Sábado, 29 de agosto de 2009 Hoxe celébrase en Santa Trega a tradición do Voto, un acto penitencial ao que somentes acoden os homes Hoxe celébrase no Monte Santa Trega o tradicional acto penitencial do Voto ao que asisiten únicamente os homes que se reúnen, a partir das 20.30 horas, no Montiño (Parque do Cancelón) para seguir ao longo da estrada do Monte ata o Vía Crucis rezando o Rosario. Unha vez alcanzada a primeira estación cambiarán o rezo do Rosario polo Viacrucis ata completar as 14 Estacións. No exterior da Ermida posta baixo a advocación de Santa Trega esperará a imaxe da primeira mártir do cristianismo a chegada dos fieis que asistirán aos oficios relixiosos, bicarán as reliquias e recibirán un bolo de pan que simboliza o xexún celebrado hai case setecentos anos cando, segundo a tradición, unha seca deixou practicamente sen auga o río Miño.
Prácticamente ultimado o trazado do Camiño Portugués pola Costa no seu percorrido pola Guarda O alcalde da Guarda, José Manuel Domínguez Freitas, e os concelleiros de Patrimonio e de Cultura, Javier Crespo e Antonio Lomba Baz, respectivamente, xunto con Antón Ferreira, ultiman o percorrido do Camiño de Santiago pola Costa ao seu paso pola Guarda. As reunións que manteñen estes días para trazar o Camiño pola Costa, estudando as alternativas para evitar as estradas, que sempre son rexeitadas polos peregrinos polo perigo que supoñen e a monotonía das mesmas, e mesmo para conseguir un itinerario máis en consonancia co que puideron seguir os peregrinos que entraban neste concello desde Portugal, permitiu imaxinar un trazado que comeza no embarcadeiro do ferri, na Pasaxe, e remata nos límites co concello do Rosal, na estrada A Guarda-Baiona. Agora este trazado, entre outras actuacións a promover, vaise plasmar en GPS e se sinalizará para faciltiar o acceso dos peregrinos. Estas serán dúas das accións que se estudan desde o concello da Guarda para promocionar o Camiño Portugués pola costa que en brece podería coñecer outras interesantes novas para a súa promoción. Domínguez Freitas, Javier Crespo, Antonio Lomba Baz e Antón Ferreira, iniciaron o percorrido no embarcadeiro do ferri, na Pasaxe, apenas cen metros máis abaixo de Porto Santo, onde desembarcaban os peregrinos procedentes de Portugal, porque agora, explican, quen chega desde o país veciño, faino no Santa Rita de Cassia, xustificando este pequeno desprazamento do punto de partida. O Camiño transcurre pola falda do Monte Santa Trega, por un fermoso sendeiro paralelo a estrada, para desembocar na baixada ao Pasaxe (Paseo de Portugal), pasa polo centro da vila, continúa pola costa e remata na estrada A Guarda-Baiona, cun último percorrido de asfalto de kilómetro e medio. O vindeiro luns ofreceremos unha reportaxe especial do trazado completo do Camiño Portugués pola Costa ao seu paso pola Guarda.
Sábado, 29 de agosto de 2009 A asociación Ábaco quéixase de non ter sido informada das obras da Alameda e as súas consecuencias A Xunta Directiva de de Ábaco acordou expresar o seu malestar ao concello da Guarda por non ser informados das obras que se están a efectuar na Alameda e que teñen unha repercusión directa para co sector comercial e hosteleiro guardés. Desde ‘ábaco’ consideran que deberían coñecer a o tempo que van durar as obras; o novo emprazamento do mercadiño dos sábado, os cambios de circulación, se os houbese e como quedará a Alameda logo das obras. Estas cuestións foron enviadas ao goberno local esperando unha resposta ás mesmas.
Sábado, 29 de agosto de 2009 O concello acometerá en breve a urbanización da Rúa Galicia, entre Concepción Arenal e Pacífico Rodríguez En moi pouco tempo, o concello vai acometer a urbanización e dotación de novos servicios na Rúa Galicia, entre o cruce de Concepción Arenal e o cruce de Pacífico Rodríguez. Estas obras darán continuidade ás que se están a executar dende O Coruto ata o Banco Pastor, e consistirán na mellora da rede de abastecemento, separación de augas pluviais das fecais e reposición de beirarrúas en granito. Teñen un presuposto de 229.000 € e serán financiadas entre a Consellería de Industria e o concello da Guarda . Como ben coñece a cidadanía, o estado actual das beirarrúas na rúa Galicia é moi deficiente por mor do paso dos anos e tamén polas roturas na traída de augas. Terrazos de distintas cores, outros gastados, buratos tapados con mortero non fan xustiza a unha das rúas principais da vila, que é ademais moi comercial. Dende a Concellería de Vías e Obras pide, unha vez máis, desculpas polos problemas que vai causar a execución desta obra que, unha vez rematada redundará en beneficio de toda a cidadanía e moi especialmente no comercio da zona.
“Despide o Verán” programación cultural do concello para os últimos días do verán O Concello da Guarda organiza para esta fin de semana, e para o próximo 6 de setembro, unha serie de actividades que porán fin á programación de actos culturais e lúdicos do verán 2009. As actividades programadas para hoxe, día 29 de agosto, son: 12.00 horas: Concerto de Jazz na rúa Joaquín Alonso a cargo do Bieito Álvarez Trío 17.00 horas: Obradoiros medioambientais na praia do Muíño abertos á participación de tódolos rapaces e rapazas que se queiran achegar. 19.00 horas terá lugar a presentación da Ruta das Casas Indianas e, a partir das, 19.45 horas comezará a I Ruta Guiada das Casas Indianas tendo como punto de partida a casa de Don Eloy e na que poderá participar todo o mundo que esté interesado en descubrir ou coñecer parte do noso patrimonio arquitectónico. A programación do domingo, día 30 será: 12.00 horas. Obradoiros medioambientais na praia da Area Grande abertos á participación dos nenos e nenas que se acheguen ata esta praia. 20.00 horas. Concerto Fado & Tango Juan Carlos Cambas no auditorio de San Bieito Esta programación rematará o 6 de setembro coa XVIII edición do Concurso de Figuras de Area na Praia do Muíño.
