|
|
Mércores, 31 de agosto de 2011 Inscricións nas escolas deportivas de Patinaxe, Balonmán e Fútbol da Deputación de Pontevedra Un ano máis a Deputación Provincial de Pontevedra colaborará co Concello de Tui nas Escolas Deportivas Provinciais, que nesta tempada contará cos deportes Patinaxe, Balonmán e Fútbol. Despois do éxito de participación do ano pasado, no que máis de 100 nenos e nenas de Tui gozaron da patinaxe, a Deputación Provincial e o concello de Tui esperan ter un incremento no número de inscritos. Esta actividade comezará o mércores, 5 de outubro, impartíndose as clases os mércores e venres no pavillón deportivo do IES San Paio de Tui. Poderán anotarse os nenos e nenas de 5 a 15 anos. Os grupos faranse pola monitora dependendo do nivel dos nenos. As inscricións realizaranse no Concello de Tui, por rigoroso orden, dende o día 5 ao 16 de setembro, dende as 09.00 ata as 13.30 horas. Una vez rematado o prazo de inscrición conformaranse os listados de admitidos e de reservas. Na última semana do mes de setembro publicaranse os listados na web do Concello. O Balonmán consolídase no Concello gracias ao traballo realizado polo Club Balonmán Tui, que o ano pasado contou con máis de 150 nenos e nenas. Esta actividade comezará no mes de outubro, impartíndose nos distintos colexios de Tui, CEIP nº2, CEIP de Guillarei, CEIP de Randufe, CEIP de Caldelas, CEIP de Pazos de Reis, CPR Santa María e CEIP de Rebordáns. Na primeira semana de clase realizarase una promoción polos monitores do Club Balonmán Tui e as inscricións cumprimentaranse nos colexios polas AMPAS, na segunda semana de clase. Con máis de 100 nenos e nenas do Concello, e impartido por adestradores do TYDE C.F., esta actividade impartirase no Campo de fútbol Municipal de Tui “Álvarez Durán”, os luns, mércores e venres de 17.00 a 19.00 horas. As inscricións poden facerse nas instalacións do Tyde C.F. ou chamando ao número de teléfono 617.858.623.
Bouza entre os 221 deportistas de alto nivel que reciben axudas da Fundación Deporte Galego O padeeiro do Club Kaiak Tudense, Jose Luís Bouza, está entre os 221 deportistas de alto nivel que reciben axudas da Fundación Deporte Galego. Estas axudas están encamiñadas á preparación deportiva e para obter a clasificación para os Xogos Olímpicos/Paralímpicos de Londres 2012. Jose Luís Bouza recibirá unha axuda cun importe máximo de 6.000 euros correspondente aos deportistas que, sen participar nos XXOO de 2008, están en condicións de facelo en 2012 ao ser beneficiario das Axudas Destino Londres.
Este domingo celébrase o IV Supercross Cidade de Tui Este domingo celébrase o cuarto Supercross Cidade de Tui no circuíto habilitado na traseira do Campo de Fútbol Álvarez Durán. Trátase da quinta proba do calendario galego. Ás once da mañá comezan os adestramentos e pola tarde, ás catro e media, celebrarase a carreira. Está organizado polo Moto Club Randufe. Andres Urceira, director técnico do Supercross, explicaba na RMT que se trata dunha carreira de motos moi espectacular porque transcorre por un circuíto de terra cheo de obstáculos. O nivel de pilotos galegos é moi alto, e así se reflectirá nesta carreira que contará nas categorías inferiores con campións de España, e posiblemente do Mundo. En senior están en contacto con Ricardo Rouco, Adrián Garrido, Román Pérez, que teñen no seu haber varios títulos, polo que segundo Andrés Urceira o espectáculo está garantido. Explicaba o director técnico do Supercross que xa os adestramentos da mañá son moi espectaculares xa que nos mesmos os pilotos comproban as características do circuíto e ata onde poden arriscar. Haberá un total de cinco categorías, e a competición constará de dúas mangas para cada categoría. Daba conta de coma será a orde de carreiras. Por último Andrés Urceira daba conta que no Baixo Miño hai moita aficción ao SuperCross, aínda que non todo o mundo pode competir porque este é un deporte caro. Precisamente este ano notan que baixo o número de inscricións debido á crise. Á entrada para o Supercross terá un prezo de 5€ para adultos e 3€ para menores de 16 anos e poranse á venda na billeteira. Os flyers da proba dan dereito a un euro de desconto. Remataba Andrés Urceira animando á xente a acudir a este espectáculo de supercross. II Proba Automobilística de Habilidade “Virxe das Dores” na fin de semana en Guillarei Esta fin de semana celébrase en Guillarei a II Proba Automobilística de Habilidade “Virxe das Dores”. Terá lugar tanto o sábado coma o domingo nos terreos a carón do cemiterio municipal a partir das catro e media da tarde. Esta actividade está organizada polos Amigos da Xincana que informan que haberá premios en metálico para os tres primeiros e trofeos para todos os participantes
Semana Cultural Virxe das Dores en Guillarei A Asociación de Veciños Virxe das Dores de Guillarei e Asociación Recreativa e Cultural Lembranzas da Terra son as organizadoras da Semana Cultural Virxe das Dores de Guillarei que comeza este venres. Abrirá o programa o I Serán Virxe das Dores no recinto de festas. Haberá chourizo e viño a prezos populares. Xa o sábado ás nove da noite na Casa Cultural actuará o grupo de pandereteiras A Insúa de Caldelas, e logo o monologuista Oswaldo Digón. Por último o domingo celebrarase a II Andaina que sairá ás nove da mañá do recinto de festas para facer un percorrido de 14 quilómetros. As actividades continúan o 9, 10 e 11 de setembro.
O Concello de Tui pon en marcha o sistema de fichaxe con pegada dactilar O Concello de Tui de Tui puxo en marcha este luns o sistema de fichaxe ao través da pegada dactilar. O sistema instalado hai xa meses na entrada da Casa do Concello habilitouse agora para controlar os horarios do persoal municipal que traballa nestas dependencias. Dende onte os primeiros en fichar son os concelleiros e o alcalde, e partir do 1 de setembro terán que fichar tamén os empregados municipais da Casa do Concello. Deste xeito Tui é pioneiro na implantación deste sistema. Na primeira quincena de setembro serán tamén postos en marcha os dispositivos similares instalados na nave municipal en Guillarei, nas oficinas da Policía Local, e no Conservatorio Profesional. O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, explicaba na emisora municipal que este é un bo sistema que non ten un fin “represivo nin controlador” que beneficiará sobre todo ao traballador. Segundo o mandatario municipal a posta en marcha deste sistema é aceptado de xeito desigual polo empregados. Por parte dos sindicatos, a quen o rexedor lles comunicou persoalmente a medida, é aceptada positivamente. A finais de setembro os traballadores municipais recibirán xunto coa súa nómina a información do horario realizado, e a partir de outubro xa repercutirá negativamente naqueles que non cumpran co seu horario.
Presentación de la Campaña "Vuelta al Cole" de la Federación de Empresarios del Baixo Miño FEBAM El pasado día 29, a las 20:00 horas, se realizó la presentación de la Campaña "Vuelta al Cole" de la Federación de Empresarios del Baixo Miño FEBAM, en su sede R/Martinez Padín Nº 11 (TUI). Durante la presentación pasaron por estas instalaciones numerosos niños tudenses, tomiñeses y de otros Concellos de alrededor acompañados de sus padres; entre los que se repartieron golosinas a los menores y Tarjetas Regalo FEBAM a sus acompañantes. En esta campaña que empezará en próximas fechas se distribuirán entre los comerciantes asociados de FEBAM miles de papeletas para fomentar la compra de equipamiento escolar en nuestra comarca.
Martes, 30 de agosto de 2011 Tui celebra na fin de semana as Xornadas Europeas da Cultura Xudía Tui celebra dende este venres e ata o domingo as Xornadas Europeas da Cultura Xudía. No programa figuran visitas guiadas aos testemuños da presenza xudía na cidade, unha exposición na Catedral e coma novidade un xantar organizado polo Concello xunto á Asociación Galega de Amizade con Israel. Este xantar terá lugar este sábado no Parador de Turismo de Tui cun menú típico da cultura xudía. - Ensalada de Cogombro en Vinagre de Sidra e Mel de Acacia - Surtido de Queixos e Cecina - Filetes de Salmón ao fiúncho con Arroz e Froitos Secos - Mazá Asada con Mel e Peixes Amendoados - Pan: de Bola, de Pasas e Noces - Bebidas: Cervexas, Refrescos, Mosto sefardí, Augas Minerais, Viño Branco (DO Rias Baixas ) e Tinto ( DO Rioja ) - Café e Licores O prezo é de 35€ por persoa. As reservas poden facerse ata este xoves na recepción do Parador: 986 600 300.
Éxito no Peche de Música no Claustro Con gran éxito de público o venres á noite pechouse a sétima edición de música no Claustro no claustro gótico da Catedral de Tui. A fermosa voz de Claudia Madur conquistou ao público a ritmo de fado. Esta cantante portuguesa ofreceu un magnífico concerto durante algo máis dunha hora no que ofreceu temas do seu disco “Fado sen tempo”, pero onde tamén interpretou outras cancións coma “María la Portuguesa”. Levouse o longo aplauso do público coma premio ao seu bo facer. No remate Don Ricardo García, coengo da Catedral, e Samuel Diz, director artístico do ciclo, agradeceron a fidelidade do público ao longo da semana, e tamén o traballo e esforzo de todos os colaboradores que co seu traballo fixeron posible que o ciclo fose un éxito.
Mañá presentación do Club de Xadrez Tui Mañá mércores, á unha da tarde, no Salón de Plenos do Concello de Tui presentarase oficialmente o Club Xadrez de Tui. Asistirán ao acto o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, o concelleiro de Deportes, Nicolás Lorenzo, o presidente do Club Xadrez Tui, Luís Fernández, o secretario do Club, Emilio Pazo, así como o xerente de Xadrez Galego, Roberto Páramos. Este novo club de xadrez, integrado por xogadores tudenses, nace coa intención de xestionar a escola deportiva municipal de xadrez de Tui. Esta terá a súa sede nunha das aulas do Novo Pavillón Deportivo Municipal. A partir de mediados do mes de setembro realizarase as inscricións tanto para nenos como para adultos.
Juan Carlos Boo novo presidente da Comunidade de Montes de Areas A Comunidade de Montes en man común de Areas celebrou este domingo Asemblea Xeral Extraordinaria para a Xunta Directiva. Presentáronse dúas candidaturas unha encabezada por Manuel González Fernández, que levaba no cargo 30 anos, e outra por Juan Carlos Boo González, denominada “O común dos veciños”. Participou o 92,5% dos 185 comuneiros. O resultado da votación foi que a candidatura de Juan Carlos Boo obtivo o 57% dos votos, sendo a gañadora, e a de Manuel González o 41%. Deste xeito Juan Carlos Boo é o novo presidente da Comunidade de Montes de Areas.
Sábado, 27 de agosto de 2011 Proxección de “Megamind” dentro no ciclo de Cinema na rúa Hoxe sábado ás dez e media da noite a praza de San Fernando acolle a proxección da película de animación “Megamind” dentro do ciclo de “Cinema na rúa” organizado pola Concellería de Cultura de Tui. A película transcorre en Metro City onde se enfrontan a cotío o supermalvado Megamind co superheroe Metro Man, que bota por terra todos os tentos do vilán de conquistar a cidade. Un día Megamind consegue matar a Metro Man, pero entón decátase de que a súa vida sen un superheroe non ten senso. Por iso crea un novo defensor do ben chamado “Titán”, pero este resultar ser aínda máis malvado que o seu creador, Megamind, xa que quere destruír o mundo. Por iso Megamind terá que tomar unha decisión difícil. En caso de choiva a película proxectarase no Teatro Municipal. Poderanse retirar un máximo de dúas entradas por persoa a partir das dez da noite.
Bailes de Salón o domingo na Corredoira e Rastro o sábado A Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui, ACITUI, organiza para este domingo a partir das 19h unha exhibición de bailes de salón a cargo da Escola Pasos de Vigo. A continuación terá lugar un concurso de parellas de baile afeccionadas que terán que bailar un cha cha chá, un pasodobre e unha salsa. Haberá premios para as tres mellores parellas. Por outra parte ACITUI en colaboración co Concello de Tui organiza esta fin de semana o terceiro Rastro, que ten lugar cada cuarto fin de semana de mes. Celebrase sábado e domingo de dez da mañá e dez da noite no Paseo da Corredoira. As persoas interesadas en participar poden facelo póndose en contacto con ACITUI no 986 60 75 56 ou no correo acitui@acitui.com. Amais tanto sábado coma domingo de dez da mañá a dez da noite haberá no Paseo da Corredoira unha Feira de xamón, viño e a flor .
We Love Party en Areas O Centro Cultural de Areas acolle hoxe a partir das catro da tarde o “We Love Party” un festival cos dj’s Ekix, André Dias, e Dj Peke 1.27
Nuria Domínguez e Jesús González no Mundial de Remo Os remeiros do Club Remo do Miño de Tui Nuria Domínguez e Jesús González, van participar no Campionato do Mundo Absoluto de Remo que se disputará dende este domingo, 28 de agosto, e ata o domingo 4 de setembro, na cidade eslovena de Bled. Nuria Domínguez competirá en Skiff e Jesús González en Dous Sen xunto a Antonio Guzmán. Estes dous deportistas poderán clasificarse tamén para o Campionato de Europa Absoluto de Remo que se disputará na terceira semana de setembro na cidade búlgara de Plovdic. Por outra parte, o tamén membro do Remo do Miño Alfonso José Riveiro, vai tomar parte nas Olimpiadas de Bombeiros e Policías que dende hoxe e ata o 5 de setembro se celebran en Nova York. Competirá de forma individual o domingo á tarde en Remoergómetro e en dobres xunto con Javier Pérez, tudense afincado en Tarragona, o martes á tarde.
Ampliado ata o 2 de setembro o prazo para presentar os traballos o Concurso de Fotografía de Randufe A Asociación de Veciños de Randufe ampliou ata o 2 de setembro o prazo para entregar os traballos que desexen participar no Concurso Fotográfico de Randufe convocado por este colectivo. Lembramos que hai dúas modalidades de participación. Con fotografías feitas co teléfono móbil ou ben con fotografías tradicionais feitas en analóxico ou dixital que deben versar sobre a parroquia.
O BNG califica de “limpeza irresponsable” a que se fai na Muralla Medieval de Tui polo concello BNG de Tui denuncia a pouca responsabilidade do grupo de goberno do PP de Tui, posto que diante do abandono e mala imaxe que levan anos ofrecendo os muros que dan ao paseo marítimo e a propia muralla medieval, destacando o baluarte coñecido como a Punta do Demo, agora os responsables municipais deciden acometer obras de desbroce e limpeza sen ter solicitado permiso á Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta, polo que a propia institución municipal dá outro exemplo máis de como non se deben face-las cousas e para maior colmo e sonroxo da poboación, unha institución pública limpa propiedades privadas con diñeiro público, cuestión que pode ser constitutiva de delicto por parte dos responsables. O BNG afirma non estar en contra de que se preserve o Patrimonio, pero o que non entende é que se fagan obras sen as pertinentes autorizacións e garantías e ademais a limpeza feita de calquera xeito pode ter unhas consecuencias perniciosas sobre a estabilidade dos muros, dado que ó ser arrancadas as raíces e a vexetación, a estabilidade dos muros vese alterada e coa chuvia da noite do domingo día 21, posiblemente se teñan producido máis derrubamentos. “Chove sobre mollado”, din os nacionalistas, e o Concello de Tui segue igual ca sempre, e xa o ano pasado pasou o mesmo coa Dirección Xeral de Costas e a limpeza das praias; agora, outra vez Patrimonio e así seguiremos, engaden no BNG, mentres os responsables do PP local non se dean de conta de que non poden facer o que queiran nunha cidade cun río e cun Patrimonio dun valor impresionante. Lamentablemente, din desde o BNG,día a día a súa degradación é maior e os responsables de velar pola súa conservación son os primeiros en facer todo o contrario.
Venres, 26 de agosto de 2011 Presentación do Club Xadrez Tui que coordinará a Escola Municipal de Xadrez O mércores, 31 de agosto, ás 13.00 horas, será presentado no Salón de Plenos do Concello de Tui o Club Xadrez Tui, no transcurso dun acto ao que asistirán o alcalde, Moisés Rodríguez; o concelleiro de Deportes, Nicolás Lorenzo; o presidente do Club Xadrez Tui, Luis Fernández, o secretario do Club, Emilio Pazo, e o xerente de Xadrez Galego, Roberto Páramos. O Club de Xadrez Tui, integrado por xogadores locais, nace coa intención de xestionar a Escola Deportiva Municipal de Xadrez que terá a súa sede nunha das aulas do Novo Pavillón Deportivo Municipal. A partir de mediados do mes de setembro realizaranse as inscricións tanto para nenos como para adultos. O Club Xadrez de Tui tamén participará na organización dun Torneo nas Festas de San Telmo e coordinará partidas simultáneas os domingos pola maña. Neste sentido, este domingo, día 28, de 11.00 a 13.00 horas, realizaranse partidas para todos aqueles que queiran participar, tanto nenos como adultos, no paseo da Corredoira.
