu pai (xenro de Adelaido) tivo unha Tenda-Abacería, popularmente tenda de Américo no Calvario, lugar onde tamén se reunían o 18 de abril de cada ano, telleiros e arxinas para contratar a tempada da telleira, a caron dunhas tazas de viño do país o igoal que facían na taberna do Gaiado, na tenda de Ramón de Santiago ou na do tío Marcelino.

 

Adelaido Barredo Sueiro co uniforme de Garda Rural do Rosal con amigos e familares no monte nos anos trinta. Enriba 1º pola esquerda, o 2º semella ter como un alfanxe ou algo similar no cinto, o 3º tamén é outro Garda Rural do Rosal. Os dous gardas teñen na man unhas tazas de viño. Segundo meus interlocutores pode ser que fose nun San Martiño, non sabemos con exactitude mais datos dos que figura nesta fotografía cedida por Jesús Mª  Pereira Martínez.

 

Nos antes trinta (antes da guerra incivil) Adelaido estaba considerado un experto xogador de bolos. Unica diversión que tiñan os homes nos domingos, tirando as tabernas, que viñan sendo un lugar de reunión e de contratos para traballar nas telleiras. O lugar  ou territorio de Adelaido para xogar  cos bolos era na Cruz de Ferro (Caselas) contra: O Saxaluios (Martín); Escribinte  (A Fecha e A Cachada); Gonzalo da Ferranchaun fenómeno ¡¡; Joselito das Bernaldas, tío Agustín do Pinto (Marzán) e outros, como no seu día me referíu o amigo, José de la Santísima Trinidad Armán.

 

Resume do Consejo de Guerra Sumárisimo que se celebrou o 23 de novembro de 1936 no Palacio de Justicia de Vigo  c/ del Príncipe contra Adelaido e demais compañeiros de infortunio:

 

O 21 de novembro de 1936. ¡Viva España!.  Por Oficio del Juzgado de Instrucción de Tuy dirigido al Sr. Alcalde de La Guardia.

 

[…] Adjunto tengo el honor de remitirle a VS relación de los vecinos de esa localidad y Camposancos que deben comparecer en el Consejo de Guerra que se ha de celebrar el día 23 de los corrientes en el Palacio de Justicia de Vigo, a las diez y seis horas, rogándole me acuse recibo. Dios guarde a VS muchos años. Tuy, 21 de Noviembre de 1936.Fdo: El Teniente Juez Instructor. Rafael Pineda.

 

Testigos que deben presentarse en el Consejo de Guerra[6]:

 