Venres, 28 de agosto de 2009 A Xunta traspasa ao concello da Guarda un tramo de máis de 3 quilómetros da estrada A Guarda-Fornelos (po-353) O Consello da Xunta aprobou onte o decreto polo que se aproba o cambio de titularidade dun tramo viario da estrada que discorre desde A Guarda ata Fornelos (PO-353), polo que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas traspasa a favor do concello da Guarda máis de 3 quilómetros desta vía. Este tramo discorre entre o punto quilométrico 0+00 ata o 3+120 e presenta unhas características que a definen como urbano, xa que posúe beirarrúas en parte do seu percorrido e ten edificacións e servizos urbanos ao longo deste. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas resolveu favorablemente este cambio, ao considerar que os tramos mencionados adquiriron características netamente urbanas. Este ditame foi comunicado ao Concello da Guarda que manifestou a súa aceptación. Nese senso, correspóndenlle ao concello pontevedrés todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación das vías, así como o exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra que puidese corresponderlle como nova Administración titular das estradas. Cómpre precisar que a entrega desta vía se formalizará, no prazo dos dous meses seguintes á publicación do decreto no Diario Oficial de Galicia, mediante a sinatura da correspondente acta de entrega. Cesión regulada por lei Segundo se recolle no artigo 5 da Lei 4/1994, de estradas de Galicia, os cambios de titularidade das estradas incluídas nas redes dependentes da Comunidade Autónoma deberán ser aprobados por decreto da Xunta de Galicia, por proposta da consellería con competencias na materia e logo do acordo entre as administracións afectadas. Por outro lado, o artigo 54 deste texto legal establece que as estradas autonómicas ou os seus treitos determinados, nos que a circulación adquira características urbanas, entregaránselles aos respectivos concellos. Tamén se estipula que o expediente se promoverá por proposta do concello ou da Administración titular e será resolto polo Consello da Xunta.
O BNG solicita información sobre localización do mercadillo dos sábados polas obras da Alameda Ante as obras de rehabilitación que se están levando a cabo na Alameda da Guarda, o portavoz municipal do BNG, Xan Lois Lomba, presentou un escrito no rexistro do concello solicitando que o grupo de goberno fixese público e de xeito oficial o lugar onde se vai situar o mercado ambulante que se vén celebrando cada sábado e que por mor das obras non se vai poder facer no mesmo lugar. Para a formación nacionalista resulta inadmisíbel que tres días antes da celebración do mercado non se teña feito ningún anuncio oficial do lugar onde se pretende situalo, deixando correr a rumoroloxía que o único que consigue é desconcertar a poboación guardesa. Nunha entrevista informal coa concelleira delegada de comercio, anuncioulle que o mercado íase celebrar na rúa Coruña, ante o cal o portavoz nacionalista insistiu na importancia de deseñar un plan de tráfico que facilite a fluidez da zona e a habilitación de aparcamentos. O BNG considera que o grupo de goberno actúa de xeito improvisado dado que os avisos á poboación se terían que ter feito con anterioridade e contando co comercio local que se pode ver seriamente afectado. Sorprende que o grupo de goberno non se puxese en contacto con ningunha das asociacións de comerciantes para explicar as intencións do goberno municipal en canto a regulación do tráfico, aparcamentos e situación do mercado. A formación nacionalista entende que as obras crean incomodidades pero debe ser o goberno municipal quen debe facer todo o posíbel para que sexan o menos molestas posíbeis, informando á poboación de xeito detallado, con tempo e non esperando até o último momento para facelo.
Venres, 28 de agosto de 2009 Un casting da curtametraxe "Berberecho II" que se vai a filmar na Guarda busca figurantes Os próximos días 4, 5, 6, 7 e 8 de setembro terá lugar no Miño a filmación dunha curtametraxe co título "Berberecho II". O filme esta dirixido polo galego José Manuel Bazarra e contará unha historia que se desenvolve en boa parte durante a travesía do transbordador entre A Guarda e Caminha: o Santa Rita de Cassia. Para a rodaxe precísase de figuración que complemente a narración do filme polo que a equipa técnica da curtametraxe realizará un casting o vindeiro luns (31 de agosto) nunha dependencia da Casa Cultural da Guarda ás 17.00 horas. Para o casting terase en conta toda a xente que poida estar dispoñible para a rodaxe pero haberá unha serie de figurantes que terán maior prioridade. Estes son os que se adapten ás seguintes descricións: Figuración xeral: 40 figurantes entre 15 e 60 anos. Figuración especial: 1 mozo (18 anos) con mochila; 5 veraneantes (con aspecto de ingleses ou alemáns, de 15 a 60 anos); 2 mozos con camisolas sucias de viño; 1 vendedor de billetes de ferri (40 anos); 1 revisor - masculino (60 anos); 1 parella de mozos tunning (18 a 22 anos); 1 parella de mozos dándose bicos (30 anos); 1 home gordo (40 anos), Familia composta por 1 home (40 anos), muller guapa (40 anos), nena guapa (6 anos), e 2 mozos mormóns-evanxelistas (18 a 22 anos).
Venres, 28 de agosto de 2009 Hoy se inaugura la exposición de óleos de Soky Desde hoy, y hasta el 15 de septiembre, el Centro Cultural de A Guarda acoge la obra de la artista gallega Soky. Conocida por la belleza de sus marinas, la sensibilidad de sus paisajes, así como el realismo de sus bodegones y retratos; entre sus últimas exposiciones, cabe destacar su participación en 2008 en el Salón Internacional de Arte Contemporáneo de Barcelona y en la exposición artística celebrada el pasado 15 de enero en el Instituto Ferial de Vigo, el IFEVI. En esta exposición la pintora centra su mirada en su tierra natal, Galicia, para ofrecernos una treintena de óleos de una gran fuerza y vitalidad. La inauguración de esta muestra tendrá lugar a las 20.30 horas de hoy.
Xoves, 27 de agosto de 2009 O mercadiño semanal trasládase á rúa Coruña O pasado martes comezou o valado perimetral da Alameda da Guarda para realizar as obras incluídas no Plan E, coñecido como Plan Zapatero, cun investimento de 608.144 euros. Con motivo destas obras o concello informa que o mercadiño dos sábados trasladarase, desde este sábado, día 29, á parte posterior do antigo Campo de Fútbol do Tecla, na rúa Coruña.