Proxección de “Megamind” no ciclo de Cinema na rúa o sábado ás 22.30 horas na Praza de San Fernando A praza de San Fernando acolle este sábado, ás 22.30h, a proxección da película de animación “Megamind” dentro do ciclo de “Cinema na rúa” organizado pola Concellería de Cultura de Tui. A película transcorre en Metro City onde se enfrontan a cotío o supermalvado Megamind co superheroe Metro Man, que bota por terra todos os tentos do vilán de conquistar a cidade. Un día Megamind consegue matar a Metro Man, pero entón decátase de que a súa vida sen un superheroe non ten senso. Por iso crea un novo defensor do ben chamado “Titán”, pero este resultar ser aínda máis malvado que o seu creador, Megamind, xa que quere destruír o mundo. Por iso Megamind terá que tomar unha decisión difícil. En caso de choiva a película proxectarase no Teatro Municipal. Poderanse retirar un máximo de dúas entradas por persoa a partir das dez da noite.
Remata Música no Claustro con Claudia Madur, a nova voz do fado Esta noite conclúe, tras un gran éxito de público nos concertos precedentes, a sétima edición de Música no Claustro. A encargada de pechar o ciclo este ano vai ser Claudia Madur, considerada a nova voz do fado, que estará en Tui presentando o seu novo disco Fado sen Tempo. Na actuación estará acompañada polos músicos Artur Caldeira e Mario Henriques. Será ás nove desta noite no Claustro da Catedral de Tui. Onte rematou o ciclo JL Música coa actuación de Sandra Pérez á percusión. Tanto ela coma os outros participantes no ciclo Raquel Areal, María Domínguez e Manuel Madarnás, recibirán unha beca de JL Música. Por outra parte tamén hoxe remata o traballo de Álvaro Reinoso de plasmar en imaxes cada concerto, trazando liñas dan forma as notas musicais e nuns minutos debuxando auténticas obras de arte.
Remata JazzMiño, o I Ciclo de música en Vivo a beiras do río Miño Esta fin de semana remata o I Ciclo de música en Vivo a beiras do río Miño. Hoxe venres ás dez e media noite en La Fábrica de Tui actuará o grupo I am a man, formado por Lucas Fernández e Ángel Sánchez. E mañá no Parador de Turismo será a quenda Patricia Moon Andy Chango, tamén será ás dez e media da noite.
Remata a Semana Cultural e comezan as Festas da Rocha en Caldelas Cos playbacks a cargo da Asociación A Insua de Caldelas e o show A Insua hoxe remata a Semana Cultural organizada pola Asociación A Insúa. Unhas actividades que dan paso as Festas na honra á Virxe da Rocha que se celebran dende mañá e ata o martes. Mañá sábado a verbena será amenizada polo grupo Manila e a orquestra Miramar, e o domingo actuarán o grupo Samba e a orquestra Super Combo. Xa o luns terá lugar a tradicional cea de empanada na ribeira e amenizarán a verbena as orquestras Pontevedra e Gran Parada. Pechan as festas o martes a Orquestra Olympus e o grupo La Oca.
Xoves, 25 de agosto de 2011 Sandra Pérez no ciclo JL Música e Matamá Ensemble no Ciclo Música no Claustro hoxe xoves Con gran éxito de público nas tres primeiras xornada so ciclo Música no Claustro pasou xa o ecuador desta sétima edición. Hoxe no cuarto día de programación o historiador tudense Suso Vila falará de “Tui.1886”, nunha conferencia que ilustrará con interesantes fotografías da época. Será la sala capitular do claustro catedralicio a partir das oito da tarde. Unha hora despois, ás nove, ten lugar o último concerto do ciclo JL Música de apoio aos novos talentos. Hoxe será cun concerto de percusión a cargo de Sandra Pérez, alumna do Conservatorio de Música de Tui. Logo actuará o grupo Matamá Ensemble, nado en Vigo o ano pasado. Esta agrupación está integrada por Xurxo Fernández, gaita; David Bellas, saxo soprano; Lucía Comesaña, zanfona e voz; e Noa Vidal: percusións e voz. O seu repertorio é unha viaxe pola música tradicional galega dos últimos 50 anos dende unha óptica actual, apostando pola contemporaneidade da mesma. Prosegue tamén a mirada debuxada con Álvaro Reinoso que plasma en imaxes cada concerto dende a súa particular visión. Medio Rural xestiona axudas por importe de 60 mil euros para dúas iniciativas de desenvolvemento sostible no parque natural do Monte AloiaDúas iniciativas no Parque Natural do Monte Aloia recibirá unha axuda da Consellería do Medio Rural por importe de 59.419,42€. O conselleiro Samuel Juárez deu a coñecer os detalles destas subvencións na súa visita ao Parque Natural do Xurés, o de maior superficie da nosa Comunidade e o máis beneficiado por estas axudas Os beneficiarios destas axudas, –financiadas con fondos propios da Xunta e tamén do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2007-2013 (cun cofinanciamento do fondo comunitario Feader)– son propietarios de terreos situados nun dos seis parques naturais ou na súa área de influencia; titulares de explotacións agrarias ou gandeiras que estean dentro dun destes espazos protexidos; comunidades de montes veciñais dun dos parques; empresas dalgún dos municipios en que se sitúa o espazo protexido ou concellos que teñan toda ou parte da súa superficie dentro dun parque. O importe total destas axudas xestionadas desde Medio Rural ascende a 2.019.899 euros, dos cales case 60 mil euros corresponden a solicitudes presentadas por beneficiarios do Parque do Monte Aloia. Estas axudas, que xestiona a Dirección Xeral de Conservación da Natureza, foron convocadas en xuño de 2010 e teñen como principal obxectivo fomentar accións como a mellora da paisaxe agraria; a limpeza e restauración de camiños; a sinalización; a creación e mellora de infraestruturas de uso público e de acollida ao visitantes; a preservación de hábitats e vexetación de ribeira; a conservación das poboacións de especies protexidas; a loita contra a erosión ou as accións e actividades de educación ambiental
Deporte, música, maxia e humor Semana Cultural Xuntanza que arranca o sábado Este sábado comeza a Semana Cultural organizada pola Asociación Cultural Xuntanza de Randufe. Ao longo de dez días vannos ofrecer deportes, música, maxia, e humor. O programa arranca o sábado ás 11 da mañá no Campo de fútbol Municipal co encontro de fútbol infantil. Pola tarde ás seis enfrontaranse solteiras contra casadas e ás sete solteiros contra casados. O domingo continúan con máis deportes xa que ás dez sairá do adro da Guía a vixésimo quinta carreira popular. Xa o próximo martes no adro da Guía ás 21.30h terán un espectáculo de maxia co mago Marco, e logo actuarña o grupo de baile moderno Xamaraina da Guarda. As actividades proseguen ata o 6 de setembro.
Hoxe presentación da campaña Volta ao Cole de FEBAM A federación de Empresarios do Baixo Miño, FEBAM, vai presentar hoxe xoves ás oito da tarde na súa sede a campaña Volta ao Cole. No acto repartirán lambetadas entre os nenos e farán un sorteo de cheques de compra entre os asistentes.
Teatro e cantareiras hoxe na Semana Cultural de Caldelas O grupo de teatro San Fins de Rebordáns presenta ás nove e media desta noite dentro da Semana Cultural de Caldelas a obra “Ollo cos estudantes”. Logo actuarán as cantareiras Bouzacoba da Asociación de Veciños O Freixo de Valadares
Mércores, 24 de agosto de 2011 A Oficina de Turismo Municipal de Tui recibe máis de 4.700 turistas na primeira quincena de agosto A Oficina Municipal de Turismo do Concello de Tui recibiu na primeira quincena de agosto máis de 4.700 visitas de turistas que realizaron consultas de información. Deste número 4.100 corresponden a visitantes nacionais e 600 a visitantes estranxeiros. As comunidades autónomas que máis presenza tiveron na nosa cidade son Madrid, Cataluña e Andalucía. Por suposto, as visitas de turistas provenientes da propia Galicia son elevadas convertendo á nosa comunidade na sexta que máis turistas achega. Con todo, os visitantes galegos non realizan tantas consultas na oficina de turismo ao ter maior coñecemento da zona, o que apunta a un número superior de visitantes da nosa comunidade que non queda reflectido nas estatísticas. En canto a outros países, son nesta quincena os procedentes de Francia os que ocupan o primeiro lugar, seguido, por suposto, polos veciños portugueses e, en terceiro lugar, os italianos. Para a concelleira de turismo, Raquel Lorenzo, a cidade de Tui con este número de visitantes mantense nos mesmos parámetros dos anos anteriores con respecto ao número de visitantes (9.717 en agosto de 2010 ou 8.900 no mesmo mes de 2009) o que supón a consolidación de Tui como un destino turístico de interese e atractivo para os visitantes a Galicia. Os seus valores patrimoniais, naturais e paisaxísticos resultan valores cada vez máis valorados polos turistas. A Oficina Municipal de Turismo sita no Paseo da Corredoira está aberta ao público todos os días neste enclave emblemático da nosa cidade.
Homenaxe a Manuel Quiroga hoxe en Música no Claustro A terceira xornada do ciclo Música no claustro ábrese ás oito desta tarde cunha conferencia sobre o músico galego Manuel Quiroga coincidindo co 50 aniversario da súa morte a cargo de Milagros Bará Viñas. Terá lugar na sala capitular. Unha hora despois, ás nove, dentro do ciclo JL Música de novos intérpretes actuará Manuel Madardáns á trompeta acompañado ao piano por Karolis Biveinis. Logo o concerto principal do día correrá cargo de SERGIO HEREDIA e PABLO que continuarán coa homenaxe a Manuel Quiroga interpretrando algunhas das súas composicións para violín e piano.
Actuación hoxe na Semana Cultural en Caldelas Ás nove e media desta noite actúa en Caldelas, dentro da Semana Cultural A Insua, o grupo de baile moderno co grupo do Centro Cultural de Vilar de Redondela. Logo será a quenda do grupo de playbacks O Borralliño do Centro Cultural de Soutelo.
Teatro na XIII Semana Cultural Virxe Peregrina en Estás Ná décimo terceira semana cultural Virxe da Peregrina de Estás ás nove e media desta noite actúa o grupo de teatro San Fins de Rebordáns coa obra “O cego de Fornelos”.
Martes, 23 de agosto de 2011 Bouza bronce no C1 5000 no Mundial de Shezed O domingo na cuarta e última xornada do Campionato do Mundo, que se está celebrando na cidade húngara de Szeged, por fin chegou a ansiada medalla para o Kaiak Tudense. José Luís Bouza conseguiu a medalla de bronce en C1 5000 metros, por detrás do ucraíno Mykhaylo Koshman e do checo Lukas Koranda, primeiro e segundo respectivamente. A regata transcorreu de maneira accidentada, xa que foron continuos os golpes entre todos os seus participantes, o cal fixo que a partir dos 2000 metros o padeeiro ucraíno e checo escapásense en solitario, empezando aí a persecución por parte de José Luís, que neses momentos ocupaba a quinta posición. Tras unha gran remontada, Bouza non conseguiu alcanzar ao dueto de cabeza terminando en terceira posición, e engrosando así a súa palmarés nesta distancia tanto en mundiais como en europeos. O padeeiro tudense finalizou a súa participación no mundial coa final do C1 4x200 metros, onde competía xunto cos seus compañeiros de selección Alfonso Benavides, David Cal e André Oliveira, que ocuparon a meritoria quinta posición. O sábado Bouza non puido pasar da cuarta posición na final B do C1 500 metros. Sen lugar a dúbida, as condicións metereológicas non axudaron no máis mínimo ao padeeiro de Tui, xa que o venres o forte vento en contra apeouno da final A, o sábado o forte vento de lado en contra de zurdos non o deixou competir en plenitude de condicións. Coa última xornada competitiva o domingo José Luís Bouza conclúe a súa participación neste Campionato do Mundo cun sabor agridoce tras non poder competir en C1 1000 metros, distancia na cal é especialista e medallista europeo. A partir de agora Bouza comezará unhas merecidas vacacións, despois dunha tempada difícil tras a súa operación de ombreiro, coa mente posta en lograr un gran estado de forma para a próxima tempada que lle permita loitar por ser o elixido para representar a España nos próximos JJOO de Londres. O día anterior, sábado, na terceira xornada do Campionato do Mundo, os padeeiros do Club Kaiak Tudense, Diego Piña e Víctor Rodríguez, foron os vencedores da final B en K2 500 metros. A parella tudense despois de ser cuartos na semifinal do día anterior, tivéronse que conformar coa final B, que gañaron cunha superioridade abismal respecto ao segundo clasificado, quitándolle a este máis de tres segundos, cun tempo de 1,29,561; este tempo faría que se clasificasen en quinto lugar na final A, o cal demostra o desequilibradas que estaban as semifinais. Con este resultado o K2 do Kaiak Tudense termina a súa competición no Campionato do Mundo, do cal, a pesar de non entrar na final A, saíron reforzados de cara á loita para a clasificación olímpica en K2 1000 metros que aínda está en xogo.
Contratación laboral temporal dun operario de limpeza O Concello de Tui vén de publicar as bases de selección para a contratación dunha persoa de forma laboral temporal a tempo completo como operario de limpeza, motivada polas actuais necesidades de persoal do Servizo de Recollida de Lixo e xustificada na providencia de alcaldía de 8 de agosto de 2011. Os interesados poden consultar as bases na páxina web do Concello (cliclar AQUÍ). As solicitudes para participar no proceso selectivo presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Tui no prazo de 5 días hábiles.
Día dedicado a Tui no Ciclo Música no Claustro Hoxe martes é o segundo día do Ciclo Música no Claustro, no claustro gótico da Catedral. A programación de hoxe está dedicada completamente a Tui. Esta tarde abre a programación José Aldea director da editorial Ouvirnos que presenta “Itinerarios Histórico-Musicais” abordando a visita musical que propoñen á cidade de Tui. Esta colección presenta unha nova vía de coñecemento das rúas e edificios da cidade a través do patrimonio artístico musical. Un itinerario que non deixará indiferente a ninguén. Será ás oito na sala capitular do claustro. A continuación, ás nove, comezará o primeiro concerto do Ciclo JL Música de novos intérpretes coa actuación de Raquel Areal ao violín, e María Domíguez ao piano. . Interpretarán un programa íntegro con obras do pianista e compositor Karolis Biveinis. Esta é pois, unha nova mostra do grande potencial existente na canteira musical local, que grazas a unión de colaboración entre Música no Claustro e JLMúsica, continúa sendo unha parte imprescindible na programación do festival. Tras elas actuará xa no ciclo de concertos a pianista tudense Andrea González, que tras catro anos regresa a Música no Claustro dende Milán cidade na que cursa un Máster de Interpretación no Conservatorio Guiseppe Verdi. No concerto interpretará obras de Beethoven, Schumann e Ravel. Como complemento, o ilustrador ARO continuará dando forma a ese diario ilustrado totalmente persoal, a través das súas liñas e cores, de todo o que ocorra neste serán. Todas as actividades son de acceso libre até completar aforamento.
Festas na honra a San Roque e San Bartolomé Volven as festas hoxe ao barrio de San Bartolomé na honra ao seu patrón. Esta noite haberá verbena amenizada por Capitol e D’Tacón. Mañá mércores, festividade de San Bartolomé, dende primeira hora da mañá celebrarase na rúa Loureiro a feira dos cabalos. Ás once da mañá entrará no barrio a Banda de Música Popular de Tui e Airiños do Miño fará un pasarrúas. Ás doce celebrarase misa solemne con procesión acompañada da Banda de Música Popular de Tui. Rematan os festexos coa verbena a cargo de Superfama e Troba.
Continúa a Semana Cultural de Caldelas Ás nove e media desta noite continua a Semana Cultural de Caldelas organizada pola Asociación Cultural A Insúa. Hoxe actuará en primeiro lugar a Banda Xuvenil de Salvaterra e logo haberá un espectáculo de maxia a cargo do Rei Midas.