Sres: Adolfo Pacheco Gabiño; Adolfo Rivas Baz (Juez municipal y abogado); Aguinaldo Álvarez (industrial,La Guardia); Agustin Moreira Portela (industrial, Camposancos); Agustín Pérez Cividanes (comerciante,Camposancos); Alonso Sobrino (industrial.La Guardia); Anselmo Fernández Estevez[7] (La Guardia);  Antolin Silva Vicente (empresario,La Guardia); Antolin Troncoso Vicente (comerciante,La Guardia);  Antolin Troncoso (hijo-La Guardia); Antonio Martínez Gómez; Armando Sobrino Rodríguez (Camposancos); Aurora Alvarez Alvarez (La Guardia); Avelino Lisardo Portela; Avelino Peniza Franco (La Guardia); Avelino Rodríguez (Comerciante-LaGuardia); Benito Pérez Cividanes  (comerciante-Camposancos); Benito Urgal Cividanes (Camposancos; Benito Vicente Rodríguez (Cabo Guardia Municipal retirado.La Guardia); Benjamin Priego (La Guardia); Bernardo González Gilabert (administrativo, Secretario de la Entidad Local Menor de Camposancos); Cándido Rodríguez Vicente[8] (sacerdote-La Guardia); Capataz de Camineros; Carmelo Vega Sousa (Camposancos); Celsa, (viúda-La Guardia); Celso Candeira Pérez[9] (Industrial); Constantino Carrero Martínez (Administrador de la empresa Serrerías del Miño S.A.); Daniel Escalante Menéndez[10] (maestro en Camposancos); Dionisio Pérez Lorenzo (Camposancos); Edelmira Sobrino Rodríguez Eduardo Gándara Alvarez (comerciante-La Guardia); Eduardo, (chofer-La Guardia);  Eduardo Pantaleón Saúl (comerciante-La Guardia); Eloy Vega Sousa (Camposancos); Emilio Areal Crespo (Secretario del Juzgado municipal); Enrique Vicente Martínez (industrial-La Guardia); Florencio Vicente Moreno (pastelero-La Guardia); Florindo Rodríguez Álvarez (industrial-La Guardia); Francisco Álvarez Gómez (chofer-La Guardia); Francisco A. Moreno Alvarez (ex Alcalde y Presidente del Partido Unión Regional de Derechas Autónomas y Unión Patriótica); Francisco Riveiro Fernández; Francisco Suárez Garrido; Gerardo Estevez Garra (abogado-La Guardia); Gerardo Trigo Sobrino (Inspector de Arbitrios Municipales, cesado); Guillermo Rey Peniza, (menor de edad-La Guardia); Guillermo Silva Giestal (La Guardia); ); Ignacio Español Álvarez (industrial-La Guardia); Ignacio Pérez Álvarez (industrial-La Guardia);  Isaac Álvarez; Isaura González Alvarez; Joaquin Castro Oliveira (industrial-Camposancos); Joaquin Gil Vicente (Salcidos); Joaquin Vicente Carrero (Camposancos); José A. Lomba Camiña (industrial. Cachadas. Salcidos); José Estevez Silva; José Jurado Romero[11] (Médico-La Guardia); José Perez; José Ramón Sobrino Arias (médico y empresario-La Guardia); Juan Alfonso (Camposancos);  Juan Álvarez (La Guardia); Juan Antonio Moreira Portela (empleado-Camposancos); Juan Barcia González (a) Xaco de Camposancos); Juan Delgado y López de León (Ayudante de Vigilancia-Camposancos); Juan Loureiro (Camposancos); Juan Manuel Álvarez (Salcidos);Juan Manuel Álvarez Silva; Julián López García (Farmacéutico.La Guardia); Julián López Gómez (La Guardia); Laureano Fernández Martínez; Lola Marquez; Luís Fernández Domínguez (empresario-La Guardia); Luís Vaquero Alonso (El Rosal); Manuel Mariño Alonso; Manuel Santos (industrial-La Guardia); Marcelino Portela (Camposancos); Marcelino Portela Martínez (La Guardia); Marcelino Vicente (comercio-La Guardia);  María Alvarez Alvarez (La Guardia); María González Rodríguez (La Guardia); María Ribeiro Gándara; María Gómez González (Ganchella, dueña de un Estanco-La Guardia); María Villar (viúda); Maximino Silva[12] (Camposancos); Maximino Sobrino Rodríguez (Camposancos); Paulino Martínez Portela; Paulino Rodríguez (La Guardia); Primitivo Franco Cadilla (La Guardia); Profesora de la Escuela nº 2 (La Guardia); Prudencio Portela (La Guardia); Purificación Alvarez Alvarez;   Ramón Mª Gándara Álvarez (comerciante-La Guardia); Rafael Mariño Arias (Oya); Ramón Otero (Salcidos); Ramón Trigo Sobrino; Santiago Baz (a) Santiaguiño de La Guardia; Sargento del Puesto de la Guardia Civil, Enrique Rodríguez;  Saturno Gómez Vila (párroco-La Guardia); Serafin Flores Sobrino (propietario-La Guardia); Serafin Sueiro Sueiro (párroco- Camposancos); Superiora del Colegio Carmelitas (La Guardia); Teresa Galdó ( Telefonista- El Pasaje); Teresa Silva Giestal (La Guardia);  Valentín Trigo Sobrino (La Guardia); Vicente Vicente Táboas (Imprenta-La Guardia) y Violando Bento de Aldea Martínez (Camposancos). Fdo. El Tte. Juez Instructor. Rafael Pineda.

 

Resume:

 

Resultando: Que iniciado un movimiento Nacional hacia mediados de Julio último con el fin de rescatar a España del mando de los Gobiernos del Frente Popular que pretendían desmembrarla y hacerle perder su independencia, el Ejército, personalizó y dirigió tal movimiento, bajo el régimen legal de los Bandos declaratorios del Estado de Guerra, y el fin perseguido de dar a la Nación nuevas formas en consonancia con sus auténticas esencias nacionales.