Xoves, 27 de agosto de 2009 Inicio das obras de saneamento e abastecemento en Costa dos Soldados e Forno do Duque En breves datas iniciaranse as obras de Saneamento e Abastecemento de Auga en Costa dos Soldados e Forno do Duque. Estas obras, que conta cun orzamento de 191.395,4 euros foron adxudicadas definitivamente á empresa Hidromiño e serán financiadas integramente por Augas de Galicia. Dende a Concellería de Vías e Obras dáselle moitísima importancia a esta actuación posto que vén solucionar as deficiencias de dúas zonas do concello que non contaban con estes servicios; no caso da Costa dos Soldados non ten saneamento e no Forno do Duque o problema estriba sobre todo na carencia de abastecemento de auga. Pouco a pouco, sinalan desde a institución local, vaise avanzando no obxectivo, salvo vivendas illadas, de dotar destes servicios básicos ó cen por cen da poboación.
Martes, 25 de agosto de 2009 O concello segue promocionando o coñecemento da Guarda ideando distintas rutas urbanas e polo rural A política municipal de promover o mellor coñecemento do municipio, tanto para os guardeses como para aqueles que nos visitan, motiva a posta en marcha de diferentes rutas culturais que baixo o lema “Vea polo Teu”, estanse levando a cabo desde a institución local. Se xa se editaron os soportes que conducen pola Ruta dos Marcos de Camposancos e outro que leva a un percorrido urbano, o terceiro en publicarse é a Ruta das Casas Indianas que se detén nas edificacións construídas na segunda metade o século XIX e primeira do XX. O percorrido, que practicamente coincide coa arteria principal da localidade, rúa de Puerto Rico e Rúa Galicia, iníciase na coñecida como Casa de Manuel Álvarez Vicente, na primeira das rúas mencionadas, desvíase despois á rúa Antonio Alonso (Praza Nova), onde está a casa de José Martínez Salcidos (Pichipén), segue pola rúa Vicente Sobrino, coa casa de Bernardo Alonso, e regresa á Rúa Galicia para coñecer as casas de Joaquina Otero (Centro San Xerome), Valentín Domínguez Pérez, Juanita Giráldez, Laureano Alonso Portela, e Juan Giráldez. Aquí se continúa pola Rúa Pontevedra, coa Vila Borinquen e o Centro Cultural, volvendo de novo, pola rúa Julia Vaqueiro, á Rúa Galicia, finalizando o percorrido coa mansión de don Eloy, unha das edificacións indianas máis espectaculares, e a casa de Manuel Alonso Sobrino. O plano guía da ruta permite diferencias tres tipos de construccións: aquelas propiedade de emigrantes a Puerto Rico, as dos que se foron a Brasil e as casas que teñen un especial interese arquitectónico, de tipo autóctono e/ou rexionalista. Ademais, as indianas clasifícanse en vilas e urbanas, segundo teñan ou non unha zona axardinada. Hai que engadir que a posta en valor das Casas Indianas é froito do traballo desenvolvido polo historiador guardés Joaquín Miguel Villa Álvarez que descubriu aos guardeses un patrimonio que, tendo tan preto, non nos decatamos del ata o ano 2000, cando Villa Álvarez comeza a divulgalo no Libro-programa das Festas do Monte.
Martes, 25 de agosto de 2009 El 1 de septiembre finaliza el plazo para abonar los Impuestos sobre Bienes Inmuebles Urbanos y Rústicos El próximo día 1 de septiembre finaliza el plazo para el pago, en período voluntario, de los Impuestos sobre Bienes Inmuebles Urbanos y Rústicos correspondientes al ejercicio 2009. En el caso de que algún contribuyente no recibiera la carta de pago puede dirigirse a la Oficina de Xestión Tributaria (C/ Jose M. Andreini 6 Bajo) y solicitar un duplicado de la misma, ya que al tratarse de deudas de carácter periódico y notificación colectiva, la no recepción en el domicilio de la misma no exime de la obligación de pago ni de la vía ejecutiva. Transcurrido el plazo de ingreso, las deudas serán exigidas por el procedimiento de apremio y devengarán los recargos, intereses de demora, y demás conceptos exigibles.
Sábado, 22 de agosto de 2009 La portavoz del PP de A Guarda insiste en que la responsabilidad de la mala gestión de la limpieza no se puede trasladar a los trabajadores y funcionarios municipales La portavoz del Partido Popular de A Guarda, Fátima Iglesias Ferreira, trasladaba a los medios de comunicación el malestar que, según aseguraba, manifestaron muchos vecinos criticando el estado de suciedad de las calles guardesas. La gestión de limpieza municipal, añade en un nuevo comunicado, es una responsabilidad política, por la que tiene que responder y de la que es responsable el concejal delegado. La realidad del estado del pueblo estas últimas semanas, insiste la portavoz, es lamentable, pese al gran esfuerzo humano que vienen realizando todo el personal de limpieza y los funcionarios municipales, que cumplen con una labor que, dice, conocemos y valoramos, pero la responsabilidad es del equipo de gobierno y no se puede mirar para otro lado y no admitir la realidad. El grupo de gobierno actual, sentencia Fátima Igleisas Ferreira, es incapaz de asumir críticas y siempre aprovechan la ocasión para trasladarlas a los trabajadores y funcionarios municipales, y así lavarse las manos. Es el político y concejal delegado quien debe asumir, actuar y justificar el sueldo que cobra. Para la edil, las calles de A Guarda nunca estuvieron en un estado tan lamentable y, digan lo que digan, la responsabilidad es de quien es, y los trabajadores municipales realizan la labor que los políticos deben gestionar y organizar.
Sábado, 22 de agosto de 2009 Perro cariñoso busca familia Unos vecinos de la finca el Castillo, al lado del videoclub Cinebank, han encontrado abandonado en As Eiras perro cariñoso al que buscan una familia que lo adopte ya que ellos regresan a Madrid la próxima semana. Si alguien lo quiere los teléfonos de contacto son 619 04 21 59, de Ricardo, o el 616 80 96 73, de Beatriz. También pueden preguntar en el videoclub Cinebank.
Venres, 21 de agosto de 2009 Suspéndese ata novo aviso a recollida das cédulas castrais de rústica O concello da Guarda informa que por causa dun error informático, suspendese ata un novo aviso a recollida das cédulas catastrais de rústica que se estaban a entregar no concello dende o pasado día 17 de agosto.