O alcalde solicita a colaboración dos veciños na conservación do conxunto histórico O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, vén de editar hai uns días un bando sobre a conservación e limpeza do conxunto histórico tudense no que solicita a colaboración dos veciños e propietarios desta zona monumental pois o obxectivo do goberno municipal non é só potenciar este enclave como referente patrimonial e turístico senón nun lugar “coas mellores condicións para a vida dos seus habitantes”. Neste sentido o bando lembra a obriga dos propietarios de manter a limpeza dos seus predios así como a colocación de portas e fiestras nos vanos existentes “ou, no seu defecto, proceder aos seu tapiado deixando a zona exterior cun enlucido axeitado ao entorno”, así como recorda que os horarios de depósito de lixo nos contedores soterrados é de 21,00 a 24,00 horas e a prohibición de depositar os residuos fóra dos correspondentes contedores. Anuncia tamén neste bando que o Concello procederá a peonalización deste conxunto histórico, abrindo ao longo do mes de setembro un prazo para que os residentes empadroados nestas rúas e con vehículos dados de alta no correspondente padrón municipal poidan inscribirse no rexistro aberto ao efecto na Secretaría do Concello para posibilitar no futuro o seu acceso a esta zona peonil. Por último informa no bando da apertura do prazo para solicitar axudas para a rehabilitación de vivendas ao abeiro do programa da Área de Rehabilitación Integral, que pode financiar ata o 75% do orzamento cun máximo de 20.200 euros. A tramitación destas axudas realizase na Oficina de Rehabilitación – Portelo Único de Vivenda ubicada na propia Casa do Concello onde ofrecen información e asesoramento sobre este tema. Estas mesmas medidas figuran tamén na carta que nestes días enviará o alcalde aos mil seiscentos propietarios do conxunto histórico tudense, onde reitera “a nosa vontade de traballar para consolidar o conxunto histórico como referente da nosa cidade, pero neste labor resulta imprescindible a colaboración de todos os veciños pois esta aspiración só poderemos acadala co esforzo e a cooperación entre o Concello e os cidadáns”. Nesta carta Moisés Rodríguez detalla algúns dos temas nos que traballa na actualidade o Concello sobre este conxunto patrimonial e nos que resulta necesaria a colaboración veciñal. Por outra banda o concello de Tui ten acometido, en relación co conxunto histórico unha ampla limpeza da zona denominada da “falsa braga” que da cara ao Paseo Fluvial tudense, onde existía un importante foco de maleza. Complementariamente se está procedendo nestas últimas datas á limpeza das pintadas existentes en diversos monumentos do conxunto histórico, medidas encamiñadas á lograr que este enclave patrimonial poida lucir axeitadamente os seus recursos patrimoniais e turísticos. O Concello continúa traballando con outras medidas en relación coa Área de Rehabilitación Integral e as axudas a vivendas no Camiño de Santiago, xa anunciada, ou as xestións levadas a cabo días atrás co arquitecto Cesar Portela para retomar o seu proxecto de rehabilitación do Teatro Principal. Moisés Rodríguez Pérez reitera o seu compromiso pola potenciación deste conxunto monumental tudense e que paseniñamente este goberno municipal, que leva escasamente dous meses de traballo, acadará este obxectivo estratéxico do seu mandato.
III Rastro de Tui esta vindeira fin de semana A Asociación de Comerciantes e Industrias de Tui, ACITUI, en colaboración co Concello de Tui, informa de que todas as cuartas fins de semana de cada mes celébrase un Rastro no Paseo da Corredoira, tendo lugar esta fin de semana o III Rastro de Tui, o 27 e 28 de agosto, a partir das 10:00 horas e ata as 22:00 horas. Todas as persoas interesadas en participar poden facelo poñéndose en contacto con ACITUI no teléfono 986 60 75 56 ou a través do correo eléctronico acitui@acitui.com.
Feira de xamón, viño e a flor e exhibición de baile con concurso para amateurs A Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui, ACITUI, en colaboración co Concello de Tui, informa de que esta fin de semana (o sábado 27 e domingo 28), terá lugar no Paseo da Corredoira unha Feira de xamón, viño e flor a partires das 10.00 horas ata as 22.00 horas. Por outra banda, o domingo 28, a partires das 19 horas, terá lugar, tamén no Paseo da Corredoira, unha exhibición de baile de salón, da Escola Pasos de Vigo, e un concurso de baile para amateurs, participando con 3 bailes: un chachachá, pasodobre e salsa. Todas as persoas interesadas en participar no concurso de amateurs poden facelo poñendose en contacto con ACITUI no teléfono 986 60 75 56 de 9.00 a 15.00 horas, ou a través do enderezo eléctronico acitui@acitui.com.
Luns, 22 de agosto de 2011 Hoy comienza en Ciclo de conciertos en la Catedral de Tui Hoy comienza en la Catedral de Tui el Ciclo de conciertos "Música en el claustro VII" y "JL Música II", que se iniciará, a las 20 horas, con la primeira de las conferencias ilustradas a cargo del historiador Rafael Sánchez Bargiela que tratará el tema “A Ponte Internacional coma unión de dous pobo”. Una hora después, a las 21 horas, celebrarase el primeir concierto a cargo del dúo Espido formado por Guadi Galego e Guillerme Fernández, músicos ligados a Berrogüetto que ofrecerán un original trabajo con una guitarra y una voz. Mañana en este espacio religioso estarán Raquel Areal (violín) y María Domínguez (piano) interpretando obras para violín y piano de Karolis Biveinis. A continucación ofrecerá un concierto la pianista Andrea González, con obras de L.V.Beethoven, R.Schumann y M.Ravel.
Sábado, 20 de agosto de 2011 Festas na honra a San Bartolomé Onte continuaron as festas na honra a San Roque e San Bartolomé en San Bartomé en Tui cun festival folclórico e un serán cos grupos Meigallo de Randufe e A Nosa Xente de Paramos. Hoxe sábado a partir das nove da noite van celebrar un Certame de Bandas de Músicas coa actuación da Municipal de Valadares e a Popular de Tui. A festa continua o próximo martes 23 e mércores 24.
O concello de Tui celebrará na primeira fin de semana de setembro unha nova ediciòn das Xornadas Europeas de Cultura Xudía A Concellería de Cultura do Concello de Tui celebrará entre o 2 e o 4 de setembro unha nova edición das “Xornadas Europeas de Cultura Xudía” que nesa mesma fin de semana celébrase en toda Europa para resaltar a achega do patrimonio xudeu á cultura común dos pobos e europea. O programa que está ultimando o departamento de cultura tudense, que se presentará en próximas datas, abrangue as clásicas visitas guiadas aos testemuños da presenza dos xudeus no conxunto monumental tudense a celebrar o sábado 3 e o domingo 4 de setembro en horario de maña. Se completa o programa cunha exposición, a celebrar na Catedral de Tui, sobre alongada vivencia da comunidade xudía na nosa cidade e, finalmente, como novidade haberá un xantar o sábado 3 de setembro que organiza este Concello conxuntamente coa Asociación Galega de Amizade con Israel. Este “Sehudat Shabat” (xantar do sábado) terá lugar no Parador de Turismo “San Telmo” de Tui, e contará cun menú típico da cultura xudía: - Ensalada de Cogombro en Vinagre de Sidra e Mel de Acacia - Surtido de Queixos e Cecina - Filetes de Salmón ao fiúncho con Arroz e Froitos Secos - Mazá Asada con Mel e Peixes Amendoados - Pan: de Bola, de Pasas e Noces - Bebidas: Cervexas, Refrescos, Mosto sefardí, Augas Minerais, Viño Branco (DO Rias Baixas ) e Tinto ( DO Rioja ) - Café e Licores O prezo é de 35€ por persoa a ingresar ata o 26 na agosto na conta da Asociación: Novacaixagalicia: 2091 0518 57 3040025495 ou reservar ata o 1 de setembro na recepción do Parador: 986 600 300. Vanesa Rodríguez Pereira, concelleira de cultura do Concello de Tui, lembra o éxito acadado nas edicións anteriores destas xornadas que teñen posibilitado que numerosos veciños e forasteiros poidan achegarse ao coñecemento da achega xudía á historia bimilenaria da nosa cidade. Xa é a quinta edición destas Xornadas, que a nivel de España coordina a Red de Juderías, organismo ao que o Concello de Tui ten solicitada a súa adhesión.
O concello asume a apertura da Oficina de Turismo da Xunta de Galicia en Tui Dende hoxe sábado e ata fin de mes o Concello de Tui asume a apertura da Oficina de Turismo da Xunta de Galicia, ubicada no edificio Área Panorámica na rúa Colón da cidade, que dende o pasado martes estaba pechada ao público. Esta medida foi adoptada logo da solicitude formulada polo alcalde tudense tras coñecer o peche desta oficina nun momento de máxima demanda polos turistas. Unha solicitude enviada por escrito o 17 de agosto e logo formulada en diversas conversas mantidas coa Secretaria Xeral para o Turismo. Froito destes contactos foi o acordo adoptado na mañá de hoxe entre ambas institucións e que contempla que a Secretaria Xeral para o Turismo autoriza que o Concello de Tui asuma a xestión del Oficina de Turismo no que resta do mes de agosto. O alcalde tudense, Moisés Rodríguez Pérez, amosa a súa satisfacción por este acordo que posibilita que este importante punto de información turística para Tui, a comarca do Baixo Miño e o Camiño de Santiago continúe aberto ao público nun momento de máxima demanda. Desde xeito, engade o alcalde de Tui o Concello soluciona un problema puntual colaborando coa Xunta de Galicia na promoción e información turística, ampliando o traballo que ata agora desenvolve, nesta materia, a través da Oficina Municipal de Turismo. Rodríguez Pérez subliña que o Concello de Tui está declarado “Municipio turístico” e que a promoción do ámbito turístico é unha das liñas estratéxicas da acción do goberno municipal. Agradece a colaboración atopada na Secretaría Xeral para o Turismo para dende a colaboración superar este problema puntual pois para o Concello de Tui o funcionamento desta oficina de turismo na nosa cidade, logo de varias décadas, é un servizo irrenunciable pois permanece aberto ao longo de todo o ano.
Música no claustro presenta un programa “inmellorable” na súa sétima edición segundo os organizadores O Claustro gótico da Catedral de Tui vai acoller a próxima semana a sétima edición do Ciclo de Concertos Música no Claustro, caracterizada este ano por ofrecernos a súa particular visión da música creada dende 1886 nas dúas beiras do Miño ao través de concertos, exposicións e conferencias. Este é o xeito en que este ciclo musical se suma ás celebracións do 125 aniversario da vella Ponte Internacional. O ciclo foi presentado onte na sacristía da Catedral polo coengo Ricardo García e por Samuel Diz, responsable da organización de Música no claustro. Estiveron acompañados pola concelleira de Cultura, Vanesa Rodríguez e polo alcalde de Tui, Moisés Rodríguez. Ricardo García abría o acto dando a benvida á sancristía catedralicia destacando que é a que mellor tallas ten das cinco catedrais galegas. Sinalaba que esta é unha das xoias que ten a catedral, coma o claustro onde se celebran os concertos. Samuel Diz explicaba que o festival en cada edición é máis interdisciplinar. Este ano sumándose á celebración do 125 aniversario da ponte internacional buscan ofrecer unha visión do que é Galicia e Portugal dende 1886. O programa estruturase do seguinte xeito. Por unha banda está o ciclo de concertos que se celebrarán de luns a venres ás 21h no claustro. Nesta ocasión previamente, ás 20h, no propio claustro haberá conferencias ilustradas. E continua tamén o ciclo JL Música de apoio aos novos músicos e tamén a iniciativa A Mirada Ilustrada con Álvaro Reinoso. Samuel Diz destacaba que a programación lograda nesta ocasión non vai ser doada de superar en vindeiras ocasións, xa que no seu parecer “hai un programa inmellorable”. A concelleira de Cultura, Vanesa Rodríguez, agradecía todo o traballo realizado polos organizadores neste ciclo que poderemos disfrutar a próxima semana. Amosouse satisfeita ao comprobar que o elenco que este ano estará no festival deixa constancia do bo nivel dos músicos tudenses. O alcalde de Tui pola súa parte felicitou aos organizadores por este ciclo centrado no aniversario da ponte internacional, aproveitando a ocasión para lembrar que tanto Tui coma Valença solicitaron ante os respectivos gobernos estatais a declaración desta centenaria infraestrutura coma Ben de Interese Cultural. Programa previsto O VII ciclo de Música no Claustro comeza o luns ás 20h coa primeira das conferencias ilustradas a cargo do historiador Rafael Sánchez Bargiela que tratará o tema “A Ponte Internacional coma unión de dous pobo”. Unha hora despois, ás nove, celebrarase o primeiro concerto a cargo do dúo Espido formado por Guadi Galego e Guillerme Fernández, músicos ligados a Berrogüetto que achegan un orixinal traballo cunha guitarra e unha voz. O martes, 23 de agosto, abre a programación José Aldea director da colección “Itinerarios Histórico-Musicais” abordando a visita musical que propoñen á cidade de Tui. A continuación, ás nove, comezará o primeiro concerto do Ciclo JL Música de novos intérpretes coa actuación de Raquel Areal ao violín, e María Domíguez ao piano. Tras elas actuará xa no ciclo de concertos a pianista tudense Andrea González, que tras catro anos regresa a Música no Claustro dende Milán cidade na que cursa un Máster de Interpretación no Conservatorio Guiseppe Verdi. Continua o ciclo o mércores, 24 de agosto, cunha conferencia ás 20h de Milagros Bará Viñas quen falará de Manuel Quiroga, unha das figuras musicais galegas máis grandes a nivel internacional. Ás nove dentro do ciclo JL Música actuarán Manuel Madarnás á trompeta e Karolis Biveinis ao piano. A continuación Sergio Heredia ao violín e Pablo Diago ao piano renderán homenaxe a Manuel Quiroga rescatando composicións deste autor para esta formación camerística. O historiador tudense Suso Vila presentará o xoves ás 20h a situación xeral de Tui no ano 1886 pechando o ciclo de conferencias de Música no Claustro. Tamén rematará o xoves o ciclo JL Música coa actuación de Sandra Pérez á percusión. Corresponderá despois a quenda de actuación a Matamá Ensemble formación integrada por Noa Vidal, David Bellas e Xurxo Fernández que ofrecerán unha visión actual da música tradicional galega. Por último o venres pecha Música no Claustro a actuación de Cláudia Madur presentando o seu novo disco “Fado sem Tempo”. Está considera a nova voz do fado portugués. Estará acompañada por Artur Caldeira, Mario Henriques e Joao Penedo. A mirada debuxada Novamente este ano en Música no Claustro contarase coa presenza de Álvaro Reinoso, ARO, coa exitosa iniciativa “A mirada debuxada” na que irá dando forma a un diario de concertos coas ilustracións que irá creando en cada actuación. Precisamente o cartel anunciador desta sétima edición de Música no Claustro é obra de Álvaro Reinoso plasmando no mesmo unha orixinal panorámica do casco histórico tudense e de Valença unidos por unha ponte onde os diferentes monumentos e edificacións son representados por instrumentos coma unha guitarra, un arpa, un piano e un violín.
Venres, 19 de agosto de 2011 Hoxe compiten tres padeeiros tudenses no Campionato do Mundo de Hungría Onte comezou en Hungría o Campionato do Mundo de Piragüismo no que están presentes tres homes do Club Kaiak Tudense. Son Jose Luis Bouza que competirá en C1 sobre a distancia de 500 e 5000 metros, e Diego Piña e Víctor Rodríguez que participarán no k2 500 metros. Os tudenses entrarán en competición hoxe venres pola mañá ás 8.55 Jose Luís Bouza en C1, e ás 9.15h Diego Piña e Víctor Rodríguez en K2 sobre a distancia de 500 metros. Xa o domingo será a competición no C1 5000 metros na que participará Bouza.
Presentación do Ciclo de Música no Claustro Hoxe venres ás 11h será presentado na sancristía da Catedral de Tui o VII Ciclo de Música no Claustro da S.I. Catedral. Este ciclo vai celebrarse a próxima semana do luns 22 ao venres 26. A presentación correrá a cargo de Samuel Diz, responsable da organización do ciclo, de Don Ricardo García, coengo da Catedral, acompañados pola concelleira de Cultura, Vanesa Rodríguez e polo alcalde de Tui, Moisés Rodríguez.
Campaña Merca en Tui Dende onte e ata o sábado no Paseo da Corredoira hai unha carpa da campaña Merca en Tui de ACITUI, a Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui. Ali, na furna habilitada para este fin, pódense depositar as papeletas que os clientes dos comercios asociados reciben polas súas compras. Todas estas papeletas entrarán o sábado nun sorteo de distintos premios coma vales de compra, vales descontos e outros agasallos. O sorteo será o sábado ás seis e media da tarde. O obxectivo desta campaña “Merca en Tui” é a promoción do comercio local.
Grovios Metal Fest Este sábado celébrase en Chan do Carrasco, en Randufe, o I Grovios Metal Fest organizado pola Asociación Xuvenil Furabolos. Leticia Corgo e Antonio Rodríguez son dous dos organizadores deste festival, que o ano pasado tivo un pequeno antecedente en Rebordáns, e que este ano asumen xa de xeito máis ambicioso. Daranse cita grupos de Valencia, Arcade, Bilbao, Madrid, Portugal e Cangas. Leticia Corgo destacaba a presenza de Noctem e dos outros grupos de metal. A entrada ao festival ten un prezo de 5€ e inclúe un agasallo. O festival inclúe tamén unha concentración moteira. Con todas estas actividades agardan reunir este sábado no Festival entorno á trescentas persoas.