 

Resultando: Que contra esta acción salvadora del Ejército se opusieron resistencia exteriorizadas en diversas formas que partieron de los elementos simpatizantes y adiptos al Frente Popular los que en diversas partes del país al alzarse en armas contra la institución castrense, plantearon una verdadera guerra que aún perdura.

 

Resultando: Que por lo que afecta conjuntamente a las resultancias de esta Causa, en la villa de La Guardia, y su comarca, la resistencia a que nos venimos refiriendo se inició convirtiéndose los órganos de la Administración local en Comités de Guerra, integrados también por los dirigentes políticos y sindicales mas caracterizados, los qué, desde el día diez y nueve del mes que se cita procuraron por todos los medios a su alcance la recluta de personal y material con que hacer frente a las tropas de España, apelando para ello a coacciones y violencias sobre las personas y las propiedades, requisando armas y dinamita, vehículos y víveres y llegando a la constitución y envío de un grupo de hombres armados a esta ciudad de Vigo con objeto de oponerse a las tropas de España, si bien esto no llegaron a realizarlo por haber regresado la expedición al punto de partida, sin duda al tener conocimiento de que el valor de los soldados al servicio de la Patria se había impuesto ya victoriosamente sobre los rebeldes en esta ciudad de Vigo.

 

Resultando: Que en unión de otros individuos destacados, unos que ya pasaron a mejor vida, y otros que se hallan huídos, todos los procesados en esta Causa tomaron parte en los hechos descritos en el anterior Resultando, con actuaciones revolucionarias que tuvieron por base además de la villa de La Guardia, el Ayuntamiento de El Rosal, y la Entidad Menor de Camposancos, y cuya imputación personal es como sigue:

 

…/…

 

 Resultando: Que Adelaido Barredo Sueiro, requisó armas y anduvo en manejos de dinamita descargando en El Rosal tres cajones que contenían municiones y bombas, y con objeto de entorpecer el movimiento de las fuerzas Militares realizó corta de pinos lo que hizo capitaneando grupo.

 

Resultando: Que Honorio Brasilino Álvarez, Juliano Díez, Adelaido Barredo, Camilo Carrero, Manuel Vicente Portela y Francisco Lloret Gándara, son sujetos de pésimos antecedentes políticos sociales.

 

Hechos Probados,

 

Considerando: Que los hechos descriptos son constitutivos de los delitos de Rebelión Militar y auxilio a la misma, definido el primero en el párrafo segundo del artº 230 en relación con el 237 del Código de Justicia Militar, y el de auxilio en el artº 240 del mismo Cuerpo Legal.

 

Considerando: Que del delito de Rebelión Militar, resultan responsables en concepto de autores los procesados, Honorio Brasilino Álvarez Sobrino, Juliano Díez Álvarez, Adelaido Barredo Sueiro, Camilo Carrero Lorenzo, Manuel Vicente Portela, Francisco Lloret Gándara, Joaquin Rodríguez Rodríguez, Basilio Carrero Lorenzo y Avelino Barbosa Pérez.

 

Considerando: Que a tenor de lo dispuesto en el artº 173 del Código Militar, el Consejo aprecia a efectos de punición la agravante de perversidad que concurre en los procesados, Honorio Brasilino Álvarez Sobrino, Juliano Diéz Álvarez, Adelaido Barredo, Camilo Carrero, Manuel Vicente Portela, y Francisco Lloret Gándara, que induce de sus antecedentes y actuación revolucionaria.

 

Considerando: Que todo responsable criminalmente lo es también civilmente.

 

Vistos, los artículos que se citan, u demás preceptos de general aplicación.

 

Fallamos: Que debemos condenar y condenamos a los procesados Honorio Brasilino Álvarez Sobrino, Juliano Diéz Álvarez, Adelaido Barredo Sueiro, Camilo Carrero Lorenzo, Manuel Vicente Portela, y Francisco Lloret Gándara a la pena de muerte, y a cada uno de los procesados, Joaquin Rodríguez Rodríguez y Avelino Barbosa Pérez a la pena de reclusión perpetua con la accesoria de interdición e inhabilitación absoluta perpétua; y a cada uno de los procesados Segundo Fernández Alonso, José Benito Rodríguez, Ermelindo Martínez Martínez, Jesús Domínguez Pacheco e Isaac González Moure, a la pena de diez y seis años de reclusión temporal con la accesoria de inhabilitación absoluta durante el tiempo de la condena, siéndoles de abono el total de la prisión preventiva sufrida. En concepto de responsabilidad civil deberán abonar los sentenciados mancomunada y solidariamente la cantidad de un Millón de pesetas.