Ballet Studio representará mañana “Tolerancia” en el auditorio de San Benito a las 21.30 horas El próximo sábado, día 22, a las 21.30h el Auditorio de San Benito acogerá el espectáculo “Tolerancia”, una puesta en esxena de Ballet Studio 88. En caso de lluvia, “Tolerancia” se representaría el domingo 23 de agosto, también en el Auditorio de San Benito y a la misma hora de mantenerse el mal tiempo, el espectáculo se trasladaría al pabellon del I.E.S A Sangriña. Tolerancia en las palabras de su director, Josué Álvarez Es un Espectáculo, lleno de contradicciones. Desde el Razonamiento humano, la lógica de una buena convivencia social, el respeto, el saber aceptar a las personas, aún que sean distintos a uno mismo. Hay que valorar lo que nos puedan enseñar.
La
expresión corporal, los afectos,
los distintos sentimientos, el
carácter, unos sonidos que hacen
música, el movimiento del
cuerpo, al compás, siguiendo el
ritmo, diferentes disciplinas de
danza y estilos de baile muy
diferentes, se crea Tolerancia. Hay cosas que no se pueden tolerar y como a lo largo de este montaje del ballet Studio 88 entre los ensayos, nos hemos visto rodeados de noticias de atentados y por eso lo de las contradicciones de tolerar o no tolerar, también estarán presente unas coreografías sobre lo que tolero y lo que no tolero que es la violencia, y el terrorismo.
Venres, 21 de agosto de 2009 O goberno agradece ao persoal municipal, especialmente a Servizos e Obras, o esforzo realizado nos últimos meses Dende o Grupo de Goberno do concello de A Guarda manifestan o agradecemento público ao colectivo de funcionarios e traballadores do concello, especialmente aos de Servicios e Obras, polo compromiso adquirido e polo esforzo realizado ao longo destes últimos meses nos que foron multitude as festas e actos organizados dende as concellerías de Cultura e Turismo e dende distintas asociacións guardesas que contaron sempre coa colaboración do concello. Practicamente dende o mes de xuño todas as fins de semana a Vila da Guarda vén celebrando algún evento ou actuación. Basta con citar algúns : Feira do Libro, Festa da Langosta, Festa das Tradicións Mariñeiras, Encontro dos Pobos, Cultura en Ruta, Festival de Bandas de Música Vila da Guarda, Seráns, Concertos de Rock, Encontro de Corais, Noites Guardesas do Deporte, Exposicións e Festas do Monte con todo tipo de eventos. Sen esta colaboración e compromiso, que se produciu en todos os departamentos afectados (Oficinas, Cultura, Turismo, OMIX, Policía Municipal, Padroado Monte Trega, etc. e moi especialmente por parte do persoal de Obras e Servicios encargados de montar a infraestructura necesaria para a celebración destes eventos) non sería posible organizar todos os actos e manter en estado de revista as nosas rúas e espacios públicos e mesmo redobrar esforzos para unha recollida de lixo que nestes meses se multiplica por tres grazas a afluencia de turistas que nos visitan. Somos conscientes, non obstante, de que todo é mellorable e que a pesar de haber empezado a primeiro de mes de xeito ininterrompido, incluso polas tardes, a baldear as nosas rúas e de que se vai continuar facéndoo, non damos chegado a todos os sitios ao mesmo tempo. De tódolos xeitos e según opinión maioritaria, o estado de limpeza foi máis que aceptable. Só dous exemplos que refrendan o antes exposto: 1.-Tódolos días da Festa do Monte houbo unha pronta recollida do lixo xerado como consecuencia da mesma e baldeo; 2.- O luns 10, ás 15 horas, despois dun esforzo encomiable, recollérase o lixo xerado o domingo en todo o monte e na Guarda, e baldeouse ata as 24 horas.
Venres, 21 de agosto de 2009 O responsable de Servizos do concello da Guarda, José Luis Gil, rexeita as manifestacións da portavoz do PP, Fátima Iglesias, sobre a falla de limpeza José Luís Gil Vicente, encargado de Servicios do Concello da Guarda, despois de ler a queixa de Doña Fátima Iglesias, concelleira do P.P, en relación coa limpeza, creo convinte facer unha aclaración xa que nos deixa quedar en evidencia ao persoal do Concello. Sobre o baldeo das rúas teño que dicir que dende o día 2 de agosto, sábado, ata hoxe mesmo baldeamos todos os días incluídos os festivos dúas cisternas mínimo, con días incluso de 5 cisternas. Cada cisterna leva 5.000 litros de auga, que non é da traída, senón que se carga na Fonte Vieita da Gándara e ata este ano, nos 21 que levo traballando no concello, nunca se fixera nada parecido. Fáltannos rúas por baldear porque non entra a cisterna, pero temos orden de darlle un repaso tan pronto como acabemos coas que si permiten o acceso do tractor utilizando as bocas de riego máis próximas. Quero resaltar como anécdota que cando estabamos baldeando as escaleiras que soben polo restaurante Gaviota, un señor dixo que en 30 anos que leva vivindo alí nunca se fixera tal cousa. Dicir tamén que o luns día 10 pola tarde baldeamos o Via Crucis, as escaleiras que van dende a praza do Monolito ata os primeiros Vía Crucis do Facho e a noite fomos baldear a praza onde están os restaurantes. Non quero entrar en polémicas pero síntome molesto porque o esforzo que se fixo foi importante e o que vostede di na súa nota non é certo.