Hoxe continua o JazzMiño – I Ciclo de música en Vivo a beiras do río Miño Esta fin de semana prosegue o ciclo de música ao Vivo a beira do río Miño Jazz Miño. Ás dez e media desta noite actúa en La Fábrica de Tui o grupo Cencerro Negro. Mentres mañá sábado, tamén ás dez e media, no Parador de Turismo ofrecerá un concerto o grupo vigués The Red Dock Blues Band. A entrada nos dous casos é libre.
Concertos en La Fabriquería Ás once desta noite La Fabriquería na Avenida da Concordia acolle un concerto do grupo Phantom Club.
XV Rocha Rock
Esta noite celébrase no Chiringo Os Choróns de Caldelas a
décimo quinta edición do Rocha Rock. Participarán os grupos Diecinueve 70 e The
Cillit Band. Semana Cultural A Insua de Caldelas Hoxe comeza a Semana Cultural “A Insua” de Caldelas que se vai prolongar ata o próximo venres 26 de agosto. Nestes oito días teñen un variado programa con teatro, musica, humor, playbacks, ou xogos populares. A programación comeza ás nove e media desta noite co grupo de teatro Caldemiños que porá en escena a obra “A carreira do Manoel”. Logo actuarán o grupo de pandereteiras As D’abadía e o os gaiteiros “A Vella Escola” de Caldelas. Mañá sábado será o Día dos Nenos que partir das cinco da tarde poderán participar na ribeira na festa infantil con inchables, touro mecánico, maquillaxe, globoflexia e festa da espuma. Xa pola noite, ás dez, proxectarase a película “Megamind”. O domingo ás cinco da tarde haberá xogos populares como tiro da corda, carreira de sacos, carreira de aros, xogo da ra... E para o luns ás nove e media da noite teñen prevista a actuación d Isi gañador do concurso O rei da comedia da TVG e colaborador do programa Lan-Rober. Estas actividades están organizadas pola Asociación Socio Cultural, Xuvenil e Deportiva A Insua.
VIII Encontro Internacional de Teatro e Artes de Rúa Cidade de Tui A Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui, tras o éxito do 1º Encontro de teatro e artes da rúa cidade de Tui celebrado a pasada fin de semana na Corredoira, presenta dentro do seu programa de Vida nas Rúas 2011, unha nova proposta dentro do VIII Encontro Internacional de Teatro e Artes de Rúa Cidade de Tui que vai ter lugar o venres 19, o sábado 20 e o domingo 21 de agosto no Paseo da Corredoria a partir das 19.30 horas con gargalladas e humor garantidos tanto para os máis cativos como para os mayores, e deses momentos de pracer encargaranse o Circo Escarranchado, As Sircópatas, Jerry Boy, Fernando Capuzzi e Sudaka Circus.
Xoves, 18 de agosto de 2011 O Plan Especial do Conxunto Histórico poderá ser aprobado inicialmente en outono segundo o alcalde O Plan Especial do Conxunto Histórico de Tui avanza na súa tramitación. A comezos de mes o anteproxecto do PECH foi entregado no Concello pola empresa redactora. Dende o Concello o documento foi remitido á Xunta para sometelo a información ambiental proceso no que se atopa agora mesmo, e ata o 3 de setembro. Sobre este asunto falaba na RMT o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, destacando que unha vez completado o trámite no que se atopa agora mesmo o anteproxecto agardan poder someter o plan a aprobación inicial este outono Logo hai unha serie de pasos a seguir ata chegar á aprobación definitiva. Confirmaba Moisés Rodríguez que este planeamento do Conxunto Histórico de Tui será logo sometido a exposición pública, un momento no que se poderán presentar alegacións e suxestións. O mandatario tudense non quere dar datas concretas para a aprobación definitiva do PECH xa que hai unha serie de pasos que seguir. Si animaba aos veciños a consultar o documento, tanto agora na fase de información ambiental, o que poden facer tanto ao través da páxina da Xunta, coma no documento dispoñible no propio concello. Moisés Rodríguez destacaba por último que contar xa co anteproxecto do Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico é unha boa noticia.
Mercadiño de Antigüidades en Tui O Paseo da Corredoira de Tui acolle este sábado de 10 a 21h o XXII Mercadiño de Antigüidades. Está organizado pola Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui, ACITUI, en colaboración co Concello de Tui.
Incautación de hachis na A-55 en Tui Na mañá do martes a Garda Civil detivo a H.Ou. de 31 anos de idade e veciño del Ejido (Almería) e a D.S.R. de 23 e veciño de Vigo, como suposto autores dun delicto de tráfico de drogas, ao serlles incautado no vehículo en que viaxaban 21,434 quilogramos de hachis e 32.820 euros en metálico. Os feitos sucederon cando nun control policial realizado polo Grupo Rural de Seguridade da Garda Civil (GRS) e apoiado por distintas Unidades Territoriais do Corpo, no punto quilométrico 31 da autovía A55, termo municipal de Tui, procedeuse ao control dun Audi A3, que circulaba en dirección a Vigo. Despois dun rexistro realizado ao devandito vehículo localizáronse ocultos nos laterais do mesmo a referida sustancia estupefaciente e o diñeiro, procedéndose á súa incautación así como á do vehículo e tres móbiles. Os detidos foron conducidos ás dependencias oficiais do Posto da Garda Civil de Tui, onde se instruíron as correspondentes dilixencias que en unión das mesmas serán postos a disposición do Xulgado de Instrución número DOUS dos de Tui.
O alcalde recibiu ao arquitecto César Portela para retomar o proxecto de rehabilitación do Teatro Principal O Alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, mantivo na mañá de onte un encontro co arquitecto César Portela para analizar o posibilidade de retomar o proxecto de rehabilitación do Teatro Principal de Tui que no seu día redactara o arquitecto pontevedrés por encargo da Dirección General de Arquitectura do goberno central. César Portela informou ao alcalde tudense das liñas básicas daquela proposta realizada na década dos oitenta do pasado século pero que, no seu parecer, seguen sendo válidas na actualidade, aínda que cómpre unha nova redacción deste proxecto para adaptarse á nova normativa vixente. Aquela proposta elaborada por César Portela deseñaba xunto á rehabilitación do teatro tudense a creación neste espazo dunha cafetería con vistas ao río Miño e Portugal, unha zona de usos múltiples e unha zona expositiva. Cómpre pois agora retomar aquel proxecto para a súa posta ao día, unha iniciativa do Concello de Tui que César Portela asume con ilusión, pois significa rescatar unha proposta que el mesmo entende de grande interese para a cidade de Tui e para a Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal. Tanto o Alcalde de Tui como o prestixioso arquitecto César Portela (Premio Nacional de Arquitectura no ano 2000) coinciden na importancia de acadar a rehabilitación deste edificio senlleiro do noso patrimonio cultural e que suporía tamén un elemento revitalizador do conxunto histórico pois o funcionamento deste espazo socio-cultural dotaría de novos usos á zona monumental. Moisés Rodríguez Pérez agradece a colaboración atopada no arquitecto e urbanista César Portela para impulsar esta vella aspiración tudense de recuperar o Teatro Principal, un elemento referencial na historia e na vida cidadán no último século e medio, que agora adquire un valor engadido ao responsabilizarse un arquitecto de tanto prestixio como César Portela do seu proxecto de rehabilitación. Para o alcalde tudense este encargo testemuña o traballo que o goberno municipal está a desenvolver a prol da conservación e revitalización do conxunto histórico tudense. Completada a redacción deste proxecto e a súa valoración económica chegará o momento de procurar nas diversas administracións e organismos o financiamento preciso para a súa execución. Pois independentemente da titularidade do edificio posuír este proxecto é o primeiro paso para traballar neste asunto. Un labor que o goberno municipal que levar adiante en colaboración coa Fundación Teatro Principal, coa que xa mantivo unha xuntanza de traballo para avanzar nunha mutua cooperación.
Mañá celébrase o Festival de Bandas de Música na Praza de San Fernando A praza de San Fernando acolle mañá, venres, ás 22.30h, o Festival de Bandas de Música organizado pola Concellería de Cultura de Tui. É unha das citas clásicas do verán que chega a súa vixésimo primeira edición. Esta ano correrá a cargo da Banda de Música Popular de Tui e da Agrupación Musical de Goián. A Banda de Música Popular de Tui conta na actualidade con sesenta compoñentes cuxa media de idade está entorno aos 20 anos. Esta agrupación afunde as súas raíces en 1881 cando se creou a primeira Banda de Música Popular de Tui. Tivo logo etapas nas que desapareceu ata que 1980 creouse a actual agrupación que ten na Escola de Música e no Conservatorio Municipal unha importante canteira. A banda tudense ten actuado por toda Galicia, Portugal, Valencia, Asturias, e Bos Aires. Está dirixida por Adolfo Besada. A Agrupación Musical de Goián está formada na actualidade por 50 músicos con idades dos 8 ao 26 anos de idade. Presentouse oficialmente o público en xuño de 1998 realizando dende entón unha importante actividade con concertos en toda Galicia, Madrid, Valencia e Portugal. No seu curriculum destacan os premios obtidos no Certame Provincial de Bandas de Música cun segundo premio na terceira edición, un primeiro premio na cuarta, e mención de honra na sexta. Contan cun traballo discográfico. Está dirixida por David Pérez Trigo. En caso de choiva celebrarase no Teatro Municipal e, neste caso, poderanse retirar un máximo de dúas entradas por persoa a partir das dez da noite.
Aberta a inscrición para novos cursos multimedia na aula CeMit de Tui para os meses setembro, outubro e novembro A Aula da Rede CeMit de Tui acollerá tres cursos nos meses de outubro, novembro e decembro no marco do Programa de Formación Multimedia e Audiovisual da Rede CeMIT. Esta Aula (antes chamada Telecentro) está ubicada no primeiro andar do Edificio Área Panorámica, no centro da cidade. Os cursos ofértanse a toda a cidadanía a partir de setembro e poderanse realizar na Aulas da Rede CeMIT a través do sistema de videoconferencia . O único requisito para o desenvolvemento desta actividade, é que cada aula CeMit debe contar cun mínimo de cinco persoas. De non ser así, os cidadáns interesados nos cursos poderán asistir (de haber praza) á actividade que teña lugar na aula CeMIT máis próxima. Está aberto o prazo de inscrición e os interesados poden realizar a inscrición on-line a través da seguinte páxina web: http://www.cmg.xunta.es/of_cursosonline.php. Os interesados poden solicitar máis información en: formacion-cemit@xunta.es ou no teléfono 902 222 321. Curso de creación de videoxogos. Para o curso de Creación de videoxogos, a Inscrición está aberta ata o 12 de setembro, comprendendo a formación dúas quendas. A primeira comprende a semana do 26 ao 29 de setembro, e a segunda a que vai do 3 ao 6 de outubro. Para acudir a estes curso é preciso que os interesados conten con formación nalgunha das facetas propias da produción de videoxogos (programación, deseño gráfico, modelado, animación, efectos especiais, texturas, guión, efectos de son, composición musical e localización). Curso de webs para móbiles. Para o Curso de webs para móbiles, a inscrición ábrese ata o 10 de outubro, dividíndose tamén en dúas quendas,: a primeira comprende a semana do 24 ao 27 de outubro, e a segunda a que vai do 31 de outubro ao 3 de novembro. Para este curso é preciso que os interesados teñan coñecementos de desenvolvemento de web tradicional con HTML e estilos, así como comprendan a diferenza entre contido e visualización e ter deseñado sen usar táboas Curso de streaming de audio e video O Curso de streaming de audio e video, abre a inscrición ata o 7 de novembro e, como os anteriores, desenvólvese en dúas quendas: do 21 ao 24 de novembro e do 28 de novembro ao 1 de decembro. Neste caso é preciso ter coñecementos de medios de informática e recoméndase ter usado ferramentas informáticas de edición de vídeo. O modelo formativo destas actividades baséase no concepto de blended learning; é dicir, combina actividades presenciais, síncronas e de e-learning. Así, durante os cinco días de duración do curso, emitirase un capítulo do video documental realizado para a ocasión cos contidos do curso, seguido dunha explicación e resolución de dúbidas (titorización) polo técnico experto, utilizando a plataforma de teleformación.
Mércores, 17 de agosto de 2011 Este sábado celébrase a “I Travesía a Nado Ponte Internacional Tui – Valença do Minho” Estes sábado celébrase a I Travesía a Nado Ponte Internacional que estaba prevista para o pasado día 6, e que daquela tivo que ser suspendida polo mal tempo. Esta proba deportiva está organizada polo Club de Actividades Acuáticas do Alto Miño en colaboración co Concello de Tui e a Cámara Municipal de Valença do Minho. As inscricións están abertas ata este sábado ás 18.30h. Son gratuítas e poden participar todos os nadadores que o desexen que sexan maiores de 10 anos. Os interesados poden descargar o impreso de inscrición, e a autorización para menores de idade na web www.concellotui.org. Estes documentos poden enviarse a deportes@concellotui.org ou entregarse o propio sábado na Praia da Mariña. A concentración dos nadadores o sábado será ás 17.30h na praia da Mariña dende onde partirán ás 18.30 horas en autobús ata o Cais de Portugal, lugar de saída da proba ás 19h.
A Xunta aposta por novos modelos de xestión conxunta nos concellos dos dous lados da fronteira hispano-portuguesa A Xunta de Galicia está a apostar polos novos modelos de xestión conxunta de equipamentos sociais, turísticos, deportivos e culturais entre concellos de ambos lados da fronteira galaico-lusa, encadrado no proxecto europeo de cooperación transfonteiriza da Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal, financiado con fondos FEDER nun 75%. O espazo físico que compón a zona transfronteiriza de Galicia e o Norte de ortugal, presenta unha serie de desafíos comúns, que requiren solucións innovadoras dentro do ámbito da cooperación transfronteiriza, que ten o seu marco legal no POCTEP (Programa de Cooperación Transfronteiriza España Portugal), que persigue o afondamento e consolidación das relacións existentes, cun enfoque onde primarán os proxectos inmateriais e a aposta pola competitividade. Un dos obxectivos principais do POCTEP é a posta en común de accións tendentes a desenvolver servizos comúns na eurorexión, en particular, no dominio do ambiente e ordenamento do territorio para acadar unha xestión máis racional dos recursos da eurorexión, a través da elaboración de propostas para a xestión integrada de equipamentos, estruturas e territorios. A futura xestión compartida destes equipamentos aportaría unha serie de beneficios, coma a estimulación e desenvolvemento de servizos comúns e xestión conxunta de equipamentos e servizos a través de proxectos específicos ou mediante a superación de restricións legais, o fomento da utilización compartida e en rede de equipamentos sociais, culturais e de lecer, a promoción dunha maior integración entre poboacións transfronteirizas, a dinamización da cooperación entre entidades da administración pública rexional, axentes económicos, sociais e culturais dos dous lados da fronteira. O director xeral de Administración Local, Norberto Uzal resaltou a súa aposta por comezar a xestión compartida no eido dos equipamentos sociais, culturais e deportivos comezando por dous áreas territorias delimitadas: Por unha banda, o eixo A CAÑIZA – MELGAÇO- ARBO, no que os equipamentos a compatir serían o Camping Municipal de A Cañiza “Carballo do Marco” e Centro deportivo e de lecer municipal de Melgaço “Centro de Estagios”. Por otra banda, proónse o eixo VALENÇA – TUI – O PORRIÑO, no que os equipamentos a compartir serían a Área Panorámica de Tui, Centro de Deportes de O Porriño e o Complexo da Piscina Municipal e Court de Tenis de Valença. O anteproxecto do Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico tudense xa está en información ambiental Dende o pasado 4 de agosto e ata o 3 de setembro está en fase de consulta pública o anteproxecto do Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico de Tui, como paso previo a adoptar a decisión sobre o seu sometemento á Avaliación Ambiental Estratéxica. Neste tempo as administracións públicas afectadas e o público poden formular as observacións ou suxestións que estimen oportunas en relación aos posibles efectos ambientais significativos. O anteproxecto do PECH foi entregado recentemente ao concello pola empresa redactora do Plan “OTEA planes y proyectos”, quen a súa vez o remitiu á Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental o pasado 2 de agosto, comunicando o inicio da tramitación do plan e para que se determine si debe someterse ou non ao procedemento e avaliación ambiental estratéxica. O anteproxecto do PECH contén as liñas mestras do documento que será concretado nunha proposta inicial, que se agarda estea elaborada no mes de outubro. Será esta proposta á que se someta a información pública dos veciños de Tui que poderán presentar as alegacións ou suxestións que estimen a este Plan Especial. No documento realízase unha diagnose socioeconómica e territorial do ámbito obxecto de protección, expresando a estrutura territorial básica, amosando os problemas detectados e sinalando as alternativas de acción posibles, o que constituirá o elemento central da memoria xustificativa do plan e peza fundamental para a súa avaliación ambiental estratéxica. Este anteproxecto coma documento de inicio ten por finalidade servir de orientación para a elaboración e avaliación ambiental do plan, contendo o estudo detallado do ámbito obxecto do plan especial e das súas relacións territoriais, a descrición e avaliación dos procesos de formación e transformación históricos e recentes da estrutura e do alcance, o contido e dos obxectivos da planificación, as propostas e alternativas formuladas. Contén a avaliación do seu desenvolvemento previsible, dos seus efectos ambientais e dos efectos que se prevexan que poida ter sobre os elementos estratéxicos do territorio, a planificación sectorial e territorial implicada e as normas aplicables. O equipo redactor decántase por unha alternativa que pretender ter en conta todas as variables para a protección dos valores patrimoniais: bens inmobles, valores arqueolóxicos, valores culturais, cun enfoque que permita o desenrolo das actividades económicas compatibles cos valores obxecto da protección que permita fixar a poboación. Deste xeito cómpre configurar un escenario que permita disfrutar da cidade histórica de Tui tanto os habitantes coma os foráneos, compatibilizando as actividades do turismo co uso residencial e as actividades, comercial, hostaleiro, ocio, administrativo, cultural e relixioso, así coma as actividades tradicionais artesanais. Para o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, o inicio da tramitación deste Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico de Tui é unha importante noticia para a cidade pois evidencia o compromiso da Corporación Municipal en avanzar na conservación e promoción do noso patrimonio cultural concretado na redacción desta figura de planeamento que ordenará o conxunto monumental. Amais a redacción deste PEPCH é un requirimento establecido no Plan Xeral de Ordenación Municipal de Tui aprobado o pasado 24 de marzo de 2011. Moisés Rodríguez Pérez anima aos veciños a consultar este documento achegando os seus comentarios e suxestión para enriquecer este proceso de redacción en curso. Ata o 3 de setembro os interesados en facer suxestións ou observacións poden facelos ao través da do formulario informático habilitado na web da Consellería de Medio Ambiente en http://aae.medioambiente.xunta.es, no correo electrónico avaliación.ambiental.estratexica@xunta.es no fax 981 541 048, ou mediante escrito presentado no rexistro da consellería. O documento que se somete agora a consulta pública pode consultarse na web http://aae.medioambiente.xunta.es ou a través do enlace que hai na páxina do concello de Tui en www.concellotui.org.
