www.galiciasuroeste.info

Lembranzas do barrio da Guía

Por José A. Uris Guisantes

anterior        seguinte

 

-----------------------

María Álvarez Portela tía Gargarexa esposa de Paulino o municipal; Mercedes Vicente e súa neta laura.

------------------------

María Manuela Rodríguez Álvarez, irmá de miña avóa Antonia en 1979. Ingresara moi nova nas Carmelitas de la Caridad, pasando a un convento en Arenas de san Pedro (Avila) onde finou a idade de 100 anos.

-----------------------------------

 

Victorino Alonso Vicente O Enterrador con Leonor, Vitorio e José Rebollar Vieira diante do palco da música. Fotografía cedida por Leonor Rebollar Vieira.

----------------

 

Victorino estaba casado con María González Bambio que rexentaba unha tenda na rúa da Guía, preto da Fonte dos Campos. María era diabética, non tiveron descendencia. Gardo bos recordos deste matrimonio pois debía de ir a diario nos anos sesenta/setenta para inxectar insulina a María, sempre vestida de negro. Nos domingos sempre me tiñan no mostrador un chatiño de xerez cunha pingueira de oruxo. Ambolos dous referíronme moitas anécdotas do barrio e do pobo.

Victorino Alonso Vicente visitando a Virxe da Guía  a comezos de 1970. Fotografía cedida por Leonor e Chus Rebollar Vieira.

---------------------------------

O estalar a guerra incivil foi nomeado Garda Cívico polo alcalde, Brasilino Álvarez Sobrino. Foi perseguido pola Falanxe local durante anos, por eso lle botaron fama de ser mala persoa, nembargantes eu trateino dende os 18 anos e sempre me pareceu unha persoa honrada e amable, queimada polos reveses que levou na vida.

 

Como dicía me referíu moitas anécdotas que me fixeron reflexionar profundamente do porqué unhas persoas, antes da guerra, eran excelentes para o barrio e logo da guerra era persoas a repudiar.

 

José Vieira Fernández na porta da súa casa, nos anos oitenta. Fotografía cedida por Leonor Rebollar Vieira.

----------------------------------------

Vieira, como era coñecido popularmente, foi perseguido na guerra incivil de profesión mariño mercante, unha vez en terra, para poder subsistir daba clases de inglés na casa. Cando tiña coñecemento de que un trasatlántico con turistas chegaba a Vigo, acudía alí para facer de intérprete. Persoa amable, educada, levábase ben cos veciños do barrio e sobre de todo cos da Praza da Guía, pois seu domicilio estaba xusto detrás ca capela da Guía.

 

 

Margarita Rodríguez Álvarez e seu esposo Andrés Vicente Peniza irmán de Casimiro Vicente Peniza que era Conserxe na Praza de Abastos e dono, xunto coa súa esposa, Mª Vicente Rolán da Casa de Baños La Iniciadora, preto da praia de Aldramán.

 

A tía Margarita A Zampana ( nadie sabe o porqué deste alcume) traballou no campo toda a súa vida ata que faleceu, a lembro montada a cabalo pola Guía e como cada ano untaba con saín a porta da súa casa na rúa/ Calvario a que o pasar botaba un arrecendo moi forte  a ése aceite das sardiñas.  

 

 

 

O médico e ex alcalde don Ermelindo Portela Gómez e súa esposa Mª Luz Silva de profesión enfermeira nos anos oitenta. Fotografía cedida por Enrique Silva Peniza

---------------------

 

 

Ricardo Rodríguez Franco e Dolores Vicente Álvarez no día da súa voda. Fotografía cedida pola familia. Este matrimonio vivíu ata seu falecemento na Praza da Guía. Tiveron dúas fillas, margarita e Mª Ascensión, finada o pasado ano

----------------------

 

 

Avoa Antonia Rodríguez Álvarez e súa filla Florinda Guisantes Rodríguez, á esquerda Juan Carlos Uris Baz na Romaría do Trega en agosto de 1981. Tamén asentados toda a vida na Praza da Guía.

----------------------------------

 

 

Cinco parellas de veciños (agás Antonio e María) do barrio de Ribadavila cas noivas en 1965 que ademais coinciden que son súas esposas… e por moitos anos. Antonio Mirigildo con María; Chelino con Laura; Emilio ca Flori; Tito e súa noiva e Uris e María.

-----------------------

 

 

Angelita do barrio de Santa Trega e Rita Pacheco e outra veciña do barrio de Sub Campo saudando como se nos estivesen animando a seguir… ca festa... Fotografía de José A. uris  16 de xullo de 2012

---------------------------------- 

E nada máis, publicarei o resto da historia do Barrio de Ribadavila en poucos meses.....

 

José A. Uris Guisantes

Praza da Guía nº 6

anterior        seguinte