A Guarda 20 de agosto de 2009 José Luís Gil Vicente
Xoves, 20 de agosto de 2009 La Asamblea Comarcal de Cruz Roja Baixo Miño inició los campamentos urbanos de verano La Asamblea Comarcal de Cruz Roja Baixo Miño inició el campamento Urbano, que finalizará el próximo viernes 21 de agosto y la próxima semana esta misma actividad se desarrollará en el CEIP Mestre Manuel García de Oia, finalizando el viernes 28. En ambas actividades las sesiones se desarrollan en horario de 11.00 a 13.00 horas. Estos campamentos están dirigidos a niños y niñas de entre 5 y 12 años de la comarca del Baixo Miñosiendo su inscripción gratuita. El objetivo que persigue Cruz Roja es llegar a un número más amplio de usuarios y detectar nuevas necesidades para futuras intervenciones e inquietudes de voluntarios. Los campamentos urbanos de verano se presentan como un lugar propicio donde promover las relaciones entre los menores y cubrir su tiempo libre de una manera lúdica y sana. Entre los objetivos que se plantean desde la organización, destacan los de desarrollar de una forma educativa y sana el aspecto físico, intelectual y afectivo de los menores, así como promover la adquisición de hábitos, valores y conductas positivas, respecto a la vida grupal y la convivencia y promover la autonomía, empatía y en general el desarrollo integral de los menores. Pero sobre todo quieren lograr que los participantes aprendan otras formas de divertirse, más sanas y menos costosas y mostrarles que el objetivo más importante del juego es la diversión. En esta ocasión la temática de los talleres girará durante toda la semana en torno al medioambiente fomentando hábitos de consumo responsable, promoviendo el reciclaje y otras actitudes positivas y responsables hacia este tema. Las actividades de verano de Cruz Roja finalizarán los próximos 27 (en A Guarda) y 31 de agosto (en Oia), con una gran fiesta de despedida. Para solicitar más información, los interesados podrán dirigirse a la Asamblea Comarcal de Cruz Roja Baixo Miño, calle Agustín Nandín Lomba, nº 1 Bajo (al lado de la iglesia parroquial). También por teléfono llamando al número 606 34 84 71.
Xoves, 20 de agosto de 2009 Sabado 22, a partir das 19.30 horas sardiñada con queimada no Recreo Un ano máis por estas datas de finais de agosto, o Recreo Artístico Guardés organiza unha Sardiñada, con pan, viño e refrescos, xunto con rosca, café e a especial queimada na que non faltará o conxuro. Nesta cita coas sardiñas asadas acturará o grupo Lareira. Haberá un baile ata a madrugada.
Mércores, 19 de agosto de 2009 Fátima Iglesias denuncia la situación de suciedad y falta de higiene de las calles guardesas La portavoz del Partido Popular de A Guarda, Fátima Iglesias Ferreira, manifiesta el malestar de la población, así como de quienes nos visitan en este mes de agosto, por la suciedad y el estado de las calles del pueblo. “Nos encontramos”, dice la portavoz popular, “en un mes de máxima afluencia de turistas, que encuentran un pueblo en estado de abandono con las calles sucias y malolientes”. A golpe de lunes, pasada una semana de las fiestas del Monte Santa Trega, las calles continúan sin ser lavadas. En la cima del monte, en las zonas de venta de recuerdos y entrada a los restaurantes y Museo, el olor a vino es insoportable y por lo que se ve, los responsables municipales están a la espera de que venga la lluvia y lo lave. Es absolutamente lamentabl continúa el comunicado del PP, pasear por ciertas calles y callejones del centro de la localidad que se han convertido en baños públicos. Hay plazas que a día de hoy continúan con chorreones de vino y calles empedradas que piden agua y cepillo. La portavoz municipal del PP hace pública esta situación y solicita al alcalde y al concejal responsable que actúen, paseen por las calles, reconozcan la situación que estamos padeciendo y tome medidas urgentes, higiénicas y sanitarias.
Martes, 18 de agosto de 2009 Un peregrino alemán de visita na Guarda percorreu 3.000 km ata chegar ao sepulcro do Apóstolo Un peregrino alemán, Günter Neumann, visitou A Guarda despois de percorrer 3.000 quilómetros, desde Höfl (Baviera, Alemaña), desde onde saíu un 10 de abril, nunha experiencia na que investiu 114 días. Ata Roncesvalles, a soedade foi case a única compaña no Camiño, do que valora a solidariedade das xentes e a de moitas igrexas que lle ofreceron refuxio, e cando non foi posible, descansou nos hoteis. En Roncesvalles uniuse a súa muller, Heidi Neumann, coa que chegou, en vinte e sete días, a Santiago. O 1 de agosto o matrimonio Neumann observaba as torres da catedral e poucas horas despois estaban na Praza do Obradoiro. Erwin Hertel e a súa dona, guardesa, Josefina Hertel, traducen as palabras de Günter e Heidi. Tiña 48 anos Günter cando quedou sen traballo. Malia as ganas postas, non conseguiu atopar alguén que o contratase, polo que decidiu autoempregarse. Cando lle chegou á xublilación, quixo agradecer ao Apóstolo a oportunidade atopada como autónomo e comezou unha peregrinaxe en solitario, logo de escoitar a experiencia de Erwinn Hertel, o parente, que xa fixera distintos tramos do Camiño de Santiago. Para Günter o peso da mochila (aproximadamente doce kg) e as ampolas, foron a maior dificultade. Heidi (sete kg de mochila) tivo problemas coas unllas e dores nos pés. Confesan que o descoñecemento dos idiomas, malia defenderse en inglés, e por suposto en alemán, foron tamén dificultades coas que se enfrontaron. Era a primeira vez que Günter e Heidi facían o Camiño, e aínda que a experiencia a consideran moi positiva e enriquecedora, non teñen pensado polo de agora repetir. Heidi destaca a oportunidade de coñecer a xentes doutras culturas e nacionalidades. Nunha andaina de 114 días xorden infinidade de anécdotas. Conta Günter que, xa en España, querían cear do que levaban, pero non tiñan pan. Achegáronse a unha muller que se atopaba a carón da súa casa, e déronlle a entender o que necesitaban. Ela, sabendo a imposibilidade de conseguilo nun pequeno pobo sen servicios nin tendas onde mercar, ofreceulle o que tiña. Günter, malia á forte negativa da muller, pagoulle o pan, agradecido polo xesto. No seu maxín quedan moitas historias que falan dos valores humanos, como a chegada a un mosteiro e o regocixo dos monxes ao descubrir a un peregrino a Santiago que procuraba hospedaxe entre os muros seculares. Traen Günter y Heidi o agradecemento infinito polo moito ben que atoparon no Camiño. En Alemaña, arestora, estarán recordando esta experiencia mentres van pasando as fotografías que rememoran un percorrido de 3.000 quilómetros ata o sepulcro do apóstolo.