O alcalde Tui avanza a celebración en tres anos do segundo aniversario do nacemento do bispo Salvado, mentres o bispo australiano pide a súa beatificación O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, presidiu o pasado sábado a recepción oficial a 150 mozos australianos celebrada no salón de plenos da Casa do Concello de Tui. O acto contou coa presenza doutros membros da corporación, e no mesmo deuse cita tamén o bispo da Diocese de Tui-Vigo, Monseñor Quintiero Fiuza e ou bispo de Perth Donald Sproxton. Moisés Rodríguez abriu o acto dando a benvida aos mozos en inglés, e sinalando que pese a distancia que existe en Tui e Australia hai unha serie de vínculos comúns, sendo un deses vínculos a figura do pai Salvado. Nese senso avanzou que o concello está preparando xa o que será o segundo centenario do nacemento deste bispo tudense que se celebrará dentro de tres anos. Sobre esa celebración o bispo australiano manifestaba que ese aniversario do pai Salvado é moi interesando para eles avanzando que eses actos poden facer que volva a Tui para disfrutalos cos tudenses. Puxo de relevo o bispo a importancia do pai Salvado en Nova Nursia, onde está o seu corpo, que se ten convertido en punto de peregrinación. Aproveitaba a ocasión para solicitar que sexa recoñecido o heroicismo deste tudense e que sexa beatificado como santo. Por último o bispo de diocese de Tui-Vigo, Monseñor Quinteiro Fiuza, agradeceu ao alcalde e a corporación o recibimento brindado a estes mozos de Australia. Puxo de relevo un comentario feiro polo bispo Sproxton que reparou en que a sancristía da Catedral de Tui é igual a de Nova Nursia, grazas seguramente a intervención do pai Salvado. No transcurso do acto o alcalde de Tui agasallou ao bispo australiano cunha placa conmemorativa do acto escrito en inglés, e a todos os mozos foron entregadas pañoletas co lema Tui, porta do Camiño Portugués.
Descoberta do Camiño Portugués de Fontoura a Tui El pasado sábado 13 de agosto, se llevó a cabo una actividad en el Camino Portugués de Santiago, destinada a poner en valor el patrimonio cultural, de las localidades de Fontoura, Valença y Tui. Para ello se hizo el recorrido a pie de un pequeño tramo de esta ruta de peregrinación. Organizado por A.E.J. (Associaçao Espaço Jacobeus) y Asociación Iacobus Tui e Baixo Miño, en colaboración con la Cámara de Valença y el Concello de Tui, este evento contó con la participación de más de 30 personas. Llegadas de ambas partes de la frontera, se unieron en esta iniciativa, recorriendo este pequeño tramo del Camino Portugués. El programa los llevó a visitar o Cruzeiro de Nosso Senhor dos Caminhos, en Fontoura y a recordar a Alfredo Jeremías Sampedro, pionero en la investigación del Camino Portugués. Tras el almuerzo comunitario en el Parque da Nossa Senhora da Cabeça, a orillas del Miño, en Valença y, de la mano de Rafael Higgs Estanqueiro, archivero de la Cámara de Valença, se hizo una visita guiada a la Fortaleza de Valença. Después de cruzar el puente internacional, hicieron una parada en la Catedral de Tui. Allí, el historiador tudense, Suso Vila, les mostró la importancia de la ciudad en el Camino de Santiago. Más tarde, fueron recibidos por la Concejala de Turismo, Raquel Lorenzo, en el Centro de Interpretación del Camino Portugués de San Domingos, que les dio la bienvenida en nombre del Concello de Tui. Acompañados por Rafael Sánchez Bargiela, conocieron el centro que está funcionando como albergue provisional. A las 9 de la noche, terminaron su recorrido y, el autobús de la Cámara de Valença, recogió a los participantes en Tui, para devolverlos a su punto de origen.
Sábado, 13 de agosto de 2011 Hoxe comeza a Festa da Piragua en Tui Máis de 150 persoas van participar esta tarde no “I Descenso Popular do Río Miño” que sairá ás cinco dende Caldelas para completar os sete quilómetros que separan este punto de Tui. Entre os participante estará parte do equipo de goberno encabezado polo alcalde Moisés Rodríguez. Hora e media máis tarde, ás 18.30h, sairá dende Salvaterra de Miño, o Descenso Internacional do río Miño que chega este ano a súa corenta edición. Alí daranse cita 600 padeeiros con 400 embarcacións c1, c2, k1 e k2 pertencentes a 50 clubs. Os participantes terán que completar unha distancia de 15 quilómetros ata chegar á vella ponte internacional de Tui. A partir das 20.30 h as actividades trasládanse ao Paseo da Corredoira onde está previsto que dea comezo a “I Festa Gastronómica Descenso do Miño”, na que once asociacións culturais de Tui, en 25 postos, ofrecerán comida tradicional a prezos populares. A ración custará un euro, a tapa tres euros, as bebidas un euro, e a auga 50 céntimos. A organización estima que nesta primeira edición da Festa Gastronómica pase pola Corredoira entorno a 800 persoas. Á Festa Gastronómica sumaranse outras actividades coma unha exhibicición de acrobacias en bicicleta, inchables e o Festival de Teatro e Artes de Rúa de ACITUI. Amais a entrega de premios do Descenso será este ano tamén na Corredoira. A partir das 23h no Paseo Fluvial celébrase o I Festimiño con entrada libre. Contará coa actuación do grupo OBK e de K-narias así como dos dj”s Rubén Zambrano e José Am. Non faltarán os dj's da zona Rob, Óscar, José e Kristian. Por último o domingo ao once e media da mañá dispútase a XVI Copa Presidente da Xunta de Galicia de C4 e K4 en circuíto entre a Ponte Internacional de Tui e a Praia da Mariña. Hai 22 clubs inscritos e 70 embarcacións, Debido á celebración destes eventos a Corredoira permanecerá pecha dende hoxe sábado ás 2 da tarde ata o luns á noite. Citas en Tui na fin de semana Festas na honra a San Roque A parroquia de San Bartolomé celebra o luns e martes festas na honra a San Roque. Comezan o luns con procesión ás nove da noite acompañada pola Banda de Gaitas de San Xoán de Paramos e a Banda de Música Popular de Tui. Logo haberá un concerto da Banda de Gaitas de San Xoán de Paramos e de Airiños do Miño. Xa o martes ás 12h celebrarase misa solemne con procesión acompañada pola Banda de Música Popular de Tui. A verbena será amenizada pola orquestra Odeón e o grupo De Cine
Nicolás Lorenzo, concelleiro de Deportes de Tui satisfeito co programa deportivo e festivo da fin de semana O Concelleiro de Deportes, Nicolás Lorenzo Montes, falaba da Festa da Piragua desta fin de semana na Radio Municipal de Tui. Explicaba o edil que dende que tomou posesión do cargo o seu obxectivo era recuperar o esplendor que o Descenso tiña hai anos sendo non só unha proba deportivo senón tamén un evento social. Engadía que esta edición ten que marcar un antes e un despois na celebración deste evento. Apostaba por ir da man o club deportivo, a empresa privada e o concello. Coma mostra de apoio a estes eventos salientaba o edil de Cultura que boa parte do equipo de goberno co alcalde ao fronte, vai participar no Descenso Popular. Que esta actividade xunto as outras organizadas atraen xente a Tui, e se volve falar do descenso na rúa, polo que amosaba a súa satisfacción. Por último salientaba a implicación das distintas concellerías e departamentos do Concello na celebración da festa da piragua esta fin de semana.
Comeza o Encontro Internacional de Teatro e Artes de rúa Cidade de Tui A Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui, ACITUI, coa colaboración do Concello de Tui organiza a oitava edición do Encontro Internacional de Teatro e Artes de Rúa que se vai celebrar esta fin de semana e a próxima no Paseo da Corredoira. Esta actividade foi presentada onte ao mediodía na Casa do Concello de Tui polo presidente de ACITUI, Jorge Álvarez, acompañado polo alcalde, Moisés Rodríguez e a concelleira de Cultura, Vanesa Rodríguez. Serán tres os grupos que se dean cita nesta primeira fin de semana. Hoxe sábado, mañá domingo e posiblemente o luns, actuarán Circo Alboroto con “un poco de cordura en medio de tanta locura”, cun espectáculo no que empregarán o mástil chino, xunto a Aitor Garuz con “La autopista intergaláctica” con clown e circo, e Isla Le Triska con “Triska e mobile”, un espectáculo de novo circo. Xa o sábado 20 e domingo 21 actuarán na Corredoira Circo Escarranchado, As Sircópatas, Jerry Boy e Fernando Capuzzi. Jorge Álvarez, presidente de ACITUI explicaba que con estas actividades e as que teñen lugar co gallo da Festa da Piragua esta vai ser “a fin de semana máis quente do ano” con este amplo programa festivo. Por outra parte Jorge Álvarez aproveitou a ocasión para presentar a campaña “Merca en Tui”, de promoción directa do comercio ao través das compras nos comercios asociados. A partir de hoxe os clientes recibirán unha papeleta que dende o xoves da próxima semana e ata o sábado deben depositar nunha urna instalada no Paseo da Corredoira. Deste xeito poderán entrar o sábado 20 ás 18.30h na propia Corredoira no sorte de agasallos coma vales de compra, aloxamentos, consumicións, etc. A concelleira de Cultura, Vanesa Rodríguez, amosou o seu agradecemento a ACITUI pola organización deste Encontro Internacional de Teatro e Artes de rúa, que se suma así á Festas Gastronómica que vai ter lugar o sábado no Paseo da Corredoira. Apuntaba que esta será unha fin de semana grande para Tui. Por último o alcalde, Moisés Rodríguez, explicaba que Tui é un referente comercial e cultural, e é importante que sempre haxa actividades na cidade. Sinalaba amais que traballando man a man é como se conseguen as cousas. Felicitou a ACITUI pola nova campaña de vallas que ten en distintos lugares da provincia, e puxo de relevo que con estas iniciativas o comercio demostra que sigue loitando, que está vivo e activo. Concluía afirmando que con todo o previsto para a fin de semana en Tui a cidade vai ser punto de referencia en toda a comarca.
O alcalde de Tui entrevistouse co Conselleiro de Medio Rural Moisés Rodríguez Pérez, alcalde do Concello de Tui, mantivo este mércores, 10 de agosto, unha entrevista co Conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez, na que analizaron os diversos temas relacionados con Tui e que entran no ámbito das competencias daquela Consellería. A entrevista serviu para unha primeira toma de contacto entre ambos responsables públicos e analizaron, entre outros, asuntos como o funcionamento do Parque Natural do Monte Aloia, un elemento de grande interese para o Concello tudense, especialmente interesado na súa posta en valor e posible ampliación así como no funcionamento do seu Centro de Interpretación. Neste ámbito, falaron da Aula Forestal de Areas e da súa actividade. O Alcalde de Tui valorou positivamente a actividade de divulgación que se realiza dende ambos establecementos de educación medioambiental apostando pola súa continuidade. Analizaron tamén a situación do espazo tudense abranguido na Rede Natura e da situación do río Miño, amosando o Concello de Tui o seu interese pola conservación deste elementos singular da nosa paisaxe e do seu aproveitamento para o lecer, especialmente no caso das praias fluviais existentes do municipio tudense e que dende o Concello se pretenden potenciar. Neste caso prantexaron un estudo para aumentar o volume dos areais existentes, respectando os requirimentos medioambientais. Foron abordados tamén outros posibles ámbitos de colaboración como é o caso da mellora de infraestructuras rurais nalgunhas das parroquias tudenses ou a colaboración na prevención de incendios forestais, asuntos que serán obxecto de senllos convenios de colaboración nun próximo futuro. Neste último aspecto, analizaron a posibilidade de creación de espazos limitados onde permitir o uso de barbacoas nos diversos parques forestais existentes no municipio. O repaso de asuntos abrangue tamén a análise das actuacións da Consellería de Medio Rural no ámbito do desenvolvemento rural, da Denominación de Orixe “Rías Baixas”, etc comprometéndose o Conselleiro de Medio Rural a efectuar nos vindeiros meses unha visita ao noso municipio para estudar directamente algunha das iniciativas prantexadas polo alcalde tudense. Moisés Rodríguez Pérez agradeceulle ao Conselleiro a súa receptividade ás propostas presentadas e confía que axiña poidan plasmarse en actuación concretas. Esta visita se enmarca dentro das entrevistas que o alcalde tudense está a desenvolver cos diversos conselleiros da Xunta de Galicia para unha primeira toma de contacto e análise dos asuntos de interese para o noso municipio que dependen das diversas consellerías.
Venres, 12 de agosto de 2011 O concello de Tui recibe a un grupo de mozos australianos que visitan a terra natal de Rosendo Salvado O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, recibirá oficialmente este sábado, 13 de agosto, ás 12,00 horas no Salón de Plenos da Casa do Concello de Tui a un grupo de máis de 150 mozos e mozas procedentes de Australia que se achegan a Tui interesados en coñecer a terra natal do bispo tudense, Rosendo Salvado, que desenvolveu unha importante labor apostólica naquelas terras. Este grupo que viaxa acompañado polo bispo auxiliar da diocese de Perth, Monseñor Donald Sproxton; no seu camiño cara á Jornada Mundial de la Juventud, que se celebra na vindeira semana en Madrid e que nestas xornadas están sendo acollidos na diocese de Tui-Vigo. Para o Concello de Tui é unha honra e unha satisfacción recibir a este grupo de australianos interesados na figura do egrexio tudense Frei Rosendo Salvado (Tui, 1814 – Roma 1900), que foi o fundador da misión benedictina de Nova Nursia nas terras do interior de Australia, naquela diocese de Perth. Salienta o bispo Salvado por ser un dos protagonistas da defensa dos dereitos do aborixes nun momento de plena efervescencia colonial. A súa memoria segue a ser motivo de investigación nas universidades australianas para comprender a formación do seu país. Na memoria popular, converteuse nunha figura case lendaria. Rosendo Salvado nacera en Tui no ano 1814 e sempre mantivo unha estreita vinculación coa súa cidade natal á que retornou en varias ocasións dende Australia, continente ao que chegou no ano 1844 e na súa misión desenvolveu unha traballo a prol dos aborixes fundando unha escola, fornecéndolle terras, etc. Amáis Rosendo Salvador mantiña grande inquietude e curiosidade que o levou a estudar a cultura local que a recolleu nas súas memorias sobre Australia. Na nosa cidade a súa lembranza perdura no só no rueiro de Tui senón tamén na estatura que preside un dos lugares más emblemáticos da cidade e, especialmente, na memoria local. A visita deste grupo de mozos australianos testemuña, en palabras do alcalde de Tui, a singular proxección que co paso do tempo acada a figura de frei Rosendo Salvado e que como a súa lembranza contribúe á unión e amizade entre pobos tan afastados. Moisés Rodríguez Pérez sinala que aproveitará esta visita para iniciar os contactos de cara á celebración, dentro de tres anos, do bicentenario do nacemento de Rosendo Salvador que o Concello de Tui quere conmemorar.