 

Por esta nuestra Sentencia, lo pronunciamos, mandamos y firmamos. Fdo: Manuel Canellas Tapias; Manuel Lage;Ramón Blanco; Ramón Losada; Benigno ¿; Mas dos mas ilegibles.

 

Nota do autor:

 

-Os acusados foron defendidos en grupo por un militar nomeado polo propio Tribunal.

 

-O Consello de Guerra Sumarísimo, tivo que escoitar a mais de cen testemuñas presentes no mesmo día 23.

 

-De seguido escoitar ao fiscal e a defensa, esta última apenas tivera tempo de ler o Sumario.

 

-Escoitar os acusados aos que apenas deixaron expoñer súa opinión.

 

-Retirarse o Tribunal a deliberar  e de seguido emitir a Sentencia contra os catorce acusados.

 

-Non quedaron demostrados os feitos polos que foron acusados porque:

 

a).-Os que montaron o paripé de rebelión-sedicción militar  foron os mesmos militares que se habían rebelado contra o estado de dereito como era a República.

 

-O Frente Popular que os militares fan responsable, era un conxunto de partidos políticos legais e sindicatos, que acudiran en coalición as urnas, contra unha dereita dividida a comezos de 1936.

 

b).-A dinamita pola que foron acusados non deu aparecido no Ponte Tamuxe, nin en  calquera outro lugar. E mais, niguén poido acreditar de onde procedía, se é que existía, onde fora depositada etc.etc. Tampouco deron aparecidos os buracos ou pozos onde os acusados, presuntamente, pretendían poñer a dinamita, é do que foran acusados por terceiras personas.

 

c).-Tampouco se demostrou cantas municions e bombas tiñan en posesión, que tipo de  bombas eran, de onde procedían e onde foran depositadas polos acusados ou onde as tiñan depositadas os militares, despois de haber detido aos acusados  (se de verdade poideron existir).

 

d).-Non habían asaltado ningún cuartel nin polvorín, seguindo os alcaldes ó pé da letra as órdenes do Goberno Civil de non entregar armas ó pobo.

 

e).-A posesión das armas das de que foron acusados, foran requisadas dende o primeiro momento por orden do alcalde don Brasilino Álvarez Sobrino, que foron depositadas no Cuartel da Garda Civil sito na rúa Colón.

 

f).-As únicas escopetas das que o propio alcalde permitíu foron para os Gardas Cívicos nomeados polo Comité de Defensa da República de La Guardia, co fin de salvagardar ó orden público. Foron colocados nos cruces de camiños (Sete Camiños; San Roque; Alameda e O Pasaxe), o igoal que varias parellas vixilaban as rúas principais da Vila.      

 

A consecuencia das acusacions que nunca se poideron demostrar tamén foi pasado por las armas (como dicían os do Glorioso Movimiento Nacional) o brigada do Corpo de Carabineiros e xefe do Posto de San Miguel de Tabagón, don Eugenio Gutiérrez Benito de 46 anos, natural de Navarra, acusado tamén inxustamente de ordenar dinamitar o Ponte Tamuxe o 26 de xullo de 1936. Sería fusilado o 18 de marzo de 1937.

 

Juan Noya Gil testemuña dos sucesos acontecidos dende o 18 ata o 27 de xullo de 1936 escreb no libro da súa autoría (Editorial Cazaus:Caracas.1976):

 

    [...] estando reunido con el Alcalde Brasilino en el Ayuntamiento, nos comunican que se intenta volar el puente Tamuxe... voy allí en bicicleta e interrogo a Jerónimo Rodríguez de Goyán, casado con una moza de La Guardia, de quien partieran las órdenes para la demolición, respondiendo que por mandato del brigada Gutiérrez...      

 

        …Gutiérrez estaba encamado con gripe, me dijo que él lo ordenara a requerimiento del diputado Alonso Ríos... le expuse que esto no impediría que las tropas pasaran al Rosal y a La  Guardia e accediendo, dando la contraorden...