Luns, 17 de agosto de 2009 Aberto prazo inscrición dun Curso de Fontanería para desempregados A Asociación Érguete Baixo Miño convoca a todas aquelas persoas interesadas na realización dun Curso de Fontanería, dentro do seu Programa de Incorporación Sociolaboral, que dará comezo o 1 de setembro e que está dirixido a todas aquelas persoas desempregadas da Comarca do Baixo Miño. Terá unha duración de 420 horas, 300 horas teórico-prácticas e 120 horas de prácticas en empresas, sendo impartido no Centro de Formación Ocupacional da A Mata en O Rosal. Grazas á colaboración do II Plan Galego de Inclusión Social, ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, ao Fondo Social Europeo, á Consellería de Sanidade – S. X. Programas de Fomento de Estilos de Vida Saudables-, á Deputación de Pontevedra e ao concello de O Rosal desenvolverase esta actividade encamiñada á inserción sociolaboral de persoas con dificultades na búsqueda de emprego. Animamos a todas as persoas interesadas a formalizar a preinscrición nesta Asociación así como obter máis información desta actividade formativa.
Sábado, 15 de agosto de 2009 Presentación dun libro sobre a historia do Casino de Camposancos Ás 22.00 horas a Sociedade Os Amigos de Camposancos, convocan un acto durante o cal se vai presentar o libro da autoría de Joaquín Miguel Vila Álvarez co título “Sociedad Los Amigos, 1909 – 2009”.
Sábado, 15 de agosto de 2009 No 2008 o concello da Guarda aforrou en pagos a Sogama máis de 33.000 euros Os esforzos que dende a concellería de Servizos se están a facer dende o ano 2007 para lograr un óptimo funcionamento do Punto Limpo e para que a cidadanía faga cada día un esforzo maior para separar as distintas clases de lixo nos seus fogares, está a dar uns magníficos resultados. No ano 2007, os verquidos de lixo da Guarda na planta de transferencia de Eiras alcanzaron a cantidade de 4.456 toneladas. No ano 2008, os verquidos na mesma planta foron de 3.804 toneladas. Deixamos de verter 652 toneladas o que supuxo para o concello un aforro de máis de 33.000 euros. Isto foi posible porque dende a concellería de Servizos se fixo un importante esforzo en dous sentidos. Por unha banda, levando a cabo tres campañas de concienciación con remisión de documentación a tódolos fogares e unha campaña escolar exitosa. Por outra banda, facendo unha recollida de voluminosos nos fogares, co que se evita o espectáculo que antes se daba, instalando 40 contenedores de envases lixeiros (contenedores amarelos) e 18 contenedores de vidro. É importante significar que o tratamento e transporte de todo o que reciclamos (papel, vidro, envases lixeiros, etc) non lle custa nada ó Concello. Todo o esforzo municipal sería en balde de non contar coa excelente colaboración dos guardeses e guardesas. Co traballo que están a facer de separación e reciclaxe están a dar toda unha lección de respecto polo medio ambiente ó tempo de producir un importante aforro para as arcas municipais.
Venres, 14 de agosto de 2009 La Administración de Lotería La Guardia sella una Bono Loto premiada con más de 100.000 euros Uno de los dos únicos boletos que lograron 5 aciertos y el complementario, de la Bono Loto del pasado miércoles, día 12, fue sellado en la Administración La Guardia, de A Guarda, de la que es titular Mª de los Ángeles Iglesias González. Según explicó Óscar Álvarez Iglesias, que atiende al público en dicha Administración, se trata de un boleto semanal; es decir, cuatro apuestas (una para cada día) de cincuenta céntimos cada una, lo que supuso que el afortunado con 108.756 euros invirtió dos euros en total. La intuición lleva a pensar a Óscar que el propietario de esa cantidad, más de 18 millones de las antiguas pesetas, es un vecino de la localidad, preferentemente una persona mayor. Pese a la importante colonia de turistas que visitan A Guarda en verano, Álvarez Iglesias explica que “los turistas gastan, sobre todo, en el Euromillón, la Primitiva o la Lotería Nacional; el jubilado invierte pequeñas cantidas y prefiere la Bono Loto”. Óscar Álvarez añade que la Administración ha dado en los últimos meses pequeños premios, “de modo que estábamos con esa espinita de haber si logramos contentar a alguien de forma especial”. Y esa forma especial llegó el pasado día 12. Antes que este, otros premios importantes dados por esta Administración fueron 1.200.000 euros en una lotería del jueves, y una Bono Loto de casi 150.000 euros. Óscar cuenta que la crisis llega también a las apuestas. Es cierto que ante las dificultades económicas juega más gente, dice, pero se reduce el gasto que se hace. Respecto a la influencia de los turistas, las ventas a penas experimentan cambios a lo largo del año, y solamente en los días finales de agosto se nota un ligero repunte de “quienes nos visitan que se deciden a probar la suerte”. Para la Administración de Lotería La Guardia esta nueva oportunidad “es una satisfacción que, de alguna manera, también disfrutamos nosotros sabiendo que a alguien, posiblemente, le ha llegado un respiro importante”.
Xoves, 13 de agosto de 2009 Desde o día 17 de agosto poderán recollerse, no concello, as fichas catastrais das fincas rústicas A través dun Bando asinado polo alcalde, José Manuel Domínguez Freitas, se comunica que desde o vindeiro 17 de agosto, e ata o 2 de setembro, ambos inclusive, e de 9 a 13 horas, os interesados poderán recoller no concello as fichas catastrais das fincas rústicas, froito da última revisión catastral.
Xoves, 13 de agosto de 2009 A Alcaldía da Guarda solicita a construcción dun observatorio ornitolóxico en substitución do que foi destruído polo lume O alcalde da Guarda dirixiuse á Consellería de Medio Ambiente, da Xunta de Galicia, para solicitar a construcción dun novo observatorio que substitúa ao que hai poucos días foi incendiado por descoñecidos. No seu escrito ao conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, Domínguez Freitas recorda a destrucción do Observatorio instalado na zona da Xunqueira e que, engade no seu escrito, ao longo de vinte anos, “serviron para que milleiros de persoas poideran ver a rica fauna que posuímos neste tramo final do Miño. Entre todo cómpre destacar, por tratarse de visitas organizadas, as guiadas por ANABAM (Asociación Naturalista do Baixo Miño) con escolares e colectivos de tódolos puntos de Galicia”. O observatorio, por mor do incendio aludido, quedou absolutamente inservible e, según palabras dos técnicos municipais, haberá que construilo de novo. “En poucos meses”, hembra o alcalde, “estaremos novamente na tempada de visitas escolares porque chegarán as aves que cada ano pasan aquí o outono e o inverno”. Esta circunstancia fai case imprescindible “que as obras se fagan axiña, para que a tempada de visitas, moitas delas xa comprometidas, discurra con normalidade”, e prégalle ao conselleiro “unha pronta construcción do observatorio”, ao tempo que solicita “o derrube e retirada dos restos do observatorio queimado xa que revisten perigo”.