Gran pulpada en el Club Náutico San Telmo El Club Náutico San Telmo, organiza una pulpada que se celebrará mañana, sábado, a partir de las 12 horas del mediodía y se prolongará durante todo el día. Información y reservas en el teléfono 986.60.24.64 y en el correo electrónico nautico@cnsantelmo.com.
Selectivo para o Mundial de piragüismo Mañá sábado dispútase en Verducido en Pontevedra o selectivo para completar os nomes dos padeeiros do equipo nacional que acudirán ao Mundial de Piragüismo que se disputará do 18 ao 21 de agosto en Zseged (Hungría). Neste selectivo estarán tres homes do Kaiak Tudense. Por unha parte estará José Luís Bouza que sen medirá con David Cal para lograr praza no C1 1000 metros. Bouza ten xa asegurada a súa participación na cita mundialista en C-1 500 e C-1 5000. Os outros dous homes do Kaiak que estarán neste selectivo son Diego Piña e Víctor Rodríguez que buscarán un oco no K2 1000 para o que se medirán con Javier Hernanz (Cultura Covadonga de Xixón) e Diego Cosgaya (Club Palentino), Emilio Merchán Zamora) e E. Baños (Lipasam).
Descenso Popular e Festimiño este sábado en Tui A Festa da Piragua que se celebra esta fin de semana en Tui ofrécenos un amplo abano de actividades dende as competicións deportivas, a unha festa gastronómica, o Festimiño coa presenza de OBK ou o Descenso Popular. Justi Peixoto, de Quimera Publicidade, un dos organizadores deste evento, falaba dos mesmos na RMT Explicaba en primeiro lugar que o Descenso popular que sairá ás cinco da tarde dende Caldelas é precisamente unha proba popular non competitiva. Engadía que este descenso non ten ningunha dificultade, incluso para quen sexa a primeira que vez que vai en piragua. Terán que percorrer 7 quilómetros ata chegar a Tui, fronte ás instalacións do Club Kaiak. A inscrición está aberta hoxe mañá venres ás 12h. O regulamento e o boletín de inscrición pódese descargar en www.descensodelriomiño.com. Agardan reunir nesta primeira edición a un centenar de persoas. Xa pola noite, o sábado, celebrarase no Paseo Fluvial o Festimiño, con entrada gratuíta, un evento que ten como cabeza de cartel a OBK e K-narias.
I Ciclo de música en Vivo a beiras do río Miño JazzMiño Para hoxe, sábado, ás 22.30h no Parador de Tui poderemos escoitar tangos da man de La Minitípica con Franz Banfield.
Concertos en La Fabriquería En La Fabriquería, na Avenida da Concordia, hai concerto hoxe, sábado, a partir das once e media I am a man.
Xoves, 11 de agosto de 2011 Presentación del VIII Encontro internacional de Teatro e Artes da Rúa La Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui, ACITUI, presentará mañana, viernes, a las 12 del mediodía, el VIII Encontro internacional de Teatro e Artes da Rúa Cidade de Tui,en la Casa consistorial.
O Concello de Tui e o Centro de Transfusións de Galicia impulsan unha campaña de doazón de sangue no municipio O Concello de TUI e o Centro de Transfusión de Galicia impulsan a participación dos veciños e veciñas na doazón de sangue coa campaña “Este verán salva vidas. O teu sangue é vida. Compártea” Deste xeito o Concello de Tui e o Centro de Transfusión de Galicia (CTG), impulsan unha iniciativa que ten como obxectivo promover a participación dos veciños e veciñas nas campañas de doazón de sangue, e deste xeito garantir o correcto desenvolvemento do labor asistencial nos centros sanitarios galegos, que van precisar ao redor de 30.000 doazóns de sangue nos meses de verán para cubrir todas as necesidades. As persoas que desexen participar poden acudir á unidade móbil do CTG a que estará este venres e sábado na Praza de Galicia en Tui. O venres poderase doar de 10 a 14 e de 16 a 21h, e o sábado de 10 a 15h. Mediante esta iniciativa, que se está a desenvolver este verán preténdese mellorar a información sobre este acto altruísta, para que a participación solidaria dos veciños do concello chegue aos nosos hospitais co obxectivo de compartir a nosa saúde e salvar vidas. O Concello e o Centro de Transfusión de Galicia, amosan o seu agradecemento a todos os veciños que participan cada ano nas campañas de doazón de sangue e permiten deste xeito que moitos enfermos recuperen a súa saúde, e necesario incrementar a participación para que Tui siga sendo uns dos concellos mais solidarios de Galicia acadando o índice recomendado pola OMS. Durante o ano 2010 o Concello de Tui acadou un total de 869 doazóns de sangue. Esta cifra supuxo manter a participación e representa unha taxa de 50 doazóns por cada 1.000 habitantes e ano. O obxectivo do Centro de Transfusión de Galicia neste concello pasa por incrementar participación dos veciños e veciñas, para que a taxa de doazón do Concello de Tui se manteña nas cotas mais altas de solidariedade. Por este motivo o alcalde, Moisés Rodríguez, fai un chamamento á poboación a achegarse este venres e sábado ata a unidade móbil na Praza de Galicia e doar sangue. Nese senso lembra que este é un xesto altruísta que non doe e que non supón ningún risco para a saúde, e que amais pode salvar vidas.
Festa Gastronómica este sábado no Paseo da Corredoira O Paseo da Corredoira vai acoller este sábado á tarde a I Festa Gastronómica organizada dentro das actividades paralelas á celebración do Descenso Internacional do Miño e da Copa Presidente da Xunta de Galicia. A Concelleira de Cultura de Tui, Vanesa Rodríguez, explicaba na Radio Municipal de Tui que esta iniciativa xurdiu coa idea de aproveitar o tirón que sempre teñen os festexos gastronómicos e ao tempo brindar unha actividade máis para esta fin de semana. Plantexaron a iniciativa ás asociacións culturais e estas acolleron a proposta con ilusión. A partir das oito e media da tarde haberá 25 postos de 11 asociacións culturais de Tui que ofrecerán produtos gastronómicos tradicionais tanto en ración como en tapa. Haberá empanada, tortilla, ... e moitos outros produtos e non faltarán tampouco as sobremesas. O prezo será de 1€ a ración e de 3€ a tapa en cada posto. Amais as bebidas terán un prezo de 1€ e 50 céntimos a botella de auga. A organización estima que nesta primeira edición da Festa Gastronómica pase pola Corredoira entorno a 800 persoas. Á Festa Gastronómica sumaranse outras actividades coma unha exhibicición de acrobacias en bicicleta, inchables e o Festival de Teatro e Artes de Rúa de ACITUI. Amais a entrega de premios do Descenso será este ano tamén na Corredoira.
Encontro Internacional de Teatro e Artes de rúa cidade de Tui Esta fin de semana comeza en Tui o oitavo Encontro Internacional de Teatro e Artes de rúa cidade de Tui organizado por ACITUI.Ángela Estévez e Iria Rodríguez, xerente e técnica de ACITUI, falaban desta iniciativa na sintonía da RMT lembrando que xurdiu co obxectivo de traer xente a Tui. Neste tempo tense incrementando tanto o número de compañías coma de público.As primeiras actuacións terán lugar este sábado e domingo a partir das sete e media da tarde no Paseo da Corredoira cos grupos Circo Alboroto, Isla Le Triska e Aitor Garuz. Continuará a próxima fin de semana .
Mércores, 10 de agosto de 2011 O concello inicia a limpeza de pintadas no conxunto histórico de Tui O Concello de Tui comezou a pasada semana os labores de limpeza de pintadas de diversos elementos patrimoniais e de distintos lugares do conxunto histórico que estaban afectados polas incívicas accións que degradan este singular espazo público tudense. Unha empresa especializada nesta materia iniciou en días pasados estes traballos de limpeza comezando polo cruceiro da Praza da Misericordia, os monumentos ao Bispo Lago e a Calvo Sotelo, ambos de Xoán Piñeiro, a estatua de Sócrates, realizada por Rosendo González reproducindo o monumento orixinal de Benito Prieto Coussent e os seus alumnos. En días vindeiros se continuará co Monumento aos Represaliados na Alameda, realizado por Silverio Rivas e outros enclaves e monumentos. Todas elas obras artísticas de relevancia e que estaban afectadas por estes actos vandálicos. As pintadas son un dos principais focos de sucidade existente nas cidades, e especialmente nas de carácter histórico como é o caso de Tui, xerando una perdida da harmonía estética e causando normalmente un especial dano nos elementos máis relevantes do conxunto histórico. O investimento desta actuación acada os 4.745 euros só nos catro monumentos realizados ata agora, e comprende a limpeza dos diversos monumentos e posteriormente a imprimación dun produto para que nun futuro posibles novas pintadas poidan ser eliminadas máis facilmente. Esta actuación, como xa indicamos, culminará en datas próximas e será complementada coa eliminación de pintadas existentes en diversas rúas e prazas do conxunto monumental con similar procedemento. O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, solicita aos cidadáns a súa colaboración, denunciando se fose o caso aos autores destas pintadas, para erradicar da cidade este foco perturbador do noso conxunto histórico, da limpeza e ornato das nosas rúas e de degradación da beleza da nosa cidade e que cuxa reparación acada un elevado custe. Esta medida forma parte do conxunto de actuacións que arredor da conservación e coidado do conxunto histórico tudense ten previsto realizar o goberno municipal para consolidar a esta zona monumental como un referente patrimonial e turístico.
Esta fin de semana celébrase o Descenso Internacional do Miño e a Copa Presidente da Xunta de K4 e C4 Esta fin de semana Tui vive a Festa da Piraguas, e este ano faino con novas actividades que suman as probas deportivas xa clásicas coma son o Descenso Internacional do Miño e a Copa Presidente da Xunta de Galicia de k4 e c4. Esteban Alonso é o adestrador e presidente do Club Kaiak Tudense, quen na RMT en primeiro lugar destacaba a aposta decidida pola celebración destes eventos deportivos por parte dos concelleiro de Deportes e Cultura e do alcalde de Tui, xunto ás empresas privadas, sen cuxo apoio non sería posible quizais celebrar estas probas. O Descenso Internacional do Miño sairá o sábado ás seis e media da tarde dende Salvaterra do Miño para completar un percorrido de 15 quilómetros ata chegar fronte ás instalacións do Club Kaiak Tudense. Este ano os padeeiros terán menos augas no río o que se notará a altura de Lapela e en Caldelas. Xa nos últimos quilómetros os participantes terán unha ampla pista natural na que decidir a regata. A catro días da celebración do Descenso hai xa 50 clubs inscritos, 400 barcos e máis de 600 padeeiros. Acadaranse unhas cifras de participación similares a de edicións anteriores, o que é tendo en conta a actual situación é moi positivo. Xa o domingo ás 11.30h disputarase a Copa Presidente da Xunta de Galicia de K4 e C4 na súa décimo sexta edición. Será en circuíto entre a Ponte Internacional e a Praia da Mariña. Nesta proba si que mermou a participación ao descender de categoría por problemas económicos. Nestes momentos hai 22 clubs inscritos e 70 embarcacións, o que para Esteban Alonso é pouco. Xa con respecto á participación e opcións de podio por parte dos membros do Kaiak Tudense explicaba Esteban Alonso que algúns dos seus efectivos estarán o sábado 13 en Verducido pasando un test do equipo nacional para clasificarse para estar no Mundial de Szeged. Será o caso de José Luís Bouza, Víctor Rodríguez e Diego Piña. Por tanto eles non estarán no Descenso do Miño pero si os seus compañeiros de Club Iván Alonso favorito en K1, Manuel Garrido en C1 ou Oscar Graña e Ramón Ferro en k2, xunto a Ana Varela que terá duras competidoras. Remataba Esteban Alonso facendo un chamamento aos tudense para presenciar estas probas deportivas da fin de semana.
Estefanía Vila Montes foi elixida presidenta de Novas Xeración de Tui A moza Estefanía Vila Montes, de Randufe, foi elixida onte á tarde presidenta das Novas Xerais do PP en Tui. Á elección presentáronse dous candidatos Samuel Martínez González e Estefanía Vila Montes, sendo elixida esta última polo 68% dos votos. Así o informou o presidente do Comité Local do PP, Antonio Fernández Rocha, quen explicou que a nova presidenta será presentada oficialmente no mes de setembro.
Doazón de Sangue en Tui Esta semana haberá en Tui unha unidade móbil do Centro de Transfusión. Estará situada na Praza de Galicia onde poderá doarse o venres de 10 a 14 e de 16 a 21h, e o sábado de 10 a 15h.
IX Romaría Cabalar Chan da Misuela, Malvas Este domingo celébrase en Chan da Misuela, en Malvas a IX Romaría Cabalar. O programa previsto comeza ás dez da mañá con saída dunha ruta a cabalo dende a Ponte Romana ata Malvas. Logo xa no recinto da romaría haberá xincana, xantar campestre e polbo á feira. Pola tarde continuará a xincana e haberá tamén carreiras de Cruzados pura sangue inglés, trotóns, árabes e carreira de burros fariñeiros
Concerto de Víctor Coyote con Lucas Fernández e Pablo Novoa Hoxe ás 22.30h en La Fábrica de Tui estarán en concerto Victor Coyote xunto a Lucas Fernández e Pablo Novoa.
Martes, 9 de agosto de 2011 Preto de 2 mil mozos visitarán Tui co gallo da Xornada Mundial da Xuventude Madrid 2011 A celebración nos días 20 e 21 de agosto en Madrid da “Jornada Mundial de la Juventud” presidida pola S. S. Bieito XVI e que congregara a milleiros de todo o mundo repercute na nosa cidade que será visitada ao longo das vindeiras semanas por máis de dous mil mozos e mozas de diversas nacionalidades que pasaran por Tui no decurso da súa viaxe ata Madrid. Ayer, luns 8 de agosto, un grupo de 150 mozos xaponeses acompañados polo bispo de Kagosima terán unha liturxia na Catedral tudense para deseguido comezar o camiño de Santiago e proseguir logo ata Madrid. O sábado, 12 de agosto, será un grupo de mozos de Australia, concretamente da diocese de Perth, acompañados do seu bispo auxiliar, os que se acheguen a Tui para coñecer a patria de Frei Rosendo Salvado, evanxelizador daquelas terra e especialmente dos seus aborixes e fundador da abadía de Nova Nursia. Este grupo terá unha celebración eucarística na Catedral e ás 12,00 horas serán recibidos oficialmente na Casa do Concello polo Alcalde de Tui. Continuará a pasaxe de peregrinos que acoden á JMJ o luns, 15 de agosto, pola tarde cando 1.200 mozos franceses, de varias dioceses bretoas, visiten a Catedral de Tui para participar, conxuntamente cos mozos e mozas da diocese de Tui-Vigo, nunha cerimonia de envío presidida polo bispo de Tui-Vigo e tres bispos franceses das dioceses de Rennes, Vannes, St Brieuc e Brest-Quimper, Finalmente o martes, 23 de agosto, serán 300 mozos da diocese de Umurama, en Brasil, os que visiten Tui na súa viaxe de retorno da JMJ, participando tamén na Catedral nunha celebración litúrxica. O Concello de Tui saúda a estes dous milleiros de mozos e mozas de tan variada procedencia que se achegan á cidade e dálles a benvida máis cordial nesta cidade histórica, comprobando, nunha nova oportunidade, a capacidade de atracción que posúe a Catedral de Santa María que congrega ao seu redor a este importante número de peregrinos, reafirmando a condición de Tui como porta de entrada do Camiño Portugués a Compostela.
Iván Alonso consegue xunto con Emilio Llamedo o terceiro lugar no Descenso Internacional do Sella O padeeiro tudense, Iván Alonso foi terceiro en K2 na 75 edición do Descenso do Sella facendo parella co asturiano Emilio Llamedo. Deste xeito Iván Alonso converteuse no primeiro padeeiro de Tui que consegue un podio na proba raíña do Sella. Iván Alonso e Emilio Llamedo, estiveron na cabeza de regata nos primeiros quilómetros, pero perderon o contacto co k2 de Walter Bouzan e Álvaro Fernández que se converteron nos gañadores desta edición. Tampouco foron quen de seguir o forte ritmo do k2 cántabro do “Rei” do Sella, Julio Martínez, 11 veces gañador a proba, e a súa parella destes último anos, Julían Becerro, que nesta ocasión e por segundo ano consecutivo tiveron que conformarse co segundo lugar. Na próxima fin de semana Iván Alonso competirá aquí en Tui en K1 no Descenso do Miño e en K4 na Copa Presidente.