 

Como non coincidían os datos, por miña parte falei ca familia do brigada Gutiérrez, entre eles ca filla América Gutiérrez (q.e.p.d.), afirmando que,  su padre no diera orden alguna porque llevaba una semana en la cama con gripe y fiebre. Si estaban presentes varios carabineros del Puesto de San Miguel en el Tamuxe...

 

…la orden, como relata Noya partió de don Antón Alonso Ríos directamente a Jerónimo Rodríguez y a otro paisano del Rosal más  a la pareja de carabineros...

 

…pero nunca llegaron a hacer maniobra alguna, ni agujeros, ni nada, ni la famosa dinamita dió llegada…   

 

Como Adelaido tamén foi acusado de querer dinamitar a Ponte Tamuxe vou dar un datos mais do brigada Gutiérrez Benito:

 

Día 17 de diciembre de 1936- Regimiento de Infantería de Mérida Nº 35-Destacamento de Vigo Nº 351.Orden de la Plaza.

 

Artículo Segundo.- Mañana a las 12 horas y en la Sala de la Audiencia del Palacio de Justicia de esta Ciudad, se reunirá el Consejo de Guerra Ordinario de Plaza, para ver y fallar la causa 495 del año actual, instruida por el Teniente de Infantería e Instructor Don Rafael Pineda, de la Plaza de Tuy, contra el brigada de carabineros don Eugenio Gutiérrez Benito, por el delito de rebelión.

-Como defensor actuará el capitán de carabineros don Ramón Díaz Guevara

 

Presidirá dicho acto el Teniente Coronel de Infantería Retirado don Félix León López, asistiendo como Vocales los Capitanes de Infantería don Severino Comis Sixto, Segundo Cobas Rivera, don José Noguerol, don Antonio Ricote de Pedro y el de Sanidad Militar don Francisco Domínguez M auleón, y como Suplentes el de Artillería don Tomás Pérez Lorente y el de Infan tería don Fabián de Caso Castañeda, actuando como Vocal Ponente el Teniente Auditor de 1ª don. Joaquín Otero Goyanes y de Fiscal el Jurídico Militar de la División, don Hernán Martín Barbadillo.

 

Refire o amigo Alberto Estévez Piña no artigo da súa autoría La Guerra Civil en Tuy-Breve historia de la Guerra Civil en Tuy (21 de xullo de 2008). 

 

[…]  El Juez Instructor, Rafael Pineda, fue persona que conocí perfectamente. Finalizó sus últimos años fumando colillas, que recogía del suelo; haciendo quinielas y, reclamando los aciertos de plenos, sin ser nunca correctos, ya que jamás entendió el procedimiento de las mismas. Pineda fue también Censor Militar en la Oficina de Correos de Tuy, del que se hacían todo tipo de cuentos jocosos...

 

Monumento a memoria de todolos republicanos fusilados na Alameda de Tui, inaugurado en 1999.

---------------------

 

E aquí remata outro pequeño capítulo sobre unhas personas tan dignas ou mais que as que os que os acusaron, xulgaron , sentenciaron e mataron. Que non se volvan a repetir sucesos e actos como estes xamais.

 

Meu agradecemento a:

Jesús Mª Pereira Martínez

José Álvarez Alonso

Américo Álvarez Barredo

José A. Uris Guisantes


______________

[1] Cita de Hug Thomas (Madridejos 1978).

[2] Faría parte tamén da Xestora municipal de Vigo no 8/09/1936 e ademais de xerente da empresa La Metalúrigica SA (fabricación de envases de folla de lata para a conserva) en Vigo.

[3] ...uno de los ejemplos más paradigmáticos de la represión por medio de los consejos de guerra, teniente fiscal jurídico militar -llegó después al generalato-, máximo responsable dentro de la VIII Región Militar de las acusaciones a todos los republicanos que fueron fusilados y encarcelados...(La Voz de Galicia 13/02/2009.

[4] O 27/07/1936 sería nomeado presidente da Deputación da Coruña..

[5] Debeu ser escrita o 7 de decembro de 1936.

[6] Os poño por abecedario

[7] Falanxista, membro da Escuadra del Amanecer.

[8] Capelán da Falanxe guardesa.

[9] Figura como sospeitoso.

[10] Falanxista e membro da Xestora Municipal.

[11] Falanxista. Membro da Escuadra del Amanecer.

[12] En prisión.