Xoves, 13 de agosto de 2009 Mañá proxectarase no Art Café o vídeo do Domingo do Monte realizado por Anabam Mañá, venres, día 14, ás 23.45 horas, proxectarase na cafetería Art Café o vídeo Troulada no Monte 2009. O vídeo, gravado o domingo, un dos días principais das Festas do Monte, comeza co artístico alumeado das festas para continuar, ao longo de corenta minutos coa subida, o xantar, a sobremesa, a troulada, a baixada, a desfeita, e a derradeira verbena para rematar cos fogos do luns. Este vídeo poderá adquirirse a partir do sábado día 15 no Art Café; nas Librerías Ler e Cervantes así como na Academia Ferreira. Os beneficios que produza o mesmo van destinados ás actividades e proxectos de protección e conservación desenvolvidos por ANABAM.
Sábado, 8 de agosto de 2009 O BNG considera a rehabilitación da Alameda da Guarda como un despilfarro Segundo a formación nacionalista estamos ante un simple lavado de cara, considerando que o concello ten outras necesidades antes que a rehabilitación da Alameda guardesa; obras de mellora como os locais no antigo Sinde, o cableado no casco urbano ou o arranxo de diferentes rúas. Para o BNG resulta preocupante que na reforma diminúan as zonas axardinadas da Alameda en case 90 m2, tendo en conta que actualmente non chega nin ao 12 % da superficie total do recinto. O BNG lembra que o proxecto está valorado en máis de 608.000 €, un proxecto que non aporta nada novo á zona salvo un cambio de materiais sen aportar servizos novos. O actual proxecto de rehabilitación da Alameda vai hipotecar calquera tipo de actuación que intente transformar a zona nun futuro próximo, sobre todo porque non ten en conta a integración da finca de Fínola que é a única posibilidade real de ampliación da Alameda da Guarda. O grupo de goberno prefire afrontar un simple lavado de cara da Alameda da Guarda para poder vender esta obra a curto prazo, en vez de loitar por un proxecto máis ambicioso e transformador para toda a zona que contemple máis servizos, como a posibilidade dun aparcamento ou servizos públicos, polo que o BNG está pola transformación e mellora do concello da Guarda.
Martes, 4 de agosto de 2009 Taller de Maxia e gran espectáculo de maxia hoxe entre outras citas na Guarda A Concellería de cultura do concello da Guarda informa que hoxe, martes, ás 20.00h, vai ter lugar na Praza do Reló un Obradoiro de Maxia para Nenos, impartido por un xove mago de orixe fuardés, ben coñecido polos máis pequenos polas súas actuacións durante a semana do monte nestes últimos anos, o Mago Juan Manuel. A inscripción para este obradoiro farase na Praza do Reló a partir das 19.30 horas de hoxe mesmo e por estricto orde de chegada dos nenos. O número máximo de participantes será de 30 con idades comprendidas entre os 7 e 14 anos. Despois deste obradoiro de maxia no que os máis pequenos xogarán a ser aprendices de Harry Potter, toda a familia poderá disfrutar do gran espectáculo de maxia que terá lugar no auditorio de San Bieito a partir das 22.30 horas a cargo de Creacións Máxicas, que presenta o espectáculo “Magos no país das marabillas” baixo a dirección do Mago Antón.
Martes, 4 de agosto de 2009 Con un valor de más de 4.000.000 euros de licitación, ya está adjudicada la senda entre el puerto de A Guarda y la playa de O Muíño, en Camposancos El Ministerio de Medio Ambiente redacta el proyecto de senda, a lo largo del Miño, entre A Guarda y Tui La visita que realizó a A Guarda el diputado socialista en el Congreso, Luis Antonio Gómez Piña, tuvo tres motivos fundamentales. Por un lado, conocer in situ el estado de realización de las obras del Plan E, también conocido como Plan Zapatero. Por otro, anunciar la adjudicación definitiva, y por tanto el inicio inmediato, de la senda entre el puerto de A Guarda y la playa de O Muíño. Por último, informar de posibles líneas de ayuda del gobierno central que pudieran ser de interés para el municipio. En compañía del secretario general de la agrupación socialista y actual alcalde, Domínguez Freitas, y de otros concejales, Luis Antonio Gómez Piña recorrió parte de las obras del Plan E: Humanización de la plaza de Seixiños, Humanización calle de A Cal, Pavimentado en piedra del camino de O Couto, Aceras de Buxán, Area Recreativa de Fedorento y Cubierta del Club de Remo Robaleira, todas finalizadas, excepto una. Se le explicó asimismo que estos días se está finalizando la instalación de red WIFI y que después de las Fiestas del Monte se iniciarán las obras de remodelación de la Alameda. Obras que serían imposibles de ejecutar con cargo al presupuesto municipal ya que su presupuesto ascienden a más de 1.800.000 euros. Durante la visita anunció que ya está adjudicada definitivamente “la senda entre el puerto de A Guarda y la playa de O Muíño, en Camposancos”, obra que salió a licitación por más de 4.000.000 euros, por lo que en breve se iniciará su ejecución. Con esta obra, el Ministerio de Medio Ambiente dará satisfacción a una vieja demanda de la ciudadanía guardesa que ansiaba disponer de un paseo como el que se va a realizar, extremadamente respetuoso con el medio ambiente. Anunció también que el mismo Ministerio redacta el proyecto de senda, a lo largo del Miño, entre A Guarda y Tui. Por último, el diputado Luis Piña informó de posibles líneas de ayuda del gobierno central que pudieran interesar al ayuntamiento de A Guarda. Por un lado, el uno por ciento cultural, que es el uno por ciento del presupuesto del ministerio de Fomento que tiene que invertir en los BICs (Bien de Interés Cultural), de los cuales A Guarda tiene dos: El Monte Santa Trega y el castillo de Santa Cruz. Por otro lado, las ayudas y subvenciones que se pudieran recibir por ser un municipio de interés turístico. En ambas líneas, el ayuntamiento de A Guarda se pondrá a trabajar inmediatamente.