Luís Fernández do Piragüismo Penedo, Subcampéon de España en C-1 Slalom Infantil Luís Fernández do Piragüismo Penedo proclamouse na fin de semana subcampéon de España en C-1 Slalom Infantil. O Campionato de España disputouse o sábado no río Segre, en Pons, en Lleida. Tras esta competición, última das nacionais por este temporada 2011 Luís Fernández confírmase definitivamente como segundo no escalafón nacional, ao alcanzar a mesma posición - nas outras dúas competicións da liga Nacional, Écija (Sevilla) e Sort (Lérida). O próximo 20 de Agosto, terá lugar en Dumbría na Coruña, o Campionato Galego de Slalom Infantil, última competición da Liga Galega de Slalom Infantil, sendo o favorito para o ouro ao gañar os slaloms anteriores da devandita Liga Galega. Este deportista segue exitosamente a senda que están a marcar os seus novos compañeiros, Daniel Suárez-Chairos Galán (C-1 xuvenil), 2º no escalafón nacional da súa idade (17 anos) e primeiro xuvenil galego, e Marcos Fortes Pereira (C-1 Senior), 3º no escalafón nacional (19 anos) e 2º senior galego. Estes padeeiros tentarán gañar en setembro o Campionato Galego de Slalom nas súas respectivas categorías.
Luns, 8 de agosto de 2011 Descoberta do camiño portugués de Fontoura a Tui Iacobus Cofradía de Santiago de Tui e Baixo Miño, e a Asociación de Sao Tiago, “Espaço Jacobeus”, están organizando unha actividade para a promoción e divulgación dos camiños portugueses a Santiago. Esta valorización do camiño, preténdese facer principalmente xunto á poboación local, pero tamén cos peregrinos en xeral. De feito, inda que os Camiños portugueses a Santiago son o segundo itinerario máis percorrido dos diversos itinerarios de peregrinación que chegan a Compostela, é unha realidades, que os peregrinos non visitan o patrimonio existente nas localidades do Camiño. Por outro lado, é notorio que as poboacións locais están moi apartadas deste importante itinerario cultural europeo, por o que importa dar a coñecer a súa importancia e o seu patrimonio. Para isto, desde Iacobus organizan a actividade “O descubrimento do Camiño entre Fontoura e Tui”, no sábado dia 13 de agosto de 2011. Esta actividade conta coa colaboración da Cámara Municipal de Valença, do Concello de Tui e da Junta de Ferigresia de Fontoura. A proposta do programa é a seguinte (hora española): 09:30 - Concentración dos participantes en Valença, fronte ao Albergue de peregrinos 10:00 - saída para Fontoura en autobús 10:30 - chegada a Fontoura e explicación da zona 11:30 - inicio do camiño andando ata Valença (haberá un autobús gratuíto para as persoas que non queiran o non poidan vir andando) 13:30 - comida 16:00 - visita a la fortaleza de Valença do Minho 17: 30 - pasaxe para Tui 18:30 - Visita a Tui 19:30- Merenda nos xardíns de Santo Domingo Esta actividade foi proxectada para divulgar os camiños portugueses a Santiago e a súa importancia estratéxica, xunto a poboación local; Dar a coñecer o patrimonio cultural existente neste itinerario e Construír un grupo de apoio local para a protección e dinamización deste itinerario de peregrinación.
Sábado, 6 de agosto de 2011 O alcalde de Tui asina o convenio sobre a área de rehabilitación e as axudas para vivendas ubicadas no Camiño de Santiago O Alcalde tudense, Moisés Rodríguez Pérez, asistiu esta semana, en Santiago de Compostela, á sinatura dos convenios de colaboración entre os 32 concellos que teñen declaradas Áreas de Rehabilitación Integral e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas para o financiamento da Oficina Municipal de Rehabilitación – Portelo Único de Vivenda que facilita aos cidadáns o acceso á información e tramitación das axudas dirixidas á rehabilitación. En virtude deste convenio a Consellería financiará ata o 60% dos custos das oficinas municipais de rehabilitación ou portelos únicos. Isto supón un incremento de 10 puntos porcentuais respecto ao ano anterior, sendo este ano en que, por primeira vez, non se contempla financiamento estatal para estas oficinas xa que o Ministerio suprimiu esta axuda. No decurso do acto o conselleiro avanzou ademais que os propietarios de vivendas emprazadas no trazados dos sete camiños de Santiago que percorren Galicia poderán solicitar a partir do venres as axudas para a rehabilitación, unha vez que o Diario Oficial de Galicia publicou este xoves a orde pola que se convocan as mesmas. Precisou que o período de solicitudes estará aberto ata decembro de 2011, presentándose as solicitudes nas xefaturas provinciais do Instituto Galego da Vivenda e Solo. Estas axudas, para as que a administración galega e central destinan case 6 millóns de euros, beneficiarán as vivendas das parroquias polas que discorre o Camiño de Santiago. As axudas medias serán de 5.000 euros do Plan de Vivenda e Rehabilitación 2099-2012, que nalgúns casos poderán chegar aos 10.000 euros. Concretou que neses casos, os posibles beneficiarios terán que ter uns ingresos inferiores ao 6,5 veces o IPREM (Indicador Público de Efectos Múltiples); que as obras se efectúen en vivendas de 10 ou máis anos e destinar a vivenda a domicilio habitual. Poderán acceder a estas axudas os propietarios que rehabiliten as súas vivendas emprazadas no camiño de Santiago, excepto cando esas vivendas xa estean incluídas nunha área de rehabilitación declarada con anterioridade, en cuxo caso se aplicarán as axudas da área de rehabilitación máis antiga. Nas conexións das rutas do camiño coas cidades e as grandes vilas a área de rehabilitación non comprende tódalas vivendas de cada parroquia, senón as da delimitación do trazado do camiño. As actuacións protexibles corresponden tanto ao interior das vivendas como ao exterior dos edificios. As obras no exterior do edificio irán destinadas á mellora da seguridade, estanquidade, accesibilidade, eficiencia enerxética e utilización de enerxías renovables. Polo que respecta ás obras no interior das vivendas, o obxectivo será a mellora da habitabilidade, da seguridade, da accesibilidade e da eficiencia enerxética. Os inmobles terá como mínimo dez anos de antigüidade e destinaranse a residencia habitual e permanente do propietario durante cinco anos como mínimo. Ademais, os ingresos familiares ponderados dos propietarios non poderán superar 6,5 veces o Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (Iprem). O importe máximo da subvención por vivenda pode acadar o 75 por cento do orzamento protexido, cun límite de 10.000 euros. Estas subvencións son compatibles coas de rehabilitación de fachadas e rehabilitación no medio rural e conxuntos históricos, financiadas exclusivamente con fondos da Xunta de Galicia. Pola contra, son incompatibles coas do programa Renove do Plan de Vivenda. Moisés Rodríguez Pérez amosou a súa satisfacción por estas medidas que poden beneficiar aos propietarios tudenses con vivendas no Camiño de Santiago nas parroquias de O Sagrario, Rebordáns e Ribadelouro e que contribuirán á rehabilitación deste predios, así como o financiamento da Oficina Municipal de Rehabilitación – Portela Único de Vivenda que posibilitará que os tudenses con propiedades no conxunto histórico poidan recibir asesoramento sobre as axudas para a súa rehabilitación. Cómpre lembrar, engade o alcalde tudense, que ao abeiro da Área de Rehabilitación Integral xe se teñen beneficiado de axudas máis de cincuenta vivendas do casco histórico e que no último Pleno da Corporación foi aprobada a ordenanza reguladora destas axudas que pode abranguer ata o 75% do orzamento cunha axuda máxima de 20.200 euros. Rodríguez Pérez destaca o importante esforzo que o Concello de Tui ven realizando na súa aposta pola rehabilitación no conxunto histórico, sendo un dos seis concellos da provincia que conta con esta Oficina Municipal de Rehabilitación, ubicada na Casa do Concello de Tui.
Festa TuyTu 2011 A Praza de San Fernando acolle mañá domingo a partir das nove da noite a Festa Tuytu 2011, festa house con entrada libre. Participarán os dj’s Mario Pérez, Carlos Daniel, Cristián Rodríguez, Jose Grante, Jito, e haberá performances, gogo’s e sorpresas.
II Concentración Turística de Coches Clásicos Hoxe sábado celébrase a II Concentración Turística de Coches Clásicos organizada por ACITUI. Na mesma van participar Clásicos Populares do Baixo Miño e haberá un desfile polas rúas de Tui. Máis tarde está prevista a actuación no Paseo da Corredoira da Escola Pasos de Porriño, finalistas do Campionato de España de Bailes de Salón. Nesta actividade colabora a Asociación Autos Clásicos Baixo Miño e Concello de Tui.
Romaría no monte na honra a San Omedio en Malvas Este domingo celebrase en Malvas a romaría na honra a San Omedio.
Venres, 5 de agosto de 2011 Medio Ambiente investirá 3,5 millóns de euros na xestión da depuradora de Guillarei O Consello da Xunta aprobou onte o acordo polo que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas investirá 3,5 millóns de euros na prórroga, do contrato de xestión da depuradora de Guillarei e do sistema de saneamento do río Louro. A prórroga vén motivada polo remate do convenio inicial, que foi asinado no ano 2009 e tiña unha vixencia de 24 meses, polo que rematará en decembro do 2011. Desta forma, amplíase a súa vixencia outros dous anos máis. O compromiso da Xunta de Galicia é facerse cargo do custo da explotación do sistema ata a creación dun consorcio supramunicipal, no cal os concellos que se benefician deste sistema de saneamento (Tui, Mos, O Porriño e Salceda de Caselas) se agrupen para xestionar a depuradora. Medio Ambiente leva investidos máis de 3,3 millóns de euros na súa explotación dende o ano 2010. A Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de Guillarei ten capacidade para abastecer preto de 132.300 habitantes e pode depurar 2.326 m³/hora. O proceso de tratamento é biolóxico mediante lodos activados. A rede de colectores ten 82 quilómetros de lonxitude que se complementan con 18 aliviadoiros e dous bombeos de elevación. A EDAR, durante o pasado ano 2010, depurou máis de 10 millóns de metros cúbicos e xestionou máis de 500 toneladas de residuos graúdos e graxas, ademais de 1.800 toneladas de lodos. No que respecta á rede de saneamento do río Louro, o actual goberno leva investidos preto de 12 millóns de euros nun total de 20 actuacións. Anteriormente, executáronse 6 actuacións deste tipo nos concellos de Mos, O Porriño, Salceda de Caselas e Tui, que sumaron un total de 1,5 millóns de euros.
Dentro deste contrato de xestión, compréndese a obriga de manter o funcionamento da estación conseguindo uns índices de rendemento normais. No que respecta á xestión dos residuos recollidos, a empresa deberá retirar nas debidas condicións hixiénicas as graxas e residuos do pozo de entrada, ademais de desecar os lodos producidos. Outro dos aspectos a ter en conta serán os labores de conservación e mantemento precisos para que as instalacións estean en correctas condicións, segundo o Plan de Mantemento e Conservación de todos os equipamentos da EDAR. Finalmente, a empresa deberá dispor dun axeitado sistema de vixilancia que garanta a seguridade do persoal así como das instalacións. A infraestrutura hidráulica beneficia actualmente unha poboación actual de preto de 55.000 veciños de Tui, Mos, Salceda de Caselas e O Porriño.
Hoxe comeza JazzMiño – I Ciclo de música en Vivo a beiras do río Miño Hoxe comeza o Jazz Miño, o I Ciclo de música en vivo as beiras do río Miño que ao longo do mes de agosto vai ofrecer concertos os venres, en La Fábrica, de Tui, e os sábados no Parador de Turismo. Hoxe venres ás 22.30h en La Fábrica de Tui actuará o grupo pop vigués Pacífico. Mentres mañá, tamén ás 22.30h, no Parador de Turismo ofrecerá un concerto Frans Banfield Quartet con ritmos de swing e bossanova. A entrada para estas actuacións é libre.
Presentación do Descenso Internacional do Miño Onte ao mediodía foi presentado no Parador de Turismo de Tui o Descenso Internacional do Miño e a Copa Presidente da Xunta de Galicia que se van celebrar a fin de semana do 13 e 14 de agosto, así coma as actividades que este ano se organizan de forma paralela. A presentación correu a cargo do alcalde de Tui, Moisés Rodríguez; o concelleiro de Deportes, Nicolás Lorenzo; a concelleira de Cultura, Vanesa Rodríguez; o presidente do Club Kaiak Tudense, Esteban Alonso; o presidente da Federación Galega de Piragüismo, Alfredo Bea, e empresas organizadoras do evento. O Descenso Internacional do Miño chega este ano a súa 40 edición, sendo unha das probas de piragüismo máis consolidadas a nivel galego, e todo un referente neste deporte. Vaise celebrar o sábado 13 agosto con saída ás seis e media da tarde dende Salvaterra de Miño. O participantes terán que completar o percorrido que separa este municipio da Ponte internacional de Tui. Xa o domingo ás once e media da mañá disputarase a Copa Presidente da Xunta de Galicia de C4 e K4 que acada a súa décimo sexta edición. Será en circuíto entre a Ponte Internacional de Tui e a Praia da Mariña. Pero este ano co obxectivo de darlle pulo a este evento e facer esa fin de semana unha verdadeira festa súmanse novas propostas. Así por unha banda organízase o primeiro Descenso Popular, que se fai coincidir co Descenso Internacional na tarde do sábado. Neste caso os afeccionados sairán ás cinco da tarde dende Caldelas facendo un percorrido de 7 quilómetros. Trátase dun traxecto suave, sen dificultades e apto para calquera persoa afeccionada ao deporte sen ter que posuír un dominio da piragua. A inscrición para este descenso popular pode facerse ata o venres día 12 e o prezo por participar é de 6 euros. Pódese levar a piragua propia ou alugala a algunha das tres empresas que as poñen a dispor para este evento que son Arrepións, Verde Azul e Tamuxe Kaiak. Por outra parte o sábado día 13 a partir das 20.30h no Paseo da Corredoira celebrarase unha festa gastronómica na que haberá máis de 25 postos de pratos tradicionais a prezos populares. E ese sábado pola noite no Paseo Fluvial a partir das once da noite celebrarase o Festimiño na súa primeira edición, con entrada libre. Contará coa actuación do grupo OBK e K-narias así coma dos dj’s Rubén Zambrano e José Am. Non faltarán os dj's da zona Rob, Óscar, José e Kristian. Toda a información están a web www.descensointernacionaldelmiño.com
Máis de 60 persoas participan na Travesía a nado Ponte Internacional Entre sesenta e cen persoas van participar este sábado na Travesía a Nado Ponte Internacional organizada polo Club de actividades acuáticas do Baixo Miño co apoio do Concello de Tui e da Cámara Municipal de Valença do Minho. A proba foi presentada onte ao mediodía polo vereador de Deportes de Valença Jose Monte, o concelleiro de Deportes de Tui, Nicolás Lorenzo, e polo responsable do Club de Actividades Acuáticas do Baixo Miño, Juanjo España. A saída terá lugar ás once da mañá dende o cais de Valença e a chegada, tras un percorrido de 900 metros, estará na Praia da Mariña en Tui. A proba ten carácter popular e contará con todas as medidas de seguridade precisas con embarcacións da Comandancia Naval do Miño e da Mariña Portuguesa, e con voluntarios de Protección Civil e da Cruz Vermelha portuguesa. Tamén haberá embarcacións de apoio do club organizador e de seis piraguas. Juanjo España destacou que a travesía, da que se fixeran cinco edicións, recuperase despois dun longo período onde non se celebrou por diversos motivos. Insistiu no carácter popular e lúdico-deportivo que ten agora a proba, Neste evento deportivo teñen xa confirmada a súa presenza distintos nadadores federados entre os que destaca a barcelonesa Nuria Crespo, subcampioa de España junior, Fabio Pereira e Jorge Cuña, ex nadadores do Club Alto Minho que participaron en campionatos de España e do Mundo, nadadores do Club Baixo Miño que están coa selección española e lograron algunha medalla en Campionatos de España. O concelleiro de Deportes de Tui, Nicolás Lorenzo Montes, avanzo que toda proba deportiva que teña como escenario o río común que comparten Tui e Valença serán apoiadas polo seu departamento, indicando que as augas do Miño serven de lazo afectivo con Portugal. Felicitou aos técnicos deportivos dos dous municipios e ao Club de actividades acuáticas Baixo Miño pola recuperación desta proba deportiva, sinalando que é moi positivo recuperar as iniciativas onde participen Valença do Minho e Tui. Por último José Monte, vereador de Deportes de Valença, fixo referencia ás actividades que de xeito conxunto están a desenvolver os dous municipios coma as celebradas co gallo do 125 aniversario da Ponte Internacional, ou os actos de irmandade. Nese senso apuntou que deben continuar abrindo as portas no ámbito deportivo, social, cultural. Por iso apoian esta travesía que dicía, será un paso máis, na afirmación das potecialidades de aproveitamento do río, e das propias potencialidades dos dous municipios non só na Eurorrexión senón tamén na Península Ibérica. Por último confiaba no éxito desta proba xa que se dan as condicións para que así aconteza. A inscrición, gratuíta, pode facerse no correo electrónico deportes@concellotui.org no teléfono 696 48 22 45, ou ben o propio sábado ata ás 10.30h da mañá na praia da Mariña. Os interesados poden descargar o impreso de inscrición e o modelo de autorización para menores de idade na web www.concellotui.org. Na travesía poden participar todos os interesados maiores de dez anos. A concentración dos nadadores será o sábado ás 10.30h dende a praia da Mariña, dende onde ás 10.45h serán levados en autobús ata o cais de Valença.