Luns, 3 de agosto de 2009 Roubo na carpa do Mercado Solidario: a outra “Solidariedade” Sorpresa, incredulidade, impotencia e outras sensacións confusas, manifestan os responsables de Avelaiña (enfermedade mental – A Guarda), Vontade (discapacidade física – Tui), San Xerome (discapacidade intelectual – A Guarda), Alento (dano cerebral – Vigo), Aceesca (discapacidade intelectual – Porriño) e Cogami (discapacidade física – Mos), é o que lles produciu o roubo perpetrado o 31 de xullo na Carpa do Mercado Solidario. Os representantes destes colectivos na Guarda, achegáronse ata a mencionada carpa ao seren alertados por un veciño, para comprobar os danos producidos. Unha vez máis (fai unhas semanas aconteceu o mesmo en Redondela) tiveron que dar conta do roubo (con “nocturnidade e alevosía”) de materiais e productos elaborados por persoas con discapacidade das 6 asociacións desta zona. Resulta difícil crer, engaden, que a persoa ou persoas que levaron os materiais, valorado en máis de 600 €, non tivese en conta o importante que resulta este material para a subsistencia das entidades mencionadas, e sobre todo o esforzo extra co que foi elaborado, superando atrancos e barreiras … os que hai que sumar agora a “colaboración” destas persoas que entraron na carpa para apoderarse de parte dos obxectos destinados á venda. A rabia é aínda maior para as Asociacións da Guarda, xa que, lembran, “levamos moitos anos concienciando ao noso entorno da ineludible necesidade da integración na sociedade das persoas con discapacidade; e pensabamos que algo así non podería acontecer no noso pobo”. Dese os colectivos mencionados queren “seguir sendo inxenuos e continuar na mesma liña de actuación. Non resolveremos o problema con máis vixilancia ou medidas de seguridade, senon probablemente seguindo actuando na escola, con actividades de voluntariado, concienciación e integración, ao mellor incluíndo unha nova asignatura que se podería chamar Educación para a solidariedade”. A pesares deste feito, a carpa do Mercado Solidario, permanecerá aberta ao público, tal e como estaba previsto, ata o venres 7 de agosto no porto da Guarda , en horario de 5 da tarde a 9 da noite.
Luns, 3 de agosto de 2009 Á venda o DVD das Festas do Monte 2008 Está á venda o DVD "Troulada no monte, 2008". Os fondos recadados pola venda deste DVD van destinados ás actividades de protección e conservación da natureza desenvolvidas por ANABAM. O prezo do DVD é de 6 euros. Pode solicitarse á mencionada asociación (anabam.anabam@terra.es) ou na Academia Ferreira (Arsenios). A gravación foi realizada o día grande das Festas do Monte, ou sexa o domingo. Ten unha duración de 42 minutos.
Sábado, 1 de agosto de 2009 Ábaco solicita unha rebaixa nas taxas polo terrazas ante o descenso do turismo A Asociación do Baixo Miño de Comerciantes e Empresarios ‘Ábaco’, expón que polo mal tempo que estamos a ter no pobo de A Guarda ó número de visitantes e turistas baixou no que levamos de verán. Ter a un empregado para atender estas terrazas resúltalles xa insostible nestes momentos de crisis e sen turistas na vila, algo, engaden, que afecta ao comercio en xeral. Diante desta situación a Asociación do Baixo Miño de Comerciantes e Empresarios ‘ábaco’ dirixiuse ao Concello, Portos de Galicia e Costas do Estado solicitando unha rebaixa nas taxas das terrazas que colocan case todos os hostaleiros nos seus locais para disfrute dos turistas, visitantes e veciños da localidade.
Sábado, 1 de agosto de 2009 X edición de “Las Noches Guardesas se Mueven” iniciativa del gimnasio Do-majó Hoy, sábado, el Gimnasio Do-majó presenta una nueva edición de Las Noches Guardesas se Mueven, espectáculo de ejercicios y demostraciones que tendrá lugar en el Audiotiro de San Benito a partir de las 21.30 horas. En el programa del gimnasio Do-majó figuran exhibiciones de Aeróbic, Aero Dance, Salsa, Funk Y Hip Hop, Regaton, Psico-Motricidad, Dominio Corporal, Judo y Defensa Personal. Actuaran cerca de 200 alumnos del Gimnasio Do-majó que presentarán, como novedad, la gran demostración del fitball (Pelota Gigante) y los homenajes a Michael Jackson y Vicente Ferrer Las Noches Guardesas se Mueven están organizadas por el Gimnasio Do-majó y el ayuntamiento de A Guarda con la colaboración de distintas casas comerciales.
Sábado, 1 de agosto de 2009 O premio do Certame Feliciano Rolán, na vixésimo terceira convocatoria foi para Xermán Torres de Vilagarcía de Arousa O pasado 30 de xullo tivo lugar a reunión do Xurado Cualificador do XXIII Certame de Poesía Feliciano Rolán, convocado pola Agrupación Cultural Guardesa, formando parte do xurado Isaac Penela Carbajales, licenciado en Teoloxía, escritor, dramaturgo, editor de “A Nosa Lucha”, e vicario do Rosal; Joaquín Miguel Villa Álvarez, doutor en Historia Contemporánea, historiador e investigador, mestre no colexio P.P Somascos; Ricardo Rodríguez Vicente, correspondente do xornal Faro de Vigo, administrador do xornal dixital Infogauda e investigador local; Chuni Vázquez, poeta e escritora, e Fátima Pérez Sobrino, licenciada en Filoloxía Hispánica. Tralas deliberacións do xurado, acordaron conceder os distintos premios aos seguintes poetas e obras presentadas ao Certame de Poesía: 1º Premio, a Xermán Torres, de Vilagarcía de Arousa, polo poema presentado co Lema: De Profundis; 2º Premio, a Cruz Martínez Vilas, de Vigo, polo poema Se cadra son pequena de máis, e 3º Premio, Rosa Martínez Vilas, de Vigo, polo poema A vacaloura dos meus soños. Ademias o xurado outorgou un Accésit, a Isaura Lago Álvarez, de Redondela, polo poema Sueños A entrega dos premios terá lugar o mércores 5 de agosto as 9.30 horas no Centro Cultural da Guarda durante un acto cultural poético, durante o cal actuará a pianista guardesa María Alonso Vázquez. |
|
|