Proxección de “Gru, o meu vilán favorito” dentro do ciclo de Cinema na rúa A praza de San Fernando acolle mañá sábado, ás 22.30h, a proxección da película de animación “Gru, o meu vilán favorito” dentro do ciclo de “Cinema na rúa” organizado pola Concellería de Cultura de Tui. Gru, o protagonista desta película da Universal Pictures, vive nunha casa negra con céspede amarelo no medio dunha alegre urbanización con coidados xardíns rodeados por enreixados de madeira pintados de branco e cheos de roseiras. Gru está rodeado por un pequeno exército de lacaios, planeando o maior roubo de toda a historia, quérese facer coa lúa. Armado cun poderoso arsenal de raios minguantes, raios conxeladores e vehículos de combate de terra e aire, derruba a calquera que se interpoña no seu camiño. Pode con todo menos coa tremenda teimosía de tres nenas orfas, Margo, Edith e Agnes, que ven neste escuro personaxe un pai en potencia. En caso de choiva a película proxectarase no Teatro Municipal. Poderanse retirar un máximo de dúas entradas por persoa a partir das dez da noite.
Jam Session en La Fabriquería Esta noite en La Fabriquería haberá unha Jam Session.
Xoves, 4 de agosto de 2011 Sergio Veloso presenta o espectáculo “Efecto Tango”, mañá venres no Teatro Municipal O Teatro Municipal de Tui acolle mañá, 5 de agosto, ás 22.30 horas o espectáculo “Efecto Tango” de Sergio Veloso. Este evento forma parte da programación cultural organizada pola Concellería de Cultura de Tui e conta co patrocinio da Deputación de Pontevedra. “Efecto tango” é un espectáculo de danza, música e voz, que nos leva ás orixe e evolución do tango arxentino, dende Carlos Gardel a Astor Piazzolla, pasando polo tango contemporáneo de Eladia Blázquez. Tamén inclúe unha pasaxe da música rural e folclórica arxentina nos seus estilos de chacarrera, malambo e samba. Sobre o escenario estarán Sergio Veloso, voz, Alejandro Szabo, bandoneón, Diego Zecharies, contrabaixo e Daniel Cala, guitarra. Estarán acompañados polos bailaríns Karina Lucca e Leonardo Mosqueda. As entradas para este espectáculo son gratuítas,e pódense retirar, un máximo de dúas por persoas, a partir das 22h no despacho de billetes da Área Panorámica.
Catro nenos saharauís pasarán o verán no seo de familias tudenses Catro nenos saharauís pasarán o verán acollidos por familias tudenses ao abeiro do programa “Vacacións en paz” no que participa o concello de Tui dende hai case dúas décadas. O pasado sábado, no salón de sesións da Casa do Concello, tivo lugar a recepción oficial a estes cativos acompañados das súas familias acolledoras. Estiveron presentes o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, a concelleira de Servizos Sociais, Raquel Lorenzo, e a concelleira de Educación e Cultura, Vanesa Rodríguez. Os catro nenos que pasarán o verán en Tui, lonxe das inhóspitas condicións do deserto, teñen entre 9 a 11 anos. Deles tres xa estiveron na cidade con anterioridade e un deles é a primeira vez que vén ao municipio. Este cativos estarán na cidade ata os primeiros días do mes de setembro, disfrutando coma calquera neno de actividade de verán no seo de familias tudense. Terán oportunidade acudir á praia ou ao río, algo impensable no lugar onde viven, e igual de sorprendente para eles é o feito de poder contar con auga corrente simplemente abrindo unha billa. Aquí amais recibirán a atención médica precisa, unha alimentación equilibrada e todo o cariño das familias das que xa forman parte. Na recepción oficial do pasado sábado, a concelleira de Servizos Sociais, Raquel Lorenzo, incidiu no seu discurso na importancia que ten para estes nenos a auga, o que dicía tennos que facer reflexionar a todos sobre o seu consumo moderado e en non derrochala. Agradeceu ás familias de acollida a súa solidariedade, premiada coa ledicia e o sorriso dos nenos. O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, agradeceu ás familias a acollida destes nenos durante o verán proporcionándolles así a posibilidade de achegarse a cousas novas que moitas veces coñecen só ao través dos libros e que deste xeito poden experimentar en primeira persoa. Considera o mandatario municipal que a estadía deste nenos é moi enriquecedora tanto para os cativos coma para as familias. Por último na recepción do sábado Moisés Rodríguez animou a estes catro saharauís a disfrutar da súa estancia en Tui.
Festas na honra a San Caetano en Paramos Esta fin de semana celébranse festas na honra a San Caetano no Monte das Penizas en Paramos. O programa festivo comeza o sábado á tarde coa actuación dos grupos folclóricos Seixos Albos de Areas, San Fins de Rebordáns e a Banda de Gaitas San Xoán de Paramos. A partir das oito da tarde celebrarase a Festa do polbo á feira preparado por un polbeiro do Carballiño, e logo actuará o grupo Amaraca. Xa o domingo ás 11.30h sairá a procesión do Encontro acompañada pola Banda de Gaitas San Xoán de Paramos. Unha hora despois celebrarase a misa solemne, e ofrecerá un concerto a Banda de Gaitas San Xoán de Paramos. Pola tarde ás oito será a Banda de Música Popular de Tui quen actúe, e pola noite a verbena correrá a cargo de Verano Azul e Capitol. Por último ás 11.30h misa cantada e procesión de retorno acompañada pola Banda de Gaitas San Xoán de Paramos. Pola tarde ás oito haberá unha degustación gratuíta de porco ao espeto amenizada polo grupo folk A Nosa Xente de Paramos. Pechan as festas as orquestras Pasarela e Solara coa última verbena.
Mércores, 3 de agosto de 2011 Mañá será presentada a “I Travesía a Nado Ponte Internacional Valença do Minho – Tui” Mañá, día 4 de agosto, ás 12.00 do mediodía, presentarase no Centro Interfederado de Remo e Piragüismo do Concello de Tui a “I Travesía a Nado Ponte Internacional Valença do Minho - Tui”, organizada polo Clube Actividades Acuáticas Baixo Minho, coa colaboración do concello de Tui e a Cámara Municipal de Valença do Minho. Nesta presentación contarase coa presenza do alcalde de Tui e do presidente da Cámara de Valença do Minho, Moisés Rodríguez e Jorge Mendes, respectivamente, e do concelleiro de Deportes, Nicolás Lorenzo, o Vareador de Cultura e Desporto da Cámara Municipal de Valença do Minho, José Monte, e o Presidente do Clube de Actividades Acuáticas Baixo Minho, Juan José España. I Travesía a Nado Ponte Internacional Enmarcada dentro das actividades do aniversario da Ponte Internacional, esta cita vaise desenvoler o sábado, 6 de agosto, ás 11.00 horas (horario español) dándose a saída dende o Cais de Portugal, sendo o percorrido dunha distancia de 900 metros, chegando ata á praia da Mariña. A concentración dos nadadores será na praia da Mariña, ás 10.00 horas, dende onde partirán os participantes ás 10.30 horas en autobús ata a zona portuguesa, lugar de saída da proba. As inscricións, que se pecharán ás 10.30 horas, son gratuítas e pódense apuntar todos aqueles nadadores maiores de 10 anos, aínda que os menores de idade teñen que entregar unha autorización para participar. Más información no correo electrónico deportes@concellotui.org ou no teléfono 696.482.245.
A exposición sobre a historia dos balnearios galegos que está a percorrer Galicia recala hoxe en Tui O Edificio Área Panorámica de Tui acolle hoxe, mércores, ás 20:30 horas, a inauguración da exposición “O lecer das augas. Historia dos balnearios de Galicia”. Esta mostra itinerante, que permanecerá na localidade tudense ata o vindeiro 18 de setembro, está a percorrer as principais cidades galegas para dar a coñecer a evolución dos establecementos termais en Galicia ao longo do tempo. Ata o momento xa pasou pola illa da Toxa, Santiago de Compostela e Ourense. Á inauguración asistirán o alcalde do Concello de Tui, Moisés Rodríguez; o comisario da exposición e director do equipo de investigación que realizou o libro homónimo, Luís Alonso; a directora do Balneario de Caldelas de Tui, Ana Rodríguez; e o xerente da Asociación de Balnearios de Galicia, Benigno Amor. A exposición está impulsada pola Asociación de Balnearios de Galicia. Conta co patrocinio da Xunta de Galicia e coa colaboración da AEITEGAL -Agrupación Empresarial Innovadora Termal de Galicia-, a Cámara Oficial Mineira de Galicia, a Universidade de Santiago, o Concello de Tui e o Balneario de Caldelas de Tui. Presentarase o libro homónimodos balnearios galegos dende 1700 ata 1936 Durante o acto presentarase tamén o libro homónimo da exposición: “O lecer das augas. Historia dos balnearios de Galicia”. Ambas iniciativas son froito dun convenio asinado en 2007 entre a Asociación de Balnearios de Galicia e a Cámara Oficial Mineira de Galicia. En virtude deste acordo, o equipo de investigadores dirixido polo profesor Luís Alonso Álvarez, catedrático de Historia e Institucións Económicas da Universidade da Coruña, realizou unha investigación sobre a historia dos balnearios galegos, entre os anos 1700 e 1936. O estudo, de máis de 1.000 páxinas, adaptouno para a súa publicación a editorial Galaxia.
Romaría de San Fins en Rebordáns Esta fin de semana celébrase na parroquia de Rebordáns a romaría de San Fins. Os actos, organizado polo Centro Cultural San Fins, comezarán o sábado ás seis da tarde con xogos populares e merenda gratis para os nenos. Tamén haberá tapas de orella e chourizos a prezos populares. Xa o domingo ás dez da mañá sairá o santo dende o Centro Cultural ata a Ermida, onde á unha se celebrará misa solemne e procesión. Logo actuará o grupo folclórico e se celebrarán as poxas. Pola tarde amenizará a romaría o grupo musical “Os alegres de Calvos”.
Presentación del Descenso Internacional del Miño Maña, jueves, se llevará a cabo la Presentación del Descenso Internacional del Miño en el Parador de Turismo de Tui, a las 13.00 horas. El acto contará con la presencia del alcalde de Tui, Moisés Rodríguez; el concejal de Deportes, Nicolás Lorenzo; la concejala de Cultura, Vanesa Rodríguez; el presidente del Club Kayak Tudense, Esteban Alonso; el presidente de la Federación Gallega de Piragüismo, Alfredo Bea, y empresas organizadoras del evento. El Descenso Internacional del Miño de Tui, que se celebrará en esta ciudad el sábado 13 de agosto, es una de las competiciones de descenso de ríos de piragüismo de más larga trayectoria y en esta 40ª edición la organización pretende darle un nuevo impulso llevando a cabo una serie de eventos que se desarrollarán paralelos a la prueba y entre los que cabe destacar el Primer Descenso Popular, la 1ª Fiesta Gastronómica del Descenso y el I Festimiño, un gran evento musical del que cabe destacar la actuación del grupo OBK.
Martes, 2 de agosto de 2011 “O lecer das aguas: historia dos balnearios de Galicia” nova exposición na sala municipal de exposicións de Tui A Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui acolle a exposición titulada 'O lecer das augas: historia dos balnearios de Galicia', unha mostra que presenta a historia, riqueza e as potencialidades balnearias de Galicia, comunidade onde se sitúa unha das maiores concentracións termais de Europa. O acto de inauguración terá lugar este mércores, 3 de agosto, ás 20,30 horas na Sala Municipal de Exposicións (rúa Colón, 2 – Edificio Área Panorámica) e contará coa presenza do alcalde de Tui e o presidente da Asociación de Balnearios de Galicia. A mostra permanecerá aberta ao público en Tui ata o vindeiro 18 de setembro. A mostra articúlase nunha serie de bloques cos principais fitos históricos do termalismo e as súas particularidades, arrancando co rexurdimento dos balnearios galegos no tempo da Ilustración e continuando cos balnearios liberais (1808-1874), Restauración e Belle Époque (1875-1914), ditadura de Primo de Rivera, República e posguerra, a recuperación destes establecementos durante a transición, os principais balnearios galegos na historia, a vida cotiá dos bañistas, a arquitectura destes espazos, as augas embotelladas e outras actividades industriais e a publicidade. A presenza desta exposición na nosa cidade pretende reivindicar a achega que na historia termal de Galicia posúe o Balneario de Caldelas, un dos exemplos máis sobranceiros da tradición termal na nosa Comunidade Autónoma. De este establecemento contaremos na exposición con diversas pezas de carácter histórico que enriquecen o contido da mostra. Esta exposición está organizada pola Asociación de Balnearios de Galicia, co patrocinio da Xunta de Galicia e a colaboración da Agrupación Empresarial Innovadora Termal de Galicia, a Cámara Oficial Mineira de Galicia e o Concello de Tui. Para a concelleira de Cultura do Concello de Tui, Vanesa Rodríguez Pereira, a celebración desta exposición posúe un alto interese por canto amais de aproximarnos a un aspectos da historia social e cultural de Galicia como é o termalismo, contribúe á difusión da oferta que en esta materia posúe o noso municipio a través do Balneario de Caldelas, un establecemento termal cunha alongada tradición e que colabora con intensidade nesta exposición.
Dous remeiros do Remo do Miño semifinalistas no Campionato do Mundo Sub 23 Dous membros do Club Remo do Miño de Tui foron semifinalistas no Campionato do Mundo sub 23 celebrado na fin de semana en Ámsterdam. Trátase de Andrés Carballo e Yago Izquierdo. Dase amais a especial circunstancia que estes remeiros, do mesmo club, participaron no Mundial, representando a dous países diferentes, España e Portugal. O español Yago Izquierdo participou na modalidade de Catro Sen Temoneiro, obtendo un resultado final de octavo del mundo. Pola súa parte o portugués Andrés Carballo, foi sétimo na súa competición.
O Concello recoñece o éxito de deportas do Club Kaiak Tudense nos Europeos O Concello de Tui brindou onte a mediodía unha homenaxea a catro deportistas do Club Kaiak Tudense en recoñecemento a súa participación e éxito en Campionatos de Europa celebrados nas últimas semanas. O acto, que se desenvolveu no salón de plenos, estivo presidido polo alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, acompañados dos edís de Deportes, Nicolás Lorenzo Montes, de Cultura Vanesa Rodríguez e de Persoal, José Ángel Villaverde. Os homenaxeados, Manuel Garrido, Oscar Graña, Ramón Ferro, Iván Alonso – que non puido asistir - e Roberto Rodríguez, foron arroupados polos seus compañeiros de club e polo adestrador e presidente do Kaiak Esteban Alonso. No acto o concelleiro de Deportes, Nicolás Lorenzo, manifestouse sentirse orgulloso como concelleiro, deportista e tudense, desde éxitos logrados polos padeeiros do Kaiak. Dirixíndose a eles afirmaba que “sodes os nosos mellores embaixadores” e lles daba as grazas por levar o nome da cidade a nivel internacional. O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, recoñeceu que estamos acostumados aos éxitos do Kaiak e por iso moitas veces non se recoñecen suficientemente, por iso apostaba por cambiar esa dinámica dende o Concello. Sinalaba o mandatario municipal que non é doado ir as competicións porque sempre hai determinadas circunstancias que inflúen nas mesmas, de aí o mérito que teñen os resultados logrados, que cualificaba de extraordinarios tanto a nivel individual coma de club. Moisés Rodríguez aproveitou a ocasión para felicitar ao Club Kaiak Tudense polos resultados máis se cabe nun momento no que a situación económica tamén inflúe no club, polo que dicía “todos temos que facer un esforzo para que as probas non se perdan”. Tivo tamén palabras para todos os compoñentes do club e para as familias dos deportistas xa que sen o seu sacrificio non serían posible tamén estes éxitos. Na recepción desta mañá Moisés Rodríguez avanzou que están estudando a posibilidade de conceder algunha beca xunto a estes recoñecementos, polo que de cara ao orzamento do ano que vén ten que haber un cambio na partida de deportes. En nome dos deportistas tomaba a palabra Manuel Garrido que agradecía o detalle, e explicaba que os éxitos deportivos que acadan son froito de moito esforzo ao longo de todo o ano, deixando moitas cousas ao lado. Sinalaba que para chegar a estes triunfos hai antes moitas derrotas. Manuel Garrido acadou a medalla de prata en C1 Sub23, Ramón Ferro e Óscar Graña foron prata en C2 Senior, e Iván Alonso, obtivo un meritorio quinto posto en K1 Senior no Campionato de Europa de Maratón celebrado en Francia mentres que Roberto Rodríguez participou no Campionato de Europa de Piragüismo en Pista, na categoría K4 Sub23 1.000 metros en Zagreb. O Concello felicitou tamén ao Club Kayak Tudense polo éxito acadado ao proclamarse por cuarto ano consecutivo Campión de España de Piragüismo no Campionato de España Senior e Junior celebrado en Verducido do 8 ao 10 de xullo de 2011, así como polos éxitos dos seus padeeiros nos Campionatos de Europa. |
|
|